martes, 29 de marzo de 2011

Defensa do Principiante [1ª parte]

Proseguindo co estudo da variante "Lateral Dereira" da "Partida do Río", imos ir pouco a pouco publicando as tres defensas que adoitan empregrar as negras despois da "Encrucillada".

A "Defensa do Principiante" dividímola en dous capítulos. Hoxe imos ver a primeira parte. A segunda queda para a vindeira semana.

[1.10-14, 23-19; 2.14x23, 28x19; 3.05-10, 32-28; 4.01-05, 28-23; 5.09-13, 21-18; 6.13-17 ...]

6. ... 18-13


POSICIÓN DESPOIS DE 6. ... 18-13

A liña máis antiga, xa aparece en 1591 no libro de Pedro Ruíz Montero. De uso frecuente entre xogadores noveis, tamén é coñecida como a «Defensa do Principiante».

7.11-15 ...

Quizás a idea orixinal de seguir con 7.05-09 sexa máis forte, pero o ataque do texto, presentado por Lorenzo Valls uns poucos anos despois, tamén semella ser moi interesante.

A posición igualmente se pode alcanzar desde a «Oblícua» movendo do seguinte xeito: 1.10-14, 23-19; 2.14x23, 28x19; 3.09-13, 32-28; 4.11-15, 28-23; 5.13-17, 21-18; 6.05-10, 18-13; 7.01-05.

Imos estudar en apartados diferentes as dúas réplicas habituais:


7. ... 13-09 [APARTADO PRIMEIRO]

7. ... 25-21 [APARTADO SEGUNDO].


****************************

APARTADO PRIMEIRO

7. ... 13-09

Este lance de Garcez, a pesar de ser tradicionalmente catalogado como frouxo, ofrece ás negras adecuados recursos defensivos e pode ser xogado con total garantía.


POSICIÓN DESPOIS DE 7. ... 13-09

8.10-13 ...

É verdade que o peón no cadro “9” está ben situado de cara ao final e incluso deixa latente a ameaza de sacrificio, no caso de presentarse a posibilidade de realizar unha combinación con entrada en dama pola casa “2”. Non obstante non deixa de ser unha peza carente de mobilidade que amais pode facer de soporte de outra do rival. Neste caso o branco non desaproveita esa vantaxe ao ocupar a casa “13”.

8. ... 25-21

O desbarato con 8. ... 22-18; para intentar aliviar a presión que exerce o peón de "15", complica demasiado o traballo das negras: 9.15x22, 26x19; 10.13x22, 27x18; 11.12-15, 19x12; 12.08x15, ...


• 12. ... 29-26; 13.15-19, 23x14; 14.06-10, 31-28; 15.10x19, 18-13; 16.05-10, 13x06; 17.03x10, 30-27; 18.07-11 ... (Unha suxestión de Cándido Sena Carneiro. O Dr. Cárceles Sabater seguía con 18.07-12, que permite equilibrar totalmente o xogo despois de 18. ... 27-23). Segundo o mestre portugués agora as negras poden optar por:

▬► 18. ... 27-23; 19.11-14, 24-20; 20.10-13, 20-15; 21.13-18, 15-11; 22.18-22 G.B. (para nós 22.18-21 e despois dos cambios 24.30-20 gaña de forma máis sinxela).

▬► 18. ... 25-21; 19.19-22, 27x18; 20.10-13, G.B.

▬► 18. ... 27-22; 19.11-15, 25-21; (19. ... 22-18; 20.10-13, 18-14; 21.13-18 G.B.) 20.04-08, 21-18; (20. ... 22-18; 21.10-13 e 22.08-12 G.B.) 21.17-21, 26x17; 22.19x26, 18-13; Empate, pero nós pensamos que se pode gañar: 23.10-14, 13-10; 24.26-30, 10-05; 25.14-19, 17-13; 26.19-22, 13-10; 27.30-17, 28-23; 28.17x03, G.B. pois a 28. ... 23-20; segue 29.03-10 e a 28. ... 05-01; 29.15-19 e 30.03-10 afogando a dama negra.

▬► 18. ... 24-20; 19.11-14 Empate. Mais neste caso, tamén cremos que é posible unha vitoria branca xogando 19.10-13, 27-22; ( se 19. ... 20-16 ou 19. ... 25-21; segue a sorprendente 20.19-22!!) 20.11-14, 22x15; 21.14-18, 15-11; 22.18-21, 25x18; 23.13x29, 11-06; 24.02x11, 09-05; 25.17-21, 05-01; 26.21-25, 20-16; 27.29-22, 01-23; 28.25-29 G.B.

• 12. ... 23-20; 13.05-10, 20x11; 14.07x21, 25x18; 15.06-11, 18-13; (15. ... 24-20; perde con 16.03-06, 20-16; 17.04-07, 18-13; e agora non 18.11-14, senón 18.17-21 e 19.10x17 G.B. –Sena Carneiro corrixe a Sabater-) 16.03-06, 30-26; 17.11-14, 24-20; (17. ... 26-22 é combatida con 18.14-18, 29-25; 19.18x27, 31x22; 20.17-21 e as brancas teñen unha gran vantaxe que ata pode ser decisiva) 18.14-18, ...

▬► 18. ... 29-25; 19.17-21, 26x17; 20.18-22, 20-15, 21.04-07, 25-21; 22.22-26, 21-18; 23.26-29, 18-14; 24.10x19, 13-10; 25.06x13, 17x10; 26.19-22, 31-28; 27.22-27, 10-05; 28.29x08, G.B (Manuel Cárceles Sabater)

▬► 18. ... 20-15; 19.18-21 ... (se 19.04-07, 09-05; 20.02x09, 31-27; 21.10-14, 15-11; 22.06x15, 13-10; 23.07-11, 26-22; 24.14-19, 22x13; 25.09x18, 10-05; 26.19-22, 27-23; 27.22-27, 05-02; 28.27-31, 23-19; e as negras empatan) 19. ... 26-22; 20.21-26, 15-11; con vantaxe branca, aínda que as negras poden facer táboas.

▬► 18. ... 26-22; 19.18x27, 31x22; 20.17-21, 22-19; (20. ... 29-25; 21.10x17, 25x18; 22.17-21, 18-13; 23.21-26, 22-18; 24.26-29, 18-14; 25.04-07, 14-10; 26.29-12 G.B. –Sabater-) 21.10x17, 20-15; 22.21-25, 19-14; 23.17-21, 09-05; (a xogada que dá o empate. A Enciclopedia Damista continúa con 23. ... 14-11; e G.B.) 24.02x09, 14-11; 25.06-10, 11-06; 26.21-26, 29-22; 27.25-29, 15-11; 28.29x08, 06-03; 29.10-14, 03-17; 30.14-19, 17-10; 31.19-22, 11-06; Empate.

9.05-10 ...

Esta idea do propio Joseph Carlos Garcez vén a ser a forma máis atractiva de proseguir co ataque. Vexamos as posibles réplicas:

A

9. ... 23-20; (perde) 10.12-16, 20x11; 11.07x23, 27x20; 12.16x23, 24-20; 13.08-12, 20-15; (13. ... 22-19; 14.06-11, 20-16; 15.11-14, 16x07; –Sabater- 16.04x11! G.B.) 14.12x19, 22x15; 15.10-14, 15-12; 16.14-19, un “Gañan Brancas” da autoría de Cárceles Sabater (1909).

B

9. ... 22-18; (perde) 10.13x22, 27x18; 11.15x22, 26x19; 12.17x26, 29x22; (se 12. ... 30x21; 13.07-11 G.B.) 13.07-11 ... e agora se:

▬► 13. ... 31-28; 14.11-14, 18x11; 15.06x15, 30-26; 16.10-13, 26-21; 17.13-17, 21-18; 18.17-21, 18-13; 19.21-26, 13-10; 20.26-30, 10-05; 21.30x16, 05-01; 22.16-27 con vitoria branca. (Dr. Cárceles Sabater)

▬► 13. ... 31-27; 14.12-15, 19x12; 15.08x15, 23-19; 16.04-07, 19x12; 17.07x16, 27-23; 18.10-14, 18-13; 19.11-15, 30-26; 20.14-18, 23-19; 21.18x27, 19x12; 22.27-30, 12-08; (22. ... 26-22; 23.03-07 e 24.30-26 G.B.) 23.03x10 e as brancas gañan.

▬► 13. ... 30-26; 14.12-15, 19x12; 15.08x15, 23-19; 16.04-08, 19x12; 17.08x15, 31-27; 18.10-14, 18-13; 19.14-18 con vantaxe decisiva para o branco segundo o Dr. Cárceles Sabater.

C

9. ... 21-18; (perde) 10.06-11, 29-25;

▬► Se 10. ... 31-28; 11.11-14, 18x11; 12.07x14, 26-21; 13.17x26, 30x21; 14.13-18 (Cárceles Sabater) ou 14.15-20 G.B.

▬► Ou se 10. ... 18-14; (sacrificio) 11.11x18, 29-25; [Se 11. ... 31-28; 12.18-21! ... (mellor que o 7-11 do Dr. Cárceles Sabater, pois a ameaza de 13-18 obriga ao negro a facer xogadas forzadas)12. ... 19-14; 13.10x19, 23x14; 14.02-05, 09x02; 15.12-16, 02x20; 16.16x32, 29-25; 17.32x01, 25x09; 18.07-11, 22-18; 19.03-06 as brancas teñen vantaxe esmagadora] 12.18-21 ... (evita o tres e dama con 26-21) 12. ... 25x18; 13.07-11!, 23-20; 14.12-16, 19x12; 15.08x15, ... (Garcez seguía coa outra permuta que tamén serve para gañar o xogo) 15. ... 27-23; 16.10-14, 26-21; 17.17x26, 30x21; 18.13-17, 18-13; 19.17x26, 13-10; 20.26-29, 10-05; 21.29x32, 05-01; 22.16x23, 01x08; 23.11-15 e gañan as brancas (Dr. Cárceles Sabater)

11.12-16, 19x12; 12.08x15, 23-19;
12. ... 25-21; 13.10-14, 23-20; 14.16x23, 27x20; 15.15-19 G.B. como en Víctor Cantalapiedra vs. Antonio Pérez; Torrevieja, 1993 13.04-08, 19x12; 14.08x15, 27-23;
14. ... 18-14; 15.10x19, 24-20; 16.16x23 ... (moito máis sinxelo que como facía Garcez tomando para o outro lado) 16. ... 27x20; 17.15x24, 22x06; 15. 18.03x10, 26-22; 19.07-11 G.B. (Luis Soler y Rovira) 15.10-14, 25-21;
15. ... 09-05; 16.02x09, 31-27; 17.14x21, 25x18; 18.15-19, 22x06; 19.13x21, 06-02; 20.31-28, 02-11; 21.28x29, 11x04; 22.29-08 e as negras perden 16.14-19, 23x14; 17.15-20, 24x06; 18.03x19, 22x15; 19.13x19 con contundente vitoria branca. (Joseph Carlos Garcez).

D

9. ... 09-05; (empate) [un sacrificio de peón proposto por Luis Soler y Rovira no seu libro de 1819] 10.02x09, 23-20; (a continuación tradicional). Tamén se pode xogar:

▬► 10. ... 31-28; 11.12-16, 19x12; 12.08x15, 23-19; 13.07-11, 19x12; 14.10-14, 21-18; 15.14x21, 28-23; 16.21-25, 23-19; 17.16-20, 24x15; 18.11x20, 19-14 e as negras conseguen empatar.

▬► 10. ... 29-25; 11.06-11, 31-28; 12.11-14, 24-20!; (se 12. ... 21-18; 13.14x21, 25x18; 14.12-16 G.B.) 13.15x31, 23-20; 14.14x23, 20-15; 15.12x19, 27x20; 16.31x18, 21x05; 17.08-12!, 05-01; (se 17. ... 20-15; 18.19-23 ou se 17. ... 20-16; 18.07-11 as brancas poden gañar en ambos os dous casos) 18.13-18 e 18-21 e 12-15 con mellor posición branca, pero ben defendido é empate.

11.06-11, 20-12; 12.11-14, 27-23; 13.07-11, 16x07; 14.03x12, 31-28;

▬► 14. ... 31-27; 15.04-07, 29-25; (15. ... 21-18; 16.14x21, 23-20; 17.13-18!, 22x06; 18.15x31, 20-16; 19.11-15 G.B.) 16.13-18, 22x06; 17.15x31, 23-20; 18.11-15 e 12-15 e 31x03 G.B.

▬► 14. ... 30-27; 15.04-07, 24-20; (forzado) 16.15x24, 22-18; 17.13x22, 27x18; (seguindo esta variante é como Rovira pensaba que se empataba) 18.24-28 ... (lance do Dr. O.A.L. no Tratado da Enciclopedia Damista que deixa ás negras en posición delicada) 18. ... 31x24; 19.12-16, 19-15; 20.11x27, 18x04; 21.27-31, 21-18; 22.31x13, 04-07; 23.13-31, 07-04; 24. 31-27, 04-07; 25.27-23, ... (O.A.L. seguía con 25.08-12, porque non viu o golpe 25. ... 07-14; 26.10x19, 26-21; 27.17x26 que permite empatar ás negras) 25. ... 07-25; 26.10-13, 25-21; 27.23-10, 21-07; 28.10-28, 07-04; 29.08-12 e as brancas gañan.

15.12-16, 19x12; 16.08x15, 22-18; 17.13x22, 26x12; 18.17x26, 30x21; 19.11-15, 29-26; 20.16-20, 23x16; 21.15-19, 24-20; 22.19-22, 26x19; 23.14x32, 20-15; e a vantaxa branca resulta insuficiente para gañar.

E

9. ... 29-25 (empate) 10.06-11, 31-28;

▬► Se 10. ... 21-18; perden pois traspón á liña 8. ... 21-18.

▬► Se 10. ... 09-05; empatan como na liña de Rovira 9. ... 09-05; e 10. ... 29-25.

▬► Se 10. ... 23-20; 11.12-16, 19x12; 12.16x23, 27x20; 13.07x23, 24-20; 14.10-14, 21-18; (14. ... 22-19; 15.23-28 G.B.)15.14x21, 25x18; 16.03-06 G.B.

11.11-14 ...

Agora as negras deben prestar atención. Só dispoñen dunha xogada para salvar o xogo.


POSICIÓN DESPOIS DE 11.11-14 ...


11. ... 24-20!;

▬► Se 11. ... 21-18; 12.14x21, 25x18; 13.12-16, ... (o Dr. Cárceles Sabater no seu libro de 1909 seguía con 13.07-11 que é unha continuación forte, pero a nosa é mellor) 13. ... 19x12; 14.08x15, 09-05; (xogada desesperada, as negras están perdidas. Se 14. ... 23-19; 15.04-08, 19x12; 16.08x15, 18-14; -para desfacer o cóbado— 17.10x19, 27-23; 18.07-12, 23x14; 19.02-05, 09x02; 20.03-07, 02x20; 21.16x23 G.B.) 15.02x09, 18-14; 16.10x19, 23x14; 17.07-11, 14x07; 18.04x11, 28-23; 19.13-18, 22x13; 20.09x18, 26-22; 21.17-21!, 22x13; 22.21-26, 30x21; 23.15-20, 24x06; 24.03x26 G.B.

12.15x31, 23-20; 13.14x23, 20-15; 14.12x19, 27x20; 15.31x18, 21x05; 16.13-18, 26-22; 17.18x27, 30x14; 18.03-06, 20-15; e non hai forma de gañar. Agora ben se as negras fixesen 18. ... 05-01; perderían ao lle quedar a dama afogada despois de 19.06-10.

F

9. ... 31-28; (empate) as brancas poden elixir:

▬► 10.12-16, 19x12; 11.08x15, 09-05 como no gambito de Soler e Rovira (ver 9. ... 09-05).

▬► 10.06-11, 29-25; traspón á variante 9. ... 29-25. Pero se 10. ... 21-18; (perden) 11.11-14, 18x11; 12.07x14, etc. como xa vimos na variante 9. ... 21-18; con 10. ... 29-25 e 11. ... 31-28.

Ningún comentario: