mércores, 29 de febreiro de 2012

A técnica defensiva nos finais

Ningún gran campeón puido chegar a selo sen ser un gran finalista. O coñecemento prático dos finais máis frecuentes é moi útil para poder avaliar con garantías certos cálculos efectuados no medio xogo e tamén pode ser unha excelente axuda para orientarnos neses agoniantes momentos que se producen nos apuros de tempo. Por moito talento que se posúa, ás veces atopámonos con posicións que sen un estudo previo, é practicamente imposible descubrir como hai que xogalas. Unha boa preparación teórica pode ser fundamental, ben sexa para impoñer unha vantaxe, ou ben para salvar unha situación comprometida. Precisamente referido ao último dos  casos, imos amosar un curioso exemplo neste artigo de hoxe.

 

XOGAN AS BRANCAS

Esta posición representada no diagrama superior xurdiu nun xogo disputado na Ludoteka [27/10/2011] entre o xogador marroquino Aasman e o portugués Saltitao. Con dous peóns de vantaxe, as brancas saben que se conseguen colocar a dama na casa «19» gañarían facilmente. Porén despois de varios intentos, as negras xa amosaron as súas intencións de non abandonar a paralela «8→29». Tras declinar a proposta de empate solicitada por Saltitao, o duelo continuou como segue:

1.16-20 ...

En vista de que non se pode levar a dama a «15» sen perder o dominio do río, as brancas colocárona en «10» para intentar un novo plan que se inicia con esta xogada.

1. ... 22-26!

A réplica axeitada contestada ao instante. Unha proba de que as negras camiñaban por sendeiros coñecidos.


POSICIÓN DESPOIS DE 1. ... 22-26!

Efectivamente esta é a defensa correcta. Como indicou Manuel Melo no libro «Finais Prácticos Básicos» editado pola «Enciclopedia Damista», a posición é de empate só se as negras teñen a dama situada nas casas «22» ou «26».

O lector debe apreciar que non valía 1. ... 22-27??; por 2.10-03, 27x16; 3.04-08 GB.

Tampouco serve 1. ... 22-15??; porque permite 2.10-01 e GB [Tamén gaña 2.20-23 pois se 15-20; 3.24-28!, 31x24; 4.23-28, 20-30; (4. ... 20-23; 5.10-05! GB) 5.28-31, 24-20; 6.31-24, 20-16; 7.10-23 GB]. As negras agora non dispoñen do ataque ao peón como acontece na liña principal.

2.20-23 ...

Se 2.10-06, 26-21 obriga ás brancas a ocupar de novo o río con 3.06-10 e tras 21-26 nada cambia.

Ou se 2.10-23, 26-22! [Única. Nótese que non valían 2. ... 26-30; por 3.08-12 nin tampouco 2. ... 26-29; por 3.23-01 coa imparable ameaza de 20-23 e gañan as brancas en ambos os dous casos] 3.23-10 ... [As brancas non teñen forma de progresar. Calquera outra movida a un casiña do río contéstase con 3. ... 22-27; forzando outra vez á dama branca a instalarse en «23»] 3. ... 22-26 e volta a empezar.

Por último, se 2.10-01, 26-30; 3.01-23, 30-26; [Impedindo 4.08-12] 4.23-10 ... [As brancas estiveron manobrando para perder un tempo. Agora coa dama negra situada en «26» non vale 4. ... 26-22; pois tras 5.20-23 este peón non pode ser atacado como na liña principal] 4. ... 26-17; [Mais neste caso as negras dispoñen destoutro recurso] 5.10-03, 17-21; 6.03-12, 21-17; [Sen caer na trampa de ocupar o río con 6. ... 21-14; pois tras 7.24-28 GB (Melo)] 7.20-23, 17-10; 8.24-28, 31x24; 9.12-19, 10-01; 10.08-12, 24-20; 11.12-16, 20-15; 12.19x08, 01x32 EMP [Manuel Melo].

    2. ... 26-30

    O movemento salvador, atacando o perigoso peón de «23». Non valía 2. ... 26-19??;  por  3.24-28!, 19x05; 4.28-32, 05x28; 5.32x23 GB  [M. Melo].

    3.23-28 ...

    Aquí as brancas dispoñían dun ensaio moi enxeñoso e que nunca antes vimos publicado: 3.24-28, 31x24; 4.23-28, 24-20!;  [Se 4. ... 30-23??; 5.10-05!, 23x01; 6.28-32, 24-20; 7.08-12, 20-16; 8.12-15, 01-05; 9.32x01, 16-12; 10.01-14, 12-08; 11.14-04 GB]  5.28-32, 20-16 e empate, pois o pase de peón «8/16» é tecnicamente imposible.

    3. ... 30-23;


    POSICIÓN DESPOIS DE 3. ... 30-23

    4.28-32 ...

    Nótese que se 4.10-01, 23x32; 5.08-12, 31-27; 6.24-28 as negras comen os dous peóns e empatan.

    4. ... 23x01; 5.24-28 ...

    Se 5.08-12, 31-27; 6.24-28, 01-19;  [6. ... 01-05 tamén empata]  7.12-16, 19-22; 8.16-20, 27-23;  9.20x27, 22x24 EMP [M. Melo].

    5. ... 31x24; 6.08-12, 24-20; 7.12-16, 20-15; 8.16-20 ...

    Coa terrible ameaza 9.20-23 que comería a dama e mais o peón flutuante. As brancas parece que chegan a tempo.


    POSICIÓN DESPOIS DE 8.16-20 ...

    8. ... 01-05!;

    E Pimba! A última sorpresa. Tamén valía 8. ... 01-10 coa mesma idea.

    9.32x01, 15-11 [EMP].

    As brancas non poden evitar a promoción do peón. Saltitao empregou á perfección a defensa de Melo que como xa sabemos foi publicada no libro de finais básicos da ED.

    1 comentario:

    Сергій Казнадей dixo...

    Se 5.08-12, 31-27; 6.24-28, 01-19; [6. ... 01-05 tamén empata] 7.12-16 19-22 ou 27-23