domingo, 27 de febreiro de 2011

O erróneo "Gambito de Bassani"

Vifigueiredo vs. Tinsley_Peru
Xogo disputado «on-line» na Ludoteka no 2009
1.10-14, 23-19
Formando a «Partida do Río» tamén coñecida como «Apertura Real», a forma máis empregada de abrir o xogo. As negras imitan o movemento inicial das brancas e estas conservan unha case imperceptible vantaxe só grazas a que teñen a vez.

2.14x23, 28x19; 3.09-13 ...

A «Liña moderna» tan boa como a orixinal 3.05-10. A idea básica das brancas e situar máis favorablemente este peón no cadro «17» aproveitando que se o rival xoga agora 3. ... 21-17; pode ser replicado con 4.12-16, 17x10; 5.05x23, 27x20; 6.16x23, 31-28; 7.23-27 deixando moi debilitada a formación negra.
3. ... 32-28; 4.13-17 ...

Tamén se pode xogar antes 4.12-16 seguido de 5.13-17 e o xogo non difire do desta partida. Así entrariamos na variante que OAL bautizou como a «Bilateral» porque se fan sucesivos movementos por ambos os dous lados do taboleiro. Outra boa opción era 4.11-15 entrando na «Oblicua Moderna».
4. ... 28-23

Menos ofensiva é a «Defensa Andaluza» 4. ... 19-15; que leva a moitos empates polo que hai xogadores que a esquivan movendo primeiro 4.12-16.

En cambio se as negras escollen a «Defensa Toledana» 4. ... 27-23; pode ser ben contestada con 5.05-10, 21-18; 6.01-05, 25-21; 7.05-09, o ataque típico da «Lateral Dereita».

5.12-16 ...
Se 5.05-10, 21-18; 6.01-05 traspoñemos a unha xenuína «Lateral Dereita». Porén coa xogada da partida, como xa dixemos, éntrase na «Bilateral» unha variante que foi primeiramente presentada por John Drummond na 4ª edición do seu tratado (1866) e que el denominou como a «Flora Temple».
5. ... 21-18
Serían moi boas alternativas:

• 5. ... 19-14; 6.07x18, 21x14; 7.06-11, e agora tanto con 7 ... 23-19; 8.11x18, 22x13; 9.05-09, 26-22; 10.09x18, 22x13; 11.01-05, como con 7. ... 22-18; 8.08-12, 23-19; 9.05-09, 23-19; 10.02-06, 27-23; 11.01-05, ou incluso 7. ... 26-21; 8.17x26, 30x21; 9.11x18, 21x14; 10.03-06, os xogos tenden a equilibrarse.

• 5. ... 22-18; 6.08-12, 18-14; 7.11x18, 21x14; 8.06-11, 26-22; 9.11x18, 22x13; 10.07-11, 27-22; 11.03-06, 05-09; 12.05-10, 29-26; con posición máis ou menos igualada.

6.08-12 ...
O «Ataque de Maize».

6. ... 18-13
Unha réplica moi xogada. Interesante é a troca 6. ... 18-14; que retrasa o ataque no centro. Outra posible liña é 6. ... 25-21; que se pode proseguir con 7.05-10, 29-25; 8.11-15, 31-28!; 9.01-05. Mentres que a intuitiva 6. ... 19-14; precisa dunha delicada condución para non caer en moitas das variantes perdedoras.
7.05-10, 13-09
Tamén se podía seguir con 7. ... 22-18; non permitindo a colocación do peón branco en "13".
8.10-13, 25-21; 9.01-05, 21-18; 10.05-10, 29-25
Neste momento a única forma de que dispón o negro para salvarse é co sacrificio 10. ... 09-05!; 11.02x09, 24-20; 12.12-15, 19x12; 13.10-14, 29-25; 14.14x21, 25x18; 15.06-10, 20-15; 16.11-20, 23-19; para empate, unha continuación que xa viña no Tratado do Dr. Cárceles Sabater.
Non valía 10. ... 18-14; por 11.11x18, 31-28; [Se 11. ... 29-25; 12.12-15, 19x12; 13.10-14, 24-20; 14.06-11, 22-19; 15.18-22, 19x10; 16.22x19, 12-08; 17.03-06, 10x13; 18.17-21! G.B.] 12.12-15, 19x12; 13.06-11!, 29-25; [Se 13. ... 12-08; 14.07-12, 29-25; 15.18-21!, 25x18; 16.10-14 G.B. ou se 13. ... 24-20; 14.17-21, 26x17; 15.10-14, 17x10; 16.04-08, 22x13; 17.08x31, 30-26; 18.31x18, 10-05; 19.18-31, G.B.] 14.10-14, 22-19; 15.18-22 [G. B.]

POSICIÓN DESPOIS DE 10. ... 29-25;

11.12-15 ...

Aquí as brancas inclínanse polo «Gambito de Bassani», a liña principal que dá a «Enciclopedia Damista». Mais como veremos isto é un erro que pode deixar fuxir a vitoria. Adecuado era 11.11-14, 18x11; 12.07x14 e se agora:

• 12. ... 09-05; 13.02x09, 31-28; 14.12-15, 19x12; 15.04-08, 26-21; 16.08x15, 24-20; 17.15x31, 22-18; 18.17x26, 18x02; 19.31x22, 30x21; 20.22-08 con xogo gañador.

• 12. ... 31-28; recibe o mesmo trato que 12. ... 24-20. As brancas gañan con 13.13-18 seguido de 17-21. Curiosamente a última destas dúas opcións xogouse no Torneo do «Grupo Xadrez Alekhine» de Lisboa entre o Dr. Orlando Lopes e Valentín Duarte das Neves no ano 1952, pero o golpe escapóuselle ao que logo sería primeiro campión portugués.

• 12. ... 25-21; 13.06-11, 23-20; [13. ... 24-20; 14.03-06 G.B.] 14.16x23, 27x20; 15.14x23, 20-15; 16.11x20, 24x08; 17.03-07, 22-19; 18.07-11, 26-22; 19.17x26, 30x21; 20.23-27, G.B. [Francisco Henriques].

11. ... 19x12; 12.10-14, 12-08 [??]

A gran fisura do gambito está en que as negras agora podían seguir con 12. ... 09-05; 13.02x09, 24-20; 14.14x21, 25x18; 15.06-10, 20-15 e empátase despois de realizar a mesma manobra que xa indicamos na xogada décima.

XOGAN BRANCAS E GAÑAN
Pero se 12. ... 25-21 [Ver o Diagrama]; as brancas gañan co golpe de Brooklin 13.14-19 ... [13.04-08 gaña tamén], 23x14; 14.16-20, 24x15; 15.07x16, 14x07; 16.03x19, 24x15; 17.13x29, [G.B.]
Ao haber antes a posibilidade de empate, o resto do xogo [no que por certo se reproduce unha liña de Francisco Henriques publicada no "Tratado da Enciclopedia Damista"] non merece comentarios.
13.14x21, 25x18; 14.06-10, 23-19; 15.11-14, 18x11; 16.07x23, 27x20; 17.16x23, 24-20; 18.10-14, 22-19; 19.23-28, 19x10; 20.28-32 [1-0]

Ningún comentario: