venres, 30 de abril de 2010

Solución do problema do 24/04/2010

1.11-15, 02x11;

Obrigado pola lei da calidade.

2.04x01, 20x11; 3.01-28 ...

O toque bonito.

3. ... 32x23; 4.27-30 G.B.

sábado, 24 de abril de 2010

Un Final e un problema clásico.

Hai unhas semanas contáballe aos lectores como é que por casualidade apareceron dous problemas da miña autoría na Enciclopedia Damista de Portugal. Nese capítulo xa lles amosei a historia dun deles, mais como alí falaba de comparanzas entrambos, pode que alguén sinta a curiosidade de saber como era o outro. Hoxe, neste blog, teño o gusto de publicar de novo ese traballo. 

Henrique Guerra (2002)

XOGAN BRANCAS E GAÑAN

1.21-30 ...
Non valía 1.27-31 porque as negras xogan 02x15; e despois de 2.31-28, 15-24; 3.28-05 (para impedir o ataque en 31) 24-02; 4.05-28, 02-24; prodúcese o empate por círculo vicioso.
Por suposto tampouco era bo 1.27-30 por 02x24; e chégase ao empate porque non hai forma de impedir a ocupación do río ou o ataque ao peón desde 31.
1. ... 02x15;
As outras capturas permiten ao branco tomar o control do río e pasar o peón. Despois de 2.27-31 as brancas gañan con facilidade.
2.30-17 ...
Unha posición desconcertante. Agora o xogo semella empatado.
2. ... 15-19;
Ocupa o río, pero ...
3.27-30 ...
A coroación no momento e no sitio xusto. Agora se:
  • 3. ... 19-32 (ou 28); 4.30-23, 32x21; 5.17x30 G.B.
  • 3. ... 19-01 (ou 05); 4.17-10, 01x21; 5. 30x17 G.B.

Tanto este estudo como o problema variable publicado o 3 de abril foran compostos para participar nun campionato que ía organizar a Revista Internacional de Damas, pero infelizmente a tal competición nunca se chegou a celebrar. Os traballos quedaron ben gardados na gabeta ata que viron a luz na Enciclopedia Damista. Igualmente tiña composto outro problema para participar na categoría de clásicos, mais ese permaneceu inédito. E coma a miña pretensión é presentar sempre neste blog algunha cousa nova, velaí vai o devandito problema para que o amigo lector tente solucionalo.

Henrique Guerra

BRANCAS XOGAN E GAÑAN

sábado, 17 de abril de 2010

Partida Heroica. Defensa Americana.

1.10-14, 24-20; 2.12-16, 28-24; 3.05-10 ...

Dentro da Partida Heroica, ou "Switcher" para británicos e norteamericanos, este é o ataque que nós recomendamos neste estudo.

3. ... 21-18;
Proseguindo coas defensas que o negro pode aplicar, hoxe imos estudar a "Liña Americana" que queda definida tras este corte na casa 18.

POSICIÓN DESPOIS DE 3. ... 21-18
Esta era a defensa favorita de moitos mestres norteamericanos de finais do século XIX e principios do XX. Na actualidade non ten moita aceptación aínda que é unha continuación sólida. No famoso match de 1885 no que Barker cedeu ante Freeman o título de Campión de América, conseguiu gañar nun dos xogos empregando esta variante.
O equipo británico preparouse especialmente para atacala antes da disputa do 1º Match Internacional de 1905, pero os americanos non a utilizaron. A súa solidez púidose comprobar, anos despois, cando foi usada por A. Heffner no 2ª Match Internacional de 1927.

4. 14x21, 25x18; 5. 07-12 ...

Derivando a unha posición que tamén se pode obter desde 3.07-12, 21-18; 4.14x21, 25x18; 5.05-10.
No citado Match de 1927, John Campbell xogou contra August Heffner 5.08-12 pero a nós gústanos máis a do tronco porque vixía a casa 15 para retrasar a ruptura e ao mesmo tempo, se as negras van a 19, permite o seu desaloxo coa troca 12-15.
Se 5.10-14, as negras cortan con 20-15; 6.14x21, 26x17; 7.11x20, 24x15; 8.07-11, 32-28; 9.11x20, 28-24; 10.03-07, 24x15; 11.07-11, 31-28; 12.11x20, 28-24; 13.04-07, 14x15; 14.07-11, 23-20; 15.16x23, 27x20; 16.11-14, 20-16; e teñen vantaxe, tal como aconteceu en Clarence Freeman vs. Charles Barker, match polo Campionato dos Estados Unidos disputado en Providence no ano 1885. As brancas deben xogar 16.01-05 pero só alcanzan a igualdade.

5. ... 31-28;

• Agora non vale 5. ... 32-28 por 6.12-15, 22-19; 7.15x22, 26x19; 8.10-14, 19x10; 9.06x22, 27x18; 10.08-12, 31-27; 11.09-13, 18x09; 12.02-05, 09x02; 13.04-08, 02x15; 14.12x19, 23x14; 15.16x32 G.B.

• Pero existe unha boa alternativa con 5. ... 22-19; 6.12-15, 19x12; 7.08x15 e as negras poden escoller:
a) 7. ... 27-22; 8.10-14, 29-25; 9.14x21, 25x18; 10.04-08, 31-27; 11.06-10 con lixeira vantaxe das brancas.
b) 7. ... 26-22; 8.04-07 traspoñendo á variante 3. ... 22-19; 4.07-12, 26-22; que estudaremos nunha das próximas entregas.

• Outra posibilidade é 5. ... 23-19; 6.16x23, 27x20; 7.12-15, 19x12; 8.08x15, ... (Posición á que se pode chegar tamén por este orde: 1.12-16, 24-20; 2.07-12, 28-24; 3.10-14, 21-18; 4.14x21, 25x18; 5.12-15, 23-19; 6.16x23, 19x12; 7.08x15, 27x20; 8.05-10 tal como nun xogo de Marion Tinsley que seguidamente mencionamos) 8. ... 32-28; 9.10-14 e agora:

▬► 9. ... 26-21; 10.01-05, 20-16 con lixeira vantaxe branca. No 4º Match Internacional (1983) Tinsley con negras contra Watson xogou 10. ... 28-23 e acabou en empate, pero en damas clásicas as brancas poden rematar con elegancia executando o golpe 11.15-19, 22x15; 12.09-13, 18x09; 13.14-18, 21x07 e 14.03x28 para ir a dama.

▬► 9. ... 28-23; 10.14x21, 26x17; 11.01-05, 31-27; 12.05-10, 23-19; 13.04-07, 19x12; 14.07x23, 27x20; 15.11-15, 20x11; 16.06x15, 30-27; (Se 16. ... 22-18; 17.15-19, 18-14; 18.19-23 con vantaxe branca) 17.10-14, 27-23; 18.14-18, 22x13; 19.09x18, 29-25; para empate [Basil Case vs. Lloyd W. Taylor no Torneo de Alabama, 1946]

6.10-14, 29-25;

Se 6. ... 26-21; despois de 7.04-07 as negras quedan nunha posición desesperada.

7.14x21, 25x18; 8.01-05 ...

Non é aconsellable 8.12-15 por 23-19; 9.16x23, 19x12; 10.08x15, 28x12; 11.04-08, 26-21; 12.08x15, 27-23; con gran vantaxe negra a consecuencia da debilidade do flanco esquerdo rival.

8. ... 20-15; 9.11x20, 24x15; 10.12x19, 22x15;

POSICIÓN DESPOIS DE 8. ... 22x15

A troca habitual, aínda que a outra opción é tan boa: 10. ... 23x14; 11.08-12, 22-19; 12.04-07, 28-23;(Ou 12. ... 26-21; 13.06-11, 21-17; 14.16-20, 28-23; 15.12-16 con igualdade) 13.06-11, 26-22; 14.03-06, 32-28; 15.11-15, 28-24; 16.16-20!, 23x16, 17.06-11, 27-23; (Se 17. ... 30-26; 18.09-13! G.B.) 18.09-13, 18x09; 19.11x27, 19-14; 20.15-19, 14-11; 21.07x14, 16x07; 22.19x28, 30x23; 23.28-32 con EMP.

11.05-10, 28-24;

Podía tamén xogarse 11. ... 27-22; 12.10-13, 23-20; (Se 12. ... 28-24 traspón á posición do tronco) 13.16x23, 28x19; 14.03-07, 32-28; 15.07-11, 28-24, 16.11x20, 24x15; 17.06-11, 15x06; 18.02x11, 19-14; 19.08-12, con posición equilibrada.
Se 11. ... 26-22; 12.06-11, 15x06; 13.02x11, 23-19; 14.11-15, 19x12, 15.09x15, 28-23; 16.04-08, 23-19; 17.16-20, 19x12; 19.08x15, 27-23; 20.20x27, 30x23; 21.13-17 con empate.
12.10-13, 27-22; 13.04-07, 23-19; 14.07-12, 32-28;

A mellor.

En caso de 14. ... 30-27; segue 15.06-11, 15x06; 16.02x11, 27-23; (se 16. ... 19-14; 17.11-15, 14-10; 18.15-19, 22x15; 19.19x31 G.B. Tampouco resultaba 16. ... 32-28; por 17. 11-14! ou 17. 03-07 como no xogo de Ferrie que se cita no comentario da xogada quince do tronco) 17.11-15 con vantaxe que debe ser decisiva.
A continuación 14. ... 18-14; 15.13-18, 22x13; 16.09x18 permite ás brancas tomar unha forte iniciativa. Con todo as negras poden empatar tras 16. ... 26-22; 17.18x27, 30x23; 18.06-10, 14x05; 19.02x09, 24-20; 20.03-06, (20.09-13, 19-14!; 21.12x28, 32x23 con fávil empate debido ao dominio do río) 32-28; 21.06-10, 28-24; 22.10-14, 19x10; 23.12x28, 20-15 e coroando o peón de 10 na casa 2 empátase.

15.03-07, 28-23;

Un grave erro sería xogar primeiro 15. ... 30-27; pois con 16.06-11, 15x06; 17.02x11 G.B. Tal como aconteceu nun xogo do 2º Match Internacional de 1927 entre Jimmie Ferrie e Gus Heffner. Se agora 17. ... 19-14; seguiría 18.11-15, 27-23; 19.15-20! Con vantaxe decisiva.

16.07-11, 30-27;

Non é recomendable 16. ... 24-20; xa que despois de 17.02-05, 26-21; 18.13-17, 19-14; 19.12x28, 14x07; 20.17x26, 30x21; 21.16x23, as brancas teñen gran vantaxe.

17.11x20, 24x15; 18.06-11 ...

A mellor.

18. ... 15x06; 19.02x11, 19-14; 20.11-15, 14-10; 21.15-19, 23x14; 22.12-15, 10-05; 23.15-19, 22x15; 24.13x29, 15-11; 25.29-25,

O final está equilibrado.

sábado, 10 de abril de 2010

Partida Heroica. Defensa Orixinal

1.10-14, 24-20; 2.12-16, 28-24; 3.05-10 ...

Ataque que durante anos foi erroneamente catalogado como inferior a 3.08-12 ou 3.07-12, pero que na actualidade goza de maior simpatía.

3. ... 20-15;

A «Liña Orixinal» na que as negras aproveitan para liberarse do cerco sen facer preparación algunha. Era a favorita de James Wyllie, un dos máis famosos xogadores do século XIX.

POSICIÓN DESPOIS DE 3. ... 20-15

4.11x20, 24x15; 5.07-11 ...

O plan está claro. As brancas consentiron a liberación para agora atacaren este peón construíndo un novo cerco no, cada vez máis debilitado, flanco de río negro.

5. ... 23-20;

Necesario. A defensa con 32-28 e 28-24 pode que sexa perdedora:

5. ... 32-28; 6.11x20, 28-24; 7.01-05!, 24x15; 8.14-19, 23x14; 9.10x19, 21-18; [Nun xogo do match Wyllie vs. Martins disputado en Glasgow no 1864, seguiu 9. ... 31-28; 10.16-20, 27-23; 11.20x27, 30x14; 12.07-11, 14x07; 13.04x20 e G.B.] 10.04-07(!), 31-28; 11.07-11, 27-23; [Na Guía de Lees podemos encontrar unha análise de Peter Thirkell que segue 11. ... 28-24; 12.11x20, 24x15; 13.19-23, 27x20; 14.16x23, 22-19; 15.23-28, 26-22; e agora nós recomendamos 16.06-11 no que -G.B.- cun máis rápido desenlace] 12.11x27, 30x14; 13.16-20, 25-21; 14.08-12, 21-17; 15.12-15!, 14-11; 16.05-10, 28-24; 17.20-23, 17-13; 18.10x17, 18-14; 19.17-21!, 26x17; 20.23-28,14-10; 21.06x13, 17x10; 22.28-31, 10-05; 23.31x07, 05-01; 24.09-13 G.B.

6.16x23, 27x20 7.14-19 ...

Transportando efectivos ao debilitado flanco de río das negras.

7. ... 21-17 ;

POSICIÓN TRAS 7. ... 21-17

Célebre movemento de espera e unha das máis coñecidas excepcións á tradicional regra que aconsella mover cara ao centro. É a continuación favorita de case todos os partidarios desta liña.

• Se este peón esquiva o bordo con 7. ... 21-18; o xogo pode seguir: 8.01-05, 32-28; 9.10-14, 25-21; 10.05-10, 20-16; 11.11x20, 22x15; 12.20-23 que proporciona unha boa vantaxe ao branco.

• Contra a opción 7. ... 32-28; resulta moi forte 8.19-23, 28x19; 9.11-14, 21-17!; [Se 9. ... 21-18; 10.14x23, 22-19; 11.03-07!, 26-21; 12.07-12, 18-14; 13.12-16, 14x05; 14.01x10, 21-17; 15.04-07 leva a vitoria branca segundo análise dos mestres Bravo e Sena no Tratado da E.D.] 10.14x23, 26-21; 11.03-07, ... [O Tratado da E.D. segue con 11.04-07] 11. ... 29-26!; 12.07-11 traspón á liña tronco.

• 7. ... 22-18; unha ramificación que aínda que sempre estivo mal considerada, pódese xogar perfectamente. Aquí recomendamos 8.19-23, 26-22!; 9.10-14, 21-17; 10.14x21, 25x18; 11.01-05!, 31-28!; 12.05-10, 28x19; 13.11-14, 18x11; 14.03-07, 29-25; 15.07x23 e agora 22-19 que permite igualar ás negras.

8. 03-07 ...

Dicía o gran campión Walter Hellman que neste momento o branco ten á súa disposición un feixiño de continuacións moi interesantes; pero en todo caso, só pode escoller unha. Nós inclinámonos por esta.
Garcez, o primeiro tratadista que estudou esta liña, facía 8.01-05, 32-28; 9.10-14, 25-21; [que é mala, debe xogarse 9. ... 31-27; 10.14-18* con xogo igualado] 10.05-10 con vantaxe gañadora. Nótese que as brancas perden un tempo se, en vez de 9.10-14, seguen na idea da liña tronco con 9.03-07, 25-21; 10.11-14, 29-25; 11.19-23, 28x19; 12.14x23, 22-19; 13.07-11, 26-22; 14.23-28, 31x24; 15.11-14, 15-11; [15. ... 17-13; recomendado por Sena e Bravo tamén empata] 16.14x23, 22-18; 17.06x15, 20x11; 18.10-14 ... [Un empate bonito prodúcese con 18.23-28, 11-07; 19.04x11, 18-13; 20.09x18, 21x07] 18. ... 17-13; 19.14-19, 18-14; 20.09x18, 11-06; 21.02x11, 14x07; 22.14x11, 21x07; Empate con outra fermosa combinación, coñecida como a «Manobra de Timoneda».

8. ... 32-28

POSICIÓN DESPOIS DE 8. ... 32-28

Contra 8. ... 25-21; é moi bo 9.07-12, e se:

• 9. ... 32-28; refútase con 10.12-16.

• 9. ... 31-27; segue 10.11-14! Con bo xogo.

• 9. ... 20-16, 10.11x20, 16x07; 11.04x11, 22x15, 12.20-23!, 31-28; 13.11x20, 28x19; 14.20-23, 21-18! 15.06-11, 17-13; 16.10x17, 19-14; 17.11-15, 26-21!; [Non vale 17. ... 14-11; que perde por envío a dama] 18.17x26, 29x22; 19.08-12, 14-11; 20.12-16, 18-14; 21.15-20, 11-07; 22.23-27 e as negras xogando con coidado acaban por empatar.

• 9. ... 21-18; 10.12-16, 18-14!; 11.11x27, 30x05; 12.01x10, 31-28; 13.16x23, 28x19; 14.06-11, 15x06; 15.02x11, 32-28; 16.04-07 e as brancas gañan nesta posición á que tamén se pode chegar pola liña 8.04-07.

► 16. ... 26-21; 17.09-13, 29-25; 18.11-14, 28-23; 19.07-11, 21-18; 20.13x22, 17-13; 21.10x17, 19x10; 21.22-27, 10-06; 22.27-31, 06-03; 23.11-15, e 31-28 G.B. [Análise de J.Bravo e do Dr. Sena na E.D.]

► 16. ... 28-23; 17.07-12, 26-22; 18.11-14, 29-25; 19.09-13, 25-21; 20.12-15, 19x12; 21.08x15, 23-19; 22.14x23, 21-18; 23.15-19, 18x09; 24.19-26, 09-05; 25.26-29, 05-02; 26.23-28 G.B. [Análise de J.Bravo e do Dr. Sena na E.D.]

► 16. ... 26-22; 17.09-13, 28-24; [Se 17. ... 29-25; 18.07-12, 28-23; 19.11-14, 23-20!; 20.14X23, 25-21; 21.23-28, 21-18; 22.28-32, 18X09; 23.10-13 G.B.]18.07-12, 21-26; 19.12-15, 19x12; 20.08x15, 26-21; 21.11-14, G.B. [Análise de J.Bravo e do Dr. Sena na E.D.]

• 9. ... 29-25; 10.12-16, 31-27; 11.16x23, 27x20; 12.10-14 ... [Se 12.01-05 as negras deben xogar 17-13 que iguala o xogo. Calquera outra da vantaxe ao branco] 12. ... 32-28; [A mellor. Se 12. ... 21-18; 13.14x21, 25x18; 14.19-23, 22-19; 15.02-05!, 19-14; 16.05-10 dá unha lixeira vantaxe ás brancas] 13.01-05, 15-12; 14.08x31, 22x15; 15.11x20, 21-18; 16.14x21, 25x18; 17.31x13, 17x01 EMPATE.

9.19-23 ...

Se agora 9.07-12, o negro deféndese con 20-16; 10.11x20, 16x07; e queda moi ben.

Curiosa é a alternativa 9.01-05, 25-21; 10.10-14, 31-27; 11.14-18 con xogo igual, pero se as brancas fan 11.05-10 quedan perdidas despois de 27-23. Igualmente se escollen 11.07-12 caen nun dos máis célebres golpes do xogo de damas, o chamado “Calote de Wyllie” que se produce con 21-18! e 17-13 seguido de 26x17 G.N.

9. ... 28x19; 10.11-14, 25-21;

• Ou 10. ... 26-21; 11.14x23, 29-26 que dá o mesmo.

• Se 10. ... 17-13; 11.09x27, 30x23; 12.14-18, 31-27; 13.07-11 e as brancas teñen máis ca lixeira vantaxe.

11.14x23, 29-25;

O lance axeitado, esperando acontecementos.

• Se 11. ... 22-19; xogando 12.07-12 e 12-16 seguido de 23-28 o peón vai a dama.

• Igualmente se 11. ... 22-18; permite outra coroación co golpe 12.08-12, 15x08; 13.10-14, 18x11; e o tiro 14.06x24, G.B. [Marion Tinsley vs Bob Cornell no Torneo do Estado de Ohio, 1948]

• 11. ... 21-18; 12.08-12 ... [Agora esta combinación non é tan efectiva como no xogo de Tinsley que anteriormente mostramos, pero a outra opción 12.07-11 é contestada con 22-19 que deixa o xogo igualado] 12. ... 15x08; 13.10-14, 18x11; 14.06x24, 31-27; [Así chegamos ao punto culminante da defensa negra con este contragolpe indicado por James Wyllie, mais algunhas veces pode pasar desapercibido, como sucedeu no Torneo Escocés do 1902 nun xogo entre Hugh Henderson e J. Stenhouse no que as brancas gañaron despois de 14. ... 22-19; 15.23-28] 15.23x20, 29-25; 16.30x21, 25x18; [O xogo xa se encamiña ao empate] 17.02-05, 17-13*; 18.07-12, 22-19; 19.12-16, 19-14; 20.16-20, 13-10; 21.20-23, 10-06; 22.05-10, 14x05; 23.01x10, 06-03; 24.23-28 EMP.

12.07-11, 22-19;

• Contra 12. ... 21-18; recomendamos 13.11-14, 18x11; 14.08-12, 15x08; 15.06x24, 30-27*; 16.2x30, 22-19; 17.30-21, 25-18; 18.02-06, 19-15; [Non vale 18. ... 18-14; por 19.01-05 e G.B.] 19.01-05, 15-12; 20.06-11, 12-07; 21.10-14, 07-03; 22.14-21 EMPATE. [Análise de Joaquim Bravo e do Dr. Sena Carneiro no Tratado da E.D.]

• Por suposto 12. ... 22-18; perde co golpe 13.08-12 e 14.11-14.

13.23-28, 31x24; 14.11-14 ...

POSICIÓN DESPOIS DE 14.11-14
14. ... 21-18;
Se 14. ... 26-22; 15.14x23, 15-11; 16.06x15, 20x11; 17.23-28, 22-18. Agora se comparamos esta posición coa que mencionabamos no comentario á xogada oito, as brancas dispoñen do famoso tempo para desfacer o golpe defensivo con 11-07 e 18-13. Efectivamente con 18.10-14 conséguese vantaxe decisiva para gañar tal como ocorreu nun duelo disputado no ano 1912 entre Johnny Horr e F. Nichols pertencente ao Torneo Nacional dos EEUU e que posteriormente se volveu repetir no histórico encontro que enfrontaba a Marion Tinsley contra Elbert Lowder e que decidiu o primeiro posto do Open de Florida en 1975.

15.14x23, 15-11!; 16.06x15, 20x11; 17.23-28, 18-13!; 18.09x18, 17-13; 19.10x17, 11-07; 20.04x11, 26-21; 21.17x26, 30x07.

A posición é favorable ás brancas, pero contra unha boa defensa non se pode gañar.

venres, 9 de abril de 2010

Demolicion pantasma. Solucións

Deseguido amosamos as solucións das propostas do sábado pasado, 3 de abril do 2010.

PROBLEMA

1.06-13, 09x18;

Obrigado pola lei da calidade.

2.26-17, 11x20; 3.24x21 ...

Agora prodúcese unha bifurcación.

  • Se 3. ... 25x18; 4.17-21, 08x15; 5.21x24 G.B.
  • Se 3. ... 08x15; 4.21-14, 19x10; 5.17x24 G.B.

DEMOLICIÓN

Primeiro método: 1. ... 25-21; 2.26x17, 09-18;

As negras están ameazando 3. ... 18-14; EMP.

3.02-05 ...

Se 3.17-10 aplícase a mesma idea do tronco. Ou se 3.17-26 non impide 3. ... 18-14; xa que tras 4.20-15, 19x12; 5. 26x10 tamén hai empate.

3. ... 19-14; 4.05x25, 18-14; EMP.

Segundo método: 1. ... 09-18; 2.02-05, 18-04; 3.05x32, 04-08; 4.26x19, 08x29; EMP.

sábado, 3 de abril de 2010

Demolición pantasma

A gran maioría do que eu aprendín sobre o noso xogo estudeino na "Enciclopedia Damista", unha sensacional revista portuguesa que baixo a dirección do Dr. Cándido Sena Carneiro fixo as delicias dos afeccionados e axudou a divulgar a modalidade durante os 50 anos en que se publicou. Cando o doutor nos deixou en febreiro do 2005 as damas clásicas quedaron orfas sen un dos seus principais valedores. Con todo, un non perdeu de todo a ilusión nin o contacto co panorama damista grazas á Internet e a blogs como os de Lusodama, Delio Nunes ou Armindo Gaspar. Tamén a Federación Portuguesa comezou a editar os xogos dalgúns campionatos e matches e pódese xogar, observar partidas e ata charlar con algúns dos mellores xogadores na Ludoteka.

A falta de colaboración fixo rematar coas páxinas de Lusodama, a Federación Portuguesa non publicou os xogos do Campionato do 2009 e mantén inoperativos os arquivos dos anos anteriores, e algúns dos grandes mestres xa non aparecen tanto pola Ludoteka. Esperemos que non haxa máis contratempos, mentres tanto, desde este blog tentamos poñer o noso graniño de area.
Volvendo á Enciclopedia Damista lembro con especial cariño a revista de xaneiro do 2002, nese número incluíanse dous problemas da miña autoría. Foi unha casualidade que se debeu a unha curiosa iniciativa de promoción coa que o informático e extraordinario problemista Eduardo Valente regalaba o programa "Arca" (unha base de datos para almacenar problemas) a todos os subscritores que enviasen para publicación dúas producións inéditas. Foi así, como alí, na portada da revista Nº 448 apareceron aqueles diagramas co meu nome rotulado en maiúsculas na parte superior. Eduardo Valente, a quen desde aquí agradezo, envioume unha carta na que amais do programa "Arca" incluía unha fermosa felicitación pola calidade dos traballos e incluso publicou na revista un artigo dedicado a un deles. Mais eu, se teño que escoller, quedo co outro, co que saíu como produción nº 5078 que a continuación reproduzo.
Henrique Guerra (2002)


XOGAN AS BRANCAS E GAÑAN

O motivo da miña predilección está en que con el conseguín enganar ao Dr. Sena Carneiro, experto solucionista, gañador de diversos concursos e encargado da sección. No número de febreiro no que viñan as solucións podo comprobar que o problema aparece como "demolido". O Dr. Sena que parece ser tiña o costume de tentar resolver os problemas antes de ver o desenlace ideado polo autor, nesta ocasión caeu na trampa que o levou a publicar o seguinte:
DEMOLICIÓN: 1. 06-02, 11x20; 2.24x06, 08x15; 3.**06x20, 09-13 (a mellor); 4.02-05, 13-17 (por exemplo); 5.05x23, 17x30; 6.20-16, 30x20; 7.16x(?) G.B.
Aproveito pois hoxe para propoñer aos lectores, dúas tarefas. A primeira que intenten resolver o problema e a segunda que fagan o propio buscando o fallo da inexistente demolición. Neste último caso as negras dispoñen de dous plans para conseguir o empate.

XOGAN NEGRAS E EMPATAN