sábado, 25 de setembro de 2010

Partida Clásica. Liña "D" [5. ... 23-20]

Unha semana máis continuamos co estudo que estamos a facer da popular Partida Clásica. Nesta ocasión examinaremos a Liña "D", coñecida desde os tempos do tratadista Lorenzo Valls que publicou o seu libro no ano 1597.

[1.10-14, 22-18; 2.12-15, 23-20; 3.07-12, 20-16; 4.03-07, 28-23; 5.05-10 ... ]


5. ... 23-20

Invitando a que as brancas constrúan un centro superpoboado para deseguido intentar a súa inmobilización ou minado. A “Enciclopedia” portuguesa considéraa como fraca, con todo é unha das liñas máis xogadas.

POSICIÓN DESPOIS DE 5. ... 23-20;


6.15-19 ...

Aceptando a invitación.

O lance 6.01-05, que nalgún tempo foi considerado como bo non é tal. A resposta 6. ... 26-22! deixa as brancas nunha situación precaria: 7.15-19, 22x15; 8.12x19, 20-15; 9.11x20, 24x15; 10.10-13, 18x11; 11.07x14, 16-12; 12.06-10 como na partida entre Vaz Vieira e Vítor Cuhna do “XXI Torneo da Covilha”, 2005. Neste momento as negras poden gañar xogando 12. ... 21-18; máis o mestre setubalense continuou con 12. ... 27-23; e despois do cambio as brancas tiveron a oportunidade de igualar con 14. 14-18! que curiosamente non aproveitaron permitindo así a Cunha gañar o torneo.

6. ... 27-22

Comezando a traballar sobre o centro. Non obstante, as negras dispoñen doutras alternativas:

• 6. ... 21-17; (arriscada e interesante, aínda que pouco documentada) 7.14x21, 25x18; 8.11-15, 20x11; 9.07x21, 16x07; 10.04x11, 27-22; 11.19-23, 31-27; (non valen nin 29-25, nin 31-28 por 12. 23-27, G.B.) 12.10-14, 27x20; 13.14-18, 22x13; 14.09x18, 29-25; 15.11-15, 20x11; 16.06x15, 17-13; 17.01-05, 26x17; 18.08-12, 32-28; 19.15-19, as brancas teñen a iniciativa e poden gañar.

• 6. ... 27-23; [fuga que debilita o flanco de río] 7.19x28, 32x23; 8.01-05, 31-28; [As negras teñen que parar a ameaza 09-13 seguido da punteira 14-18. Para isto non é aconsellable 8. ... 26-22; 9.14-19, 23x14; 10.10x26, 29x22; 11.05-10, 31-27; (A contestación 11. ... 30-27; xogada en Elbert Lowder vs. Paul Davis do Cto. EEUU de 1981, en damas clásicas refútase con 12.10-14 que ten por idea seguir con 09-13 e a xudia con 02-05 e 06-10; pois a defensa con 21-17 perde polo tiro con 11-15 e 07x21) 12.10-14 ... (Aquí desviámonos da Guía de Lees) 12. ... 27-23; 13.09-13, 18x09; 14.02-05, 09x02; 15.06-10 e 17.12x26 e poden G.B.] 9.12-15, 26-22; [Única. Se 9. ... 30-27; 10.10-13 G.B. ou se 7. ... 21-17; 8.14x21, 25x18; 9.10-14, 26-21; 10.06-10, 30-27; 11.09-13 envio a dama e G.B.] 10.08-12! ... (Preferible ao 10.15-19 xogado nun dos encontros entre James Wyllie e Robert Martins no que se chegou a esta posición, por diferente orde, partindo dun atípico 4. ... 27-23) 10. ... 29-26; [Se 10. ... 30-27; 11.09-13, 18x09; 12.10-13 con moi forte posición. Por exemplo: 12. ... 21-17; 13.13-18, 22x13; 14.14-18, 29-26??; (14. ... 25-21!; parece mellor, pero con: 15.18x25, 29-26; 16.15-19, 23x14; 17.11x18, 26-21; 18.06-11, 21x14; 19.11x18, 27-23; 20.12-15 as brancas tamén teñen moi boas posibilidades) 15.15-19, 23x14; 16.18-21, 25x18; 17.05-10, 14x05; 18.06-10, 13x06; 19.11-15, 20x11; 20.07x30, 16x07; 21.30x01 G.B. Unha das combinacións máis fermosas que se poden presenciar no xogo de damas.] 11.14-19, 23x14; 12.10x19, *21-17; 13.06-10, *25-21; 14.02-06!, *18-14; 15.11x25, 20x02; 16.12-15, 02x20; 17.25-29, 22x15; 18.29x08, 20-27; 19.07-11, 27-31 Emp. Se 20.08-19, 30-27 e 27-22 con idea de 17-13 etc.

• 6. ... 20-15; [Unha xogada lóxica a primeira vista pero pouco recomendable. Na 1ª edición da Enciclopedia Damista ata chegou a ser cualificada como perdedora] 7.11x20, 18x11; [Obrigada, pois se 7. ... 20x14; que parece máis natural, as brancas aplican a famosísima combinación de Lorenzo Valls: 8.19-23!, 27x20; 9.12x19, 18x11; 10.06x24, e gañan un peón e o xogo] 8.06x15, e se agora 8. ... 32-28; 9.01-05, traspón á liña A. Outras opcións son:

▬► 8. ... 21-18; 9.10-13, 18-14; [se 9. ... 26-22; 10.19x26, 29x22; 11.15-19, 22x15; 12.13x22, 27x18; 13.12x19, 24x15; -Canalejas- 14.07-12 G.B.] 10.19-22, 27x18; 11.13x22, 26x19; 12.15x22, 24x15; 13.12x19, 30-27; 14.19-23, 27x18; 15.09-13, 18x09; 16.23-27 e segundo Canalejas gañan brancas con 07-12.

▬► 8. ... 21-17; 9.01-05, 27-22; [se fan 9. ... 32-28; párase a ameaza con 10.10-14 e se prefiren 9. ... 26-22; segue 10.19x26, 29 x22; 11.10-14, 32-28; 12.05-10, 25-21; 13.09-13 G.B.] 10.10-14, 22-18; 11.14x21, 25x18; 12.05-10, 18-14; [ou 12. ... 18-13; 13.09x18, 26-22; 14.18x27, 30x05; 15.02x09, 31-27; 16.15-19, 24x15; 17.19-23, 27x20; 18.12x19, 32-28; 19.19-22, e as brancas gañan] 13.02-05, 31-27; 14.19-23, 14-11; 15.07x14, 16x07; 16.04x11, 27-22; 17.14-19, 22-18; 18.10-14, 17-13; 19.14x21, 26x17; 20.09x18, 17-13; 21.18-22 e as brancas teñen posición gañadora.

▬► 8. ... 27-22; 9.10-13 ... [Nun famoso xogo da emocionante eliminatoria Robert Stewart vs. Harry Freedman do "8º Torneo Escocés" disputado no 1900, seguiu con 9.01-05, 21-18; 10.10-13, 31-27; e 11.19-23 que perde en damas clásicas polo golpe con 32-28 e 27-23. O adecuado movemento na nosa modalidade sería 11.13-17 para traspoñer á variante que aquí recomendamos] 9. ... 31-27!; [O autor clásico Juan García Canalejas xa indicou no 1650 que se 9. ... 21-17 as negras perden con 10.19-23 seguido de 11.23-27. Igualmente se 9. ... 21-18; 10.19-23, 22-19; 11.13x22, 19-14; 12.22-27, 31x22; 13.23-28, 32x23; 14.20x27, 30x23; 15.15-19, 22x15; 16.12x28 G.B.] 10.13-17, 21-18; [Se 10. ... 32-28; 11.19-23, 28x19; 12.20-23, 27x11; 13.07x23, 16x07; 14.04x11, 22-18; 15.09-13 e 16.23-28 con boas posibilidades] 11.01-05, 32-28; [11. ... 18-13; 12.09x18, 22x13; 13.05-10, 13x06; 14.02x11, 27-23; (non 14. ... 25-21; por 15.20-23!! e 16.19-22 G.B.) 15.19x28, 32x13; 16.20x27, 30x23; 17.11-14, 23-20; 18.15-19, 20-15 e as negras acaban por salvarse] 12.19-23, 28x19; 13.20-23, 27x11; 14.07x23, 16x07; 15.04x11, 24-20; 16.23-28, 22-19; 17.09-13, 18x09; 18.28-32, 19-15; 19.32-10, 15x06; 20.10x03, 20-15!; 21.03-06, 30-27! EMP.

7.12-15 ...

A mellor, xa que se no seu lugar o peón avanza a 23 clávase unha espiña na posición branca con 22-19.
No match Portugal-Marrocos de 2007, Víctor Oliveira xogou contra Elmostapha: 7. 01-05, 22x15; 8.12x19, 20-15; (minando o centro) 9.11x20, 24x15; 10.10-13 con posterior empate, pero as negras quedaron nunha situación moi cómoda. Na "Liña E" [5. ... 27-22] se as brancas escollen 6.01-05, chégase a esta mesma posición e alí, en vez de 10.10-13, recomendamos 10.06-11 coa que parece que se equilibra máis facilmente.

7. ... 31-27;

Ameaza con bloquear o centro. Efectivamente, se 8.01-05, 32-28; 9.08-12, 27-23, G.N. (Cecina Rica).

Con peor reputación, pero tamén como posible elección, as negras poden escoller:

• 7. ... 31-28; ao que segue 8.08-12, 28-23; 9.19x28, 32x23; 10.01-05, (nótese que se 10. 04-08, 21-17! deixa as brancas perdidas pola fraxilidade da base) 10. ... 21-17; (Lorenzo Valls xa indicou a inconsistencia de 10. ... 22-19; por 11.15x22, 26x19; 12.09-13, 22x09; 13.11-15, G.B) 11.14x21, 25x18; 12.10-14, (impide o bloqueo con 23-19) e agora:

▬► 12. ... 29-25; 13.14x21, 25x18; 14.05-10, 26-21; (nun dos tratados clásicos, o de Garcez, xa explica que se 14. ... 30-27; 15.10-14, 18-13; 16.09x18, 22x13; 17.15-19, 13-10; 18.06x13, 17x10; 19.19x28, 10-06; 20.28-31, G.B.) 15.10-14, 17-13!; (para impedir 16.06-10) 16.04-08, 30-27; 17.15-19, 22x15; 18.12x28, 20-15; 19.11x20, 18-04; 20.09x25, 24x15; 21.06-10, 15-11; (21. ... 04-21 tamén empata [OAL] pero 21. ... 16-12; pensando en 15-11 e disparar con 11-06, é mala por 22.10-14!, 04x18; 23.25-29, 15-11; 24.08x15, 11-06; 25.02x11, 18x04; 26.15-20, 04-08; 27.29-25, G.B) 22.10-14, 27-22!; (Se 22. ... 27-23; 23.25-29, con gran vantaxe branca, de feito nunha partida amigable celebrada en Lisboa no 1965, o Dr. OAL bateu a António Costa) 23.28-32, 11-07; con empate fácil.

▬► 12. ... 26-21; 13.06-10!, 29-25; (Valls non considera esta xogada e facía gañar ás brancas despois de 13. ... 30-26; 14.09-13 e 14-19 e 11x27) 14.14-19, 23x14; 15.10x26, 18-13; 16.09x18, 21x14; 17.11x18, 30-14; 18.15-19, 20-15; 19.19-23, 15x08; 20.23-28, 24-20; 21.28-32, 20-15; 22.32x10, 15-12; 23.10-03, 25-21; 24.05-10, 21-18; 25.02-05, 17-13!!; 26.10x17, 18-13 e as negras conseguen salvarse coroando este peón. Un bonito empate concibido por Canalejas.

▬► 12. ... 22-19; 13.14x21, 26-22; 14.21-25, 22-18; 15.15x22, 30-27; 16.22x31, 23-19; 17.31x13, 17x03; 18.11-15, 20x11; 19.07x23, 16x07; 20.04x11, 03-07; 21.11-14 e a vantaxe das brancas non é suficiente para gañar (Antonio Santos Deodato vs. Leopoldo Lopes no XIX Cto. Nacional de Portugal celebrado en Setúbal no ano 1999).

A xogada non teórica 7. ... 21-17, quizais sexa perdedora.

• 7. ... 21-17; 8.14x21, 25x18; 9.10-14, 29-25; (9. ... 26-21; 10.19x26, 29x22; 11.14-19, 30-26; 12.19-23, G.B) 10.14x21, 25x18; 11.06-10, ...

▬► 11. ... 18-13; (11. ... 31-28; 12.10-14, 16-12; 13.07x23, 26-21; 14.19x26, 28x10; 15.26-29 con vantaxe decisiva) 12.09x27, 30x05; 13.01x10, 31-27; (13. ... 26-22; 14.10-14, 17-13; 15.14-19, 22-18; 16.19-22, 13-10; 17.22-26, 10-06; 18.15-19 G.B.) 14.15-19, 27-23; 15.19x28, 32x23; 16. 11-14 e as brancas poden gañar.

▬► 11. ... 18-14; 12.11x27, 30x05; 13.01x10, 20x11; 14.07x14, 24-20; (14. ... 26-22; 15. 02-06, con idea de 14-18) 15.14-19, 20-15; 16.10-14, 15-11; 17.14-18, 17-13; 18.18-22, 13-10; 19.22x29 e as brancas van gañar porque se o peón avanza, con 19-22 fórmase unha armadilla antipromoción.

▬► 11. ... 30-27; 12.19-23, 18-13; 13.23x30, 13x06; 14.30x21 B.G. Se agora o negro promociona segue 02-05 e 09-13.

8.08-12 ...

Anticípase ás pretensións do rival impedindo 8. ... 32-28. Non é o máis xogado polo que pode sorprender aos menos estudosos.
A continuación de García Canalejas 8. 19-23, tense por máis forte. Podería seguir con 21-17; 9.14x21, 25x18; 10.10-14, 29-25; 11.14x21, 25x18; e 12.04-08, con vantaxe. Non 12.01.05, que permite 16-12 e compromete o xogo, tal como aconteceu no XVI Campionato de Portugal entre os mestres Silva Pereira e Veríssimo Dias. O xogo está gañado polas negras conforme xa temos amosado neste blog na entrada que leva por título "Veredictos dispares".
8. ... 21-17;

Para 8. ... 27-23; ver a liña 7. ... 31-28; 8.08-12, 28-23.

9.14x21, 25x18; 10.10-14 ...

Tamén é xogable 10.19-23, 26-21; 11.04-08, 29-25; 11.10-14, 22-19; 12.15x31, 30-26; 13.31x13, 17x03; e agora empátase con 14.02-05! refutando así a opinión de Cecina Rica que pensaba que as negras podían gañar.

10. ... 18-13

Sería inferior 10. ... 29-25; xogada que segundo a Enciclopedia portuguesa “talvez sexa perdedora”, aínda que para nós é de empate. 11.14x21, 25x18; 12.19-23, 18-14; 13.11x18, 20x11; 14.07x14, 27x20; (se eliminan o peón da casa 9 con: 14. ... 22x13; 15.09x18, 16x07; 16.04x11, 27x20; 17.18-21, favorece o xogo branco) 15.18x27, 16x07; 16.04x11, 30x23; 17.11-15, (Valls e os demais clásicos seguían por 17.14-18, 20-16; 18.18-21 e acababan gañando, pero 18. ... 17-13; igualaría facilmente) 17. ... 20x11; 18.06x15, 26-21; (18. ... 23-20; 19.15-19, 26-21; impide a penetración gañadora por 18 e 21, pero 20.19-23, vai igualmente a dama con moitas posibilidades) 19.02-06, 23-20; 20.15-19,20-16; 21.19-22, as brancas están moi ben, así e todo as negras deben salvarse.

11.09x18, 22x13; 12.19-23 ...



POSICIÓN DESPOIS DE 12.19-23


12. ... 26-22;


A intuitiva 12. ... 13-10; perde con 13.06x13, 17x10; 14.23-28, 32x23; 15.01-05 seguido de 16.04-08 e 17.15x31, G.B. (Golpe de Lorenzo Valls)

13.14-18!, 29-25;

Este movemento de espera resulta ser a mellor das continuacións.

• 13. ... 13-10; 14.06x13, 17x10; 15.02-05, 22x13; 16.05x14, (agora as negras deben xogar con coidado, pois se 16. ... 13-10; 17.23-28, 32x23; 18.01-05, 10x01; 19.04-08, 01x19; 20.15x31, estamos ante outro “gañan brancas” do tratado de Valls) 16. ... 29-25; [en caso de 16. ... 29-26; debemos contradicir ao tratadista alacantino, o xogo empátase despois de 17.23-28, 32x23; 18.15-19, 20-15!; (Valls seguía con 18. ... 13-10; 19.19-28, 10-06; 20.28-31, e gañaban as brancas) 19.11x20, 24x08; 20.19x28, 27-22; 21.28-32, 30-27; 22.14-18,13-09; 23.32-23, etc.] 17.23-28, 32x23; 18.15-19, 13-10; 19.19x28, 10-06; 20.12-15, 06-02; (Se 20. ... 06-03; 21.28-31, G.B. –Garcez-) 21.28-32, 27-22; un empate do “Libro nuevo” de Garcez.

• 13. ... 13-09; 14.18-21, 22-18; 15.06-10, 18-13; 16.10-14, 27-22; 17.14-18, 13-10; 18.18x27, 10-06; 19.23-28, 30x23; 20.15-19, 23x14; 21.11x18, 32x23; 22.02x11 e as brancas poden gañar.

14.01-05, 13-09;

Se 14. ... 13-10; 15.05x14, 22x13; 16.15-19, 13-10; 17.06x13, 17x10; 18.23-28, 32x23; 19.19x28, 10-06; Empate mostrado no "TED" polo eminente experto portugués Francisco Henriques.

15.04-08, 22x13; 16.15-19, 20-15;

A posición está interesante. As negras se o prefiren tamén poden seguir con: 16. ... 30-26; 17.23x30, 20-15; 18.11x20, 24x15; 19.30x21, 25x18; 20.19-22, 18-14; 21.12x19, 13-10; 22.06x13, 17x01; 23.22-26, 14-10; 24.19-22 Empate.

17.11x20, 24x15; 18.05-10, 27x20; 19.19-23, 25-21;

Se 19. ... 15-11; 20.06x24, 13x06; 21.02x11, 25-21; (21. ... 09-05; 22.24-28, 17-13; 23.28-31, 13-09; 24.12-15 Empate) 22.12-15, 09-05; 23.23-27 seguido do tiro 24.15-19 e o reparto do punto.

20.12x19, 21-18;

Non cambia o resultado 20. .... 20-15; 21.19-22, 21-18; 22.22-27, 09-05; 23.02x09, 16-12; 24.07x16, 15-11; 25.06x15, 13x06; 26.15-20, 06-03; 27.20-24 Empate.

21.19-22, 18-14; 22.10x19, 13-10; 23.06x13, 17x10; 24.22-27, 09-05;

As negras van a dama e o final está equilibrado tal como se indica no "Libro nuevo, Juego de damas" de Joseph Carlos Garcez publicado en Madrid no ano 1684.

Ningún comentario: