O pasado sábado (26/6/2010) no artigo "Empates curiosos" faciamos dúas propostas. Velaquí temos as solucións.
PRISIÓN DE HENRIQUES

XOGAN NEGRAS E EMPATAN
As negras continúan con 23. ... 25-21!; e tras 24.15-19, 24-20; 25.19-22, 20-15; 26.22-26, 18-14!; 27.07-11 ... [a máis sensata para non complicarse innecesareamente] 27. ... 15x06; [aquí está o detalle, agora hai que comer a maioría] 28.02x25, ábrese a prisión e as negras empatan.
........
PROBLEMA DE HENRIQUE GUERRA
1.04-07 ... e agora se: a) 1. ... 03x12; 2.11-15, [manobra de "luneta", coñecida así porque a dama situada na casa "15" lembra a ferramenta do mesmo nome que, aproveitando o seu fío circular, usaban os curtidores para igualar os coiros] 2. ... 19-14; [se moven a outra dama a "luneta" corta para "29"] 3.15x08 EMP. b) 1. ... 03x16; [ver o diagrama seguinte].
XOGAN BRANCAS
2.24-28! [o toque curioso para construír unha especie de "túnel"] 32x23; 3.11-20, 16-03; 4.20x21 EMP.
Ningún comentario:
Publicar un comentario