domingo, 30 de decembro de 2012

Celadas no final

Unha celada é unha estrataxema na que, xeralmente de modo instantáneo, un dos xogadores realiza un lance que a primeira vista moitas veces ata semella ser un descoido, pero que realmente é unha trampa coa que se intenta enganar ao contrario. 

CELADA Nº1

Víctor Oliveira vs. Delfim Alves


XOGAN BRANCAS


Esta posición alcanzouse nun xogo Víctor Oliveira vs. Delfim Alves. O primeiro xogador, mercede ao seu dominio do centro, conseguiu desequilibrar o material gañando un peón tras: 

1.10-14, *17-13; 2.14x21 ...

Pero a pesar de contar agora cunha unidade de máis, a súa superioridade non semella suficiente para poder anotar o punto completo. O xogo continuou con:

2. ...  13-10; 3.21-26 ...

A posición non dá para máis. O plan máis "lóxico" con 3.11-14, 10-05; 4.14-18 resulta ineficaz. Así que Oliveira vese forzado a usar o "Plan B" para o que é necesario deixar o peón en «11»

3. ... 10-05; 4.26-30, 05-01;

E así queda formada esta “especial” disposición das pezas:


As brancas  xogaron rapidamente:

5.09-13  ...

A xogada que confire o interese a este final. Semella que o peón avanza con idea de ir a dama.

As negras, sen desconfiar da trampa, responderon de forma intuitiva:

5. ... 01-19??;

Apropiada sería a intermedia 5. ... 01-10; que despois de 6.13-17, 10-19; empata comodamente.

A textual, atacando directamente o indefenso peón de «15» ata semella que consegue o empate de xeito máis fácil; mais isto é só unha ilusión. Agora as brancas van converter en realidade o seu invento para conseguir unha vitoria.


6.30-17! ...

A sorpresa. Despois de ver que o peón «13» non avanza ao cadro «17», as negras seguro que xa se decataron do seu erro.

6. ... 19x08; 7.11-15! ...

Nova entrega de peón que obriga á dama inimiga a colocarse en posición flutuante. Deste xeito o gran mestre portugués deixa preparada a situación para efectuar o «tiro» que pon fin á loita.

7. ... 08x19; 8.13-18, 22x13; 9.17x23, [GB]. 



CELADA Nº2

Vaz Vieira vs. Antonio Figueiredo
Torneo de S. J. da Madeira, 2012

 

XOGAN BRANCAS


Estoutro final no que se enfrontaban Vaz Vieira vs. Antonio Figueiredo aconteceu no recente Torneo de Sao Joao da Madeira [2012], o evento damista máis importante que se celebra no país veciño. A posición está totalmente equilibrada xa que se mantén a igualdade de material e ningún dos bandos parece ter fisuras posicionais importantes. Se agora se continúa con 1.13-17, as negras poden entregar o peón de «16» para, tras 2.08x15 ... [Se 2.03x16 seguiría 27-23, EMP.] disparar a «batería» con 2. ... 27-22 e alcanzar unha posición de empate técnico. Mais o Dr. Vaz Vieira tiña gardado na manga un último recurso:

1.04-07 ...

Unha xogada hipnotizante que semella ser un descoido.


1 ... 30-21??;

As negras, sen reparar na destreza finalística do condutor das brancas e seducidas pola ganancia dun peón, entran sen dubidar na trampa.

Tanto 1 ... 16-12 como 1. ... 29-26 levaban ao empate.

2.07-12, 21x14;

Evidentemente, se 2. ... 16x07; 3.03x17 [GB].


3.13-18!, 14x21;

Ou se 3. ... 16x07; 4.03x30, 14x21; 5.30x17 ... [GB].

4.03-17 ... [GB].

E así foi como as brancas, novamente valéndose dunha celada, conseguiron fabricar unha vitoria desde unha posición totalmente equilibrada.



CELADA Nº3

Por último presentamos un caso totalmente diferente. O lector axiña se decatará do porqué. Trátase dun final que aconteceu no Torneo «Jorge Rocha» disputado en Arcozelo da Serra -Ponte dos Cabaleiros- o pasado sábado 8 de decembro do 2012 no duelo Antonio Cabral vs. José Boino.

[Foto do Facebook de Antonio Monteiro]

Ante a ameaza do cambio de damas as negras están obrigadas a contestar con 29-25 alcanzando a posición obxecto de estudo:


Antonio Cabral vs. José Boino
Torneio "Jorge Rocha"; Arcozelo, 2012


XOGAN BRANCAS E GAÑAN

1.28-31! ...

As brancas deben promocionar o seu peón, unha tarefa que non é nada sinxela sen coñecer a súa técnica.

O plan correcto sería colocar primeiro as damas nas casas «1» e «9» construíndo así unha base ideada polo Dr. Vaz Vieira, que permite alcanzar o obxectivo sen perder o dominio do «río» nin deixar que o peón negro de «30» poida chegar á casa salvadora «9». Tamén se debe xogar con coidado e impedir que a dama negra se sitúe no cadro «31», pois nese caso o empate sería inevitábel. 


● Realmente o xogo continuou con 1.28-19 ?? ...


XOGAN AS NEGRAS E EMPATAN

Unha xogada que tende unha celada e aparentemente semella boa, mais permite o empate.

1. ... 30-26 ??;

Devolvendo o favor.

a) Non valía a «luneta» con 1. ... 25-14; por 2.19-32 seguido de 3.08-19 e as brancas gañan.

b) Pero podíase seguir con 1. ... 25-18; [Ou incluso con 1. ... 25-11] e agora se:

2.08-04, 18-13; 3.10-14, 13-06; 4.19-32, 17-13; 5.14-18 ... [Ou 5.14-19, 30-27; 6.04-25, 06-03; EMP.] 5. ... *13-10; 6.32x05, *30-26; 7.04-07, 06-02; 8.05-28, 02-24; 9.28-31, 24-20; [EMP].

2.19-28 ... [Se 2.29-32, 18-13; 3.10-14, 13-31; entronca] 2. ... 18-13; 3.10-14, 13-31; 4.28-19, 17-13; 5.08-04, 31-24; [EMP].

2.19x29, 17-13; 3.10x17, 25-14;

Toma a diagonal principal, mais a salvación é ilusoria.

4.*17-21, 14x25; 5.08-04,  [GB].



● Igualmente resulta ineficaz 1.08-04, 25-29; 2.10-14 ?? ... 


XOGAN AS NEGRAS E EMPATAN

As brancas aínda estaban a tempo de rectificar e volver coa dama a «8» para poder seguir polo camiño correcto.

2. ... 29-15; [Agora tanto con este lance como con 2. ... 29-22; as negras poden defenderse. En cambio sería mala 2. ... 17-13; por 3.14-18, 30-27; 4.28-01, 29-26; 5.04-08, 26-17; 6.01-14, 17-30; 7.08-12, 30-17; 8.14-32, 17-30; 9.12-16, 13-09; 10.32-09, 27-23; GB.] E xa nesta altura se:

a) 3.28-24, 15-12; [Unha boa defensa que ten por idea contestar tanto a 4.24-06 como 4.04-08 con 12-03] 4.24-31, 12-15; 5.31-09, 15-08, 6.04-11, 08-29; 7.11-02, 29-25 e non hai forma de progresar [EMP].

b) 3.28-31, 15-12; 4.31-09, 12-08 desemboca en «a» [EMP].

c) 3.14-18, 30-26, 4.28-14, 15-20; 5.18-21, 26-22; 6.14-32, 22-18; e o final con peóns en «17» e «9» é de empate técnico.


1. ...  *25-21;


A única que permite prolongar a loita. A fulminante desenlace leva 1. ... 25-11; [Sería o mesmo se a dama se situase nos cadros «7» ou «4»] 2.08-26, 30x21; 3.10-14, 11x18; 4.31x09, [GB].

2.31-09, *21-25; 3.08-15, 25-21;

Se 3. ... 25-29; 4.15-02, 29-19; 5.02-05, 19-15; 6.05-01, 15-02; leva á idéntica situación.

4.15-02, 21-25; 5.02-05, 15-11; 6.05-01 ...

Así queda construída a base do Dr. Vaz Vieira. 


Agora se a dama negra se sitúa en posición flutuante, dispara a «batería» con 10-13 e GB.

6. ... 11-02;

● Se 6. ... 11-25; segue o «gancho» con 7.09-18 [GB].

● Se 6. ... 11-04; 7.09-22 ... [Xogada de espera] 7. ... 04-08; [Ou se 7. ... 04-25; 8.22-18, como na variante anterior e GB.] 8.22-15 [GB].

● Se 6. ... 11-24; 7.10-14, 24-15; [Ou se 7. ... 24-02; segue 8.14-19 e o peón pasa facilmente] o final traspón á liña principal.

7.10-14, 02-15;


Para impedir o avance do peón branco a «19», unha casa desde a que podería camiñar ata dama sen problemas.

8.14-18, 15-29;

Escapando do radio de acción da «batería».

● Se 8. ... 17-13; 9.18-21 e cae o peón.

● Igualmente se 8. ... 15-08; 9.01-19 e neste caso cae a dama. Un similar desenlace produciríase tras 8. ... 15-24; e 9.01-28 [GB].

● Ou se 8. ... 15-06; [Ou 8. ... 15-02] 9.18-21 e o peón entra en dama sen problemas [GB].

9.09-05! ...


Para protexerse do ataque ao peón desde a casa «25» con 05-10.

9. ... 17-13;

En caso de 9. ... 30-26; seguiría 10.18-21, 26-22; 11.05-10, 29-25; 12.21-26, 22-18; 13.26-30, 18-13; [Se 13. ... 25-21; 14.30-27 e o peón non ten defensa, GB.] 14.30-21 [GB].

10.18-21, 29-26;

Se 10. ... 13-09; 11.05-32! ... [Non 11.05-14, por 09-05; 12.01x10, 29-25; EMP.] 11. ... 29-08; [11. ... 29-25; 12.01-19 e GB] 12.21-25, 30-26; 13.01-23, 26-21; 14.25-29, 08-04; 15.29-25, 04-18; 16.23-30, 18-04; 17.30x17, GB.

11.21-25, 13-09;

● Se 11. ... 26-29; 12.05-09 comendo o peón [GB].

● Se 11. ... 26-22; 12.05-02, 13-09; 13.25-29 e formando a base típica con damas en «17», «18» e «19»; [GB].

12.05-14, 26-29;

Se 12. ... 26-08; 13.14-08 ... [Non vale 13.25-29 con idea de se 13. ... 30-27; 14.29x12 ou 14.29x15 e GB, pois as negras xogarían primeiro 13. ... 09-05 e conseguen o empate despois de 14.01x10, 30-26.] 13. ... 08-22; 14.25-29, 22-08; 15.29-25 e coa base xa indicada na que se colocan as damas en lína recta nas casas «17», «18» e «19»; [GB].

13.14-21, 29-26; 14.21-17, 26-15; [A melhor] 15.25-29 ...


E para gañar neste caso, pódese formar a base con damas en «17», «18» e «19», ou mellor aínda usar un modo máis rápido que expoñemos deseguido.

15. ... 15-11; 16.29-08, 11-25;

● Se a dama abandona a diagonal transversal con 16. ... 11-24; segue 17.01-14, 24-02; 18.08-19 e as negras están bloqueadas:

18. ... 02-20; 19.19-26 [GB].

 18. ... 02-24; 19.19-28, 24x31; 20.14-18, 31x13; 21.17x10 [GB].

● Ou se 16. ... 11-02; 17.01-14, 02-24; 18.08-22, 24-02; 19.22-19 co mesmo bloqueo [GB].

● Evidentemente 16. ... 11-20; sería contestado con 17.08-26 e 18.17x16 [GB].

17.08-04, 25-29; 18.04-18 ...


As negras están bloqueadas.

Se 18. ... 29-15; [18. ... 29-12 ou 18. ... 29-08; son replicadas de xeito idéntico] 19.01-19, 15x13; 20.17x10, [GB].

Se 18. ... 29-26; 19.18-27, 30x23; 20.17x20, [GB].

Se 18. ... 29-25; 19.17-10, 25x05; 20.01x10, [GB].

Ningún comentario: