luns, 30 de agosto de 2010

A Partida Clásica [Esquema]

Despois dunhas semanas de descanso por vacacións, retomamos a publicación e hoxe comezamos coa primeira de varias entregas dedicadas á teoría da "Partida Clásica". Aínda que amosando nada máis que un xogo, esta partida foi presentada por primeira vez no "Libro del Juego de las Damas Vulgarmente Nombrado el Marro" composto polo cordobés Pedro Ruíz Montero no ano 1591.

PARTIDA CLÁSICA
1.10-14 …

A xogada ideal. Ocupa unha casa central cunha peza procedente do flanco máis sólido. Non hai mellor forma de abrir o xogo.

1. ... 22-18

En contraposición a 1. ... 23-19 que loita de forma directa pola preponderancia no centro, as negras permiten a súa ocupación e comezan a construír un cerco con intención de dificultar a súa operatividade. Deste xeito, tamén eliminan a posibilidade de realizar o cambio na casa dique “18”, que sería o mellor xeito de proseguir o ataque se as negras fan un movemento lateral como 1. ... 23-20 ou 1. ... 21-17.

2.12-15 ...

Moi boa e consecuente é 2.05-10, continuando co desenvolvemento do flanco de río. Porén con 1. ... 22-18 xa realizado, a xogada do tronco, movendo tamén cara ao centro, ten unha fortaleza similar e moitas veces só supón unha transposición de xogadas.

2. ... 23-20

Complemento da xogada anterior e continuando coa idea de cercar o centro branco.

3.07-12 ...

POSICIÓN DESPOIS DE 3.07-12 ...

O movemento que orixina a “Partida Clásica”. As brancas pretenden reducir espazo no campo rival e prepáranse para fortalecer o centro desde a retagarda. O seu nome foi elixido polo Dr. OAL en homenaxe aos autores clásicos españois que tanto a debullaron.

3. ... 20-16;

A resposta habitual para impedir ao peón de “7” instalarse na casa “16”. De todos os xeitos, en contadas ocasións as negras permiten esta manobra entrando no que se coñece como “Partida Clásica Recusada”.

4.03-07 ...

Impide o cambio que deixaría o flanco esquerdo do branco demasiado debilitado. Por contra forma unha especie de cóbado na súa estrutura cos peóns “7”, “12” e “15”, mais neste caso, esta fisura posicional carece de importancia pois a práctica de anos deixou ben demostrado que non é doado de explotar.

4. ... 28-23

A veces xógase primeiro 4. ... 27-22; pero a do tronco é unha continuación máis flexible que acelera o desenvolvemento do flanco de río.

Infrecuente é 4. ... 27-23; 5.05-10, 23-20; 6.15-19, 20-15; [Se 6. ... 28-23; 7.19x28, 32x23; 8.01-05 traspón á Liña D, fuga 6. ... 27-23] 7.11x20, 24x15; 8.19-23, 18x11; 9.07x14, 28x19; 10.14x23, 16x07; 11.04x20, 31-28; 12.06-11, 28x19; 13.20-23 e na Guía de Lees (1892) di que gañan as brancas, mais recentemente o damista americano Jim Loy atopou o empate con 13. ... 21-17! [Non 13. ... 21-18; contra a que aconsellamos seguir con 14.11-15, 19x12; 15.08x15, 26-22; 16.02-06, 25-21; 17.06-11, 21-17; 18.01-05, 29-25; 19.10-14, 17-13; 20.14x21, 25x18; 21.11-14, 18x11; 22.09x27 e G.B.] 14.11-15, 19x12; 15.08x15, 26-22; e se 16.02-06 nós seguimos con 29-26; 17.06-11, 22-18; 18.10-14 [En caso de 18.15-20, 17-13! e 18-13 para tiro de empate] 26-21; 19.15-19, 17-13; [EMP].

5.05-10 ...

POSICIÓN DESPOIS DE 5.05-10 ...

Deixa libre a casa “5” para que poida entrar en xogo o peón retrasado de “1” e ao mesmo tempo colabora no afianzamento do centro. Sería precipitado 5.15-19 porque tras 5. ... 32-28; 6.06-10, 27-22; 7.12-15, 21-17; 8.14x21, 25x18; 9.10-14, 29-25; 10.14x21, 25x18; 11.11-14, 18x11; 12.07x14, 23-20; as negras gañan material decisivo.
Igualmente se 5.06-10, con eses buratos en “3” e “6”, a cimentación branca queda moi resentida tras 23-20.

Despois do 5.05-10 da liña principal a apertura queda practicamente definida. A partir de aquí existen 6 posibles réplicas coas que as negras adoitan encarar o “medio xogo”.

A) 5. … 32-28;
B) 5. … 31-28;
C) 5. … 21-17;
D) 5. … 23-20;
E) 5. … 27-22;
F) 5. … 26-22;


VARIANTES CON 27-22 ANTES DE 28-23

Con todo convén non esquecer que as negras tamén poden efectuar 27-22 antes da quinta xogada. Por exemplo 1.10-14, 22-18; 2.12-15, 27-22; 3.05-10, 23-20; 4.07-12, 20-16; 5.03-07 ...

POSICIÓN TRAS 5.03-07 ...

Se agora 5. ... 28-23; estamos na Liña E. Pero o negro pode intentar:

G) 5. ... 21-17;
H) 5. ... 31-27;