sábado, 23 de octubre de 2010

Partida Clásica. Liña "H" [5. ... 31-27]

Coa novena entrega, poñemos fin ao estudo da "Partida Clásica". Para o caso reservamos a "Liña Valenciana" que se forma despois de:

[1.10-14, 22-18; 2.12-15, 27-22; 3.05-10, 23-20; 4.07-12, 20-16; 5.03-07 ... ]

5. ... 31-27

POSICIÓN DESPOIS DE 5. ... 31-27;

A "Liña Valenciana", formación de aparencia feble que foi catalogada como moi mala pola “Enciclopédia Damista”. Resulta interesante e non merece tal fama.

6.01-05 ...

Apoia o centro. É preferible á ruptura con 6.15-19, 22x15; 7.12x19, 28-23!; que non causa demasiados problemas ao negro. Digna de mención é 6.15-20, 24x15; 7.12x19, 22x15; 8.11x20, 18x11; 9.06x15, 28-24; 10.09-13 etc., unha variante moi de moda na práctica actual.

6. ... 21-17;

Lorenzo Valls, o “Valenciano”, tratadista que inspirou o nome desta liña, xa ten indicado no seu libro de 1597 que non vale 6. ... 28-23; porque con 7.15-19, 22x15; 8.12x28, 32x23; 9.09-13, 18x09; 10.14-18, 21x14; 11.10x28, gañan as brancas.

7.14x21, 25x18; 8.15-19 ...

Non é dificil ver que se 8.10-14, con 22-19 seguido de 26-21 e 17x01 G.N.

8. ... 22x15; 9.12x19, 27-22;

Se 9. ... 27-23; 10.11-14, 18x11; 11.06x15, 23x14; 12.10x19, dá vantaxe ás brancas segundo O.A.L.

9. ... 28-23; 10.19x28, 32x23; 11.08-12, 27-22; [Se 11. ... 26-22; (boa xogada coa idea de se 12.12-15 seguir con 23-19 que iguala con máis facilidade que na variante 11. ... 27-22) 12.10-14, 29-25; (non vale 12. ... 18-13; por 13.09x18, 22x13; 14.05-09, 13-10; (14. ... 30-26; 15.09x18,26-22; 16.11-15! seguido de 15-19, G.B.) 15.06x13, 17x10; 16.02-05, 10x01; 17.11-15, G.B.) 13.14x21, 25x18; 14.05-10, 23-19; 15.11-14, 18x11; 16.07x23, 16x07; 17.04x11, 27x20; 18.11-15, 20x11; 19.06x15, Empate.] 12.12-15, 23-20;

________________________________________________________________

▬► 12. ... 23-19; 13.15-20, 24x15; 14.11x20, 19-14; (se 14. ... 19-15; gañan as brancas, pero non con 15. 20-23, como indica o tratado de Cecina Rica, senón con 15.06-11!, 15x06; 16.02x11, 29-25; 17.20-23, 22-19;18.23-28, 16-12;19.07x16, 30-27; 20. 28-31, etc.) 15.10x19, 22x15; 16.04-08!, 16-12; 17.07x16, 18-14; 18.20-24, 14-11; 19.24-28, 11-07; 20.28-32, 26-22; 21.16-20!, 17-13; Empate apurado.

▬► 12. ... 26-21; (evita 13.10-14, por 22-19 G.N.) 13.15-20, 24x15; 14.11x27, 30x23; 15.10-14, 18x11; 16.06x15, 21-18! (16. ... 23-19; 17.05-10, 19x03; 18.04-08, 03x13; 19.09x27, G.B.) 17.15-20!, 23-19; 18.20-23, 19-15; 19.23-28, 15-12; 20.07-11, 12-07; 21.28-32, 29-25; 22.11-15, 22-19, Empate.
________________________________________________________________


13.10-14, 29-25; [Se 13. ... 26-21; 14.06-10 ... Proposta de Cecina Rica (Lorenzo Valls seguía con 14.14-19 que non é tan potente). Vexamos como o Dr. Sena demostra a súa fortaleza: 14. ... 30-27; 15.14-19, 17-13; 16.10x26, 18-14; 17.11x18, 20x11; (17. ... 22x13; 18.09x18, 29x13; 19.05-10 G.B.) 18.07x14, 22x13; 19.09x18, 29x15; (19. ... 29x13; 20.05-10, G.B.) 20.18-21, 15-11; 21.21-26, 16-12; 22.26-30, 27-22; 23.14-19, 22x15; 24.30-16, 12-08; 25.16-07, 24-20; 26.07x25, G.B. -Cándido Sena Carneiro-]. 14.14x21, 25x18; 15.05-10, 30-27; 16.11-14!, 18x11; 17.07x14, 20x11; 18.06x15, 16-12; 19.02-06, 12-08; 20.14-19 ... [O Dr. O.A.L. no Tratado da Enciclopedia Damista segue con 20.14-18 e a vantaxe resulta insuficiente para gañar] 2
0. ... 24-20; 21.15x24, 22x15; 22.24-28, 27-23; 23.28-32, 23-20; 24.32-19, 15-12; 25.19x29, 12-07; 26.04x11, 08-04; 27.10-14, 04-07; 28.06-10, 07-04, 29.29-15,20-16; 30.15-08, 04-07; 31.08-26, 07-04; 32.26-29, 04-07; 33.29x08, 07-04; 34.09-13, 04-07; 35.11-15!, 07x09; 36.10- 13, 09x12; 37.08x22, G.B.

10.10-14, 22x15; 11.14x21, 29-25;

Se 11. ... 24-20; 12.05-10, 26-22; 13.21-25 ... [13. ... 22-19; 14.09-13 da gran vantaxe] 13. ... 30-26; 14.11-14, 22-19; 15.14x23, 28x19; 16.06-11, 15x06; 17.02x11, 19-15; 18.11-14, 15-11; 19.14-18, 11-06; 20.18-21, 26-22; 21.21-26, 06-02; 22.26-30, 20-15; 23.07-12 con xogo nivelado.
12.11x20, 25x18;

POSICIÓN DESPOIS DE 12. ... 25x18;

13.05-10 ...

Na “Médula Eutropélica y Calculatoria” de Cecina segue con 13.07-11, 24x15; 14.11x20, 28-23; pero non é recomendable xa que as negras poden xogar 14. ... 30-27; e quedan cunha posición superior.

13. ... 24x15; 14.07-12, 16x07; 15.04x20, 28-23; 16.20x27, 30x23; 17.06-11, 32-28; 18.10-14, 26-21;
O xogo está igualado.

sábado, 16 de octubre de 2010

Partida Clásica. Liña "G" [5. ... 21-17]

Nova entrega da Partida Clásica. Nesta ocasión dedicada a unha das liñas nas que as negras efectúan o movemento 27-22 antes da quinta xogada.

[1.10-14, 22-18; 2.12-15, 27-22; 3.05-10, 23-20; 4.07-12, 20-16; 5.03-07 ... ]
5. ... 21-17

POSICIÓN DESPOIS DE 5. ... 21-17
6.14x21, 25x18; 7.10-14 ...

A máis forte. Deixa preparada unha fermosa celada se as negras se ilusionan coa posible xudía.

Xogable é 7.01-05, ...

 a) Con 7. ... 28-23; o xogo traspón á liña C (variante 7. ... 27-22).
 b) Se 7. ... 31-27; estamos na liña H.
 c) Contra 7. ... 26-21; 8.15-19 dá lixeira vantaxe ás brancas.
 d) E se 7. ... 29-25; 8.10-14, 24-20; (non 8. ... 26-21; por 9.15-20, e van G.B. –Rui e Silva vs. Francisco Martins, Porto, 1978-) 9.15x24, 22-19; 10.14x23, 28x19; 11.05-10!, 18-14; 12.11x18, 19-15; 13.12x19, 26-22; 14.19x26, 30x05; 15.09-13, 17x03; 16.02x09, 03x12; 17.08x15, leva ao empate tras xogo bonito.
7. ... 26-21

Intentando evitar cambios que debiliten máis ese costado. Outras defensas ás que se pode recorrer son:

• 7. ... 29-25; 8.14x21, 25x18; 9.15-19! ... (non é aconsellable 9.01-05, continuación de Mario Dinis Vaz en E.D. por 9. ... 24-20; e 10. ... 18-14; que concede gran vantaxe ás negras) 9. ... 22x15; 10.12x19, 28-23; 11.19x28, 32x23; 12.06-10, 30-27; (se 12. ... 31-27 o xogo continúa do mesmo xeito) 13.10-14, 26-21; 14.11-15, 18x11;15.07x14, 23-20; (impide o tiro) 16.15-19, 16-12; (se 16. ... 20-15; segue 17.01-05, 15-11; 18.05-10 con idea de 09-13 G.B.) 17.08x15, 20x11; 18.01-05, 24-20; 19.05-10!, (co peón negro en 30, caso que ocorrería se antes se xoga 12. ... 31-27; gáñase con 19.19-23, pero aquí non funciona pois segue 19. ... 27-22; 20.23-27?, 22-18; 21.27-30, 31-28; e 28-23 con vitoria negra) 19. ... 20-15; 20.09-13 para Empate.

• 7. ... 28-23; 8.14x21, 29-25; [como quedou dito, xa sabemos que o envio a dama é malo. Se 8. ... 24-20; (as negras pican na celada) 9.15x24, 31-28; 10.24x31, 22-18; 11.31x13, 17x13; 12.01-05, 26x17; 13.05-10 e 09x18 G.B. como nun ben coñecido xogo entre o Dr. OAL e Miguel Ferramacho disputado en Lisboa, 1952] 9.01-05, 25x18; 10.05-10, 31-27; 11.15-20, 24x15; 12.12x28, 32x23; 13.11-15, 23-19; 14.15-20, 18-14; 15.02-05, 22-18; 16.20-24, 26-22; 17.24-28, 16-12; 18.07x16, 14x11; 19.06x15, 19x12; 20.08x15, 18-13; a vantaxe branca é grande aínda que non definitiva.

8.15-20 ...

Permuta con dobre salto que permite insistir no acoso ao flanco esquerdo das negras. Non valía 8.01-05 porque neste caso si que funciona a chatiña con 22-19 e 31-27.

8. ... 24x15; 9.12x26, 29x22; 10.11-15 ...

Consecuente co plan. Non hai nada mellor que esta simplificación para continuar co ataque.

10. ... 18x11; 11.07x14, 22-18;

• A aparentemente natural 11. ... 28-23; debe ser descartada porque hai tiro na paralela despois de 12.14-19.
• 11. ... 30-26; pode perder: 12.14-18, 21x14; 13.08-12, 16x07; 14.04x27, 31x22; 15.15-20, 22-19;16.06-10, 19-15;17.20-24, 28-23;18.24-28, 15-11; 19.28-31, 11-07; 20.31-27, 23-19; 21.27-22, 07-04; 22.22-19, 32-28; (se 22. ... 04-08; 23.29x15, 08x05; 24.01x10, 32-28; 25.09-13, B.G. –saque de peón-) 23.29x12, 04-18; 24.12-08 e 10-14 G.B.
• Se 11. ... 31-27; 12.14-18, 21x14; 13.08-12, 16x07; 14.04x18, 22x13; 15.09x18, 27-22; 16.18x27, 30x23;17.01-05, 28-24; 18.05-10, 24-20!; 19.15x24, 23-20; 20.10-14, 20-15 e empate. As negras fan dama, colocan o peón 17 en 13, sacrifican o peón 32 e atacan o peón flutuante das brancas que non ten defensa ao ser obrigada a captura 31x09.

12.14-19, 28-23;

O corte que amaina o ataque branco. Outras xogadas poden ser fatais:

• 12. ... 32-27; 13.06-10, 28-23; 14.19x28, 32x23; 15.04-07, 27-22; 16.02-06 e as brancas teñen moitas probabilidades de vitoria.
• 12. ... 30-26; 13.01-05, 28-23; 14.19x28, 32x23; 15.15-20, 23-19; 16.05-10, 26-22; (evita o envío a dama con 10-13. Se 16. ... 18-14; as brancas rematan con arte 17.04-07, 14x05; 18.09-13, 17x03; 19.02x09, 03x12; 20.08x29 G.B.) 17.06-11, 19-15; 18.20-23, 15x06; 19.02x11, 22-19; 20.11-15, 19x12; 21.08x15, 16-12; 22.15-20 con vantaxe que debe ser definitiva.

13.19x28, 32x23; 14.06-10 ...

As negras ameazaban empatar empregando o típico recurso da chatiña obrigando ao peón de 15 a coroar en 31.

14. ... 16-12;

POSICIÓN DESPOIS DE 14. ... 16-12

Iguala con comodidade. Outras xogadas son:

• 14. ... 30-27; 15.01-05!, ... e se:

▬► 15. ... 31-28; 16.15-19, 23x14; 17.10x19, 28-24; 18.02-06, 17-13; 19.06-11, 21-17; 20.04-07 G.B.

▬► 15. ... 23-20; 16.15x24, 27-23; 17.02-06, 31-28; 18.24x31, 23-19; 19.31x13, 19-14; 20.10x19, 17x03; 21.19-23, 03-06; 22.09-13, 06x17; 23.23-28, empate.

▬► 15. ... 27-22; 16.15-20, 22-19; (se 16. ... 23-19; 17. 20-23 e poden G.B.) 17.20x27, 31x22; 18.08-12, 16x07; 19.04x11, 19-15; 20.11x20, 22-19; 21.20-23, 19-15; 22.23-28, 15-12; 23.28-32, 12-07; 24.32-19, 07-04; (non 24. ... 07-03; 25.10-14, G.B.)25.19-29, 04-11, empate

• 14. ... 30-26; (ao non ocupar o cadro “27” impide 15.01-05 pola xudía) 15.04-07!, 26-22; 16.15-20, 22-19; 17.20x27, 31x22; 18.08-12, 18-14; 19.02-06, 14x05; 20.01x10, 22-18!; 21.06-11, 19-14; 22.10x19 Empate. As brancas coroan en “32” pero non teñen xeito de progresar.

• 14. ... 31-28; 15.08-12, 16x07; 16.04x11, 28-24; 17.10-14, 23-20; 18.14-19, 17-13; 19.01-05, 20-16; 20.11-14, 22x11; 21.09x25 Empate.

15.15-19!, 23x05; 16.08x15, 30-27; 17.01x10, 27-23; 18.04-07, 31-28!;

Non convén 18. ... 31-27; pois a mobilidade do xogo negro queda demasiado afectada: 19.07-12, 27-22; 20.02-06, 23-19; 21.06-11, 17-13; 22.10x26, 19-14; 23.26-29, 14x07; 24.29x19, 07-03; 25.12-16, 03-06; 26.16-20, 06-02; 27.19-10, 02-11; 28.10-14 G.B.

19.07-11, 28-24; 20.10-14, 17-13; 21.19-19, 23-20; 22.19-22, e en calquera caso o empate é obvio.

sábado, 9 de octubre de 2010

Partida Clásica. Liña "F" [5. ... 26-22]

Concluímos esta semana o estudo das liñas da "Partida Clásica" que comezan con:

[1.10-14, 22-18; 2.12-15, 23-20; 3.07-12, 20-16; 4.03.07, 28-23; 5.05-10 ...]

5. ... 26-22

Coñecida en Portugal como "Defensa José Carlos" debido a un estudo que este magnífico xogador portuense publicou no Tratado da Enciclopedia Damista.

POSICIÓN DESPOIS DE 5. ... 26-22;

Vixía a importante casiña 19, pero a diferenza de 5. ... 27-22, ten a vantaxe de manter intacto durante algún tempo o “pequeno triángulo” formado polos peóns 30, 31 e 27.

6.15-19 ...

Un cambio que debilita o flanco de río inimigo. A troca con 6.15-20 deixa as brancas en inferioridade ao perder control sobre a casa 19. Tampouco convén 6.01-05 por 23-20!; 7.14-19!, 29-26; 8.19-23!, 21-17; 9.15-19, 22x15; 10.12x19, 26-21; 11.10-14 ... (se 11.19-22, 31-28; G.N.); 11. ... 20-15; as brancas vense obrigadas a loitar polo empate.)

6. ... 22x15 7.12x28 32x23; 8.01-05 ...

Apoiando o avance 14-19 e ao mesmo tempo creando a consabida ameaza de tiro con 09-13 seguido de 14-18.

8. ... 23-20

• 8. ... 21-17; 9.14x21, 25x18; 10.10-14, 29-25; 11.14x21, 25x18; 12.05-10, 23-19; 13.11-14, 18x11; 14.06x22, 27x18; 15.07-11, e seguindo con 10-14 as brancas gañan.
• 8. ... 27-22; traspón á variante 8. ... 26-22 da liña "E".

9.14-19 ...

Cara ao lado débil do rival.
Menos ambiciosa é 9.08-12, 27-22; 10.12-15, 31-27!; 11.14-19, 21-17; 12.19x26, 29x22; porque agora non vale 13.10-14, para tratar de traspoñer á variante principal da liña E, xa que co envío a dama 13. ... 22-19; gañan as negras como xa quedou alí explicado. Débese escoller 13.11-14! e aínda que as negras están mellor, pouco a pouco pódese ir chegando á igualdade. Non vale 13.10-14, 22-19; 14.15x31, 20-15 e como indica José Carlos gañan as negras. No "Torneo Escocés" de 1897, no encontro entre F. Brown vs. James Ferrie xogouse 13.04-08, que tamén perde. O mítico Ferrie anotouse o punto con 13. ... 27-23; 14.10-14, 30-27; 15.14x21, 25x18; 16.05-10, 23-19; G.N.

9. ... 21-17

• 9. ... 27-22; traspón a liña "E", coa vantaxe de que evita a elección branca de tomar para "27" na xogada sétima.

• 9. ... 20-15; 10.11x20, 24x15; 11.10-13 ... (Se 11.07-12 ver a "Base de Datos" Nº 10 neste blog) 11. ... 18-14; 12.19-22, 27-18; 13.13x22, 30-27; (13. ... 16-12; 14.07x16, 30-27; 15.08-12, 15x08; 16.06-10 con vantaxe lixeira das brancas) 14.22-26, 29x22; 15.06-11, para empate.

10. 19-22! ...

POSICIÓN DESPOIS DE 10.19-22 ...

A máis incisiva, aproveitando que non vale o ataque 10. ... 30-26 por 11. 08-12 e 12.11-15 ou 11-14.

Tamén se pode probar con 10.10-14, 20-15; (Se 10. ... 25-21; ver a xa mencionada "Base de Datos" Nº10) 11.11x20, 24x15; 12.14x21, 25x18; 13.07-12, 16x07; 14.04x20, 27-23; 15.19x28, 31x15; 16.06-11!, 15x06; 17.02x11, 18-13; 18.09x18, 17-13; 19.18-22, 13-09; 20.08-12, 09-02; 21.22-27, 02x08; 22.27-31 con empate (José Carlos)

10. ... *25-21

Única. Xa que se 10. ... 20-15; 11.11x20, 24x15; 12.07-12, 16x07; 13.04x20, 30-26; 14.20-23, 27-20; 15.22-27, 31x22; 16.10-14, 18x11; 17.06-24, unha variante de James Lees [publicada na súa "Guía" do ano 1892] que no xogo angloamericano é de empate, pero en damas clásicas gañan as brancas como xa advertiu José Carlos.

11.11-15, 20x11; 12.06x15, 27-23; 13.15-20 ...
As brancas teñen que ter coidado de non baleirar a casa "10" mentres exista a ameaza de xudía enviando o peón de "22" a "31". Como nesta altura o xogo xa está nivelado, non hai nada mellor que efectuar a simplificación que se produce tras a xogada do tronco.
13. ... 24x15; 14.07-12, 16x07; 15.04x27, 30x23; 16.08-12, 23-19;

POSICIÓN DESPOIS DE 16. ... 23-19;
17.22-26! ...

Un fino e brillante recurso. O xogo de damas require sempre dunha vixilancia extrema, pois o lance natural 17.12-16 contrarrestaríase con 31-27! e G.N. (José Carlos)

17. ... 29x22 18.02-06 31-28 19.06-11 28-24 20.11-15 18-14 21.12-16 con empate segundo análise do propio José Carlos Anjos no T.E.D. [Aditamentos da 2ª Edición].

sábado, 2 de octubre de 2010

Partida Clásica. Liña "E" [5. ... 27-22]

Co estudo da Partida Clásica xa bastante avanzado, imos presentar esta semana a nosa recomendación para enfrontármonos contra a Liña "E".

[1.10-14, 22-18; 2.12-15, 23-20; 3.07-12, 20-16; 4.03-07, 28-23; 5.05-10 ... ]
5. ... 27-22

POSICIÓN DESPOIS DE 5. ... 27-22;
Moitas veces chégase a esta posición xa co 27-22 efectuado previamente. En todo caso as negras non queren perder parte do control sobre a casa 19 antes de manobrar co peón 23.

6.15-19 ...

A forma máis eficaz de obstaculizar o plan rival. Se 6.01-05 segue 23-20! e as posibilidades quedan igualadas. Neste caso recomendamos 7.15-19!, 22x15; 8.12x19, 20-15; 9.11x20, 24x15; 10.06-11!, 15x06; 11.02x11, 21-17; 12.14x21, 25x18; liña que Valls consideraba gañadora para as negras, pero que é de empate seguindo con 13.19-23!

6. ... 22x15; 7.12x28 ...

A continuación dos tratados clásicos. A outra opción 7.11x27, usada por Manuel Antonio Veloso no I Cto. do Porto (1933), foi considerada mala nun principio pero despois de ser estudada por grandes xogadores como J.Bravo e Vaz Vieira hoxe goza de similar aceptación.

7. ... 32x23; 8.01-05 ...

Ameazando 09-13 e 14-18, o supercoñecido tiro presentado no tratado de Lorenzo Valls.

8. ... 23-20

A fuga 8. ... 31-28; 9.14-19, 23x14; 10.10x19, 30-27; 11.06-10, 26-22; 12.19x26, 29x22; 13.10-14, 27-23; concede vantaxe as brancas.

Existen dúas alternativas tanto ou máis xogadas cá liña do tronco:

8. ... 21-17; 9.14x21, 25x18; 10.10-14, 26-21; [10. ... 29-25; 11.14x21, 25x18; 12.05-10, 26-21; 13.10-14, 31-27; (Se as negras preparan un envio a dama con 13. ... 30-27; evitando 11-15, segue: 14.06-10, 27-22; 15.08-12,22-19; 16.11-15, 18x11; 17.15x22,23-20; 18.07x14, 16x07; 19.04x11, 20-16; 20.22-26, 16-12; 21.26-30 G.B.) 14.11-15, *23-20; (evita o tiro) 15.15-19, 20-15; 16. 06-10, G.B. colando o peón de 9] 11.14-19! ... (Unha idea recente. O máis coñecido era 11.06-10, coa ameaza de tiro, e a 11. ... 23-20; seguir con 12.09-13 e 13.14-18 que obriga ás negras a defender moi fino) 11. ... 23x14; 12.06-10 ...

▬► Non recomendable é 12. ... 24-20; 13.10x19, 29-25; 14.19-23, 17-13; 15.08-12, 21-17; 16.11-15!, 20x11; 17.07x21, 25x18; 18.02-06, 16x07; 19.04x11, 30-26; 20.11-15 G.B.

▬► A mellor continuación é 12. ... 16-12!; 13.07x16, ... (as brancas quedan mal se permiten a chatiña: 13.08x15, 30-26!; 14.10x19, 24-20; 15.15x24, 31-28; 16.24x31, 29-25; 17.31x13, 17x01; con Empate difícil) 13. ... 14x07; 14.04x11, 31-27; 15.08-12, 27-23; 16.10-14, 17-13; 17.02-06, 24-20; 18.12-15, 30-26; 19.15x24, 13-10; EMP.

▬► Incluso tamén se pode xogar 12. ... 17-13; 13.10x26, 29x22; 14.08-12, 30-27; 15.02-06, 22-19; 16.06-10, 27-22; 17.10-13, 31-27; 18.13-17, 18-13 e a balanza axiña se equilibra.

▬► 12. ... 29-25; complica demasiado a salvación das negras. Despois de 13.10x19, imos ver as seguintes tentativas:

 a) 13. ... 30-26; 14.11-14, 18x11; 15.07x14, 24-20; 16.05-10, 20-15; 17.19-23, 15-11; 18.23-27, 31x22; 19.09x13 G.B.

b) 13. ... 31-27; 14.02-06, 18-14; 15.11x18, 21x14; 16.06-10, 30-26; 17.19-23, 27x20; 18.10x19, 20-15; 19.19-23, 16-12; 20.07x16, 15-11; 21.23-28, 11-06; 22.08-12, 17-13; 23.09x18, 06-03; 24.05-09, 03x13; 25.04-08, con moitas probabilidades de vitoria para as brancas.

c) 13. ... 31-28; 14.02-06, 30-27; 15.06-10 e as brancas van gañar (Ron King vs. Richard Hallet no xogo 22 do match polo Campionato do mundo en apertura libre, disputado en St. Thomas no ano 1998 a bordo do cruceiro de luxo "Princess Dawn Cruise Ship"). Hallet abandonou despois de 15. ... 18-14; 16.11x18, 21x14; 17.07-12, 16x07; e 18.04x18.

 d) 13. ... 30-27; (14.02-06, 24-20; 15.19-23, 27-22; 16.06-10, 22-19; con vantaxa branca, mais non dá para gañar) 14.08-12! ... (agora o empate das negras esixe coñecemento previo) 14. ... 31-28; 15.02-06, 24-20!; 16. 06-10, 18-14; 17.11x18, 21x14; 18.19-22, 27x18; 19.10x19, 20-15; 20.19-22, 15x08; 21.22-27, 28-24; 22.05-10, 24-20; 23.07-11, 16-12; 24.27-31, 12-07; 25.31x13, 20-16; 26.13-31, 17-13!; (se 26. ... 16-12; 27.31-27, para o peón e G.B.) 27.09x18, 25-21!; 28.18x25, 07-03; e a pesar da vantaxe material, as brancas non poden vencer.

8. ... 26-22; 9.14-19!, 22x15;

A outra opción non ten boa sona debido a unha análise de Valls na que gañan as brancas, pero o certo é que indo con coidado as negras nunca van perder de vista o empate: 9. ... 23x14; 10.10x26, 29x22; 11.05-10!, ... (para poder xogar un peón a 15 e evitar a chatiña con 24-20 e 31-28. Lorenzo Valls seguía 11.11-14, 18x11; 12.06x15, 21-18; acabando por gañar, mais como xa indicou, e ben, o Dr. Orlando Lopes, 12. ... 21-17!; 13.05-10, 30-27; 14.10-14, 16-12!; 15.07x16, 22-18; permite as negras empatar) 11. ... 31-27; (11. ... 21-17; debe traspoñer) 12.11-15, 21-17; (non 12. ... 27-23; por 13.10-13, nin 12. ... 30-26; por 13.15-20, e en ambos os dous casos as brancas deben gañar) 13.07-11!, 27-23!; 14.15-20!, 24x15; 15.11x27, 30x23; 16.04-07, 25-21!; (peor resulta 16. ... 23-19; 17.06-11, 16-12!; 17. 07x16, aínda que afinando pode chegar o empate) 17.06-11, 23-20; 18.08-12, 22-19; 19.02-05, 20-15; 20.11x20, 19-14; 21.10x19, 17-13; recuperando material pola ameaza de tiro. As brancas non teñen forma de impoñer a súa superioridade.
-------------------------------------------------------------------------------------------------
Como curiosidade podemos comentar que nun xogo do “IV Cto. de Almada” (1968) entre Artur Gomes e Mário Dinis Vaz, despois de 11.05-10, continuouse con 11. ... 21-17; 12.08-12, 31-27; 13.12-15, 27-23; 14.15-20!, 24x15; 15.11x27, 30x23; 16.10-14, 18x11; 17.06x15, 23-19; 18.15-20, 19-15; 19.20-23, 15-12; 20.02-05, 12x03; 21.05-10, 03x17; 22.09x27 acordando o empate.

Mais aínda, debemos notar que se, en vez de 16.10-14, movese 16.04-08, o xogo traspón á variante por nós recomendada.
-------------------------------------------------------------------------------------------------
10.11x27, 30x23; [10. .... 31x22; (debe perder) 11.10-14, 18x11; 12.06x15, 21-17!; (para defenderse con 17-13 do ataque 15-20 combinado con 07-12) 13. 05-10!, 29-26; 14.09-13 e as brancas agora están preparadas para explotar o flanco debilitado do rival co devandito 15-20 seguido por 07-12] 11.10-14 ... (interesante. Non concordamos coa E.D. que o cualifica de fraco e recomenda 11.06-11 ou 11.06-13) 18x11; 12.06x15, 21-18; 13.05-10, 25-21; (tanto 13. ... 29-26, como 13. ...23-20 ou 13. ... 31-27, reciben o mesmo castigo: 14.10-13 G.B.) 14.10-14! ... (esquivando unha famosa celada da autoría de García Canalejas: Se 14.10-13, 23-19!; G.N.) 14. ... 18x11; 15.07x14, 23-20; 16.15-19, 16-12;

Se 16. ... 20-15; 17.19-22!, 15-11; 18.09-13! ... (o lance que fai cambiar a valoración, agora as brancas teñen vantaxe. Juan García Canalejas seguía con 18.14-19, 24-20; 19.19-23, 29-26; 20.22x29, 20-15; que dá a vitoria ás negras. Aínda que debemos facer notar que o Dr. OAL xa ten indicado que hai empate xogando 19.09-13, en lugar de 19.19-23) 18. ... 21-17; 19.13-18, 17-13; 20.18-21, 13-10; 21.21-26, 10-06; 22.26-30, as brancas están moi ben. Se:

▬► 22. ... 16-12 por 23.08x15, 06-03; 24.15-20, 24x15; 25.02-06, 03x26; 26.30x07, 29-25; (26. ... 29-26; 27.03-16!) 27.07-14, 31-27; 28.14-18 G.B.

▬► 22. ... 29-25; 23.14-18, 06-03; 24.30-17, 24-20; (se 24. ... 03-07; 25.08-12! G.B. e non 25.22-27 G.N. porque hai que comer a calidade) 25.22-26, 20-15; 26.26-30, 15-12; 27.08x15, 03-12; 28.15-20 e as negras deben perder.


17.08x15, 20x11; 18.19-22, 24-20; 19.09-13 ... (tamén se podía intentar 19.14-19, 20-16; 20.19-23, 16-12!; e 21.11-15 con algo de vantaxe das brancas. En E.D. fai 21.23-27, *11-07 para empate) 19. ... 21-17; 20.13-18, 20-16; (igualmente vale 20. ... 17-13; 21.22-27, 31x22, 22.18x27, 13-10; 23.27-30, e tanto 20-16 coma 23. ... 10-06; 24.30x16, 06-03; 25.14-19, 29-26; 26.19-23, 11-07; 27.04x11, 03-06; etc. conseguen empatar) 21.18-21, 16-12! [non 21. ... 17-13; 22.21-26, 16-12; 23.26-30, 11-07; (o Dr. OAL xa indicou que se 23. ... 12-07; con 24.02-06 e 04x11 e 30x03 G.B.) 24.04x11, 12-07; 25.14-18, 13-10; 26.11-14, 07-04; 27.30-21. G.B.] 22.21-26, 12-07; 23.26-30, 07-03!; (OAL en E.D. so menciona 23. ... 17-13; 24.02-06 seguido de 04x11 e 30x03 G.B.) 24.02-06, 03x26; 25.30x07, 17-13 e EMPATE.

9.14-19, 26-22;

Hai que impedir a infiltración por 23.

10.19x26, 29x22; 11.10-14 ...

O control do centro esixe colocar os peóns do río en 10 e 14 seguido polo traslado do de 8 ata 15. Se invertemos a orde, as negras poden aproveitarse da imprecisión mandando un peón a dama na casa 31 tan pronto quede libre a de 10. Con todo, pódese xogar primeiro 11.08-12 e logo mover no río antes de ir a "15".

POSICIÓN DESPOIS DE 11.10-14 ...
11. ... 31-27

Non vale 11. ... 21-17 porque despois do cambio hai tiro con 13.11-15. Tampouco resulta 11. ... 20-15; 11.11x20, 24x15; porque 12.14-19 deixa ás negras nunha posición insostible (se taponan, o peón vai a dama por 23; se cambian, perden material con 14.07-12).

Se 11. ... 30-27; o xogo traspón a liña do tronco. O plan inmediato do negro consiste en colocar un peón en 23 e outro en 27.

12.05-10, 27-23; 13.08-12, 30-27; 14.12-15 ...

Igualmente boa é a continuación 14.09-13. Un sacrificio que pode dar lugar a dúas famosas combinacións tácticas coñecidas como “Golpes da Diabólica”.

14. ... 21-17; 15.14x21, 25x18;

Todo isto xa era coñecido a finais do século XVI e pódese ver no libro de Lorenzo Valls (1597).

16.11-14 ...

Xogada presentada por Cecina Rica. Sería erróneo 16.10-14, pois con 17-13; 17.14x21, 23-19!; a vantaxe cambia de lado.
Pero tamén se podería escoller a entrega de García Canalejas 16.09-13, tal como sucedeu nun moi coñecido xogo entre Veríssimo Dias e Adelino Ribeiro disputado no match Almada-Porto de 1977.
16. ... 18x11; 17.07x14, 20x11; 18.06x15, 16-12; 19.09-13 ...

Unha moderna desviación para fuxir do tratado do "Incógnito" Cecina Rica.

19. ... 12-08; 20.02-06, 23-20; 21.06-11, 27-23; 22.14-18, 23-19; 23.18x27, 19x12; 24.27-31, 12-07; 25.13-18 ...

• Se 25. ... 07-03; 26.18-21, 03x13; 27.31x09, 20-15; 28.11x20, 24x15; 29.09-18! A xogada que pensamos se lle escapou ao Dr.OAL e que fai gañar ás brancas. El na súa análise desviaba antes con 26.18-22 dando a variante por empatada.

• Quizais a mellor defensa sexa xa continuar con 25. ... 17-13; 26.10x17, 07-03; 27.18-21, 20-15; 28.11x20, 24x15; EMP.(Sena Carneiro)

• 25. ... 20-16; 26. 18-21, 17-13 para empate, pero non 26. ... 16-12; como nun xogo Medalha da Silva vs. Capitán Santos Deodato do XIX Cto de Portugal que terminou en empate, mais as brancas puideron gañar se xogasen 27.21-26.