sábado, 27 de novembro de 2010

Exhibicións de partidas simultáneas

Unha exhibición de partidas simultáneas é un espectáculo no que varios xogadores afeccionados, todos sentados ante unha serie de taboleiros ordenados formando un círculo ou un cadrado, se enfrontan contra un mestre que vai xogando ao mesmo tempo sendas partidas contra cadanseu opoñente.

O número de opoñentes pode ser calquera, pero xeralmente adoita estar entre vinte e corenta, aínda que nalgunha ocasión se teñen superado os dous centos. O exhibidor vai de taboleiro en taboleiro e cando chega diante de cada un, espera que o seu opoñente mova e despois el efectúa a súa xogada. O mestre pode facer unha pequena pausa para pensar, porén habitualmente adoita responder case de forma instantánea.

Ocasionalmente, os grandes mestres ofrecen exhibicións de simultáneas á cega. Neste caso van cos ollos vendados e reciben verbalmente a indicación das xogadas de cada opoñente e contestan do mesmo modo. O procedemento tamén se pode facer a través dun árbitro ou dun intermediario.

Willie Ryan nunha exhibición cos ollos vendados
[Foto de "Checkerworld.com"]

XOGO 1
N. W. Banks vs. J.W. Sullivan e W. F. Ryan vs. J.W. Sullivan
Exhibición de partidas simultáneas

POSICIÓN DESPOIS DE 8.12-16

1.10-14, 21-17 [A]; 2.05-10 [B], 25-21 [C]; 3.01-05, 22-18; 4.14-19 [D], 23x14; 5.10x19, 27-23; 6.06-10, 23x14; 7.10x19, 24-20 [E]; 8.12-16 [F], 17-13; 9.16x23, 13-10; 10.05x14, 26-22; 11.19x26, 28x10; [0-1]

A] Apertura «Diagonal Marxinal» de prognóstico favorable ás brancas.

B] Liña principal na Enciclopedia de Kear, pero quizais é moito máis habitual 2.14-18 traspoñendo á «Partida Bristol» na que se adoita seguir con : 2. ... 22x13; 3.09x18, 23-19; 4.12-15, 19x12; 5.08x15, 28-23; etc.

C] A réplica máis axeitada, coñecida na modalidade angloamericana como a «Ayrshire Lassie». Foi a favorita de James Wyllie e máis recentemente tamén empregada con éxito polo campión norteamericano Don Lafferty.

D] Todo moi coñecido. Outra posibilidade sería 4.12-15, 23-20!; 5.08-12, 27-22!; 6.14-19! Pero non 6.12-16 que perde tras 6. ... 17-13!; 7.16x23, 28x12; 8.10x17, 31-28; 9.07x16, 24-20; [G.N.] tal como nun xogo Miguel Ferramacho vs. Orlando Lopes do 8º Campionato de Lisboa (1955), recollido na «Enciclopedia Damista».

E] Unha liña coa que James Sullivan, un espelido afeccionado de St. Louis, sorprendeu en diferentes ocasións a dous dos mellores xogadores de todos os tempos e grandes especialistas nas exhibicións de partidas simultáneas.

A continuación máis popular aquí é 7. ... 31-27; 8.05-10, que pode ser ben contestada con 8. ... 28-23!; mais non se debe escoller 8. ... 27-23; porque nese caso as brancas seguen con 9.10-13!, 17x10; 10.02-06, 23x19; 11.06x22, 26x19; 12.11x25 [G.B.] un golpe incluído na Guía de Joshua Sturges (1800) que os mestres adoitan empregar para terminar coas ilusións de moitos dos seus inexpertos adversarios.

F] Apropiado era 8.02-06 (recomendada por Dick Fortman en "Basic Checkers" -libro do que copiamos o xogo-), ou incluso 8.05-10; pero curiosamente tanto Banks como Ryan, sen tempo para reflexionar, pican na trampa.


XOGO 2
Prof. Hartshorn vs. Alfred Jordan
Exhibición de partidas simultáneas en Chicago

POSICIÓN DESPOIS DE 11. ... 22-19


1.09-13, 21-17 [A]; 2.05-09, 25-21; 3.02-05, 22-29; 4.12-16 [B], 19-15; 5.11x20, 24x15; 6.07-11, 28-24 [C]; 7.11x20, 24x15; 8.13-18, 21x14; 9.10x28, 32x23; 10.04-07, 26-22 [D]; 11.07-12, 22-19 [E]; 12.09-13, 17x10; 13.05x14, 19x10; 14.12x28, 31x24; 15.06x13, [1-0] [F]

A] Apertura «Dereita Marxinal» de prognóstico favorable ás negras.

B] Nas sesións de simultáneas normalmente os mestres adoitan levar as pezas brancas, pero nesta ocasión Jordan permitiu escoller color ao seu rival. O profesor Hartshorn, era un forte afeccionado, e algo sabía. Para o caso elixe a liña recomendada na Enciclopedia de Kear.

C] Permite a mobilización das pezas do flanco de río das brancas. Mellor é 6. ... 23-19; 7.11x20, 28-24; 8.04-07, 24x15; 9.07-11, 27-22; 10.11x20, 21-18; 11.06-11,19x14; 12.10x19, 22x06; 13.03x10, 26-22; 14.08-12, 32-28; 15.12-15, 29-25; e o xogo vai cara ao empate como sucedeu no enfrontamento Joaquim Bravo vs. Moreira do 2º Campionato oficioso de Portugal en 1977.

D] Un error monumental, do que se escusou Jordan dicindo «Eu nunca puiden xogar ben ás damas cando vai tanta calor».

Na Enciclopedia Damista segue con 10. ... 31-27; 11.09-13, 17x10; 12.05x14 con xogo igualado.

E] Ver o diagrama. Había que resignarse a perder un peón con 11. ... 15-11.

F] A partida foi extraída de «Basic Checkers» e o autor, Richard Forman, non indica se o xogo acabou aquí ou Jordan continuou algo máis. Como a posición non está aínda clarificada imos nós a ofrecer unha posible continuación para as damas clásicas que remata de xeito precioso:

15. ... 27-22; 16.01-05, 29-26; 17.08-12, 26-21; 18.05-10, 21-18; 19.13-17, 22-19; 20.17-21, 18-14; 21.10-13, 14-10; 22.03-06, 10x03; 23.12-15, 03x26; 24.15x29 G.B.

XOGO 3
Artur Gomes vs. un afeccionado
Exhibición de partidas simultáneas a 20 taboleiros en Almada, 1979

1.10-14, 22-19;

Esta é a «Partida Cruzada» definida así debido á dirección seguida no movemento efectuado polas negras. Deixa un oco no flanco do dobre curruncho pero a cambio ocupa unha casa central.

2.05-10 ...

Ao teren as negras ocupado o río non sería tan axeitado o cambio con 2.14-18 para facer un ataque ao dique, pois esa disposición é a mellor forma de loitar contra este tipo de ataque. A xogada branca, precisamente, pretende explotar o exceso de pezas negras na gran diagonal e tenta reducir a súa mobilidade.

2. ... 26-22;

Ten mellor sona o usar a «peza punta» de «27» para tapar o burato. Despois de 2. ... 27-22; as brancas adoitan encadear temporalmente o centro con 3.11-15. Para opoñerse a isto, e en contra da opinión da Enciclopedia Damista, para nós a continuación do texto é unha boa alternativa.

Na liña 2. ... 27-22; unha posible continuación pode ser: 3.11-15, 21-18; 4.14x21, 25x18; 5.10-13, 19-14; 6.13-17, 23-19; 7.01-05, 28-23; 8.06-11, 30-27; 9.03-06, [EMP] [Khalidd vs. Verissimo_D, Ludoteka, 2008].

3.01-05 ...

Natural, aínda que hai quen prefire 3.11-15.

3. ... 23-20;

O habitual é 3. ... 22-18; contra a que a Enciclopedia Damista recomenda 4.12-15, 19x12; 5.08x15, 23-20; 6.14-19 pensando que as brancas adquiren unha gran vantaxe. Mais esa superioridade non é tal.

Se agora se continúa con 6. ... 20-16; 7.10-13, 30-26; 8.13x22, 27x18; 9.11-14, 18x11; 10.07x14, 21-17; 11.05-10 é verdade que a vantaxe das brancas é grande. Isto aconteceu no cuarto xogo do enfrontamento Vaz Vieira vs. Idalino Lopes [28º Campionato de Portugal; Odemira, 2008] no que o gran campión afincando en Coimbra concedeu o empate porque xa ía gañando por 1-0 e con ese resultado vencía na rolda.

Pero pódese optar por 6. ... 28-23; 7.19x28, 32x23; 8.10-14, 27-22; 9.05-10, 31-28; 10.10-13, 21-17; 11.14x21, 25x18; 12.06-10, 29-25; 13.02-06, 25-21; 14.07-12, 20-16; 15.04-08, 16x07, 16.03x12, 23-19; con xogo equilibrado que posteriormente finalizou en empate [Medalha vs. Luis Carvalho, 28º Campionato de Portugal; Odemira, 2008]. Nótese que se agora se continúa coa xudía 17.11-14, 18x02; 18.12-16, 02x20; 19.16x32, 19-15; 20.32-14 as negras igualan con 20. ... 21-18; 21.14x21, 22-18; 22.21x20, 24x15.

Tamén sería unha boa réplica 6. ... 27-23; 7.10-14, 20-16; 8.06-10, 23-20; e as negras non teñen problemas.

4.14x23, 28-19; 5.09-13 ...

Outra opción é: 5.11-14, 31-28; 6.14x23, 28x19; 7.12-15, 19x12; 8.07x23, 27x20; 9.09-13, 21-18; 10.05-09, 32-28; 11. 03-07, 28-23; 12.10-14, 18x11; 13.07x14, 22-19; 14.14-18, 19-14; con lixeira vantaxe negra, como nun xogo Luis Carvalho vs. Vaz Vieira do 21º Campionato de Portugal disputado en Charneca da Caparica e Setúbal no 2001, que rematou cun posterior empate.

Ou tamén 5.12-15, 19x12; 6.07x23, 27x20; 7.10-14, 32-28; 8.08-12, 28-23; 9.12-15, 21-18; 10.14x21, 25x18; 11.05-10, 20-16; 12.15-20, 24x15; 13.11x27, 30x23; 14.03-07, 31-27; 15.10-14, 18x11; 16.06x15, 23-19; 17.15-20, 19-15; 18.07-11, 15x06; 19.02x11, 22-19; 20.20-24, 16-12; 21.24-28, 12-07; 22.28-31, 07-03; 23.31x08, 03-07; 24.11-15, 07-11; 25.15-19 EMP. [Veríssimo Dias vs. Victor Oliveira, 28º Campionato de Portugal; Odemira, 2008]

5. ... 20-15; 6.11x20, 24x15; 7.13-17, 32-28; 8.17x26, 30x21; 9.12-16, 28-23;

Parece natural pero vai resultar fatal. Correcto sería 9. ... 21-18; ameazando con infiltrarse pola casa 14.

10.07-12, 21-17; 11.05-09 ...

Artur, varias veces campión de Almada e campión portugués na modalidade por equipos, ve agora a posibilidade de lucirse e prepara unha astuta trampa. Mais con todo, era moito máis forte 11.04-07, 31-28; [Se 11. ... 29-26; 12.07-11, 22-08; 13.11x20, 18-13; 14.20-24, 13-09; 15.12-15, 19x12; 16.08x15, G.B. pois se 16. ... 26-22; 17.10-14, 22-18; 18.14x21, 25x18; 19.15-20 e agora 18-14 contéstase coa fermosa continuación 20.24-28 seguido de 21.06-11 para facer un salto triplo] 12.07-11, 28-24; 13.11x20, 24x15; 14.05-09, e grazas á ameaza 10-14, G.B.

11. ... 22-18;

Caen na trampa. As negras tiñan que seguir con 11. ... 25-21; aínda que despois de 12.04-07 as brancas conservan unha mínima vantaxe.

BRANCAS XOGAN E GAÑAN

12.09-13 ...

O comezo dunha fermosísima combinación, imitando un coñecido problema do ruso Petrov, que á súa vez copiou ao autor clásico Juan García Canalejas.

12. ... 18x09; 13.10-14, 19x10; 14.12x28, 31x24; 15.06x13, 17x10; 16.03-06, 10x03; 17.02-05, 09x02;

Formidable. Nin máis nin menos ca unha dobre xudía!

18.04-07 ...

E agora o remate co tema en escada.

18. ... 03x12; 19.08x15, 02x20; 20.16x30 [1-0]

As negras están perdidas. Como xa demostou Juan García Canalejas, agora teñen que entregar un peón e a dama cunha manobra en "v" para facilmente os outros dous.

[Xogo publicado sen os comentarios en "Diário" do 19/5/1979 e posteriormente na Enciclopedia Damista]

domingo, 21 de novembro de 2010

Un célebre xogo de Cantalapiedra

Víctor Cantalapiedra Martín
[Foto da web de G. Westerveld]
Ofrecemos hoxe un xogo disputado entre dous dos asiduos ao «Cleto Domínguez», un torneo que se celebraba no «Café Ideal Nacional» de Valladolid nos anos sesenta. Agás na edición de 1966 gañada por Irineo Vecino, sempre foi Víctor Cantalapiedra o seu brillante vencedor.
Pinacho vs. Víctor Cantalapiedra
Valladolid, febreiro de 1970

1.10-14, 23-19;

A apertura «Diagonal Ortodoxa» orixe da popular «Partida do Río».
Para complementar o estudo, o lector pode consultar o "post" do 15/5/2010 titulado "Un xogo na Ludoteka".

2.14x23, 28x19;

A captura apropiada gañando espazo e loitando directamente pola preponderancia no centro do taboleiro.

3.05-10 ...

Lóxica continuación despois de ter aberto o camiño.

3. ... 32-28;

Levando pezas á fronte para fortalecer a súa estrutura.

4.01-05 ...

As brancas tamén achegan a súa peza máis afastada. Para moitos xogadores esta rápida mobilización ten un importante inconveniente; pois permite unha dobre troca con 4. ... 19-15 derivando así a posicións con tendencia ao empate. Por contra, 4.12-16 entrando na extraordinaria «Lateral Esquerda» eleva notablemente as posibilidades de vitoria.

4. ... 28-23;

As negras compactan as súas pezas. Se non lles interesa o empate, esta é a continuación máis combativa.

5.09-13 ...

Con idea de instalarse en «17» buscando gañar espazo no flanco para despois premer o centro das negras.

5. ... 21-18;

Naturalmente, as negras poden impedir o plan branco con 5. ... 21-17 entrando na «Contra Lateral Dereita». Neste caso, se agora o primeiro xogador escolle a «Variante do Centro» 6.11-14, débese contestar con 6. ... 24-20, mais se as negras xogan 6. ... 25-21 ou 6. ... 26-21 caen no famoso «Salto do peixe», un bonito golpe ideado por Pedro Ruíz Montero que xorde tras 7.14-18, 21x14; 8.13-18, 22x13; 9.12-15, 19x12; 10.10x28 [G.B.]

6.13-17 ...

Así queda configurada a «Lateral Dereita», unha liña á que o Dr. Orlando Lopes (OAL) lle asignou este nome debido ao desprazamento que o peón fai nese flanco do taboleiro.

6. ... 18-14;

Unha permuta con intención de gañar espazo para dispoñer de máis mobilidade para as súas pezas. Esta é a «Defensa de Garcez» publicada por primeira vez en 1684 por este célebre tratadista aragonés.

As negras tamén teñen á súa disposición outras dúas moi coñecidas continuacións: a «Defensa Ortodoxa» 6. ... 25-21 e a «Defensa Orixinal» 6. ... 18-13. Nesta última pódense ver perfectamente as intencións do plan das brancas: 7.11-15, 13-09; 8.10-13, 25-21; 9.05-10 e agora as negras deben mover con coidado, pois se por exemplo continúan coa natural 9. ... 21-18; perden irremisiblemente despois de 10.06-11 ao quedaren co centro paralizado. O propio Víctor Cantalapiedra derrotou a Antonio Pérez (Torrevieja, 1993) tras 10. ... 29-25; 11.12-16, 19x12; 12.08x15, 25-21; 13.10-14, 23-20; 14.16x23, 27x20; 15.15-19 [1-0].

7.11x18, 22x13; 8.07-11 ...

A continuación clásica, axuda no control do centro esperando acontecementos. O ataque ao peón 8.09-13, é contestado con 8. ... 24-20; seguido de 26-21 producindo un desbarato que impide ás brancas albiscar calquera posibilidade de vitoria.

As preferencias actuais recaen en 8.12-15, liña inglesa recomendada na Guía de Sturges (1800) pero tamén é xogable 8.12-16 traspoñendo á «Partida Bilateral».

8. ... 13-09;

A mellor réplica.

9.10-13 ...

Outra posibilidade é 9.12-15 entrando na que nós denominamos como «Variante da Rolla», continuación posta de moda por Medalha, Veríssimo e outros xogadores do círculo damista de Almada, localidade cercana a Lisboa e famosa pola súa produción de cortizas de sobreira coas que se fan as rollas.

9. ... 27-22; 10.05-10, 25-21;

Este é o tradicional seguimento que adoita vir nos libros clásicos, unha materia na que Víctor Cantalapiedra é un auténtico erudito e da que ten feito innumerables correccións e aditamentos en xornais e revistas.

11.11-14 ...

O lance apuntado por Garcez, lóxico a primeira vista; pero que a actual teoría rexeita de plano. Acertado era seguir con 11.04-07 proposto por Sena Carneiro.

11. ... 24-20!; 12.12-16 ...

Considerada como moi forte polo propio Garcez, pero perdedora segundo a moderna teoría.

Sena Carneiro propón na Enciclopedia Damista 12.06-10 como única para empate, pero pode que nin esta xogada salve ás negras.

12. ... 19-15!!;

A xogada decisiva que refuta as análises de Garcez.

13.03-07 ...

XOGAN AS NEGRAS E GAÑAN

Xa non había defensa. Se 13.04-07 pódese aplicar un golpe similar ao desta partida tal como ocorreu nun xogo Joao Moura Jacinto vs. Joao Amadeu (Lisboa, 1943). Ou se 13.13-18 (para evitar as xudías), 22x13; 14.03-07!, 15-11; 15.06x24, 13x06; 16.02x11, 09-05 e segundo o Tratado da Enciclopedia Damista as negras sempre gañan. Por exemplo:

a) 17.11-15, *21-18; 18.14x21, 05-02; seguido de 29-25 G.N. [Sena Carneiro]

b) 17.07-12, 23-20!; [a Enciclopedia Damista aconsella 17. ... 21-18; 18.14x21, 05-02; 19.11-14, 02-11; pero non se apercibe de que as brancas teñen unha boa defensa con 20. ... 23-19 EMP.] 18.16x23, 05-01 G.N.

c) 17.14-18, 21x14; 18.11x18, 05-02 G.N. [Sena Carneiro]

d) 17.08-12, 23-19! [mellor que 17. ... 21-18 aconsellado na E.D.] 18.14x23, 05-01 G.N.

e) 17.14-19, 23x14; 18.11x25, 05-01; 19.16-20, 26-21; 20.17x26, 30x21; 21.07-11, 21-17; 22.08-12, 17-13 e indo a dama G.N. [Sena Carneiro]

13. ... 21-18;

Aínda que pensando que só daba empate este golpe foi primeiramente presentado por Henrique da Cunha en 1939 no seu tratado publicado como suplemento da Revista Portuguesa de Damas.

14.14x21, 09-05; 15.02x09, 23-19; 16.16x23, 31-28; 17.23x32, 29-25; 18.32x14, 25x02; [0-1]

Podería seguir 19.10-14, 02-05!: 20.13-18, *05x19 (xogada coa que Víctor Cantalapiedra corrixe ao coñecido tratadista portugués no Jornal de Almada do 20/10/1970); 21.18x27, 30x23; 22.09-13, 19-14; 23.07-12, 15-11; 24.12-15, 14-25; 25.08-12, 11-06; [G.N.]

[Os movementos deste xogo pode que non estean presentados na orde exacta, porque foron deducidos a partir do diagrama que foi publicado no volume de "Meio do xogo" da Enciclopedia Damista e anteriormente no xornal "Avante" do 5/12/1985].

sábado, 13 de novembro de 2010

O coñecemento é poder

Por moito talento que se teña, nunca se pode chegar a ser un bo xogador sen dedicarlle horas ao estudo. Todas as fases do xogo son realmente importantes e a todas hai que prestarlle a súa debida atención. Hoxe imos tratar de "golpes" e para iso escollemos dous xogos que rematan con cadanseu.
Un golpe é unha manobra enxeñosa e inesperada que permite alcanzar de xeito forzado un decisivo beneficio. Sempre aparecen tras unha mala xogada do rival que, comunmente á primeira vista, non semella como tal.
A temática dos golpes que imos presentar está estreitamente relacionada coa proposta que faciamos na anterior entrada dedicada ao gran campión Marion Tinsley. Despois do seu estudo, seguro que o lector vai comprender o porqué da elucidativa frase: "O coñecemento é poder" tantas veces repetida por este lendario xogador e, tamén, o motivo polo que foron estes os exemplos escollidos.

GOLPE Nº 1

Rafael Húngaro vs. Víctor Cantalapiedra
Torrevieja (Alacante), 1993
1.10-14, 22-18;

Apertura «Diagonal Vertente», a máis xogada despois de 1. ... 23-19 que daría lugar á «Partida do Río».

2.05-10 ...

Despois de efectuar a mellor saída posible, as brancas continúan acertadamente mobilizando as súas pezas cara ao centro. 2.12-15 coa mesma idea tamén é saudable.

2. ... 23-20;

En lugar de loitar de forma directa, a idea das negras é permitir ao rival ocupar as casiñas do medio do taboleiro para cercalo con movementos laterais que dificulten a posterior mobilidade desas pezas brancas.

3.01-05 ...

Continuando co tradicional desenvolvemento dos peóns da gran diagonal, unha das recomendacións estratéxicas máis acertadas. Ao igual que na anterior, esta xogada adóitase alternar con 12-15 polo que moitas veces só supón unha simple transposición.

Tanto 3.02-05 formando a «Partida Alma», como 3.10-13 que constitúe a «Partida Escocesa», tamén son fortes continuacións.

3. ... 20-16;

As negras seguen co seu plan intentando reducir espazo no flanco para obrigar ás brancas a ocupar o centro. Igualmente deste xeito tamén se impide que as brancas entren na «Partida Clásica», ben coñecida dos lectores deste Blog por térmola estudado en anteriores posts.

4.12-15, 27-22; 5.14-19, 21-17;

Novamente unha xogada lateral para evitar que as brancas gañen espazo realizando permutas. Así despois de 6.10-14 as negras poden tapar con 25-21 evitando o cambio liberador.

6.11-14 ...

Unha típica fuga coa que as brancas rexeitan entrar na coñecidísima «Partida Española» que se formaría despois de 6.10-14, 25-21; 7.05-10, e na que agora as negras teñen como mellor 7. ... 30-27; chegándose así á famosa «encrucillada». A verdadeira fortaleza da formación negra foi descuberta por Juan García Canalejas cando demostrou no seu tratado (1650) que a idea orixinal desta partida, que consistía en crear o espazo liberador no flanco esquerdo con 8.07-12, 16x07; 9.03x12, 27-23; 10.12-16, fracasaba debido ao que para moitos constitúe o máis célebre golpe da historia damista: 10. ... 23-20; 11.16x23, 17-13; 12.10x17, 24-20; 13.15x24, 22x15; 14.11x20, 28x03 G.N.

6. ... 18x11; 7.07x14, 25-21;

Tamén se podía optar por 7. … 22-18; 8.14x21, 25x18; 9.03-07, 31-27; 10.10-14, 18x11; 11.07x14, 28-23; 12.19x28, 32x23; 13.15-19, 23-20; 14.05-10 con igualdade. Agora sería un erro o intento de promoción con 14.19-23, pois seguiría 16-12! (remate similar ao da «Manobra de Timoneda») 15.08x15, 20x11; 16.06x15, 27x11 e as negras gañan.

A continuación escollida por Cantalapiedra resulta sumamente interesante, sobre todo pola trampa que prepara.

8.09-13 ...
XOGAN NEGRAS E GAÑAN

As brancas, conducidas por un dos mellores xogadores levantinos, non prestan a debida atención, e pican na trampa.

Unha continuación adecuada podería ser 8.14-18, 21x14; 9.08-12, 16x07; 10.04x27, 30x14; 11.10x19, 28-23; 12.19x28, 32x23; con posición equilibrada, como nun enfrontamento Marion Tinsley vs. Leo Levitt do Torneo Nacional dos Estados Unidos do 1950.

8. … 22-18!;

Víctor Cantalapiedra tiña por costume o pasar as súas vacacións estivais en Torrevieja. Así que os mellores damistas daquela zona non desaproveitaban a ocasión de achegarse a esa cidade para enfrontarse co famoso mestre valisoletano. Para deleite de todos, nesta ocasión o máis emblemático xogador español dos últimos tempos tivo a oportunidade de aplicar este simpático golpe.

Mais é xusto recoñecer que a súa autoría pertence ao inglés William Hay que o publicou na revista "The Draughts Player" no 1862 e que Cantalapiedra debía coñecer porque tamén foi incluído na Enciclopedia Damista no tomo de "Golpes, Armadilhas e Manobras".

9.13x22, 17-13; 10.10x17, 28-23; 11.19x28, 26x01; 12.17x26, 29x22; 13.06-10, 01x12; 14.08x15, 32x23; [0-1]

[Este e outros xogos de Víctor Cantalapiedra foron publicados pola Revista Internacional de Damas, Nº4 do ano 1993. Os comentarios que aquí incluímos son exclusivos de "Tres e Dama"].

***

GOLPE Nº 2

Joseph C. Brown vs. R. Holmes
7º Torneo Nacional Escocés, 1899

XOGAN NEGRAS E GAÑAN


1.10-14, 24-20 [A]; 2.12-16 [B], 28-24; 3.05-10 [C], 20-15; 4.11x20, 24x15; 5.07-11, 23-20; 6.16x23, 27x20; 7.14-19, 21-17; 8.11-14 [D], 25-21; 9.03-07, 32-28; 10.09-13 [E], 22-18; 11.13x22, 17-13; 12.10x17, 28-23; 13.19x28, 26x03; [0-1]

A]
«Apertura Diagonal Límite» de prognóstico favorable ás brancas.

B] A mellor continuación formando a «Partida Heroica».

C] Unha liña que xa temos analizado moi polo miúdo neste Blog.

D] Aquí varia da continuación 8.03-07, que foi a escollida no noso estudo.

E] O erro que permite o golpe. Con 10.01-05 ou 10.19-23 as brancas están ben.


*********************************************************

SOLUCIÓN DA PROPOSTA

«COMBINE COMO TINSLEY»

O pasado martes deixamos no aire un pequeno reto para que os lectores resolvesen. Tratábase de encontrar como o gran Tinsley rematou un dos xogos do Mundial de 1978 contra o seu rival e amigo Elbert Lowder.

Despois das pistas que hoxe temos ofrecido, case sobraba o amosar a solución. Porén para o caso tamén está ben o sabermos en que punto as negras depuxeron as armas.

11. ... 22-18; 12.13x22, 17-13; 13.10x17, 28-23; 14.19x28, 26x03; [0-1] Aquí Lowder aceptou a evidencia e detivo o reloxo en sinal de rendición.

martes, 9 de novembro de 2010

O mítico campión Marion Tinsley

Marion F. Tinsley naceu en Irontown (Ohaio, EEUU) no ano 1927 e aprendeu a xogar ás damas (modalidade anglo-americana) estudando en dous libros que atopou na biblioteca pública cando contaba con catorce anos. Foi profesor universitario de matemáticas, a profesión que lle serviu para gañar a vida. Os beneficios que lle proporcionaron as damas foron máis ben espirituais. Únicamente cando aínda era un estudante, as exhibicións de partidas simultáneas á cega lle valeron para poder dispor dalgúns cartos de peto.
Preparouse minuciosamente lendo e analizando todo canto se publicaba. Segundo contou unha vez, dedicándolle oito horas diarias durante cinco días á semana conseguiu gravar a fogo o taboleiro na súa mente.


M. Tinsley no ano 1994
[foto da web de Chinook]
Apoiado pola súa memoria prodixiosa que lle permitía recordar infinidade de xogos teóricos e grazas a súa portentosa profundidade de cálculo e a súa creatividade conseguiu demostrar un absoluto dominio sobre os seus adversarios. Por este motivo está considerado como o mellor xogador da historia. Obstenta un palmarés inimitable: disputou 1576 xogos de competición, gañando 449 e perdendo unicamente 22. É máis, no período que seguiu a súa accidental eliminación no Torneo Nacional de Paxton (1950), gañou todos os matches e torneos nos que participou, con excepción do seu derradeiro Nacional (1994) no que quedou terceiro, pero imbatido e empatado a puntos cos dous primeiros clasificados. A partir daquel fatídico torneo, só caeu en 9 xogos (dous deles contra o programa informático Chinook). Adxudicouse 6 Torneos Nacionais e 8 matches polo Campionato do Mundo, derrotando entre outros ao formidable Walter Helman e ao extraordinario Asa Long. Precisamente este último foi o seu mentor nos anos corenta. Nese tempo Long e Tinsley chegaron a disputar uns 200 xogos de adestramento e o noso biografiado remarcou que estaba «camiñando polo aire» cando alcanzou a súa primeira vitoria.
Despois de derrotar ao inglés Derek Oldbury en 1958, retirouse das competicións. Regresou doce anos máis tarde debido á insistencia do seu amigo Don Lafferty –grandísimo xogador e bebedor empedernido- que tivo que prometerlle que ía deixar a bebida.

En 1992, xa retirado do ensino e dedicado como ministro da Igrexa Evanxélica a explicar a Biblia, bateu ao potentísimo ordenador Chinook nun encontro disputado en Londres no que tivo que soportar graves problemas de insomnio durante a primeira semana. Nunha entrevista posterior a súa extraordinarla vitoria declarou con profundo fervor «os humanos programaron o ordenador pero Deus programoume a min».

Posteriormente, no 1994 disputou outro match contra unha nova versión do mesmo programa (5 veces máis forte). Cando ían disputados 6 xogos todos rematados en empate, tivo que abandonar o reto por problemas de saúde. Pouco despois foi diagnosticado de cancro e sete meses máis tarde, en abril do ano 1995, deixounos para sempre.

Deseguido unha mostra do seu estilo:

V. Vigman vs. Marion Tinsley
37º Torneo Nacional dos Estados Unidos.
Tupelo (Massachusetts), 1990
1.11-15 ...

Desprazando unha peza do flanco máis débil cara ao costado. Desde logo non é a mellor forma de empezar o xogo. De todas as posibles saídas só son máis frouxas as que moven peóns laterais 1.09-13 ou 1.12-16.

1. ... 23-19; 

Constituíndo a apertura «Oblicua Ortodoxa» que dá xogo máis ou menos equilibrado. A teoría considera mellor 1. ... 21-18; xa que se as brancas agora seguen con 2.10-14 deixan moi debilitado o seu franco esquerdo. Con todo, quizás sexa un pouco máis forte  1. ... 23-20, que practicamente obriga a tapar coa «peza punta» e desfacer así o pequeno triangulo defensivo formado polos peóns «27», «30» e «31», pois calquera das trocas favorece aínda máis o xogo das negras.

2.07-11 …
 
De tratarse dun evento con apertura libre ou coa restrición dos dous primeiros lances, agora a mellor réplica sería 2.10-14 eliminando o peón centralizado. Pero este Torneo xogábase con apertura sorteada a tres lances, unha norma que nos Estados Unidos empregouse por primeira vez no ano 1934 con motivo do 8º Campionato Nacional.

Nótese que a esta mesma posición tamén se chega nunha liña irregular da Partida Paralela con: 1.12-15, 23-19; 2.07-12.

2. ... 28-23;

A mellor xogada apresurándose a consolidar o centro.

3.10-14 ...

O seguimento máis habitual pero non tan bo como se fose feito unha xogada antes.

A continuación 3.09-13 é ben contestada coa famosa 3. ... 21-17, entrando nunha controvertida partida coñecida no xogo anglo-americano como a «White Doctor» (“white” significa “branco” e cómpre lembrar que nesa modalidade comezan movendo as negras, levando o segundo xogador as pezas brancas).

3. ... 19x10; 4.05x14, 32-28;

Interesante lance de espera. Digna de destaque tamén é a continuación con 4. ... 23-20; iniciando o ataque polo debilitado flanco do rival, tal como fixo no 1º Campionato oficioso de Portugal (1957) Adelino Ribeiro (campión de Porto) contra o Dr. OAL (Orlando Augusto Lopes o campión de Lisboa e gañador do torneo) que conducía as fichas brancas.

Por suposto, se o desexan as negras poden entrar na tablífera «Partida Anderson» (coas cores revertidas) xogando 4. ... 21-18; 5.14x21, 25x18.

5.12-16 ...

Impide o ataque no flanco. Porén as negras tamén dispoñen doutros plans:

a) 5.04-07 (para consolidar un pouco a ala esquerda) 21-17; 6.06-10, 23-20; 7.02-06, 25-21; 8.15-19, 22x15; 9.12x19, 20-15; 1011x20, 24x15; con xogo igualado como no 6º xogo do match polo Campionato Mundial de 2005 entre Ron King e Alex Moiseyev.

b) 5.06-10 (impedindo a dobre troca tras 22-19) 23-20; 6.12-16, ... (mellor que 6.01-05, 28-23!; 7.03-06, 20-16 xogado en José Luis Guerra vs. Veríssimo Dias; 11º Cto. Portugal en Almada, 1991) 28-23; 7.04-07, 21-18; 8.14x21, 26x17; tamén con equilibrio.

5. ... 22-19;

Provocando unha chea de fendas na estrutura branca e abrindo paso para a mobilización das fichas do «río».

6.15x22, 26x10; 7. 06x13, 23-19;

Co camiño aberto segue a lóxica centralización.

8.08-12 ...

Compromete o xogo. Aínda que as brancas non están nunha posición moi saudable, era preferible a eliminación da ficha central negra con 8.11-15, 19x12; 9.08x15, 28-23; 10.01-05, 23-20; 11.16x23, 27x11; 12.05-10, 24-20; 13.03-07, 21-17; 14.07x14, 20-15; 15.14-19, e agora a «Enciclopedia Damista» do portugués Sena Carneiro dá estas dúas opcións:

a) 15. ... 15-11; 16.13-18, 25-21; 17. 18x25, 31-27; 18.10-14, 27-22; 19.19x26, 30x21; 20.14-19, 11-07; 21.04x11, 17-13; EMP.

b) 15. ... 29-26; 16.04-07, 31-27; 17.07-11,15x06; 18.02x11, 26-22; 19.19x26, 30x21; 20.11-15, 27-23; 21.10-14, 17x10; 22.15-19, 23-20; 23.19-23, 20-25; 24.23-28, 10-05; 25.28-32, 21-17; 26.14-18, 05-01; 27.18-22, 15-11; 28.22-26, 11-06; 29.26-30, 06-03 EMP.

8. ... 28-23; 9.11-15 ...


POSICIÓN DESPOIS DE 9. 11-15
 
9. ... 27-22!

Igual que nas clásicas obras da modalidade anglo-americana, a enciclopedia portuguesa só indica: 9. ... 30-26; que tras 10.15x22, 26x19; 11.03-06, 27-22; 12.13-17, 21-18; permite manter a vantaxe. Pero Tinsley, cunha memoria e creatividade portentosas, tiña perfectamente estudadas todas as liñas publicadas e aquí aplica unha importante mellora.

10.04-08 ...

Perde, aínda que pode que as negras xa non teñan solución. Tras 10.13-17 ou 10.01-05 é moi forte 21-18.

10. ... 21-18; 11.02-06 ...

Se 11.01-05 ou 11.13-17, segue 18-14 e G.N.
Se 11.02-05, 31-27 G.N.
Se 11.03-07, 25-21; 12.02-05 (12.13-17, 23-20) 31-17; G.N.
Ou se 11.03-06, 23-20; 12.16x23, 31-28; 13.23x32, 29-26; 14.32x21, 26x03 G.N.

11. ... 25-21; 12.13-17 ...

Había que impedir 21-17, pero ...


XOGAN AS NEGRAS E GAÑAN
 

12. ... 23-20; [0-1]

Marion saca da manga un bonito lance que lle permite gañar un tempo e a Vigman non lle quedou máis remedio que abandonar.

Efectivamente as negras están perdidas en ambas as dúas modalidades. No noso xogo podería seguir: 13.17x26 ... (moito peor é 13.16x23, por 31-27 seguido de 27x02 gañando fácil) 20x02; 14.12-15, 19x12; 15.08x15, 30x21; 16.03-07, 02x20; 17.16x23, 22-19; 18.23-18, 21-17; 19.07-12, 24-20; 20.12-16, 31x24; 21.16x23, 19-14; 22.23-28, 14-11; 23.28-32, 11-06; 24.01-05, 06-03 G.N.

*********************************************************************************

COMBINE COMO TINSLEY

XOGAN AS NEGRAS E GAÑAN

A posición que se amosa no diagrama de arriba corresponde ao xogo Nº17 do Match polo Campionato do Mundo (1979) entre Elbert Lowder e Marion Tinsley celebrado en Petal (Misisipí). Correspondíalle ás negras realizar a súa undécima xogada e non desaproveitaron a ocasión para sorprender cun bonito golpe. Pode o amigo lector descubrir a secuencia de xogadas coas que rematou Tinsley este xogo?

luns, 1 de novembro de 2010

O Torneo Escocés. Tempos dourados

Campionato de Escocia

O preciado trofeo
[Foto de "Museum of Checkers History"]

Aínda que xa antes foran editados algúns libros, foi no segundo terzo do século XIX a raíz da publicación dos traballos de Andrew Anderson —o máis forte xogador do seu tempo— e de John Drummond cando o xogo comezou a popularizarse nas Illas Británicas. Pero a grande eclosión das «draughts», que é o nome polo que alí se coñece o xogo de damas, está xeralmente asociada con James Wyllie. Este formidable xogador paseou o seu saber por todos os lugares do planeta onde puidera atopar un adversario. Viaxou por todo o Reino Unido, América e Australia alcanzando un enorme éxito no seus enfrontamentos individúais e tamén nas exhibicións de partidas simultáneas. Fíxose tan famoso que en Escocia, a súa terra natal, converteuse nun ídolo de masas e grazas a el foron moitas as persoas que se afeccionaron ao noso xogo. Así non é de estrañar que durante aqueles anos da segunda metade so século XIX, animados polos éxitos do mestre, xurdisen montóns de xogadores que converteron a Escocia no principal referente mundial a nivel damista. Entre eles podemos mencionar a James Ferrie (que gañou o Campionato do Mundo ao derrotar a un xa veterano Wyllie no ano 1984), Richard Jordan (campión mundial tras arrebatar o título a Ferrie no 1986), Robert Stewart (outro que ostentou o título máximo tras gañar ao americano Banks no 1922), George Buchanan (3 veces campión nacional) ou James Searight. Estes xogadores, coñecidos como os «cinco grandes» foron os auténticos protagonistas do célebre «1º Match Internacional» no que o equipo británico esnaquizou aos americanos en Boston no ano 1905.

R. Jordan vs. J. Ferrie (match de 1896)

[Foto de "Museum of Checkers History"]

Desde 1893 baixo os auspicios da Asociación Escocesa de Damas (S.D.A.) todos os anos celébrase no mes de xaneiro o Campionato Escocés de Damas (Scottish Draughts Championship). Pola tremenda expectación que espertaron, as súas primeiras 20 edicións constituíron o que se pode considerar como a época dourada. Polo xeral case sempre se inscribían os mellores xogadores do país, pero tras as prematuras desaparicións de George Buchanan e Richard Jordan, a emigración a Estados Unidos de Hugh Henderson (subcampión en 1905) e de Alfred Jordan (un inglés que gañou a edición de 1912) e as incomparecencias dalgúns dos xogadores de renome, a competición foi perdendo o seu interese.

O pentacampión Robert Stewart

[Foto de Museum of Checkers History]

Por aqueles tempos este Torneo disputábase polo sistema de eliminatorias con partidas de seis xogos (ás veces algún máis se fixese falta desempatar). As partidas tiñan lugar na Casa do Concello en Glasgow e os premios eran de 20£ para o primeiro clasificado, 10£ para o segundo, 6£ para o terceiro e 4£ para o cuarto. Os xogadores que perdían a eliminatoria de cuartos cobraban 1£ cada un.
O primeiro Torneo (1893) foi gañado por William Bryden, contra prognóstico. Jimmy Ferrie gañou en seis ocasións (anos 1897, 1903, 1904, 1908, 1911 e 1913), Robert Stewart venceu en cinco (1894, 1895, 1900, 1901 e 1902), o «Neno» Buchanan firmou un «hat treak» (vitorias en 1905, 1906 e 1907), Harry Freeman logrou dúas vitorias (1998 e 1999) e o mítico Richard Jordan que tan só participou en dúas ocasións gañou en 1906 sendo eliminado na segunda rolda do 1983 por Stewart, no que foi o único fracaso da súa carreira.
Un interesante feito tivo lugar na sétima edición (1899) coa presentación dun paraugas que levaba escrita unha inscrición que dicía: «Presentado a James Wyllie (Herd Laddie) polos seus amigos en admiración pola súa participación no Campionato Escocés de Damas, con 81 anos. Glasgow, 10 de xaneiro do 1989». O «Herd Laddie» (apelativo co que se coñecía a Wyllie e que se pode traducir como o «Pastor»), xa coa saúde moi debilitada, quedou eliminado na primeira rolda por H. Freedman (gañador do Torneo). Tres meses despois, o mundo recibiu a triste noticia so seu falecemento.

Deseguido imos relembrar algún daqueles xogos dos tempos dourados do "Campionato Escocés".

R. Holmes vs. James Ferrie
« 6º Torneo Escocés» Glasgow, 1898

XOGAN NEGRAS E GAÑAN


1.12-16, 23-19 [A]; 2.11-14 [B], 19-15; 3.14-18 [C], 21x14; 4.10x19, 27-23 [D]; 5.06-10, 23x14; 6.10x19, 25-21; 7.02-06, 22-18; 8.05-10, 18-14; 9.01-05, 21-17; 10.07-11, 14x11; 11.04x20, 24x15; 12.10-14, 31-27; 13.05-10, 27-23; 14.10-13 [E], 17x10; 15. 06x13 [F], 23-20; 16.16x23, 26-22; 17.19-26, 28x10; [0-1]
A] “Apertura Edimburgo Ortodoxa” con prognóstico favorable ás negras. Tamén se coñece como a "Esquerda Ortodoxa".
B] Continuación de Hugh Henderson que ten por idea contrarrestar o dominio que a peza «19» exerce no centro. Tamén ten os seus partidarios a opción 2.09-13 que se adoita continuar con 21-17; 3.05-09, 25-21; e agora 4.11-14 ou 4.01-05. Son inferiores 2.10-14 (que pode ser ben contestada co cambio en "15"), ou 2.07-12 (que retrasa en demasía a loita polo centro).
C] A recomendación do tratado de Kear. Era o lance que ostentaba as preferencias dos xogadores daquela época.
A continuación 3.10-13 con idea de ocupar a casa «18», foi bautizada como a «defensa moderna», aínda que tamén xa era coñecida naquel tempo. Gus Heffner —no seu libro dedicado ao 2º Match Internacional de 1927— comenta que lle parece máis débil, unha opinión que compartimos.
Nun recente xogo disputado na Ludoteka en maio deste ano, entre Aadil e Verissimo_D, as brancas escolleron 3.14-19 ao que seguiu 28-23; 4.19x28, 32x23; 5.07-12, 23-19; 6.10-14, 19x10; 7.05x14, 21-18; 8.14x21, 25x18; 9.12x19, 22x15; 10.06-11, 15x06; 11.02x11, 26-22; 12.01-05, 22-19; 13.11-15, 19x12; 14.08x15, 27-23; 15.04-07, 30-26; 16.05-10, 23-19; 17.15x19, 26x19; 18.10-13, 18-14; 19.07-11, 14x07; 20.03x12, 19-14; 21.12-15, 14-10; 22.13-18, 10-05; 23.18-21, 05-01; 24.09-13, 01-10; 25.13-17, 10-14; 26.21-25, 14-10; 27.16-20, 31-27; [0-1]
D] O tradicional ataque. Unha boa alternativa é 4. ... 25-21; ao que pode seguir 5.05-10, 21-18; 6.01-05, 28-23; 7.19x28, 32x23; 8.07-12, 23-19; como foi xogado entre Adelino Ribeiro e o Dr OAL no 1º Campionato oficioso de Portugal celebrado en Lisboa no ano 1957.
E] Tanto 14.09-13 como 14.03-07 perden con golpes similares tras 23-20 e 15-12 ou 15-11 respectivamente. Era obrigado defenderse co sacrificio 14.19-22, 26x19; 15.09-13, 30-26; 16.13-18, 17-13; 17.10x17, 19x10; 18.06x13, 29-15; 19.18-22, 26x19; 20.13-18, 19-14; 21.18-22, 14-10; 22.22-27, 10-05; 23.17-21!! [EMP].
F] Agora as negras, coa vez, xogan e gañan. [ver diagrama].
* * * * *

George Buchanan vs. James Moir
« 9º Torneo Escocés» Glasgow, 1901

XOGAN BRANCAS E GAÑAN


1.11-15, 22-18 [A]; 2.06-11, 27-22 [B]; 3.10-14, 31-27 [C]; 4.05-10, 23-19 [D]; 5.14x23, 28x19; 6.10-13 [E], 32-28 [F]; 7.11-14 [G], 19x10; 8.15-19, [1-0]
A] “Apertura Oblicua Vertente” con prognóstico igualado.
B] A máis xogada. No tratado de Kear aconsella como mellor 2. ... 18-14, pero en damas clásicas, tras os cambios segue unha nova troca con 05-10 e a posición queda claramente equilibrada.
C] Outras posibilidades son 3. ... 21-17 ou 3. ... 23-19. Se 3. ... 23-20; pode seguir 4.12-16 ou 4.05-10, 20-16; 5.03-06, 28-23; traspoñendo á «Partida Clásica».
D] 4. ... 21-17; 5.14x21, 25x18; 6.10-14, 29-25; 7.14x21, 25x18; xogouse no 7º Campionato de Portugal en 1987 no enfrontamento entre Leandro Lopes e Victor Sequeira. Tras 8.01-05 as brancas están un pouco mellor.
E] Impide 6. ... 21-17 por 7.02-05 G.B. e tamén os avances ao cadro «14» con calquera dos peóns.
F] Perde [Ver diagrama]. Era única a contestación 6. ... 27-23, aínda que as brancas conservan unha apreciable vantaxe despois de 7.01-05, 32-28; 8.13-17, 30-27; 9.12-16, 19x12; 10.08x15, 23-19; 11.05-10, 19x12; 12.10-14 coa ameaza de xudía con 09-13.
G] E despois do erro do rival, Buchanan aproveita para lucirse con esta pequena combinación que xa tiñamos publicado no Blog «Taboleiro e Tapete».

* * * * *

George Buchanan vs. Robert Stewart
«10º Torneo Escocés» Glasgow, 1902

1.10-13, 23-19;
O sorteo deparou a «Apertura Crítica Ortodoxa» que concede unha lixeira vantaxe ao segundo xogador.
2.05-10 …
As brancas teñen unha ampla gama de posibilidades. Neste caso, persistindo na idea inicial da apertura, deciden non tocar o flanco das paralelas (o esquerdo) e ao mesmo tempo aplican a saudable estratexia de desenvolver os peóns do río (a gran diagonal).
Outras ideas bastante empregadas na práctica maxistral son 2.13-18 ocupando inmediatamente a casa dique (a «18») ou 2.11-15 para impedir que o fagan as negras. Tamén ten partidarios 2.12-15 traspoñendo á «Partida Paralela».
2. … 19-15;
Se o negro tivese feito 1. ... 23-20, sen dúbida a ocupación desta casa «15» sería a mellor réplica, pero co peón en «19» (un cadro central), as negras dispoñen doutras boas continuacións tales como 2. ... 27-23; ou 2. ... 21-18.
A ocupación da casa «15» ten por obxectivo construír un «dique» de peóns ao longo da «paralela» 8/29 para obrigar ao rival a xogar polas menos favorables casiñas laterais.
3.12x19, 22x15; 4.11x20, 24x15; 5.02-05 …
Axeitado sería mover 5.01-05 levando o peón máis afastado cara ao centro. O xogo podería seguir con 5. ... 21-18; 6.13x22, 26x19; 7.09-13, 25-21; 8.05-09, 27-22; 9.13-17, 30-26; e agora xa 10.06-11 para comezar a desfacer o dique negro.
A xogada escollida polas brancas debilita claramente a formación. Traspón a unha variante irregular pouco recomendable e por tanto tamén menos coñecida coa que Geordie «o Neno» Buchanan pretendía despistar ao seu experimentado rival. Trátase da Liña: 1.10-13, 23-19; 2.06-10, 19-15; 3.11x20, 24x15; 4.12x19, 22x15; 5.02-06.

POSICIÓN DESPOIS DE 5.02-05


5. … 28-24;
A continuación habitual para sustentar o peón avanzado. Nun xogo entre o actual campión portugués o Dr. Vaz Vieira e o almadense José Pereira disputado no 6º Campionato do país veciño en Torres Vedras no ano 1986, as negras responderon con 5. ... 28-23; continuándose 6.10-14, 21-18; (Se 6. ... 32-28; 7.13-18, 28-24 traspón á variante con 6.10-14, 32-28; 7.13-18, 28-23 que veremos nos comentarios da xogada sexta) 7.14x21, 26x10; 8.05x14, 25-21; 9.07-11, 32-28; 10.11x20, 23x16; 11.01-05, 27-22; 12.09-13, 28-23; 13.05-09, 21-17; 14.14-18, 17x10; 15.18x27, 31x22; 16.06x13, 23-19; e agora tanto 17.03-07 como 17.13-18 22x13; 18.09x18, 19-14; 19.08-12 -que foi o que se xogou- conducen ao empate.
6.07-12 …
As brancas pasan por moitos apuros se seguen con 6.10-14, 32-28; 7.13-18, 28-23; 8.07-12, 23-20; 9.12x19, 27-22; 10.18x27, 31x15; 11.14-18, 21x14; 12.06-11, 15x06; 13.03x19 como nun xogo do 10º Torneo americano (Flint, 1939) no que o vencedor Asa Long perdeu con Kenneth Grover. En damas clásicas pódese conseguir empatar tras 13. ... 26-22; 14.19x26, 29x22; 15.08-12 ... (15. ... 22-19; 16.12-16, 20-15; 17.16-20, 30-27; 18.04-07 etc.) 15. ... 20-16; 16.12-15, 25-21; 17.05-10, 21-18; 18.04-07, 30-27; 19.10-13, 27-23; 20.13-17, 23-19; 21.07-11, 19x12; 22.17-21, 12-07; 23.21-26, 07-03; 24.26-29, EMP.
6. … 27-22; 7.12x19, 22x15; 8.04-07 …
Para atacar o peón avanzado.
Se 8.10-14, 32-28; 9.04-07, 24-20; non constitúe máis que unha transposición de movementos con respecto á partida.
8. … 32-28;
As negras tamén poden prepararse para defender o seu peón avanzado con 8. … 30-27; ao que se adoita seguir:
9.10-14, 24-20;10.13-18 ... (a xogada 10.05-10 que empregou o mestre galés William Edwards nun enfrontamento por correo contra Dick Fortman, no noso xogo é refutada co golpe 10. ... 15-12; 11.07x30, 21-17; 12.30x21, 25x02 G.N.) 10. ... 20-16; 11.05-10, 32-28; 12.01-05, 21-17; 13.14-19, 28-24; 14.10-14, 17-13; [Walter Hellman vs. Derek Oldbury; 9º xogo do match disputado en Standford (Connecticut) no ano 1965] 15.19-23, 27x20; 16.07-12, con posición equilibrada.
9.10-14 ...
Compromete o xogo. Despois desta xogada as negras quedan nunha posición, senón imposible, si moi difícil de defender.
Preferible é 9.07-12, 31-27; 10.12x19, 27-22; 11.03-07 ... (máis fácil resulta 11.13-18) 11. ... 22x15; 12.07-12, 30-27; 13.12x19, 27-22; 14.13-18, 21x14; 15.09-13, 22x15; 16.10x19 co que o xogo avanza cara ao empate como no 3º xogo do match Derek Oldbury-Marion Tinsley celebrado en Londres (Inglaterra) e Paisley (Escocia) no ano 1958.
A Enciclopedia de Kear segue con 9.13-18, 21x14; 10.10x19, 24-20; 11.05-10, pero tras 11. ... 30-27; 12.01-05, 25-21; 13. 09-13, 21-18; as brancas están obrigadas a defender con moito coidado.
9. … 24-20; 10.05-10, 28-24;
Formando unha «frecha» típica nesta clase de posicións (peóns en "24", "20" e "15") que nos libros de estratexia denominan o "pequeno dique". Xeralmente esta formación ameaza o favorable avance (ou o cambio) na casa "11". Se as brancas intentan evitar esta manobra tapando con 7-11, o outro cambio con 20-16 deixa ás negras con dous intimidadores peóns en "15" e "16" apuntando ao debilitado flanco rival.
11.14-19, 21-17; 12.01-05 ...
Se 12.19-23, 15-11; 13.06x15, 20x04; 14.23-28, 26-22; 15.10-14, 17x10; 16.28-32, 04x21; 17.32x05, 21-14; e 29x22 G.N.
12. ... 30-27; 13.13-18 ...

POSICIÓN DESPOIS DE 13.13-18 ...
Se 13.19-23, 15-11; 14.23x30, 11x04; 15.30x16, 26-22; 16.16-30, 04-21!; 17.08-12, 22-19; 18.10-14, 19x01; 19.12-15, 17x10; 20.30x17, 10-05; 21.17-30, 05-02 con grandes posibilidades para as negras de gañar o final.
13. ... 15-11; 14.07x14, 27-22; 15.18x27, 31x15 [0-1]
As negras abandonaron. Podería seguir 16.14-19, 26-22; 17.19x26, 29x22; 18.*03-07, 22-19; 19.09-13 ... (Se 19.07-11, 20-16; 20.11x20,24x15; 21.09-13, 19-14 G.N.) 19. ... 19-14; 20.10x19, 17x21; 21.19-22, 15-11; 22.06x15, 20x04 G.N.