xoves, 13 de novembro de 2014

5º Torneo do "Café Cruzeiro" de Fajoes

Vitoria de Nuno Vieira 



O día 14 do pasado mes de xuño realizouse na Vila de Fajoes (Concello de Oliveira de Azemeis) o 5º Torneo Nacional de Damas do «Café Cruzeiro». O torneo correspondente á modalidade de rápidas foi disputado en 5 sesións de 4 xogos cada unha. Nesta ocasión contou coa participación de 57 damistas, resultando vencedor o actual campión nacional Nuno Vieira, que con 5 puntos asinou unha espectacular actuación. O primeiro posto na clasificación por equipos correspondeu á formación do CCD de Sao Joao da Madeira na que destacaron Joaquim Silva «Pardal» e Justino Miguel que con 4,5 e 4 puntos, respectivamente, acompañaron a Nuno no máis alto do podio.




Deseguido comentamos o xogo decisivo da última sesión: 



1.10-14, 22-19;

Apertura «Diagonal Cruzada», segundo a teoría de prognóstico lixeiramente favorábel para o primeiro bando, pero moi empregada con negras por damistas de todos os niveis; xa que, ben coñecida, permite xogar con certa comodidade e ata ofrece moitas posibilidades para tentar sorprender ao rival.

As súas orixes son anteriores ao ano 1597, data na que foi publicado o libro de Lorenzo Valls, primeiro tratado no que se lle fai referencia.

2.12-15 ...


A «variante do cambio» («Cross Choice» nas damas anglo-americanas), segunda en orde de preferencias e unha das máis aceptadas fugas ao tradicional 2.05-10. Con todo, os teóricos considérana como lixeiramente inferior xa que abre a posición e permite ao negro xogar con máis liberdade. Despois deste lance o xogo queda equilibrado.

2. ... 19x12;


Seguindo os principios básicos da estratexia nos que se recomenda comer cara ao flanco do dobre curruncho. Pero ao igual que acontece na «variante do cambio» da «Paralela Ortodoxa» formada con 1.12-15, 23-19; 2.10-14, a outra captura tamén se utiliza con frecuencia e ate ten unha importante relevancia.

Así, despois de 2. ... 19x10; 3.05x14, adóitase seguir con:

a) 3. ... 23-19; [Con idéntica posición que na mencionada variante da «Paralela Ortodoxa»: 1.12-15, 23-19; 2.10-14, se na liña 2. ... 19x10; 3.05x14, as negras responden con 3. ... 22-19] e aquí se:

--u 4.15x22 ... [A mellor] 4. ... 26x10; 5.06x13, 28-23; 6.01-05 ... [Ou 6.08-12, 23-19; 7.13-18, 21x14; 8.11x18, 32-28; 9.01-05, 28-23; 10.05-10, 24-20; 11.02-06, 29-26; 12.10-13, 19-14; 13.07-11, 14x07; 14.04x11, 26-22; 15.13-17, 22x13; 16.09x18, 23-19; 17.12-16, 20-15; 18.11x20, 27-23; 19.20x27, 31x13; 20.06-10, 13x06; 21.03x10, 25-21; 22.17x26, 30x21; 23.16-20, 21-18; EMP.] 6. ... 23-19; [Ou se 6. ... 27-22; 7.13-18, 21x14; (No «TED» segue con 7. ... 22x13; 8.09x18, 21x14; 9.11x18, 23-19; 10.08-12, 31-27; 11.07-11, 29-26; 12.11-15, 19-14; 13.15-19, 14-11; 14.12-16, 32-28; 15.03-07, 27-22; 16.07x14, 22x15; 17.05-10, 28-23; 18.10-13, 15-12; 19.13-17, 12-07; 20.04x11, 23-19; 21.14x23, 26-21; 22.17x26, 30x07; EMP. como un xogo John Kirk vs. William Penman incluído no libro de Frank Dunne «Draughts Praxis» publicado no ano 1912) 8.11x27, 31x22; 9.05-10, 23-19; 10.08-12, 25-21; 11.07-11, 32-28; 12.09-13, 21-18; 13.11-14, 18x11; 14.03-07, 28-23; 15.07x14, 29-25; 16.14-18, 30-27; 17.04-07, 24-20; 18.12-16, 19-15; 19.07-11, 15x06; 20.02x11, 22-19; 21.11-14, 19-15; 22.14-19, 23x05; 23.16x30, EMP.] 7.05-10 ... [Ou 7.11-15, 19x12; 8.08x15, 32-28; 9.05-10, 27-22; 10.13-17, 21-18; 11.07-11, 28-23; 12.10-13, 23-19; 13.04-08, 19x12; 14.08x15, 31-28; 15.17-21, 28-23; 16.02-06, 29-26; 17.13-17, 23-19; 18.15-20, 24x15; 19.11x20, 18-14; 20.20-24, 25x18; 21.03-07, 19-15; 22.24-28, 26-21; 23.17x26, 30x21; 24.07-12, 15x08; 25.28-32, 22-19; 26.06-11, 14x07; 27.32x04, 21-17; 28.04x21, EMP.] 7. ... 21-17; 8.11-14, 25-21; 9.14x23, 27x20; 10.08-12, 20-16; 11.12-15, 32-28; 12.02-05, 31-27; 13.13-18, 21x14; 14.10x19, 30-26; 15.05-10, 27-23; 16.10-14, *23-20; [Malo é 16. ... 29-25�; por 17.03-06, 23-20; 18.06-11, 26-21; 19.19-22, 21-18; 20.14x21, 25x18; 21.22-26, GB. Como nun xogo Amadeu Neves vs. José «La» Rocha do Torneo de Romariz do ano 2012] 17.07-11, 16-12; 18.09-13, 17x10; 19.19-22, 26x19; 20.14x32, 10-06; 21.03x10, 12-07; 22.15-19, 07-03; 23.32-23, 03x13; 24.23x16, 13-10; 25.11-14, 10-06; 26.19-23, 06-10; 27.14-19, 29-26; 28.16-03, 10-01; 29.03-13, 24-20; 30.13-18, 20-15; 31.04-07, 01-10; 32.18-14, 10-03; 33.23-28, 03x16; 34.14-04, 26-21; 35.04x25, 15-11; 36.25x04, 16-12; 37.19-23, 12-16; [EMP].

--u 4.14x23 ... [A liña principal no «TED», pero hoxe considerada como lixeiramente inferior] 4. ... 28x12; 5.08x15, 32-28; 6.01-05, 28-23; 7.05-10, 26-22; 8.10-14, 21-17; [Interesante é 8. ... 21-18; como nunha liña da «Paralela Marxinal» formada con 1.12-15, 21-17; 2.10-13, 17x10; 3.05x14, 23-19; 4.14x23, 28x12; 5.08x15, 32-28; 6.01-05, 28-23; 7.05-10, 22-18; 8.10-14, 26-22. Pode seguir 9.14x21, 25x18; 10.11-14, 18x11; 11.07x14, 23-19; 12.14x23, 27x11; 13.06x15, 30-27; 14.02-06, 22-19; 15.15x22, 27x18; 16.06-11, 31-27; 17.03-06, 24-20; 18.06-10, 27-22; 19.10-13, 29-26; 20.04-07, 20-16; 21.11-15, 18-14; 22.13-18, 22x13; 23.09x18, EMP. Como nun xogo Herminio Medalha da Silva vs. Antonio Russo do 11º Campionato de Portugal disputado en Almada no ano 1991] 9.06-10, 22-18; 10.14x21, 25x18; 11.07-12 ... [Se 11.10-14, 17-13; 12.14x21, 13-10; con gran vantaxe, que segundo o «Jornal de Almada» do 9/10/1974 deben GN. Pero sería unha boa alternativa 11.03-06, 27-22; 12.11-14, 18x11; 13.07x14, 30-27; 14.14-18, 22x13; 15.09x18, 27-22; 16.18x27, 31x22; 17.10-14, 29-25; 18.06-10, 22-18; 19.14x21, 25x18; 20.04-07, 23-20; 21.15-19, 18-13; 22.10-14, 20-15; 23.14-18, 24-20; 24.19-23, 13-10; 25.23-27, 10-06; 26.02x11, 15x06; 27.27-30, 06-02; 28.30x16, 02-05; EMP.] 11. ... 27-22; 12.12-16 ... [Ata aquí todo é igual que no «TED» que copia un xogo disputado en Almada no ano 1974 no que se enfrontaron Silva Pereira vs. Medalha da Silva. Curiosamente,  o condutor das brancas volveu repetir a historia nun enfrontamento posterior con Veríssimo Días, aínda que nesa ocasión con orde inicial totalmente diferente. O seu desenvolvemento foi con 1.10-13, 21-17; (Apertura «Crítica Marxinal») 2.12-15 ... (Apartando do tradicional 2.13-18, para desembocar nunha liña máis común da «Paralela» con 1.12-15, 21-17; 2.10-13) 2. ... 17x10; 3.05x14, 23-19; 4.14x23, 28x12; 5.08x15, 32-28; 6.01-05, 28-23; 7.05-10, 22-18; 8.10-14, 26-21; 9.07-12, 27-22; 10.12-16, 21-17; 11.14x21, 25x18; 12.06-10, e así temos idéntica posición] 12. ... 31-27; [Se 12. ... 30-27; forma unha posición posíbel tamén desde 1.10-13, 21-18; 2.12-15, 25-21; 3.06-10, 21-17; 4.10-14, 17x10; 5.14x21, 26x17; 6.05x14, 23-19; 7.14x23, 28x12; 8.08x15, 32-28; 9.01-05, 28-23; 10.05-10, 30-26; 11.07-12, 26-21; 12.12-16, 21-18. Pode seguir 13.10-14, 17-13; 14.14x21, 13-10; 15.21-26, 10-05; 16.15-20, 24x06; 17.03x10, 23-19; 18.26-30, 29-25; 19.30x14, 22-18; 20.14x21, 25x18; 21.10-13, 05-01; 22.13x22, 01-19; EMP. Tal como no famoso xogo indicado como liña tronco do «TED», no que se enfrontaron José Silva Pereira vs. Herminio Medalha da Silva no ano 1974 e que xa tiña sido publicado no «Jornal de Almada»] 13.03-06, 23-19; 14.04-08, 19x12; 15.08x15, 27-23; 16.15-20, 24x15; 17.11x27, 30x23; 18.10-14, 18x11; 19.06x15, 23-19; 20.15-20, 19-14; 21.20-23, 14-10; 22.23-28, 10-05; 23.16-20, 05-01; 24.20-23, 22-19; 25.28-32, 01-14; 26.23-28, 14-01; [EMP]. Como no 1º xogo do enfrontamento José Silva Pereira vs. Veríssimo Días do 11º Campionato de Portugal disputado en Almada no ano 1974.

b) 3. … 23-20; [Recomendada na «Guía de Lees»] 4.01-05 ... [Se 4.06-10, 28-23; 5.10-13, 21-18; 6.13x22, 26x10; traspón a unha famosa liña da «Partida Escocesa» que se forma con 1.10-14, 22-18; 2.05-10, 23-20; 3.12-15, 28-23; 4.10-13, 21-17; 5.13x22, 26x10; 6.06x13, 17x10] 4. ... 28-23; 5.05-10, 27-22; 6.07-12, 20-16; 7.15-20 ... [Ou 7.03-07, 23-20; 8.15-19, 22x15; 9.12x19, 31-27; 10.19-23, 20-15; 11.11x20, 24x15; 12.07-12, 27x20; 13.12x19, 26-22; 14.19x26, 29x22; 15.04-07, 32-28; 16.06-11, 28-24; 17.08-12, 21-18; 18.14x21, 25x18; 19.10-14, 30-27; 20.14x21, 22-19; 21.11-14, 19x10; 22.09-13, 27-23; 23.21-26, 23-19; 24.26-30, 20-15; 25.30-23, 15x08; 26.23x01, 08-04; EMP.] 7. ... 16x07; 8.20x27, 30x23; 9.03x12, 22-18; [No mencionado tratado inglés, aquí dá o xogo como equilibrado, pero na nosa modalidade as brancas semellan estar un pouco mellor]. Podería seguir 10.12-15, 32-28; 11.08-12, 26-22; 12.12-16, 31-27; 13.04-07, 21-17; 14.14x21, 25x18; 15.09-13, 18x09; 16.11-14, 29-26; 17.06-11, 26-21; 18.02-05, 09x02; 19.10-13, 17x10; 20.14-19, 23x14; 21.11x25, 02x20; 22.16x30, 10-06; 23.25-29, 06-03; 24.29x32, 03x12; [EMP].

c) 3. ... 21-18; 4.14x21, 25x18; 5.01-05 ... ; con estas opcións:

--u 5. ... 27-22; [A mellor] 6.05-10, 23-19; 7.07-12, 28-23; [Unha coñecida posición da «Partida Anderson» coas cores revertidas que xa estudamos nun xogo do Torneo de Sao Joao da Madeira do ano 2013 no que se enfrontaban Nuno Vieira vs. Tiago Manuel, construída nese caso coa variante da «Cruzada» 1.10-14, 22-19; 2.11-15].

--u 5. ... 23-20; 6.05-10, 28-23; 7.10-14, 26-21; 8.15-19 ... [Con idea de preparar un «golpe», pero quizais sexa preferíbel 8.08-12, 20-16; 9.15-19, 29-25; 10.19x28, 32x23; 11.06-10, 27-22; 12.12-15, 31-27; 13.07-12, 16x07; 14.03x12, 21-17; 15.14x21, 25x18; 16.10-14, 18-13; 17.09x18, 22x13; 18.15-19, 23-20; 19.19-22, 27x18; 20.14x21, 13-10; 21.11-14, 17-13; 22.21-25, 20-16; 23.12-15, 13-09; 24.25-29, 16-12; 25.15-19, 10-05; 26.19-22, 12-08; 27.29-25, 24-20; 28.14-18, 05-01; 29.18-21, 20-16; 30.21-26, 30x21; 31.25x07, 01-10; 32.07-03, 10-14; 33.22-27, 14-07; 34.04x11, 08-04; 35.11-15, 04-11; 36.15-19, 11-15; 37.19-23, 15-19; EMP.] 8. ... 32-28; 9.19-22, 20-15; [Non 19. ... 30-26�; por 10.14-19, 23x14; 11.11-15, 26x12; 12.07x30, GB. Golpe do italiano Avigliano] 10.11x20, 18x11; 11.06x15, 27x18; [De novo, se 11. ... 23x16�; as brancas gañan de «golpe» con 12.22-26, 29x22; 13.15-20, 24x15; 14.07-12, 16x07; 15.03x26, GB.] 12.20x27, 31x22; 13.07-11, 28-23; 14.08-12, 23-19; 15.04-08, 30-26; 16.12-16, 19x12; 17.08x15, 22-19; 18.15x22, 26x19; 19.03-06, 19-15; 20.11x20, 24x15; 21.06-11, 15x06; 22.02x11, 29-25; 23.11-15, 18-13; 24.09x18, 21x14; [EMP].

3.08x15, 23-20;


Indicada nos tratados como a resposta máis apropiada. Pero na práctica non sempre se seguen as recomendacións teóricas e neste punto as negras tamén teñen tomado algunha destoutras diferentes rutas:

a) 3. ... 21-18; [A principal alternativa] 4.14x21, 25x18; 5.05-10 ... [Ou 5.06-10, 27-22; como no xogo Joaquim Silva «Pardal» vs. Delfim Alves do 34º Campionato de Portugal que o lector pode ver no artigo que dedicamos a ese importante evento] 5. ... 27-22; [Agora como nunha liña da «variante do cambio» da «Paralela Ortodoxa» formada con 1.12-15, 23-19; 2.10-14, 19x12; 3.08x15, 21-18; 4.14x21, 25x18; 5.05-10, 27-23; ou tamén na variante 1.12-15, 23-19; 2.11-14, 19x12; 3.08x15, 21-18; 4.14x21, 25x18; 5.06-11, 27-23; ou incluso como nesta outra da «Diagonal Transversal» 1.10-14, 21-18; 2.14x21, 25x18; 3.12-15, 23-19; 4.05-10, 19x12; 5.08x15, 27-23] 6.10-14, 29-25; 7.14x21, 25x18; 8.01-05, 23-19; 9.05-10, 19x12; 10.07x16, 28-23; 11.11-15, 31-28; 12.04-08, 23-20; 13.16x23, 28x12; 14.08x15, [EMP]. Como nun xogo José Carlos Anjos vs. Tiago Manuel do «Torneo Conmemorativo do 25 de Abril» disputado en Oliveira de Azemeis no ano 2011.

b) 3. ... 21-17; 4.14-18 ... [Traspón á seguinte liña da «Crítica Cruzada» 1.10-13, 22-19; 2.12-15, 19x12; 3.08x15, 21-17; 4.13-18] 4. ... 26-21; 5.09-13 ... [Ou se 5.06-10, 21x14; 6.10x19, 23x14; 7.11x18, 28-23; 8.09-13, 17x10; 9.05x14, 27-22; 10.18x27, 31x22; 11.01-05, 22-18; 12.14x21, 25x18; 13.05-10, 30-27; 14.07-12, 27-22; 15.12-16, 32-28; 16.04-08, 29-25; 17.02-05, 23-19; 18.16-20, 19x12; 19.08x15, 25-21; 20.05-09, 21-17; 21.03-06, 22-19; 22.15x22, 24x15; 23.22-27, 15-12; 24.27-31, 18-13; 25.09x18, 12-07; 26.31x24, 07-03; 27.24-31, 03-16; 28.06-11, 16-23; 29.11-14, 17-13; 30.10x17, 23x05; EMP.] 5. ... 21x14!; 6.11x18, 17x10; 7.05x14, 27-22!; 8.18x27, 31x22; 9.07-12, 23-19; 10.14x23, 28x19; 11.06-11, 32-28; 12.04-08, 25-21; 13.01-05, 28-23; 14.05-10, 30-26; 15.02-06, 29-25; 16.10-13, 21-18; 17.13-17, 19-14; 18.12-16, 14x07; 19.03x12, 23-19; 20.16-20, 19-14; 21.20-23, 18-13; 22.23-28, 14-10; 23.28-31, 10x03; 24.31x09, 03x16; 25.15-19, 16-30; 26.09-22, 26-21; 27.17x26, 30x17; 28.19-23, 17-10; 29.22-19, 10-01; 30.08-12, 24-20; 31.12-16, 20-15; 32.19x12, 01x32; [EMP].

c) 3. ... 23-19; [Traspoñendo noutra liña da «Paralela Ortodoxa», desta vez así construída: 1.12-15, 23-19; 2.10-14, 19x12; 3.08x15, 22-19].

d) 3. ... 27-22; [Unha vez máis entroncando na «variante do cambio» da «Paralela Ortodoxa» despois de 1.12-15, 23-19; 2.10-14, 19x12; 3.08x15, 27-23]

4.09-13 ...


Dada como liña principal no «TED». Outras continuacións de mérito son:


—A—

[1.10-14, 22-19; 2.12-15, 19x12; 3.08x15, 23-20]

4.06-10 ... [A posición despois deste lance chega  a ser idéntica a unha construída coa seguinte variante da «Central Cruzada»: 1.11-14, 22-19; 2.12-15, 19x12; 3.08x15, 23-20; 4.06-11] e aquí as negras poden escoller:

a) 4. ... 27-22; 5.10-13, 22-18; 6.13x22, 26x12; 7.07x23, 28x10; 8.05x14, 32-28; 9.01-05, 21-18; 10.14x21, 25x18; 11.05-10, 28-23; 12.03-07, 31-27; 13.10-14, 29-25; 14.14x21, 25x18; 15.11-14, 18x11; 16.07x14, 23-19; 17.14x23, 27x20; 18.09-13, 20-15; 19.13-18, 30-26; 20.04-07, 24-20; 21.07-11, 15x06; 22.02x11, 20-16; 23.11-15, 16-12; 24.15-19, 12-07; 25.18-22, [EMP].

b) 4. ... 20-16; 5.03-06 ... [Aquí debe ser mellor 5.10-13 traspoñendo á «variante c»] 5. ... 21-17; 6.09-13, 26-21; 7.13-18, 28-23; [Se 7. ... 27-23�; (Con idea de replicar a 8.15-19�, co famoso golpe de Mancini 8. ... 16-12; 9.07x16, 23-20; 10.16x23, 17-13; 11.10x26, 29x15; 12.11x20, 28x03; GN.) sería refutada con 8.15-20, 24x15; 9.11x27, 31x13; 10.05-09, 28-24; 11.09x18, 24-20; 12.01-05, 32-28; 13.06-11, 30-27; 14.14-19, 21x14; 15.11x18, 20-15; 16.04-08, 29-26; 17.07-11, 15x06; 18.02x11, 28-24; 19.11-14, 26-21; 20.19-22, 27-23; 21.22-26, 23-19; 22.14x23, 21x14; 23.10x19, 17-13; 24.05-09, 13-10; 25.26-30, 10-06; 26.23-28, 06-02; 27.19-22, 02-15; 28.22-27, 16-12; 29.27-31, 12-07; 30.30-20, 15-02; 31.31-22, 24x15; 32.22x03, GB.] 8.14-19, 23x14; 9.10x19, 21x14; 10.11x18, 29-26; 11.06-10, 24-20; 12.15x24, 27-22; 13.18x27, 31x15; 14.07-11, 15x06; 15.02x11, 26-22; 16.05-09, 22-19; 17.04-08, 30-27; 18.09-13, 32-28; 19.24x31, 19-15; 20.31x12, 16x07; 21.11-14, 07-03; 22.14-19, 25-21; 23.19-22, 21-18; 24.22-27, 18x09; 25.27-31, 03x13; 26.01-05, 09x02; 27.31x09, [EMP].

c) 4. ... 21-17; 5.14-18, 26-21; 6.10-14, 28-23; 7.05-10 ... [Traspón no desvío do tronco con 4. ... 28-23; na súa «variante a», ramificación 5. ... 21-17].

d) 4. ... 28-23; e agora se:

--u 5.14-18 ... [Permite ao negro xogar con gran comodidade] 5. ... 21x14; 6.10x28, 32x23; 7.05-10, 27-22; 8.10-13 ... [Ou 8.10-14, 22-19; 9.15x22, 26x10; 10.02-06, 23-19; 11.06x13, 20-15; 12.11x20, 24x15; 13.13-18, 30-26; 14.09-13, 26-21; 15.18-22 ... (Ou 15.07-11, 21x07; 16.04x20, 25-21; 17.20-23, 19-15; 18.03-07, 29-26; 19.01-05, 21-17; 20.13-18, 17-13; 21.23-27, 31x22; 22.18x27, 13-09; 23.05-10, 09-05; 24.27-30, 05-01; 25.30x17, 01x04; EMP.) 15. ... 21-18; 16.13-17, 18-13; 17.17-21 ... (Se 17.04-08�, 13-10; GN. Como nun xogo Ed. Scheidt vs. Marion Tinsley do Torneo dos Estados do Sur disputado no ano 1974) 17. ... 25x18; 18.07-11, 15x06; 19.03x17, 18-14; 20.17-21, 14-11; 21.21-26, 11-06; 22.26-30, 06-03; 23.30-23, 19-15; 24.23-20, 15-12; 25.20-15, 12-07; 26.04x11, 03-07; EMP.] 8. ... 30-27; [Superior a 8. ... 22-18; 9.13x22, 26x12; 10.07x16, 31-27; 11.11-14, 20-15; 12.01-05, 25-21; 13.09-13, 21-17; 14.05-10 ... (Se 14.13-18, 17-13; 15.03-06, 13-09; 16.05-10, 29-26; 17.10-13, 15-11; 18.06x15, 23-20; 19.16x23, 27x11; EMP. como nun xogo Robert Cornell vs. Eugene Frazier do Torneo Nacional Americano do ano 1964. Podería seguir  20.13-17, 11-06; 21.02x11, 09-05; 22.18-21, 05-02; 23.21-25, 02x15; 24.14-18, 15-08; 25.25-29, 26-21; 26.17x26, 30x14; 27.04-07, 08-04; 28.29-19, 04x11; EMP.) 14. ... 30-26; 15.13-18, 26-22; 16.18-21, 22-18; 17.21-26, 18x11; 18.26-30, 15-12; 19.16-20, 24x15; 20.30-21, 11-07; 21.04x20, 23x16; 22.21-04, 27-22; 23.10-14, 12-08; 24.03-07, 29-25; 25.02-06, 22-18; 26.14x21, 25x18; 27.06-10, 18-13; 28.10-14, 13-10; 29.14-18, 10-05; 30.07-12, 16x07; 31.04x01, 08-04; EMP.] 9.01-05, 22-18; 10.13x22, 26x12; 11.07x16, 20-15; 12.11x20, 24x15; 13.09-13, 25-21; 14.03-06 ... [Non 14.05-10�, 27-22; 15.13-17, 21-18; 16.17-21, 22-19; 17.21-25, como no 4º xogo do match de exhibición que sostiveron Willie Ryan vs. Jesse Hanson no ano 1945 en Tacoma. Agora Podería seguir 17. ..  *31-27!!; 18.03-06, *15-12; 19.02-05, 18-14; 20.04-08, 12-07; 21.08-12, 07-03; 22.12-15, 19x12; 23.10x28, 03x32; GN.] 14. ... 15-12; 15.05-10, 27-22; [Ou 15. ... 23-19; 16.04-07, 12x03; 17.10-14, 03x17; 18.14x30, 21-18; 19.30-23, EMP.] 16.13-17, 21-18; 17.10-14, 18x11; 18.06x15, 22-18; 19.15-20, 23-19; 20.20-23, 19-14; 21.16-20, 12-07; 22.04x11, 14x07; [EMP].

--u 5.10-13, 20-16; [A continuación 5. ... 21-18; típica nas damas anglo-americanas, resulta frouxa na nosa modalidade. Un xogo Pedro Chipenhe vs. Antonio Russo do Campionato de Portugal celebrado en Faro no ano 1992 seguiu con 6.14x21, 26x10; 7.05x14, 20-16; 8.01-05, 23-19; 9.15x22, 27x18; 10.14x21, 25x18; 11.05-10, 32-28; 12.10-14, 29-25; 13.14x21, 25x18; e agora as brancas desaproveitaron a ocasión de cortar con 14.11-14, 18x11; 15.07x14, e o peón camiña a dama de xeito imparábel, GB.] 6.02-06 ... [Ou 6.13-18, 23-19; 7.15x22, 26x10; 8.05x14, 24-20; 9.01-05, 32-28; 10.05-10, 28-24; 11.04-08, 20-15; 12.11x20, 24x15; 13.07-12, 16x07; 14.03x19, 27-22; 15.19x26, 29x06; 16.02x11, 21-18; 17.14x21, 25x18; 18.08-12, 31-28; 19.12-16, 28-24; 20.11-15, 18-14; 21.16-20, 14-11; 22.20-23, 11-06; 23.23-28, 06-02; EMP.] 6. ... 23-19; 7.14x23, 27x20; 8.13-17, 21-18; 9.05-10, 26-22; 10.10-14, 31-27; 11.14x21, 25x18; 12.06-10, 18-13; 13.09x18, 22x06; 14.03x10, 27-22; 15.01-05, 30-26; 16.05-09, 22-19; 17.15x22, 26x19; 18.11-14, 19-15; 19.14-18, 15-12; 20.18-21, 12x03; 21.21-25, 03x13; 22.09x18, 16-12; 23.18-22, 20-15; 24.22-26, 29x22; 25.25-29, 22-19; [Ou 25. ... 24-20; 26.29x19, 32-28; 27.19x32, 12-07; 28.04x11, 15x06; EMP.] 26.29-25, 24-20; 27.04-08, 20-16; 28.25-04, 32-28; 29.17-21, 15-11; 30.04x32, 12-07; [EMP].



—B—

[1.10-14, 22-19; 2.12-15, 19x12; 3.08x15, 23-20]

4.05-10, que pode ser contestada con:

a) 4. ... 27-22; 5.01-05, 20-16; [Se 5. ... 22-18; 6.14-19, 31-27; 7.10-13, 27-23; 8.13x22, 23x14; 9.11x18, 26x12; 10.07x23, 21x14; 11.23-27, 30x23; 12.03-07, 25-21; 13.06-11, 29-25; 14.11x18, 21x14; 15.09-13, 23-19; 16.13-18, 28-23; 17.02-06, 32-28; 18.05-09, 24-20; 19.18-22, 19-15; 20.22-26, 15-12; 21.07x16, 20-15; 22.09-13, 14-11; 23.06-10, 11-06; 24.26-29, 15-11; 25.29-12, 06-02; 26.12-07, 11-06; 27.07-03, 25-21; (Non vale 27. ... 02-05; por 28.13-18, 05x21; 29.03x20, GB. Nin tampouco  27. ... 02-09; por 28.04-07, 09x04; 29.10-14, 04x18; 30.03x20, GB.) 28.13-18, 21x05; 29.03x01, 02-11; 30.01-10, EMP.] 6.14-18, 21x14; 7.11x27, 31x22; 8.09-13, 25-21; 9.13-18, 21x14; 10.10x19, 28-23; 11.19x28, 32x23; 12.07-11, 16-12; 13.05-10, 22-18; 14.10-14, 29-25; 15.14x21, 25x18; 16.06-10, 23-20; 17.15-19, 18-14; 18.11x18, 26-22; 19.18x27, 30x05; 20.02x09, 20-15; 21.04-08, 24-20; 22.09-13, 20-16; 23.13-18, 15-11; 24.08x15, 11-07; 25.03x12, 16x07; [EMP].

b) 4. ... 21-17; [Como na «Cruzada» tradicional 1.10-14, 22-19; 2.05-10, 21-17; (A variante favorita do novo campión portugués de partidas lentas, Fernando Gonçalves) 3.12-15, 19x12; 4.08x15, 23-20] 5.01-05, 28-23; 6.09-13, 20-16; 7.05-09, 26-21; 8.04-08 ... [Ou 8.13-18, 24-20; 9.15x24, 23-19; 10.14x23, 21x05; 11.09-13, 17x10; 12.02x09, 27x20; 13.06x13, 29-26; 14.13-17, 32-28; 15.09-13, 26-22; 16.11-14, 20-15; 17.14-18, 30-27; 18.17-21, 27-23; 19.18x27, 25x09; 20.27-30, 23-20; 21.30-26, 09-05; 22.26x08, 05-01; 23.07-11, 01-05; 24.03-06, 05-23; 25.08-29, 23-30; 26.06-10, 28-23; 27.29-08, 20-15; 28.08x28, 30-20; 29.11-14, 16-12; 30.10-13, 12-07; 31.04x11, 20x17; EMP.] 8. ... 30-26; 9.15-19, 27-22; 10.19x28, 32x23; 11.13-18, 22x13; 12.09x18, 26-22; 13.18x27, 31x22; 14.11-15, 22-18; [Non 14. ... 21-18�; 15.14x21, 25x18; 16.15-20, 24x15; 17.07-12, 16x07; 18.03x28, GB.] 15.06-11, 23-20; 16.03-06, 29-26; 17.02-05, 26-22; 18.14-19, 18-14; 19.11x27, 20x04; 20.27-31, 21-18; 21.31x09, 24-20; 22.19-23, 20-15; 23.09-31, 04-11; 24.31-24, 11x09; 25.24x02, 09-22; 26.23-28, 17-13; 27.10x17, 25-21; 28.17x26, 22x29; [EMP].

c) 4. ... 28-23; 5.01-05, 32-28; [Se 5. ... 21-17; conflúe na anterior variante na que as negras xogaban este lance ao seu cuarto movemento] con estas opcións:

--u 6.14-19, 23x14; 7.10x19, 20-16; 8.09-13, 27-22; 9.13-17, 21-18; 10.05-09, 31-27; 11.02-05, 18-13; 12.09x18, 22x13; 13.06-10, 13x06; 14.03x10, 27-23; 15.11-14, 25-21; 16.10-13, 23-20; 17.05-10, 20x11; 18.19-22, 26x19; 19.14x32, 11-06; 20.17x26, 30x21; 21.10-14, 06-03; 22.13-18, 03x12; 23.18x25, 12-15; 24.14-18, 16-12; 25.32-10, 15-20; 26.10-19, 12-07; 27.04x11, 20x06; [EMP].

--u 6.09-13, 21-18; 7.13x22, 26x12; 8.07x16, 20-15; 9.11x20, 24x15; e agora se:

² 10.04-08, 30-26; 11.03-07, 26-22; [Non 11. ... 28-24�; como nun xogo Nathan Rubin vs. Ray Gould do 8º Torneo Americano disputado en Jamestown no ano 1934, o primeiro no que foi utilizada a apertura sorteada a 3 lances, que na nosa modalidade é ben refutado con 12.07-12, e tras o obrigado 12. ...  31-28; 13.12x19, 27-22; 14.10-13, 22x15; 15.13-17, 26-22; 16.14-18, 22x13; 17.06-10, 13x06; 18.02x27, GB.] 12.14-19, 23x14; 13.10x26, 29x22; 14.07-12, 22-19; 15.05-09, 25-21; 16.06-11, 15x06; 17.02x11, 21-18; 18.12-15, 19x12; 19.08x15, 28-23; 20.15-20, 23-19; 21.20-23, 27x20; 22.16x23, 19-14; 23.09-13, [EMP].

² 10.05-09, 27-22; 11.10-13, 31-27; 12.04-08, 29-26; 13.06-11, 15x06; 14.02x11, 28-24; 15.13-18, 22x13; 16.09x18, 26-21; 17.03-07, 21-17; 18.18-22, 27x18; 19.14x21, 25x18; 20.11-15 ... [Ata aquí como no 3º xogo do match Derek Oldbury vs. Richard Hallett celebrado no ano 1991 en Weston-Super-Mare] 20. ... 17-13; 21.07-12, 23-19; 22.15x22, 13-10; 23.16-20, 24x15; 24.12x19, 10-05; 25.19-23, 05-01; 26.23-27, 30x23; 27.22-27, 01-05; 28.27-30, 23-19; 29.30-26, 19-14; 30.08-12, 18-13; 31.26-22, 05-09; 32.22-18, 14-10; 33.18-14, 09-05; 34.14-18, [EMP].


4. ... 21-18;


A continuación favorita. Aínda que 4. ... 28-23; tamén é unha interesante alternativa. Neste caso as brancas poden seguir con:

a) 5.13-18 ... ;  e neste punto, se:

--u 5. ... 20-16; 6.05-09, 21-17; 7.06-10, 26-21; [Traspoñendo nunha liña inferior da «Dereita Cruzada» formada con 1.09-13, 22-19; 2.11-14, 24-20; 3.13-18, 20-16; 4.12-15, 19x12; 5.08x15, 21-17; 6.06-11, 26-21; 7.05-09, 28-24] 8.02-06, 23-20; 9.18-22!, 27x18; 10.10-13, 17x10; 11.06x22, 21-18; 12.14x21, 25x18; 13.15-19, 20-15; 14.11x20, 24x15; 15.19-23, 15-12; 16.22-27, 31x22; 17.04-08, 18-14; 18.08x15, 14-11; 19.07x14, 16-12; 20.14-18, 22x13; 21.09x18, 12-08; 22.18-22, 08-04; 23.22-27, *04-18!; 24.27-31, 32-28; [A defensa, coas negras aproveitándose da «lei da cantidade»] 25.31x09, 28x12; 26.09-18, 30-27; 27.18x31, 12-08; 28.03-07, 08-04; 29.07-12, 04-14; 30.31-09, 29-26; 31.12-16, 26-21; 32.16-20, 21-17; 33.20-24, 14-19; 34.09-05, 19-22; 35.24-28, 22-31; 36.28-32, 17-13; 37.32-14, 13-09; [EMP].

--u 5. ... 21-17; 6.06-10, 26-21; 7.05-09, 27-22; [Mellor que 7. ... 20-16; que desemboca na ramificación anterior] 8.18x27, 31x22; 9.01-05, 21-18; 10.14x21, 25x18; 11.10-14, *20-16!; 12.14x21, 24-20; 13.15x24, 32-28; 14.24x31, 22-18; 15.31x13, 17x01; 16.02-05, 01x25; 17.11-14, 25x11; 18.07x14, 29-26; 19.09-13, 26-22; 20.14-18, 23-19; 21.18x27, 30x23; 22.13-18, 19-14; 23.03-06, 23-19; 24.18-22, 19-15; 25.22-26, 14-11; 26.06-10, 11-06; 27.26-30, 06-02; 28.30-23, 15-11; [EMP].

--u  5. ... 23-19; 6.14x23, 21x14; 7.11x18, 20x11; 8.07x14, 27x20; 9.05-10, 31-27; 10.01-05, 32-28; 11.03-07, 20-15; 12.14-19, 26-22; 13.19x26, 29x13; 14.10x17, 28-23; 15.05-10, 23-19; 16.07-11, 27-22; 17.11x20, 24x15; 18.04-07, 25-21; 19.17x26, 30x21; 20.10-13, 21-17; 21.13-18, 22x13; 22.06-10, 13x06; 23.02x20, [EMP].

b) 5.13-17, 27-22; 6.05-10, 21-18; 7.14x21, 25x18; 8.10-14, 18-13!; 9.14-19, 23x14; 10.11x27, 20x11; 11.07x14, 31x22; 12.01-05, 13-09; 13.05-10, 32-28; 14.06-11, 24-20; 15.10-13, 20-16; [Ou se 15. ... 28-24; 16.14-18, 22-19; 17.18-22, 19-15; 18.22-27, 15x06; 19.03x10, 30x23; 20.13-18, 23-19; 21.18-21, 26-22; 22.10-13, 20-15; 23.21-26, 15-11; 24.26-30, 11-06; 25.02x11, 09-05; 26.30-26, 05-02; 27.11-14, 19x10; 28.26x01, 02-09; EMP.] 16.11-15, 28-23; 17.14-18, 22-19; 18.15x22, 26x19; 19.18-22, 19-14; 20.17-21, 14-10; 21.13-17, 10-05; 22.21-26, 30x21; 23.17x26, 05-01; 24.03-06, 09-05!; [A defensa máis sinxela] 25.02x09, 01-05; 26.06-11, 16-12; 27.26-30, 05-02; 28.30x03, 02x26; 29.03-10, 29-25; 30.09-13, 25-21; 31.10-01, 26-22; 32.13-17, 22-29; 33.17x26, 29x22; [EMP].

5.13x22, 26x12; 6.07x23, 28x10; 7.05x14, 24-20;


Novamente a resposta preferida. Tamén se ten xogado 7. ... 32-28; 8.01-05, 28-23; 9.14-18, 23-19; 10.03-07, 19-15; 11.11x20, 24x15; 12.04-08, 27-23; 13.05-10, 29-26; 14.10-14, 23-20; 15.07-12, 30-27; 16.12x19, 20-15; [Non 16. ... 27-22�; por 17.18x27, 31x15; como nun estudo de H. Hacob que na nosa modalidade pode seguir con 18.14-19, 20-16; 19.06-11, 15x06; 20.02x11, 25-21; 21.19-23, e tal como xa indicou Lavizzari, GB.] 17.02-05, 26-21; 18.19-22, 27-23; 19.22-26, 23-19; 20.14x23, 21x14; 21.06-10, 14-11; 22.26-29, 11-06; 23.29x12, 06-03; 24.12-15, 03x17; 25.15-24, 17-30; 26.23-28, 30-23; 27.28-32, 23x01; 28.08-12, 25-21; 29.12-15, 31-28; 30.32x25, [EMP].

8.11-15 ...

Escapando da rutina teórica. Habitual é seguir con 8.01-05, 32-28; 9.14-18, 28-23; 10.05-10, 23-19; [Alcanzando unha posición que coas cores revertidas pode aparecer na seguinte liña da «Partida do Río» 1.10-14, 23-19; 2.14x23, 28x19; 3.05-10, 32-28; 4.01-05, 19-15; (O «Ataque á Frecha» que permite reducir material e fai aumentar enormemente as posibilidades de empate) 5.11x20, 24x15; 6.12x19, 22x15; 7.10-14, 21-18; 8.14x21, 25x18; 9.05-10, 28-23; 10.10-14, 18x11; 11.07x14, 26-22; 12.09-13] E agora se:

a) 11.18-22, 27x18; 12.11-14, 18x11; 13.06x24 ... [Nesta altura foi acordado  o empate nun xogo José Silva Pereira vs. Pedro Chipenhe do 12º Campionato de Portugal disputado en Faro no ano 1992. A posición, coas cores cambiadas, foi construída desde unha «Partida do Río»] 13. ... 25-21; 14.02-06, 29-26; 15.06-11, 26-22; 16.04-08, 22-18; 17.08-12, 21-17; 18.03-06, 30-27; 19.*24-28! ... [Nun famoso xogo de exhibición Marion Tinsley vs. Newell Banks, no que se empregou a mencionada liña da «Partida do Río»,  Banks —coas negras aquí cometeu un erro tremendo— movendo a equivalente da que para o noso caso sería 19.11-15�, sendo derrotado contundentemente polo seu ilustre rival. Na nosa modalidade o remate é lixeiramente diferente, podendo seguir con 19. ... 18-13; 20.15x22, 27x18; 21.12-15, 13-09; 22.06-11, 09-05; 23.10-14, 18-13; 24.14-19, 05-01; 25.11-14, 13-10; 26.19-22, 10-06; 27.15-19, 06-03; 28.22-26, 17-13; 29.26-30, 13-09; 30.30-26, 03-16; 31.26-29, 16-23; 32.19x28, 01x32; GN.] 19. ... 31x24; 20.10-13, 17x03; 21.11-15, 03x16; 22.15x31, 18-14; 23.31-28, 14-11; [EMP].

b) 11.03-07, 27-23; 12.11-14, 20-16; 13.06-11, 19-15; 14.11x27, 31x06; 15.02x11, 30-27; 16.11-15 ... [Ata aquí seguimos tamén un xogo no que se enfrontaban Robert Martins vs. James Stewart, outros dous damistas de renome] 16. ... 27-22; 17.15-20, 22-18; 18.14x21, 25x18; 19.20-23, 18-13; [EMP]. Análise do Dr. Sena Carneiro.

8. ... 20x11; 9.06x15, 32-28; 10.01-05, 27-22; 11.15-20 ...


As brancas comezan a arriscar e tan so conseguen enfraquecer o xogo. Máis segura era 11.14-19, 22-18; 12.04-07, 25-21; 13.07-11, 29-26; 14.05-10, 21-17; 15.03-06, 31-27; 16.10-14, 27-23; 17.14x21, 23x07; 18.21-25, 28-24; 19.15-20, 24x15; 20.25-29, 07-03; 21.29x08, 03x10; [EMP].

11. ... 30-27;

Con idea de atacar o peón avanzado.

12.20-24 ...


A única forma de defender a mencionada ameaza.

12. ... 28-23; 13.05-10, 25-21; 14.03-07, 23-20; 15.07-12, 27-23; 16.02-05, 29-25; 17.04-08, 21-18; 18.14x21, 25x18; 19.12-16 ...


Obrigada para impedir 19. ... 20-16.

19. ... 22-19; 20.05-09, 18-14; 21.10-13, 14-11;


Moi interesante era 21. ... 20-15; 22.13-18, 15-11; 23.18-22, 11-06; 24.09-13, 06-02; 25.13-17, 19-15; 26.*24-28 ... [A defensa exacta. Se 26.17-21, seguiría 26. ... 23-20; 27.16x23, 15-12; 28.08x15, 02x25; GN. Ou se 26.22-26, 14-10; 27.17-21 ... (Se 27.26-29�, 10-06; 28.29x12, 06-03; 29.12-29, 02-15; 30.29x12, 23-20; 31.16x23, 03x30; 32.08-12, 30-26; 33.12-16, 26-30; GN.) 27. ... 10-05; 28.26-29 ... (Aquí se 28.21-25, 23-20; 29.16x23, 15-12; 30.08x15, 02x21; GN. Efectuando o «pase de peón») 28. ... 02-11; 29.29x12, 11x25; 30.12-03, 05-01; 31.03-12, 25-29; 32.12-07, 23-19; 33.07-11, 29-22; 34.11-02 ... (Se 34.11-21, 19-15; 35.21-25, 22-27; 36.25-04, 01-32; 37.04-25, 27-23; 38.25-29, 15-11; 39.29-15, 11-07; 40.15-20, 23-30; 41.20-11, 07-04; 42.11-02, 04-25; e as brancas para desfacer os «ganchos» que ameazan a inminente caída da dama, están obrigadas a entregar un peón, GN.) 34. ... 19-14; 35.16-20, 22-15; (Sen precipitarse con 35. ... 22-27�; que sería refutado con 36.24-28, 31x15; 37.02x30, EMP.) 36.08-12, 15x08; 37.20-23, 08-19; 38.24-28, 31x24; 39.23-27, 19-15; 40.02x20, 24x15; 41.27-31, 15-12; 42.31-22, 12-08; 43.22-15, 14-10; 44.15-02, 08-04; 45.02-15, 04-18; 46.15-02, 18-31; 47.02-24, 10-05; 48.24-02, 31-09; 49.02-15, 05-02; GN.] 26. ... 31x24; 27.22-27, 15-11; 28.27-31, 11-06; 29.31-28, 23-19; 30.17-21, 06-03; 31.21-25, 02-05; 32.28-31, 19-15; 33.31-27, 14-11; 34.27-20 ... [Se 34.25-29�, 24-20; 35.29x12, 11-06; 36.16x23, 03x16; GN.] 34. ... 03-06; 35.20-30, 24-20; 36.16x23, 05x32; 37.30-16, 06-17; 38.16-20 ... [Non 38.25-29�, 17-30; 39.29x12, 32-23; 40.16x27, 30x03; GN.] 38. ... 17-30; 39.20-24, 30-16; 40.25-29, 16-12; 41.29-25, 12-07; 42.08-12, 15x08; 43.24x06, [EMP].

22.13-18, 11-07; 23.18-22, 07-03; 24.22-26� ...


Perde. A defensa demandaba un pequeno recurso táctico: 24.*24-28, 31x24; 25.22-27, 19-14; 26.27-31, 20-15; 27.31-27, 23-19; 28.16-20, 14-10; 29.27-30, 10-05; 30.09-13, 03x17; 31.08-12, 15x08; 32.30-23, 24x15; 33.23x01, [EMP].

24. ... 19-15�;

Imprecisión que permite o empate. Mellor era 24. ... *19-14; 25.26-30, 14-10; 26.09-13, 03-07; 27.30-17, 10-05; 28.17-30, 05-01; 29.13-17, 01-19; [GN].

25.26-30 ...

Se 25.26-29�, resulta evidente o remate con 25. ... 23-19; 26.16x23, 19-14; 27.29x12, 03x30; [GN].

25. ... 03-17;



26.30-27� ...

Os nervios traizoan novamente a Justino, que non aproveita esta segunda oportunidade. Era necesario seguir con 26.09-13 ... [Ou 26.24-28, 31x24; 27.30-27, 15-11; 28.27-18, 11-06; 29.*08-12, 06-02; 30.18-14, EMP.] 26. ... 17x10; 27.30-21, 10-05; 28.21-04, e as negras non teñen forma de progresar [EMP].

26. ... 31x22; 27.24-28, 22-18; 28.28-32 ...

Se 28.09-13, 18x09; 29.28-32, 17-30; 30.32x12, 09-05; 31.16x23, 30x07; 32.08-12, 07x16; [GN].

28. ... 17-21; 29.32x12, 21-30; 30.16x23, 30x07; [GN]. 

Ningún comentario: