xoves, 21 de xuño de 2012

«32º Campionato de Portugal» [2012]


Veríssimo Neves Diaz
[Foto ADP_Damas]


Veríssimo Dias conquista o seu 8º título.


Do 13 ao 17 de xuño celebrouse en Setúbal a trixésimo segunda edición do Campionato de Portugal de damas clásicas na modalidade de partidas lentas. Xunto ao Dr. Manuel Vaz Vieira, que tiña a praza asegurada por ser o campión do ano anterior, competiron outros 9 damistas clasificados nun torneo preliminar que se disputou a finais de abril. Arlindo Roda, como primeiro reserva, sustituiu a Leopoldo Lopes que non puido participar.

Os emparellamentos efectuáronse por sistema de liga a nove sesións con partidas de catro xogos de anotación obrigatoria e con apertura sorteada a dous lances. Cada xogador dispoñía de 135 minutos para a realización dos catro xogos.  Luís Xavier encargouse da arbitraxe e Rogerio Tavares actuou como representante da Federación.

O gran vencedor da proba resultou ser o mestre Veríssimo Neves Dias que tras perder na segunda sesión con Medalha da Silva realizou unha espectacular remontada gañando o resto de enfrontamentos e chegando incluso a proclamarse gañador  antes de disputarse a última xornada.  Desde o seu primeiro entorchado no ano 1995 leva xa conseguidos 8 títulos e só é superado nesta faceta polo Dr. Vaz Vieira. Foi precisamente este mítico xogador,  o que ocupou a segunda praza con punto e medio menos que o vencedor. O de Coimbra non puido despregar o xogo ao que nos ten acostumados e aparte de perder con Veríssimo viuse obrigado a ceder tres empates.  Completou o podio Luís Sá que tivo unha máis que aceptable actuación liderando a proba nas primeiras sesións e concluíndo por diante do ex-campión Herminio Medalha da Silva e dos xogadores aos que superaba en ELO.

O campionato desenvolvíuse nas instalacións da «Sociedade Musical Capricho Setubalense» e os gastos de transporte, alimentación e aloxamento dos xogadores correron a cargo da Federación. Só un pequeno detalle desluciu un chisco o evento: o mobiliario non parece o máis axeitado para a disputa dun Campionato Nacional. As mesas eran demasiado pequenas; non permitían, nin apoiar os cóbados, nin anotar as xogadas con comodidade, e as botellas da auga había que pousalas no chan.

Deseguido podemos ver a táboa de resultados e o decisivo xogo da terceira rolda entre os dous primeiros clasificados.


Xogo comentado


 1.12-16, 23-19;

O sorteo ditaminou que se debía comezar o xogo coa «Esquerda Ortodoxa», unha das aperturas menos balanceadas e na que as negras parten con vantaxe.

2.10-13 ...

A teoría recomenda como mellores 2.11-14 ou 2.09-13. O lance escollido polo Dr. Vaz Vieira, movendo novamente en sentido lateral, permítelle ao negro apropiarse do control absoluto do centro e incrementar a súa superioridade.

Cando no 1934 os americanos confeccionaron o primeiro mapa de aperturas sorteadas a «3 lances», esta continuación estaba moi pouco estudada. Designada como a «Wilderness» en clara alusión a súa falta de exploración, foi excluída da lista. Co paso dos anos demostrouse que era unha apertura xogable e a partir de agosto do 2003 pasou a formar parte do novo mapa empregado nas competicións da modalidade anglo-americana.

En damas clásicas a súa debilidade non é tan notable como nas «checkers» e curiosamente no «10º Campionato de Portugal», un dos tres que se disputaron con apertura a 3 lances,  saíu agraciada no sorteo [1.10-13, 23-19; 2.12-16].

2. ... 19-15

O ataque estándar para colocar un peón na importante casa «15» e así comezar a construción dun «dique» de peóns sobre a diagonal «8→29».

3.11x20, 24x15; 4.05-10 ...


POSICIÓN DESPOIS DE 4.05-10 ...


O desenvolvemento natural. Pero as brancas tamén poden optar por:

  4.13-17, 21-18;

a) 5.07-11, 28-24; 6.11x20, 24x15; 7.05-10 ...  [7.04-07, 32-28; 8.07-11 ... (Se 8.05-10 ou 8.07-12 son ben contestadas con 22-19) 8. ... 28-24; 9.11x20, 24x15; 10.03-07, 31-28 e as negras están moi fortes] 7. ... 22-19; 8.16-20, 26-22; 9.20-24, 30-26; 10.03-07, 18-14; 11.07-11, 14x07; 12.04x20, 22-18; con bo xogo para as negras.

b) 5.05-10, 28-24; 6.10-13, 27-23; 7.07-12, 32-28; 8.12x19, 23x14; 9.01-05, 30-27!;  con superioridade negra.

c) 5.07-12, 22-19; 6.05-10, 28-24; [Superior a 6. ... 28-23; xogado no enfrontamento Medalha vs Chipenhe; 10º Campionato de Portugal en Oliveira de Azemeis, 1990] 7.10-13, 27-22; 8.01-05, 32-28; 9.03-07, 28-23; 10.07-11, 30-27; [ou 10. ... 24-20] con abrumadora vantaxe do segundo xogador.

 4.07-12, 21-18; [4. ... 22-19; 5.05-10 é o mesmo que 4.05-10, 22-19; 5.07-12] 5.12x19, 22x15;  6.13x22, 26x19; 7.05-10, 28-23;  8.09-13, 25-21; traspón ao xogo principal.

Pero  4.07-12 tamén pode ser contestado con 4. ... 28-24; e tras 5.12x19, 22x15; 6.05-10, 27-22; 7.13-17, 32-28; 8.04-07, 21-18; 9.07-12, 25-21; 10.12x19, 22x15; as negras teñen gran xogo.

4. ... 21-18

O ataque máis representativo e carismático da liña é con 4. ... 22-19. Un lance que sen ser máis forte parece que intimida sicoloxicamente ao ser gañador na modalidade de damas anglo-americanas. Nese xogo, en vez do anterior 4.05-10, adoitan seguir con 4.13-17 para empate.

Despois de 4. ... 22-19; as brancas poden seguir:

  5.07-12  e nesta altura se:

a)   5. ... 27-22; [Formando xa o «dique»] 6.16-20 …  

▬  6. … 21-17; 7.13-18, 22x13; 8.09x18, 28-23;  9.20x27, 31x13; 10.04-07, 32-28; 11.07-11, 28-24; 12.11x20, 24x15; 13.03-07 …  [Xogado nun enfrontamento Manuel Vaz Vieira vs. José Luís Guerra do 10º Campionato de Portugal; Oliveira de Azemeis, 1990] 13. … 13-09; [Con idea de se 14.07-11, 26-22; 15.11x20, 09-05; 16.02x09, 17-13; 17.09x27, 30x07]  14.01-05 e o xogo xa está igualado.

▬  6. … 28-24; [Como nun xogo Manuel Capote vs. José Silva Pereira; 10º Campeonato de Portugal; Oliveira de Azemeis, 1990] 7.13-17, 21-18; 8.01-05, 18-13; 9.09x27, 30x07;  10.04x20, 24x15; 11.06-11, 15x06; 12.02x11, 32-28; 13.11-15, 19x12; 14.08x15, con equilibrio.

▬  6. … 21-18 [A mellor]; 7.13-17, 28-23; [Se 7. … 28-24; leva á mesma posición que con 6. … 28-24 visto anteriormente] 8.20x27, 30x23;  9.10-13, 32-28; 10.01-05, 28-24; 11.06-11, 15x06; 12.02x11, 19-14; 13.12-15, 14x07; 14.04x11, 31-28; 15.05-10, 23-19;   16.03-06, 19x12; 17.08x15, 28-23; 18.10-14, 25-21;19.15-19, 22x15; 20.11x27, 18x02;  21.27-30, 02-11; 22.30-23, 11-04; 23.23-01, 04-07;  24.01-23, 07-03; 25.23-30, 26-22;  26.17x26, 03x17; 27.09-13, 17x03; 28.30-27, 22-19; 29.27-22, 19-14;  30.22-27, 29x22;  31.27x11 [EMP].


b)   5. ...  21-17; A mellor, pois agora tanto  6.13-18, 26-21;  7.01-05, 21x14;  8.06-11, 14x07; 9.04x20, 25-21; 10.12-15, 19x12; 11.08x15, 21-18; 12.20-24, 28-23; como 6.04-07, 25-21; 7.10-14, 17x10; 8.14x23, 28x19; 9.06x13, 32-28; deixan ao branco nunha delicadísima situación.

    5.13-17, 21-18;  con estas opcións:

a)  6.10-13 [Frouxa], 26-22;  e as seguintes ramificacións:

7.01-05, 28-23; [Se 7. ... 28-24; 8.16-20! traspón a unha liña de empate que imos ver na variante 6.01-05] 8.07-11, 32-28!; [Se 8. ... 23-20; 9.16x23, 27x20; 10.17-21 o xogo iqueda igualado] 9.11x20, 28-24; 10.04-07 ... [Se 10.17-21 un lance efectuado nun xogo por correo de 1874 que enfrontou a J. A. Kear vs. R.E. Bowen,  segue 10. ... 24x15; 11.13-17, 29-26 coa ameaza de mover o peón de «18» gañando material] 10. ... 24x15; 11.06-11, 15x06; 12.02x11, 19-14; e as brancas deben estar perdidas:

▬ 13.08-12, 29-26!; 14.16-20, 23x16; 15.11-15, 25-21; 16.15-19, 22x08; 17.13x29, 14-10;  18.05x14, 08-04; 19.17x26, [GN].

▬  13.11-15, 30-26; 14.15-20, 25-21; 15.07-12, 14-10; 16.05x14, 18x11; 17.12-15, 21-18;  18.20-24, 22-19; 19.15x22, 26x19; 20.13x22, 27x18; 21.17-21, 18-14; 22.09-13, 14-10;  23.13-18, 11-06; 24.18-22, 06-02; 25.21-26, 10-05; [GN].

7.07-12, 28-24; con difícil defensa, pois se:

 8. 01-05, 32-28;  9.03-07, 28-23; 10.07-11, 30-26; 11.11x20, 24x15; 12.06-11, 15x06; 13.02x11, 18-14; 14.11x18 ...  [Analise de H. Jackson para empate en checkers, pero ... ] 14. ... 19-14; 15.12-15, 14-11;  16.05-10, 11-06; 17.15-20, 06-02; 18.20-24, 02-15; 19.16-20, 23x16; 20.08-12, 15x08; 21.10-14, 08-15; 22.04-07, 15-06; 23.24-28, 31x24; 24.14-19, 22x15;  25.18-21, 25x18; 26.13x31, 15-12; [GN].

 8.04-07, 32-28;  9.07-11, 30-26; 10.11x20, 24x15; 11.03-07, 28-24; 12.01-05,  27-23; 13.07-11, 24-20; GN [Liña do Kears por transposicion].

8.17-21, 27-23; 9.13-17, 29-26; 10.06-10, 32-28; 11.10-13, 31-27; 12.01-05, 18-14; 13.02-06, 25x18; 14.03-07, 24-20; 15.07-11, 14x07; 16.04x11, 28-24; 17.05-10, 18-14; 18.11x18, 15-11; 19.06x15, 20x11; 20.18-21, 11-07; 21.21-25, 07-04; 22.25-29, 04-25; 23.12-15, 19x12; 24.08x15, 23-20; 25.16x23, 27x11; 26.10-14, 11-06; 27.13-18, 22x13; 28.29x02, 25x07; 29.09x18, 07x25; [EMP].

b)  6.16-20, 28-24; 7.07-12, 26-22; 8.04-07, 32-28; 9.07-11, 18-13 [9. ... 28-23; 10.10-14, 23x07; 11.14x23, 27x20; 12.03x26, 29x22; 13.01-05, 20-15; 14.11x20, 24x15; 15.05-10, 31-27; 16.17-21*, 27-23; 17.06-11, 15x06; 18.02x11, 23-20; 19.08-12, 20-16; 20.12-15, 16-12; 21.10-14,  EMP. J. Wyllie vs. R. Martins (xogo 2) Glasgow, 1867] 10.09x18, 22x13; 10.09x18, 22x13;  11.12-16, 28-23; 12.01-05, 13-09; 13.10-13, 30-26; 14.13-18, 26-22;  15.18-21, 25x18; 16.17-21, 15-12; 17.08x15, 19x12; 18.21-26, 24x15; 19.11x20, 12-08;  20.26-30, 08-04; 21.30-26, 22-19; 22.26x08, 18-13; 23.05-10, 23-19; 24.10x17, 04-25; 25.08x26, 29x22; 26.17-21, 25x24; 27.06-11, 24x06; 28.03x10, 22-19; 29.10-13 e o final é de empate.

c)  6.10-14 [Frouxa], 18x11; 7.07x23, 28x19; 8.01-05, 32-28; e agora:

  9.04-07, 26-22; 10.07-12, 22-18; 11.05-10, 18-14; 12.10-13 ... [Tampouco arranxaba nada 12.09-13, 14x05; 13.02x09, 28-24!; (Nótese que non é bo 13. ... 19-14; 14.12x19, 14-10; por 15.17-21) 14.13-18, 29-26 GN.] 12. ... 28-23; 13.02-05, 29-26; 14.13-18, 14-11; 15.06-10, 26-21; 16.17x26, 30x14 GN. [W.K. Campbell vs. D.G. McKelvie; 10º Torneo Escocés, 1902].

►  9.05-10, 27-22; 10.16-20, 30-27; 11.03-07, 25-21; 12.10-13, 28-23; 13.07-12, 23x07; 14.04x20, 21-18; 15.08-12, 19-15; 16.12x19, 22x15; 17.13x22, 26x19 [GN].

  9.06-11, 15x06; 10.02x11, 28-24; 11.08-12, 27-22; 12.11-15, 19-14; 13.03-07 ... [13.03-06, 14-11; 14.05-10, 11x02; 15.10-13, 02x20; 16.16x23, 24-20; 17.12-16, 20-15; 18.16-20, 15-11; 19.20-24, 30-27; 20.23x30, 11-06; 21.30x21, 25x18; 22.17-21, 06-03 e as negras gañan o final] 13. ... 22-19; 14.15x22, 26x19; 15.07-11, 14x07; 16.04x11, 19-15; 17.12x19, 25-21 [GN].

 9.03-07, 28-24;  10.09-13, 26-22;  11.07-12, 29-26; 12.16-20, 31-28;  13.05-10, 25-21; 14.02-05, 28-23; [Non vale 14. … 21-18 por 15.20-23 GB] 15.*06-11 … [Se 15.13-18, 23x07; 16.04x20, 21x18 GN] 15. … 23x07; 16.11x20, 24x15; 17.04x20, 21-18;  18.05-09, 27-23; 19.20x27, 30x23; 20.08-12, 18-14;  21.12-15, 14x05; 22.15-20, 23x16; 23.13-18, 22x13; 24.09x18, 05-02; 25.18-21, 26-22; 26.21-26, 02-11;  27.26-30, 19-15; 28.30-27, 11-18; 29.27-20, 15-12; 30.20-15, 12-07; 31.*15x26, 18-14; 32.26-30!, 14-32; 33. 17-21 [EMP].

d)  6.07-11, 28-24; 7.11x20, 24x15; 8.16-20 ... [Non convén  8.03-07, 26-21;  9.17x26, 29x22; 10.07-11, 15-12; 11.08x15, 19x12; 12.11-14, 18x11; 13.06x15, 22-18; 14.02-06, 25-21 con posición moi forte das negras] 8. ... 26-22; [8. ... 18-14; 9.04-07, 14x05; 10.01x10, 32-28; 11.07-11, 26-22; 12.11-14, 28-23; 13.08-12, 23x07; 14.14x23, 27x20; 15.03x26, 29x22; 16.06-11 con final de empate]  9.10-13, 30-26; 10.20-24, 32-28; 11.06-11, 15x06; 12.02x11, 19-14; 13.08-12, 14x07; 15.01-05, 23-19; 16.*24-28, 31x24; 17.05-10, 25-21; 18.03-07 e as brancas xogando con moitísimo coidado conseguen salvarse.

e)  6.07-12, 25-21; 7.10-13, 27-22; 8.06-11, 15x06; 9.02x11, 19-14; 10.12-15, 14x07; 11.04x11, 28-23; 12.15-20, 31-28;  13.20x27, 30x23; 14.01-05, 28-24; 15.05-10 con xogo máis ou menos igualado.

f)  6. 6.01-05, 28-24; 7.10-13 ... [7.07-12, 26-22; 8.03-07 ... (Artur Gomes vs. Eduardo Castelo; 10º Campionato de Portugal disputado en Oliveira de Azemeis no ano 1990)  8. ... 27-23; 9.07-11, 24-20; 10.10-13, 30-26; 11.05-10, 25-21; 12.10-14 deben GN] 7. ... 26-22; 8.16-20, 15-12; 9.08x15, 19x12; 10.07x16, 24x15; 11.06-11, 15x06; 12.02x11, 22-19; 13.13x22, 27x18; 14.05-10, 32-28; 15.10-13, 30-27; 16.13x22, 27x18; 17.17-21, 28-23; 18.03-07, 19-14; 19.07-12, 14x07; 20.04x11, 31-28; 21.12-15, 28-24; 22.16-20, 23x16; 23.15-19, 16-12; 24.11-15, 12-07; 25.21-26, 29x22; 26.19x26, 18-14; 27.26-29, 07-03; 28.15-20 [EMP].

Pero Veríssimo coa xogada efectuada, deriva o xogo para a «Esquerda Transversal» aproveitando que a variante na que entronca proporciona ás negras unha superioridade similar. A construción habitual fórmase con 1.12-16, 21-18; 2.10-13  ...  [Unha continuación menor, inferior a 2.10-14 ou incluso a 2.08-12]  2. ... 23-19; 3.05-10, 19-15; 4.11x20, 24x15.

A posición tamén se pode alcanzar con: 1.12-16, 23-19; 2.09-13, 21-18; [Aínda que aquí é máis xogado  2. ... 21-17 con idea de bloquear o flanco] 3.05-10, 19-15; 4.11x20, 24x15.

5.07-12 ...


POSICIÓN DESPOIS DE 5.07-12 ...


Con idea de reducir material e diminuír a fortaleza do futuro «dique» das negras. Outras opcións son:

a) 5.13-17 ... [A alternativa máis frecuente ao lance do tronco]. O xogo traspón á variante con 4.13-17, 21-18; 5.05-10.

b) 5.01-05 pode ser ben replicado con 5. ... 23-29; 6.13-17 ... [6.07-12, 23-19; 7.13-17, 32-28; 8.16-20, 18-14; 9.10-13, 28-23 con gran vantaxe das negras] 6. ... 32-28; 7.07-11, 28-24; 8.11x20, 24x15; 9.10-13, 23-19; 10.16-20, 15-12; 11.08x15, 19x12; 12.05-10, 27-23; 13.20x27, 30x23; 14.06-11, 23-19 con negras en formidable posición.

c) 5.07-11, 28-24; 6.11x20, 24x15; 7.04-07, 32-28; 8.07-11, 28-24; 9.11x20, 24x15; 10.03-07, 26-21; 11.13-17, 22-19; 12.17x26, 29x22; 13.16-20, 25-21; 14.20-24, 21-17 e as negras ata poden gañar.

5. ... 25-21

Unha boa alternativa ao máis habitual 5. ... 27-23;  [Aproveitando a falta de apoio do peón do cadro «10»]  6.12x19, 23x05; 7.01x10, 28-23;  [Xogada de desenvolvemento natural mellor que 7. ... 25-21; 8.13-17, 29-25; 9.06-11 e as brancas empatan con menos problemas]  8.06-11 ...   [Con idea de contestar a 23-19 co cambio 11-15]  8. ... 32-28; 9.02-06 ...  [Esta é a moderna continuación para tratar de manterse sólido. A antiga maneira de defenderse era con 9.03-07, tal como aconteceu no terceiro xogo do match polo título mundial entre Charles Barker e Richard Jordan disputado en Boston no ano 1900. Seguiu con 9. ... 30-27; 10.08-12, 26-21; 11.13-17 ... (Un pouco mellor é 11.11-15) 11. ... 29-26; e despois dun final con algunha imprecisión a loita terminou en empate]  9. ... 23-19; [No Campionato Nacional americano de 1956, xogouse 9. ... 30-27; no enfrontamento Walter Hellman vs. Marion Tinsley, pero tras 10.10-14 o xogo encamiñase a un doado empate]  10.11-15, 19x12; 11.08x15, 25-21; 12.13-17, 29-25; 13.03-07, 31-27; 14.10-13, 18-14; 15.15-19, 22x15; 16.07-11, 14x07; 17.04x20, 28-23; 18.20-24, 23-20 EMP.  [Análise de G. O´Connor incluído no libro de Richard Pask «Damas do Século XXI» publicado no ano 2010].

6.12x19, 22x15;  7.13x22, 26x19;  8.09-13 ...


POSICIÓN DESPOIS DE 8.09-13 ...


Despois dos cambios a estrutura do flanco esquerdo do negro quedou algo enfraquecida.

As brancas diríxense en dirección á zona debilitada do rival.

8. ... 28-23;

Pódese xogar xa o plan natural con 8. ... 27-22; pero Veríssimo fai unha pequena trasposición de movementos que serve para evitar algunhas das posibles eleccións do primeiro xogador.

   Se 8. ...  27-22;  as brancas poden continuar con:

a)  9.16-20 ... [Inviable tras o lance que efectuou Veríssimo] 9. ... 21-18; 10.13-17, 29-26; 11.01-05, 28-24; 12.05-09, 31-27; 13.04-07, 32-28; 14.07-11, 15-12; 15.08x15, 19x12; 16.10-14, 24x15; 17.14x21, 12-08; 18.11x20, 28-24; 19.09-13, 24x15; 20.13-18, 22x13; 21.06-10, 13x06; 22.02x20, 08-04; 23.21-25 [EMP].

b)  9.13-17, 29-26!; [Se 9. ... 21-18; 10.17-21, 28-23 traspón a variante do xogo principal con 10. ... 27-22 que non é mala para o branco] 10.01-05, 28-23; 11.05-09, 21-18; 12.10-13, 32-28; 13.06-11, 15x06; 14.02x11, 28-24; 15.08-12, 31-27; 16.04-07, 24-20; 17.03-06, 18-14; 18.11x18, 20-15; 19.18-21  as negras están mellor.

  A variante non é a primeira vez que se encontra na práctica destes dous magníficos damistas. No Campionato do 2002 tamén alcanzaron esta mesma posición seguindo agora con 8. ... 28-24;  9.13-17, 29-26; 10.01-05, 27-22; 11.05-09, 21-18; 12.16-20, 31-27; e aquí as brancas moveron despreocupadamente 13.03-07 ... [Correcto era 13.04-07, 32-28; 14.07-11, 15-12; 15.08x15, 19x12; 16.10-14, 24x15; 17.14x21, 12-08; 18.11x20, 28-24; 19.09-13, 24x15; 20.13-18, 22x13; 21.06-10, 13x06; 22.02x20, 08-04; 23.21-25, EMP.] que foi contestado con 13. ... 15-12; e tras 14.07x16, 24x15; 15.10-13, continuaron con 15. ... 32-28; [Desaproveitando unha grande ocasión. Agora se 15. ... *27-23; 16.06-10, 32-28; 17.02-06, 28-24; GN.] 16.06-11, 15x06; 17.02x11, 28-24; 18.11-15, 19x12; 19.08x15, 18-14;  20.13-18, 22x13; 21.09x18, 14-10; 22.18-21, 10-05;  23.21-25, 05-01; 24.15-20, 24x15; 25.25-29, 27-22; 26.17-21, 26x17;  27.29x12, 17-13;  28.12-15, 13-09; 29.15-02, 01-23; 30.04-07, 23-32; 31.16-20, 32-01; 32.02-15, 01-10; 33.15-02, 30-26; 34.07-12, 26-21;  35.12-16, 21-17:  36.20-24 EMP. [Vaz Vieira vs. Veríssimo Dias; 4º xogo da 6ª sesión do 22º Campionato de Portugal disputado en Odemira no ano 2002].

9.13-17,  21-18; 


POSICIÓN DESPOIS DE 9. ... 21-18


Noutras ocasións, Veríssimo xa ten xogado 9. ... 30-26 e non lle foi nada mal. Vexamos un exemplo dun xogo disputado na Ludoteka usando seudónimo:

9. ... 30-26; 10.01-05, 21-18; 11.06-11 ... [Mellor 11.03-07, 32-28; 12.05-09, 18-14; 13.09-13, 14x05; 14.02x09, 29-25; 15.07-12, 19-14;  16.12x19, 27-22; 17.16-20, 23x16;  18.19-23, 28x19; 19.08-12, 16x07; 20.04x27, 31x22;  21.13-18, 22x13;  22.09x18, 19-14;  23.17-21, 26x17; 24. 18-22 EMP.] 11. ... 15x06; 12.02x11, 32-28; 13.08-12, 27-22; 14.11-15, 19-14; 15.10x19, 23x14; 16.15-20, 14-11; 17.12-15, 18-13; 18.05-10, 13x06;  19.03x10, 11-06; 20.10-14, 06-03; 21.14-19, 28-24; 22.04-07, 03x12; 23.20-23, 31-27;  24.23x30, 29-25; 25.30x21, 25x18; 26.19x26 GN. [Roukhou vs. Pirra; Ludoteka (5’+10’’), 30/9/2006]

Pero a opción escollida neste xogo contra Vaz, movendo primeiro o peón a «18»,  parece sumamente interesante. As negras deixan no aire a posibilidade de formar o «dique» levando o peón de «30» a «26» e ao mesmo tempo non desfán o soporte que permite facer o cambio con 23-20 para facilitar as manobras nese flanco.

10.17-21 ...

Co centro dominado polo rival esta incursión é seguramente a única forma que teñen as brancas de crear algo de contraxogo.   

10. ... 32-28;  

 Se 10. ... 27-22; segue  11.01-05, 29-25; [Ou 11. ... 32-28; 1 2.05-09, 28-24; 13.10-13, 31-27; 14.13-17 e o xogo branco é preferíbel] 12.06-11, 15x06; 13.02x11, 18-14; 14.11x27, 31x22;  15.03-07, 25x18; con xogo igualado.

   Ou en caso de 10. ... 29-25; as brancas poden simplificar co golpe: 11.21-26, 30x21; 12.16-20, 23x16; 13.10-13, 18x09; 14.02-05, 09x02; 15.03-07, 02x11; 16.07x30, 32-28; 17.30x17, 15-11 con [EMP].

11.21-25 ...

Un dos beneficios que se pode tirar da orde de movementos seguida polo negro é que agora esta xogada é practicamente forzada. Mentres que se xa tivesen efectuado o lance 27-22, o peón «21» pode permanecer ahí esperando polo apoio doutro situado en «17» deixando latente a ameaza 21-26.

  Non vale 11.06-11, 15x06; 12.02x11, 19-14; 13.10x19, 23x07; 14.04x11, 29-25 con idea de 18-13 e as negras gañan o  peón e o xogo.

  O avance 11.04-07 refútase con 11. ... 23-20; 12.16x32, 27-22; 13.32x14, 18x04; [GN].

  11.03-07, 29-25;  con estas posibles ramificacións:

a)   12.07-12, 18-14; 13.21-26, 30x21; 14.04-07, 14x05; 15.01x10, 21-18;  16.07-11, 25-21; 17.11x20, 19-15; 18.12x19, 23x05; 19.02x09, 18-14; 20.20-24, 27-22;  21.16-20, 21-17; 22.08-12, 14-10; 23.06x13, 17x10; 24.09-13, 10-06; 25.12-16, 06-03;  26.13-17, 03-07 [GN].

b)   11.03-07, 29-25; 12.07-11, 28-24;  13.11x20, 24x15;  14.06-11, 15x06; 15.02x11, 18-14;  16.11x18, 19-15; 17.01-05 ... [17.04-07, 15-11; 18.07x14, 27-22, 19.18x27, 25x11; GN] 17. ... 15-11;  18.05-09, 11-06; 19.10-13, 06-02;  20.13-17, 30-26;  21.21x30, 27-22;  22.18x27, 31x22;  23.30x20, 02x24; [GN].

c)  11.01-05 traspón á ramificación «c»  da variante que expoñemos no seguinte punto, onde as brancas conseguen un tímido empate.

  11.01-05, 29-25;  e agora se:

a)  12.10-13, 18x09; 13.16-20, 25x18; 14.06-10, 23x16; 15.02-06, 09x02; 16.03-07, 02x11; 17.07x32, 30-26; 18.10-14, 18x11; 19.32-14, 15-12;  20.08x15, 11-06;  con gran vantaxe das negras no final.

b)  12.05-09, 18-14; 13.21-26, 14x05; 14.09-13, 30x21; 15.02x09, 21-17; 16.13-18, 27-22;   17.18x27, 31x22; 18.06-11, 15x06; 19.03x10, 22-18; [GN].

c)  12.03-07, 18-14; 13.21-26, 30x21; 14.06-11, 15x06; 15.02x18, 21x14; 16.16-20, 23x16;   17.07-12, 16x07; 18.04x18, 19-15; 19.05-09, 15-11;  20.10-13, 11-07; 21.18-22, 27x18;   22.13x22 e xogando con moito coidado as brancas empatan.

   O golpe defensivo 11.10-13, 18x09; 12.16-20, 23x16; 13.21-26, 29x22; 14.02-05, 09x02; 15.03-07, 02x11; 16.07x32 deixa as brancas en franca inferioridade, pero xogando con coidado poden conseguir o empate. Podería seguir: 16. ... 15-11; 17.32-10, 22-18;  18.01-05, 27-23; 19.10x32, 11-06; 20.05-09, 06-02; 21.32-10, 02-15; 22.10-05, 15-29; 23.05-10, 29-25, 24.10-03, 31-28; 25.03-13, 18-14;  26.08-12, 16x07;  27.04x18 [EMP]

11. ...  28-24;  

Un golpe moi similar ao que acabamos de ver no anterior comentario prodúcese se aquí se xoga xa 11. ... 27-22. Efectivamente, as brancas seguirían con 12.16-20, 23x16; 13.10-13, 18x09;  14.02-05, 09x02; 15.03-07, 02x11; 16.07x32, 15-11; 17.32-10, 31-28;  18.10x32, 11-06 con posición equivalente.

12.01-05 ...

Activando este peón que se dirixe ao cadro «9» para poder xogar 10-13 e continuar co contraxogo por ese flanco.

As brancas non teñen moito onde escoller. Xogábel é a alternativa 12.04-07  pero a posición resulta enormemente complicada de defender. Vexamos dous posibles ataques das negras:

   12. ... 30-26; 13.07-12, 26-21;14.06-11, 15x06; 15.02x11, 27-22; 16.01-05, 21-17; 17.05-09, 31-27; 18.11-15, 18-14; 19.09-13, 14x05; 20.13-18, 22x13; 21.15x31, 13-09;  22.31-18, 05-01; 23.18-11, 23-20; 24.16x23, 01x32; 25.11-02 e o final é de empate.

  12. ... 27-22; 13.07-12, 31-27; 14.01-05, 18-14; 15.10-13, 15-11; 16.06x15, 23-20; 17.16x23, 27x11; 18.12-15, 19x12; 19.08x15, 11-07; 20.03x12, 14-11; 21.*13-18, 22x13; 22.15-19, 13-09; 23.*12-16, 11-07; 24.19-23, 07-04;  25.23-28, 04-14;  26.28-31, 14x01;  27.31-22 [EMP].

12. ...  27-22;


POSICIÓN DESPOIS DE 12. ... 27-22
  

E por fin, agora si parece o momento de levar esta nova peza a formar parte do «dique».

13.05-09,  31-27;  

Para apoiar a troca en «20», necesaria para manobrar desde a retagarda.

14.10-13,  23-20;  15.16x23,  27x20;  16.04-07,  30-26; 


POSICIÓN DESPOIS DE 16. ... 30-26


Atopámonos ante unha cuestión de simple preferencia personal. Aquí tamén parece interesante 16. ... 20-16; 17.06-11, 15x06; 18.02x11, 24-20; 19.13-17, 19-15;  20.17-21, 15x06;   21.03x10, 20-15; 22.10-13, 15-11; [22. ... 18-14; 23.13-18, 22x13; 24.09x18, 30-27; (24. ...15-11; 25.18-22, 11x04; 26.22-26 EMP) 25.18-22, 27x18; 26.21-26, 29x22;  27.25-29, 22-19; 28.29-26, 18-13; 29.07-11, 14x07; 30.08-12, 15x08;  31.26x17 EMP]  23.07x14, 18x11; 24.13-17, 22-19; 25.21-26, 30x21;   26.17x26, 29x22; 27.09-13, 11-06; 28.25-29, 06-03;  29.08-12, 16x07;  30.13-18 22x13,   31.29x12, 13-10;  32.12-19 [EMP].

17.13-17 ...

O xogo das brancas é sumamente incómodo e esixe unha moi precisa condución. Para pasar menos apuros, quizás sexa mellor agora 17.07-12,  ao que podería seguir 17. ... 15-11; 18.06x15, 20x11; 19.12-15, 19x12; 20.08x15, 18-14; 21.13-18, 22x13;  22.09x18, 14-10; 23.15-19, 11-06;  24.02x11, 10-05; 25.19-23, 05-02; 26.11-14, 02-09;  27.18-21, 26x17; 28.23-28, 09-31;  29.28-32, 24-20; 30.32-19, 17-13; 31.14-18 [EMP].

17. ... 20-16;  18.06-11 ...

Desfacendo a cabeceira do dique; pero conforme se desenvolveron os acontecementos, a manobra vai resultar ineficaz. Pensamos que con esta xogada o Dr. Vaz Vieira deixou escapar a última oportunidade de salvar o xogo. Se non estamos confundidos, aínda se podía sacar un empate probando con:

18.07-11, 15-12; 19.08x15, 19x12; 20.06-10, 22-19; [A mellor] 21.*17-21, 26x17; 22.11-15, 12-08; 23.15x22, 08-04; 24.22-27, 16-12; 25.02-06, 18-13;  26.09x18, 04x21; 27.10-13, 17x10;  28.06x13 e agora se:

  28. ... 21-30; 29.27-31, 12-08;  30.03-07, 08-04; 31.07-12, 24-20; 32.13-17, 20-16; 33.12-15, 16-12; 34.15-20, 30x16; 35.31-18, 04x21; 36.17x26, 29x22; 37.25-29  [EMP].

  28. ... 12-08; 29.03-07, 21x04; 30.27-30, 04-14; 31.13-18, 14x21; 32.30x17 [EMP].

►  28. ... 21-17; 29.*27-30, 17x10; 30.*03-06, 10x03; 31.30-26, 29x22; 32.25-29, 22-18;   33.29x08, 18-14; 34.08-04, 14-10; 35.04-14 [EMP].

18. ... 15x6;  19.02x11 ...

A outra captura tampouco nada arranxa:

19.03x10, 19-14; 20.10x19, 22x15; 21.02-06, 18-14; 22.09-13, 24-20; 23.13-18, 26-21;  24.17x26, 29x13; 25.25-29, 14-11;  coa seguinte bifurcación:

  26.29x12, 11x04; 27.12-22, 13-09; 28.22-27, 20-15;  29.27-23, 16-12; 30.23-16, 04-07; 31.16-23, 07-11; 32.23-16, 11x02; 33.16x07, 09-05;  34.07-04, 05-01 [GN].

  26.07x14, 13-09; 27.29x12, 16x07; 28.14-18, 07-03; 29.06-11, 03-07; 30.11-14, 07-04;   31.14-19, 04x21; 32.19-23, 21-18; 33.23-28, 09-05; 34.28-31, 18-09; 35.08-12, 05-01;   36.12-16, 01-23; 37.31-24, 09-02 [GN].

19. ... 24-20;  20.08-12  ...  

  Se 20.17-21 para quitar o soporte do peón «19», segue 20. ... 26x17; 21.08-12, 19-14; 22.12-15, 14-10; 23.15x24, 10-05; 24.24-28, 05-02; 25.28-32, 02x20; 26.32-28, 20-30; 27.28-32 ...  [Ou 27.28-24, 22-19; 28.07-12, 16x07;  29.03x12, 17-13;  30.24-06, 30-17;  31.12-16, 18-14;  32.09x18, 17x03; 33.18-22, 14-10; 34. 22-27, 10-05; 35.27-31, 19-15 GN]  27. ... 17-13; 28.07-11, 13-10; 29.32x01, 16-12; 30.11-15, 12-08; 31.01-32, 08-04 [GN].  

  Tampouco resulta satisfactorio 20.03-06, 19-15; 21.09-13, 18x09; 22.11-14, 09-05; 23.14-19, *05-01; 24.17-21, 26x17;   25.19x26, 29x22; 26.25-29, 22-18;  27.29x12, 18-13; 28.12-22, 13-09; 29.06-11, 01-32; [GN].

20. ... 19-15; 21.12x19, 22x06; 22.03x10, 20-15; 23.10-13, 15-12; 24.13x22, 26x19; 25.07-11, 12-07; 26.17-21 ...


POSICIÓN DESPOIS DE 26.17-21 ...


Agora parece que a posición é de empate, pero sorprendentemente Veríssimo vai sacar un último recurso da manga.

Antes de seguir comprobemos como se desbarataría estoutro diferente intento de defensa:

26.09-13, *07-03; 27.13-18, *03-06; 28.*11-14, 19x10; 29.18-22, 10-05;  e agora se:

a)   30.22-26, 29x22; 31.25-29, 22-18; 32.17-21, 05-01; 33.29-08, 18-13; 34.21-26, 06-11;  [Nun futuro final de 4 damas contra 2, o bando débil consegue o empate se  domina as dúas transversais, así que as brancas ocupan unha destas dúas importantes diagonais para impedir a mencionada defensa] 35.26-29, 13-10;  36.08-04, *11-25; 37.04-08, 10-06; 38.08-22, 06-02; [Agora xa só falta coroar o peón de «16»] 39.22-31, 02-11;   40.31-13, 11-04; 41.29-15 ... [Escapando para eludir o cambio de damas]  41. ... 25-29;  42.15-20, 16-12;  43.13-03, 12-08;  44.03-13, 04-21;  45.13-31, 21-30; 46.20-02, 01-10; 47.02-11, 08-04;  [E así chegamos ao esperado final no que o bando forte pode escoller entre varias posicións base para conseguir a vitoria. A máis antiga e coñecida de todas foi publicada por Lorenzo Valls no seu famoso tratado de 1597 e fórmase colocando as damas nas casas «1», «4», «9» e «15»] GN.

b)   30.22-27,  05-01;  31.27-31 ... [31.27-30, 06-24; 32.30-21, 01-19; 33.21-07, 19-23 GN]  31. ... 16-12; con este posible desenlace  32.31-13, 06-03; 33.13-18, 12-08;  34.18-27, 03-16;  35.27-13, 16-30; 36.13-18, 08-04; 37.18-31, 04-11; 38.31-22, 11-02; 39.22-09, 01-19; 40.09-18, 02-09; 41.18-11, 09-18; 42.11x21, 19-26; 43.21-04, 26-21;  44.17x26, 30x21; 45.04-08, 21-04; 46.08-12, 29-26; 47.12x29, 04-08  [GN].

26. ... *07-04; 

Se 26. ... 07-03; segue 27.21-26, 29x22; 28.25-29 [EMP]. Non se pode impedir a permuta «2x1» tras o avance do peón branco do cadro «11».

27.11-15,  19x12;  28.21-26,  29x22; 29.25-29 ...  


POSICIÓN DESPOIS DE 29.25-29 ...
[As negras xogan e gañan]

29. ...  12-07‼;

Velaiquí está o inesperado detalle.

30.29x03,  04-07; 31.03x12,  16x07;  [0-1].

As negras gañan. Este foi o 3º xogo do enfrontamento que finalmente resultou decisivo. Os outros tres terminaron en empate.