martes, 31 de decembro de 2013

Solucións a «Mida o seu nivel»


Solución: 1.22-27, 11-07; [Se 1. ... 11-06; 2.18-21, 25x18; 3.27x03, GB.] 2.05-10 e agora se: 

- 2. ... 07-03; 3.27-31, 03x22; 4.31x18, [GB].

- 2. ... 07-04. 3.27-30, 04x21; 4.30x17, [GB].

Aínda que sinxela, unha elegante armadilla anti-promoción. 

* * *


Solución: 1.08-12, 16x03; [Ou se 1. ... 16x07; 2.02-06, 28x01; 3.06x30, EMP.] 2.05-10, *28x01; [Ver a posición no seguinte diagrama] 


3.02-09, 13-10; 4.09-05, 10-06; 5.05-02, [EMP]. Caen os dous peóns.

Un fermoso variábel, dos poucos que existen na categoría de «enunciados con empate». Foi publicado nun blog dedicado a Pool Checkers [modalidade similar ás damas rusas que se xoga nalgunhas zonas dos Estados Unidos] sen indicar o seu autor.

* * *

O GOLPE MÁIS DIFÍCIL DA HISTORIA 


Solución: 1.02-05, 09x02;


2.06-10, 15x06;


3.17-21, 26x17;


4.14-19, 23x05; 5.16x30, 17x10;


6.30-16, 29-26; 7.16-12, 26-21; 8.12-07, 21-17; 9.07-16, [GB].

Un golpe moi similar a este apareceu orixinalmente para ser resolto tanto coas regras das damas rusas, como das brasileiras ou das "Pool" americanas, no libro de Vladimir Kaplan "The Tactics of American Pool Checkers". Na nosa modalidade tiña dobre solución polo que para eliminar este defecto tiven que facer a presente adaptación. Isto non tería nada de excepcional se non existise outra interesante particularidade: Ningún dos actuais programas informáticos existentes no mercado pode descortinar a solución. Por tal motivo é que o catalogamos como o golpe máis difícil da historia.

Tan só tres lectores nos enviaron a solución correcta. Eles foron:

1. Javier Hernando Martínez [Madrid]
2. Alcino Pinto [Portugal]
3. Herminio Moniz [Cabo-Verde].

mércores, 25 de decembro de 2013

Mida o seu nivel



Xa chegou o Nadal. Desde este blog desexamos para todos os nosos lectores boas festas e feliz 2014. Por tal motivo confeccionamos tres tarxetas de felicitación dedicadas especialmente aos damistas. Intente resolver o problema que incluímos en cada unha e así poderá saber cal é a súa. 

  NIVEL: PRINCIPIANTE




NIVEL: AFECCIONADO




NIVEL: EXPERTO


As solucións serán reveladas o primeiro día do ano 2014. Mentres tanto indicaremos que a última proposta resulta terribelmente complicada e moi posibelmente poidamos estar falando do GOLPE MÁIS DIFÍCIL DA HISTORIA. Se vostede consegue resolvelo envíenos a súa resposta ao seguinte correo: quiquerra@gmail.com. Tamén publicaremos unha lista con todos os acertantes.