domingo, 10 de xuño de 2012

3 damas vs. dama e peóns «9» e «17»

Todo bo damista debe coñecer que o final de tres damas brancas contra dama negra e peóns desa mesma cor nas casas «9»  e «17», na gran maioría dos casos, é de empate técnico. Con todo existen algunhas situacións excepcionais onde o bando forte pode chegar a gañar.

O negro nunca debe avanzar o peón «17» e para evitar riscos colocará a súa dama preferentemente no circuíto medio [Diagonais 2→9→31→24]. Vexamos dous exemplos:

XOGAN NEGRAS

A defensa máis cómoda pasa por situar a dama en «31» para ir alternando movementos co cadro «24».

1. ... 31-24; 2.32-19, 24-31; 3.19-15, 31-24; 4.15-02, 24-31; 5.30-23 ...

Cando non se poida aguantar máis tempo nesa situación débese saír para á casa «27»  ou no seu defecto para a «13».

5. ... 31-13; 6.02-24, 13-31; 7.23-19 ...

Agora debe un decatarse que ao estar a dama negra en «31» non vale 7.23-10 ... pois as negras poden forzar o empate con 7. ... 09-05!; 8.24-02, 17-13!; 9.02x18, 31x03 [EMP].

7. ... 31-27; 8.24-31, 27-20;

Permanecendo no circuíto medio e creando a posibilidade de ir a «24».

9.19-32, 20-24; 10.32-19, 24-20; 11.31-24, 20-27; [EMP].

As brancas non teñen xeito de progresar e ao non haber movementos de peón nin capturas, o empate pódese reclamar na xogada 20.

* * * *
XOGAN NEGRAS

Neste caso as brancas están mellor situadas, aínda nin por iso impiden a entrada da dama negra no circuíto medio.

1. … *16-27;

Sería un grave erro 1. … 16-30;  pois  a disposición das damas brancas xa lle permite construír unha «armadilla» letal. Seguiría 2.24-06! … [Ameazando 06-13 e o disparo coa dama de «3»]  2. … *30-16; 3.06-02, 16-30; 4.03-10 e agora:

  Se a dama sae e se coloca no aire, dispara a «batería» tras 5.10-13 [GB].

  Se 4. … 30-16 funciona o «gancho» 5.02-20 [GB].

2.01-19 …

Por facer algo, pois se 2.03-13, 17x10; 4.01x30, 09-05; 5.30-23, 05-02 [EMP].

2. … 27-31 [EMP].

A dama negra chega á mellor casiña.


Unha vez vistas as liñas xerais da técnica defensiva, imos expoñer deseguido uns casos moi elucidativos nos que as brancas poden aproveitarse da mala situación da dama inimiga.


DAMA NEGRA ATRAPADA NAS TRANSVERSAIS
XOGAN AS BRANCAS E GAÑAN

1.*30-23 …

Única para impedir que a dama fluctúe e escape das transversais. En tal caso sería capturada tras 2.03-13 e o disparo da «batería».

1. … 08-04;

● Se 1. … 08-29; o proceso pouco varía. As brancas contestan igual con 2.23-28 e, como a dama negra non pode mover en falso, o xogo vai desembocar na mesma posición. 

2.23-28! 

Con idea de ir á casa «24» para construir a armadilla definitiva.

2. … 04-08 [ou 04-25];

O proceso non sofre variacións significativas. Calquera das dúas xogadas é respondida do mesmo xeito:

3.28-24 …

Tras este lance as negras continúan sen posibilidade de escape. A exposición da dama nunha casa ao aire está vedada pola ameaza de «batería». Aínda que agora despois do disparo poden efectuar o avance do seu peón da casa «9» para «5»; a dama branca retorna ao «río» para bloquear en «32» no caso de que as negras entren no «1», ou para realizar a troca se coroan no cadro «2».

Eliminada esta opción, e dando igual a casa para a que  xogaron no movemento anterior, as negras só poden ir para as casiñas «4» ou «29». Asi pois:

  Se as negras están en «8» segue: 3. ….  08-04 [ou 08-29].

  Se as negras están en «25» segue: 3. ….  25-04 [ou 25-29].

4.03-10 …

Así queda formada unha armadilla que obriga á dama  inimiga a refuxiarse na casa «25» para intentar prolongar máis a loita.

****

 





XOGAN AS NEGRAS







Esta posición debe ser rigurosamente alcanzada xusto despois de que a dama negra se desprace aos cadros «29» ou «4».  


1. … 29-25  [ou 1. … 04-25 no caso do segundo diagrama].

   A ameaza de «gancho» con 24-15 non permite ás negras ocupar a casiña «8» [GB].

   Se a dama queda no aire é eliminada pola acción da «batería» e, como xa indicamos,  o peón restante  cae tras a coroación [GB].

  Evidentemente  tampouco vale 1. … 09-05; por 2.24-02 e a subseguinte captura do infante [GB].

2.10-19! …

A xogada clave ocupando a transversal para mellorar a súa colocación. Nótese que desfai a «batería», pero mantén a ameaza creando a posibilidade de facer unha «xudía» enviando a dama o peón «9».

2. … 25-29;

  Como acabamos de indicar, a dama no pode fluctuar por 3.01-05, 09x02; 4.19-15, 02x20 seguido da dobre captura [GB].

   Se  2. … 25-04; 3.19-29, 04-25; 4.01-19, 25-04; 5.29-25 GB.

3.19-08, 29-25; 4.01-32 …

Xogada de espera para ocupar o cadro «19» no momento oportuno.

4. … 25-04; 5.32-19, 04-25; 6.08-04, 17-13; 7.24-11 GB.

* * * *
XOGAN BRANCAS E GAÑAN

Nesta ocasión a «batería» que vai permitir o encerro está formada con damas en «1» e «31».

1.*29-19 …

Para frear o peón «9» no caso de que teñan que disparar a «batería» e ao mesmo tempo impedindo o escape das transversais, pois se as negras moven 1. … 21-30, segue o «gancho» con 2.31-27 [GB].

  Se 1.31-24 constrúe «armadilla», mais non impide o escape para o cadro «30» [EMP].

   Tampouco valía 1.29-25 … [Con idea de se 1. … 21-30; seguir con 2.01-19!, 30-20;  3.31-27, 20x30; 4.19-26, 30x21; 5.25x14 GB.] 1. … 21-26!!; 2.25-11 ... [Impedindo que entren no principal circuíto defensivo «2~9~31~24»] pero agora con 2. ... 26-30;  escapan sen perigo, [EMP].

1. … 21-04;

Se 1. … 21-25; 2.31-24, 25-29; [Se 2. ... 25-04; 3.19-29, 04-25; 4.01-19, 25-04; 5.29-25 GB.] 3.19-08, 29-25; 4.01-23, 25-04; 5.23-19, 04-25; 6.08-04, [GB].

2. 31-24 ...

O importante cambio de «armadilla», chave do método. As brancas trocan a ameaza da «batería» pola da «xudía».

2. ... 04-08;

Se 2. ... 04-25; 3.19-08, 25-04;  4.01-19, 04-25;  5.08-04 [GB].

3.19-29, 08-04; 4.01-23 ...

A xogada de espera para gañar nun tempo e ir a «19» no momento xusto.

4. ... 04-25; 5.23-19, 25-04; 6.29-25 [GB].



Mais o que a dama do bando débil estea nas transversais non implica que sempre poida ser atrapada.


A DAMA NEGRA ESCAPA DAS TRANSVERSAIS
 XOGAN BRANCAS

As brancas teñen montada a «batería» coas damas «1» e «31». Parece unha situación moi semellante ás anteriores pero neste caso non se pode gañar porque é imposible crear a «armadilla» que ameaza «xudía» sen deixar fuxir á dama inimiga. Vexamos:

1.30-23, *08-29;

Non se debe cambiar de transversal pois se 1. ... 08-04 permitiría 2.23-19 seguido de 19-15 [ou 31-24] creando a devandita ameaza [GB].

2.23-28, 29-08; 3.28-24, 08-29;

De canto a canto. A dama non pode quedar no aire pois aínda continúa a ameaza de disparo da «batería».

4.24-02, 29-08; 5.31-18, 08-29;  6.18-14 ...

A única forma de intentar progresar. Impide á dama negra xogar para a casa «8» [ou «12»] pola ameaza de gancho con 7.02-15.

6. ...  *29-22; [EMP].

A dama escapa para ir refuxiarse na casa «31». Pero Nótese que non valía 6. ... 29-26 por 7.14-10!, 26-30; [Se 7. ... 26-29; 8.02-24, obriga a 29-25 e con 9.10-19 GB] 8.10-06!, *30-16; 9.06-03, *16-30; 10.03-10 GB.


Para que o lector poida dominar satisfactoriamente a ténica deste final completamos o tema cun novo tipo de armadilha que tamén é moi importante coñecer.

ARMADILLA ESPECIAL
XOGAN BRANCAS E GAÑAN

1.01-14!!, 06-03;

Non vale 1. … 06-02; por 2.31-24 e GB.

2.*31-22, 03-16;

Para evitar caer no «gancho». Se 2. … 03-13; 3.14-18!, e GB.

3.14-25!! 

Sorprendente manobra construíndo a máis célebre das «armadillas». Agora se:

  3. … 09-05; 4.22-27, 16x30; 5.29-26, 30x21; 6.25x01 GB.

  3. … 16-20 [Ou 3. … 16-23]; 4.22-27 seguido de 5.29-26 e 6.25x14 GB.

  3. … 16-30 [Facilita o traballo] 4. 29-26 e 5.25x14 GB.

  3. … 16-03; 4.25-07 e funciona o «gancho» con 29x14 GB.

Mais que aprender de memoria as xogadas, o importante é ter claras as ideas dos plans que cada bando debe seguir. Só así se poderá dominar axeitadamente a técnica deste difícil final ao que o Dr. Sena Carneiro chegou a cualificar de «quebracabezas».

1 comentario:

Сергій Казнадей dixo...

● 3. … 16-03; 4.25-07 e funciona o «gancho» con 29x14 GB.
Mistake. 5.29x19