xoves, 24 de maio de 2012

5º Torneo de Lousado, 2012

Fernando Gonçalves
[Foto de Damas do Norte]


O pasado 19 de maio disputouse un novo evento incluído no programa da Federación Portuguesa de Damas. O Salón Nobre da «Casa do Povo de  Lousado» no concello de Vila Nova de Famaliçao acolleu a 5ª edición do seu xa tradicional torneo de partidas rápidas. Coa ausencia dos grandes mestres Tiago Manuel e Víctor Oliveira (vencedores deste torneo en pasadas edicións), aquí reuníuse a "fina flor" do damismo da zona norte cun total de 49 participantes entre os que se encontraban Manuel Cardoso, gañador no 2011, e os ex-campións nacionais Justino Miguel e Fernando Gonçalves. Foi precisamente este último o que conquistou o primeiro premio, facendo valer así a súa condición de cabeza de serie Nº1. Detrás de Gonçalves (4½ p.) clasificáronse Delfim Alves (4 p.) e Joaquim «Pardal» (4 p.) que ocuparon respectivamente a segunda e terceira prazas. A formación da CCD de Sao Joao da Madeira, unha vez máis, conseguíu a vitoria na modalidade por equipos.

Edificio da «Casa do Povo de Lousado» fundada no ano 1937
[Foto da Páxina oficial]

*     *     *

 

Joaquim Silva "Pardal" e Delfim Alves
[Foto de Damas do Norte]




*********************************************************************************************************

XOGO  COMENTADO


1.09-13 ...

A «Apertura Dereita», unha saída que cada vez se ve máis nos torneos a pesar de que está considerada polos teóricos como a segunda máis débil. Recibe o seu nome porque se move un peón pertencente ao flanco situado nesa posición do taboleiro. Nos tratados de "draughts"  ou "checkers" coñécese como a «Dundee».

1. ... 21-18;

A resposta «Transversal» que concede unha lixeira vantaxe ás negras. Os libros consideran o desprazamento 1. ... 21-17 como máis forte, pois ao igual que sucede na «Partida Heroica» [1.10-14, 24-20; 2.12-16], inmobiliza o peón avanzado e dificulta o desenvolvemento dese sector.

2.13-17 ...

Os pioneiros desta apertura preferían aquí traspor á «Crítica Pechada» con 2.05-09.  Na actualidade son moitos os que pensan que a textual ofrece máis posibilidades. Existen algunhas variantes nas que este peón avanzado en «17» pode nun futuro completar a acción doutro situado no cadro «14» para premer no flanco  rival do dobre curruncho.

2. ... 23-19;

A habitual reacción central, ainda que as negras poden tamén replicar con 2. ... 22-19; contra a que non vale 3.05-09 por 18-14; 4.11x18, 19-15; 5.12x19, 23x05; 6.01x10, 26-21; 7.17x26, 30x05; [GN], un golpe que nos tratados de damas anglo-americanas denominan o «Canonazo de Canalejas» descoñecendo que o primeiro tratadista en mencionalo foi o «Andaluz», Pedro Ruíz Montero, no seu «Libro del Juego de las Damas vulgarmente nombrado el Marro» publicado en Valencia no ano 1951.

3.10-14 ...

Unha permuta para abrir espazo e facilitar a rápida incorporación ao centro do peón máis atrasado do «Río». As brancas así tamén respectan o principio estratéxico de retrasar o máis posíbel a mobilización do flanco esquerdo, pois este é débil por natureza xa que a súa casiña base número «4» ten dous accesos de entrada a dama —por «7» e «8»— mentres que o cadro base do outro curruncho só permitiría entrar pola casa «5».

3. ... 19x10; 4.05x21, 25x18; 5.01-05,  28-23;

Ambos os dous xogadores procuran centralizar os seus efectivos e completar así a fase de apertura.

6.05-10, 18-13;

Interesante movemento que ao igual que 6. ... 32-28 ten por idea evitar o cambio simplificador do que dispoñen as brancas tras a natural 6. ... 23-19.  Neste último caso, un xogo con tempo 10’+20’’ disputado «on-line» na Ludoteka por dous coñecidos mestres seguiu con 7.11-14,  18x11; 8.07x23, 27x20;  9.10-14, 20-16;  10.12-15, 32-28; 11.04-07, 31-27; 12.06-10, 27-23; 13.03-06, 23-20; 14.06-11, 28-23; 15.08-12, 26-21; 16.17x26, 30x21; 17.10-13, 29-25; 18.13-18, 22x13; 19.15-19, 13-10,  20.19x28, 10-06;  21.14-18, 21x14; 22.11x18, 20-15; 23.02x20, 24x08; 24.28-32, 25-21; 25.18x25, 08-04; e aquí acordaron o empate [Veríssimo_D vs. Khalidd;  Ludoteka, ano 2007].

7.12-16 ...

Xogada de espera. Unha boa alternativa ao 7.12-15.

7. ... 23-19;

  Aquí se 7. ... 13-09; 8.07-12, 23-19 entronca. En caso de 8. ... 22-18;  segue  9.10-13!, 27-22; 10.06-10, 31-28; 11.12-15, 23-20; 12.16x23, 28x12; 13.08x15, 32-28; 14.10-14 con gran xogo para as brancas.

  Tamén ten os seus partidarios a continuación 7. ... 32-28 á que se pode contestar con 8.11-15 alcanzando así unha posición que se deu nun famoso xogo Sam Levy vs. Sam Cohen do Campionato Inglés do 1935. Este xogo con amplos comentarios pode ser visto neste  mesmo blog na entrada do 12 de xaneiro do ano en curso. [Clic aquí].

8.07-12 ...

Un importante pormenor debe se notado. Contra 7. ... 13-09 está ben xogado 8.07-12;  pero aquí é un pouco mellor a continuación con 8.08-12, 32-28; 9.11-15 ... [Superior a 9.12-15]  9. ... 28-23;  [Traspoñendo ao xogo Levy vs. Cohen ao que nos referimos no comentario anterior] 10.07-11, 13-09!; [Obrigado. Cohen seguiu con 10. ... 29-25 e quedou perdido tras 11.11-14!] 11.04-08, 29-25; 12.10-14 ... [Posible tamén era 12.15-20 pero non vale 12.10-13 que perde de golpe con 09-05; 13.02x09, 19-14; 14.11x18, 23-20; 15.16x23, 27x02; 16.18x27, 31x22 GN.] 12. ... 19x10; 13.06x13, 25-21; 14.03-07, 23-20; 15.16x23, 27x20; 16.11-14, 20x04; 17.12-15, 04x18; 18.15-19, 22x15; 19.13x29, 15-11; 20.17x26, 30x21; 21.29-25, 09-05; [EMP].

8. ... 13-09;

Non podemos asegurar que a orde de xogadas ata este momento sexa estritamente exacta. Esta é a primeira referencia do xogo que tomamos no Facebook DAMAS DO NORTE.


POSICIÓN DESPOIS DA 8ª XOGADA DAS NEGRAS


Tanto agora como se xa se ten feito na xogada anterior, isto é unha imprecisión que facilita o desenvolvemento das pezas brancas nese sector.

Cando o branco non dispón de efectivos en «1» ou en «5»  para poder atacar este peón, débese poñer moito coidado co seu desprazamento á casiña «9». Tanto esta como a súa correspondente de «24» coñécense na xerga damista como as «casas do lixo». Avanzar un peón para situalo nese escaque supón en certas ocasións un erro estratéxico importante. Primeiro porque queda inmóbil, mentres o seu gardián de «2»  pode chegar a adquirir a liberdade nun final de damas con dominio do «Río». Segundo porque hai veces nas que fai de soporte a outro peón colocado en «13» desempeñando a mesma función que se as brancas xogasen con unha unidade de máis no devandito cadro. E terceiro porque incluso ata pode ser empregado para facer unha favorábel «xudía» co envío a dama mediante a xogada 02-05.

O tratamento axeitado era con 8. ... 32-28; e se 9.12-15 ... [Máis débil resulta 9.11-15 porque tras 28-23; as brancas non dispoñen do peón «7»  para taponar na casa «11» como se facía na variante con 8.08-12] 9. ... 19x12; 10.08x15, 28-23; 11.04-08 as negras teñen una pequena vantaxe como nun xogo Dr. Orlando Lopes vs. Julio Cesar Patricio disputado en Lisboa no 1958 e incluído como tronco  no «Tratado da Enciclopedia Damista».

Contra o 8. ... 32-28 a mellor continuación debe ser 9.11-14, 19-15!; 10.12x19, 22x15; 11.04-07, 28-23; 12.07-12, 15-11; 13.06x15, 13x06; 14.02x11, 27-22; 15.17-21!, 26x17; 16.03-06, 22-18; 17.14x21, 17-13; 18.15-20 e nesta altura o xogo xa queda completamente igualado. 

9.12-15 ...

Unha xogada aparentemente lóxica, pero era máis forte 9.11-15 con estas posibles continuacións:

  9. ...  32-28; [Co peón en «9» agora esta xogada resulta fatal] 10.02-05, 09x02; 11.10-13, 02x20; 12.16x32, 19-15; 13.12x19, 22x15;   14.32-01  e as brancas deben gañar este final.

  9. ...  22-18; 10.15x22, 26x19; 11.12-15, 19x12; 12.08x15, 27-22; 13.17-21 as brancas están mellor.

  9. ... 29-25; 10.16-20, 25-21; 11.03-07, 31-28; 12.10-13, 27-23; 13.20x27, 30x23; 14.07-11, 23-20; 15.12-16, 19x12; 16.08x15, 21-18; 17.16x23, 28x12; 18.06-10, 12-07;   19. 10-14  con vantaxe branca.

  9. ... 27-23; 10.04-07, 29-25; 11.07-11, 31-27; 12.15-20, 24x15; 13.11x20, 25-21; 14.20-24, 23-20; 15.16x23, 27x20; 16.10-13, 21-18; 17.06-11, 19-14; 18.12-16, 14x07; 19.03x12, 18-14; 20.16x23 tamén con vantaxe das brancas.

9. ... 19x12; 10.08x15, 32-28;

As negras teñen unha lixeira vantaxe.  Conservan o «triángulo defensivo»  intacto e  poden realizar a natural mobilización do peón «32». Agora é cando se pode apreciar mellor a imprecisión da novena xogada branca, pois a inoportuna colocación dos peóns na diagonal «2→24» non permite realizar a xudía con 11.02-05, un recurso táctico que impediría o plan efectuado polas negras.

11.11-14, 28-23; 12.06-11 ...


POSICIÓN DESPOIS DE 12.06-11 ...

Así alcanzamos o punto álxido do xogo. As dúas formacións están preparadas para comezar as escaramuzas.

12. ...  22-19; 13.15x22, 27x18;

Había que tomar unha decisión e calquera das capturas levaba a situacións interesantes. As negras teñen a iniciativa pero as brancas poden defenderse acertadamente en ambos casos.

Se 13. … 26x19; 14.14-18, 19-15; 15.11x20, 24x15; 16.10-14, 27-22; 17.18x27, 31x22; 18.03-06, 15-12; 19.06-10, 12-08; 20.10-13, 22-19; 21.14-18, 19-15; 22.18-22, 23-19; 23.17-21, 15-11; 24.22-26, 29x22; 25.21-25, 11-07; 26.04x11, 08-04; 27.16-20, 04x14; 28.25-29, 14-01; 29.13-18, 22x13; 30.29x12  e  [EMP].

14.14x21 ...


POSICIÓN DESPOIS DE 14.14x21  ...


14. ... 30-27!; 

A xogada clave do plan negro. Con esta pequena combinación conseguen de novo dar vida ao peón do cadro «9».

15.21x30,  27-22; 16.30x20, 24x06;  17.02x11,  22-19;

Se 17. ... 09-05; 18.17-21, 22-19 entronca.

18.17-21, 09-05; 19.16-20, 19-15;

A empate fácil levaba 19. ... 05-02; 20.27-26,  02x24; 21.26-30.

20.10-13, 15x06; 21.03x10, 05-01;


POSICIÓN DESPOIS DE  21. ... 05-01

Se 21. … 05-02;  22.13-18, 02x24;  23.18-22, 24-06;  24.10-14, 06-11;  [Ou 24. … 06-17;  25.22-26, 29x22;  26.21-25, 17-10;  27.25-29, 10x19;  28.04-08, 31-27;  29.29-26 EMP.] 25.14-19, 11x25;   26.19-23, 25-21;  27.22-27, 31x22;  28.23-28, 21-14; 29.28-31, 22-19; 30. 31-22 [EMP].

22.*13-18 ...

Pardal deféndese ben. Neste momento non valía aproveitarse da lei da cantidade porque tras 22.21-26, 01x16; 23.26-30 a dama branca é atrapada con 31-27 GN.

22. ... 01x16; 23.18-22, 16-27;


POSICIÓN DESPOIS DE 23. ... 16-27


As negras esgotan o último cartucho. Se seguisen con 23. ... 16-30; hai empate tras   24.*22-26, 29x22;  25.21-25, 22-18; 26.25-29, 30-23;  27. *29-22, 18-14;  28. 22-13. Non se pode pasar o peón sen perder o dominio do «Río».

24.*22-26 ...

De novo, ben defendido. En cambio sería un erro 24.21-26 por 27x13!;  25.26-30, 13-17;  26.30-23, 31-27;  27.23x30, 29-26; GN.

24. ... 29x22; 25.21-26, 27-23; 26.26-30, 23-32; 27.30-21, 22-19; 28.21-25 [EMPATE].

Ningún comentario: