mércores, 14 de xullo de 2010

Base de datos [11]

Verissimo_D vs. Aadil
Ludoteka, 17/5/2010.
[Modalidade 3'+20"]
PARTIDA CONTRA-CLÁSICA

POSICIÓN DESPOIS DE 7. ... 21-17


1.12-16, 22-18 [A]; 2.10-14 [B], 23-19 [C]; 3.14x23, 28x19; 4.06-10, 27-22 [D]; 5.03-06, 31-28; 6.16-20, 14x15; 7.11x20, 21-17; 8.07-11 [E], 28-24; 9.20-23, 25-21; 10.11-14, 18x11; 11.06x15, 19x12; 12.08x15, 22-19; 13.15x22, 26x19; 14.10-14, 19x10; 15.05x14, 29-26; 16.02-05, 26-22; 17.05-10, 24-20; 18.09-13, 20-15; 19.14-19, 21-18; 20.19x26, 18x09; 21.26-29, 09-05; 22.29x12, 05-02; 23.12-22, 30-26; 24.22x29, 02-20; 25.10-14, 20x27; 26.29-15, 27-31; 27.14-19, 17-13; 28.15-06, 13-09; 29. 19-23, 31-28; EMPATE.

A] "Apertura Esquerda Vertente" con prognóstico de igualdade. A saída 1.12-16, a máis débil das sete posibles, tamén se coñece como a "Edimburgo".

B] Establece a "Partida Contra-Clásica" ou "Will-o-the-Wisp" na literatura británica e americana.

C] Xunto con 2. ... 27-22; é o máis xogado. Agora ben 2. ... 23-20 é unha opción que non se debe descartar.

D] O habitual é 4. ... 26-22.

E] As negras tiñan unha trampa tendida. Se 8.20-24, 25-21; 9.24x31, 19-14; 10.10x19, 22x15; 11.31x13; 17x03 e as brancas están perdidas.

luns, 12 de xullo de 2010

O "Torneo Americano" de 1912.

“Checkers” é a palabra que empregan nos Estados Unidos para chamarlle ao xogo de damas. Baixo os auspicios da desaparecida Asociación Americana de Checkers [ACA] celebráronse os primeiros campionatos do país.
O “I Torneo Nacional” da ACA disputouse en 1907 e foi gañado por Charles Barker que morreu dous anos máis tarde. O título vacante foi parar ás mans de Newell Banks que en 1910 derrotou nun match ao escocés nacionalizado, Hugh Henderson. Non obstante pouco antes da celebración do "II Torneo", a Asociación conseguiu convencer a Banks para que renunciase ao galardón. Quedou estipulado que, a partir dese momento, o título sería adxudicado aos campións dos sucesivos Torneos Nacionais.

Hugh Henderson en 1912
[Foto de "Museum of Checkers History"]

Grazas a algúns dos comentarios que en libros e revistas ten feito o formidable tratadista Dick Fortman, e baseándonos moi especialmente nun artigo que escribiu para un boletín da Federación Americana [ACF], agora podemos lembrar o que aconteceu no “II Torneo Nacional Americano”. Este importante evento damista disputouse do 5 ao 14 de agosto do ano 1912 no Hotel Breakers de Cedar Point, Sandusky [Ohio], situado na fermosa península que se interna no Lago Erie, xusto ao lado do famoso parque de atraccións.
Cun montante en premios sumamente atractivo: 300$ para o gañador, 150$ para o segundo clasificado, 125$ para o terceiro e 100$ para o cuarto; presentáronse ao torneo todos os mestres de aquel entón, agás Gus Heffner que non puido participar por motivos laborais. Tamén se inscribiron algúns xogadores de inferior categoria, completando unha nómina de 40 participantes.
Nunha fase previa os damistas foron divididos en catro grupos de dez, clasificándose os catro primeiros de cada un deles. A segunda rolda disputouse polo sistema de eliminatorias e, desta vez, lograron o pase Banks e Henderson [que foran os protagonistas daquel match polo Campionato en 1910], Harry Lieberman, Harrah B. Reynolds, Louis Ginsberg, Johnny Horr, Patrick Whalen e Alfred Jordan [campión inglés recentemente emigrado naquelas datas, considerado o mellor xogador do mundo e o gran favorito para gañar o evento].
Na rolda de cuartos, Henderson eliminou a Horr, Reynolds derrotou a Whalen, Jordan desfíxose de Ginsberg e Lieberman fixo o propio con Banks. A sorpresa aconteceu nas semifinais cando Hugh Henderson bateu a Jordan, unha fazaña que conseguiu completar ao gañar a Reynolds na final.
Henderson xa tiña demostrado a súa calidade na propia terra natal. Aínda que nunca gañou o campionato de Escocía, sempre realizaba moi boas actuacións e a punto estivo se ser incluído na selección británica que se enfrontou aos Estados Unidos no I Match Internacional disputado no ano 1905 en Boston, pouco tempo antes da súa emigración. Con todo, en América, a súa fama non se lle asemellaba nin por asomo á do inglés Alfred Jordan. O recoñecemento chegoulle a partir desta gran vitoria no II Torneo Nacional da ACA, unha proeza que volveu repetir no seguinte Campionato disputado en Chicago tres anos máis tarde. Henderson nunca máis puido defender o título. Con tan só 46 anos, morreu a consecuencia da epidemia de gripe que asolou o país no 1918.

*****

B. March vs. Hugh Henderson
II Torneo Nacional EEUU. Cedar Point, 1912. [Primeira Fase]
[Apertura sorteada a 2 lances]

1.11-14, 21-18 [A]; 2.14x21, 25x18; 3.12-15, 23-19; 4.08-12, 27-23; 5.06-11, 26-21; 6.10-14, 19x10; 7.05x14, 23-19; 8.14x23, 28x19; 9.02-06, 32-28; 10.04-08 [B], 28-23; 11.01-05, 31-27 [C]; 12.05-10, 21-17; 13.12-16 [D] , 19x12; 14.08x15 … [diagrama] 17-13; 15.10x17, 18-14; 16.11x18, 22x13; 17.09x18, 23-20; [0-1]

XOGAN NEGRAS E GAÑAN
A]
Apertura Central Transversal de prognóstico igualado.
B] Imprecisión. Correcto sería 10.01-05.
C] 11. ... 23-20 é máis forte.
D] Para intentar resistir, só quedaba 13.10-13, aínda que despois de 13. ... 17x10; 14.06x13, 29-26; 15.13-17, 26-21; 16.17x26, 30x21; 17.03-06, 21-17; 18.06-10, 24-20; 19.15x24, 18-13; 20.09x18, 22x06; 21.11-15, 27-22; 22.24-28, 06-02; 23.28-31, 02x24; 24.31x09, 19-14; 25.09-02, *24-31 as negras poden gañar.

*****

Alfred Jordan vs A.H. Barnes
II Torneo Nacional EEUU. Cedar Point, 1912. [Primeira fase]
[Apertura sorteada a dous lances]


1.11-15, 21-17 [A]; 2.10-14, 23-20; 3.07-11, 28-23 [B]; 4.15-19 [C], 22x15; 5.12x23, 32x28; 6.04-07, 20-16 [D] ; 7.14-18, 23-20; 8.05-10, 20-15 [E]; 9.11x20, 24x15; 10.10-14, 26-21; 11.01-05, 29-26; 12.05-10, 26-22; 13.07-12, 22x13; 14.09x18, 16x07; [1-0]

POSICIÓN DESPOIS DE 12. ... 26-22

A] Apertura Oblicua Marxinal con prognóstico igualado.
B] Inusual. Neste tipo de posicións a idea do movemento lateral 23-20 é continuar con 20-16 para debilitar o flanco esquerdo do rival. Aínda tras 3. ... 20-16: 4.04-07, as negras adoitan seguir con 4. ... 25-21, pois se 4. ... 28-23; con 5.15-19 alcánzase a mesma posición que neste xogo no que as brancas quedan en vantaxe ao poder ocupar a casa chave de 18.
C] Na Enciclopedia Damista segue con 4.12-16.
D] Agora ten menos sentido. Era preferible 6. ... 20-15.
E] Complica o xogo. Mellor sería 8. ... 27-22;

*****

Hugh Henderson vs. Alfred Jordan
II Torneo Nacional EEUU. Cedar Point, 1912 [Semi-final]
[Apertura sorteada a dous lances]

1.10-14, 24-20 [A]; 2.12-16 [B], 28-24; 3.08-12, 32-28 [C]; 4.12-15 [D], 22-19 [E]; 5.15x22, 26x10; 6.05x14, 20-15; 7.11x20, 24x15; 8.09-13, 21-17; 9.13-18, 29-26; 10.01-05, 28-24 [F]; 11.05-09 [G], 26-22; 12.02-05, 22x13; 13.09x18, 15-11 [H]; 14.06x15, 23-20; 15.16x23, 27x11; 16.18-21, 25x18; 17.14x21, 17-13; 18.07x14, [1-0] [I]

POSICIÓN FINAL

A] A "Diagonal Límite" con prognóstico favorable ás brancas.
B] Establecendo a "Partida Heroica".
C] A primeira vista semella mala porque crea un cóbado, mais as brancas non poden explotar esta falla posicional.
D] Para impedir 20-15.
E] Desafoga o xogo. Por contra se 4. ... 21-18; seguido da captura para 18, perde porque tras 6.05-10 as brancas poden aproveitar a debilidade provocada polo cóbado.
F] Perde en damas clásicas. Ver os comentarios do xogo Ward vs. Reynolds do 2º Match Internacional publicado neste blog. Apropiado agora era 10. ... 26-21, ou mesmo 10. ... 26-22 que traspón á partida se despois de 11.05-09, 22x13; 12.09x18, 28-24; as brancas xogan 13.02-05.
G] Como xa sabemos, en damas clásicas gaña 11.06-10.
H] Un fallo clamoroso que provocou a eliminación de Jordan. Empataba 13. ... 27-22.
I] As brancas fan tres daman e gañan facilmente. Se por exemplo: 18. ... 13-09; 19.05-10, 09-05; 20.21-25, 05-02; 21.25-29, 02-06; 22.14-19, 06x13; 23.03-06, 13x03; 24.04-07, 03x32; 25.29x08 G.B.
*****

Hugh Henderson vs. John H. Horr
II Torneo Nacional EEUU. Cedar Point, 1912. [Cuartos de final]
[Apertura sorteada a dous lances]

1.12-16, 22-18;

A “Edimburgo Vertente” que non permite ao segundo xogador aproveitarse da frouxa saída das brancas. En apertura libre as negras toman o mando con 1. ... 23-19.

2.10-14 ...

A xogada habitual, traspoñendo á “Partida Contra-clásica”. O nome foi posto polo Dr. OAL porque as brancas despois de 1.10-14, 22-18; con 2.12-16 escapan das denominadas partidas clásicas que xorden despois de 2.12-15. A pesar de que é unha abertura con prognóstico igualado ten a vantaxe de que é moito menos coñecida.

2. ... 27-22;

Os peóns situados nas casas "27", "30" e "31" forman o que en termos relacinados coa estratexia defensiva se coñece como o "pequeno triángulo". Existen moitas aperturas nas que se recomenda reter o máximo tempo posible o movemento do peón "27", a quen --por motivos obvios-- o teórico londiniense, Francis Teschleit, bautizou como a “peza punta”. Con iso e todo, nas formacións onde xa se ten xogado 22-18, como nesta partida, e tamén se ten a opción de tapar o burato que deixa, resulta sumamente acertado o movemento da famosa peza para compactar a estrutura e ter a posibilidade de ocupar o importante punto central de “19” ou intentar facer un cerco, no caso de que esa casa xa estea ocupada por un peón do rival.

Como alternativa á xogada textual, as negras tamén continúan moitas veces con 2. ... 23-19; ao que segue 3.14x23, 28x19; con estas posibles rutas:

a) 4.05-10, 18-14; 5.11x18, 21x05; 6.01x10, 25-21; [ou 6. ... 32-28; 7.09-13, 25-21; 8.13-17, 21-18; etc, como nun xogo entre Vitor Cunha vs. Silva Pereira; 20º Cto. Portugal en Amadora, 2000] 7.08-12, 32-28; 8.07-11, 28-23; 9.11-14, 29-25; 10.09-13, 21-17; etc. [Manuel Capote vs. Victor Oliveira; 27º Cto. Portugal; Odemira, 2007].

b) 4.06-10, 18-14; [4. ... 26-22; 5.11-14, 18x11; 6.07x23, 31-27; 7.16x23, 31-27; 8.08-12, 27x20; 9.12-16, 20-15; 10.10-14 21-18 etc. foi recomendado polo contemporáneo tratadista Richard Pask en "Key Openings"] 5.11x18, 21x14; 6.08-12 ... [No caso de 6.07-12, atopa unha réplica moi axeitada co cambio 24-20] 6. ... 31-28; [6. ... 32-28 tamén é unha opción satisfactoria] 7.09-13, 28-23; 8.02-06, 23-20; [Sena Carneiro vs. Adelino Ribeiro; Cto de Porto, 195?]
c) 4.08-12, 32-28; 5.11-15, 26-22; 6.05-10, 28-23; 7.01-05, 18-14; ou 7. ... 21-17; 8.07-11, 25-21; 9.04-08, 29-25; que traspón á “Lateral Esquerda” da “Partida do Río”.
d) 4.12-15 ... [segundo Richard Fortman, un seguro lance defensivo co que moitos xogadores tentan o empate na espera de que o seguinte sorteo lles depare unha apertura máis favorable] 4. ... 19x12; 5.08x15, 26-22; [para intentar apoderarse do centro e presionar sobre o peón de "15"] 6.05-10, 27-23; 7.07-11, 23-19; 8.04-08, 19x12; 9.08x15, 21-17 con xogo igualado. Nótese que se as negras seguen como no Tratado da Enciclopedia Damista, coa liña de Kear 9. ... 32-28; segue 10.11-14 e caen en xudía. Igualmente, o intento con 9. ... 31-27; 10.10-14, 32-28; 11.01-05, 28-23 [??] entrando por transposición na devandita liña, permite o lucimento coa aplicación do precioso golpe: 12.09-13!!, 18x09; 13.15-19, 22x15; 14.11x20, 24x15; 15.14-18, 21x14; 16.06-11, 15x06; 17.03x28 G.B.

3.05-10 ...

Cara ao centro sobre a gran diagonal, sempre unha boa estratexia. Tense xogado moito 3.07-12 que debe ser respondida con 3. ... 23-19; 4.14x23, 28x19; 5.12-15, 19x12; 6.08x15, 22-19; [se 6. ... 32-28; 7.05-10, 28-23; e se 8.01-05, 21-17 e non 8. ... 23-19; pois as brancas quedan cunha gran vantaxe tras 9.16-20, 19x12; 10.20-23, xa que 24-20 sería castigado co tiro 11.11-14] 7.15x22, 26x19; 8.11-14, 18x11; 9.06x22, 30-26; 10.05-10, 26x19; como nun xogo on-line entre Aadil e Verissimo_D. ["Ludoteka"; maio de 2010, mod: 3'+20"].

3. ... 22-19;

A principal continuación e moi do gusto dos principiantes na espera de 4.01-05 para aplicar o célebre “Golpe do Boloñés” con 4. ... 18-13; 5.09x18, 19-15; 6.11x27, 31x13; 7.10x17, 24-20; 8.16x23, 28x01 con abafadora vantaxe [Tratado do italiano Avigliano, ano 1918].

4.10-13 ...

A xogada apropiada rompendo a tensión.

4. ... 19x10; 5.13x22, 26x19; 6.06x13, 31-27;

Transportando efectivos desde o seu lado máis sólido para axudar no outro flanco que está máis debilitado.

7.08-12, 19-14; 8.11x18, 21x14; 9.02-06, 29-26;

Na Enciclopedia Damista do portugués Sena Carneiro só se indica 9. ... 25-21.

Curiosamente coa réplica de Horr o xogo traspón a unha das variantes máis coñecidas da “Partida Paralela Marxinal” que se forma así: 1.12-15, 21-17; 2.08-12, 23-19; 3.11-14, 25-21; 4.14x23, 27x11; 5.06x15, 28-23; 6.04-08, 23-20; 7.15-19, 22x15; 8.12x19, 31-27; 9.02-06, e temos a mesma posición porén coas cores revertidas.

10.06-10, 14x05; 11.01x10, 27-22; 12.07-11, 22-19;

Johnny Horr debido a un accidente de caza na súa xuventude, tiña unha man de madeira que sempre tapaba cunha luva. Ademais de por este detalle sempre será recordado pola súa vitoria no IV Campionato Americano disputado en 1920. Era pois un dos mellores xogadores do seu país e posuía uns grandes coñecementos teóricos, mais neste xogo cometeu varias imprecisións. A do texto é a primeira. Correcto era 12. ... 23-20; 13.16x23, 28x19; 14.11-14, 19-15; 15.12x19, 22x15; 16.14-19, 15-11; con posición mais ou menos equivalente, tal como se indica na Enciclopedia de Kear e como se xogou a partir dunha “Paralela” nun posterior encontro entre Sam Levy e Sam Cohen do Campionato Inglés do ano 1935. Podería seguir: 17.10-14, 32-28; 18.13-17 [más agresiva que 18.13-18, que fixo Cohen] 30-27; 19.14-18, 24-20; 20.17-21, 26x17; 21.19-22, 11-06; 22.03x10, 20-15; 23.22x31, 25-21; 24.31x11, 21x05; EMP.

13.04-08 ...

En damas clásicas é máis forte 13.11-14!

13. ... 26-21; 14.11-14, 24-20; 15.13-18, 30-27; [ver diagrama].

O empate podía chegar con 15. ... 28-24. Despois deste novo erro das negras, Hugh vai aproveitar a ocasión para aplicar unha brillante combinación.

XOGAN BRANCAS E GAÑAN

16.18-22!, 27x11;

Fabricando un soporte inverosímil.

17.12-15, 19x12; 18.08x31, 23-19; [1-0]

Realmente o xogo terminou tras 19.31-27, 11-06; e 20.10-13. Máis en damas clásicas a mellor forma para liquidar é con 19.10-13 [G.B.]

Para o noso xogo, se antes as negras fan 18. ... 11-06; gáñase con 19.31-24.

En caso de 18. ... 21-18; seguiría 19.31x13, 11-06; 20.13-31, 06-02; 21.31-24, 32-28; [21. ... 02-05; 22.24-28, 05x19; 23.16-20 G.B.] 22.24x31, 02x24; 23.10-13, 23-19; 24.31-22, 24-15; 25.13-18, 25-21; 26.18x25 e tamén gañan as brancas.

xoves, 8 de xullo de 2010

Executando a manobra.

O sábado pasado (3/7/2010) deixamos en suspenso o remate do último xogo. Imos ver hoxe como gañan as negras:

16. ... 27-22; 17.07-12 ...

Se 17.07-11, 15-12; 18.08x15, 22-18; tiro e G.N.

17. ... 22-19; 18.12-16 ... [ver diagrama]


POSICIÓN DESPOIS DE 18.12-16.

18. ... 21-18!;

Comeza a execución da manobra.

19.13x22, 15-11; 20.06x15, 19x12; 21.08x15, 26x12 e G.N.

sábado, 3 de xullo de 2010

A manobra de Timoneda.

O pasado 28 de abril do ano en curso e dentro dos actos que tiveron lugar co gallo da Feira do Libro de Valencia, presentouse o último traballo do prestixioso xornalista e historiador José Antonio Garzón. Trátase dun estudo editado pola UNED que leva por título «Luces sobre el ‘Ingenio’, el pionero libro del juego llamado marro de punta, de Juan de Timoneda». Nesta publicación parece ser que se achegan as probas fundamentais que demostran que o xogo de damas foi inventado en terras levantinas a finais do século XV. Igualmente Garzón confirma a hipótese do seu amigo, o damista e tamén historiador Govert Westerveld, acreditando documentalmente que Juan de Timoneda (1520?-1583) publicou en Valencia no ano 1547 o primeiro libro de damas do que se ten constancia en todo o mundo.

RETRATO DE TIMONEDA

Baseándose en tres manuscritos inéditos, Garzón tenta desmontar a estendida crenza de que ese antiquísimo libro pertence ao literato leonés Antonio de Torquemada (1507?-1569). De estar no certo, emendaría un posible erro que se vén arrastrando desde o século XVII.

O contido do "Ingenio" de Timoneda é hoxe coñecido pola maioría dos afeccionados grazas a que se conserva un exemplar dunha edición posterior que se imprimiu en Tolosa en 1635. Inicialmente conformaban a obra 53 lances, pero como se perderon algunhas follas, ata nós só chegaron 49, case todas dunha brillantez e calidade exquisitas.

Como non podía ser doutra forma, o artigo desta semana vai dedicado ao mítico tratadista valenciano. Para iso seleccionamos un dos máis interesantes lances do seu libro no que se efectúa un vistoso troco “tres por tres” de enorme aplicación práctica. Na súa honra, chámase "Manobra de Timoneda" a calquera secuencia de xogadas que conserve a idea temática desta celebérrima tripla permuta.

Juan de Timoneda


XOGAN BRANCAS E GAÑAN

1.07-11, 16x07; 2.14-19, 23x14; 3.11x18, 21x14; 4.04x18 [G.B.]

Como di o autor: "Esta es una de las mejores trechas del juego". Agora nós, imos amosar deseguido algúns xogos inéditos rematados con esta tan fermosa combinación.

*****

O primeiro exemplo está extraído dunha Partida Clásica, cuxo estudo temos pensado publicar en breve neste blog.


XOGAN BRANCAS E GAÑAN

1.10-14, 22-18; 2.12-15, 23-20; 3.07-12 ... [Partida Clásica] 3. ... 20-16; 4.03-07, 28-23; 5.05-10, 31-28; 6.01-05, 21-17; 7.14x21, 25x18; 8.15-20, 24x15; 9.12x19, 23x14; 10.10x19, 27-22; [o mellor era seguir con 28-23 ou 28-24] 11.05-10, 22x15; 12.11x20, 28-23; 13.20x27, 30x23; 14.10-14, 18x11; 15.07x14, 29-25; [perde, as negras están en dificultades aínda que con 15. ... 23-20 podían salvarse] 16.06-11!, 26-21; [ver arriba o diagrama] 17.08-12, 16x07; 18.14-19, 23x14; 19.11x18, 21x14; 20.04x18, 17-13; 21.02-05 [G.B.]

*****

Seguimos cunha posición na que a manobra cambia de escenario. Foi tomada dunha Partida do Río da que tamén xa temos preparado o estudo para publicar.


XOGAN BRANCAS E GAÑAN

1.10-14, 23-19; 2.14x23, 28x19; 3.05-10, 32-28; 4.01-05, 28-23; 5.09-13, 21-18; 6.13-17 ... [variante "Lateral Dereita" da "Partida do Río"] 6. ... 18-14; [a Defensa de Garcez] 7.11x18, 22x13; 8.12-15 ... [Liña recomendada por Sturges no seu libro do ano 1800] 12. ... 19x12; 9.08x15, 13-09; 10.10-14, 27-22; 11.05-10, 22-19; 12.15x22, 26x19; 13.07-11, 30-27; [ver o diagrama de arriba] 14.10-13, 19x10; 15.17-21, 25x18; 16.13x22, 27x18; 17.06x22, 23-19; 18.04-08, 24-20; 19.08-12, 31-28; [aínda que non hai defensa, esta é a máis resistente] 20.22-27, 28-24; 21.12-16, 20-15; 22.11x20, 24x15; 23.27-30, 15-12; 24.30-23, 19-15; 25.23-14, 12-08; 26.14-04, 29-25; 27.16-20, 15-11; 28.04x14, 08-04; 29.14-01 [G.B.]

*****

Para concluír escollemos unha posición que, como a anterior, procede da mesma liña da Partida do Río, aínda que nesta ocasión trócanse os papeis e as que realizan a manobra son as negras.

1.10-14, 23-19; 2.14x23, 28x19; 3.05-10, 32-28; 4.01-05, 28-23; 5.09-13, 21-18; 6.13-17, 18-14; 7.11x18, 22x13; 8.12-15, 19x12; 9.08x15, 23-19; [aquí varían as negras da continuación que amosamos no xogo anterior] 10.15x22, 26x19; 11.07-11, 13-09; 12.10-13, 19-15; 13.11x20, 24x15; 14.05-10, 30-26; 15.03-07, 25-21; 16.04-08 ... [as brancas pretenden atacar o peón avanzado con 17.07-11, pero esta xogada vai ditar a súa derrota. O correcto sería 16.10-14].

POSICIÓN DESPOIS DE 16. 04-08;

Chegados a esta altura xa é tempo de que o lector participe un pouco máis activamente. Imos agardar uns días en amosar o desenlace, namentres, vostede debe tratar de atopar como poden as negras conseguir a vitoria a partir da posición que amosa o diagrama.

xoves, 1 de xullo de 2010

Solución dos "empates curiosos".

O pasado sábado (26/6/2010) no artigo "Empates curiosos" faciamos dúas propostas. Velaquí temos as solucións.
PRISIÓN DE HENRIQUES
Despois de 22.17-10, 14x05; 23.11-15 ... alcanzamos a seguinte posición.

XOGAN NEGRAS E EMPATAN

As negras continúan con 23. ... 25-21!; e tras 24.15-19, 24-20; 25.19-22, 20-15; 26.22-26, 18-14!; 27.07-11 ... [a máis sensata para non complicarse innecesareamente] 27. ... 15x06; [aquí está o detalle, agora hai que comer a maioría] 28.02x25, ábrese a prisión e as negras empatan.

........

PROBLEMA DE HENRIQUE GUERRA

1.04-07 ... e agora se:
a) 1. ... 03x12; 2.11-15, [manobra de "luneta", coñecida así porque a dama situada na casa "15" lembra a ferramenta do mesmo nome que, aproveitando o seu fío circular, usaban os curtidores para igualar os coiros] 2. ... 19-14; [se moven a outra dama a "luneta" corta para "29"] 3.15x08 EMP.
b) 1. ... 03x16; [ver o diagrama seguinte].

XOGAN BRANCAS

2.24-28! [o toque curioso para construír unha especie de "túnel"] 32x23; 3.11-20, 16-03; 4.20x21 EMP.