sábado, 27 de marzo de 2010

Partida Heroica. Defensa Jackson

1.10-14, 24-20;
A mellor saída é contestada coa resposta máis frouxa. Queda así constituída a partida que o Dr. OAL denominou como a "Heroica", moitas veces empregada en abertura libre para despistar aos rivais menos experimentados.
2.12-16 ...
As brancas constrinxen o xogo do rival impedindo a ocupación da casa "16" que xustificaría a primeira xogada negra.
2. ... 28-24;
Tapando o burato con idea de desafogar o xogo coa ruptura en "15".
3.05-10 ...
Para iniciar o ataque ao flanco de río negro sen preocuparse de frear a ruptura na casa "15"
3. ... 31-28;
Defensa de Andrew Jackson popularizada por Nathan Rubin a raíz dun celebre xogo disputado no Cto. dos Estados Unidos de Cedar Point, 1929. Esta continuación era tamén a favorita do extraordinario campión Marion Tinsley. O obxectivo da xogada é defender con 28-24 o peón avanzado que vai ocupar a casa "dique" despois de efectuar a tradicional ruptura con 20-15.

POSICIÓN DESPOIS DE 3. ... 31-28

4. 01-05 ...

Fina xogada de desenvolvemento cara o centro. Non era tan preciso facelo co peón de 8 porque despois de 4. ... 20-15; prodúcese un dobre troco que permite ao negro xogar con absoluta comodidade.

4. ... 21-18;

Nun dos enfrontamentos do match entre James Wyllie e Robert Martins (ano 1880), este último continuou con 4. ... 20-15; pero como o peón de 10 xa está sustentado, as brancas toman claramente a iniciativa ao poder atacar pola casa 19. O xogo seguiu con 5.11×20, 24×15; 6.7-11, 28-24; 7.11×20, 24×15; 8.14-19(!), 23×14; 9.10×19, 32-28; 10.16-20, e as negras atópanse con bastantes problemas. De feito, Martins equivocouse e continuou con 10. ... 27-23; que despois de 11.20×27, 31×14; permite o toque gañador 12. 6-11.

Outra posibilidade sería 4. ... 22-19; 5. 9-13, 21-17; 6. 5-9, 20-15; 7. 11×20, 24×15; (M. Custodio – J. Almeida, Porto 1998) 8. 7-11, 28-24; 9. 11×20, 24×15; 10. 4-7, 27-22; 11. 13-18, 22×13; 12. 9×18, 17-13; 13. 10×17, 19×10; 14. 6×13, 23-19; 15. 2-6, 26-21; 16. 17×26, 30×14; 17. 13-18 con vantaxe decisiva. Por isto era un pouco mellor 5. ... 26-22; aínda que despois de 6. 5-9, *20-15; 7. 11×20, 24×15; 8. 13-18, 22×13; 9. 10×26, 19×10; 10. 6×13, *30×21; 11. 13-17, 23-19; 12. 17×26, 29×22; 13. 9-13 as brancas están ben colocadas.

5. 14×21, 25×18;

Na disputa do III Campionato Postal de Portugal e nesta mesma posición, Vieira de Carvalho preferiu tomar para o bordo con 5.- … , 26×27; e despois de 6.- 10-14, 22-19; o seu rival H. Medalha da Silva continuou con 7.- 14-18 que concede lixeira vantaxe, pero era preferible manter a tensión e xogar 7.- 5-10 coa que a vantaxe sería practicamente decisiva. Pois se:

• 7.- ..., 25-21; 8.- 9-13 (!), 29-25; 9.- 7-12, 27-22; 10.- 13-18 (!), 22×13; 11.- 11-15, 20×11; 12.- 6×22, 13×6; 13.-3×10 G.B.

• 7.- ... , 20-15; 8.- 11×20, 24×15; 9.- 14-18 forza a ganancia dun peón pola ameaza de tiro con 18-21. Tamén sería moi forte 9.-7-11.

• 7.- ..., 29-26; 8.- 9-13, 20-15; 9.- 11×20, 24×15; 10.- 7-11, 26-21; [ se 10.- ..., 28-24; 11.- 11×20, 24×15; 12.- 4-7, 27-22; 13.- 13-18 e 14.- 16-20 G.B.] 11.- 11×20, 27-22; 12.- 20×27,30×23; 13.- 4-7(!), 21-18; 14.- 14×21, 25×9; 15.- 7-11, con gran superioridade das brancas.

6. 10-14 ...

Cargando sobre o peón 18 para intentar debilitar máis esa zona.

6. ... 20-15;

O momento esperado para facer a ruptura.

7. 14×21, 26×17; 8. 11×20, 24×15; 9. 05-10 ...

A liña con 9.- 16-20 seguido de 7-12 e 3×26 elimina moito material do taboleiro polo que facilita a defensa.

Na famosa partida entre R. Taylor e N. Rubin (Cto. EEUU de 1929) que puxo de moda esta liña, xogouse 9.07-11 e as negras acadaron unha moi cómoda posición despois de 9. ... 28-24; 10.11x20, 24x15; 11.04-07, 32-28; 12.07-11, 28-24; para posteriormente empatar sen problemas de ningún tipo.

9. ... 23-20;

Defensa de Tescheleit recomendada no seu "Master-Play of the Draughts Board".

Achamos peor a continuación por 9. ... 29-26; xa que con 10.- 7-11 , 28-24; 11.- 11×20, 24×15; 12.- 10-14, 23-20; 13.- 16×23, 27×20; 14.- 14-18, 22×13; 15.- 9×18, 26-22; 16.- 18×27, 30×23; 17.- 6-10, 32-28; 18.-10-14, 15-11; 19.- 14-18, 17-13; 20.- 18-22, 13-10; 21.- 22-27, 11-6; 22.- 2×11, 20-15; [22.- ... , 10-5; 23.- 27-31, 28-24; 24.- 11-15, 20×11; 25.- 31-28, G.B.] 23.- 11×20, 23×16; 24.- 27-31, 10-5; 25.- 31×24, G.B.

A continuación 9. ... 23-19; 10.16-20, 27-23; (10. ... 28-24; 11.07-11 G.B.) 11.20x27, 30x23; 12.07-12 dá gran vantaxe ao branco.

Pero sería unha posible alternativa 9. ... , 29-25; 10. 9-13 ... (ou 10.07-11, 28-24; 11.11x20, 24x15; 12.04-07, 32-28 con xogo equilibrado como recomenda o manual de Ketchum e tal como logo se xogou en W.Ryan vs. M. Tinsley do Campionato EEUU disputado en Newark, 1946. Agora, neste momento, pódese seguir coa interesante 13.16-20 aplicada por M. Holmes contra A. Moiseyev no Torneo de Illionis-2006, e que segúndo parece é unha receita do propio Tinsley) 10. ... 23-20; 11. 16×23, 28x19; (11. ... 27×20; -recomendación de R. Martins para empate- falla en damas clásicas pois con 12. 7-12 as brancas teñen xogo gañador) 12.-07-11, 32-28 con xogo igualado como no match de 1989 entre Paul Davis e Marion Tinsley.

10. 16×23, 28×19; 11. 07-11 ...

Un xogo disputado en Odemira entre Joao Oliveira e Vaz Vieira pertencente ao Campionato portugués de 2007 seguiu con 11.06-11, 15x06; 12.02x11, 32-28; 13.07-12, 22-18; 14.12-15 e terminou en EMP. Mais neste caso as negras dispoñen da interesante 12. ... 19-14; 13.10x26, 29x22; con idea de 17-13 para levar o peón a dama. As brancas deben enfiar fino con 14.11-14, 17-13; 15.09x18, 22x13; 16.14-18, 30-26; 17.03-06, 13-09; 18.06-10, 09-05; 19.10-13, 05-02; 20.13-17, 27-23; 21.08-12 (21.18-21, 02-20 EMP.) 32-28; 22.12-16, 02-05; 23.18-21, 28-24 EMP.

11. ... *32-28; 12. 11×20, 28-24; 13. 09-13, 24×15; 14. 04-07, 29-25

POSICIÓN DESPOIS DE 14. ... 29-25

• Se 14. ... , 27-23; 15.07-12, forza a seguir con 15-11; e despois de 16. 06×15, 29-25; 17. 13-18, 22×06; 18. 03×10 as brancas deben gañar.

• Se 14. ... , 30-26; 15. 13-18, 22×13; 16. 07-11 decide.

• Ou se 14. ... , 29-26; 15. 07-12, *15-11; 16. 06×15, *26-21; 17. 15-20, 27-23, 18. 20×27, 30×23; 19. 03-07, 21-18; 20. 07-11, 18×19; 21. 11-15 deixa ás negras ante serias dificultades.

15. 07-12, *30-26; 16. 13-18 ...

Desfacendo o "dique" formado polas negras. Nótese que non valía 16.03-07, por 19-14 e G.N.

16. ... 22×13; 17. 03-07, 13-09; 18. 07-11, 27-22; 19. 11×20, 22-18; 20. 12-15 ...

O xogo está equilibrado. Se 20.06-11, 26-22; 21.24-20, 18-13; 22.11-14, 13x06; 23.14x23, 06-03; 24.12-16, 22-19; 25.23-28, 19-15 tamén leva ao empate.

20. ... 19×12; 21. 08×15, 26-21; 22. 20-24 ...


XOGAN NEGRAS E EMPATAN

22. ... 09-05; 23.- 02×09, 18-13; 24. 09×18, 21×05; EMPATE.

Ningún comentario: