sábado, 25 de xuño de 2011

Damas en Marrocos [2]

Un gran lazo de confraternidade quedou establecido despois do «I Match Internacional» do 2007 disputado entre os equipos de Portugal e Marrocos. En vista do éxito alcanzado, a cidade marroquí de Mohamedia vai organizar un novo evento damista previsto para mediados do vindeiro mes de xullo.

Dentro do plan de preparación que están levando algúns dos mellores xogadores do país alauíta, este martes volvéronse enfrontar Almamoune e Adil nunha sesión de case 5 horas na que disputaron unha serie de xogos con apertura libre sen límite de tempo. A maioría dos xogos terminaron en empate, aínda que finalmente Adil resultou vencedor do choque por 3-1. Vexamos dous deses xogos:


Adil Belyamani vs Almamoune Alatifi
Casablanca [Marrocos]; 21/06/2011
«Partida do Río»

POSICIÓN DESPOIS DE 10.11-15 ...


1.10-14 23-19 [A] 2.14x23 28x19 3.05-10 32-28 4.12-16 [B] 28-23 5.08-12 22-18 [C] 6.10-13 [D] 18-14 [E] 7.11x18 21x14 8.13-18 26-21 [F] 9.6-11 [G] 21-17 10.11-15 30-26 [H] 11.15x22 26x19 12.12-15 [I] 19x12 13.04-08 14-10 14.08x15 27-22 [J] 15.18x27 31x22 16.02-05 10-06 17.03x10 25-21 18.10-14 29-25 19.05-10 21-18 20.14x21 25x18 21.07-12 17-13 22.10x17 18-14 23.17-21 14-11 24.21-26 11-07 25.26-29 23-19 26.01-05 07-04 27.05-10 04-07 28.29-25 07-04 29.10-13 24-20 30.15x24 19-14 31.25x11 04x14 32.12-15 14-04 33.24-28 [Resultado: 1-0]


A] "Partida do Río".

B] Variante "Lateral Esquerda".

C] Unha continuación que sacou o protagonismo a 5. ... 21-18 ou a 5. ... 21-17 que eran as máis xogadas ata principios dos anos oitenta.

D] A Enciclopedia Damista recomenda 6.11-14,  favorita do mestre Joaquim Bravo [vencedor do 2º e último campionato Oficioso de Portugal disputado no ano 1977].

E] Se 6. ... 26-22; traspón á liña con 5. ... 21-18; 6.10-13!, 26-21; que agora adoita seguir con 7.13-17, 29-26 [cunha nova trasposición á "Bilateral". Aínda que tamén era posible 7. ... 30-26; 8.11-15!, 18-13; con lixeira vantaxe branca] 8.11-15, 18-14; [8. ... 18-13 con xogo nivelado] 9.06-11 ... [a ED recomenda 9.06-10, 14x05; 10.01x10, 21-18; 11.10-13, 24-20*; 12.15x24, 18-14; 13.07-11, 14x07; 14.04x11, 31-28*; 15.24x31, 23-20; 16.16x23, 27x20; 17.31x18, 26-21; 18.17x26, 30x07; 1912-16 EMP. do Dr. Sena Carneiro] 9. ... 14-10; 10.02-06, 19-14; 11.06x13, 14-10; 12.11-14, 23-20; 13.16x23, 27x11; 14.04-08, 11x04; 15.12-15, 04x18; 16.15-19, 22x15; 17.13x29, 15-11 con final igualado como nun xogo de NunoVieira (negras) na Ludoteka no 2010. 

F] Interesante é 8. ... 26-22; 9.09-13, 24-20! [variando do estudo do Dr. Sena Carneiro e Joaquim Bravo na "ED" que escollen  9. ... 14-10; 10.07-11, 19-14; 11.12-15, 14x07: 12.04x11, 29-26; 13.11-14, 26-21; 14.16-20, 23x16; 15.14-19 para emp.] 10.06-10 ... [pensamos que é peor 10.06-11, por 31-28; e se 11.04-08, 28-24; 12.02-06, 14-10! con gran vantaxe negra; pero non 12. ... 20-15; 13.11x20, 24x15; 14.06-10 pois así son as brancas as que teñen unha fortísima posición, tal como se demostrou nun xogo NunoVieira vs. Mystyk disputado  con 5"+1' na Ludoteka en xullo do 2010 ] 10. ...  14x05; 11.01x10, 29-26; 12.07-11, 26-21; 13.11-14, 31-28; 14.12-15, 19x12; 15.03-06, 21-17; 16.18-21, 25x09; 17.14-19, 23x05; 18.16x32, 05-01; 19.06-10 EMP.

G] A mellor.

H] Perde. Había que seguir con 10. ... 27-22; 11.18x27, 31x22; 12.02-05, 25-21; 13.05-10, 14x05; 14.01x10, 29-25; 15.07-11, 22-18; 16.15x22, 18-13; 17.09x18, 21x05; EMP [análise do mestre Medalha da Silva na «Enciclopedia Damista»] agora pode seguir 18.22-27 e se 05-02; 19.04-08!, 02x20; 2027-31, 20x11; 21.31-28 etc.

I] No libro «Iniciación ao Jogo das Damas» de Sena Carneiro segue con 12.07-11 para empate. No momento da súa primeira edición aínda non se coñecía a liña gañadora que si xa indica o Tratado da «Enciclopedia Damista» e que aquí utiliza Adil. Trátase dun temporal sacrificio de peón descuberto por un antigo campión do Seixal [localidade perto de Lisboa] chamado  Neto.

J] As negras están perdidas. Unha análise de Herminio Medalha da Silva na «Enciclopedia Damista» segue con 14. ... 29-26; 15.07-11, 26-21; 16.11-14, 27-22; 17.18x27, 31x22; 18.02-05, 22-18; 19.15-19, 18x11; 20.05x14, G.B. 

*  *  *

Almamoune Alatifi vs Adil Belyamani
Casablanca [Marrocos]; 21/06/2011
«Partida Clásica Recusada»


POSICIÓN DESPOIS DE 13. ... 23-19


1.10-14 22-18 [A] 2.05-10 27-22 3.12-15 23-20 4.07-12 [B] 28-23 [C] 5.15-19 [D] 22x15 6.12x28 32x23 7.08-12 26-22 8.12-15 30-27 9.10-13 21-17 10.14x21 17x10 11.06x13 25x18 12.13-17 20-16 13.17-21 23-19 14.04-08 [E] 19x12 15.08x15 16-12 16.02-06 [F] 12-08 17.6-10 18-13 18.10x17 08-04 19.03-07 27-23 20.21-25 23-19 21.07-12 04x14 22.17-21 14-07 23.21-26 07x16 24.26-30 19x12 25.30-26 12-08 26x19 16-03 [Resultado: 0-1]


A] Apertura «Diagonal Vertente».

B] O lance que dá lugar á «Partida Clásica».

C] As negras rexeitan xogar o habitual 4. ... 20-16 e adoitan unha das liñas recusadas.

D] Se 5.12-16 o xogo traspón á Liña B do noso estudo da «Clásica Recusada». [clic aquí]

E] As negras quedan mal. Había que xogar ou:
  • 14.21-26, 19x12; 15.11-14, 18x11; 16.26-30 etc.
  • Ou mellor aínda 14.15-20, 24x06; 15.03x10*, 16-12; 16.02-06 [non 16.21-26, 12-07; 17.04x11, 19-14; 18.10x19, 22x06; 19.02x11, 29x22 GN.] 16. ... 12-07; 17.04x11, 19-15; 18.11x20, 22-19; 19.10-13, 19-15; 20.13x22, 27x18; 21.20-23, 15-12; 22.21-26, 29x22; 23.23-27 para EMP.

F] Agora non valía 16.21-26 por 18-14;17.11x18, 22x13; 18.09x18, 29x13; G.N.

martes, 21 de xuño de 2011

Damas en Marrocos [1]

Os xogadores marroquís estanse preparando para o enfrontamento que van disputar contra os portugueses no vindeiro mes de xullo. Este foi un dos catro xogos de adestramento que disputaron nunha cafetería de El Jadida dous dos compoñentes da escuadra magrebí.

Adil Belyamani vs. Almamoune Alatifi
El Jadida [Marrocos]; 18/06/2011
« Partida Heroica »

1.12-16  24-20

 O sorteo deparou a apertura «Esquerda Límite». Cada xogador dispoñía dunha hora de tempo para os catro xogos.

2.10-14 ...

Así fórmase a que o Dr. OAL designou como «Partida Heroica». A asignación deste nome é debida, sen dúbida, a que a defensa das negras resulta difícil debido ao bloqueo parcial a que son sometidas no flanco do río. Con todo, hoxe os xogadores coñecen os mellores métodos para poder saír dese afogamento e tras a oportuna liberación, tórnase nunha arma que ofrece moitas posibilidades.

2. ... 28-24

Tapando o burato para apoiar a liberación con 20-15.

3.05-10 ...

As brancas, sabedoras de que non poden aguantar o encerro do peón "20" por moito tempo, permiten a liberación. Tamén habituais son 3.08-12 ou 3.07-12 que manteñen a presión. No Match Portugal-Marrocos (Mohamedia, 2007), o Dr. Vaz Vieira xogou 3.08-12 contra Almamoune co seguinte desenvolvemento: 3. ... 32-28; 4.06-10 ... [Máis usadas e por tanto mellor coñecidas son 4.12-15 ou 4.14-18 ou tamén 4.05-10] 4. ... 20-15; 5.12x19, 22x06; 6.02x11, 27-22; 7.07-12, 21-18; 8.14x21, 26x17; 9.11-15, 30-27; 10.03-07, 25-21; 11.04-08, 29-26; 12.09-13 ... [Unha xogada de aparencia moi forte xa que agora non vale 12. .... 21-18 por 13.15-19, 18x12; 14.12-15 e GB; mais a continuación correcta sería 12.07-11, mantendo unha lixeira vantaxe] 12. ... 24-20!; [Refutando o plan do mestre portugués. Despois disto as brancas están perdidas] 13.15x24, 21-18; 14.07-11, 18x02; 15.10-14, 02x15*; 16.12x19, 22x15 [0-1]

3. ... 20-15

Como coñecen os lectores, así xogase a "Liña Orixinal". Esta e outras das continuacións que se poden empregar nesta altura xa foron estudadas neste Blog. [Clic aquí para ver].

4.11x20  24x15  5.07-11 ...

O plan branco consiste en permitir desfacer o primeiro cerco para crear agora outro novo premendo sobre o peón de "15". 

5. ... 23-20  6.16x23 27x20  7.14-19 20-16


POSICIÓN DESPOIS DE 7. ... 20-16


Decisión sorprendente. A continuación habitual é 7. ... 21-17, tal como xogou Victor Oliveira contra o propio Belyamani no Match Internacional do 2007; aínda que o negro dispón doutras alternativas como 7. ... 32-28; 7. ... 21-18 ou 7. ... 22-18; pero o abrupto xeito de liberaración escollido por “Mamoune” é demasiado perigoso e fai honor ao nome da partida. A defensa vai ser ardua e difícil, sen compensación de ningunha clase.

8.11x20 22x15  9.20-24 ...

A vantaxe branca é máis que evidente. Con esta xogada prepáranse para atacar o débil peón da casa «15».

9. ... 32-28

Obrigadas a agardar polo ofensiva rival, as negras non teñen nada mellor que ir achegando peóns cara ao centro de operacións.


POSICIÓN DESPOIS DE 9. ... 32-28


10.04-07 ...

Se en vez de con este peón, as brancas atacan con 10.03-07 podería seguir 10. ... 21-18; 11.07-12, 16x07; 12.04x20, 25-21; 13.08-12, 30-27; 14.12-16, 21-17; 15.06-11, 26-22; 16.10-14, 29-25; 17.14x21, 25x18; 18.02-06, 28-23; 19.24-28, 31x15; 20.11x20, 17-13; 21.20-24, 18-14; 22.09x18, 22x13; 23.24-28, 23-19; 24.28-31, 13-10; 25.31x04, 10x03 EMP.

10. ... 21-18

Para sacudirse da acometida as negras sacrifican un peón. Outra opción era 10. ... 30-27; con estas posibles rutas:

• 11.07-12, 16x07; 12.03x19, 27-22; 13.10-14, 22x15; 14.01-05, 26-22; 15.14-19, 21-18; 16.19x26, 29x22; 17.06-11, 15x06; 18.02x11, 28-23; 19.05-10, 25-21: 20.08-12, 23-19; 21.12-16, 21-17; 22.16-20, 19-15; 23.10-14 EMP.

• 11.10-14, 27-22; 12.14-19, 21-17; 13.02-05, 22-18; 14.05-10, 18-14; 15.07-12, 16x07; 16.03x12, 14x05; 17.01x10, 26-21; 18.19-22, 21-18; 19.12x19, 18-14; 20.22-26, 29x15; 21.10x19, 25-21; 22.19-22, 31-27; 23.22x31, 21-18; EMP.

11.7-12  16x07  12.03x19  26-22

Rexeitando a idea de cargar sobre o peón «19» para gañar tempo no achegamento de máis efectivos ao centro. O intento con: 12. ... 30-27; 13.06-11, 27-22; [mellor é 13. ... 26-22] fracasa tras 14.11-15, 25-21; 15.08-12, 18-14; 16.12-16, 14x05; 17.01x10, 21-18; 18.10-13!, 18-14; 19.13-18, 22x13; 20.09x18, e as brancas gañan.

13.19x26  29x22  14.06-11  28-23

Para contraatacar polo cadro «19 se as brancas fan 15.10-13. Ou se 15.10-14, 23-20; 16.14x21, 25x18; equilibrando o xogo.

15.08-12  30-27

Agora 15. ... 23-20; non é viable por 16.12-16.

16.12-16 ...

Se 16.10-14, 22-19!; 17.14x21, 25x18; 18.09-13 ... [18.11-15, 27-22; 19.02-06, 23-20; 20.24-28 EMP.] 18. ... 18x09; 19.12-16, 19-15; 20.11x20, 23-19; con vantaxe branca, pero insuficiente para gañar.

16. ... 22-19  17.02-05  25-21

As negras conseguiron defenderse con habilidade e a súa boa disposición central compensa o peón de menos.


POSICIÓN DESPOIS DE 17. ... 25-21

18.24-28 ...

Adil fai un último intento, pero a posición non dá para máis.

18. ... 31x24  19.10-13  27-22  20.13-17  19-14  21.17x26  14x07  22.05-10  07-04  23.26-29  23-19  24.10-13  04-08  25.29-25  19-15  26.25x20  24x15  27.13-18  [Resultado: EMPATE].

domingo, 19 de xuño de 2011

Base de datos [15]

Aadil vs. Pepito_Luis
Ludoteka, 18/6/2011
[Modalidade: 1’+10”]


POSICIÓN DESPOIS DE 6. ... 21x18

1.10-14, 22-18 [A]2.12-15, 23-20; 3.05-10, 28-23; 4.07-12, 20-16;  5.03-07 [B], 21-17 [C]; 6.14x21, 25x18 [D]; 7.15-20 [E], 24x15; 8.12x28, 32x23; 9.10-14, 26-21 [F]; 10.11-15 [G], 18x11; 11.07x14, 23-19; 12.15x22, 27x11; 13.06x15, 21-18; 14.08-12 [H], 16x07; 15.04x11, 31-27; 16.01-05, 27-23; 17.05-10, 30-27; 18.10-14, 29-25; 19.14x21, 25x18; 20.02-05,17-13; 21.11-14, 18x11; 22.09x18, 11-06; 23.18-21, 06-02; 24.15-19, 23x14; 25.21-26, 02x09; 26.26-30, 27-22; 27.30-26, 22-18; 28.26-19, 14-11; [EMP].

A] A común apertura «Diagonal Vertente» de prognóstico igualado.

B] Así queda configurada a coñecida «Partida Clásica».

C] Unha das liñas menos practicadas.

D] Ver o diagrama.

E] No estudo que publicamos neste Blog, as brancas seguen con 7.01-05. [clic aquí]

F] Boa continuación esquivando o cambio para impedir que as brancas gañen espazo.

G] As brancas deben desafogar o xogo para non quedar bloqueadas. Se 10.01-05, 27-22; e gañan as negras. Pois non vale 11.11-15 ... [11.05-10, 22-19; coa terrible ameaza 17-13] 11. ... 18x11; 12.07x14, 23-20; 13.15x24, 31-28; 14.24x31, 22-18; 15.31x13, 17x01 GN.

Posible era 10.08-12, pero as negras quedan un pouco mellor tras 10. ... 27-22; 11.12-15, 22-19; 12.15x22, 31-27; 13.22x31, 16-12; 14.07x16, 29-26; 15.31x13, 17x03; 16.11-15, 26-22.

H] Tamén se podía xogar 14.01-05 en vista de que non vale 18-14; polo tiro con 15.08-12 G.B.

sábado, 18 de xuño de 2011

Precioso pase 16, 23, (19) vs. 32, (31)

Seguimos esta semana achegando novo material para o estudo da parte final dos xogos. Sabemos que á gran maioría dos afeccionados prefiren dedicar máis o seu tempo á preparación das aperturas, pero non debemos esquecer que nunca se pode chegar a ser un gran campión sen dominar todas as fases do xogo.

XOGAN BRANCAS E GAÑAN


Durante anos este final de Mario Dinis Vaz foi considerado como de empate e como tal foi publicado por el na revista portuguesa «Vamos Descifrar». A «Enciclopedia Damista», nun principio,  conforme co veredicto tamén no reeditou. Pero posteriormente Manuel Melo, o gran mestre de Viana do Castelo, atopou unha espléndida refutación que foi incluída polo Dr. Sena Carneiro na 2ª edición do seu libro de Finais Prácticos.

As brancas gañarían facilmente se puidesen colar o peón por «27» ou se chegasen a situar o de «16» en «24». De momento a dama negra, perfectamente colocada, corta o avance do peón máis avanzado e tamén impide o arranque do de «16». Nótese que tras 1.16-20, 31-24; 2.19-15, 24-28; 3.15-19 ... [para non perder o dominio do río pois neste caso non hai «barca»] 3. ... 28-24; 4.19-15, 24-28 prodúcese o empate por «círculo vicioso».

O lector tamén debe percibir que se na posición que se amosa no diagrama de arriba a vez fose das negras, perderían facilmente. Non é axeitado mover a dama para «24» porque permiten a coroación do peón de «23», se van con ela á casa «28» pérdena con 19-01 e se a moven a algunha das casas dispoñibles da diagonal 09/31 é atrapada polo gancho xogando 19-22. En vista destas premisas o plan das brancas sempre debe ter no punto de mira conseguir chegar a esta mesma posición coa vez cambiada e que lle toque xogar ás negras.

1.19-05, 31-09;

• Se 1. ... 31-24; 2.23-27 G.B. Por iso as negras van tratar de manterse na diagonal «9/31» intentando sempre dispor da posibilidade de ir a «31» cando o branco o faga a «19».

• Se 1. ... 31-22; 2.05-14 ... e agora:

POSICIÓN DESPOIS DE 2.05-14 ...
[Variante 1. ... 31-22]

          
      ► 2. ... 22-19; 3.16-20, 19x10 [Regra da calidade]; 4.20-24 G.B.

      ► 2. ... 22-13 (ou 09); 3.14-18 G.B.

      ► 2. ... 22-31; 3.14-19 e obxectivo cumprido. Tócalle xogar ás negras e G.B.

• Se 1. ... 31-13; 2.05-09, 13-06; [para cortar o avance do peón «16»] 3.09-02, 06-13 [xa que se van a «24» ou «10» perden a dama directamente e se van a «3» ou «17» as brancas sitúan a dama na casa «15» e non hai forma de evitar o avance 23-27 debido á ameaza de gancho] 4.02-15 ... [ameazando ese gancho] 4. .... 13-31 (ou 3); 5.15-19 G.B.

Mais antes de seguir convén facer unha matización importante. O xogador que defende pode tender unha trampa moi astuta se en vez de 2. ... 13-06, fai 2. ... 13-17 (ou 3); pois nese caso hai que continuar con 3.09-22 e a 3. ... 17-06 responder con 4.22-19. Pero se movemos 3.16-20 prodúcese o empate con 3. ... 17-30* (ou 3-16* respectivamente) 4.09-31 [ver o seguinte diagrama], 32-28*; 5.31x24, e a dama branca obstrúe o avance dos peóns. Cando se ataque o peón do río debe defendelo indo a "28" producíndose unha repetición despois de que o negro ameace o outro peón, pois se este avanza, cae o de "23" tras ser de novo atacado desde a casa "20".

POSICIÓN DESPOIS DE 4.09-31 ...
[Variante 1. ... 31-13]
XOGAN AS NEGRAS E EMPATAN


• Se 1. ... 31-18; 2.05-09, 18-25 (ou 04); [para outras movidas o plan é o mesmo que no punto anterior] 3.16-20 ... [neste caso xa se pode avanzar directamente o peón pois non é posible o ataque desde «30» ou «16»] 3. ... 25-11; [ou 3. ... 04-11 respectivamente] 4.20-24, 11-20; 5.09-27 e 24-28 G.B.

2.05-02, 09-31;

• Por suposto, tampouco vale 2. ... 09-22; [evitando 3.02-15] por 3.16-20 ... [ou tamén 3.02-06, 22-26; (3. ... 22-31; 4.06-24 como no troco despois da xogada tres) 4.06-13, 26-15; 5.13-18 G.B. como no tronco despois da xogada cinco] 3. ... 22-15; 4.23-27, 15x24; 5.27-31, 32-28; 6.31-27 G.B.

3.02-24, 31-22;

A mellor forma de defenderse impedindo 4.24-15.

• Se 3. ... 31-09; [en caso de ir a «13» ou «18» o procedemento é o mesmo] 4.24-15, 09-02; [xa sabemos que se 4. ... 09-31; 5.15-19 as negras perden ao ter a vez] 5.15-19 ... [Posible é tamén o remate de Manuel Melo con 15.16-20] e debido á ameaza de gancho non se pode impedir o avance do peón a «27» G.B.

4.24-31, 22-15;

• Evidente é que se 4. ... 22-09 con 5.31-22 execútase o gancho e G.B.

• Se 4. ... 22-26; segue 5.31-27!! [a xenial xogada atopada por Manuel Melo]. Posiblemente esta variante sexa a mellor maneira de enlear o xogo para o bando defensor; xa que, de non coñecerse o proceso, e moi difícil que o branco atope a solución xogando en vivo. A posición é a mesma que no tronco cando se xoga 6.18-27.

• Se 4. ... 22-12; tamén segue 5.31-27 coa mesma idea de gañar avanzando o peón de «16» ou de disparar con 23-28 se as negras intentan cortar o seu paso desde «15».

• Se 4. ... 22-08 (ou 29) avánzase xa o peón de «16» G.B.

5.31-18 ...

Nós preferimos este remate. Melo gaña con 5.31-09 e agora se:

       ─ 5. ... 15-19; 6.09-31 G.B.

      ─ 5. ... 15-02; 6.23-27 G.B.

     ─ Se a dama vai a outra das casas posibles segue sempre 6.09-05 e se cortan en «22» acábase con 7.05-14; 22-31; 8.14-19 G.B.

5. ... 15-26;

Non valen:

• 5. ... 15-20; 6.18-14 e 7.14-23 G.B.

• 5. ... 15-02 (ou 06); 6.18-14 e gañan brancas xa que non se pode evitar 7.23-27 pola ameaza de gancho. Evidentemente se 6. ... 02-20; 7.23-27, 20x30; 8.14-23 G.B.

• 5. ... 15-24; 6.18-14, 24-31; [para evitar o avance do peón a «27»] 7.14-19 G.B. [Temos de novo a famosa posición na que as negras perden por ter a vez].

• 5. ... 15-08 (ou 29) non impiden 6.16-20 e as brancas gañan sen problemas, pois se 6. ... 08-15; 7.20-24, 15-20; 8.18-27 e 14-28 seguido de 28-31 G.B.

• 5. ... 15-12; [tanto esta como a xogada do tronco evitan 6.16-20 pois en cada caso seria contestado con 6. ... 12-16 ou 6. ... 26-30 conseguindo o empate de forma forzada tal como xa explicamos nos comentarios da primeira xogada] 6.18-27!! coa mesma posición que na cuarta xogada na variante 4. ... 22-12 e similar á do tronco.

6.18-27!! G.B.

POSICIÓN DESPOIS DE  6.18-27!! ...


Aínda que sen seguir a súa variante servímonos igualmente da idea do magnífico finalista vianés para desmontar a defensa. As negras non teñen forma de evitar que o peón de «16» coroe dama, pois se 6. ... 26-30; apártase a dama e termina a función. E, como xa sabemos, tampouco vale 14. ... 26-15 pola “batería” con 15.23-28. As brancas gañan.

* * *

Como complemento ao tema de hoxe imos concluír con estoutro final que xa anteriormente publiquei na Revista Internacional de Damas [Nº2 /1993]:

Henrique Guerra [1992]
XOGAN BRANCAS E GAÑAN

1.12-16* ...

O único lance que leva á vitoria. É fundamental resgardar este peón dos futuros ataques da dama que van coroar as negras.
  • Se 1.09-13, 20-16; 2.12-15, 16-12;  3.15-20, 12-07; 4.13-18, 07-03; 5.18-22, 03-16 EMP.
  • Se 1.23-27, 20-16; 2.12-15, 16-12; 3.15-20, 12-07; 4.20-23, 07-03; 5.27-31, 03-12; 6.31-27, 12-26; 7.27-30, 26-19; EMP. 
1. ... 20-15; 2.09-13* ...

Novamente a xogada precisa. Estoutro peón vai ser o protector do da casiña "23". Non hai máis solucións. O lector debe comprobar por si mesmo que sucede se nos precipitamos en coroar os peóns máis avanzados.

2. ... 15-11; 3.13-18*, 11-06; 4.18-22*, 06-02; 5.22-27*, 02-06; 6.27-31*, 06-24;
  • Se 6. ... 06-20; 7.31-28 G.B.
  • Se 6. ... 06-18; 7.31-18 con posición igual á do final que estudamos antes despois da quinta xogada do branco. 
7.31-22, 24-28;

Se 7. ... 24-31; 8.22-19,  forzando ao negro a permitir o fatídico avance do peón a   «27» pois se xogan 8. ... 31-09; con 9.19-22 G.B.

8.22-19, 28-31; [GB].

O xogo desembocou no famoso final de Mario Dinis Vaz. A posición é a mesma que a representada no primeiro diagrama deste artigo.

sábado, 11 de xuño de 2011

Xadrez ou damas

Ao seren o xadrez e as damas dous xogos nos que hai que pensar xogadas que se executan movendo fichas sobre un taboleiro, as comparacións son inevitables. Que xogo contén maior beleza?, cal é máis divertido?, cal é máis difícil?, que é o que hai de bo nun xogo e non ten o outro?, cal se adapta mellor aos sistemas de competición?; son algunhas das preguntas que moitos se fan.

Newell W. Banks
[Foto da "British Chess Magazine"]

Falando dos parecidos e das diferenzas que existen entre ambos os dous xogos, nunha entrevista que concedeu á revista «A Chess Omnibus», Newell Banks (1887-1977) -célebre damista americano e gran xogador de xadrez- opinou o seguinte:

• As damas son un 80% memoria e un 20% intuición; o xadrez é exactamente ao revés.

• O xadrez é un xogo da apertura e do medio xogo. As damas é máis do final. 4 de cada 5 xogos de xadrez son decididos nos primeiros 30 ou 40 movementos, só ocasionalmente un xogador loita e gaña un final que partiu dunha posición igualada. Nas damas, os golpes no medio xogo son raros entre bos xogadores, e se hai decisión está adoita chegar nos finais.

• Unha posición de xadrez é máis fácil de valorar. Ti podes a miúdo atopar unha debilidade na formación rival botando unha ollada. En damas unha debilidade pode estar terribelmente ocultada e para ser descuberta é preciso analizar ordenadamente e con detalle unha longa secuencia de movementos.

• Nas damas son menos e están máis exhaustivamente explorados os primeiros movementos por iso nos torneos de mestres é necesario o sorteo das aperturas para intentar dar máis variedade e evitar a repetición de jogos teóricos enteiros.

• Para poder opinar cal xogo prefiro é cuestión de non pensar lixeiramente, pero aínda que xoguei o campionato americano de damas durante 25 anos, mentres que os meus mellores logros no xadrez foron vitorias illadas sobre Marshall e Kashdan nun torneo, teño que admitir que gocei máis co xadrez, principalmente pola súa variedade.


Ao ser preguntado sobre este mesmo tema, o célebre xadrecista Paul Morphy (1837-1884), respondeu con certo desprezo dicindo que non comprendía onde reside a beleza do xogo de damas. Para el era un xogo de pícaros (“traps”) dando a entender que se baseaba máis nos erros en que caía o rival que nos acertos propios. Por contra o controvertido escritor Edgar Alan Poe por esa razón consideraba superior o xogo de damas. O Dr. Carlos Lafora, non tiña preferencias e cultivou por igual os dous xogos. Chegou  representar a España na Olimpiada de xadrez en Hamburgo (1929) e publicou libros sobre o tema, mais tamén adoraba o xogo de damas dirixindo nos anos corenta unha sección de damas nun xornal canario e escribindo un tratado de finais. E outros como Oldbury, Tinsley ou dentro da nosa modalidade, o xogador portugués Víctor Oliveira ou o problemista Luis Xavier comezaron xogando xadrez porén logo escolleron as damas para alumear con brillo propio e entrar a formar parte de calquera antoloxía que deste xogo se faga.

Haberá quen se decante por un ou por outro segundo a dificultade que lle presente. É verdade que o xadrez ten moitas máis posibles posicións e movementos máis variados de pezas, pero cal é máis dificil de xogar. Cando me preguntan a min sempre respondo coa mítica frase de Marion Tinsley: «O xadrez é como indagar nun océano infinito, as damas é como facelo nun pozo sen fondo». Todos comprenden. Non hai mellor exemplo para percibir a idea.

Nunha próxima ocasión seguiremos falando do tema, agora imos coa parte práctica que como moi ben saben os nosos lectores é algo que nunca falta nos artigos deste blog. Pola relación que ten co que estamos tratando, e como non podía ser doutro xeito, hoxe imos ver como xogaban ás damas dous dos máis ilustres xadrecistas de todos os tempos:

O que fora gran campión do mundo de xadrez, o alemán Emmanuel Lasker (1868-1941) viaxou a Nova York para participar no famoso Torneo que alí se celebrou no ano 1924 e que gañou brillantemente por diante de Capablanca. Chegou uns días antes e foi invitado a visitar o “Club de Xadrez e Damas de Brooklin” onde xogou varias partidas amigables de ambas as dúas modalidades. Este xogo publicado na revista “The Draughts Review” de marzo de 1928, foi moi probablemente disputado nesa ocasión.


Chris Nelson vs. Emmanuel Lasker
Nova York, 1924


POSICIÓN DESPOIS DE 9. ... 28x19


1.12-16, 23-19 [A]; 2.09-13 [B], 21-17 [C]; 3.05-09 [D], 25-21 [E]; 4.11-14, 24-20 [F]; 5.16x23, 27x20; 6.14x23, 28x19; 7.07-11 [G], 20-16 [H]; 8.11-14, 31-28; 9.14x23, 28x19 [I]; 10.10-14 [J], 19x10; 11.13-18, 21x14; 12.06x13, 17x10; 13.08-12, 16x07; 14.04x27, 30x23; 15.02-05 [K], 10-06; 16.03x10, 23-20 [L]; [Resultado: 0-1]

A] Apertura «Esquerda Ortodoxa» diagnosticada como favorable ao negro.

B] Ben á do texto, ou ben 2.11-14 son as dúas mellores opcións.

C] Para evitar a ganancia de espazo con 3.13-17. Unha boa réplica tanto aquí como para responder na apertura 1.09-13.

D] Tapa o burato para apoiar a ruptura en «18».  A alternativa 3.11-14 é ben contestada con 3. ... 25-21; 4.14x23, 28x19 con moi bo xogo para o negro. Se agora 5.05-09 pode seguir 19-15 ou 5. ... 32-28; [Se 5. ... 24-20 o xogo traspón ao tronco desta partida]. Ou en caso de 5.07-12, 21-18; 6.04-07, 18x09: 7.10-13, 17x10; 8.05x23, 27x20; 9.16x23, 31-28; 10-07-11, 28x19; as negras teñen unha posición moi forte [Vaz Vieira vs. Veríssimo Dias; 10º Campionato de Portugal, Oliveira de Azemeis - 1990].

E] Impedindo a toma de aire con 13-18.

F] Chris Nelson era un dos mellores damistas de Brooklin e ademais de contra Lasker estaba xogando ao mesmo tempo noutro taboleiro contra un rapazote de 17 anos. Nese xogo, que se desenvolveu coa mesma apertura, as negras seguiron con 4. ... 25-29 para terminar empatando. Anos despois ese mozo que conducía as pezas negras chegou a converterse no campión dos Estados Unidos e a punto estivo de arrebatar a coroa do campión mundial Walter Helman cando lle empatou un match polo título. Como moitos dos afeccionados xa poden intuír, estamos referíndonos a Willie Ryan, o famoso "Cometa de Bronx". 

G] No 1º Campionato oficioso de Portugal [1957], Adelino Ribeiro xogou 7.06-11 contra o Dr. OAL e tras 31-28; 8.08-12, 19-15; 9.12x19, 22x06; 10.02x11, 26-22; 11.07-12, 22-19; 12.04-08 ... [12.01-05 ou 12.12-15 empate] 12. ... 20-16; 13.11-14, 16x07; 14.03x12, 26-29; 15.14x23, 28x19; 16.13-18, 21x05; 17.01x10, 26-21; 18.12-15, 19x12; 19.08x15, 21-18; 20.15-20, 32-27 [0-1].

H] Todo moi coñecido. Posible tamén é a liña preconizada polo Cap. Santos Deodato con 7. ... 31-28; 8.08-12, 20-16!; 9.11-14, 16x07; 10.04x11, 29-25; 11.14x23, 28x19; 12.11-14, 19-15; 13.06-11, 15x06; 14.02x11, 32-28; [Un xogo Libertino47 vs. Zorro398 disputado en novenbro do 2010 na Ludoteka (3'+10") seguiu con 14. ... 21-18; 15.14x21, 25x18; 16.11-15, 18-14; 17.10x19, 17x10; 18.19-23, 22-18; 19.15-19, 18-14; 20.23-28, 32x23; 21.19x28, 14-11; 22.28-32, 10-06; 23.03x10 con peón de máis, aínda que as negras conseguiron o empate] 15.11-15, 28-23!; 16.03-07 ou 14-19 [EMP].

I] Ver o diagrama.

J] Decisión canto menos, rara. Agora non vale 10.08-12 ... [para intentar traspor á "Liña Deodato" que vimos no apartado "H"] porque tras 10.16x07, 04x11; 11.04x11 segue 21-18! e GN. Pero era axeitado 10.06-11, 21-18; 11.03-07, 19-14; 12.10x19, 22x06; 13.13x22, 26x19; 14.02x11 con xogo máis ou menos equilibrado.

K] Isto é un erro grave. O empate chegaba con 15.02-06, 26-21; 16.06x13, 32-28; 17.13-17, 21-18; 18.17-21, 23-19; 19.01-05, 19-14; 20.03-06, 28-23; 21.06-10, 14-11; 22.21-26!, 29x22; 23.10-14 [EMP.]

L] Podería seguir: 17.10-14, 20-15; 18.14-19, 32-28; 19.09-13, 15-11; 20.13-18, 11-06; 21.18-22, 06-02; 22.05-09, 02-20; ou 02-24; forzando 23.19-23, 28x19: 24.22-27, 24-06; e 19-15 para ir a dama [GN].

* * * *
Lasker e Pillsbury durante o Torneo de Hanstings (1895)
[Foto do Libro sobre o Torneo de H. F. Cheshire]


Harry Nelson Pillsbury (1872-1906) foi un extraordinario xadrecista americano que saltou á fama cando gañou o prestixioso Torneo de Hanstings (1895) por diante dos mellores xogadores da época. Sempre tivo destacadas actuacións e mantívose na elite a pesar de estar enfermo de sífile. Morreu moi novo sen poder demostrar todo o seu saber. Aínda que dedicándolle moito menos tempo tamén destacou no campo damista participando en algúns torneos e chegando incluso a gañar un match ao mítico campión Melvin Pomeroy. As súas sesións de partidas simultáneas á cega nas que incluía ao mexmo tempo 16 partidas de xadrez, varios xogos de damas e unha man de whist marcaron un fito na historia deste tipo de exhibicións.

NN vs. Harry N. Pillsbury
Lugar e data descoñecidas
[Xogo publicado en “Denvir´s Traps and Shots", Nº 15]


XOGAN NEGRAS E GAÑAN


1.10-14, 22-18 [A]; 2.12-15, 26-22 [B]; 3.05-10, 23-19; 4.14x23, 28x12; 5.08x15, 32-28; 6.07-12 [C], 28-23; 7.12-16, 21-17 [D] [E]; 8.03-07 [F] [G], 23-19 [H]; 9.07-12 [I], 25-21; 10.01-05 [J], 30-26 [K]; 11.16-20 [L], 18-14; 12.11x25, 22-18: 13.15x22, 24x08; 14.06-11, 26x19; 15.02-06 ... [Resultado: 0-1]

A] Apertura «Diagonal Vertente» de prognóstico igualado.

B] «Partida Anderson». Empregada por primeira vez por Andrew Anderson no seu 5º match con James Wyllie [Edimburgo, 1847]. A idea foi aconsellada por John Mckerrow, axudante de Anderson nese famoso match, para evitar a «Partida Fife» [1.10-14, 22-18; 2.12-15, 23-20; 3. 08-12 ] que Wyllie xogaba á perfección.

C] Considerada inferior ao habitual 6.10-14.

D] Ata aquí o xogo é igual que no célebre match onde se introduciu a liña. Anderson seguiu con 7. ... 23-19 e tras 8.04-08 acabou gañando o xogo, pero 2 anos despois descubriuse que nesta altura as brancas quedan moi ben se seguen con 8.15-20 [xogada de Coltherd aplicada contra Robert Martins no ano 1849].

E] A semana pasada no artigo dedicado a Oldbury vimos que esta mesma posición con cores revertidas pode ser alcanzada cunha «Oblicua Marxinal»: 1.11-15, 21-17; 2.07-11, 23-19; 3.10-14, 19x10; 4.05x14, 22-18; 5.14x21, 25x18; 6.01-05, 28-23; 7.05-10, 26-22;

F] A liña tronco da Enciclopedia Damista segue por 8.10-14, 29-26; 9.14x21, 25x18; 10.01-05 ... [10.06-10, 18-13; 11.09x18, 22x06; 12.03x10, 26-22; 13.01-05, 22-19; 14.15x22, 27x18 con xogo igualado] 10. ... 23-19; 11.04-08, 19x12; 12.08x15, 27-23; 13.15-20, 24x15; 14.11x27, 30x23; 15.05-10, con posición equilibrada [OAL].

G] 8.01-05, 22-19; 9.15x22, 30-26; 10.03-07, 26x19; 11.11-14, 18x11; 12.06x22, 27-18; 13.10-14, 18x11; 14.07x14, 31-27; 15.04-08 ... [ Se 15.02-06 perde co golpe 15. ... 23-20; 16.16x30, 29-26; 17.30x21, 25x02 GN. Este final coas cores revertidas aconteceu no 15º Campionato de Portugal do ano 1995 e foi gañado por Veríssimo Dias a Antonio Perú] 15. ... 25-21; 16.08-12, 29-25; 17.12-15, 21-18; 18.14x21, 25x18; 19.05-10, 27-22; 20.09-13, 18x09; 21.10-14, 17-13; 22.14-18, 23-19; 23.18x27, 19x12; 24.27-30, 12-07; 25.16-20, 24x15; 26.30-17, 15-12; 27.17x03 EMP.

H] Richard Pask en «Key Openings» segue con 8. ... 23-20; 9.16x23, 27x20; 10.10-14, 31-27; 11.14x21, 25x18; para empate.

I] Frouxa. Era moito mellor 9.15-20, 24x15; 10.11x20, 27-23; 11. 20x27, 30x23; 12.06-11, 29-26; 13.07-12, 31-28; 14.11-15, 28-24; 15.02-06, 18-14; 16.16-20 con final nivelado.

J] Perde. Había que seguir con 10.04-08.

K] En clásicas era preferible 10. ... 29-25 para gañar comodamente.

L] A posición está representada no diagrama. As brancas ameazan 12.09-13 seguido de 11-14 e gañan o xogo, pero en vista do que aconteceu era preferible xogar 11.04-08 que complica a vitoria pois tras 11. ... 17-13; 12.10x17, 19-14; 13.06-10, 14x07; 14.10-14, 18x11; 15.02-06, 11x02; 16.05-10, 02x20; 17.16x30, 07-04; 18.10-14, 04x18; 19.30-27, 24-20; 20.27x16, as negras parece que non teñen moita forma de progresar.

sábado, 4 de xuño de 2011

Derek Oldbury

Derek E. Oldbury foi un gran mestre inglés de Devon coñecido no ambiente damista como “DEO”. Cando naceu no ano 1924 os médicos vaticináronlle soamente unhas poucas semanas de vida. Felizmente conseguiu saír adiante aínda que moi diminuído. Unha paraplexía conxénita obrigouno a utilizar cadeira de rodas no resto dos seus días. Ao estar incapacitado para actividades que requiren exercicio físico aproveitou o moito tempo libre de que dispoñía e a súa prodixiosa mente para practicar e estudar varios xogos intelectuais, decantándose finalmente polo noso das damas.


Derek E. Oldbury
[Foto do Sandford Herald]

O seu esforzo non foi baldío e así alcanzou o seu primeiro grande éxito no ano 1950 cando se adxudicou o prestixioso «Torneo Aberto Escocés». Despois seguiron outras fazañas conseguindo catro “Gelsthorp Cups”, trofeo que se concede ao gañador do «Torneo Inglés», e tamén noutras tres ocasións chegou a proclamarse Campión Británico na modalidade de "match". Inconformista incansable e sedento de novos trunfos, viaxou ao Estados Unidos en varias ocasións para participar no "Torneo Americano", un fortísimo campionato que gañou no ano 1977.

Ata en sete ocasións loitou polo Campionato Mundial de damas angloamericanas conseguindo tal galardón no ano 1977 na modalidade de apertura libre, e no 1991 na de sorteada a tres lances. Por problemas de saúde retirouse no ano 1993 e morreu un ano máis tarde en xuño do 1994.

Os seus atinados comentarios cheos de ironía e as súas sonoras gargalladas fixéronse famosas nas salas de análise dos torneos. Grazas aos seus tremendos coñecementos e a este fino sentido do humor tamén destacou na faceta literaria. Entre os seus libros destacan especialmente "Move Over" dedicado aos principiantes e os 6 volumes da «Encyclopedia of Draughts» que publicou no ano 1991.

Dos seus escritos sacamos elucidativas sentencias coma estas:

• É moi importante o coñecer os xogos teóricos estudados durante séculos. O xogador que basea todo no seu propio esforzo é comparable ao músico que toca de oído.
• Forzar os movementos do opoñente é un dos segredos para gañar en damas.
• Usa a túa cabeza tanto como as túas mans.
• Pensa que o opoñente sempre vai xogar a mellor.
• Quen é o mellor xogador demóstrao nos finais.
• Non teñas medo de mover os teus peóns da base, non hai razón para intentar xogar con 8 pezas se o teu opoñente está usando 12.
• Analiza por eliminación, primeiro bota unha ollada aos movementos absurdos e aos que teñen peor pinta. Se conceden vantaxe ao adversario poden ser rapidamente desestimados para concentrarse nos mellores dispoñibles.

E despois desta pequena reseña, agora imos ver una mostra do seu estilo no que non faltan os golpes tácticos e os movementos agresivos loitando sempre na procura da vitoria. Sen dúbida algunha era un damista espectacular e o seu xogo engaiolaba aos espectadores.


Sam Cohen vs. Derek Oldbury
Campionato Británico; Sheffield, 1950
Apertura «Oblicua Marxinal»

1.11-15 …

Esta forma de abrir o xogo é coñecida como a «Oblicua». Ao mover desde o flanco máis débil e en dirección lateral só está considerada como a quinta mellor saída en forza, unicamente superior a 1.09-13 ou a 1.12-16.

Para os seguidores das teorías máis xenuínas na planificación das aperturas ten o inconveniente de desfacer moi prematuramente o triángulo estratéxico formado polos seis peóns situados nas casas: «2», «3», «4», «6», «7» e «11».

Non chegou a ser tratada polos clásicos españois e o seu estudo pioneiro foi publicado en Escocia na 4ª edición do libro de Drummond [1866] que a denominou como «Apertura Denny», o mesmo nome que o da vila onde se formou como xogador.

1. … 21-17;

A resposta «Marxinal» que a teoría estima de prognóstico igualado, pois aínda que move para un lado, as brancas agora non dispoñen de ningunha xogada que lles permita adiantarse na loita polas casiñas centrais.

1. ... 23-20 (atacando o flanco debilitado) ou 1. ... 21-18 (movendo cara ao centro) conceden unha lixeira vantaxe ao segundo xogador. Mentres que 1. ... 23-19, aínda que boa, quizá non sexa tan forte xa que pode ser ben contestada con 2.10-14, 19x10; 3.05x14 e se agora 3. ... 28-23; [3. ... 21-18; 4.14x21, 25x18; 5.07-11,28-23; 6.01-05, traspón á liña máis común da "Partida Anderson" coas cores revertidas] 4.15-19, 22x15; 5.12x28, 32x23; 6.01-05, e as brancas non se senten incómodas.

2.06-11 ...

Este xogo foi disputado con apertura sorteada dos 3 primeiros lances. A «Enciclopedia Damista» considera que esta continuación é difícil de xogar para as brancas e aconsella como mellor 2.10-14 para traspoñer a unha aceptable liña da «Diagonal Marxinal» ou seguir con 2.07-11, 23-19; [2. ... 23-20 sería unha boa opción] 3.10-14, 19x10; 4.05x14, coas seguintes posibilidades para as negras:

• 4. ... 22-18; 5.14x21, 25x18; e as brancas quedan ben tras 6.01-05, 28-23; 7.05-10, 26-22; [o xogo traspuxo para unha variante “frouxa” da Anderson coas cores revertidas].

• 4. .... 25-21; 5.01-05, 22-18; 6.05-10, 28-23; 7.15-19, 23-20; con vantaxe branca. Nótese que non valía a resposta típica no xogo angloamericano: 7. ... 32-28; porque as brancas entran en dama con 8.10-13, 17x10; 9.06x22, 27x18; 10.11-15, 18x11; 11.12-16, 23x14; 12.02-06, 11x02; 13.04-07, 02x20; e 14.16x32.

• 4. ... 22-19; 5.14x23, 28x19; 6.15x22, 27x18; 7.01-05, 26-21; 8.12-16, 18-13; 9.09x18, 21x07; 10.04x11, 32-28; 11.08-12, 28-23; 12.12-15 con lixeira vantaxe branca [Vaz Vieira vs. Silva Pereira; 18º Campionato de Portugal disputado en Coimbra, 1988].

• 4. ... 28-23; 5.15-19, 22x15; 6.12x28, 32x23; 7.08-12, 25-21; 8.01-05, 27-22; 9.05-10 ... [Vaz Vieira vs. Cap. Santos Deodato; Torneo Conmemorativo da Federación Portuguesa disputado en Lisboa no ano 1981] 9. ... 22-19; 10.11-15, 30-27; 11.15x22, 27x11; 12.06x15, 23-19; con xogo equilibrado.

2. ... 23-19:

A mellor, ocupando a principal casa central.

3.12-16 ...

Naquel tempo estaba considerada como a mellor. Hoxe é unha xogada pouco habitual e son máis empregadas 3.11-14 ou 3.10-13.

a) 3.11-14, 25-21; 4.14x23, 27x11; 5.07x14, 24-20; 6.14-19, 22x15; 7.12x19, 28-23; 8.19x28, 32x23; 9.10-14, 26-22; con vantaxe negra [Cap. Santos Deodato vs. Vaz Vieira; Torneo Conmemorativo da Federación Portuguesa disputado en Lisboa no ano 1981].

b) 3.10-13, 17x10; 4.05x23, 28x19; 5.01-05, 25-21; 6.05-10, 21-18; 7.12-16, 19x12; 8.08x15, 32-28; 9.02-06, 28-23. Agora debe seguir 10.15-20 con lixeira vantaxe negra, pero se 10.04-08 [común no xogo angloamericano] contéstase, non con 10. ... 23-19, senón con 10. ... 23-20; 11.16x23, 27x20 e as brancas non poden defenderse. Se por exemplo seguen con 12.10-14, 29-25; 13.14x21, 25x18; 14.15-19, 22x15; 15.07-12, 31-27; 16.12x19, 18-13; 17.09x18, 26-22; 18.19x26, 30x27; 19.03x12, 20-16; 20.12-15, 16-12 GN.

3. ... 19x12; 4.08x15, 25-21; 5.02-06 ...

Unha xogada típica en varias liñas desta apertura con idea de apoiar unha futura ruptura con 15-20.

a) Se 5.10-14, 22-19; 6.15x22, 26x10; 7.05x14, 24-20; 8.16x23, 28x10; 9.02-05, 10-06; 10.03x10, 27-22; 11.10-14, 30-27; 12.05-10, 27-23; [como no libro "Key Openings" de R. Pask] 13.11-15, 32-28; 14.01-05 ... [Se 14.07-10, 28-24 as negras teñen vantaxe] 14. ... 31-27; 15.14-19, 23x14; 16.10x26, 29x22; 17.05-10, con xogo igualado.

b) Se 5.07-12 ... [Perdedora no xogo angloamericano] 5. ... 28-23; 6.10-14, 22-18; 7.15-19, 23-20; [Interesante é 7. ... 27-22]  8.16x23, 27x20; 9.12-15, 31-27; [10.04-07, 27-22 con vantaxe negra. "Key Openings"] 10.05-10, 27-22; 11.02-06, 32-28*; 12.10-13, 21-17; para empate.

5. . .. 28-23;


POSICIÓN DESPOIS DE 5. ... 28-23

6.04-08 ...

Sam esperaba por 6. ... 23-19 para cortar con 7.15-20 e conseguir así unha posición satisfactoria. Pero a verdade é que a xogada compromete enormemente o xogo. Mellor sería seguir con 6.10-14, 22-18; 7.06-10, 31-28; 8.15-19!, 29-25; [8. ... 27-22; 9.11-15, 18x11; 10.07x14, 22-18; 11.03-07, 18x11; 12.07x14, 23-20; 13.16x23, 26-22; 14.19x26, 28x12; 15.04-08, 29-22; 16.08x15, 22-18; 17.14-19, 18-14; 18.19-22, 14-11; con final igualado] 9.04-08, 17-13; 10.10x17, 23-20; 11.16x23, 27x20; 12.07-12, 20-15; 13.11x20, 24x15; 14.19-22 con posición equilibrada.

6. ... 23-20;

Comezando unha "manobra de pinzas". Pero como DEO comentou posteriormente, é moito máis forte 6. ... 21-18; ameazado 17-13 seguido de 18-14 e o tiro con 23-20. Nunhas notas escritas a lapis di que é gañadora para as negras. En clásicas moi probablemente as negras poidan salvarse pero é terriblemente complicado. Quizás esta sexa a solución:  7.15-20, 24x15; 8.11x20, 32-28; 9.09x18, 22x13; 10.05-09, 26-22; 11.09x18, 22x13; 12.20-24 [12.06-11, 13x06; 13.03x10, 27-22; 14.20x27, 30x23; 15.01-05, 22-18; 16.05-09, 23-19; 17.07-12, 17-13; 18.10x17, 19-14; 19.11-15, 14-10; 20.15-19, 10-06; 21.19-22, 06-03; 22.17-21, 03-07; 23.22-26, 29x22; 24.25-29, 31-27 GN.] 13-09; 13.10-13, 17x10; 14.06x13, 27-22; 15.07-11, 29-26; 16.11-15, 26-21; 17.13-17, 22-18; 18.17x26, 30x21; 19.15-20, 18-14; 20.20x27, 31x22; 21.16-20, 14-10; 22.20-23, 09-05; 23.03-06, 10x13; 24.01x10, 03x13; 25.23-27, EMP.

7.16x23, 27x20; 8.10-14, 22-18;

Completando a manobra. As "pinzas" xa están formadas.

9.08-12 ...

Con intención de forzar a mover a portentosa peza de «20». Se agora 9. ... 26-22; 10.05-10 e as negras non teñen ningunha mellor que 10. ... 20-16. Con todo, en lugar da do texto, era preferible 9.05-10, 26-22; 10.07-12, 29-25; [Se 10. ... 20-16; 11.14-19 con gran superioridade das brancas] 11.12-16 que iguala facilmente.

9. ... 32-28;

Na sala escoitouse un murmurio. Os espectadores pensaron que con esta xogada Derek sobrevaloraba a súa posición e acababa de estragar o xogo.

10.12-16, 28-23; 11.14-19 ...

Aínda que Derek viña de gañar O "Scottish Open Tourney" [o seu primeiro torneo importante], no momento no que se xogou este encontro o favorito era Cohen -un xastre londiniense- que anos atrás xa tiña gañado en seis ocasións o Torneo Inglés e posuía tres entorchados de Campión Britanico.

Sam semellaba contento e os miróns asentían coa cabeza. Pero en vista do que vai pasar era mellor:

a) Ou ben 11.05-10, 26-22; 12.07-12, 31-27; 13.01-05, 29-25; 14.01-05, 18-13; 15.09x18, 22x13; 16.14-18, 21x14; 17.18x28, 13-09; 18.16x23, 09x02; 19.12-16, 27x20; 20.16x23, 17-13; 21.28-32, 13-10 e 24-20 seguido de 09-02 para empate.

b) Ou incluso 11.07-12, 31-27; 12.15-19, 20-15; 13.19x28, 15x08 con xogo igualado.

11. ... 23x14; 12.16x23 ...

O peón «23» ameaza con ir a dama e as brancas semellan ter o xogo gañado. Mais é agora cando salta a sorpresa. [Ver diagrama].


XOGAN NEGRAS E GAÑAN

12. ... 18-13!!;

Pimba, pimba!

Impresionante desenlace. DEO dubidaba se estaba esperto, en infinidade de ocasións soñou con movementos coma este.

13.09x25, 31-27; 14.11x18, 27x04; e as negras gañaron o final [0-1].

mércores, 1 de xuño de 2011

Base de datos [14]

O xogo que publicamos hoxe foinos enviado polo damista marroquino Adil Belyamani "Aadil" que nunha conversación que mantivemos a través da Ludoteka ofreceunos a súa axuda. Esta é a súa primeira colaboración.

Aadil vs. Marrakech_y
Ludoteka, xuño 2011
Apertura «Dereita Límite»


POSICIÓN DESPOIS DE 10.10-14 ...


1.09-13, 24-20 [A]; 2.12-15 [B], 20-16 [C]; 3.13-18 [D], 21x14 [E]; 4.11x18, 22x13; 5.10x17, 28-24 [F]; 6.05-10, 27-22 [G]; 7.01-05, 23-19; 8.06-11, 19x12; 9.08x15, 32-28; 10.10-14 [H], 28-23; 11.14-19, 23x14; 12.11x27, 31x22; 13.05-10, 22-19; 14.15x22, 26x19; 15.02-06, 30-26; 16.10-14, 19x10; 15.06x13, 25-21; 16.4-8, 24-20; empate.

A] Apertura «Dereita Límite» de prognóstico igualado.

B] Unha liña pouco estudada. O lector pode ver algunha outra alternativa neste mesmo blog no artigo do 20/02/2011 titulado: “Un Brooklin de Adelino Ribeiro”.

C] A «Enciclopedia Damista» segue a recomendación do Kear é dá como mellor a troca de peóns 2. ... 21-18. A continuación do texto comezou a ser estudada a raíz da introdución en campionatos das aperturas a 3 lances.

D] 3. Se 13-17, 21-18; [13. ... 23-19; 4.10-14] 4.10-14, 23-19; 5.14x21, 19x12; 6.08x15, 25x18; 7.05-10, 28-23; 8.01-05, 23-19; 9.15-20, 18-13; 10.05-09, 32-28; e a posición tende ao equilibrio.

E] 3. ... 22x13; 4.10x17, 28-24; 5.05-10, 23-20; 6.01-05, 27-22; 7.08-12 con xogo igualado, pero non 7.10-14, porque segue o golpe 7. ... 16-12; 8.07x23, 22-19; 9.15x22, 26x01; GN.

F] 5. ... 26-22; 6.05-10, 23-19; 7.08-12, 28-24; [Compromete o xogo. Adecuado era 7. ... 28-23; para despois de 8.06-11 poder seguir con 32-28 con xogo equilibrado] 8.06-11, 32-28; [Cae en golpe xa publicado no blog "Taboleiro e Tapete". En todo caso as negras estaban nunha situación moi difícil] 9.17-21, 25x18; 10.11-14, 18x11; 11.07x32, 16x07; 12.04x11, [Resultado: 1-0] [Veríssimo_D vs. Nonou; Ludoteka, marzo de 2011].

G] Se 6. ... 23-20; as brancas quedan moi ben despois de 7.15-19. Nun célebre xogo Nathan Rubin vs. Willie Ryan [Match de Detroit, 1935] o “Cometa de Bronx” seguiu con 7. ... 26-21; e tras 8.17x26, 29x15; 9.10-14!, 25-21; 10.14-19, 32-28; 11.05-09, 21-17; 12.19-22, 27-23; 3.06-10 veuse obrigado a abandonar [1-0].

H] Ata aquí o xogo segue unha liña xa indicada en guías como «Basic Checkers» de Richard Fortman ou «Solid Checkers» de Richard Pask. A posición é a representada no diagrama. Como alternativa agora poderíase continuar con 10. ... 22-18; 11.14x21, 25x18; 12.05-10, 28-23; 13.10-14, 18-13; 14.03-06, 23-20; 15.14-18, 31-27; 16.15-19 para empate, tal como ocorreu nun enfrontamento Derek Oldbury vs. Eugene Frazier.

[Comentarios: "TRES E DAMA"]