sábado, 27 de marzo de 2010

Partida Heroica. Defensa Jackson

1.10-14, 24-20;
A mellor saída é contestada coa resposta máis frouxa. Queda así constituída a partida que o Dr. OAL denominou como a "Heroica", moitas veces empregada en abertura libre para despistar aos rivais menos experimentados.
2.12-16 ...
As brancas constrinxen o xogo do rival impedindo a ocupación da casa "16" que xustificaría a primeira xogada negra.
2. ... 28-24;
Tapando o burato con idea de desafogar o xogo coa ruptura en "15".
3.05-10 ...
Para iniciar o ataque ao flanco de río negro sen preocuparse de frear a ruptura na casa "15"
3. ... 31-28;
Defensa de Andrew Jackson popularizada por Nathan Rubin a raíz dun celebre xogo disputado no Cto. dos Estados Unidos de Cedar Point, 1929. Esta continuación era tamén a favorita do extraordinario campión Marion Tinsley. O obxectivo da xogada é defender con 28-24 o peón avanzado que vai ocupar a casa "dique" despois de efectuar a tradicional ruptura con 20-15.

POSICIÓN DESPOIS DE 3. ... 31-28

4. 01-05 ...

Fina xogada de desenvolvemento cara o centro. Non era tan preciso facelo co peón de 8 porque despois de 4. ... 20-15; prodúcese un dobre troco que permite ao negro xogar con absoluta comodidade.

4. ... 21-18;

Nun dos enfrontamentos do match entre James Wyllie e Robert Martins (ano 1880), este último continuou con 4. ... 20-15; pero como o peón de 10 xa está sustentado, as brancas toman claramente a iniciativa ao poder atacar pola casa 19. O xogo seguiu con 5.11×20, 24×15; 6.7-11, 28-24; 7.11×20, 24×15; 8.14-19(!), 23×14; 9.10×19, 32-28; 10.16-20, e as negras atópanse con bastantes problemas. De feito, Martins equivocouse e continuou con 10. ... 27-23; que despois de 11.20×27, 31×14; permite o toque gañador 12. 6-11.

Outra posibilidade sería 4. ... 22-19; 5. 9-13, 21-17; 6. 5-9, 20-15; 7. 11×20, 24×15; (M. Custodio – J. Almeida, Porto 1998) 8. 7-11, 28-24; 9. 11×20, 24×15; 10. 4-7, 27-22; 11. 13-18, 22×13; 12. 9×18, 17-13; 13. 10×17, 19×10; 14. 6×13, 23-19; 15. 2-6, 26-21; 16. 17×26, 30×14; 17. 13-18 con vantaxe decisiva. Por isto era un pouco mellor 5. ... 26-22; aínda que despois de 6. 5-9, *20-15; 7. 11×20, 24×15; 8. 13-18, 22×13; 9. 10×26, 19×10; 10. 6×13, *30×21; 11. 13-17, 23-19; 12. 17×26, 29×22; 13. 9-13 as brancas están ben colocadas.

5. 14×21, 25×18;

Na disputa do III Campionato Postal de Portugal e nesta mesma posición, Vieira de Carvalho preferiu tomar para o bordo con 5.- … , 26×27; e despois de 6.- 10-14, 22-19; o seu rival H. Medalha da Silva continuou con 7.- 14-18 que concede lixeira vantaxe, pero era preferible manter a tensión e xogar 7.- 5-10 coa que a vantaxe sería practicamente decisiva. Pois se:

• 7.- ..., 25-21; 8.- 9-13 (!), 29-25; 9.- 7-12, 27-22; 10.- 13-18 (!), 22×13; 11.- 11-15, 20×11; 12.- 6×22, 13×6; 13.-3×10 G.B.

• 7.- ... , 20-15; 8.- 11×20, 24×15; 9.- 14-18 forza a ganancia dun peón pola ameaza de tiro con 18-21. Tamén sería moi forte 9.-7-11.

• 7.- ..., 29-26; 8.- 9-13, 20-15; 9.- 11×20, 24×15; 10.- 7-11, 26-21; [ se 10.- ..., 28-24; 11.- 11×20, 24×15; 12.- 4-7, 27-22; 13.- 13-18 e 14.- 16-20 G.B.] 11.- 11×20, 27-22; 12.- 20×27,30×23; 13.- 4-7(!), 21-18; 14.- 14×21, 25×9; 15.- 7-11, con gran superioridade das brancas.

6. 10-14 ...

Cargando sobre o peón 18 para intentar debilitar máis esa zona.

6. ... 20-15;

O momento esperado para facer a ruptura.

7. 14×21, 26×17; 8. 11×20, 24×15; 9. 05-10 ...

A liña con 9.- 16-20 seguido de 7-12 e 3×26 elimina moito material do taboleiro polo que facilita a defensa.

Na famosa partida entre R. Taylor e N. Rubin (Cto. EEUU de 1929) que puxo de moda esta liña, xogouse 9.07-11 e as negras acadaron unha moi cómoda posición despois de 9. ... 28-24; 10.11x20, 24x15; 11.04-07, 32-28; 12.07-11, 28-24; para posteriormente empatar sen problemas de ningún tipo.

9. ... 23-20;

Defensa de Tescheleit recomendada no seu "Master-Play of the Draughts Board".

Achamos peor a continuación por 9. ... 29-26; xa que con 10.- 7-11 , 28-24; 11.- 11×20, 24×15; 12.- 10-14, 23-20; 13.- 16×23, 27×20; 14.- 14-18, 22×13; 15.- 9×18, 26-22; 16.- 18×27, 30×23; 17.- 6-10, 32-28; 18.-10-14, 15-11; 19.- 14-18, 17-13; 20.- 18-22, 13-10; 21.- 22-27, 11-6; 22.- 2×11, 20-15; [22.- ... , 10-5; 23.- 27-31, 28-24; 24.- 11-15, 20×11; 25.- 31-28, G.B.] 23.- 11×20, 23×16; 24.- 27-31, 10-5; 25.- 31×24, G.B.

A continuación 9. ... 23-19; 10.16-20, 27-23; (10. ... 28-24; 11.07-11 G.B.) 11.20x27, 30x23; 12.07-12 dá gran vantaxe ao branco.

Pero sería unha posible alternativa 9. ... , 29-25; 10. 9-13 ... (ou 10.07-11, 28-24; 11.11x20, 24x15; 12.04-07, 32-28 con xogo equilibrado como recomenda o manual de Ketchum e tal como logo se xogou en W.Ryan vs. M. Tinsley do Campionato EEUU disputado en Newark, 1946. Agora, neste momento, pódese seguir coa interesante 13.16-20 aplicada por M. Holmes contra A. Moiseyev no Torneo de Illionis-2006, e que segúndo parece é unha receita do propio Tinsley) 10. ... 23-20; 11. 16×23, 28x19; (11. ... 27×20; -recomendación de R. Martins para empate- falla en damas clásicas pois con 12. 7-12 as brancas teñen xogo gañador) 12.-07-11, 32-28 con xogo igualado como no match de 1989 entre Paul Davis e Marion Tinsley.

10. 16×23, 28×19; 11. 07-11 ...

Un xogo disputado en Odemira entre Joao Oliveira e Vaz Vieira pertencente ao Campionato portugués de 2007 seguiu con 11.06-11, 15x06; 12.02x11, 32-28; 13.07-12, 22-18; 14.12-15 e terminou en EMP. Mais neste caso as negras dispoñen da interesante 12. ... 19-14; 13.10x26, 29x22; con idea de 17-13 para levar o peón a dama. As brancas deben enfiar fino con 14.11-14, 17-13; 15.09x18, 22x13; 16.14-18, 30-26; 17.03-06, 13-09; 18.06-10, 09-05; 19.10-13, 05-02; 20.13-17, 27-23; 21.08-12 (21.18-21, 02-20 EMP.) 32-28; 22.12-16, 02-05; 23.18-21, 28-24 EMP.

11. ... *32-28; 12. 11×20, 28-24; 13. 09-13, 24×15; 14. 04-07, 29-25

POSICIÓN DESPOIS DE 14. ... 29-25

• Se 14. ... , 27-23; 15.07-12, forza a seguir con 15-11; e despois de 16. 06×15, 29-25; 17. 13-18, 22×06; 18. 03×10 as brancas deben gañar.

• Se 14. ... , 30-26; 15. 13-18, 22×13; 16. 07-11 decide.

• Ou se 14. ... , 29-26; 15. 07-12, *15-11; 16. 06×15, *26-21; 17. 15-20, 27-23, 18. 20×27, 30×23; 19. 03-07, 21-18; 20. 07-11, 18×19; 21. 11-15 deixa ás negras ante serias dificultades.

15. 07-12, *30-26; 16. 13-18 ...

Desfacendo o "dique" formado polas negras. Nótese que non valía 16.03-07, por 19-14 e G.N.

16. ... 22×13; 17. 03-07, 13-09; 18. 07-11, 27-22; 19. 11×20, 22-18; 20. 12-15 ...

O xogo está equilibrado. Se 20.06-11, 26-22; 21.24-20, 18-13; 22.11-14, 13x06; 23.14x23, 06-03; 24.12-16, 22-19; 25.23-28, 19-15 tamén leva ao empate.

20. ... 19×12; 21. 08×15, 26-21; 22. 20-24 ...


XOGAN NEGRAS E EMPATAN

22. ... 09-05; 23.- 02×09, 18-13; 24. 09×18, 21×05; EMPATE.

venres, 26 de marzo de 2010

Solución do final Ribeiro vs. Moutinho

Trátase dun tema no que o negro necesita gañar un tempo. Moutinho debería xogar 32. ... 09-05; 33.02x09, 25-21; 34.18x25 ... [agora as brancas non teñen tempo para defender a ameaza que vai crear a dama negra] 34. ... 16-03; 35.09x18, 03x32; e prodúcese o EMPATE.

Visto así, quizais non pareza tan difícil, pero o lector debe lembrar que nas partidas non temos a ninguén que nos alerte das boas xogadas.

sábado, 20 de marzo de 2010

Un final de Adelino Ribeiro

XOGAN NEGRAS E EMPATAN

A esta situación chegouse nun enfrontamento amigable entre Adelino Ribeiro e Ramiro Moutinho celebrado en Porto (Portugal) no ano 1947. O xogo completo foi publicado na sección de damas do "Xornal de Xadrez" (Número 6 - ano 1947) que orientaba o Capitán Evaristo Borges, e posteriormente, no tratado da Enciclopedia Damista.

Ribeiro coñecido entre os afeccionados como o "Campión do Norte" era un grandísimo teórico, practicamente imbatible en partida libre, e destacaba especialmente pola súa enorme habilidade nos finais. O seu rival, varias veces campión de Aveiro, foi un dos principais precursores da saga de excelentes damistas que saíron de Sao Joao da Madeira.

Na posición do diagrama na que correpondía realizar ás negras a súa xogada trixésimo segunda, seguiron con 32. ... , 16-30; e despois de 33.28-32 comprenderon que pouco había que facer e abandonaron. Nada digno de destaque, mais recuando so un chisco, si que poderiamos atopar a sorpresa e percatarnos que o xogo de damas é moito máis dificil do que algúns pensan. Ribeiro acababa de sacrificar un peón en "20" para desviar a dama rival e quitarlle así o control do río, porén o mestre portuense non se guiou pola máxima de Tinsley da "vixilancia extrema" e deixouse levar pola intuición xogando a irreflexiva 32.24-28, tal como se reflicte no diagrama. Evidentemente non viu a brillante idea coa que o seu rival podía ter conseguido o empate, pois nese caso tería xogado 32. 31-28 que si lle valería para conseguir a vitoria.

Polo que eu coñezo, penso que ninguén antes se decatou deste detalle. É por este motivo que amosamos este final hoxe aquí, póren con todo non expoñeremos a solución ata a vindeira semana. Namentres, será tarefa do lector o descubrir a graciosa manobra que lle permitiría a Moutinho salvar o xogo.

sábado, 13 de marzo de 2010

Resolvendo o "saque de peón".

O bando forte coloca unha dama en "1" e a outra en "16" como na posición de Cecina. Vexamos todos os casos posibles segundo a situación da dama rival.

SUPOSTO PRIMEIRO: Dama negra en 3.

XOGAN BRANCAS

1.01-23! ...

No tratado de Cecina e no dos autores clásicos que lle seguiron xógase 1.01-28, un movemento que facilita a defensa. A clave do noso método é impedir que o negro ocupe a diagonal 16/30 con garantías para atacar o peón desde o cadro "20". A dama de "16" vai ser empregada para exercer o control da diagonal 3/17 no momento preciso. .

1. ... 03-13;

1. ... 03-17; 2.16-03 ... [Tamén valería 2.23-14 como no "suposto terceiro"] 2. ... 17-26; [Se 2. ... 17-21; 3.02-06, 21-30; (xa que se a dama queda na paralela 4/25 continúase con 4. 14-01 e acúrtase o proceso) 4.*23-28 ... (obrigada para defender o ataque ao peón por 20) 4. ... 30-21; 5.23-01, 21-18; 6.03-12 e estamos na posición de remate de Valls] 3.23-28 ... e agora para impedir o avance do peón hai dúas opcións: 3. ... 26-15; ou 3. ... 26-22. En ambos os dous casos segue 4.03-07 como nas bases "1" e "2" respectivamente.

2.16-03, 13-22;

  • 2. ... 13-31; 3.23-14 G.B. capturando a dama negra.
  • 2. ... 13-18; 3.02-06, 18-21; [ Se saen da diagonal de corte con 2. ... 18-22; 3.06-11, 22-18; 4.03-07, 18-13; (por suposto se 4. ... 13-22; 5.23-01 con pase fácil) 5.11-15, 13-03; 6.07-14 e pasa o peón. Se 2. ... 18-31; 3.06-10, 31-22; (Pois a 3. ... 09-05; segue 4.23-27 e 5.03x01 G.B.) 4.23-14 e o peón pasa] 4.23-01, 21-1 e as brancas gañan co remate de Valls.

3.23-14 G.B. [Ver base 3]

SUPOSTO SEGUNDO: Dama negra en 13.


XOGAN BRANCAS

1.01-28! ...

Agora non sería bo ocupar a casa "23" porque as negras poden ir a "3" impedindo á outra dama evolucionar favorablemente. A idea da xogada textual é prepararse para ir a "23" se as negras ocupan as casiñas "3" ou "18".

1. ... 13-18;

  • 1. ... 13-03; 2.28-23 traspón ao "suposto primeiro" (cun movemento de máis).
  • 1. ... 13-17; 2.16-03 seguido de 02-06 e o peón pasa ben xa que a dama negra non pode molestar á de "28".
  • 1. ... 13-31; 2.28-14, *31-22 (Única para non perder a dama) 3.16-03 (base 3).
  • 1. ... 13-22; 2.16-07 e fórmase a base 2.

2.28-23 ...

Ocupando este cadro no momento xusto. Agora non era o momento de sacar o peón debido á ameaza 18-31. Tampouco se debe xogar 2.16-03 porque deixa libre a diagonal 16/30 e as negras xogarían 2. ... 18-27; atrasando o proceso xa que agora non vale adiantar o peón por 27-31 seguido de 32-24 con EMP.

2. ... 18-13;

  • 2. ... 18-21; 3.02-06, 21-30; 4.23-01! e o peón pasa.
  • 2. ... 18-31; 3.23-14, *31-22; 4.16-03 [base 3].

  • 2. ... 18-11; 3.16-03, 11-15; [Se 3. ... 11-24; 4.23-14, e comen a dama. Igualmente se 3. ... 11-18; 4.02-06, como no "Suposto Primeiro" na liña principal con 2. ... 13-18; 3.02-06] 4.03-07, 15-22; [4. ... 15-04 (ou 26 ou 29); 5.23-28, como no "Suposto Oitavo" nas variantes á segunda xogada] 5.23-28 e gáñase pola "base 2".
  • 2. ... 18-22; 3.16-03, 22-15; [3. ... 22-18; 4.02-06 como no "Suposto Primeiro" despois de 2.16-03, 13-18; 3.02-06] 4.03-07 e ao desprazamento da dama negra pola paralela segue 5.23-28 como no punto inmediatamente anterior.

3.16-03 cunha xogada máis, traspón ao "Suposto Primeiro" despois de 2.16-03.

SUPOSTO TERCEIRO: Dama negra en 17.


XOGAN BRANCAS

1.01-14 ...

Polo "Segundo Suposto" sabemos que a dama vai a "28" cando a negra se coloca en "13". Tamén coñecemos que hai que ir a "23" cando o rival ocupa o cadro "3" . Como nesta situación as negras teñen a posibilidade de ocupar esas casiñas, as brancas fan esta xogada de espera para descontrolar á defensa.

1. ... *17-26; 2.14-28, 26-22;

  • 2. ... 26-15; 3.16-07, base 1
  • 2. ... 26-17; 3.16-03 e 4.02-06 igual que no Suposto Segundo despois de 1. ... 13-17.
  • 2. ... 26-21; 3.02-06 para ir ao remate de Valls.
  • 2. ... 26-08 ou 26-29; 3.16-07 e o peón sae sen dificultades.

3.16-07 [base 2]

SUPOSTO CUARTO: Dama negra en 4.

1.02-06, 04-18; 2.16-12 Remate de Valls.

SUPOSTO QUINTO: Dama negra en 11.


XOGAN BRANCAS

1.01-28 ...
No caso de que a dama do río estivese en 23, xa se pode xogar directamente 16-03.

1. ... 11-18;

  • 1. ... 11-15; 2.16-07, [base 1].

  • 1. ... 11-24; 2.28-14, 24-15; 3.16-03, 15-08 (ou 26 ou 29); 4.14-28 e agora para evitar o avance as negras teñen que xogar 4. ... 08-15 ou 4. ... 08-22 pero con 5.03-07 fórmanse as consabidas bases "1" e "2" respectivamente.
  • 1. ... 11-04 (ou 21 ou 25); 2.02-06, 04-18; 3.28-01 e remate de Valls.

2.28-23, traspón ao "Suposto Segundo" na liña principal despois de 1. ... 13-18.

SUPOSTO SEXTO: Dama negra en 18, en 21 ou en 25.

1.02-06 e vaise ao remate de Valls.

SUPOSTO SÉTIMO: Dama negra en 8.

1.01-28, 08-22;

  • 1. ... 08-04; 2.02-06.

  • 1. ... 08-15; 2.16-07 [base 1].
  • 1. ... 08-26 (ou 29); 2.16-07, 26-17; 3.07-03 e o peón avanza.

2.16-07 [base 2].

SUPOSTO OITAVO: Dama negra en 15.

1.16-07, 15-22;

1. ... 15-26 (ou 29 ou 04); 2.01-28, 26-22; [2. ... 26-17; 3.07-03 e 4. 02-06 o peón pasa] 3.02-06, 22-31; 4.28-01, 31-24; 5.07-11 G.B. como no remate de Valls despois de 6.04-11.

2.01-28 [base 2]

SUPOSTO NOVENO: Dama negra en 22.

XOGAN BRANCAS

1.01-14, 22-26;
  • 1. ... 22-15; 2.16-03, 15-04 (ou 29 ou 26); 3.14-28 e posición xa estudada no "suposto oitavo".
  • 1. ... 22-13 0u 22-31; perde a dama despois de 2.16-03.

2.14-28, xa visto no suposto sétimo.

SUPOSTO DÉCIMO: Dama negra en 29.

1.01-28 e estamos en terreo coñecido.

  • Se 1. ... 29-15 ou 1. ... 29-22; con 2.16-07 estamos nas bases "1" ou "2".
  • Se 1. ... 29-08; Pasa ao suposto terceiro con 2. ... 26-08.

  • Se a dama vai a calquera outra casiña da paralela 8/29 segue 2.16-07 e o peón anda como nos comentarios do suposto oitavo.

SUPOSTO UNDÉCIMO: Dama negra en 26.

1.01-28 e segue como na liña principal do suposto terceiro.

SUPOSTO DUODÉCIMO: Dama negra en 31.

1.01-14, *31-22; 2.16-03 G.B. [base 3]

SUPOSTO DÉCIMO TERCEIRO: Dama negra en 24.

1.16-07, 24-31; 2.02-06 ...

O peón avanza a menos que as negras xoguen 2. ... 31-13; nese caso con 3.07-03 vaise ao remate de Valls. Igualmente se 2. ... 31-24; 3.07-11 tamén leva a posicións estudadas no devandito remate.

sábado, 6 de marzo de 2010

A técnica no "saque de peón"

Considerando ás brancas como o bando forte, deben comezar colocando as damas en "1" e "16" como na posición de Cecina que vimos na entrada da semana pasada. A clave do proceso está en levar a dama do río a "28" para protexer a saída do peón, pois cando este avance para o cadro "6", se é atacado desde "20" ou "15" xógase 28-24 forzando o cambio de damas.
As negras van tratar de defenderse cortando o pase do peón, ou permitindo que saía para despois atacalo directamente ou previo desvío da dama branca de "28".
Cunha boa condución o peón vai saír sen perigo para ir a dama seguindo o proceso de Lorenzo Valls. Dependendo da defensa que escolla o negro, as brancas poden empregar unha destas tres bases de arranque que estudaremos a continuación:
BASE 1

XOGAN NEGRAS

1. ... 15-22;
Non había forma de impedir o avance do peón. Se 1. ... , 15-24; 2. 28-31!, 24-20; 3. 07-11, 20×06; 4. 02×11, 09-05; 5. 31-28 e dá o mesmo na casa que coroen que a dama está perdida. G.B.
2. 02-06, 22-31;
Xa sabemos que non vale 2. ... 22-15; porque se forza o cambio da dama con 3.28-24. A textual é a única que impide o avance 3.06-11.
3. 28-01, 31-13;
Con 3. ... 31-24; 4. 07-11, o proceso acúrtase. A posición sería a mesma cá do remate de Valls despois da xogada sexta do branco.
Outras xogadas non impiden o avance do peón.
Por exemplo 3. ... , 31-27; 4. 06-11, 27-20; 5. 11-14, e se agora continúan con 5. ... , 20-11; segue 6. 07-04, 11×25; 7. 01-14 e 8. 04×14 G.B.
4. 07-03 ...
Ao estar a dama en 7, e non en 12 como era o caso que presentabamos nos comentarios á primeira xogada do remate de Valls, non se debe aínda avanzar o peón porque despois de 4. ... 13-06; 5. 11-14, 06-03; as brancas perden unha das damas.
4. ... 13-18;
Impide o avance pero vai dar á célebre posición de Valls. As brancas coroan nun total de 19 movementos.
................................................................................
BASE 2
(Posición inicial de Fernando Martíns)

XOGAN NEGRAS

Esta mesma posición foi proposta polo campión lisboeta de 1943 Fernando Martins, pero o desenvolvemento que nós aquí indicamos é diferente.

1. ... 22-13;

As negras ocupan a diagonal de corte 3/17. Outras opcións son:

a) 1. ... 22-31; 2.28-24, 31-27; [Se vai a 22 segue o mesmo proceso, e se fai 1. ... 31-13; perden por envío a dama con 2.02-05, 09×02; 3.07-11 e 24×17 G.B.] 3.07-14, 27-22; [Se 3. ... 27-31; 4.2-6, 31-22; (non vale 4. ... 31-13; polo envío a dama con 14-05, seguido de 06-11 G.B. -Ver nota ao final desta entrada-) 5.24-31, 22-29; 6.14-01, 29-25; 7.31-22 e remate de Valls] 4.24-31, 22-29; [Se 4. ... , 22-12; 5.2-6 e traspón. Ou se 4. ... , 22-26; 5.02-06, 26-17; 6.06-11 volve a traspoñer. No caso de 4. ... 22-15; 5.14-11, 15x06; 6.02x11, 09-05; 7.31-28 G.B.] 5.02-06, 29-12; 6. 14-01, 12-07; [non vale 6. ... , 12-15; por 7. 31-24, 15×2 e 8.01-05 G.B con prisión.] 7.31-22, 07-21; 8.22-08, 21-04; 9.01-28 e G.B. polo remate de Valls.

b) 1. ... 22-27; 2.- 02-06, 27-31; (Non vale 2. ... 27-20 por 3. 28-24 G.B. e se xogan 3. ... 27-22 ou 27-13; segue 4.6-11 pasando o peón con facilidade.) 3. 28-01, e traspoñemos a mesma posición e idéntica xogada da "Base 1".

c) 1. ... 22-26 ou 22-29 ou 22-8; 2.02-06 con pase sen dificultades.

2.07-21, 13-17;

Vexamos outras variantes:

a) 2. ... 13-3; 3.21-17, 03-12; 4.02-06, 12-07; 5.28-01, ... (Non valía directamente 5.17-26, 7-3; 7.06-11, 3-7; 8.11-15, porque agora 07-12 gaña material) 5. ... 7-18; 6.17-26 para ir a 8 e chegar á posición de remate de Valls.

b) 2. ... 13-27; 3.02-06, 27-30; (outras traspoñen á variante seguinte. Ver "c") 4.21-17 e acabáronse os problemas.

c) 2. ... , 13-22; 3.- 02-06, 22-31; (Se 3. ... , 22-27 xa vale 4.06-11. Se 3. ... , 22-13 ou 22-15 perden a dama. E se 3. ... 22-29 ou 22-12 ou 22-8; segue 4.21-4, ?-22; 5.06-11 e pase fácil) 4.28-01, 31-24; (Se 4. ... 31-13; 5.21-17 gaña a dama ou se 4. ... , 31-22 ou 31-27; 5.06-11) 5.21-11 traspón a xogada seis do remate de Valls.

d) 2.- ... 13-31; 3.28-24 e traspón á variante "a" da primeira xogada. Utiliza un movemento máis para coroar.

3.- 21-30, 17-13;

Se 3. ... , 17-03; 4.30-17, traspón á variante "a" da segunda xogada. Utiliza un movemento máis para coroar.

4.- 30-17, 13-22;

Se 4. ... 13-31 con 5.28-14 capturan a dama.

5.02-06, 22-31; 6.28-10 ...

Para defender o peón cun gancho. Esta idea aparece por primeira vez no tratado de Alonso Guerra (1595).

6. ... 31-18;

Non vale 6. ... 31-13 porque se perde a dama. O mesmo acontece se 6. ... 31-24; xa que con 7.06-11 funcionaría o gancho.

7.10-01, 18-07; 8.17-26 , 07-18; 9.26-08 ...

E estamos no remate de Valls despois da segunda xogada do branco. Precisaremos para coroar 22 movementos en total.

...............................................................................

BASE 3

XOGAN NEGRAS

As brancas ameazan 14-18 polo que a dama negra debe abandonar a diagonal 9/31.

1. ... 22-26;

Se xogan para 8 ou para 29 a continuación é a mesma.

2.14-28 ...

E agora para impedir o avance do peón as negras só dispoñen de dúas alternativas que van traspoñer a posicións xa coñecidas:

a) 2. ... 26-15; 3.03-07, "Base 1".

b) 2. ... 26-22; 3.03-07, "Base 2".

................................................................................

NOTA REFERIDA Á BASE 2:

No apartado "a" da primeira xogada segue 1. ... 22-31; 2.28-24, 31-27; 3.07-14, 27-22. E no desvío con 3. ... 27-31, 4.02-06 indícase que non vale 4. ... 31-13; polo envío a dama con 14-05, seguido de 06-11 G.B.

Con todo cómpre aclarar que os clásicos españois non contemplaban a lei da calidade polo que nese caso poderían seguir con 5.06-11, 13-31; 6.14-19, 31-18; 7.11-15, 18-31; (7. ... 18-25; contéstase con 8.19-14 G.B.; tampouco resulta 7. ... 18-07 porque as brancas non avanzan o peón e gañan xogando primeiro a dama para "31") 8.24-20, 31-24; (se van a 18 ou 13 perden por envío a dama) 9.19-01, 24-31; 10.15-19 e as brancas gañan igualmente.