sábado, 28 de maio de 2011

A importancia dos finais

O coñecer os máis célebres finais artísticos e estudar a teoría dos que poden aparecer con máis frecuencia no campo práctico debe ser un dos principais obxectivos de todo bo afeccionado. Son moitas as partidas magnificamente xogadas na apetura que se estragaron por non dominar ben a súa fase final. Debido á trascendental relevancia que ten para nós, xa temos tratado este asunto noutras ocasións. Na columna desta semana  continuamos coa publicación de novos exemplos.

PRIMEIRO DIAGRAMA
["El Canónigo", 2ª metade do S.XVII]


XOGAN BRANCAS E GAÑAN

A posición que amosamos neste primeiro diagrama pertence a un xogo extraído do manuscrito do «Canónigo del Sacro Monte de la Ciudad de Granada», que é unha copia do libro de Pedro Ruíz Montero [1591] ao que este xa famoso cóengo engadiu moitas liñas novas ata completar 352 páxinas. Grazas a un espléndido estudo que o mestre valisoletano Víctor Cantalapiedra fixo na desaparecida «Revista Internacional de Damas» da «Partida da Sentinela» este final chegou a ser coñecido do gran público. O seu desenlace descubrímolo deseguido:

1.32-28* ...

Só este sinxelo recurso táctico garante a vitoria.

1. ... 11x02; 2.28-24, 02x20; 3.24x06* ...

Naturalmente se 3.24x02, 17-13; 4.09x18, 21x14 as negras conseguen o empate.

3. ... 21-18;

Se agora a dama puidese ocupar o río sen ser expulsada o final non ofrecía dificultade ningunha, pero neste caso hai que ter en conta un pequeno pormenor.

SEGUNDO DIAGRAMA
["El Canónigo", 2ª metade do S.XVII]


XOGAN BRANCAS E GAÑAN

4.06-10, 17-13; 5.10x17, 18-14; 6.17-06 ...

O final non alcanza a categoría de artístico porque valía igualmente 6.17-13.

6. ... 25-21; 7.06-03* ...

Aquí temos a sutileza. Unha manobra de perda de tempo que, segundo Cantalapiedra, permite que o poidamos adxectivar co cualificativo de "primoroso final".

7. ... 14-11;

► Se 7. ... 21-17; 5.09-13 e GB.
► Ou 7. ... 21-18; 5.03-06 e tamén GB.

8.09-13, 21-17; 9.03-10, 12-07; 10.10-01 GB.

* * * * * * * * * *
 
No terceiro diagrama reflectimos un fascinante estudo do autor ruso A. Chochin que veu a luz por primeira vez no ano 1896. O destino quixo que na nosa península coñecésemos esta xema da composición artística grazas ao xenio do gran  xogador e problemista portugués Luis Antonio David que, tras asombrar aos afeccionados da "Brasileira", inmortalizouna coa súa publicación na revista «Século Ilustrado»  no 1948. Catro anos despois, sen chegar a cumprir a trintena, faleceu afectado pola maldita tuberculose co título de campión de Lisboa e sen ter coñecido nunca a existencia de Chochin.
 

TERCEIRO  DIAGRAMA
[Chochin, 1886]


XOGAN BRANCAS E GAÑAN

Para comprobar a súa dificultade primeiro imos ver que pasa se: 
  • 1.17-03, 15-11*; 2.09-13, 25-21; 3.13-17, 21-18; 4.17-21, 18-13; 5.03X17, 11-07; 6.21-25, 07-03*; EMP.
  • 1.09-13, 15-11*; 2.13-18 ... [e agora non 2. ... 11-07; por 3.17-03, 07-04; 4.03-17 GB] 3. ... 25-21* EMP.
E deseguido ofrecemos a súa solución:

1.17-13!!  ...

Agora se:

1. ... 15-12; 2.13-18!, 12-08; 3.09-13, 08-04; [3. ... 25-21; 4.18x25, 08-04; 5.13-18 GB.] 4.13-17 GB.

1. .... 15-11; 2.13-03*, 25-21; [e así o xogo conflúe na posición do "Canónigo" que estudamos antes] 3.09-13, 21-17; 4.03-10, 12-07; 5.10-01 GB.

1..... 25-21; 2.13-03, 15-11; [Se 2. ... 21-18 ou 2. ... 21-17 segue 3.03-07 GB] 3.09-13, 21-17; e como no punto anterior 4.03-10 GB.

* * * * * * * * * *

Este final foi disputado na Ludoteka [modalidade 1'+10"] no presente mes de maio de 2011. Xogaban Aadil vs. Marrakech_y e chamoume a atención a rapidez coa que as negras viron a manobra defensiva.

CUARTO DIAGRAMA
[Aadil vs. Marrakech_y; Ludoteka, 2011]


XOGAN BRANCAS
[As negras responden e empatan]

1.22-26 ...

Ante a ameaza de disparo con 12-07.

1. ... 29x22; 2.31x09, 12-08*; 3.25-29*, 21-18!; 4.09x31, 02-05; EMP.

Para gañar este tipo de finais con ese "tixolo" formado por un peón no cadro "4" vixiando a outro inimigo situado en "8", as brancas necesitan poder levar un segundo peón ao cadro "15". Como aquí ese peón está en "16" non se pode evitar o empate. A posición base gañadora fórmase con peón en "15" e as damas en "11" e "3". Nótese que en vez da dama de "11" tamén valería outro peón tal como se reflicte no seguinte diagrama:

QUINTO DIAGRAMA
[Posición Base]


GAÑAN AS BRANCAS
[Xogue quen xogue]

Debido a ameaza de entrega de peóns as negras están obrigadas a abandonar o río. Tras 15-19 o peón coroa con comodidade e GB.

* * * * * * * * * *

Cando o tempo escasea non é momento de poñerse a buscar as mellores xogadas. A importancia de coñecer este tipo de finais quedou ben reflectida no Torneo conmemorativo do 25 de abril celebrado en Oliveira de Azemeis neste ano 2011.

SEXTO DIAGRAMA
[Antonio Monteiro vs. Justino Miguel; Oliveira de Azemeis, 2011]


XOGAN NEGRAS E EMPATAN

Nesta posición correspondíalle ás negras -conducidas polo grandísimo xogador Justino Miguel- efectuar a súa trixésimo cuarta xogada, para nós primeira deste didáctico final.

1. ... 01-14;

Coa bandeira do reloxo colgando e a punto de caer, nin o mestre Justino pode decatarse que 1. ... 01-19 empata de xeito máis doado. Ambos os dous xogadores tiñan os nervos a flor de pel, incluso o seu rival, con brancas, acababa de mover o seu peón de "8" para "4". Ao ser avisado volveu o peón outra vez á casa "8" e moveu unha das damas sen que lle fose aplicada a regra de "peza tocada".

2.22-29, 14x04; 3.29-25, 16-12;

Movendo a velocidade vertixinosa chegou este erro que puido ser decisivo. Despois desto as negras quedan perdidas. Só valía 3. ... 17-13; 4.15-11 ... [4.15-19, 13-09; 5.19-28, 16-12; 6.08x15, 04-08; EMP] 4. ... 04x14; 5.25x07, 24-20* [Única, pois se 5. ... 13-09; 6.08-12, 24-20; 7.07-03, 16x07; 8.03x23 GB.] 6.08-12, 20-15; EMP.

4.15-11, 04x14; 5.25x16, 17-13; 6.16-03*, 13-09; 7.03-10, 24-20; 

E nesta posición Monteiro devolveu o favor xogando 8.08-12 e tras 20-16 acordouse o empate. Nada máis finalizar, un espectador que contemplaba a partida arrimouse un chisco á mesa e exclamou: "Estava ganho". El non sei que veu porque algo falaba da "dama preta", pero o certo é que a importancia de coñecer a teoría queda posta de manifesto, agora as brancas gañaban co famoso final de Antero Martins Gomes publicado na «Revista Portuguesa de Damas» en maio de 1939. Vexamos:

SÉTIMO DIAGRAMA
[Antero Martins Gomes, 1939]


 XOGAN BRANCAS E GAÑAN

8.10-28*, 20-15; 9.28-24, 15-12; 10.08x15, 09-05; 11.28-24 e agora para non quedaren bloqueadas as negras xogan 11. ... 05-02; pero tras 12.28-24 GB. [Non estou seguro pero creo lembrar que en certa ocasión lin na Enciclopedia Damista que antes de ver a luz en Portugal, curiosamente tamén este final foi publicado en Rusia]. 
  

sábado, 21 de maio de 2011

O famoso pase 16/31

No xogo Aadil vs. Dialo que vimos no «post» anterior as negras puideron tentar resistir moito máis se na xogada vixésimo novena moveran 29. ... 17-06. Nese caso para gañar o xogo o bando forte estaría obrigado a efectuar o famoso pase 16/31. Por exemplo, tras 30.22-26, 06-02; 31.26-29, 02-11; chegariamos a seguinte posición que imos estudar:

PASE DE PEÓN 16/31


XOGAN BRANCAS E GAÑAN


Por facelo máis didáctico imos numerar as xogadas como se fai nos libros de finais, comezando polo número 1 a partir da posición do diagrama.

Os autores clásicos xa trataron este tema, pero só os métodos do Dr. OAL e do Capitán Evaristo Borges explicaban todas as posibles hipóteses. Posteriormente outro damista portugués, Rodrigues de Sousa, conseguiu acurtar o proceso nos supostos máis complicados. Finalmente foi o mestre Manuel Melo quen perfeccionou o sistema e presentouno no libro do Dr. Sena Carneiro «Finais Prácticos Básicos», case tal como nós imos amosar agora aquí.

1.19-01, 11-06;

Para conseguir gañar este final hai que levar o peón ao escaque «23» e despois apoiar a súa coroación cunha dama en «24». As negras tentarán cortarlle o paso ou deixalo avanzar para empatar cun ataque que o obrigue a ir á casa «24».

2.29-19 ...

Esta dama está na diagonal axeitada, pero o afeccionado debe advertir que no caso de non dominar a paralela 08/29 debe ser o primeiro obxectivo conseguir facelo buscando entrar nela por «04» ou «29».

2. ... 06-02; 3.01-14 ...

Unha vez colocada a dama en «19» hai que entrar na diagonal 02/24. Como agora non poden ir ao cadro «05» fan unha xogada de espera.

3. ... 02-06; 4.14-05, 06-02; 5.05-09, 02-11;

Se 5. ... 02-06; as brancas seguen co mesmo proceso 6.09-02 e 7.02-15.

6.09-02 ...

Expulsando a dama inimiga para poder avanzar o peón.

6. ... 11-04;

Tendendo unha trampa. Se as brancas avanzan xa o peón 7.16-20, segue 04-07 e non hai forma de impedir o empate pois as negras van atacar o peón en «16» obrigándoo a ir a «24» ante a pena de perdelo.

7.02-15 ...

Así queda constituída a posición BASE. Estea onde estea a dama negra, por seguridade, as brancas deben colocar as damas na disposición que se amosa no diagrama.


POSICIÓN BASE
(A dama negra pode estar en calquera das casas posibles)


Partindo desta idónea colocación das pezas brancas, non só imos ver como se gaña nas posibles situacións que se poden dar a partir da posición reflectida no diagrama, senón tamén en todas as hipóteses onde poidera estar a dama negra se na quinta xogada movese 5. ... 02-06.

O REMATE

Unha execución depurada desde a posición BASE nunca debe sobrepasar os 11 lances para coroar o peón.

DAMA NEGRA EN «30»

1.15-20 ...

• 1. ... 30-21; (ou 1. ... 30-17) 2.19-26 e 20-23 G.B.

• 1. ... 31-27;. 2.19-14, 27-22; 3.20-23 G.B.


DAMA NEGRA EN «27»

1.15-20 ...

• 1. ... 27-18; (ou 1. ... 27-13; ou 1. ... 27-09) 2.19-22 e 20-23 G.B.

• 1. ... 27-30; 2.20-23 G.B.


DAMA NEGRA EN «03»

1.19-14 ...

Xogada de espera indicada no método de OAL.

REMATE DO DR. OAL


POSICIÓN DESPOIS DE 1.19-14 ...


• 2. ... 03-13; 3.15-22, 13x27; 4.14-23, 27x20; 5.16x23, G.B.

• 2. ... 03-17; 3.15-26, 17x30; 4.14-23, 30x20; 5.16x23, G.B


DAMA NEGRA EN «09»

1.19-10 ...

Xogada do Capitán Evaristo Borges.

• 1. ... 09-02; 2.16-20, 02-09; [o Capitán Borges xa advertiu da importancia da colocación da dama en «10» porque agora se 2. ... 31-27; 3.10-06 e (G.B.), doutro xeito era empate] 3.20-23 e non se pode evitar a coroación tras 15-24 e 23-28, G.B.

• 1. ... 09-27; (1. ... 09-18; 2.15-22 e 10-23 G.B.) 2.15-08, 27-09; 3.08-22 e 10-23 G.B.


DAMA NEGRA EN «13»

1.19-01 ...

• 1. ... 13-18; (ou 13-09) 2.15-22 e 01-23 G.B.

• 1. ... 13-17; 2.15-26 e 01-23 G.B.

• 1. ... 13-03; 2.01-14 [xogada de espera indicada no método de OAL que xa vimos como se remata no suposto da DAMA NEGRA en 03].


DAMA NEGRA EN «17»

1.19-01 ...

• 1. ... 17-21; 2.15-26 e 01-23 G.B.

• 1. ... 17-13; 2.15-22 e 01-23 G.B.

• 1. ... 17-03; 2.01-14 [xogada de espera indicada no método de OAL que remata coa entrega de ambas as dúas damas tal como vimos antes].

• 1. ... 17-30; 2.15-19, 30-21 (ou 30-17); 3.19-26 e 01-23 G.B.


DAMA NEGRA EN «04»

1.16-20 ...

O peón avanza xa pois non hai perigo de que sexa atacado.

• 2. ... 04-08; 3.19-29 G.B.

• 2. ... 04-07; (ou a calquera das outras dúas casiñas flutuantes) 3.19-28, 31x24; a «batería» queda montada e a dama dispara. G.B.

• 2. ... 04-25; 3.20-23 ... [e non se pode impedir a vitoria das brancas grazas que van pasar o peón creando un túnel colocando unha dama en «24»] 3. ... 25-04; 4.15-24, 04-08; 5.19-29, 08-04; 6.23-28 G.B..


DAMA NEGRA EN «25»

1.16-20 ...

Neste caso tampouco pode ser atacado o peón.

• 2. ... 25-29; 3.20-23, 29-25; 4.15-24, 25-29; 5.19-08 G.B.

• 2. ... 25-21; (ou a calquera das outras dúas casiñas flutuantes) 3.19-28, 31x24; e a «batería» dispara. G.B.

• 2. ... 25-04; 3.20-23, 04-25; 4.15-24 e o peón cólase G.B.


DAMA NEGRA EN «07»

1.19-05! ...

Liña de Manuel Melo.


POSICIÓN DESPOIS DE 1.19-05! ...


• 1. ... 07-04; 2.16-20, 04-08; [Se a dama vai a unha casiña flutuante pérdese disparando a «batería» que se forma despois do sacrificio con 3.05-28; por tanto a única opción que queda é 2. ... 04-25; pero tras 3.20-23, 25-29; 4.15-24, 29-19; (recurso desesperado para impedir a coroación do peón) 5.05-01, 19x32; 6.24-15, 31-28; 7.15-19 G.B.] 3.15-29, 08-04; 4.20-23, 04-21!; 5.29-15, 21-18; [Se 5. ... 21-30; 6.05-02 G.B.] 6.15-24, 18-22; [se 6. ... 18-09; 7.05-19! gaña máis rápido] 7.23-28, 22-09; 8.05-14, 09-22; 9.28-32 G.B.

• 1. ... 07-03; 2.05-14 producíndose unha posición á que OAL tamén chegou no seu método e que se remata coa entrega de ambas as dúas damas. Segundo para onde escape o negro segue 3.15-22 ou 3.15-26 e logo 4.14-23 G.B.

• 1. ... 07-18 ou 1. ... 07-21 perden con similar manobra á do comentario anterior.

• 1. ... 07-25; [a máis resistente] 2.16-20, 25-29; [xa sabemos que se a dama vai a unha casiña flutuante pérdese disparando a «batería» que se forma despois do sacrificio con 3.05-24; por tanto a única opción que queda é 2. ... 25-04; pero tras 3.20-23, 04-08; 4.15-24, G.B.] 3.15-08, 29-25; 4.20-23 coas seguintes posibilidades:

► 4 ... 25-21; 5.23-27, 31x22; 6.08x17 G.B.

► 4 ... 25-18; 5.08-15, seguido da coroación tras 6.15-24 G.B.

► 4 ... 25-07; [con idea de se 5.12-15, 07-16 EMP.] 5.08-22! ... [outra das vantaxes de ter a dama en «05» pois impide 5. ... 07-16 polo gancho con 6.05-09 G.B.] 5. ... 07-21; [contra 5. ... 07-03 segue 6.20-23, pero se 5. ... 07-04; 6.22-15 e non 6.23-27 que empata con 6. ... 04-08] 6.22-15, 21-18; [non 6. ... 21- 30 por 7.02-05, un gancho co que G.B.] 7.15-24, 18-22; 8.23-28, 22-09; 9.05-14, 09-18; 10.28-32 coroando en 10 lances.

► 4 ... 25-11; [para evitar 08-15] 5.08-22 ...

─ 5. ... 11-20; 6.05-09 G.B.

─ 5. ... 11-24; 6.05-02 G.B.

─ 5. ... 11-07 (ou 11-06); 6.23-27 e o peón coroa [G.B.]

─ 5. ... 11-02; 6.23-27, 02x09; 7.27-30 G.B.

─ 5. ... 11-04 (ou 5. ... 11-25); 6.22-15 para apoiar a coroación con 7.15-24 G.B.

─ 5. ... 11-21; 6.22-15, 21-18; [ Se 6. ... 21-30; 7.05-02 G.B.] 7.15-24, 18-22; [se 7. ... 18-09; 8.05-19, 09-02; (8. ... 09-18; 9.23- 27! Golpe e G.B.) 9.23-28, 02-09; 10.19-08, 31-27; (ante a «batería» as negras teñen que modificar o final) 11.28-32, 27-22; 12.08x29 G.B.] 8.23-28, 22-09; 9.10-14, 08-22; 10.28-32 con coroación en 10 movementos.


DAMA NEGRA EN «21»

1.19-10! ...

Liña de Manuel Melo. Non vai directamente ao cadro «05» como no suposto da DAMA NEGRA en «07» e axiña comprenderémolo porqué.

• 1. ... 21-04 2.16-20, 04-08; [Se a dama vai a unha casiña flutuante xa sabemos que as brancas gañan disparando a «batería» que se forma despois do sacrificio con 3.10-28; e a outra opción que queda 2. ... 04-25; tamén sabemos que perde con 3.20-23, 25-29; e a construción do túnel 4.15-24] 3.15-29, 08-04; 4.20-23, 04-21!; [Había ameaza de disparo con 23-27 e a alternativa 4. ... 04-25 permite 5.29-25 para seguir con 6.15-24 e pasar o peón] 5.29-12 ... [Nótese que agora non vale 5.29-15 porque ao non estar unha dama en «05» as negras empatarían con 5. ... 21-30] 5. ... 21-11 [O ataque ao peón desde «30» agora non vale por 6.12-16, tampouco é axeitado ir coa dama a «25» ou «04» porque permite 6.12-15 e igualmente a opción 5. ... 21-17 fracasa por 6.12-03 unha solución que deixa ver a importancia de ter a dama en «10» e non en «01» como no método de Rodríguez de Sousa que precisa de máis lances para rematar] 6.12-26! ... Alcanzando así unha famosa posición que xa fora tamén atopada polo propio Rodríguez de Sousa  pero superando os seis lances na súa formación. Velaí vai o desenlace.

REMATE DE RODRIGUES DE SOUSA


POSICIÓN DESPOIS DE 6.12-26 ...


► 6. ... 11-24; 7.23-28 e 28-32 G.B.

► 6. ... 11-20; 7.26-30 G.B.

► 6. ... 11-04 (11-25 ou 11-18); 7.26-15 para túnel con 8.15-24 G.B.

► 6. ... 11-02; 7.10-14!, 02-09 [7. ... 02-06; 8.23-27 G.B.] 8.26-15, 13-09; 9.15-24 G.B.

• 1. ... 21-07; 2.10-05! e segue como no suposto da DAMA NEGRA en «07» aínda que neste caso necesita un movemento máis para coroar [11 no total].

• 1. ... 21-18; 2.15-22 e 3.10-23 G.B. [Método OAL]

• 1. ... 21-25; 2.16-20, 25-29; [ 2. ... 25-04; 3.20-23 e 15-24 G.B.] 3.15-08, 29-25; 4.20-23, 25-07; [4. ... 25-11; 5.08-26 e as brancas gañan como na posición de Rodríguez de Sousa xa explicada] 5. 08-26, 07-25; 6.26-15 e como tantas veces xa indicamos as brancas gañan levando a dama a «24» para pasar o peón.

• 1. ... 21-17; 2.10-01 e segue como no Suposto con DAMA NEGRA en «17».

• 1. ... 21-30; 2.15-12! ... [para impedir 2. ... 30-17; por 3.12-03 G.B.] 2. ... 30-21; [Se 2. ... 30-27; 3.10-23 G.B.] 3. 12-26, 21x30; 4.10x23 G.B.


DAMA NEGRA EN «18»

1.19-10! ...

Liña de Manuel Melo.

• 1. ... 18-04 2.16-20 e segue igual que no suposto con DAMA NEGRA en «21» despois de 2. ... 21-04.

• 1. .... 18-25; 2.16-20 e segue igual que no suposto con DAMA NEGRA en «21» despois de 2. ... 21-25.

• 1. ... 18-07; 2.10-05! e segue como no suposto da DAMA NEGRA en «07» aínda que neste caso necesita un movemento máis para coroar [11 no total].

• 1. ... 18-21; 2.15-26, 21x30; 3.10-23, 30x20; 4.16x23 G.B.

• 1. ... 18-09; 2.15-22, 09x27; 3.10-23, 30x20; 4.16x23 G.B.

• 1. ... 18-27; 2.15-04, 27-18 (ou 27-09); 3.08-22, 18x27; 4.10-23 G.B.

mércores, 18 de maio de 2011

Pequenas sutilezas nos finais.

Nun xogo Aadil vs. Dialo disputado o día 18 do pasado mes de marzo na Ludoteka [modalidade 1’ + 10”] despois de :

1.10-14, 23-19; 2.14x23, 28x19; [Partida do Río] 3.05-10, 32-28; 4.01-05, 28-23; 5.10-13, 21-17; 6.05-10 ... [Variante Marxinal da Contra-Lateral Dereita] 6. ... 26-21; 7.12-16 ... [liña favorita dos autores clásicos españois] 7. ... 19-15; 8.11x20, 24x15; 9.07-11, 23-20*; 10.16x23, 27x20; 11.04-07 ... [considerada mellor que o 11.03-07 do libro de Cecina Rica] 11. ... 30-27; 12.07-12*, 29-26; [aquí apártase do publicado 12. ... 22-18 de Sena Carneiro ] 13.12x19, 22x15; 14.10-14, 17x10; 15.06x13, 15x06; 16.02x11, 21-17; 17.13-18, 26-21; 18.03-07, 17-13; 19.14-19, 21x14; 20.11x18, 20-15; 21.19-22, 15-11; 22.07x14, 25-21; 23.18x25, 27x11; 24.09x18, 11-06; 25.25-29, 06-03; 26.29-19 ...

Chegouse a esta posición:


XOGAN NEGRAS E EMPATAN


Coñecido é que nesta posición amosada no diagrama se o bando forte consegue levar a dama o peón de «18» o pase do outro peón é gañador. Para evitar o avance á fatídica casa «21» as negras dispoñen de tres opcións, mais só unha delas é satisfactoria.


PRIMEIRA OPCIÓN:

1. ... 31-27!

A única forma de defenderse. As negras ameazan 1. ... 03-07.

A esta posición tamén se puido chegar no 3º xogo da Finalíssima do 21º Campionato de Portugal entre Vaz Vieira e Medalha da Silva, e o propio Medalha nos comentarios que fixo para o "Espazo Damista" [Separata de "ED"] xa indicou que esta era a defensa correcta.

2.19-14 ...

Por suposto se 2.18-21 con 27-22 as negras apodéranse do «río» e empatan.

2. ... 03-13; 3.18-21, 13-18

E con esta «Luneta» cae unha das dúas pezas atacadas [EMP].


SEGUNDA OPCIÓN:

1. ... 03-17;

As negras ocupan a diagonal 17/30 para cortar o paso do peón. A decisión parece satisfactoria a primeira vista, pero o caso é que con esta continuación as negras quedan perdidas. A manobra gañadora deseñada por Francisco Henriquez foi publicada por primeira vez no ano 1945 na revista portuguesa «Estrategia Damista» e posteriormente explicada con detalle no Nº 26 da supercélebre «Enciclopedia Damista».

2.18-22* ...

Non se pode demorar o avance deste peón, pois hai que impedir 2. ... 31-27.

2. ... 17-30

A mellor. Se 2. ... 17-21; segue 3.08-12, 21-30; [Tampouco nada arranxaba 3. ... 21-17; por 4.12-16, e o peón de «22» avanza xa que se 4. ... 17-21; con 5.22-26, 21x30; 6.19-23 G.B.] 4.12-16, 30-27; 5.19-23, 27x20; [obrigada pola lei da calidade] 6.16x23, G.B.


XOGAN BRANCAS E GAÑAN


3.19-01 ...

Movemento de perda de tempo para descolocar a dama inimiga. A idea é conseguir chegar á mesma posición que no diagrama pero tocándolle xogar ás negras. Mentres tanto o bando débil debe tratar de defenderse xogando na diagonal 17/30 e colocando a súa dama en «30» sempre que a súa homónima branca se instale en «19».

O lector debe decatarse que non valía 3.08-12, por 3. ... 30-16*; [Non 3. ... 30-27; xa que con 4.19-28! G.B.] 4. 12-15, 16-12; 5.15-20, 12-16; 6.20-24, 16-27; 7.22-26, 27-22; EMP.

3. ... 30-21

Menos resistente é 3. ... 30-17; pois segue 4.01-14 que obriga á dama negra a xogar 4. ... 17-30; e con 5.14-19 acelérase o proceso. O xogo seguiría como no tronco tras a xogada sexta na que precisamente as brancas colocan a súa dama na casa «19».

4.01-05 ...

Outra vez perdendo tempo. Se 4.08-12, 21-07; 5.12-16 ... [5.12-15, 07-12; 6.15-19, 31-27; EMP.] 5. ... 07-12; 6.01-19, 12-08; 7.16-20, 31-28 (ou 31-27) [EMP].

4. ... 21-17*

Seguindo o consello. A dama negra só vai a «30» cando a branca está en «19».

5.05-14 ...

Vixiando o cadro «21» e obrigando por tanto á dama negra a ir a «30».

5. ... 17-30; 6.14-19 ...

E aquí está a mesma posición do diagrama pero coas negras tendo a vez.

6. ... 30-21;

Ou 6. ... 30-17; que agora dá o mesmo.

7.08-12 ... [G.B]

O xogo segue tal como xa amosamos nos comentarios da segunda xogada.


TERCEIRA OPCIÓN:
[A que se xogou na partida]

Neste caso xa indicamos o número das xogadas co que se corresponde da partida. Proseguimos coa vixésimo sexta efectuada polo xogador con nick "Dialo".

26. ... 03-07;

Ataca o peón para seguir dun xeito similar á segunda opción ocupando a diagonal de corte, pero neste caso, a perda de tempo facilita o labor das brancas.

27.18-22, 07-21; 28.08-12 ...


POSICIÓN DESPOIS DE 28.08-12 ...


Agora é o momento de avanzar este peón. Ao non estar a dama en «30», as negras non dispoñen do ataque desde a casa «16». Igualmente debido á boa colocación da dama branca non vale 28. ... 21-07 porque segue 29.12-16 e a dama en  «19» impide a ameaza sobre o peón de «22» desde a casa «12». Por suposto, se nesta altura se xoga 29. ... 07-21 con 30.22-26 seguido de 31.19-23 G.B.

28. ... 21-17;

Permanecendo na diagonal de corte. Peor era 28. ... 21-30 porque tras 29.12-16 a dama xa queda atrapada.

29.12-16 ...

Coa ameaza 30.22-26 seguido da captura da dama inimiga con 19-23, as brancas están en disposición de promocionar o peón de  «22» e entrar no famoso final gañador coñecido como «Pase 16/31» que estudaremos na próxima entrega.

29. ... 17-13;

As negras deben abandonar a diagonal de corte, pero fano mal.

30.22-26 ...

Obsesionado co avance do peón e apurado polo reloxo, Aadil non ve 30.19-23 que remataba de xeito directo.

30. ... 31-27; [1-0]

E antes de que as brancas apartasen a dama de «19», para impedir o desaloxe do «río» que se produciría tras 31.26-29, 27-22, as negras depuxeron as armas.


domingo, 15 de maio de 2011

Defensa de Garcez [2ª parte]

[1.10-14, 23-19; 2.14x23, 28x19; 3.05-10, 32-28; 4.01-05, 28-23; 5.09-13, 21-18; 6.13-17, 18-14; 7.11x18, 22x13; 8.12-15, 19x12; 9.08x15 ... ]

Coa segunda parte da «Defensa de Garcez» concluímos o estudo da «Lateral Dereita» da «Partida do Río». 

APARTADO TERCEIRO

9. ... 23-20;


POSICIÓN DESPOIS DE 9. ... 23-20


Unha continuación coa que as negras intentan igualar baseándose nas simplificacións que se producen se o primeiro xogador ataca con 10.05-09. E así, efectivamente, tras 10. ... 20x11; 11.09x18, 26-22; 12.07x14, 22x13; 13.04-8, 24-20; 14.17-21, 25x11; 15.06x24, 13x06; 16.02x11, 27-23; 17.11-15 chega o empate, tal como aconteceu nos seguintes xogos disputados na Ludoteka: Passatempo vs. Janoka (no ano 2009) ou Adam76 vs. Abel8 (no ano 2010).

10.07-11 ...

Traspón o xogo para a «Vía Tradicional» 8.07-11, 23-20; 9.12-15, 19x12; 10.08x15.

10. ... 27-22

Comentando un xogo da súa revista, o Dr. Sena Carneiro catalogou esta como a mellor réplica.

• a) 10. ... 13-09; 11.10-14 e se:

► 11. ... 26-22 [traspón á variante “b” con 10. ... 26-22.

► 11. ... 20-16 [traspón á variante “c” con 10. ... 20-16].

► 11. ... 27-22; 12.14-19, 31-28; 13.05-10, 30-27; 14.11-14, 20x11; 15.06x15, 27-23; 16.10-13, 25-21; 17.03-06, 23-20; [17. ... 09-05; 18.02x09, 23-20; 19.06-11, 22-18; 20.13x22, 28-23; 21.19x28, 26x12; 22.17x26, 29x22; 23.28-32, 12-07; 24.32-23, 20-16; 25.09-13, 22-19; (25. ... 07-03; 26.14-18, 03x17; 27.18x27, 16-12; 28.27-30, 12-07; 29.23-10 G.B.) 26.14-18, 07-03; 27.23x10 G.B.] 18.04-08, 20x11; 19.06x15, 28-23; 20.19x28, 22-18; 21.13x22, 26x10; 22.17x26, 29x22; 23.28-31, 10-05; 24.31x18, 24-20; [obrigada pois se 24. ... 05-01; 25.18-14, 01x12; 26.08x15 G.B.] 25.15x24, 05-01; e a pesar da vantaxe branca o final é de empate.

• b) 10. ... 26-22; 11.10-14 ... [11.05-09 tamén é bo camiño] 11. ... 13-09; 12.05-10, 30-26; Traspón ao tronco do APARTADO SEGUNDO. Outras tamén traspoñen a variantes do mesmo apartado: 12. ... 20-16; 13.03-07 [variante 10. ... 23-20] ou 12. ... 22-18 [variante 11. ... 22-18].

• c) 10. ... 20-16; 11.10-14, 13-09; [Se 11. ... 16-12; 12.04-08, 26-22; 13.05-09 e cae o peón de “12” con gran vantaxe das brancas] e agora:

► 12.03-07 .... [Sen o peón de "30" movido nós preferimos seguir con este lance tal como vimos no APARTADO SEGUNDO, na liña con 10. ... 23-20; 11.07-11, 20-16; 12.03-07 que é a onde traspón o xogo].

► 12.05-10 [Unha xogada posta de moda recentemente] permite 12. ... 16-12; ao que pode seguir 13.14-19, 25-21; [13. ... 12-07 e 24-24 seguido de 26-21 EMP] 14.10-13, con gran vantaxe branca como nun enfrontamento Santos Deodato vs. Víctor Oliveira [22º Campionato de Portugal, Odemira, 2002].

► Por suposto, tamén se pode probar con 12.04-07, 26-22; [12. ... 27-22; 13.14-19, 30-27; 14.05-10, 25-21; 15.10-14, 22-18; traspón ao tronco do APARTADO SEGUNDO] 13.05-10, 27-23; [Esta é a defensa; polo contrario, o intento 13. ... 30-26; é refutado con 14.15-20!, 24x15; 15.11x20, 25-21*; 16.06-11, 22-18; (16. ... 29-25; 17.10-13 G.B.) 17.10-13, 27-22; 18.07-12, 16x07; 19.03x12, 31-28; 20.12-15, 28-24; 21.14-19 G.B.] 14.10-13, 23-20; 15.17-21, 25x18; 16.14x21, 29-25; [Se 16. ... 31-27; como nun xogo do ano 1959 disputado no Café Oriental de Lisboa por Medalha da Silva vs. Dinis Vaz, no que as brancas puideron gañar se agora seguisen con 17.06-10, 27-23; 18.10-14, 29-25; 19.13-18!, 22x13; 20.15-19, 25x18; 21.19x28 G.B.] 17.06-10, 25x18; 18.13-17, 18-13; 19.03-06, 22-19!; 20.15x22, 20-15; 21.11x20, 24x15; 22.07-11, 15-12; 23.22-26, 30x21; 24.17x26, 12-07; 25.10x17, EMP.

11.05-09 ...

Agora as negras se escollen 11. ... 31-27; segue 12.09x18, 22x13;  e o xogo traspón ao APARTADO QUINTO [variante con 12. ... 23-20 que segue con 13.10-14]. Pero tamén poden optar por: 11. ... 22-18 [Ruta A] ou por 11. ... 30-27 [Ruta B] que expoñemos deseguido:

- A -

11. ... 22-18;


POSICIÓN DESPOIS DE 11. ... 22-18


12.03-07, 31-27;

Se 12. ... 20-16?; realizado nun xogo amigable OAL vs. Carlos Branco [Lisboa, 1952] segue 13.11-14, 18x11; 14.09x18 e as brancas gañan material decisivo. O mencionado xogo continuou con 13.15-20, 24x15; 14.11x20, 30-27; 15.07-12, 16x07; 16.04x11 e tras o errado 16. ... 26-22; [16. ... 25-21 EMP.] as brancas gañaron co golpe 17.20-23, 27x20; 18.11-14, 18x11; 19.09x27, 31x22; 20.06x24 [G.B.]

13.17-21!, 26x17; 14.15-19, 18-14;

14. ... 27-22; 15.19x26, 30x21; 16.10-14, 20-15; 17.11x20, 24x15; 18.14-19, 15-11; 19.07x14, 18x11; 20.09x18, 21x14; 21.06x15, 17-13; 22.19-23, 13-10; 23.23-28 [G.B.]

15.09x18, 14x05; 16.02x09, 27-22; 17.18x27, 30x14; 18.11x18, 29-26; 19.07-12, 26-21; 20.18-22, 17-13; 21.09x18, 21x14; 22.04-07, 25-21 con idea de ir a “17” e 14-10 EMP.

- B -

11. ... 30-27;


POSICIÓN DESPOIS DE 11. ... 30-27


12.09x18, 22x13; 13.10-14, 25-21;

A mellor. Para defenderse contra 14.04-07 con 27-22; 15.14-19, 21-18; etc.

Outras defensas deben ser perdedoras:

• Se 13. ... 13-09; 14.14-19, 31-28; 15.06-10, 20-16; 16.04-07, 25-21; 17.07-12, 16x07; 18.03x12, 27-23; 19.19-22 G.B.

• Ou se 13. ... 27-23; 14.15-19, 20-15; [Se 14. ... 31-28; 15.17-21 G.B.] 15.11x27, 31x15; 16.14-19, 26-22; 17.19x26, 29x22; 18.17-21, 25x18; 19.06-11 G.B. como tamén indicou Humberto Duarte]

• 13. ... 20-16; 14.04-07 ...

Coas seguintes continuacións:

14. ... 31-28; agora Humberto Duarte segue con 15.07-12, 16x07; 16.03x12, 28-23; [Se 16. ... 13-09; 17.12-16, 26-22; 18.14-19, 29-26; 19.11-14, 27-23; 20.06-10 G.B. tamén indicado por H. Duarte] 17.12-16, 26-22 e 18.15-19 G.B. aínda que tamén se pode intentar 17. ... 13-10; 18.06x13, 27-22; pero con 19.13-18, 22x13; 20.17-21 ... [Non 20.15-19 por 23-20; 21.16x23, 26-21 EMP.] 20. ... 26x17; 21.15-19, 13-10; 22.19x28, 10-06; 23.28-32 as brancas deben gañar.

14. ... 13-09; 15.14-19, 31-28; 16.06-10 ... e agora se:

» 16.... 27-23; 17.10-14, 25-21; 18.03-06, G.B

» 16. ... 26-22; 17.19x26, 29x22; 18.03-06, 28-23; 19.10-14 G.B.

» 16. ... 25-21; 17.07-12, 16x07; 18.03x12 G.B.

» 16. ... 27-22; 17.11-14, 25-21; 18.10-13, 22-18; 19.13x22, 28-23; 20.19x28, 26x12; 21.17x26, 29x22; 22.28-31 G.B. [H.Duarte]

14. ... 26-22; 15.17-21,25x18; 16.14x21, 22-19; 17.15x22, 27x18; 18.11-15, 31-27; 19.15-19, 24-20; 20.06-11 ou 19-22 G.B.

14. ... 27-22; 15.15-20, 24x15; 16.11x20 ...

» 16. ... 25-21; 17.14-18, 21x14; 18.06-10, 13x06; 19.02x27, 31x22; 20.20-23, 22-19; 21.23-28, 19-15; 22.28-31, 15-12; 23.31-18, 26-22; [Se 23. ... 12-08; 24.07-12, 16x07; 25.18x04, 26-22; 26.17-21, 22-18; 27.21-26 G.B.] 24.18x27, 12-08; 25.27-18, 16-12; 26.07x16, 08-04; 27.18-25, 04-08; 28.16-20!, 08-19; 29.20-24 (G.B.) Se as negras atacan o peón de “17” cando se dirixa a dama, permiten coroar o de “24” con dominio do Río.

» 16. ... 13-09; 17.06-11, 25-21; 18.20-23, 22-18; 19.03-06, 29-25; 20.23-27, 31x22; 21.14-19, 22x15; 22.11x20 G.B.

14.15-19 ...

Se 14.03-07, 13-09; [para poder xogar 20-15 contra 15-19 sen temor ao tiro] 15.14-19, 20-16; 16.11-14, 27-22 etc.

14. ... 20-16; 15.04-08, 13-09; 16.06-10, 31-28; 17.08-12, 16x07; 18.03x12, 27-23; 19.11-15, 23-20; 20.19-22, 20x11; 21.12-16, 26x19; 22.14x32, 11-07; 23.17x26, 29x22; 24.10-13, 07-04 EMP.

* * *

APARTADO CUARTO

9. ... 26-22


POSICIÓN DESPOIS DE 9. ... 26-22


Con idea de simplificar se as brancas atacan o peón avanzado. Así se 10.05-09, 23-20; 11.09x18, 20x11; 12.07x14, 22x13; 13.04-08, 24-20; 14.17-21 EMP.

10.07-11 ...

Esta é a mellor forma de seguir, traspoñendo o xogo á «Variante da Rolla».

10. ... 30-26

• Se 10. ... 13-09 traspón ao APARTADO SEGUNDO.

• 10. ... 23-20; Traspón ao APARTADO TERCEIRO na súa variante “b” con 10. ... 26-22.

• 10. ... 23-19; 11.04-08, 19x12; 12.08x15, 27-23; [12. ... 13-09; 13.10-14] 13.10-14 ... e agora:

► 13. ...13-09; 14.05-10, 30-26; 15.15-19, 22x15; 16.11x27, 31x22; 17.10-13, 25-21; 18.13-18, 22x13; 19.14-19, 24-20; 20.19-23, 20-15; 21.23-28, 21-18; [H. Duarte segue con 21. ... 15-12; 22.03-07, 12x03; 23.28-32, 03x10; 24.32x05 G.B.] 22.28-32, 15-12; 23.03-07, 12x03; 24.32-01, 03x10; 25.01x30, 13-10; 26.30-23, 09-05; 27.02x09, 10-06; EMP.

► 13. ... 31-27; 14.05-09, 23-20; [14. ... 22-18; 15.14x21, 25x18; 16.17-21, 29-25*; 17.11-14, 18x11; 18.09x18, 23-20; 19.15-19, 11-07 (H. Duarte continúa con 19. ... 20-15; sen decatarse de que con 20.02-05!, 11x02; 21.19-22, 02x09; 22.22x31, 09x27; 23.31x12, 25x18; 24.12-22 G.B.) 20. 03x12, 20-16; 21.12-15, 16-12; 22.19-22, 27-23; 23.22-27, 12-07; 24.27-31, 07-03!; 25.06-11, 03-12 EMP.] 15.09x18, 22x13; 16.14-19, 20-16; [16.... 27-22; 17.19x26, 29x22; 18.11-14, 20x11; 19.06x15, 13-10; 20.14-19 e segundo H. Duarte as brancas teñen vantaxe, mais con 24-20 pódese empatar] 17.17-21, 25x18; 18.19-22 [Ata aquí como na análise de H. Duarte] 30-26; 19.22x31, 13-10; 20.06x22, 26x12; e 12-07 EMP.

► Non vale 13. ... 30-26; por 14.15-19, 22x15; 15.11x27, 31x22; 16.05-09 G.B.

11.05-09, 23-19;

a) 11. ... 22-18; 12.03-07, 23-20; [12. ... 26-22; 13.07-12 con vantaxe decisiva] 13.07-12, 27-23; 14.12-16, 25-21; 15.11-14, 20x11; 16.06x15, 18x11; 17.09x25, 31-27; 18.02-06, 11x02, 19.10-14, 02x20; 20.14-19, 23x14; 21.16x30, 14-10* e aínda que as brancas teñen vantaxe, non hai máis que empate.

b) 11. ... 23-20; 12.09x18, 22x13; 13.10-14, traspón ao APARTADO TERCEIRO despois da xogada 13 do tronco.

12.09x18, 19x12;

Mellor que 12. ... 22x13; 13.15x22, 26x19; 14.11-14, 19-15; [14. ... 27-23; 15.17-21 G.B.] 15.14-19 e a posición branca é preferible.

13.04-07 ...

Unha continuación que se aparta do publicado 13.04-08, 22x13; 14.08x15, 27-23; 15.10-14, 23-20; 16.14-19, 20-16; 17.19-23 que é o que recomenda Humberto Duarte Silva na Revista de “Enciclopedia Damista”, máis agora aquí as negras igualan facilmente con 17. ... 13-10; 18.06x13, 31-27; seguido de 19. ... 16-12 [EMP].

13. ... 22x13; 14.07x16, 26-22;

14. ... 27-23; 15.10-14, 24-20; 16.11-15, 20x11; 17.06x15, 26-21; [máis complicado é 17... 26-22; 18.03-06, 13-09; 19.06-10, 31-27; 20.15-20, 22-18; 21.14x21, 25x18; 22.10-13, 18-14; 23.20-24, 14-10; 24.24-28, 10-05; 25.28-31, 05-01 aínda que o final parece de empate] 18.17x26, 29x22; 19.15-20, 22-18; 20.14x21, 25x18; 21.20x27, 31x22; 22.16-20, 22-19 e EMPATE.

15.10-14, 27-23; 16.11-15, 31-27;

a) 16. ... 22-18; 17.14x21, 25x18; 18.17-21 e as negras están en dificultades aínda que poida que se salven con 18. ... 13-09; 19.06-11, 24-20!; 20.15x24, 23-19; 21.21-25, 19-14; 22.16-20, 14x07; 23.03x12, 18-14; 24.20-23, 14-11; 25.23-28, 11-07; 26.28-32, 07-03; 27.12-16, 03-12 etc.

b) 16. ... 13-09; 17.06-11, 29-26; 18.03-06 forza o sacrificio 24-20; e tras 19.15x14, 22-19; 20.06-10, 25-21; as brancas abren camiño con 16-20 e teñen moitas posibilidades.

17.15-20, 24x15; 18.06-10, 13x06; 19.02x20, 22-19; 20.14-18, 19-14; 21.20-24, 14-10; 22.24-28, 10-05; 23.28-31, 05-01; 24.31x22, 23-20; 25.16x23, 01x32; 26.22-15, 32-05 con idea de ir á casa “9” e EMP.

* * *

APARTADO QUINTO

9. ... 27-22;


POSICIÓN DESPOIS DE 9. ... 27-22


Evita 10.10-14 polo tiro con 22-19.

10.05-09, 31-27;

• 10. ... 22-18; 11.10-14!, 18x11; 12.09x18, 26-21; 13.07x14, 30-27; 14.17x26, 29x13; 15.15-19 G.B.

• 10. ... 30-27; 11.09x18, 22x13; 12.10-14, 26-22; [Se 12. ... 27-22; 13.15-19, 22x15; 14.06-10, 13x06; 15.02x27, 31x22; 16.07-12, 24-20; 17.12-16, con moitas posibilidades de vitoria para o branco] 13.07-11, e o primeiro xogador ten unha posición forte, por exemplo 13. ... 22-19; 14.15x22, 27x18; 15.14x21, 25x18; 16.17-21, 23-19; 17.04-08, 19-14; 18.11-15, 14-10; 19.15-19, 18-14; 20.19-22, 13-09; 21.06x13, 14-10; 22.21-26, 10-05; 23.26-30, 05-01; 24.13-17,01-14; 25.03-06, 14-28; 26.17-21 e o peón vai a dama e G.B.

11.09X18, 22X13; 12.07-11, 27-22;

• 12. ... 26-22; 13.10-14, 29-26; 14.06-10, 13x06; 15.03x10, 23-19; 16.14x23, 27x20; 17.10-14, 20-16; 18.04-07, 22-18; 19.14x21, 25x18; 20.15-19, 18-14; 21.11x18, 26-22; 22.19x26, 30x14 EMP.

• 12. ... 23-20; 13.10-14, 26-22; [13. ... 27-22; 14.14-19, 26-21; 15.19x26, 29x22; 16.17x26, 30x21; 17.06-10, 13x06; 18.03x10, 21-18; 19.02-05, 25-21; 20.05-09, 21-17; 21.10-14, 17-13; 22.14x21, 13-10; 23.21-26, 10-05; o peón de máis non chega para impoñer a vantaxe branca] 14.14-19, 13-09; 15.19x26, 29x22; 16.06-10, 20-16; 17.04-07, 27-23; 18.10-14, 22-28; 19.14x21, 25x18; 20.17-21, 23-20; 21.15-19, 20-15; 22.11x20, 24x15; 23.21-25, 18-14; 24.19-23, 15-11; 25.07-12 EMP.

13.11-14, 13-09;

Se 13. ... 23-20; recomendada como única por Humberto Duarte na páx. 2823 do Volume 8 da Revista da «Enciclopedia Damista», as negras quedan mal, pois segue 14.14-19, 20-11; 15.06x15, 13x06; 16.03x10, 30-27; 17.10-14, 25-21; 18.04-07, 22-18; e agora a nosa rectificación 19.07-12! para envío a dama e as brancas gañan.

14.06-11, 25-21;

• 14. ... 22-18; 15.14x21,25x18; 16.10-14 ... [Tamén leva ao empate 16.03-06, 29-25!; 17.10-14, 23-20; ou 17.10-13, 18-14!] 16. ... 29-25; 17.14x21, 25x18; 18.03-06, 23-20!; 19.15-19*, 09-05!; 20.02x09, 18-13; 21.09x18, 26-22; 22.18x27, 30x07 EMP.

• 14. ... 22-19; 15.15x22, 26x19; 16.14-18, 23-20; 17.18-22, 19-15; 18.11-14, 15-11; 19.10-13 ... [as negras empatan de golpe se 19.14-19, pois segue un bonito tiro con 19. ... 11-06!; 20.02x11, 30-27; 21.22x31, 25-21; EMP.] 19. ... 20-16; 20.14-19, 30-26; 21.19-23, 26x19; 22.23-28, 19-15; 23.03-07, 11-06; 24.02x20, 24x15; 25.28-32, 15-12 EMP.

15.04-08 ...

Para apoiar o cambio en “15” se as negras fan o propio con 23-19.

15. ... 29-25; 16.08-12, 21-18; 17.14x21, 25x18; 18.10-14, 18-13*;

Se 18. ... 26-21; 19.17x26, 30x21; 20.12-16 obriga ás negras a entregar material decisivo.

19.03-06, 26-21; 20.17x26, 30x21; 21.12-16, 24-20; 22.15x24, 22-19; [EMP].

Queda así rematado este estudo. O espelido lector pode botar en falta alguha que outra liña, pero non se debe esquecer que o que aquí tratamos é só de axudar aos afeccionados a confeccionar un repertorio de aperturas e nesta ocasión fixémolo baixo o punto de vista das brancas. Para xogar esta partida coas negras hai que prepararse contra moitos outros ataques que nós aquí non incluímos.

domingo, 8 de maio de 2011

Defensa de Garcez [1ª parte]

[ 1.10-14 23-19 2.14x23 28x19 3.05-10 32-28 4.01-05 28-23 5.09-13 21-18 6.13-17 ... ]

Para rematarmos co estudo da «Lateral Dereita» da «Partida do Río» imos dividir en dous capítulos a exposición da terceira das defensas que ten o negro a súa disposición.

6. ... 18-14


POSICIÓN DESPOIS DE 6. ... 18-14

Con este lance queda constituída a famosa «Defensa de Garcez».

Os primeiros xogos nos que se efectúa esta xogada ven a luz no ano 1684 publicados por Joseph Carlos Garcez no seu “Libro Nuevo: Juego de Damas”. Este destacado autor clásico pensaba que era desfavorable para o bando negro, mais a teoría actual non comparte tal criterio e considéraa como a mellor forma de proseguir coa loita. O Dr. Orlando Lopes [OAL], inventor da moderna nomenclatura das aperturas, bautizou esta continuación como a “Defensa de Garcez” para homenaxear ao tratadista aragonés.

7.11x18 22x13 8.12-15 ...

«Vía Inglesa» recomendada na guía de Sturges (ano 1800). Superior ao ataque 8.09-13, que é contestado con 8. ... 24-20; seguido de 26-21 producindo un desbarato que impide albiscar calquera posibilidade de vitoria.

As brancas, se quixesen, poden optar por 8.07-11, «Vía Tradicional» tamén avalada polo propio Garcez e que durante anos foi considerada como a mellor forma de proseguir co ataque. Neste caso adóitase replicar con 8. ... 13-09 e agora  9.10-13 ou ben a máis moderna 9.12-15 [posta de moda por varios damistas do círculo portugués de Almada e coñecida como «Variante da Rolla»], que ás veces traspón a xogos que tamén se dan na liña de Sturges por nós recomendada.

8. ... 19x12 9.08x15 ...

Moi interesante resulta a alternativa 9. ... 23-19 que expoñemos no APARTADO PRIMEIRO. Con todo a contestación habitual adoita ser 9. ... 13-09 que veremos no APARTADO SEGUNDO.

Outras opcións son: 9. ... 23-20 [APARTADO TERCEIRO], 9. ... 26-22 [APARTADO CUARTO] ou 9. ... 27-22 [APARTADO QUINTO]; que analizaremos na próxima entrega.


APARTADO PRIMEIRO

9. ... 23-19


POSICIÓN DESPOIS DE 9. ... 23-19

10.15x22 26x19

Tomando para o centro. Se 10. ... 27x18; as brancas adquiren vantaxe porque tras 11.05-09 sempre queda latente a ameaza de desaloxar o peón de «18» e gañar o de «13». Por exemplo 11. ... 31-27; 12.07-11, 28-23; 13.03-07, 23-20; 14.11-14, 18x11; 15.07x14, etc.

11.07-11 ...

Para axudar na pugna polas casiñas centrais. Tanto 11.05-09 como 11.17-21 non cómpren con este cometido.

11. ... 13-09

Traspón a unha das liñas da “Variante da Rolla”.

• Se 11. ... 19-15; 12.11x20, 24x15; 13.03-07, 13-09; [13. ... 27-22; 14.04-08! ... (non valían nin 14.05-09 por 15-12; nin 14.10-14 por 15-11 seguido de 13-10) 14. ... 31-28; 15.05-09, 30-27; 16.09x18, 22x13; 17.07-12, 13-09; 18.12x19, 25-21; EMP.] 14.10-13, só varia a orde nas xogadas.

• Se 11. ... 24-20; 12.03-07, 13-09; (12. ... 20-16; 13.05-09 con vantaxe) 13.07-12, 30-26; (13. ... 20-16; 14.11-15 con bo xogo) 14.12-16, 27-23; 15.04-08, 26-22; 16.10-13, 29-26; 17.08-12, 25-21; 18.05-10, 31-28; 19.11-14, 20-15; 20.16-20, 23x07; 21.14x32, 07-04; 22.32-28, 21-18; (22. ... 15-12; 23.10-14 G.B.) 23.28-23, 15-12; 24.23-19, 22x15; 25.13x29, 04x25; 26.10-13, 15-04; 27.29-25, 12-07; 28.25-18, 15-12; (Se 28. ... 07-03; 29.18-25 e 30.13-18 G.B. Saque de peón) 29.18-21, 12-08; 30.21-14, e agora si, 07-03 EMP.

• Se 11. ... 29-26; 12.11-14, 26-22; 13.14x23, 27x20; 14.05-09, 31-27; 15.09x18, 22x13; 16.10-14, 20-15; 17.04-08 as brancas teñen un ataque moi forte.

• 11. ... 27-23; 12.17-21, 25x18; 13.10x17, 30-26; 14.05-10, 18-13; 15.04-08, 31-27; 16.11-15, 19x12; 17.08x15, 13-09; 18.10-14 e as brancas teñen vantaxe.

12.10-13 19-15

Posibles alternativas son:

• 12. ... 24-20; 13.05-10, ... ao que as negras poden contestar:

► 13. ... 20-16; 14.13-18, 19-14; 15.10x19, 27-22; 16.18x27, 30x07; 17.03x12, 16x07; 18.04x11, 31-27; EMP. (Posición que con diferente orde foi alcanzada no 2º xogo do enfrontamento entre Herminio Medalha da Silva vs. Joaquim Bravo correspondente ao I match Porto/Almada celebrado en Porto, 1977)

► 13. ... 27-23; 14.13-18, 30-26; (14. ... 20-15 tamén iguala) 15.04-07 .... (ou a continuación de Humberto Duarte Silva na E.D. con 15.18-22, 19-15; 16.11-14, 26x19; 17.14-18, 15-12; 18.10-13, 19-14; 19.18-21, 25x18; 20.13x22, EMP.) 15. ... 26-21; 16.17x26, 29x13; 17.10x17, 31-27; 18.06-10, 20-15; 19.11x20, 23x16; 20.07-11, 16-12; 21.03-07, 12x03; 22.11-14, 03x13, 23.14x30, EMP.

► 13. ... 27-22; 14.11-14, 19-15; 15.14-18 (Mellor que 15.14-19 escollida por Humberto Duarte na E.D.) 15. ... 22-19; (15. ... 20-16; 16.18x27, 31x22; 17.10-14, 15-12; 18.14-18, con posición moi favorable para as brancas) 16.18-21, 25x18; 17.13x22, 30-26!; 18.03-07, 20-16; 19.17-21, 26x17; 20.07-11, 15-12; 21.11-14 e as brancas conservan unha mínima vantaxe.

► 13. ... 29-26; traspón a 12. ... 29-26; 13.05-10, 24-20; que tratamos no próximo punto.

• 12. ... 29-26; 13.05-10, ... coas seguintes posibilidades:

► 13. ... 24-20; 14.11-14, 19-15; (Se 14. ... 27-23; 15.17-21, G.B.) 15.14-19, 20-16; (15. ... 27-22; 16.03-07, 20-16; 17.04-08, 25-21; 18.10-14, 30-27; 19.07-11, 16-12; 20.11x20, 22x15; 21.20-23, 27x20; 22.13-18, EMP.) 16.10-14, 27-22; 17.06-10, 25-21; (a apetitosa 17. ... 15-11; perde con 18.14-18, 22x15; 19.18-21, 25x18; 20.13x29, 16-12; 21.17-21, 09-05; 22.02x09, 11x06; 23.21-25, 06-02; 24.29-19, 31-27; 25.19-14, 27-23; 26.14x32, 15-11; 27.25-29, 12-07; 28.03x12, 11-06; 29.12-16, 06-03; 30.04-07, 03x17; 31.09-13, G.B.) 18.19-23, 15-12; 19.14-19, 22x15; 20.10-14, EMP.

► 13. ... 27-23; (Tanto 13. ... 26-22; 14.11-14 como 13. ... 19-15; 14.11x20, 24x15; 15.10-14 dan unha importante vantaxe ás brancas) 14.04-08, 26-22; 15.08-12, 30-26; 16.11-14, (Ou 16.11-15 Humberto Duarte) 25-21; (Se 16. ... 24-20; 17.13-18, G.B.) 17.06-11, 24-20; 18.03-07, 31-27; 19.12-16, 19-15; 20.13-18, 22x06; 21.14-19, 23x14; 22.11x25 EMP.

• 12. ... 27-22; 13.05-10, 30-27; (Se 13. ... 24-20; segue 14.11-14 tal como vimos na variante 12. ... 24-20; 13.05-10, 27-22; e se 13. ... 19-15; traspón ao tronco) 14.11-14, 27-23; 15.14-18, 23-20; 16.18x27, 31x22; 17.06-11, 20-15; 18.11x20, 24x15; 19.04-07, 29-22; 20.13-18, 22x06; 21.02x20, EMP.

13.11x20 24x15 14.05-10 27-22

• 14. ... 27-23; 15.03-07, 30-26 (15. ... 23-20; 16.07-11, 15-12(?); 17.11-15, 20x11; 18.06x15, 25-21; 19.17x26, 29x22; 20.13-17, 30-26; 21.10-14, 31-28; 22.14-19, 28-24; 23.19-23, 22-18; 24.23-27, 18-13; 25.02-05 G.B.) 16.10-14, 23-20; 17.07-11, 09-05; 18.02x09, 15-12; 19.13-18, 26-21; 20.17x26, 29x13; 21.09x18, 12-07; 22.18-21, EMP.

• 14. ... 29-26; 15.03-07, 27-23; 16.10-14, 26-22; 17.14-19, 23x14; 18.07-11, 14x07; 19.04x20, 22-19; 20.13-18, EMP.

• 14. ... 30-26; 15.03-07, ...

Aquí as negras poden continuar de varios xeitos:

► 15. ... 25-21; 16.10-14 ... (Non 16.04-08, porque despois de 27-22 as brancas están perdidas) 27-22; traspón á liña do tronco.

► 15. ... 27-23; 16.04-08 ... (ou 16.13-18) 16. ... 25-21; (16. ... 26-22; traspón á posterior ramificación na que se efectúa este lance unha xogada antes) 17.10-14 ... (Non 17.07-11 por 15-12 para tiro, nin 17.07-12 por 31-28) 15-11; 18.06x15, 23-19; 19.15x22, 26x10; EMP.

► 15. ... 26-22; 16.04-08, 27-23; 17.07-11, 23-20; 18.10-14, 29-26; 19.14-18, 31-27; 20.11-14, 20-16; 21.06-10, 16-12; 22.14-19, 12-07; 23.17-21, 26x17; 24.19x26, 07-03; 25.18-21, para empate.

15.03-07 30-26

Se 15. ... 22-19; 16.17-21, 25x18; 17.13x22, 30-26; (17. ... 31-28; 18.02-05, 09x02; 19.10-13, 02x11; 20.07x32, 30-26; 21.04-08, 26x19; 22.32x14 G.B.) 18.07-11, 26-21; (18. ... 15-12; 19.04-07, 12x03; 20.10-14, 03x27; 21.14x30 G.B. "Manobra Alonso Guerra") 19.11x20, 21-18; 20.10-13, 18-14; 21.13-17, 19-15; 22.04-07, 15-11; 23.06x15, 14-10; 24.20-23, 09-05; (24. ... 10-05; 25.22-27, G.B.) 25.02x09, 10-06; 26.23-27, 06-02; 27.07-11, 02-05; 28.27-30, G.B.

16.10-14 25-21 17.14-19 ...


POSICIÓN DESPOIS DE 17.14-19 ...

 Tamén se pode probar con 17.06-10, 15-11; 18.14-19, 22x15; 19.07x14, 15-11; 20.13-18, e o xogo, igual que no tronco, encamíñase ao empate.

17. ... 15-12 18.07x16 22x15 19.16-20 15-12 20.06-10 21-18 21.13x22 26x19 22.20-23 19-15 23.17-21 15-11 24.23-27 31x22 25.21-26 12-07 26.26-30 22-19 27.30-16 07-03 28.16-23 Empate.


APARTADO SEGUNDO

9. ... 13-09


POSICIÓN DESPOIS DE 9. ... 13-09

10.10-14 26-22

Con idea de se 11.05-10 sacar a relucir unha das bondades do peón en 9. Seguiría 11. ... 09-05; 12.02x09, 23-19; e as negras gañan. Esta é unha famosa celada incluída no libro do Dr. Cárceles Sabater.

Outras opcións son:

• 10. ... 23-19; 11.14x23, 27x11; 12. 06x15 as brancas teñen unha lixeira vantaxe. Pode seguir 12. ... 31-27; 13.05-10, 27-23; 14.07-11, 26-22; 15.11-14, 30-26; 16.03-06, 25-21; 17.04-08, 23-20; (ou 17. ... 09-05; 18.02x09, 23-20; 19.06-11, 20-16; 20.14-19, 24-20; 21.15x24, 22x06; táboas) 18.14-19, 20x11; 19.06x15, 21-18; 20.10-13, 18-14; 21.19-23, 14-11; 22.23-28, 22-18 para empate; pero non 11-07 que permite o seguinte lucimento: 23.02-05, 09x02; 24.17-21, 26x10; 25.28-31, 02x20; 26.31x30 e G.B.

• 10. ... 27-22; 11.05-10 (Nótese que se as brancas escolleran a «Variante da Rolla» que se constrúe movendo primeiro 8.7-11, 13-09 e só despois o cambio 9.12-15, 19x12; 10.08x15, se agora as negras moven 10. ... 27-22; hai que seguir con 11.11-14 ou 03-07, xa que o avance con peón do río está vedado. A liña de Sturges, ten a vantaxe de facultar ao branco para xogar 10-14 seguido de 05-10 que parece máis natural) 11. ... 22-19; (Se 11. ... 25-21; 12.07-11!, 22-19; 13.15x22, 26x19; 14.17x26, 30x21*; 15.04-08 con vantaxe das brancas; pero é mellor 12. ... 30-27; que traspón ao tronco e segue pola variante 12. ... 25-21; e 13.04-07) 12.15x22, 26x19; 13.07-11! e agora se:

► 13. ... 30-27; (perde coa "Manobra de Timoneda") 14.10-13, 19x10; 15.17-21, 25x18; 16.13x22, 27x18; 17.06x22, 23-19; 18.04-08, 24-20; 19.08-12, 31-28; 20.22-27, 28-24; 21.12-16, 20-15; 22.11x20, 24x15; 23.16-20, 15-12; 24.20-23, 12-08; 25.27-31, 08-04*; 26.31-24 G.B.

► 13. ... 30-26; 14.04-08, 24-20; (Se 14. ... 31-27; 15.17-21, 26x17; 16.14-18, 25-21; 17.18x25, 27-22; 18.08-12 con bo xogo para as brancas) 15.11-15, 20x11; 16.06x22, 26x19; 17.14-18, 23-20; 18.03-07, 19-15; 19.10-13, 20-16; 20.18-21, 25x18; 21.13x22, 16-12; 22.07x16, 15-11; 23.17-21, 11-07; 24.21-26, 07-04; 25.26-30, 04-14; 26.16-20, 14-10; 27.08-12, 10-05; 28.12-19, 05-14; 29.20-24, 14-10; 30.15-19! G.B.

► 13. ... 24-20; 14.04-08, 20-16; 15.17-21, 25x18; 16.14x21, 29-25; 17.11-14 para EMP.

• 10. ... 23-20; 11.07-11, 20-16; 12.03-07!  ... [Neste tipo de esquema tamén se podía xogar 12.04-07 como máis adiante escolleremos para liñas similares, pero cando o peón de "30" estea aínda sen mover, preferimos xogar o peón de "3"] 12. ... 26-22; [a) Non é boa 12. ... 27-22; por 13.05-10, 22-18; (Se as negras intentan traspoñer a liñas coñecidas da «Variante da Rolla» con 13. ... 30-27; non segue 14.14-19, senón 14.15-20!!, 24x15; 15.11x20, 25-21; 16.06-11, 22-18; 17.10-13, 27-22; 18.20-24!, 29-25; 19.04-08, G.B.) 14.14x21, 25x18; 15.10-14, 26-21; 16.17x26, 30x21; 17.15-20 e o peón 14 cólase, G.B.] [b) Se 12. ... 27-23; 13.05-10, 25-21; 14.15-19, 24-20; 15.19x28, 31x24; 16.11-15, 20x11; 17.06x15, 26-22; 18.17x26, 30x27; 19.14-19, 21-17; 20.19x26, 29x22; 21.10-14 con vantaxe branca]  [c) 12. ... 25-21; 13.05-10, 27-22; 14.15-20, 24x15; 15.11x20, 22-18; 16.10-13, 18x11; 17.07x14, 30-27; 18.13-18, 29-25; 19.14-19, 21x14; 20.19-23, 27-22; 21.23-27, 16-12; 22.27-30, 14-10; 23.06x13, 22-19; 24.30x21, 25x18; 25.13x22, 19-14; 26.22-26, 14-11; 27.26-30 e as brancas gañan o final] 13.05-10 ...  [13. ... 27-23; 14.15-19 e as brancas están, moi ben colocadas. Tras 14. ... 22x15; 15.11x27, 30x23; 16.14-18 parece única 24-20; (Se 16. ... 23-19; 17.10-13, 24-20; 18.18-21, 25x18; 19.13x22, 20-15*; 20. 17-21 etc.) 17.07-11, 23-19; 18.18-21, 25x18; 19.11-14, 18x11: 20.06x22, 20-15; 21.17-21 15-11; 22.21-26, 09-05; 23.02x09, 11-06; con laborioso final no que xogando con moito coidado as negras pode que se salven.] 13. ... 25-21; 14.17x26, 30x21; 15.15-20, 24x15; 16.11x20, 29-25; 17.06-11, 22-18; 18.20-23, 27x20; 19.10-13, 20-15; 20.11x20, 18x11; 21.07x14, 21-17; 22.13-18, 17-13; 23.18-22, 13-10; 24.22-26, 10-05; 25.14-19, 05-01; 26.19-22, 25-21; 27.26-29, 21-18; 28.22-26, 18-13; 29.29-25, 13-10; 30.20-24, 09-05; 31.02x09, 10-06; 32.26-29, 06-02 e a vantaxe branca non é suficiente para gañar.

11.07-11 ...

Traspoñendo á «Variante da Rolla» na súa liña con 10. ... 26-22;

11. ... 30-26

• 11. ... 22-18; 12.14x21, 25x18; 13.05-10, 23-20; (13. ... 18-13; 14.17-21 gañando un peón e o xogo. Nun encontro entre Fernando Martins e Júlio César Patricio, publicado en Vida Mundial Iluatrada no 1944, xogouse primeiro 13. 03-07, 30-26; e despois de 14.05-10 agora si vale 18-13 para empate) 14.10-14, 18-13; 15.17-21, 31-28; 16.03-07, 20-16; 17.21-15, 27-22; 18.14-19, 13-10; 19.06x13, 09-05; 20.02x09, 24-20; 21.15x31, 22x06; 22.07-12, 16x07; 23.04x11, 30-27; 24.31x22, 06-03; 25.13-17 G.B.

• 11. ... 22-19; 12.15x22, 27x18; 13.14x21, 25x18; 14.05-10 con moi bo xogo, xa que se:

► 14. ... 30-26; 15.10-14, 18-13; 16.11-15, 23-20; 17.15-19, 26-21, 18.17x26, 29x15; 19.06-11, 15x06; 20.03x17, 20-15; 21.17-21, 15-11; 22.21-16, 09-05; 23.02x09, 11-06; 24.14-18, 06-02; 25.26-29, G.B.

► 14. ... 23-19; 15.10-14, 19x10; 16.06x22, 30-26; 17.22-27, 31x22; 18.11-14, G.B.

• 11. ... 25-21; 12.17x26, 30x21; 13.05-10, 23-20; 14.14-19, 21-17; 15.19x22, 29x22; 16.11-14, 20x11, 17.06x15 e brancas poden gañar.

• 11. ... 23-20; 12.05-10 traspón a 10. ... 23-20;

12.05-10 23-20

• 12. ... 22-19?; 13.15x22, 26x19; 14.10-13, (Manobra de Timoneda) as brancas gañan. Esta posición é a mesma que no tronco tras 10. ... 27-22; na liña 13. ... 30-27.

• 12. ... 25-21; [Ata aquí tamén foi xogado en Jorge Moreira vs. Veríssimo Dias do 21º Campionato de Portugal que seguiu con 13.04-08] 13.04-07 ... [Se as negras xa teñen movido o peón de "30", nós preferimos esta xogada a 13.03-07, pois tras 23-20; 14.14-19, 20-16; 15.10-14, 31-28! parécenos que as negras empatan de forma máis sinxela] con estas posibles respostas:

► 13. ... 23-20; 14.14-19, 20-16; 15.10-14 traspón ao tronco.

► 13. ... 22-19; 14.15x22, 27x18; 15.10-13, 24-20; 16.13x22, 26x10; 17.06x13, 23-19; 18.17x26, 29x22; 19.13-17, 22-18; 20.17-21, 19-14; 21.21-26, 14-10; 22.26-30, 10-05; 23.30x16, 05-01; EMP.

► 13. ... 22-18; 14.15-19, 24-20; 15.19x28, 31x24; 16.07-12, 18-13; 17.12-15, 29-25; 18.03-07, 27-23; 19.15-19, 21-18; 20.14x30, 23x05; 21.30x16, 05-01; EMP.

13.14-19 20-16

Se 13. ... 31-28; 14.10-14, e agora

► 14. ... 20-16; 15.04-07, 25-21; (15. ... 27-23; 16.17-21!, 26x17; 17.19x26, 29x22; 18.14-19 G.B.) 16.07-12 ... (Tanto Sturges como o Dr. Cárceles Sabater seguían con 16.06-10 para emp.) 16x07; 17.03x12, 22-18; (Se 17. ... 27-23; 18.06-10 traspón á ramificación seguinte, ou tamén se pode continuar con 18.12-16) 18.12-16, 29-25; (18. ... 18-13; 19.15-20 con gran vantaxe) 19.15-20, 24x15; 20.11x20, 18x11; 21.06x15, 28-24; 22.19-23, 21-18; 23.23x20, 18-13; 24.30x21, 25x18; 25.20-23 G.B.

► 14. ... 25-21; 15.04-07! (Continuación de Sturges superior a 15.03-07, que tamén foi proposta por este famoso tratadista inglés) 27-23; (15. ... 29-25; 16.06-10, 27-23; 17.10-13 G.B.) 16.07-12, 20-16; 17.06-10, 16x07; 18.03x12, 21-18; 19.14x30, 23x05; 20.30-26, 22-18; 21.26-19, 05-01; 22.19x32, 24-20; 23.15x24, 18-13; 24.24-28, 13-10; 25.12-16 G.B.

14.04-07 ...

O Tratado da E.D. nun principio recomendaba 14.10-14, pero nunha corrección posterior indica que con 16-12 as negras teñen vantaxe e suxestiona como mellora 14.03-07 (Liña de Perfeito Aguiar) pero nós preferimos a do texto. Sempre que as negras teñan movido o peón de "30" aconsellamos seguir con 04-07, pois como xa indicamos no comentario da duodécima xogada, se agora 14.03-07, 25-21; 15.10-14 ... [Humberto Duarte recomenda 15.04-08 e despois de 21-18 di que con 16.10-13 gañan as brancas, pero a resposta adecuada é 15. ... 29-25; e agora 16.19-23 ... (se 16.10-13, 24-20; 17.15x24, 22x15; 18.11x20, 31-28; 19.24x31, 16-12; 20.31x29, 12x03; 21.17x26, 03x16 EMP.) (malo é 16.10-14 por 22-18 e as negras son as que teñen unha apreciable vantaxe) 16. ... 27x20; 17.10-13, 31-27; 18.06-10, 21-18*; 19.15-19*, 22x06; 20.13x29, 09-05; 21.02x11, 05-01; EMP.] 15. ... 31-28!; as negras igualan de xeito máis doado. agora pode seguir: 16.06-10, 22-18; 17.10-13, 27-22; 18.04-08, 09-05; EMPATE. 

14. ... 25-21

A liña así traspón a un famoso xogo amigable publicado na Revista da E.D. [Volume 4, páx. 1307] no que se enfrontaba José Ferreira contra Medalha da Silva (Almada, 1973) que tivo o seguinte orde de movementos: 8.07-11 ... [as sete primeiras xogadas son iguales ao tronco] 8. ... 23-20; 9.12-15, 19x12; 10.08x15, 20-16; 11.04-07, 25-21; [Medalha cualifica este seu lance como "extemporáneo" e feito só con idea de replicar con 16-12 se o branco atacase con 05-09] 12.10-14, 27-22; [Medalha continúa á espera] 13.14-19, 30-27; 14.05-10, 13-09.

• Se 14. ... 22-18; 15.17-21, 26x17; 16.10-13, 17x10; 17.06x22, 27x18; 18.19-23, 18-13; 19.23-28, G.B.

15.10-14  ...

Mellor que a continuación do Dr. Cárceles Sabater 15.10-13, 21-18; 16.17-21, 26x10; 17.06x13*, 18-14; que leva ao empate, mais as negras poden poñerse en vantaxe se en vez do 18-14 seguen agora con 17. ... 24-20.

15. ... 22-18

• 15. ... 31-28; 16.07-12, 16x07; 17.03x12, 29-25; 18.12-16, 22-18; (18. ... 27-23; 19.06-10, G.B.) 19.15-20, 24x15; 20.11x20, 18x11; 21.06x15, 28-24; 22.19-23 G.B.

• 15. ... 29-25; 16.19-23, 27x20; 17.06-10, 22-18; 18.10-13, 16-12; 19.07x23, 31-28; 20.13x29, 28x10; 21.17x26, 10-05; 22.11-14, 05-01; 23.15-19, G.B.

16.07-12 16x07 17.03x12 27-22

A posición está equilibrada, pero o negro debe enfiar moi fino. A combinación defensiva é difícil de atopar.

O propio Medalha da Silva, no anteriormente mencionado xogo contra José Ferreira,  seguiu con 17. ... 18-13; e caeu liquidado tras 18.19-23, 27x20; 19.12-16 G.B.

18.12-16 18-13 19.16-20 ... 


POSICIÓN DESPOIS DE 19.16-20 ...

19. ... 31-27! 20.19-23 22-18 21.23x30 13-10 22.06x22 26x12 23.17x26 24x06 24.02x11 29x22 25.30-27 Empate.