luns, 24 de setembro de 2012

«2ª Olimpíada dos Xogos de Mente»

 
Borghetti vs. Scarpetta
 
 
Entre o 17 e o 22 de Agosto deste ano 2012 celebrouse en Lille [Francia] a «2ª Olimpíada dos Xogos de Mente» [World Mind Sports Games]. Nesta competición inclúense o Xadrez, Damas Internacionais, Damas Anglo-americanas, Go e Bridge.
 
O gran mestre italiano Michele Borghetti conseguiu a medalla de ouro na modalidade de Damas Anglo-americanas [Agás nos finais, moi semellantes ás Damas Clásicas] despois de vencer nun torneo de 9 sesións, con partidas de 4 xogos e apertura sorteada a 3 lances, no que participaron 20 damistas en representación de 9 países. Con esta vitoria tamén adquiriu o dereito a enfrontarse ao campión mundial, o ruso-americano Alex Moiseyev, co título en xogo.
 
O tamén italiano, Sergio Scarpetta, gañou a medalla de prata e o damista de Turkmenistan, Bashim Durdyev, colgouse o bronce. Ron King, campión mundial en apertura libre, só puido ser cuarto cos mesmos puntos que o terceiro con quen perdeu o duelo particular disputado na 9ª sesión. 
 
CLASIFICACIÓN
 
_____________________________
 
XOGO COMENTADO
_____________________________


1.11-15 ...

Unha das saídas que conta con menos preferencias. Desprázase un peón do flanco débil e ademais faise en dirección lateral, alonxándoo do centro.

1. ... 23-19;

«Apertura Oblicua Ortodoxa» de prognóstico máis ou menos equilibrado. A teoría recomenda como máis fortes as réplicas 1. ... 23-20 ou 1. ... 21-18.

2.07-11 ...

En apertura libre está mellor valorada 2.*10-14, que elimina o peón central das negras e iguala o xogo; pero esta competición xógase na modalidade de sorteada a 3 lances. A posición, lixeiramente favorábel ás negras, tamén se pode formar desde a «Paralela» con 1.12-15, 23-19; 2.07-12.

2. ... 28-23;

A única forma de aproveitar a pasividade da anterior xogada branca. Agora as negras están preparadas para consolidar o control central despois do cambio do seu peón de «19».

3.10-14 ...

Xogada habitual, sen demorar máis a troca. Outra posíbel alternativa é 3 12-16 coa mesma idea.

3. ... 19x10; 4.05x14 ...

Nótese que ata aquí tamén se pode chegar pola seguinte liña da «Paralela»: 1.12-15, 23-19; 2.10-14, 19x10; 3.05x14, 28-23; 4.07-12.

4. ... 23-20;


Con idea de atacar no flanco debilitado das brancas.

● Segundo a teoría, neste punto 4. ... 32-28 está considerada como a réplica máis forte e a única que non alivia a presión na posición branca.

Tras 5.04-07, 21-18; 6.14x21, 25x18; 7.01-05, 23-19; [Entronca nunha posición que recentemente foi alcanzada —con cores revertidas— nun duelo Camilo Silva vs. Mario Silva pertencente á 4ª sesión do «Torneo 25 de Abril» disputado en Oliveira de Azemeis no ano 2011. O enfrontamento comezou con 1.10-14, 22-18; 2.12-15, 26-22; (A «Partida Anderson») 3.05-10, 23-19; 4.14x23, 28x12; 5.08x15, 32-28; 6.01-05, 28-23; 7.10-14, 29-26 e así queda formada a devandita posición] 8.05-10, 28-23; 9.10-13, 26-21; 10.13-17, 29-25; 11.17x26, 30x21; 12.12-16, 19x12; 13.08x15, 21-17; 14.15-20, 24x15; 15.11x20, 22-19; 16.07-11, 19-15; 17.06-10, 15x06; 18.02x11, un desenvolvemento igual ao que sostiveron os dous Silvas que nesta altura acordaron o empate.

● Evidentemente, se 4. ... 21-18; 5.14x21, 25x18; estamos tamén nunha «Partida Anderson» con cores revertidas, aínda que nunha fase menos avanzada que na variante anterior.

  4. ... 22-18; [Máis común desde a liña con (1.11-15, 23-19) 2.10-14, 19x10; 3.05x14, 22-18; 4.07-11, 28-23] 5.12-16 ... [Ou 5.01-05, 23-20 entroncando no xogo principal, porén neste caso as negras poden optar tamén polo golpe con 5. ... 24-20; 6.15x24, 18-13; 7.09x18, 31-28; 8.24x31, 23-20; 9.31x22, 26x01; 10.18-22, 01-28 dado como un «gañan negras» na Enciclopedia Damista, mais a situación é de equilibrio tras 11.03-07!, 20-16; 12.12-15, 28-31; 13.15-20, 31x12; 14.08x15 etc.] 5. ... 21-17; [Na «Enciclopedia de Kear» aconsella 5. ... 31-27; 6.06-10, 26-22 pero as brancas quedan un pouco mellor seguindo aquí con 7.10-13!] 6.14x21, 25x18; 7.01-05, 26-22; 8.05-10 unha posición que se pode formar coas seguintes liñas:

1ª] 1.11-15, 21-18; [Oblicua Vertente] 2.07-11, 26-21; 3.12-16, 23-19; 4.10-14, 19x10; 5.05x14, 21-17; 6.14x21, 25x18; 7.01-05, 28-23; 8.05-10.

2ª] 1.11-15, 21-17; [Oblicua Marxinal] 2.07-11, 23-19; 3.10-14, 19x10; 4.05x14, 22-18; 5.14x21, 25x18; 6.01-05, 28-23; 7.05-10, 26-22; 8.12-16.

5.01-05, 22-18;

Se 5. … 20-16; 6.04-07, 22-18; 7.05-10 non supón máis que unha simple transposición interna.

6.05-10 ...

Aquí se 6.15-19, 21-17; 7.14x21, 25x18; 8.12-16, 20-15; o xogo desemboca nunha variante da «Edimburgo» formada así:

1.12-16, 23-19; 2.09-13, 21-17; 3.05-09, 25-21; 4.01-05, 19-15; 5.11x20, 24x15; 6.13-18, 21x14; 7.10x19, 22-18; 8. 07-11, 28-24.

6. ... 20-16; 7.04-07 …

Alcanzando así unha posición da variante do cambio da «Partida Paralela Ortodoxa» que se adoita construír do seguinte xeito: 1.12-15, 23-19; 2.10-14, 19x10; 3.05x14, 28-23; 4.08-12, 23-20; 5.01-05, 20-16; 6.04-08, 22-18; 7.05-10.

7. ... 27-22;


Ao final do encontro Borghetti relatou que tan pronto como King realizou esta xogada, apareceu na súa mente unha páxina de cor vermella pertencente a un dos números do ano 1983 da revista «Damasport» onde se publica un xogo comentado do mestre palermitano Lo Galbo no que se emprega esta variante.

  7. ... 32-28!; [A resposta máis precisa] 8.02-05, 27-22; 9.15-19, 22x15; 10.12x19, 21-17; 11.14x21, 25x18; 12.10-14, 29-25; 13.14x21, 25x18; 14.*19-22 ... [Se 14.11-15, 31-27; con gran vantaxe das negras como no xogo Nº32 do match polo título mundial Alex Moiseyev vs. Michael Borghetti; Cleveland, 2011] 14. ... 26x19; 15.05-10, 30-27; 16.11-15, 19x12; 17.08x15, 28-23; 18.06-11, 24-20; 19.15x24, 23-19; 20.07-12, 16x07; 21.03x12, 27-22; 22.12-16, 19-15; 23.11x20, 22-19; 24.20-23, 18-14; [EMP].

  7. ... 21-17; 8.14x21, 25x18; 9.10-14, 26-21; 10.15-19, 17-13; 11.12-15, 30-26; 12.06-10, 13x06; 13.03x10, 27-23; 14.19x28, 32x23; 15.15-19, 24-20 con xogo igualado.

  7. ... 27-23; unha familiar formación que tamén pode derivar desde estas dúas aperturas:

1ª] 1.11-15, 23-19; [Oblícua Ortodoxa] 2.10-14, 19x10; 3.05x14, 27-23;

2ª] 1.10-14, 22-19; [Partida Cruzada] 2.11-15, 19x10; 3.05x14, 27-22;

Seguindo agora con 4.07-11, 23-20; 5.01-05, 20-16; 6.04-07, 22-18; 7.05-10, 28-23; e aquí temos a posición. Un posíbel desenvolvemento podería ser:

8.15-20 ... [8.15-19, 24-20; 9.19x28, 31x24; 10.02-05, 32-28; 11.14-19, 21-17; 12.10-14, 20-15 con lixeira vantaxe das negras] 8. ... 24x15; 9.12x28, 32x23; e agora se:

► 10.02-05 ... [Moi frouxa] 10. ... 23-20;

a) 11.14-19, 21-17; 12.19-23, 26-22; 13.10-14, 25-21; 14.14-19, 22x15;  15.05-10, 30-26; 16.07-12 ... [Mellor 16.10-14, aínda que as brancas continúan en posición  moi delicada] 16. ... 16x07; 17.03x19, 29-25; GN como nun xogo Leonard Rabin vs. Richard Fortman do Torneo de Illionis do ano 1952.

b) 11.08-12, 31-28; 12.14-19, 18-14; 13.11x18, 21x14; 14.06-11, 30-27; 15.11x18, 26-22;  16.19x26, 29x06; Con gran vantaxe negra no final [George O´Connor vs. August Heffner; 2º Match Internacional Gran Bretaña vs. América disputado no Hotel Alamac de Nova York no ano 1927].

► 10.08-12!, 26-22; 11.12-15 ...

Con estas ramificacións:

a) 11. ... 31-28;  e agora se:

▬ 12.15-20, 28-24; 13.20x27, 30x23; 14.07-12, 16x07; 15.03x12, 21-17; 16.14x21, 25x18; 17.10-14, 29-25; 18.14x21, 25x18; 19.06-10, 23-19; [Todo moi coñecido. Nesta altura asinaron o empate no 3º xogo da 8ª sesión do enfrontamento Leopoldo Lopes vs. Víctor Oliveira do 20º Campionato de Portugal; Amadora, 2000] 20.09-13, 18x09; 21.11-15 e a nulidade está clara [Hugh Burton vs. Marion Tinsley; «Torneo dos Estados do Sur», ano 1975].

▬ 12.02-05, 21-17; [A recomendación de Tinsley] 13.14x21, 25x18; 14.10-14, 29-25; 15.14x21, 25x18; 16.05-10, 23-19;  17.15-20, 28-23; 18.20x27, 30x23; 19.10-13, 17x10; 20.06x13, 19-14; 21.11-15, 14-10;  22.15-20, 23-19; 23.20-23, 10-05; 24.23-27, 05-02; 25.27-30, 19-15; 26.07-11, 15x06; 27.03x10 [EMP] Medalha da Silva vs. Veríssimo Dias; 11º Campionato de Portugal; Almada 1991.

b) 11. ... 30-27; 12.15-20, 21-17; 13.14x21, 25x18; 14.10-14 ... [14.10-13 é unha boa alternativa] 14. ... 29-25; 15.14x21, 25x18; 16.06-10, 18-13; [16. ... 23-19; 17.03-06, 27-23; 18.20x27, 18-14; 19.11x18, 22x13; 20.09x18, 31x13; 21.07-11, 13-09; 22.11-14, 19-15; 23.14-18, 16-12; 24.18-21, 12-07; 25.21-25, 15-12; 26.25-29, 12-08; 27.29-25, 07-03; 28.25-04, 03-12; 29.10-14, EMP.] 17.09x18, 22x06; 18.03x10, 23-19; 19.11-14, 19-15; 20.14-19, 15-12; 21.19-23, 12x03; 22.23x30, 03x13; 23.30-26, 13-10; 24.02-06, 10x03; 25.20-23, 03-13;  26.23-27, 31x22; 27.26x19 [EMP].

8.15-19!, 22x15; 9.12x19, 31-27;

● Se 9. ... 26-22; 10.19x26, 29x22; como nun xogo Dr. Orlando Lopes vs. Adelino Ribeiro do 1º Campionato oficioso de Portugal disputado no 1957, agora as brancas poden seguir con 11.10-13! ... [En lugar do 11.08-12 que xogou o Dr. OAL] 11. ... 21-17; 12.14x21, 25x18; 13.06-10, 24-20; 14.02-06 con gran vantaxe das brancas.

Se 9. ... 24-20; 10.19-22! ... [Aquí, como indicou OAL, non vale 10.10-13 por 20-15!; 11.13x22, 30-27 GN] 10. ... 26x19; 11.14x23, 31-28; 12.23-27!, 30x23; 13.10-13, 18-14; 14.11x18, 21x14; 15.06-11, 14-10; 16.03-06, 10x03; 17.13-18, 03x12; 18.08x31, 16-12; 19.18-22, 12-07; 20.11-14 e as brancas teñen moitas posibilidades neste final.

10.10-13! ...

Unha xogada recomendada nos comentarios da citada revista Damasport [Nº2/1983]. O xogo referido seguiu con 10.07-12, 16x07; 11.03x12, 27-23; 12.19x28, 32x23; e aínda que as negras están mellor, o resultado foi un empate [Santo Lo Galbo vs. Giovanni Chinellato; 42º Campionato Italiano, 1982].

10. ... 27-22;



Se 10. ... 27-23; 11.13x22, 24-20; 12.19x28, 26x10; 13.06x13, 32x23; 14.11-14, 21-17; 15.13-18, 30-27; 16.07-11, 17-13; 17.02-06, 29-26; 18.18-21, 26x17; 19.09x18, 17-13; 20.06-10, 13x06; 21.03x10 ... [E agora as negras conseguen salvarse «in extremis»] 21. ... 20-15!; 22.11x20, 16-12; 23.08x15, 23x16; 24.14-19, 16-12; 25.19-22, 25-21; 26.18x25, 27x18; 27.25-29, 12-07; 28.15-20, 07-03;[EMP].

11.06-10! ...

Unha preciosa continuación que dá gran vantaxe ás brancas. Na modalidade coa que se disputou este torneo [Damas angloamericanas, tamén coñecidas como «Checkers» en Norteamérica ou «Draughts» nas Illas Británicas] as negras están perdidas. Nas damas clásicas, debido á gran mobilidade das pezas coroadas, dispoñen dun sorprendente recurso para poder conseguir un empate.

Curiosamente, nun xogo do «48º Campionato Americano» celebrado dúas semanas antes en Lebanon [Tennessee], o campión mundial Alex Moiseyev tamén derrotou con esta variante a Lubabalo Kondlo, un fortísimo xogador sudafricano que no ano 2009 fora aspirante ao título de Ron King.

11. ... 22x06; 12.13x22, 26x19; 13.14x23 ...
 
 
13. ... 29-26[??];

A única defensa é 13. ... *30-27; [Unha continuación que non é nada fácil de ver] 14.23x30, 32-28; 15.02x11, 28-23;   16.30x17, 25-21; 17.17x20, 24x06; 18.10-14, 06-02; 19.14-19, 02-05; 20.19-22, 05-23; 21.07-12, 16x07; 22.03x12, 23-16; 23.12-15, 16-23; [EMP].

14.02x11, 26-22;

Se 14. ... 21-17; 15.11-15, 30-27; [As brancas ameazaban cun «tiro» en «zig-zag» tras 16.15-20 seguido de 17.23-28 e 18.07-12 GB.] 16.23x30, 32-28; 17.30x21, 25x18; 18.07-12, 16x07; 19.03x12, 17-13; 20.10x17, 18-14; 21.17-21, 14-10;  22.21-26, 10-05; 23.26-30 con final gañador para as brancas.

15.11-15, 22-18;

Ou 15. ... 16-12; 16.07x16, 22-18; 17.03-07, 21-17; 18.07-12, 17-13; 19.10x17, 18-14; 20.23-28, 32x23; 21.15-20, 24x15; 22.12x28, 14-10; 23.28-32, 10-06; 24.16-20 [GB].

 Igualmente se 15. ... 21-18; 16.15-20, 24x15; 17.07-12, 16x07; 18.03x26, 30x21; 19.23-27, 21-17; 20.27-31, 17-13;  21.10x17, 18-14; 22.09-13, 14-11; [Para tratar de entrar en dama escapando da acción da batería que van formar as brancas despois de colocar o peón no cadro «18»] 23.13-18, 11-07; 24.08-12, 07-03; 25.31-22, 03x16; 26.22-12, 16x21; 27.17x26, 32-28; 28.26-30, 28-24; 29.30-16, 25-21; 30.16-07, 21-17; 31.07-03 [GB].

16.08-12 ...

No noso xogo é máis rápido 16.15-20, 24x15; 17.23-28, 32x23; 18.07-12, 16x07;19.03x28 [GB].

16. ... 21-17; 17.07-11, 16x07; 18.03x12, 30-26; 19.23-27, 18-13; 20.09x18, 26-22;

 
21.18-21 ... [Resultado: 1-0]

As negras seguiron aínda unhas xogadas máis, pero non tardaron en levantar a bandeira branca. Despois da 21. ... 25x18; a xogada 22.27-31 sería determinante na nosa modalidade.  

luns, 17 de setembro de 2012

«10º Torneo da Benedita» [2012]

 
 
Tiago e Delfim no Campionato de Portugal de rápidas do ano 2006
[Foto de Damas do Norte]
 
 
O campión portugués de partidas rápidas, Tiago Manuel, encadeou unha nova vitoria ao conseguir o primeiro posto no «10º Torneo Nacional de Damas do Grupo Deportivo Cultural de Candeeiros» da Benedita [Alcobaça]. Despois de ter que presentarse pola mañá a uns exames para ao ascenso a sarxento da Garda Republicana, conseguiu vencer nas cinco sesións celebradas a partir das 2 da tarde. Tiago desempeñou unha mágnifica actuación derrotando a xogadores da talla de Idalino Lopes, de Antonio Russo, de Medalha da Silva [a este nun apaixonante duelo que se decidiu no último xogo pola caída da bandeira no reloxo], de Victor Nédio ou de Justino Miguel.
 
Este ano a proba, que se celebrou o pasado 7 de xullo, contou coa participación de 27 damistas e resultou todo um éxito para o CCD de São João da Madeira que non só se adxudicou  a vitoria na clasificación por equipos senón que tamén copou os 3 primeiros escalóns na categoría individual. Por detrás de Tiago, foi Delfim Alves o que se situou segundo cos mesmos puntos do campión, ainda que con peor Bucholls, e Justino Miguel foi terceiro con 4 puntos.
 
 
Justino Miguel
[Foto do Facebook de A. Montero]
 
Magnífica temporada a que está a realizar o veterano Delfim Alves que nesta ocasión foi relegado á segunda posición mercede a unha absurda norma. A súa actuación é digna de todo mérito e merecía subir ao máis alto caixón do podio acompañando a Tiago. Non é o mesmo empatar con 4,5 puntos que con 5, pois no primeiro caso dispoñiase da posibilidade de gañar na sesión empatada, mentres que no segundo é imposíbel facer nada por mellorar.  

 

_CLASIFICACIÓN TOP-12_

 

 ____________________________________________________
 
 XOGO COMENTADO
 ____________________________________________________
 
 
 
 
1.09-13 ...
 
O lance que dá lugar á coñecida entre nós como a «Saída Dereita» ou a «Dundee» na nomenclatura anglo-americana. Apareceu publicada por primeira vez no tratado español titulado «Médula Eutropélica y Calculatoria que enseña a jugar a las Damas con Espada y Broquel» impreso en Madrid no ano 1718 e escrito polo “Incógnito” don Pablo Cecina Rica y Fergel, un frade mercedario que se chamaba realmente Gabriel de la Concepción.
 
1. ... 21-18;
 
Así queda configurada a apertura «Dereita Transversal». A teoría considera como mellor a resposta «Marxinal» 1. ... 21-17 que tén por idea  bloquear o flanco de río das brancas; pero cada vez estánse vendo máis outras continuacións como a textual ou incluso 1. ... 23-19, que pode entroncar xogando 2.13-17, 21-18 ou seguir unha vía distintiva tras 2.13-18.
 
2.13-17 ...
 
A elección moderna. Nos primeiros xogos que se practicaron desta liña as brancas movían casi indefectibelmente 2.05-09 traspoñendo a unha regular «Crítica Pechada»
 
2. ... 23-19;
 
Moi natural, movendo ao longo da gran diagonal. Con todo tamén se pode xogar 2. ... 22-19 que non é unha mala alternativa.
 
3.10-14 ...
 
A continuación que crea máis problemas ás negras. Tamén era posíbel 3.11-15, 27-23; [Ou 3. ... 28-23] 4.05-09, derivando para unha coñecida liña da «Partida Crítica» que dá lugar a xogos menos combativos.
 
3. ... 19x10;  4.05x21, 25x18; 5.01-05 ...
 
Menos habitual é 5.06-10, 18-14; 6.11x18, 22x06; 7.02x11, 28-23; 8.01-05, 23-19; 9.12-15, 19x12; 10.08x15, 32-28; 11.05-10, 28-23; 12.10-14, 27-22; 13.14-19, 23x14; 14.11x27, 31x22;  15.07-12, 22-19; 16.15x22, 26x19; 17.03-06, 30-26; 18.12-16, 19-14; 19.06-11, 14x07; 20.04x11, 26-22; 21.11-15 [EMP] como nun xogo Justino Miguel vs. Manuel Cunha disputado no «Torneo comemorativo do 25 de Abril» en Oliveira de Azemeis no ano 2011.
 
5. ... 28-23; 6.05-10 ...  
 
Se 6.12-15, 32-28; 7.07-12, 23-19; 8.05-10, 18-13; entronca no xogo principal.
 
6. ... 32-28;  
 
 
 
Xunto con 6. ... 23-19 e 6. ... 18-13 esta é unha das tres formas coas que as negras adoitan encarar o medio xogo. Menos habitual, pero tamén interesante é 6. ... 22-19.
 
7.12-15 ...
 
Moi apreciada é igualmente a alternativa:
 
7.12-16, 18-13; 8.07-12 ... [Unha variante que convén coñecer pois contén liñas que poden traspoñer ao xogo principal. Outras posibilidades son 8.11-14 como no xogo José Luís Guerra vs. Pedro Chipenhe do 12º Campionato de Portugal do ano 1992 ou 8.11-15 xogado no célebre Sam Levy vs. Sam Cohen do Campionato de Inglaterra do 1935 que xa temos comentado neste blog] 8. ... 23-19; 9.12-15, 19x12; 10.08x15, 28-23; [Unha posición que tamén se pode formar desde esta liña da «Oblicua Marxinal»: 1.11-15, 21-17; 2.07-11, 23-19; (Ou incluso desde estoutra da «Partida Paralela» 1.12-15, 23-19; 2.07-12, 21-17) 3.10-13, 17x10; 4.05x23, 28x19; 5.01-05, 32-28; 6.09-13, 25-21; 7.13-17, 21-18;  8.05-10, 28-23; 9.12-16, 19x12; 10.08x15, 18-13;] con estas ramificacións:
 
a) 11.11-14, 22-19; 12.15x22, 27x11; 13.06x15, 13x06; 14.02x11, 30-27!; [As negras están claramente mellor pero a vantaxe non é suficiente para gañar o xogo] 15.11-14 ... [Ou 15.04-07, 23-19; 16.15x22, 27x18; 17.11-15, 18-13; 18.07-11, 13-10; 19.11-14, 10-05; 20.14-18, 26-22; 21.18x27, 31x22; 22.17-21, 22-18; 23.15-19, 05-01; 24.19-22, 01-23; 25.21-26, 23-30; 26.03-07, 30x17; 27.22-27, 18-13; 28.27-31, 13-10; 29.16-20, 24x15; 30.07-11, 15x06; 31.31-28, EMP] 15. ... 27-22; 16.16-20, 23x16; 17.04-07, 29-25; [Ou se 17. ... 31-27; 18.14-19, 29-25; 19.07-12, 16x07; 20.3x12 e entronca] 18.07-12, 16x07; 19.03x12, 31-27; [Se 19. ... 25-21; 20.*12-16] 20.14-19, 24-20; [Se 20. ... 25-21; 21.12-16 e as brancas penetran con 16-20 e 19-23] 21.15x24, 22x08; 22.24-28, 08-04; 23.28-31, 26-22; [23. ... 23-20; 25.28-24, 20-16;  26.24-15, 04-08; 27.15x29, 16-12; 28.29-19] 24.31-24, 04-14; [24. ... 22-19; 25.24-02 con idea de 02-09, EMP.] 25.24-20, 14-23; 25.20-15, 23-19; [EMP].
 
b) 11.04-08, 23-19; 12.15-20, 24x15; 13.11x20, 27-23; 14.20x27, 30x23; 15.03-07 ... [Ata aquí como nun xogo Joao Oliveira vs. Víctor Oliveira disputado no Torneo clasificatorio para o Campionato de Portugal do ano 1995] 15. ... 31-28; [Unha continuación moi interesante que obriga ás brancas a xogar con gran coidado] 16.07-11, 28-24; 17.11-14, 13-09; 18.06-11, 24-20; 19.08-12, 29-25; 20.*10-13, 19x10; 21.12-15, 10-06; 22.15x24, 06-03; 23.*13-18 ... [23.24-28, 26-21; 24.17x26, 03x30;  e as brancas non teñen defensa. Por exemplo se 25.11-14, 30-17; 26.14-18, 22x13; 27.28-32, 17-30; GN] 23. ... 22x13; 24.24-28, 23-20; 25.16x23, 03-06; 26.11-14, 06-20; 27.14-18, 20x30; 28.28-32, 26-21; 29.17x26, 30x07; e a pesar dos peóns de vantaxe, o final é de empate.
 
7. ... 18-13;
 
Se 7. ... 23-20; as brancas poden optar por:
 
a) 8.07-12, 20-16; [Contra 8. ... 28-23 o mellor é seguir con 9.10-14 con leve vantaxe branca] 9.04-07, 18-13; 10.10-14, traspón a variante do xogo principal con 8. ... 23-20.
 
b) Frouxa é 8.08-12 que é ben contestada con 28-23! [Se 8. ... 20-16; 9.04-08 sería o mesmo que en «a», pero a textual é mellor] Ás brancas só lles resta loitar polo empate. Vexamos como deben defenderse:
 
► 9.10-14, 18-13; 10.14-19 ... [Se 10.14-18 como nun xogo Dr. Vaz Vieira vs. Vítor Cunha do 23º Campionato de Portugal celebrado en Faro no ano 2003, as negras poden responder con 10. ...  20-16; 11.18-21, 13-10; 12.06x13, 29-25; 13.13-18, 22x13; (14.03-06, 25x18; 15.11-14, 18x11; 16.07x14, 16x07; 17.04x11, 26-21; 18.17x26, 30x21; 19.15-19, 31-28; 20.11-15, 23-20; 21.06-10, 13x06; 22.02x11, 20-16; 23.19-22, 27x18; 24.14-19, 16-12 GN) 14.15-19, 23x14; 15.11x18, 13-10; 16.12-15, 27-22; 17.18x27, 25x18; 18.07-11, 31x22; 19.03-07, 18-13;  20.04-08, 13-09; 21.11-14, 10-05; 22.15-19, 22x15; 23.14-18, 05-01; 24.18-21, 15-11; 25.07x14, 01x19; GN] 10. ...  23x14; 11.11x18, 20x11; 12.07x14, [Ou 12. ... 29-25; 13.12-15, 13-09; 14.14-19, 22x13; 15.04-07, 31-28; 16.07-12, 09-05; 17.02x18, 26-21; 18.17x26, 30x14; 19.12-16, 25-21; 20.03-07, 21-17; 21.15-20, 24x15; 22.16-20, 17-13; 23.20-24, 14-10; 24.24x31, 10x03; 25.31x09 EMP] 12. ... 24-20; 13.04-07, 20-16; 14.07-11, 16x07; 15.03x12, 13-09; 16.18-21, 27-23; 17.21-25, 22-19; 18.06-10, 30-27; 19.12-16, 27-22; 20.16-20, 23x16; 21.14x23, 22-19;  22.10-13, 16-12; 23.13-18, 12-07; 24.18-21, 26-22; 25.23-27, 07-04; 26.27-30, 04x14; 27.30-27, 14-18; 28.27-23, 19-15; 29.23-19, 15-11; 30.19x26, 29x22;  31. 25-29, 18x25; 32.29x06 [EMP].
 
► 9.12-16 ... [Traspón á seguinte variante da «Partida Paralela»: 1.12-15, 23-19; 2.08-12, 28-23; 3.09-13, 21-18; 4.13-17, 23-20; 5.10-14, 19x10; 6.05x21, 25x18; 7.01-05, 32-28; 8.05-10, 28-23; 9.12-16] 9. ... 18-13;  
 
— 10.04-08, 23-19; 11.16x23, 27x20; 12.07-12, 20-16; 13.11-14, 16x07; 14.03x12, 31-27;  15.14x23, 27x11; 16.06x15, 13x06; 17.02x11, 22-18; 18.17-21, 26x17; 19.15-19, 18-13; 20.19-23, 13-10; 21.23-28, 10-06; 22.12-16, 06-03; 23.28-31, 03-07; 24.11-15, 07-12; 25.15-20, 24x15; 26.31-24, 30-27; 27.24x02, 12-19; 28.02-09, 27-23; 29.08-12, 19x08; 30.09-05, 23-20; 31.16x23, 08-19; 32.05-09 [EMP].
 
10.07-12, 22-18; 11.10-14 ... [Se 11.03-07, 27-22; 12.10-14, 26-21; 13.17x26, 30x21; 14.14-19, 23x14; 15.16x23, 31-27!! [Un xogo Daniel Machado vs. Medalha da Silva; 14º Campionato de Portugal en Sines no ano 1994 seguiu con 15. ... 14-10 e terminou en empate] 16.23x30, 14-10; 17.30x17, 10-13; 18.17x10, 03x13; GN] 11.10-14, 13-10; 12.06x22, 26x10; 13.15-19, 23x07; 14.04x11, 29-25; 15.16x23, 27x20; 16. 11-14, 20-16; 17.03-07, 30-26; 18.14-18, 31-27; 19.12-15, 26-22;  20.17-21, 22x13;  21.21-26, 13-09; 22.26-29, 10-05; [22. ... 27-23;  23.02-06, 10x03; 24.15-20, 24x15; 25.29x08, 03x12; 26.08x28 EMP] 23.07-12, 16x07; 24.15-20, 24x15; 25.29x03, 05-01;   26.03-13, 27-23; 27.13-27, 23-19; 28.27-22, 19-14; 29.22-18, 14-10; 30.18-13 [EMP].
 
c)  8.10-14, 18-13; 9.14-19 ... [9.07-12, traspón á variante 8. ... 23-20 do xogo principal] 9. ... 29-25; 10.07-12, 20-16; 11.11-14, 16x07; 12.03x12, 27-23; 13.14-18, 23x14; 14.18x27, 31x22; 15.06-10, 13x06; 16.02x27, 30x23; 17.12-16, 25-21; 18.04-07, 21-18; 19.07-11, 18-13; 20.11-14, 13-10; 21.14-18, 10-06; 22.18-21, 26-22; 23.21-26, 06-03; 24.17-21, 03-13; 25.15-20, 24x15; 26.26-30, 13-17; 27.30x11, 17x30; [EMP].
 
8.07-12 ...
 
 
 
  Máis frouxa é a liña 8.08-12? que pode ser ben respondida con 8. ... 23-20! e despois desta fina réplica ás brancas só lles queda loitar desesperadamente polo empate: 
 
a) 9.12-16, 28-23; [Con posición igual que na liña 7. ... 23-20, variante «b» con 9.12-16,18-13] .
 
b) 9.11-14, 20x11; 10.06x15, 13x06; 11.03x10, 28-23; 12.07-11, 22-19; 13.15x22, 26x19; 14.14-18, 24-20; 15.12-16, 27-22; 16.18x27, 31x22; 17.11-14, 29-25; 18.04-07, 30-26; 19.02-05, 19-15; 20.14-19, 23x14; 21.10x19, 15-12; 22.16x23, 12x03; 23.23-28, 22x15; 24.28-32 [EMP].
 
  Pero unha boa alternativa é 8.11-14, 23-20; [8. ... 22-19; 9.15x22, 27x11; 10.07x14, 24-20; 11.03-07, 31-27; 12.08-12, 27-22; 13.12-16, 20-15; 14.14-19, 23x05; 15.02x27, 30x23; con xogo igualado] 9.07-11 … 
 
E agora se:
 
a)  9. ... 28-23; 10.14-18, 20-16; 11.18-21, 23-20; [11. ... 23-19; 12.04-07, 19x12; 13.08x15, 22-18; 14.07-12, 16x07; 15.03x12, 27-23; 16.12-16, 13-09; 17.15-20, 24x15; 18.11x27, 31x22; 19.16-20, 18-14; 20.10x19, 22x15; 21.20-23, 29-25; 22.23-28, 25x18; 23.28-32, 15-12; 24.32-19, 12-07; 25.19x29, 07-04!; 26.17-21, 18-13; 27.21-25, 04-08 EMP.] 12.04-07, 27-23; 13.15-19, 23x05; 14.02x27, 31x22; 15.11-14, 22-18; 16.14-19, 18-14; 17.19-23, 14-11!; 18.07x14, 16-12; 19.08x15, 20x02; 20.23-27, 30x23; 21.21x30, 24-20 EMP. [Dr. Mario Silva vs. Veríssimo Dias, xogado no 22º Campionato de Portugal de Odemira, 2002].
 
b)  9. ... 20-16; 10.04-07, 13-09; 11.10-13, 28-23; 12.14-19, 23x14; 13.11x18, 22-19; 14.15x22, 26x19; 15.18-21, 19-14; 16.13-18, 24-20; 17.08-12 ... [17.21-25, 27-22; 18.18x27, 31x22; 19.02-05, 09x02; 20.06-11, 02x15; 21.07-12, 16x07; 22.03x26, 30x21; 23.17x26, 29x22; 24.25-29, 22-18 EMPATE do Dr. Sena Carneiro] 17. ... 27-22; 18.18x27, 30x23; 19.21-26, 29x22; 20.17-21, 22-19; 21.21-26, 20-15; 22.26-30, 15x08; 23.30x20, 14-10; 24.06x13, 08-04 EMP. [Veríssimo Dias vs. Manuel Capote; 16º Campionato de Portugal en Almada no 1996].
 
8. ... 23-19;
 
  Considerada inferior á habitual 8. ... 23-20; alcanzando unha posición que tamén se pode formar coa seguinte liña da «Oblicua Ortodoxa»:
 
1.11-15, 23-19; 2.07-11, 28-23; 3.09-13, 21-18; 4.13-17, 32-28; (Ou 4. ... 23-20 e despois 7. ... 32-28 que sería o mesmo) 5.10-14, 19x10; 6.05x21, 25x18; 7.01-05, 23-20; 8.05-10, 18-13;  que pode seguir con:
 
9.10-14, 20-16; [Se 9. ... 13-10; 10.06x13, 28-23; 11.14-18, 20-16; 12.11-14, 16x07; 13.04x11, 22-19; 14.15x22, 26x10; 15.18-21, 24-20; 16.21-26, 30x21; 17.17x26, 29x22; 18.11-14, 20-15; 19.14-18, 15-11; 20.18-21, 22-18; 21.13x22, 27x18; 22.21-26, 11-06; 23.02x11, 10-05; 24.26-29, 18-13; 25.11-14, 13-09; 26.29-19, 31-28; 27.19-12, 05-02; 28.14-19, 23x14; 29.12-19 EMP] 10.04-07 .. [Ou 10.03-07, 13-10; 11.06x13, 28-23; 12.14-19, 23x14; 13.11x18, 29-25; 14.15-19, 22x15; 15.12x19, 27-22; 16.18x27, 31x15; 17.07-11, 15x06; 18.02x11, 26-22; 19.11-14, 24-20; 20.14-18, 30-27; 21.04-07, 20-15; 22.17-21, 27-23; 23.18x27, 25x09; 24.27-30, 16-12; 25.30x11, 12x03 EMP.] 10. ... 29-25; [10. ... 13-09; foi enpregado nun xogo Veríssimo Dias vs. Medalha da Silva do 20º Campionato de  Portugal disputado en Amadora no ano 2000 que o lector pode buscar neste blog nos comentarios do artigo que dedicamos ao gran campión inglés Sam Levy] 11.15-20, 24x15; 12.12x19, 22x15; 13.11x20, 26-22; [Un lance usado nun xogo por correo Don Laferty vs. Richard Fortman disputado no ano 1970. Aparta da «Enciclopedia de Kear» que segue con 13. ... 27-22] 14.06-10, 13x06; 15.02x11, 22-18; 16.14x21, 25x18; 17.17-21, 18-14; 18.11x18, 27-23; 19.20x27, 31x13; 20.21-25, 13-09; 21.25-29, 09-05; 22.29-15, 28-24; 23.15-19, 05-01; 24.19-29 EMP.
 
 A opción  8. ... 13-09;  é  estratexicamente incorrecta pois o peón en «13» dificulta a mobilidade branca nese flanco. Sería ben contestada con 9.10-13 con lixeira vantaxe das brancas.
 
9.11-14 ...
 
Máis incisiva que 9.12-16, 19x12; 10.08x15, 28-23;  que traspón á variante 7.12-16.
 
9. ... *28-23; 10.14-18 ...
 
 
 
Neste momento a máis atractiva continuación.
 
a) Se 10.06-11, 13x06; 11.03x10, 26-21; 12.17x26, 30x21; 13.12-16, 19x12; 14.08x15, 22-19; 15.15x22, 27x18; 16.04-07, 31-27; 17.10-13, 18x09; 18.02-05, 09x02; 19.11-15, 02x20; 20.14-19, 23x14; 21.16x30, 29-25; 22.30x17, 25-21; 23.17x30 [EMP].
 
b) Ou se 10.03-07 tamén permite un empate rápido con 10. ... 23-20; 11.14x23, 20x11; 12.07x14, 27x20; 13.12-16, 13-09; 14.16x23, 09-05; 15.02x09, 30-27; 16.23x30, 29-25; 17.30x21, 25x02; 18.17-21, 02-06; 19.21-25, 06x17; 20.25-29, 22-18; 21.29-25, 18-13;  22.09x18, 17-13; 23.18-21, 13-17; 24.25-29, 17x30; [EMP].
 
c) Posíbel tamén era seguir con 10.12-16, 19x12; 11.08x15, e de novo temos unha posición que se forma a partir da variante do xogo principal con 7.12-16, esta vez seguindo pola súa ramificación «a» con 11.11-14.
 
10. ... 13-09;
 
As negras dispoñen aquí dunha boa liña defensiva con 10. ... 24-20!; que forza unha gran simplificación tras 11.15x24, 29-25; 12.12-15, 19x12; 13.08x15, 26-21; 14.17x26, 30x05;  15.02x18, 22x13; 16.06-10, 13x06; 17.03x10, 25-21; 18.04-07, 23-19; 19.15x22, 27x18; 20.07-11, 21-17;  21.10-14, 18-13; [EMP].
 
11.18-21, 29-25;
 
 
 
Ou 11. ... 23-20; 12.03-07, 20x11; 13.07x23, 27x20; 14.10-14, 20-16; 15.12-15, 16-12;  16.14-18, 22x13; 17.15-19, 29-25; 18.08x15, 25x18; 19.19-23, 18-14; 20.23-28, 14-10;  21.28-32, 10x03; 22.02-06, 03x10; 23.32x01, 24-20; 24.15x24, 26-21; 25.17x26, 30x21; 26.01-19, 21-18 [EMP].
 
12.10-13, 25x18; 13.06-11, 23-20; 14.12-16, 19x12; 15.16x23 ...
 
Non vale 15.08x15 por 15. ... 27-23; que forza 16.03-07 e despois de 16. ... 23-19 as negras gañan o final.
 
15. ... 27x20; 16.08x15 ... 
 
 
 
16. ... 18-14; 17.11x27, 20x11; 18.03-07, 31x22; 19.07x14 ...
 
 
19. ... 24-20;

O movemento perdedor. Aínda era posíbel salvar o xogo con 19. ... 26-21; 20.17x26, 30x21; 21.13-17, 22-18; 22.17x26, 18x11; 23.26-30, 11-06; 24.02x11, 09-05;  25.30-23, 05-02; 26.11-14, 02-11; 27.14-19, 11-15;  [EMP].
 
20.14-18, 20-15;
 
Máis resistente que 20. ... 22-19; 21.18-22, 26-21; 22.17x26, 30x21; 23.13-17, 21-18; 24.22-27, 18-14; 25.27-31, 14-11; 26.31-22, 20-15; 27.17-21, 19-14; 28.22x12, 14-10;  29.12-03, 10-05; 30.03-06 [GB].
 
21.18x27, 30x23; 22.13-18, 15-11; 23.18-21, 26-22; 24.21-26, 11-06;
 
Se 24. ... 23-19; 25.17-21, 11-06; 26.02x11, 09-05; 27.26-29, 05-01; 28.04-08, 22-18;  29.29x15, 18-13; 30.21-26, 13-09; 31.26-30, 01-28; 32.30-17, 28-32; 33.17-03, 32-23; 34.03-06, 23-32; 35.06-02, 32-23; 36.15-29, 23-28; 37.08-12, 28-23; 38.12-16, 23-32;  39.16-20, 32-28; 40.29-08, 28-32; 41.11-15, 32-05; 42.08-04; 05-10; 43.20-24, 10-32; 44.02-11, 32-10; 45.24-28, 10x32; 46.15-19, 32x07; 47.04x14 [GB].
 
25.02x11, 09-05; 26.26-29, 22-18; 27.*29-25, 18-13; 28.25-14 ...    [1-0]
 
 
 
As negras abandonaron. A colocación dos peóns en «4» e «11» forma un «gancho» que tras 28. ... 05-01; 29.14x32, 13-10; 30.32x05 permite atrapar á dama inimiga.