sábado, 18 de xuño de 2011

Precioso pase 16, 23, (19) vs. 32, (31)

Seguimos esta semana achegando novo material para o estudo da parte final dos xogos. Sabemos que á gran maioría dos afeccionados prefiren dedicar máis o seu tempo á preparación das aperturas, pero non debemos esquecer que nunca se pode chegar a ser un gran campión sen dominar todas as fases do xogo.

XOGAN BRANCAS E GAÑAN


Durante anos este final de Mario Dinis Vaz foi considerado como de empate e como tal foi publicado por el na revista portuguesa «Vamos Descifrar». A «Enciclopedia Damista», nun principio,  conforme co veredicto tamén no reeditou. Pero posteriormente Manuel Melo, o gran mestre de Viana do Castelo, atopou unha espléndida refutación que foi incluída polo Dr. Sena Carneiro na 2ª edición do seu libro de Finais Prácticos.

As brancas gañarían facilmente se puidesen colar o peón por «27» ou se chegasen a situar o de «16» en «24». De momento a dama negra, perfectamente colocada, corta o avance do peón máis avanzado e tamén impide o arranque do de «16». Nótese que tras 1.16-20, 31-24; 2.19-15, 24-28; 3.15-19 ... [para non perder o dominio do río pois neste caso non hai «barca»] 3. ... 28-24; 4.19-15, 24-28 prodúcese o empate por «círculo vicioso».

O lector tamén debe percibir que se na posición que se amosa no diagrama de arriba a vez fose das negras, perderían facilmente. Non é axeitado mover a dama para «24» porque permiten a coroación do peón de «23», se van con ela á casa «28» pérdena con 19-01 e se a moven a algunha das casas dispoñibles da diagonal 09/31 é atrapada polo gancho xogando 19-22. En vista destas premisas o plan das brancas sempre debe ter no punto de mira conseguir chegar a esta mesma posición coa vez cambiada e que lle toque xogar ás negras.

1.19-05, 31-09;

• Se 1. ... 31-24; 2.23-27 G.B. Por iso as negras van tratar de manterse na diagonal «9/31» intentando sempre dispor da posibilidade de ir a «31» cando o branco o faga a «19».

• Se 1. ... 31-22; 2.05-14 ... e agora:

POSICIÓN DESPOIS DE 2.05-14 ...
[Variante 1. ... 31-22]

          
      ► 2. ... 22-19; 3.16-20, 19x10 [Regra da calidade]; 4.20-24 G.B.

      ► 2. ... 22-13 (ou 09); 3.14-18 G.B.

      ► 2. ... 22-31; 3.14-19 e obxectivo cumprido. Tócalle xogar ás negras e G.B.

• Se 1. ... 31-13; 2.05-09, 13-06; [para cortar o avance do peón «16»] 3.09-02, 06-13 [xa que se van a «24» ou «10» perden a dama directamente e se van a «3» ou «17» as brancas sitúan a dama na casa «15» e non hai forma de evitar o avance 23-27 debido á ameaza de gancho] 4.02-15 ... [ameazando ese gancho] 4. .... 13-31 (ou 3); 5.15-19 G.B.

Mais antes de seguir convén facer unha matización importante. O xogador que defende pode tender unha trampa moi astuta se en vez de 2. ... 13-06, fai 2. ... 13-17 (ou 3); pois nese caso hai que continuar con 3.09-22 e a 3. ... 17-06 responder con 4.22-19. Pero se movemos 3.16-20 prodúcese o empate con 3. ... 17-30* (ou 3-16* respectivamente) 4.09-31 [ver o seguinte diagrama], 32-28*; 5.31x24, e a dama branca obstrúe o avance dos peóns. Cando se ataque o peón do río debe defendelo indo a "28" producíndose unha repetición despois de que o negro ameace o outro peón, pois se este avanza, cae o de "23" tras ser de novo atacado desde a casa "20".

POSICIÓN DESPOIS DE 4.09-31 ...
[Variante 1. ... 31-13]
XOGAN AS NEGRAS E EMPATAN


• Se 1. ... 31-18; 2.05-09, 18-25 (ou 04); [para outras movidas o plan é o mesmo que no punto anterior] 3.16-20 ... [neste caso xa se pode avanzar directamente o peón pois non é posible o ataque desde «30» ou «16»] 3. ... 25-11; [ou 3. ... 04-11 respectivamente] 4.20-24, 11-20; 5.09-27 e 24-28 G.B.

2.05-02, 09-31;

• Por suposto, tampouco vale 2. ... 09-22; [evitando 3.02-15] por 3.16-20 ... [ou tamén 3.02-06, 22-26; (3. ... 22-31; 4.06-24 como no troco despois da xogada tres) 4.06-13, 26-15; 5.13-18 G.B. como no tronco despois da xogada cinco] 3. ... 22-15; 4.23-27, 15x24; 5.27-31, 32-28; 6.31-27 G.B.

3.02-24, 31-22;

A mellor forma de defenderse impedindo 4.24-15.

• Se 3. ... 31-09; [en caso de ir a «13» ou «18» o procedemento é o mesmo] 4.24-15, 09-02; [xa sabemos que se 4. ... 09-31; 5.15-19 as negras perden ao ter a vez] 5.15-19 ... [Posible é tamén o remate de Manuel Melo con 15.16-20] e debido á ameaza de gancho non se pode impedir o avance do peón a «27» G.B.

4.24-31, 22-15;

• Evidente é que se 4. ... 22-09 con 5.31-22 execútase o gancho e G.B.

• Se 4. ... 22-26; segue 5.31-27!! [a xenial xogada atopada por Manuel Melo]. Posiblemente esta variante sexa a mellor maneira de enlear o xogo para o bando defensor; xa que, de non coñecerse o proceso, e moi difícil que o branco atope a solución xogando en vivo. A posición é a mesma que no tronco cando se xoga 6.18-27.

• Se 4. ... 22-12; tamén segue 5.31-27 coa mesma idea de gañar avanzando o peón de «16» ou de disparar con 23-28 se as negras intentan cortar o seu paso desde «15».

• Se 4. ... 22-08 (ou 29) avánzase xa o peón de «16» G.B.

5.31-18 ...

Nós preferimos este remate. Melo gaña con 5.31-09 e agora se:

       ─ 5. ... 15-19; 6.09-31 G.B.

      ─ 5. ... 15-02; 6.23-27 G.B.

     ─ Se a dama vai a outra das casas posibles segue sempre 6.09-05 e se cortan en «22» acábase con 7.05-14; 22-31; 8.14-19 G.B.

5. ... 15-26;

Non valen:

• 5. ... 15-20; 6.18-14 e 7.14-23 G.B.

• 5. ... 15-02 (ou 06); 6.18-14 e gañan brancas xa que non se pode evitar 7.23-27 pola ameaza de gancho. Evidentemente se 6. ... 02-20; 7.23-27, 20x30; 8.14-23 G.B.

• 5. ... 15-24; 6.18-14, 24-31; [para evitar o avance do peón a «27»] 7.14-19 G.B. [Temos de novo a famosa posición na que as negras perden por ter a vez].

• 5. ... 15-08 (ou 29) non impiden 6.16-20 e as brancas gañan sen problemas, pois se 6. ... 08-15; 7.20-24, 15-20; 8.18-27 e 14-28 seguido de 28-31 G.B.

• 5. ... 15-12; [tanto esta como a xogada do tronco evitan 6.16-20 pois en cada caso seria contestado con 6. ... 12-16 ou 6. ... 26-30 conseguindo o empate de forma forzada tal como xa explicamos nos comentarios da primeira xogada] 6.18-27!! coa mesma posición que na cuarta xogada na variante 4. ... 22-12 e similar á do tronco.

6.18-27!! G.B.

POSICIÓN DESPOIS DE  6.18-27!! ...


Aínda que sen seguir a súa variante servímonos igualmente da idea do magnífico finalista vianés para desmontar a defensa. As negras non teñen forma de evitar que o peón de «16» coroe dama, pois se 6. ... 26-30; apártase a dama e termina a función. E, como xa sabemos, tampouco vale 14. ... 26-15 pola “batería” con 15.23-28. As brancas gañan.

* * *

Como complemento ao tema de hoxe imos concluír con estoutro final que xa anteriormente publiquei na Revista Internacional de Damas [Nº2 /1993]:

Henrique Guerra [1992]
XOGAN BRANCAS E GAÑAN

1.12-16* ...

O único lance que leva á vitoria. É fundamental resgardar este peón dos futuros ataques da dama que van coroar as negras.
  • Se 1.09-13, 20-16; 2.12-15, 16-12;  3.15-20, 12-07; 4.13-18, 07-03; 5.18-22, 03-16 EMP.
  • Se 1.23-27, 20-16; 2.12-15, 16-12; 3.15-20, 12-07; 4.20-23, 07-03; 5.27-31, 03-12; 6.31-27, 12-26; 7.27-30, 26-19; EMP. 
1. ... 20-15; 2.09-13* ...

Novamente a xogada precisa. Estoutro peón vai ser o protector do da casiña "23". Non hai máis solucións. O lector debe comprobar por si mesmo que sucede se nos precipitamos en coroar os peóns máis avanzados.

2. ... 15-11; 3.13-18*, 11-06; 4.18-22*, 06-02; 5.22-27*, 02-06; 6.27-31*, 06-24;
  • Se 6. ... 06-20; 7.31-28 G.B.
  • Se 6. ... 06-18; 7.31-18 con posición igual á do final que estudamos antes despois da quinta xogada do branco. 
7.31-22, 24-28;

Se 7. ... 24-31; 8.22-19,  forzando ao negro a permitir o fatídico avance do peón a   «27» pois se xogan 8. ... 31-09; con 9.19-22 G.B.

8.22-19, 28-31; [GB].

O xogo desembocou no famoso final de Mario Dinis Vaz. A posición é a mesma que a representada no primeiro diagrama deste artigo.

Ningún comentario: