domingo, 25 de maio de 2014

1º Torneo Sentir Penafiel, 2014

O pasado día 29 de marzo celebrouse en Penafiel o denominado «I Torneo de Damas Clásicas Sentir Penafiel», un novo evento integrado no calendario oficial da Federación Portuguesa organizado pola Cámara Municipal coa colaboración do Centro Recreativo e Cultural de Sebolido.


A competición, que tivo lugar no pabillón do Centro Escolar da localidade, foi dividida en 5 sesións para as que se empregou o tradicional Sistema Suizo de emparellamentos con partidas de 4 xogos en apertura libre e media hora de reflexión. Participaron 56 damistas entre os que se encontraban a gran maioría de especialistas de todo o país.


O gran vencedor individual foi o xogador local Manuel Cardoso, seguido de Nelson Monteiro na segunda praza e o Dr. Vaz Vieira na terceira.


Na clasificación colectiva na que puntúan os 4 mellores integrantes de cada equipo resultou vencedora a formación do C.C.D. de Sao Joao da Madeira, completando o podio as escuadras do G.C. Vilacondense e o Café Avenida de Ermesinde.

CLASIFICACIÓN
[Xogadores que totalizaron un mínimo de 3 puntos]




De seguido comentamos un dos máis espectaculares xogos do torneo:


1.10-14, 22-18;

A «Apertura Clásica» ou «Diagonal Vertente», a segunda máis xogada despois de 1.10-14, 23-19.

2.06-10 ...


Avanzando a «Peza Vértice» ou «Apex Piece» como a denominou Francis Teschleit por ser a punta do «Pequeno Triángulo» defensivo formado polos peóns das casas «2», «3» e «6». Esta é unha das excepcións que confirma a regra que recomenda non mover este peón nos primeiros compases do xogo.

As continuacións máis utilizadas son 2.05-10 e 2.12-15. Coa textual fórmase unha posición que podemos encontrar máis regularmente desde unha apertura «Central Vertente»: 1.11-14, 22-18; seguido de 2.06-11, neste caso a opción máis sólida.

2. … 27-22;


Un bo lance. As negras tamén infrinxen a norma e desfán o seu «Pequeno Triángulo».

Pero o segundo xogador, se así o desexa, podería optar por estoutras continuacións igualmente interesantes: 2. … 23-20 [Apartado Primeiro], 2. … 23-19 [Apartado Segundo], 2. … 26-22 [Apartado Terceiro] ou 2. … 24-20 [Apartado Cuarto] que debido á súa extensión serán amosadas nun próximo artigo.

3.12-16 ...


O condutor das brancas sinte unha especial predilección por esta transposición á «Partida Contra-Clásica» que se adoita construír con 1.10-14, 22-18; 2.12-16, 27-22; 3.06-10. 

Outra posibilidade era 3.10-13, pero as principais alternativas son:

a) 3.02-06 … [Partida Alma].

b) 3.12-15, que pode ser respondido con 3. … 23-20, a ruta habitual para entrar na «Partida Confusa», ou rexeitando esa posibilidade coa fuga 3. … 23-19.

Todas estas continuacións tamén serán estudadas nun amplo artigo alusivo.

3. … 22-19;


Para tratar de encadear o peón central da casa «14» e dificultar o desenvolvemento do flanco de río. Aínda que con menos frecuencia, a posición tamén pode ser alcanzada na seguinte liña da «Edimburgo Cruzada» 1.12-16, 22-19; 2.11-14, 27-22; 3.06-11, 22-18.

Se 3. … 24-20; 4.07-12, 28-24; 5.12-15, 21-17; [Ou a pequena transposición interna 5. … 31-27; 6.08-12, 21-17; 7.14x21, 25x18;] 6.14x21, 25x18; 7.08-12 … [Como na seguinte liña da «Partida Clásica Recusada» 1.10-14, 22-18; 2.12-15, 23-20; 3.07-12, 28-23; 4.12-16, 27-22; 5.08-12, 21-17; 6.14x21, 25x18; 7.06-10, con lixeira vantaxe branca] 7. … 31-27; 8.10-14, 29-25; 9.14x21, 25x18; 10.05-10, 18-13; 11.09x18, 22x06; 12.03x10, 27-22; 13.01-05, 26-21; 14.05-09, 21-18; 15.02-05, 30-27; 16.10-14, 18-13; 17.09x18, 22x13; 18.14-19, 23x07; 19.16x30, 07-03; 20.15-19, 03x16; 21.05-10, 13x06; 22.19-23, 16x27; 23.30x02, 17-13; 24.02-06, 13-09; 25.06-10, 24-20; 26.10-01, 20-15; 27.04-07, 32-28; 28.01x32, 15-11; 29.07x14, 09-05; 30.14-18, 05-02; [EMP].

4.08-12 ...


O tratamento axeitado. Moi frouxa, seguramente perdedora, é a continuación 4.07-12. Así, despois da contestación negra con 4. … 26-22; non encontramos unha defensa satisfactoria. Vexamos algúns exemplos:

a) 5.12-15 ... [No «Tratado da Enciclopédia Damista» son escasísimas as liñas publicadas sobre esta apertura. Esta posición, en concreto, aparece no estudo da «Partida Cruzada» construída con 1.10-14, 22-19; 2.06-10, 26-22; 3.12-16, 22-18; 4.07-12, 27-22] 5. … 19x12; 6.08x15, 23-20; [Mellor que 6. … 23-19; 7.14x23, 28x12; 8.04-08, 32-28; 9.08x15, 28-23; 10.10-14, 21-17; 11.14x21, 25x18; 12.02-06, 23-19; 13.15-20, 24x15; 14.11x20, 19-15; 15.06-11, 15x06; 16.03x10, 17-13; 17.10x17, 22-19; 18.20-23, 19-15; 19.16-20, 15-11; 20.20-24, 11-06; 21.23-28, 06-02; 22.28-32, 18-13; 23.09x18, 02x22; 24.01-05, 22-09; 25.17-21, 09x02; 26.21-25, EMP. como nun xogo Antonio País vs. Orlando Lopes do 2º Torneo do «Café Continental» de Lisboa disputado no ano 1957] 7.16x23, 28x12; 8.04-08, 32-28; [Ou 8. … 12-07; 9.03x12, 24-20; 10.12-15, 20-16; 11.15-20, 30-27; (Un xogo Adelino Ribeiro vs. Sena Carneiro disputado no ano 1952 en Porto contiuou con 11. … 32-28; que permite aliviar un pouco a presión con 12.20-23 e acabou en empate) 12.10-13, 32-28; 13.20-24, 28-23; 14.13-17, 29-26; 15.02-06, 23-20; 16.05-10, 20-15; 17.11x20, 18x02; GN.] 9.08x15, 28-23; 10.10-13, 21-17; 11.14x21, 17x10; 12.05x14, 25x18; 13.14x21, 23-19; [Análise de Richard Jordan que finaliza neste punto con vantaxe decisiva das negras]. O Dr. Sena Carneiro remata o xogo do seguinte xeito: 14.09-13, 19x12; 15.13-17, 22-18; 16.11-15, 24-20; 17.15x24, 12-08; [GN].

b) 5.10-13, 19x10; 6.05x14, 23-20; 7.16x23, 28x10; e agora se:

── 8.13-17 ... ; con tan enorme superioridade das negras que ate poden elixir:

 8. … 32-28; [A máis natural. A súa idea principal é poder conservar o peón de máis]  9.17x26, 30x21; 10.11-15 ... [Se 10.02-05, seguindo agora con 10. … 28-23; 11.05x14, 22-19; as negras conseguen vantaxe decisiva] 10. ... 28-23; 11.12-16, 21-17; 12.08-12, 29-26; 13.02-06, 25-21; 14.06x13, 17x10; 15.04-08, 31-28; 16.03-07, 10-06; 17.15-20, 24x15; 18.12x19, 22x15; 19.07-11, 15-12; 20.08x15, 06-02; 21.01-05, 26-22; [GN].

 8. ... 29-26; 9.02-05, 10-06;  [Se 9. … 31-27; aínda que as negras conservan unha certa vantaxe despois de 10.05x14, 18-13; 11.09x18, 22x13; as brancas poden defenderse con 12-03-06 ... (Non 12.12-15, 13-10; 13.08-12, 21-18; 14.14x21, 25x18; 15.12-16, 18-13; 16.11-14, 10-06; 17.03x10, 13x06; 18.01-05, 06-03; 19.05-09, 03-12; 20.14-18, 12x13; 21.09x18, 27-22; 22.18x27, 30x23; 23.04-07, 23-19; GN. Como nun xogo práctico Francisco Nunes vs. Dr. Jorge Gomes Fernandes disputado en Lisboa no ano 1972) 12. ... 21-18; 13.14x21, 25x18; 14.12-16, 27-22; 15.08-12, 22-19; 16.01-05, 30-27; 17.05-10, 13-09; 18.11-14, 18x02; 19.10-14, 19x10; 20.12-15, 02x20; 21.16x30, 10-05; 22.30x21, 05-01; 23.21-07, 01-19; 24.17-21, 09-05; 25.04-08, 05-02; 26.07-12, 19-14; 27.21-26, 24-20; 28.12-16, 20-15; 29.26-29, 15-11; 30.29-25, 02-09; 31.08-12, 09-22; 32.16-20, 22x08; 33.20x06, EMP.] 10.03x10, 31-27; 11.10-14, 18-13; 12.09x18, 22x13; 13.14-19, 24-20; 14.04-07, 20-16; 15.12-15, 32-28; 16.11-14, 28-24; 17.05-09, 13-10; 18.09-13, 10-06; 19.01-05, 27-22; 20.14-18, 21x14; 21.19-23, 14-10; 22.05x14, 30-27; 23.23x30, 06-02; 24.30x21, 25x04; [GN].

 8. … 31-27�; [Esta continuación segundo se indica no «TED» é unha recomendación do «Jornal de Almada»] 9.17x26, 30x21; 10.04-07, 32-28; 11.11-15, 18-13; [No citado xornal segue con 11. … 28-23; 12.12-16, 18-14; 13.02-06, 21-17; 14.06x13, 17x10; 15.09-13, 23-19; 16.07-12, 27-23; 17.13-18, 22x13; 18.15x22, 13-09; 19.22-27, 14-11; 20.27-31, 11-06; 21.12-15, 09-05; 22.31-09, 05-02; 23.09-27�,02-09; GN. Pero as brancas neste caso podían defenderse con 23.01-05, 10x01; 24.03x10, 01x12; 25.08x15, 02x20; 26.09-05, 25-21; 27.05x28, EMP.] 12.09x18, 21x14; 13.02-05, 27-23; 14.12-16, 25-21; 15.07-11 ... [Ou se 15.05-09, 21-18; 16.07-12, 29-26; 17.15-19, 22x15; 18.12x19, 10-06; 19.03x10, 14x05; 20.01x10, 23x05; GN.] 15. … 14x07; 16.05x14, 07-04; 17.14-19, 23x14; 18.03-07, 04x20; 19.16x32, 14-11; 20.32-14, 29-25; 21.14x07, 21-18; 22.07x21, 25x18; 23.01-05, 18-14; 24.05-09, 14-11; 25.09-13, 11-07; 26.13-17, 07-04; [GN].

── 8.12-16, 21-17; 9.08-12, 31-28; 10.12-15, 28-23; 11.02-06, 25-21; 12.04-08, 29-25; 13.15-20, 24x15; 14.11x27, 30x23; 15.06-11, 32-28; 16.11-15, 28-24; 17.08-12, 23-19; 18.16-20, 18-14; 19.20-23, 10-05; 20.01x10, 14x05; 21.23-27, 17x10; 22.09-13, 05-01; 23.13-17, 19-14; 24.17x26, 10-06; 25.03x19, 01x17; [GN]. Como nun xogo Idalino Lopes vs. José Silva Pereira do Pre-Nacional de Lisboa disputado no ano 1996.

── 8.12-15, 21-17; 9.08-12, 30-27; [Aínda máis forte que a continuación do «TED» 9. … 32-28] 10.12-16, 27-23; 11.04-08, 25-21; 12.02-06, 23-19; 13.15-20 ... [Se 13.16-20, 19x12; 14.08x15, 32-28; 15.15-19, 22x15; 16.13x22, 15-12; 17.06x13, 24x06; 18.03x10, 12-07; GN.] 13. … 24x15; 14.11x20, 10-05; 15.01x10, 18-14; 16.20-23, 14x05; 17.06-10, 05-02; 18.23-27, 19-14; 19.10x26, 17x10; 20.09-13, 29x22; 21.27-30, 22-18; 22.13x22, 32-28; 23.30x06, 02x26; [GN].

4. … 26-22;


Moitos camiños poden ser empregados para chegar a esta posición. O lector debe notar que en todas esas rutas pode haber unha permutación entre o segundo e o cuarto lance das negras. Este sería o exemplo para a liña tronco 1.10-14, 22-18; 2.06-10, 26-22; 3.12-16, 22-19; 4.08-12, 27-22.

[●] Como alternativa ao lance efectuado por Luís Leite, as negras poden optar por 4. … 24-20; [Unha xogada moi interesante, anticipándose ao plan branco de seguir con 5.11-15] 5.10-13, 19x10; 6.05x14 ... [Se 6.13x22, 26x19; 7.05x14, 19x10; 8.12-15, 28-24; 9.02-05 ... (Aquí non vale 9.09-13� polo golpe con 9. …. 21-18; 10.13x22, 10-06; 11.03x10, 23-19; 12.16x23, 19x03; GN. Como nun xogo Amílcar Vaz vs. Mario Dinis Vaz do 1º Campionato de Campolide disputado no ano 1947 e que foi publicado no xornal portugués «República» do 7/2/1972 e posteriormente incluído no «TED») 9. … 31-28; 10.05x14, 21-18; 11.14x21, 25x18; 12.07-12, 18-14; 13.11x18, 20x11; 14.18-22, 23-20; 15.16x23, 28x19; 16.01-05, 32-28; 17.09-13, 24-20; 18.12-16, 29-26; 19.16x32, 30-27; 20.32x07, 27x02; EMP. Liña do Dr. Sena Carneiro pertencente ao Estudo da «Partida Contra-Clásica» no «TED»] 6. … 28-24; [Se 6. … 30-27; 7.13x22, 26x10, segue 8.12-15! … (Ameazando 9.15-19 para furar o trío de peóns negro. En cambio 8.02-05 pode ser replicada con 8. … 20-15!; e as negras toman a iniciativa. Tras 9.12x19, 23x14; 10.11x18, 21x14; podería seguir 11.09-13, 29-26; 12.13-18, 27-23; 13.07-11, 14x07; 14.05x14, 23-20; 15.04x11, 26-22; 16.16x23, 28x10; 17.18x27, 31x22; 18.11-15, 22-18; 19.15-19, 18-14; 20.19-22, 14-11; 21.22-27, 11-06; 22.27-31, 06-02; 23.03-07, 10-06; 24.31-24, 32-28; 25.24x31, 06-03; 26.31-28, 03x12; 27.01-05, con un apertado empate) 8. … 27-22; 9.15x24, 21-18; 10.02-06, 25-21; 11.06x13, 21-17; 12.11-15, 17x10; 13.15-20, 23-19; 14.20-23, 18-14; 15.23-27, 10-05; 16.01x10, 14x05; 17.27-30, 22-18; 18.03-06, 19-15; 19.30-17, 15-12; 20.06-10, 12x03; 21.16-20, 03x13; 22.17x01, 18-14; 23.01x23, 28x19; 24.20-23, 19-14; 25.09-13, 14-10; 26.13-18, 10-05; 27.18-22, 05-02; 28.23-27, 29-26; 29.22x29, 31x22; 30.29x12, 32-28; 31.24x31, 02-05; EMP.] 7.13x22, 26x10; alcanzándose aquí o punto crítico do xogo. Vexamos algunhas das vías que o primeiro xogador pode tomar:

a) 8.02-05, 10-06; 9.03x10, 21-18; 10.10-13, 30-26; 11.13x22, 26x19; 12.11-14, 19x10; 13.05x14, 25-21; 14.01-05, 29-26; 15.05-10, 26-22; 16.07-11, 22-19; 17.04-08, 31-27; 18.12-15, 19x12; 19.08x15, 27-22; 20.09-13, 21-17; 21.14-18, 23-19; 22.16x23, 19x12; 23.18x27, 12-07; 24.11-14, 07-04; 25.13-18, 04-11; e agora se:

── 26.27-30� ... [Permite o empate] 26. … *11-06!; [Se 26. … 24-20; 27.30-26, 20-15; 28.26x12, 11-02; 29.18-21, 02-20; 30.12-03, 20x30; 31.03-16, 32-28; 32.14-19, GB. Como nun xogo publicado no «Cidade de Tomar» no que se enfrontaron Tiago Manuel vs. Idalino Lopes pertencente ao 33º Campionato de Portugal disputado en Setúbal no ano 2013] 27.18-21 ... [Ou se 27.10-13, 17x10; 28.23-28, 32x23; 29.30x02, 24-20; 30.02x24, 10-05; 31.24-28, 05-02; 32.14-19, 02-11; 33.18-22, 11-24; 34.28-23, 24-15; 35.23-16, 15-08; 36.16-20, 08-12; 37.20-15, 12-07; 38.19-23, 07-18; 39.22-26, 18-22; EMP.] 27. … 06x13; 28.21-25, 13-31; 29.25-29, 24-20; 30.29-19, 20-16; 31.30-26, 31-28; 32.23-27, 16-12; 33.19x08, 28x10; 34.27-30, 17-13; 35.26-15, 13-09; 36.15-02, 10-14; [EMP].

── 26.27-31, 11-02; [Se 26. ... 11-20; o mellor é 27.31-22, 20x30; 28.22-26, 30x21; 29.18x25, 24-20; 30.25-29, GB. Ou se 26. … 24-20; 27.10-13, 17x10; 28.18-22, 11x27; 29.31x24, GB.] 27.18-21, 24-20; 28.31-22, 02-09; 29.23-27, 20-15; 30.22x12, 09x31; 31.21-26, 31-24; 32.12-22, 24-11; 33.14-19, 11-14; 34.26-30, 14x28; 35.22-31, 28x05; 36.30-23, 05x28; 37.31x24, 17-13; 38.24-06, 13-09; 39.06-10, [GB].

b) 8.11-14, 30-26; [Se 8. … 31-27; perde coa «xudía» 9.12-15, 20x11; 10.01-05, 10x01; 11.03-06, 01x19; 12.06x31, 21-17; 13.07-11, 25-21; 14.31-28, GB.] 9.14-19, 23x14; 10.16x23, 24-20; 11.12-16 … ; a agora se:

── 11. … 26-22; [Perde] 12.23-27, 22-19; 13.16x23, 31x22; 14.09-13 … [Se 14.07-11, 14x07; 15.04x11, 22-18; 16.09-13, 18x09; 17.23-27, 19-14; 18.11x18, 21x14; 19.27-30, 14-11; 20.30-17, 11-06; 21.02x11, 09-05; 22.17x06, 05-02; 23.03-07, 02-09; 24.07-12, 25-21; 25.06-02, 09-18; 26.11-15, 18-22; 27.15-20, 22x08; 28.20-23, 08-22; 29.01-05, 21-18; 30.05-10, 22-31; 31.02-05, 29-25; 32.05-02, EMP. Como nun xogo Vitor Cunha vs. Arlindo Roda do 22º Campionato de Portugal disputado en Odemira no ano 2002] 14. ... 29-26; 15.23-27, 19-15; 16.27-31, 22-19; 17.13-17, 15-11; 18.31-22, 19-15; 19.22x29, 21-18; 20.29x12, 18-13; 21.12-15, [GB].

── 11. … 21-18; 12.02-06, 20-15; 13.06x22, 26x19; 14.16-20, 14-10; 15.09-13, 25-21; 16.20-24, 19-14; 17.13-17, 21-18; 18.24-28, 31x24; 19.23-27, 15-11; 20.27-31, 11-06; 21.31x09, 06-02; 22.07-12, 14-11; 23.12-15, 32-28; 24.15-19, 10-06; 25.03x10, 11-07; 26.04x11, 02x26; 27.10-13, 28-23; 28.13-18, 26-08; 29.18-21, 23-19; 30.09-27, 19-15; 31.27-18, 08-04; 32.21-25, 04x21; 33.17x26, 29x22; 34.25-29, 22-19; 35.01-05, 19-14; 36.29x12, 14-11; 37.12-03, 24-20; 38.03-16, 11-06; [EMP].

5.11-15 ...


A forma preferida de desbloquear o centro.

[●] Nun xogo Alberto Silva vs. José Luís Guerra do 20º Campionato de Portugal por equipos disputado en Santo Antonio dos Cavaleiros no ano 2001, as brancas seguiron con 5.02-06, pero esta xogada debilita enormemente a estrutura ao formar un perigoso «cóbado» cos peóns «6» «11» e «14» que pode ser explotado con 5. … 29-26!; [No mencionado xogo, o damista almadense decidiuse por 5. … 24-20; e acabou gañando por mala condución do rival, pero o certo é que tras 6.10-13, 19x10; 7.05x14, 28-24; as brancas puideron seguir con 8.13-17, e teñen vía libre para desfacer o cóbado con 06-10 e ate quedar con vantaxe] 6.10-13 ... [Para defenderse da ameaza 19-15. Se 6.12-15, 19x12; 7.04-08, 31-27; 8.08x15, 23-20; 9.16x23, 28x12; 10.07x16, 24-20; 11.16x23, 27x20; GN.] 6. … 19x10; 7.05x14, 21-17; 8.14x21, 17x10; 9.06x13, 26x10; e as negras teñen un decisivo peón de vantaxe.

[●] 5.10-13 ... [Perde momentaneamente un peón e deixa a iniciativa en mans das negras. As brancas tan só poden aspirar a neutralizar esta vantaxe] 5. … 19x10; 6.05x14, 23-20; 7.16x23, 28x10; 8.13-17, 29-26; 9.02-06, 31-27; 10.06x13, 18-14; 11.11x18, 21x14; 12.01-05, 22-19; 13.13-18, 32-28; 14.03-06, 26-21; [Ou 14. … 28-23; 15.06-10, 24-20; 16.09-13, 14-11; 17.07x14, 20-15; 18.12-16, 15-12; 19.05-09, 19-15; 20.14-19, 23x05; 21.18-21, 25x18; 22.13x29, 05-01; 23.29-26, 30x21; 24.17x26, 15-11; 25.26-30, 27-22; 26.30-20, 12-07; 27.20x02, 07-03; 28.16-20, 01-32; 29.02-15, 22-18; 30.15-11, 32-14; 31.20-23, 14x07; 32.04x11, 03-06; 33.09-13, 06x30; 34.13x22, EMP.] 15.17x26, 30x21; 16.06-11, 27-23; 17.11-15, 14-10; 18.05x14, 19x10; 19.18-22, 10-06; 20.22-26, 06-02; e aquí as brancas deben xogar con coidado:

a) 21.26-30 [Perde] 21. … 02x20; 22.30x17, *25-21!; [E non 22. … 23-19; 23.17-10, 28-23; 24.09-13, 20-02; 25.12-16, 24-20; 26.13-17, 02-09; 27.10-03 ... (Se 27.10-06�, 09-02; 28.06x24, 19-15; GN. Como nun xogo Arlindo Roda vs. José Carlos Anjos do 20º Campionato de Portugal disputado en Amadora no ano 2000) 27. ... 09-02; 28.07-12, 20-15; 29.16-20, 23x07; 30.04x20, 02x24; 31.03-10, EMP.] 23.17x26, 23-19; 24.26x15, 20x06; 25.04-08, 28-23; 26.12-15, 06x20; 27.09-13, 20-15; 28.13-18, 15-26; 29.07-11, 24-20; 30.11-14, 20-15; [GN].

b) 21.26-29, 02x20; 22.12-16, 20-06; 23.07-11, 06x20; 24.29-19, 23x14; 25.16x32, 14-11; 26.09-13, 24-20; 27.32-28, 20-16; 28.13-17, 11-06; 29.17x26, 16-12; 30.26-29, 12-08; [EMP].

5. … 18x11; 6.07x14 ...


6. ... 21-18;

[●] Aquí non vale 6. … 31-27; [Continuación típica das damas anglo-americanas] por 14-18, GB.

[●] Pero as negras poden seguir con 6. ... 22-18; 7.15x22, 18x11; 8.03-06, 30-27; 9.06x15, 27x18; 10.10-13, 18-14; 11.05-10, 14x05; 12.01x10, 24-20; 13.15x24, 31-27; 14.24x31, 27-22; 15.31x18, 21x05; e agora se:

a) 16.12-15, 05-01; 17.15-20, 23-19; 18.13-18 ... [Se 18.20-23, 32-28; 19.23x32, 29-26; 20.32x05, 01x17; 21.16-20, 17-10; 22.09-13, 10x17; 23.20-23, 17-10; 24.23-27, EMP. Máis frouxa é 18.20-24, 01-10; 19.13-17, 10-03; 20.04-08�, 25-21; 21.17x26, 29x22; 22.08-12, 22-18; 23.09-13, 18x09; 24.12-15, 19x12; 25.16-20, 12-08; 26.20-23, 03-16; GN. Como nun xogo Herminio Medalha da Silva vs. Veríssimo Días do 30º Campionato de Portugal disputado en Lisboa no ano 2010 e publicado no «Cidade de Tomar»] 18. ... 25-21; 19.18x25, 19-15; 20.09-13, 01-14; 21.13-17, 15-11; 22.17-21, 14-10; 23.21-26, 29x22; 24.02-05, 10x01; 25.25-29, 22-18; 26.29-15, 11-07; 27.04x11, 01-28; 28.15-26, 28-24; 29.11-15, 18-13; 30.26-21, 13-10; 31.21-11, 24-31; 32.11-02, 31-22; 33.20-23, 22x08; 34.23-27, 32-28; 35.27-31, 10-06; 36.02x20, 08-19; 37.31x24, [EMP].

b) 16.13-18, 05-01; 17.12-15, 25-21; 18.18x25, 01-14; 19.15-20, 14-18; 20.20x27, 18x31; 21.02-06, 31-24; 22.06-10, 24-06; 23.09-13, 32-28; 24.13-17, 06x13; 25.16-20, 28-23; 26.20x27, 13x31; 27.17-21, [EMP]. Como nun xogo José Silva Pereira vs. Joao Oliveira do 20º Campionato de Portugal por equipos en eliminatoria disputada en Santo Antonio dos Cavaleiros no ano 2001 [Publicado no semanario Cidade de Tomar do 14/12/2001].

7.14x21, 25x18; 


8.03-07 ...

Outra importante continuación é 8.02-06 ... ; que pode ser contestada con:

a) 8. … 30-26; 9.10-13, 19-14; 10.05-10, 14x05; 11.01x10, 18-14; 12.10x19, 23x14; 13.06-11, 14x07; 14.04x11, 28-23; 15.13-18, 22x13; 16.09x18, 26-22; 17.18x27, 31x22; 18.11-14, 32-28; 19.03-07, 29-25; 20.16-20, 23x16; 21.14-19, 22-18; 22.19-23, 28x19; 23.15x22, 18-14; 24.12-15, 14-10; 25.22-26, 10-05; 26.26-29, 05-02; 27.15-20, 24x15; 28.29x08, 02-05; [EMP]. Como nun xogo [Iniciado coa apertura 12-16, 22-19] Antonio Russo vs. Medalha da Silva do 16º Campionato de Portugal disputado en Almada no ano 1996.

b) 8. … 29-26; 9.10-13, 31-27; 10.06-11, 23-20; 11.16x23, 27x20; 12.05-10, 20-16; 13.13-17 ... [Ou liña do Dr. Sena Caneiro 13.01-05, 16x07; 14.03x12, 30-27; 15.12-16, 19x12; 16.11-15, 18-14; 17.10x19, 27-23; 18.13-18, 22x13; 19.09x18, 23x14; 20.18-22, 26x19; 21.15x22, 14-10; 22.05x14, 24-20; 23.16x23, 28x10; 24.22-26, 10-05; 25.26-29, EMP. (Incluída no volume 11º da Revista «Enciclópedia Damista»)] 13. ... 16x07; 14.03x12, 28-23; 15.04-08, 23-20; 16.12-16, 19x12; 17.08x15, 18-14; 18.11x27, 30x23; 19.15-19, 23x05; 20.01x10, 20-15; 21.10-14, 15-12; 22.14-18, 12-07; 23.18-21, 32-28; 24.21x30, 28-23; 25.30x20, 24x15; 26.16-20, 07-04; 27.20-23, [EMP].

c) 8. … 31-27; 9.06-11, 29-25; [Ou 9. … 29-26; 10.10-14 ... (Un pouco mellor que 10.10-13 entroncando na «variante b» 8. …. 29-26) 10. … 19x10; 11.05x21, 26x17; 12.01-05, 24-20; 13.15x31, 22-18; 14.31x13, 17x01; 15.04-08, 23-20; 16.16x23, 01x28; 17.12-16, 28-24; 18.03-06, 24-31; 19.11-15, 30-27; 20.09-13, 27-22; 21.13-17, 22-19; 22.15x22, 31x03; 23.17-21, 03-10; 24.21-26, 32-28; EMP. Análise do Dr. Sena Carneiro] 10.10-13 ... [Ou 10.04-08, 23-20; 11.16x23, 27x20; 12.10-14, 19x10; 13.05x21, 25x18; 14.01-05, 18-14; 15.11x27, 30x23; 16.09-13, 20x11; 17.13-17, 11-07; 18.17-21, 07-04; 19.21-26, 23-19; 20.26-30, 04-25; 21.05-09, 25-18; 22.30-26, 19-14; 23.03-06, 28-23; 24.26-29, 18-25; 25.12-16, 32-28; 26.29-22, 23-20; 27.16x32, 25-29; 28.32x01, 29x02; 29.09-13, 24-20; 30.13-18, 20-15; EMP.] 10. … 23-20; 11.16x23, 27x20; 12.05-10, 20-16; 13.13-17, 16x07; 14.03x12, 25-21; [Ou se 14. … 30-26; 15.01-05, 28-23; 16.04-08, 32-28; 17.10-13, 19-14; 18.15-19, 22x06; 19.13x29, 06-02; 20.29-19, 14-11; 21.19-14, 11-06; 22.14-07, 23-20; 23.07-03, 20-16; 24.03x32, 16x07; 25.32-14, 07-03; (Ou 25. … 07-04; 26.14-18, 04x21; 27.17x26, 24-20; 28.26-30, 02-11; 29.30x16, 11-14; EMP. Análise do Dr. Sena Carneiro) 26.05-10, 03x13; 27.09x18, 02-09; EMP.] 15.17x26, 30x21; 16.04-08, 28-23; 17.12-16, 19x12; 18.08x15, 23-19; 19.10-13, 19x12; 20.13-17, 22-19; 21.17x26, 12-08; 22.26-30, 19-15; [A un empate menos complicado conduce 22. ... 08-04; 23.30-17 ... (Ou 23.30-21, 04x14; e agora se 24.16-20, 24x15; 25.09-13, 18x09; 26.21x24, 19-14; 27.24-06, 32-28; EMP. Ou se 24.09-13, 18x09; 25.21x04, 19-15; 26.16-20, *15-11; 27.04x14, 24x15; 28.14-07, 32-28; EMP. Análises do Dr. Sena Carneiro) 23. … 04x14; 24.17-13, 14-10; (A defensa que indica a «Enciclopédia Damista» 22. … 19-15�; non vale pois agora as brancas non comen 25.13x12�, e si 25.13x08, e as negras están perdidas xa que se 25. … 24-20; 26.16x23, 14x28; 27.09-13, 28-14; 28.08-04, o peón pode ir a dama e GB.) 25.13x08, 10-03; EMP. As negras xogan sempre na diagonal de corte e se 26.08-26, 03-17; 27.26-30, 32-28; EMP.] 23.11x20, 24x15; 24.30-21, 18-13; 25.09x18, 15-11; 26.16-20, 08-04; 27.20-23, e agora atención:

── 27. … *11-07; [A continuación correcta] 28.23-27, 04-08; 29.27-31, 07-03; 30.21-30, 08-29; 31.18-21 ... [Se 31.30-23, 03-07; 32.23-14, 07-04; 33.01-05, 29-22; 34.18x27, 04x18; 35.27-30, 18-09; 36.05-10, 32-28; 37.31x24, 09-05; EMP.] 31. … 32-28; 32.31x24, 29-25; 33.21-26, 25-29; [EMP].

── 27. … 04-08; [Perde] 28.21-30 … ; e as negras non teñen defensa. Vexamos:

= 28. … 11-07; 29.23-28, 32x23; 30.30x03, [GB]. Como no 3º xogo da 1ª parte da «Finalísima de desempate» do 20º Campionato de Portugal celebrada en Coimbra o día 5 de outubro do ano 2000. Enfrontabanse Manuel Vaz Vieira vs. Veríssimo Días e despois dos 6 xogos regulamentados terminou con vantaxe de 2-1 para o grande mestre conimbriguense. Mais na 2ª parte que tivo lugar en Almada o día 4 do mes seguinte, disputaron outros 6 novos xogos e Veríssimo conseguiu remontar adxudicándose o título por un global de 2-3.

= 28. … 08-04; 29.18-22, 04-08; 30.30-26, 08-04; 31.26-17, 04-07; [Ou se 31. … 04-08; 32.23-27, 08x29; 33.17-03, 32-28; 34.27-31, 28-24; 35.31-18, 11-06; 36.03x10, 24-20; 37.18-25, 20-16; 38.10-23, 16-12; 39.23-16, 12-08; 40.16-12, 08-04; 41.12-08, GB.] 32.22-26, 07-12; 33.26-29, 12-03; 34.29-15, 03-16; 35.15x06, 16x27; 36.17-10, [GB].

= 28. … 08-15; [A continuación máis resistente] A posición pódese ver no seguinte diagrama:


29.*23-27! ... [Única que gaña. Unha continuación non indicada nos comentarios que se fan na «Enciclopedia Damista»] 29. ... 11-06; 30.27-31, 06-02; [O plan branco agora baséase en promocionar o peón avanzado e despois, mantendo o outro na casa inicial para ter sempre controlado o dominio do «río», forzar un cambio de damas ou a entrega do peón «32». Se as negras xogasen 30. … 15-11; facilitarían o traballo, pois con 31.30-17 os dous peóns atacados desaparecerían do taboleiro e as brancas terían o final desexado] 31.*18-21, 15-29; 32.21-25, 02-24; 33.30-21 ... [Con idea de ir ao cadro «4» e obrigar á dama negra de «29» a abandonar a transversal] 33. … 24-06; 34.21-04, 06-02; [Ocupando esta casa no momento xusto] 35.31-27 ... [Agora se 35.04-08, as negras están preparadas para responderen con 35. … 02-09!; impedindo a troca] 35. … 02-09; 36.27-30.

Neste punto, debido á ameaza 37.04-08, non hai forma de retrasar por máis tempo a promoción do peón e as negras deben escapar coa dama entrando nun final tecnicamente gañado polas brancas.

Un posíbel plan pode ser o de colocar unha dama na casa «14» dominando a transversal, outra na casa «31» e a terceira na «30» impedindo ás negras a entrada na transversal libre 8>29 debido ao disparo da «batería» con 31-28 ou 14-28. Posteriormente e cando sexa posíbel a dama de «14» debe xogar a «4». 

Pola súa parte, a mellor forma de defensa negra é colocar unha dama na diagonal 2>24 e a outra no circuíto 3~16~30~17.

Unha disposición moi probábel sería pois a que se amosa no diagrama que segue: 


Aquí as brancas poderían seguir 1.30-16, 03-17; [Se 1. ... 03-06; 2.16-20, 24x15; e a «luneta» 3.04-11, 06-10; 4.11x20, GB. Ou se 1. … 03-10; 2.16-03, 10-17; (Tampouco vale 2. … 10-19; por 3.03-10, 19x05; 4.01x10, 32-28; 5.04-14, GB.) 3.31-13, 17x10; 4.03x13, GB.] 2.04-18, formando a «Base Fundamental» que deixa ás negras totalmente indefensas.

BASE FUNDAMENTAL
XOGAN AS NEGRAS

Vexamos todos os intentos dos que dispoñen:

1. ...32-28; 2.16-03, 17-30; 3.03-10, 30-23; 4.18-09, 23x05; 5.09x02, 28-23; 6.31-27, [GB].

1. ...24-15; 2.16-30 ameazando con cambiar a dama de «17», ou se esta escapa, o tiro con 3.31-28, [GB].

1. ...24-06;2.18-13, 17x10; 3.16-23, 10x28; 4.31x02, [GB].

1. ...24-02; 2.31-24, 17-06; 3.16-03, e non hai forma de impedir o cambio de unha dama, [GB].

1. ...17-26; 2.18-09, ameazando 3.09-02 para cambiar a dama de «24», ou se esta escapa, o tiro con 3.31-28, [GB].

1. ...17-30; 2.18-27, [GB].

1. ...17-10; 2.16-03, e non se pode evitar o cambio de damas ou a troca polo peón de «1», [GB].

1. ...17-06; 2.18-09, 06-02; [Tratando de impedir a ocupación desta casa pola dama branca de «9»] 3.16-03, 32-28; [Se moven algunha das damas, as brancas ocupan a casa que deixan libre e non hai forma de evitar a troca da outra dama que queda encerrada, GB.] 4.03-10, 02-11; 5.10x32, 24-15; [Para intentar manter o dominio das transversais que garantería o empate] 6.31-24, [GB].

1. ...17-03; 2.18-07, [GB].

8. … 30-26; 


9.10-13, 19-14; 10.05-10, 14x05; 11.01x10 ... 


11. ... 23-20;

Mellor é 11. … 18-14; que tras 12.10x19, 23x14; pode ser replicada con 13.13-18, 22x13; 14.09x18, 26-22; [Ou se 14. … 14-10; 15.18-22, 26x19; 16.15x22, 28-23; 17.12-15, 23-19; 18.07-12, 32-28; 19.16-20, 19-14; 20.04-08, 14-11; 21.15-19, 24x15; 22.22-27, 31x22; 23.19x26, 29x22; 24.12x26, 10-06; 25.26-29, 06-03; 26.29-25, EMP.] 15.18x27, 31x22; 16.15-20!, 24x08; 17.16-20, 22-19; 18.20-23 ... [Non 18.20-24, por 18. … 14-11!; 19.07x23, 28x19; 20.02-05, 19-14; 21.05-09, 14-11; 22.09-13, 11-06; 23.13-18, 29-26; GN.] 18. … 19-15; 19.23-27, 28-24; 20.27-31, 24-20; 21.31-13, 20-16; 22.07-12, 16x07; 23.04x20, 08-04; 24.20-24, 29-25; 25.13-27, 04-08; 26.27-23, 14-11; 27.23-27, 08-19; 28.24-28, 32x23; 29.27x06, [EMP].

12.16x23, 28x19; 


13.07-11, 32-28; 14.04-08, 28-23; 15.13-17 ... 


15. ... 31-28;


As negras poden xogar mellor con 15. … 29-25; 16.02-06, 31-28; [Ou se 16. … 23-20; 17.17-21, 26x17; 18.12-16, 19x12; 19.08x15, 22-19; 20.15x22, 20-15; 21.11x20, 24x15; 22.16-20, 15-12; 23.20-23, 12-08; 24.23-27, 08-04; 25.27-30, 04-08; 26.30-21, 08x29; 27.21x14, 29-26; 28.14-23, 26-21; 29.23-16, 21-04; 30.16-03, 25-21; 31.10-13, 17x10; 32.06x13, 04-14; EMP.] 17.12-16, 19x12; 18.08x15, 23-19; 19.16-20, 19x12; 20.10-14, 24x15; 21.14x30, 28-24; 22.11x20, 24x15; EMP. Como no 2º xogo da 5ª sesión no enfrontamento Tiago Manuel vs. José Carlos Anjos do Torneo «25 de Abril» disputado en Oliveira de Azemeis no ano 2011. Podería continuar con 23.30-27, 12-08; 24.27x18, 08-04; 25.17-21 ... [Se 25.09-13, 04x21; 26.17x26, *25-21!; 27.26-30, 21-17; 28.13-18, 15-12; 29.30-23, 12-07; 30.23-28, 17-13; 31.18-21, 07-04; 32.21-25, 04-18; 33.25-29, 18-31; 34.28-05, 31-24; 35.05-02, 13-10; 36.06x13, 24-28; EMP. Pero se 26. … 15-12; 27.13-18, 12-07; 28.26-30, 25-21; 29.18x25, 07-04; 30.30-21, 04-08; 31.25-29, 08-04; 32.21-25, GB.] 25. … 04-08; 26.21-26, 25-21; 27.18x25, 15-11; 28.25x07, 08x29; 29.06-10, 29-25; 30.07-04, 25-29; 31.10-14, 29-26; 32.04-11, 26-12; 33.09-13, 12-03; 34.13-17, 03-10; [EMP].

16.09-13!, 18x09; 17.10-13 ... 


17. ... 23-20�;


Era obrigado sacrificar primeiro o peón da casa «9». Así: 17. ... *09-05!; 18.02x09, 23-20; 19.12-16, 19x12; 20.16x32, 12-07; 21.32-14, 07-03; 22.14-21, 03-07; 23.21x30, 07x14; 24.30-26, 22-18; 25.13x22, 14-18; 26.22-27, 29x22; 27.27-31, 24-20; 28.31-24, 20-16; 29.24-31, 18-25; 30.31x13, 25-11; 31.13-10, 11-25; 32.10-19 ... [Se 32.10-06, 25-14; 33.06-15, 14-18; 34.15-29 ... (Ou 34.15-19, 18-11; transpoñendo na liña que escollemos como base) 34. … 18-25; 35.09-13, 25-14; 36.29-25, 14-19; 37.13-18, 19-29; 38.18-21, 16-12; (Ou 38. … 29-19; 39.25-29, 19-15; 40.29x12, 16x07; EMP.) 39.08x15, 29x12; 40.25-29, 12-07; 41.21-26, 07-14; EMP.] 32. … 25-11; [EMP].

18.12-16, 19x12; 19.16x32, 12-07;


A imprecisión negra da xogada 17, ata resulta bastante comprensíbel. Agora semella que o empate está asegurado.

20.*02-05! …

Pero o «Mago da Covilha» tiña reservada esta última sorpresa.

20. ... 09x02; 21.*32-10, 02x15;

Se 21. … 02x20; 22.*17-21, 26x17; 23.*10-03, 17x10; 24.03x06, [GB].

22.*17-21, 26x17; 


23.*10-19 …

Tal como se fose unha composición problemística, de todas as posíbels formas de disparar a «batería», esta é a única que funciona.

23. ... 17x10; 24.19x27, 29-25; [GB].

E ao tempo que facían a súa xogada, as negras abandonaron.