luns, 14 de setembro de 2015

Convite á Copa do Mundo

A Federación Portuguesa de Damas, en colaboración coa International Draughts Federation [IDF], ten a honra de convidar a todos os damistas que o desexen a participar na VI ETAPA DA COPA DO MUNDO DE DAMAS [Taboleiro de 64 casas] que se vai realizar entre os días 31 de outubro e 7 de novembro deste ano 2015 en Albufeira [Portugal].  


A competición con premios que superan os 1.000€ será disputada en 3 modalidades [Damas Clásicas, Damas Brasileiras e Damas Rusas] de acordo ao seguinte programa:






Para poder participar é necesario inscribirse concertando a reserva no enderezo que segue:


O valor das inscricións é de 50€ por xogador e inclúe a participación en todas as probas.

O local de xogo, estadía e aloxamento será no edificio principal do HOTEL INATEL en Albufeira [Avenida Infante D. Henrique. 8200-862 Albufeira. Teléfono 289 599 300] con prezos especiais para participantes e acompañantes:
  • 30€ por persoa en cuartos dobres. [Inclúe pequeno almorzo e cea buffet].
  • 40€ por persoa en cuartos individuais. [Inclúe pequeno almorzo e cea buffet]. 


A Federación Portuguesa irá soportar os gastos de estadía, alimentación e transporte dos seus damistas federados, sempre que se organicen debidamente en tren ou automóbil [4/5 lugares]. Os acompañantes pagarán a súa parte de acordo cos prezos indicados.


Para máis información o lector pode consultar o enlace da Federación Portuguesa.



Ao dedicarmos o artigo de hoxe a esta Copa do Mundo, imos tratar no apartado práctico temas relacionados coas 3 versións de damas incluídas no programa.


SIMILITUDES E DIFERENZAS ENTRE MODALIDADES

Antes de seguir debemos explicar que o taboleiro nas Damas Brasileiras e nas Rusas colócase en espello con respecto ao das Clásicas, empregándose a notación «alxebraica» en lugar da «numérica».  

Os movementos das pezas son iguais nas tres modalidades. As diferenzas están nas normas de captura e promoción.

Mentres nas Clásicas os peóns tan só poden capturar cara adiante, nas outras dúas modalidades acrecéntase o seu poderío permitíndose tamén a captura para atrás. No caso de haber varias opcións, nas Damas Brasileiras é obrigado comer a maioría, namentres que nas Rusas pódese elixir libremente. En ningunha das dúas existe a «lei da calidade».

Nas Damas Brasileiras tan só se pode promocionar un peón se o movemento remata na 8ª fila. Se ao realizar unha captura múltiple pasa por esa última fila pero non remata nela, non se converte en dama.


Nas Damas Rusas se un peón chega á 8ª fila capturando, convértese automaticamente en dama e como tal pode seguir capturando dentro do mesmo lance.


O número de movementos máximos permitidos para gañar no final de 3 damas con dominio do río contra unha [A «Forzosa»] é de 13 lances nas Damas Brasileiras e de 15 nas Rusas.




Coñecidas similitudes e diferenzas imos agora facer unha homenaxe aos autores históricos de Damas Rusas que máis destacaron no campo da composición artística.


20 ESTUDOS VÁLIDOS NAS 3 MODALIDADES
[Clásicas, Brasileiras e Rusas]

Un estudo é unha posición deseñada a medida na que xogan as brancas e alcanzan o resultado indicado [Vitoria ou Empate] seguindo unha única solución.

Debe cumprir 3 normas básicas:
  1.  As brancas non poden ter máis de 4 pezas.
  2. Existirán un mínimo de 2 variantes con lances libres das negras.
  3. A solución non pode comezar cun lance de captura.




David Ivanovic Sargin
[1859-1921]

Naceu en Moscú no seo dunha familia de comerciantes acomodados. Estudou para avogado, aínda que non chegou a terminar a carreira. despois de estar traballando ao servizo do Estado durante dúas décadas tivo que abandonar o seu posto por razóns de saúde. Posteriormente dedicouse ao periodismo.

Afeccionouse ao xogo de damas cando coñeceu a algúns dos mellores xogadores do momento como Goniaev ou Vorontsov que lle ensinaron a resolver os problemas que saían nas revistas e xornais. Adestraba diariamente con eles e despois estudaba os xogos polas noites. Desta forma logrou converterse nun espléndido xogador con enormes coñecementos teóricos e moi hábil tacticamente. Compraba todo canto libro se publicaba e así chegou a reunir a máis importante biblioteca damista de todo o país. Como non podía ser doutra forma, tamén cultivou o campo da composición creando cerca de 200 estudos nos que aparecen multitude de ideas brillantes.

Foi un gran difusor do noso xogo escribindo e editando revistas do tema, comentando estudos e xogos con análises moi perspicaces, organizando torneos por correspondencia e patrocinando diversos concursos de solucionistas.


ESTUDO Nº1
[Brancas: 9, 18, 27 vs. Negras: 6, 26]

David Sargin
XOGAN BRANCAS E GAÑAN 

1.27-31, 06-03;

Se 1. ... 06-02; 2.31-28, 02-24; [Se 2. ... 02-20 (Ou 15); segue 3.28-23 (Ou 19), GB. Se 2. ... 02-11 (Ou 06); 3.18-22, GB.] 3.28-23, 24-02; 4.23-32, 02-24; 5.32-28, 24x13; 6.09x18, [GB].

2.31-28 ...

Ocupando o río e, ao igual que na anterior variante, preparándose para facer un «gancho» coa dama ou disparar a «batería» co peón da casa «18».

2. ... 03-17;

Se 2. ... 03-16; segue 3.28-24. Se a dama negra vai a «12» ou a «16» funciona o «gancho», se vai a «6» ou «7» faino a «batería». As brancas gañan en todos os casos.

3.28-32! …

Mantendo as ameazas á espera de descolocar a dama negra. Non vale 3.18-21�, por 3. ... 26-22; 4.21-25, *17-06!!; 5.28-23 ... [Agora se 5.25-29, *06-24; EMP.] 5. ... 22-18; 6.25-29, 06-11; [EMP].

3. … 17-03;

Agora se 3. ... 17-13; 4.32-14, 13x27; 5.14-18, [GB].

4.32-23! …

Ocupando esta casa no momento xusto. Aquí Sargin segue con 4.18-21 ... [Única coas regras das damas rusas] 4. ... 26x17; 5.32-10, [GB.] 

4. … 03-17;

Nótese que o estudo de Sargin non contén «dual», pois nas damas rusas aquí con 4. ... 03-07; [EMP]. Ao estar a dama na casa «23» como o peón captura para atrás, non se pode disparar a «batería».

5.18-21 ...

Agora a defensa 5. ... 22-18; non vale por 6.23-30. [GB].

5. ... 17-06; 6.21x30, [GB].

As brancas coroan o peón e gañan coa «Forzosa».



ESTUDO Nº2
[Brancas: (7), (15), (29) vs. Negras: (10), 23]

David Sargin [1892]
XOGAN BRANCAS E GAÑAN


1.07-03, 10-05;

a) 1. ... 10-14; 2.29-14, [GB].

b) 1. ... 10-01; 2.29-19, 23x14; 3.03-10, 14x05; 4.15-02, [GB]. Por «Prisión» con esquema de Timoneda [1635]

2.15-02, 05-01;

Se 2. ... 05-14; 3.29-14, [GB]. Semellante á «variante a» do primeiro lance.

3.29-19, 23x14; 4.02-05, [GB].

Un estudo fundamental para o esclarecemento da «Barca» con peón móbil.



ESTUDO Nº3
[Brancas: (3), (8), (29). Negras: 24, 25, (28)]

David Sargin
 
XOGAN BRANCAS E GAÑAN 


1.29-15, 28-32;

Resgardándose do disparo da «batería» con 15-20.

a) Se 1. ... 28-23; seguiría 2.15-20, 23x16; [Ou se 2. ... 24x15; 3.08x28, GB.] 3.08-12, 16x07; 4.03x16, 25-21; 5.16-07, 21-17; 6.07-03, 24-20; 7.03-06, 20-16; 8.06-03, [GB].

b) Ou se 1. ... 28-01; 2.03-10 ... [Actúa o «gancho»] 2. ... 01x12; 3.08x15, 25-21; 4.15-11, 21-17; 5.11-06, [GB].

2.*03-16! ...

Ameazando co «gancho» e impedindo o desexado sacrificio do peón traidor con 2. ... 24-20; por 3.16x23, 32x12; 4.08x26, [GB].

2. ... 32-01;

Unha vez máis a dama non pode quedar en posición flutuante polo disparo da «batería».

3.16-20 ...

E agora o remate e igual que na posición de Enrique Moya y Pérez Tratado completo del Juego de Damas»; Valencia, 1875] que vemos no seguinte diagrama.


3. ... 25-21; 4.08-04, 21-17; 5.04-18, 01-32;

Se 5. ... 17-13; 6.18x09, 01-32; 7.09-18 ... [E agora, coa insignificante diferenza de que na casa «20» temos un peón branco e non unha dama, estamos nunha posición de Antonio Mirón y del Castillo que foi publicada no Tratado de Timoneda no ano 1635] 7. ... 32-01; 8.18-07, 01-32; 9.07-04, 32-01; 10.04-08, 01-32; 11.20-23, 32x12; 12.08x15, [GB].

6.18-13, 17x10; 7.15-08, 24x15; 8.08x01, [GB].

En algúns dos estudos anteriores vimos anticipacións dos compositores rusos. Neste extraordinario final sucede ao revés, a anticipación pertence aos autores clásicos da nosa modalidade.



ESTUDO Nº4
[Brancas: (7), (24), (31) vs. Negras: (5), 19, 32]

 David Sargin [1896]
XOGAN BRANCAS E GAÑAN 


1.24-02, 05-01;

Se 1. ... 05-10; 2. 2.07-14, [GB].

2.*07-14 ...

A clave. Semella impensábel que as brancas con tan só dúas damas poidan gañar.

2. ... 19x10; 3.02-05 ...

Un ataque con función tripla: Inmobiliza a dama negra, impide o sacrificio do peón e aproveita a situación do traidor da casa «32».

3. ... 10-06; 4.05-23, 01x28; 5.31x02, [GB].



ESTUDO Nº5
[Brancas: (4), (18), (24) vs. Negras: 16, (23) 30]

 David Sargin [1899]
XOGAN BRANCAS E GAÑAN 


1.18-27, 23-32;

Se 1. ... 23-01; [O remate sería similar se as negras moven a dama ás casas «5» ou «10»; mentres que se 1. ... 23-19; seguiría 2. 2.04-08, 30x23; 3.08x22, GB.] 2.24-15, 30x23; 3.15-12, 16x07; 4.04x32, [GB]. «Bloqueo Bipolar».

2.*04-08 ...

Nótese que no vale 2.04-07, por 2. ... 30x23; 3.24-28, *16-12; [EMP].

2. ... 30x23; 3.24-28, 23-20; 4.28-01, [GB].








Nikolai Nikolaevich Pankratov
[18??-1904]

Existen moi poucos datos sobre a biografía deste prestixioso damista e ata se descoñece a data e lugar de nacemento. Foi un extraordinario compositor de estudos e analista de finais prácticos tal como se pode constatar polo feito de que cando a revista «Shashki» no ano 1901 realizou unha clasificación dos mellores traballos publicados ata aquel momento, Pankratov foi galardoado co 1º e 2º premios.

Se exceptuamos algúns campionatos por correspondencia, non participaba practicamente en torneos e tiña moi pouca relación cos damistas da elite. Viviu os últimos anos da súa vida en San Petesburgo e no seu obituario, ocorrido no ano 1906, todas as publicacións especializadas recolleron a noticia e recoñeceron a súa valiosa contribución no progreso e difusión do xogo de damas.      


ESTUDO Nº6
[Brancas: (6), (9), (29) vs. Negras: (23) 30]

Nikolai Pankratov
XOGAN BRANCAS E GAÑAN  

1.*09-27 ...

Un ataque clave que vai provocar a ganancia dun tempo.

1. ... 23-32;

Con todas as casas do río á súa disposición, en ningunha delas as negras poden encontrar un lugar segura para á súa dama.  

a) 1. ... 23-14; 2.29-25, [GB].

b) 1. ... 23-01; 2.06-11, 30x23; 3.11-14, 01x19; 4.29x15, [GB].

c) 1. ... 23-05; e gañan as brancas con 2.06-11, ou co dual 2.06-02, [GB].

d) 1. ... 23-28; 2.06-24, [GB].

Tampouco vale 1. ... 23-16; por 2.06-03, 30x23; 3.29-12, 16x07; 4.03x27, [GB].

2.06-24, 30x23; 3.24-28 ...

Agora a dama negra non ten escapatoria.

3. ... 23-20; 4.28-01, 20-16; 5.29-19, 32x14; 6.01x19, [GB].

Con tan só tres pezas, o número de variantes que se orixinan é algo sumamente difícil de conseguir.

O Dr. Orlando Augusto Lopes no ano 1947, un tempo no que aínda eran descoñecidas as obras rusas en Portugal, compuxo un estudo similar que reproducimos a continuación:


Solución: 1.08-29.



ESTUDO Nº7
[Brancas: (9), (12), (29) vs. Negras: (14) 28]

 Nikolai Pankratov [1899]
XOGAN BRANCAS E GAÑAN   


1.09-22, 14-10;

a) 1. ... 14-23; 2.12-16, e agora se:

2. ... 23-30; 3.22-27, [GB].

2. ... 23-01; (Ou dama a 5, 10 ou 14) 3.22-19, [GB].

b) 1. ... 14-05 (Ou 1); 2.12-07, 05-23; 3.07-16, [GB]. Tal como na «variante a».

2.12-03, 10-14; 3.03-07, 14x04; 4.29-25, 28-24; 5.22-18, [GB].

Bloqueando a dama nas paralelas. Unha nova ida coa que contribuíu Pankratov no esclarecemento da «Barca» con peón móbil.


ESTUDO Nº8
[Brancas: (8), (15), (19). Negras: (3), 12, 29, 32]


Nikolai Pankratov [1901]
XOGAN BRANCAS E GAÑAN 


1.*15-02, 03-07;

a) 1. ... 12-07; 2.08-04, [GB]. Final básico.

b) 1. ... 03-17; 2.08x15, 29-26; 3.19x29, 17-10; 4.*02-11!, e aquí se:

4. ... 32-28; 5.11-07, 28-24; [Se 5. ... 28-23; as brancas gañan como na posición de Sargin que vimos no «Estudo Nº2». Se 5. ... 10-23; 6.07-16, 23-10; 7.29-19, GB. Se 5. … 10-05; (Ou 5. ... 10-01; que ven sendo o mesmo) 6.15-22, 05-23; 7.07-16, GB.] 7.*07-16!, seguido de 8.16-20, [GB]. Tamén xa visto, esta vez no «Estudo Nº3».

4. ... 10-23; 5.11-07, 23-10; 6.15-22 ... [Máis rápido que 6.07-16, para gañar co método de Montero] 6. ... 10-23; 7.07-21, 23-28; 8.22-31, 28-10; 9.31-28, 32x23; 10.21-14, 10x19; 11.29x15, [GB].

4. ... 10-01; [Se 4. ... 10-05; o proceso non varía. Mentres que se 4. ... 10-28; 5.15-22, 28-23; traspón á ramificación anterior] 5.15-22, 01-28; 6.11-07 ... [Lance de espera] 6. ... 28-23; 7.07-21, e as brancas gañan como na ramificación anterior.

2.08x15, 29-26; 3.19x29, 07-14; 4.*02-06, 32-28;

Se 4. ... 14-11; 5.06-02, 11x24; 6.29-15, 24x11; 7.02x24, [GB].

Se 4. ... 14-05; 5.06-11, [GB]. Como na «variante b».

5.*06-03, 14-01!;

Se 5. ... 14-05; 6.03-07 como na primeira ramificación da «variante b», ou mellor 6.15-22, 01-14; 7.03-07, como na liña tronco.

6.*15-22 ...

Ameazando con facer funcionar o «gancho». Agora non vale 6.03-07, por 6. ... 28-23; e non se pode impedir a inmolación do peón [EMP].

6. ... 01-14;

Se 6. ... 01-23; 7.03-16, [GB]. Bloqueo.

7.03-07! ...

Para bloquear a dama nas «paralelas» como no estudo anterior.

7. ... 14x04; 8.29-25, [GB].





Mikhail Ivanovich Tumanov
[1865-1919]

Membro dunha familia de clase media, naceu en Syzran —a cidade enclavada na marxe dereita do río Volga— hoxe coñecida grazas ao seu faraónico embalse.

Traballou ata os 24 anos na tenda do seu pai, pero o espírito de aventura levouno a abandonar o fogar para ingresar no exercito. Da súa nova actividade axiña se cansou e tan só 4 anos despois volveu a cambiar de oficio para dedicarse, esta vez xa definitivamente, a prestar servizos en diferentes empresas navieiras.

Comezou a practicar damas con 7 anos de idade chegando axiña a converterse nun xogador moi forte. Sempre gustou moito da composición dedicando a maior parte do seu tempo a este campo no que conseguiu numeroso premios. Creou cera de 70 estudos pero non todos se conservan hoxe. O grande incendio do ano 1906 en Syzran queimou todos os seus arquivos e tan so a parte publicada e outra que foi restaurada coa súa memoria puido chegar ata nós.  



ESTUDO Nº9
[Brancas: (5), (17), (28). Negras: (3), 20, (27)]

Mikhail Tumanov [1897]
XOGAN BRANCAS E GAÑAN 

Traballo composto no ano 1897, o primeiro no que se presenta o tema do «Bloqueo Angular Repetido». Pola súa calidade foi seleccionado por Nikolai Kukuiev para formar parte do seu libro «125 Estudos de Damas».

1.05-09 ...  

Agora estaría fóra de tema a liña con 1. ... 20-15; [As brancas gañan por inconsistencia. Se 1. ... 20-16; 2.09x31, 03-12; 3.31-18, 12-29; 4.18-07, GB.] 2.09x31, 03-16; [Escapando da ameaza con 28-10] 3.*17-30, 16-03; 4.28-14 ... [Con 4.31-22 tamén GB.] 4. ... 15-12; 5.31-13, 03x17; 6.14-21, 17x26; 7.30x21, 12-08; 8.21-04, [GB].

Pero existen dúas variantes fundamentais segundo para a casa que escape a dama. Vexamos:

-A-

1. ... 27-30; 2.28-10, 03x13; 3.09x16, [GB]. «Bloqueo angular».


-B-

1. ... 27-31; 2.28-10, 03x13; 3.17x24, [GB]. Repetindo o tema pero de forma totalmente diferente.






Nicolai Alexandrovich Kukuiev
[1875-1951]
  
Veu ao mundo á veira do río Volga na cidade campesiña de Yaroslavl, pero aos poucos meses do seu nacemento a familia trasladouse a Moscú. Foi aquí, na capital, onde aprendeu os rudimentos do xogo practicando nas súas horas libres cos vendedores ambulantes. Naqueles días os mercados eran unha especie de clubs de damas nos que se podía chegar a intimar con moitos afeccionados. Nun destes lugares coñeceu por casualidade ao gran Vorontsov, un famoso xogador que o introduciu no intricado labirinto da teoría e que o axudou a progresar enormemente pulindo a súa técnica.  

Publicou o seu primeiro traballo en 1891, con tan só 16 anos de idade. Foi unha gran ledicia ver a súa creación ao lado de mestres da composición como Ivanov, Chochin, Tumanov ou Sargin.

Despois comezou a xogar por correspondencia e a publicar máis estudos en xornais e revistas. Pero a súa verdadeira fama no chegou ata despois da Revolución cando gañou en 4 ocasións consecutivas o Campionato de Moscú e logrou dous segundos postos no Nacional.

Como compositor creou máis de 60 estudos de alta calidade que non só son verdadeiras obras de arte senón que tamén constitúen un prezado legado educativo, indispensábel para perfeccionar a técnica do final de xogo.

Tamén recompilou as mellores producións de todos os autores rusos que se tiñan realizado ata o momento e publicounas no ano 1928 nun libro titulado orixinalmente «100 Estudos de Damas». Posteriormente despois de notar algunhas imperfeccións, excluíu 10 traballos e completou a obra con outros 35 novos, pasando a titularse desde a 3ª edición como «125 Estudos de Damas».

Sempre compartiu a súa experiencia cos xogadores novos e deu numerosas conferencias nas Casas dos Pioneiros. Nunca perdeu a paixón polas damas e incluso nos derradeiros anos da súa vida cando se veu obrigado a gardar cama, seguiu de preto todo canto se publicaba na prensa especializada.



ESTUDO Nº10
[Brancas: (4), (18), (24) vs. Negras: 16, (23) 30]

Nicolai Kukuiev
XOGAN BRANCAS E GAÑAN 


Nun dos volumes dos «Finais Prácticos Básicos» editado pola «Enciclopedia Damista» aparece un final do mestre brasileiro Miguel Cavalcanti que aumenta algunhas variantes ao estar recuado da seguinte forma: Brancas: (20), 21, (24) vs. Negras: (13), 29. Pero na solución 1.*24-31, non menciona que coa resposta 1. ... 13-03; existe unha anticipación, pois vai dar á posición orixinal de Kukuiev.

1.20-16 ...

Unha chave de emerxencia en vista de que non vale 1.20-23, por 1. ... 03-12 ou 1. ... 03-16; e o pase do peón «21» é imposíbel.

1. ... 29-26;

Sacrificando o peón para desfacer a «batería» e poder entrar no río.

a) Se 1. ... 29-25; 2.31-18, 03-17; [Se 2. ... 03-10 (Ou 06); segue o disparo con 3.18-31, GB.] 3.16-30 ... [Na nosa modalidade tamén vale 3.18-27, 17x23; 4.16x30, 25-21; 5.30x17, GB.] 3. ... 17x26; [GB].

b) Se 1. ... 03-10 (Ou 13); 2.21-26, 29x22; 3.31x06, [GB].

2.21x30, 03-10;

Aparentemente o obxectivo está conseguido, pero co primeiro movemento branco quedou preparada unha boa «armadilla».

3.31-13, 10x17; 4.16-03, [GB].

A dama negra está bloqueada.

ESTUDO Nº11
[Brancas: (3), (9), (25). Negras: 14, 20, (27), 31]

Nicolai Kukuiev [1903]
XOGAN BRANCAS E GAÑAN


Neste estudo publicado na «Folla do Damista» no ano 1903, aparece por primeira vez o que pasou a denominarse como «Bloqueo Kukuiev».

1.03-16 ...

«Ataque dobre».

1. ... 27-23;

Forzada para non perder material.

2.09-05 ...

Repite con outro «ataque dobre».

2. ... 23-19;

Cedendo un peón, pero ameazando a dama da casa «5».

3.*16x27!!, 31x22; 4.25-29 ...

Creando un orixinal bloqueo, hoxe coñecido polo nome do seu autor.

4. ... 19-32; 5.29x10, [GB].




  

Alexander Alexevich Saveliev
[1876-1937]

Natural de San Petesburgo residiu nesa cidade ata que en 1896 decidiu mudarse para Kursk. Anos máis tarde, xa despois da revolución trasladouse ao sur, vivindo primeiro en Berdyansk e logo en Tanganrog.

Os seus primeiros traballos no campo da composición viron a luz en 1901 na revista «Shashki» e alcanzaron tal fama que dous anos máis tarde foron exhibidos no alto dun edificio reproducidos nun enorme taboleiro mural xunto a outros dos irmáns Chochin.

Ao longo da súa carreira compuxo cerca de 120 estudos nos que a parte da súa dificultade inherente destacaba a culminación, case sempre cun final inesperado e orixinal. Publicou en multitude de medios, especialmente na revista «64» na que saíron estudos da súa autoría en case todos os números editados na segunda metade da década dos anos 20.

No campo práctico tamén era un bo xogador e foi invitado aos 4 campionatos rusos que se celebraron antes da revolución e posteriormente a 2 da Unión, pero nunca chegou a participar, presuntamente por motivos económicos.  




ESTUDO Nº12
[Brancas: (4), (9), (30). Negras: 10, 24, (31)]

Alexander Saveliev  [1904]

XOGAN BRANCAS E GAÑAN



1.30-16! ...

Frear o avance do peón non daría os resultados desexados. Tan só a construción desta «armadilla» permite progresar adecuadamente para poder alcanzar o reto.

Se 1.04-11, as negras entregan os dous peóns 1. ... 24-20; 2.30x16, 10-05; [Ou 2. ... 10-06] 3.09x02, e toman o río con 3. ... 31-28; [EMP]. Nótese que a defensa directa con 1. ... 31-28; perde tras 2.04-14, 28-32; 3.14x01, [GB].

1. ... 10-06;

Como acabamos de explicar, non vale a ocupación do río 1. ... 31-28; polo dobre ataque con 2.04-14 e [GB].

2.*16-03 ...

A forma axeitada de facer funcionar a «armadilla». Se 2.09-02 as negras defenden con 2. ... 06-03; [EMP]. Nótese que neste caso non valía 2. ... 31-28; por 3.02x15 e as brancas gañan tal como vimos no final do «Estudo Nº8».

2. ... 06-02; 3.03-06! ...

Sacrificando o peón para obrigar á dama negra a colocarse en posición flutuante.

3. ... 02x15;

A semellante desenlace conduce 3. ... 02x20. Mentres que 3. ... 02x11; permite acurtar o proceso con 4.04x18, 31x13; 5.09x27 [GB].

4.04-18, 31x13; 5.09x12, [GB].







 Alexander Ivanovic Chochin
[1878-1906]

Alexander Chochin [Nalgúns sitios transcrito como «Shoshin»] naceu na pequena poboación de Levashino situada na conca do Volga a uns 250 kms de Moscú. Con tan só dous anos de idade foi trasladado a San Petesburgo, onde o seu pai abriu unha pequena tenda dedicada á venta de candeas e queroseno para iluminación.

Na súa casa nunca faltaron fichas nin taboleiro pois todos sentían unha gran paixón polo xogo de damas. Foi o seu pai o que lle aprendeu as primeiras nocións tanto a el como ao seu irmán Vasily, que tamén chegaría a ser un reputado damista. Sendo xa un adolescente foi tutelado polo campión local V. Filipov, ao que conseguiu superar en moi pouco tempo. O seu mestre, admirado, concertou unha partida de 4 xogos por correo co famoso Arcadi Ovodova. Ante o asombro xeral, o noso protagonista conseguiu dobregalo co máis que convincente resultado de dúas vitorias e outros tantos empates.

No ano 1897 celebráronse dous importantes torneos en San Petesburgo que valeron a Chochin para alcanzar unha enorme popularidade tras despregar un estilo tremendamente agresivo e vencer en ambos os dous sen dar tan sequera nin un só empate.

En 1898 é invitado a participar na 3ª edición do Campionato Ruso, pero esta vez a falta de experiencia na alta competición xogoulle unha mala pasada e tan só puido compartir o segundo e terceiro posto con Ovodova. Con todo conseguiu non perder en ningún dos enfrontamentos e ata derrotou a Fedor Kaulenom, o primeiro clasificado, por 3 vitorias a 1, con 5 empates. 

A seguinte edición tardou tres anos en celebrarse,  Chochin a piques estivo de alcanzar o éxito, pero finalmente tan só conseguiu o segundo posto a medio punto do campión Sergei Vorontsov. Desgraciadamente a súa vida foi moi curta, morreu antes de cumprir os 27 anos, e nunca máis puido participar en tan prestixiosa proba.

Non cabe dúbida de que Chochin era grande como xogador, pero el forxou a súa auténtica lenda no campo da composición artística. Creou uns 50 estudos de finais, todos considerados como auténticas obras de arte.

No seu tempo en Rusia existían dous métodos de elaboración deste tipo de obras. Un máis basto, con opción múltiple para as negras, pero con remates antieconómicos e outro con material máis reducido, no que xeralmente as brancas tiñan 3 pezas xerando tamén varias opcións, pero nos que tan só unha das variantes mantiña a limpeza de solución única. Chochin foi capaz de combinar ambas direccións multivariando sempre con economía e limpeza en todas as hipóteses converténdose no fundador da escola artística moderna.

Xornalista profesional, tamén cultivou outras artes como a pintura e a escultura. Destacou como publicista de artigos sobre o noso xogo e foi director da famosa «Folla do Damista» que se editaba en Petrogrado.


ESTUDO Nº13
[Brancas: 9, (17) vs. Negras: 15, 25]

Alexander Chochin  [1896]
XOGAN BRANCAS E GAÑAN


1.17-13!! …

Fascinante. Nótese o fracaso dos seguintes ensaios:

a) 1.17-03, *15-11; 2.09-13, 25-21; 3.13-17, 21-18; 4.17-21, 18-13; 5.03x17, 11-07; 6.21-25, *07-03; [EMP].

b) 1.09-13, *15-11; 2.13-18, *25-21; [Non 2. ... 11-07�; por 3.17-03, 07-04; 4.03-17, GB.] 3.18x25, 11-07; 4.17-30, *07-03; [EMP].

É interesante resaltar que o estudo orixinal contaba aínda con dúas pezas máis: Un peón branco na casa «7» e outro negro na «8». A solución, máis difícil, comezaba con 1.*07-12, 08x15; [Non esquecer que nas damas rusas os peóns tamén comen para atrás] e agora 2.13.17.

Esta xema da composición artística foi creada por Chochin no ano 1896, anticipándose así ao portugués Luís Antonio David que publicou este mesmo estudo na revista «Século Ilustrado» no 1948. Curiosamente, catro anos máis tarde tamén apareceu en «A Lente» outra composición de David que tiña anticipación rusa, esta vez reproducindo un estudo de Gordin de 1897. Non sen razón moitos pensaron que se trataba de plaxios, pero nada máis lonxe da realidade. Segundo corroboran o Dr. OAL e Antonio Eduardo Igrexas, amigos persoais do autor, el tan só coñecía as obras dos autores clásicos españois e cando morreu no ano 1952, nada sabía da existencia dos traballos realizados fóra da nosa península.  

1. ... 15-12;

Agora se:

a) 1. ... 15-11; 2.13-03, 25-21; [Alcanzando unha posición que xa aparece nun xogo do manuscrito do «Canónigo del Sacro Monte de la Ciudad de Granada» datado na metade do S.XVII] 3.09-13, 21-17; 4.03-10, 11-07; 5.10-01, [GB].

b) 1. ... 25-21; 2.13-03, 15-11; 3.09-13, 21-17; e como na variante anterior segue 4.03-10, [GB].

2.13-18, 12-08; 3.09-13, 08-04;

Se 3. ... 25-21; 25-21; 4.18x25, 08-04; 5.13-18, [GB].

4.13-17, 04x21; 5.17x26, [GB].

Unha obra que debe figurar en todas as antoloxías.


ESTUDO Nº14
[Brancas: 4, 20, (27) vs. Negras: 6, 28]

Alexander Chochin  [1899]
XOGAN BRANCAS E GAÑAN


1.04-07 …

Chave de espera coa que se constrúe unha «armadilla» anti-promoción.

1. ... 06-02;

A liña temática. Máis fácil é o remate con calquera das outras opcións:

a) 1. ... 06-03; 2.27-30, [GB].

b) 1. ... 28-24; ou 1. ... 28-23; segue en ambos os dous casos 2.27-13, [GB].

2.27-09, 02x24; 3.09-02 ...

Plasmando así a idea de atrapar a dama negra que sofre ataque frontal da súa homónima branca. Na composición artística este tema é coñecido como «Bloqueo Frontal Impuro» e neste estudo do ano 1899 aparece por primeira vez na modalidade rusa.

Unha anticipación de moita menos calidade pódese ver no seguinte traballo do alemán Jean Dufresne [1829-1893] publicado no seu «Pequeno Tratado do Xogo de Damas» do ano 1884.



3. ... 28-23;

No «Bloqueo Frontal Puro» a dama é forzada a entregarse automaticamente, pero no «Impuro» a existencia deste peón obriga ao seguinte intercambio que caracteriza o tema.

4.07-11, [GB.]


ESTUDO Nº15
[Brancas: 17, 24, (32). Vs. Negras: (25), 26]

Alexander Chochin
XOGAN BRANCAS E GAÑAN


1.32-05 ...

Elegante forma de evitar que funcione a manobra defensiva que van efectuar as negras.

1 ... 25-29;

Formando «batería» e ameazando con cambiar peóns. Outros intentos perden por inconsistencia. Un exemplo moi interesante pode ser o seguinte: 1.32-05, 25-11; 2.24-28, 11-02; 3.05-14 ... [Se a dama move a outra casa do río, segue 3. ... 02-15; retrasando un lance debido a ameaza de cambio con 26-21] 3. ... 02-24; 4.28-32, 26-22; 5.17-21, 22-18; 6.14-10, 24-15; 7.21-25, 15-12!; 8.32-28! ... [Evitando a trampa. Se as brancas xogan de forma descoidada 8.25-29�, segue 8. ... *18-13; EMP.] 8. ... 12-03; 9.10-05, 03-07; 10.05-09, [GB].

2.24-28 ...

Complemento do lance anterior.

2. ... 26-21; 3.17x26, 29x01;

Nótese que nas damas rusas, ao non existir a lei da calidade, o estudo presenta unha variante máis con resultado similar aínda que coas damas en posición «inversa».

4.28-32, [GB].

Remate con «Bloqueo Bipolar» caracterizado pola colocación de dúas damas de diferente cor nas respectivas casas de coroación da gran diagonal sen existencia de máis pezas sobre o taboleiro. A súa consecuencia resulta evidente: «O bando ao que lle toca mover, perde».


O primeiro autor en empregar este tipo de bloqueo foi o español Juan de Timoneda no ano 1635. En Rusia o motivo apareceu moitos anos despois, en 1827, no tratado de Alexander Petrov [1794-1867].




ESTUDO Nº16
[Brancas: 2, 4, (23) vs. Negras: 6, 7, 11]

Alexander Chochin [1901]
XOGAN BRANCAS E GAÑAN


1.23-30 ...

Chave coa que se crea unha «armadilla» anti-promoción dobre.

1. ... 06-03;

Ou de forma similar se 1. ... 07-03; 2.30-16, 11-07; e bloqueo con 3.04x11, [GB]. Neste caso existe un «dual» con 3.02x11, 03-17; 4.16x03, 17-26; 5.03-10, [GB].

A existencia de «duais» nas composicións artísticas desvalorizan o traballo, quedando incluso «demolidas» se esta falla acontece nunha variante temática antes do terceiro lance branco.

2.30-17, 11-06; 3.02x11, [GB]. Bloqueo.

Nótese que nas damas rusas a solución aquí é diferente, debendo seguir con 3.04x11, 06x15; [Repare en que os peóns tamén poden comer para atrás] 4.02-06, [GB]. Da mesma forma na variante anterior queda eliminada a primeira das opcións e desaparece o «dual» co que a composición resulta tecnicamente perfecta.

Este traballo publicado na revista «Shashki» no ano 1901, ten un enorme interese. No «Xornal de Almada» do 13/9/1969 na súa produción Nº 529 amosa un final gañado en torneo polo eminente damista español Víctor Cantalapiedra no que se pode ver este tema nunha posición máis recuada e con moitas máis posibilidades de aparecer na práctica. Aquí a temos:


1.10-14, 15-11; 2.14-19, 17-13; 3.19-23, 13-10; 4.23-27, 10-06; 5.*08-12!!, 16x07; 6.27-30, e estamos na posición de Chochin despois do primeiro lance branco.



ESTUDO Nº17
[Brancas: (4), (9), (13), (25) vs. Negras: 16, (23), (26)]

Alexander Chochin

XOGAN BRANCAS E GAÑAN


1.25-29 ...

Practicamente obrigando ás negras a efectuar o lance que segue.

1. ... 26-17;

a) Se 1. ... 26-08; 2.13-22, 08x26; 3.29x32, [GB].

b) Se 1. ... 26-30; 2.29-12, 16x07; 3.04x28, [GB].

2.*09-05! ...

A clave na nosa modalidade. Cando o Dr. Sena Carneiro na «Enciclopedia Damista» dedicou unha homenaxe a Alexander Chochin na páxina 2048 do «6º Volume», enfeitizado pola riqueza de variantes, seguiu a solución do autor con 2.29-08�, *17x06; [Se 2. ... 17x10; 3.09-05, 10x01; 4.08-12, 16x07; 5.04x32, GB. Ou se 2. ... 17x03; 3.04-07, 03x12; 4.08x28, 16-12; GB.] 3.09-02, sen decatarse que agora tanto 3. ... 06-20; como 3. ... 23-01; ou 3. ... 23-32; conducen ao empate.

O lector debe notar que nas damas rusas o estudo é tecnicamente fantástico.

Se 3. ... 06-20; seguiría 4.02x24, 23-32!; 5.24-11, 32-01; 6.11-20,        16x23; 7.04-14, [GB].

Se 3. ... 23-01; 4.0x20, [GB].

Se 3. ... 23-32; 4.02x11, [GB].

Se 3. ... 06-24; 4.04-11, [GB].

Se 3. ... 06-10; 4.02-05, 10x01; 5.08-12, [GB].

Se 3. ... 06-03; 4.04-07, [GB.]

Se 3. ... 06-13 [Ou 17]; 4.02-06 seguido de 5.04-07, [GB].

2. ... 17x01;

Obrigado pola lei da cantidade. Nótese que nas damas brasileiras existiría un «dual», pois  aparte da solución do autor, tamén sería válida esta.

3.29-12, 16x07; 4.04x32, [GB].

Outra vez un remate co «Bloqueo Bipolar».






Vasily Alexandrovich Sokov
[1912-1944]

Naceu en Yaroslavl nunha familia de campesiños moi pobres. Cando contaba con 12 anos, por desavinzas entre os seus pais, trasladouse coa nai e dúas irmás menores a Leningrado. Para axudar no mantemento da familia converteuse en vendedor ambulante de xornais e estivo un ano enteiro sen poder ir á escola.

Desde moi pequeno xa coñecía os rudimentos das damas, pero non comezou a tomar o xogo en serio ata que con 15 anos proclamouse campión escolar de todo Leningrado.

Apoiado pola súa portentosa memoria, pasou longas horas estudando libros especializados na biblioteca pública local e asistiu a cursos maxistrais na Casa dos Pioneiros polo que non é de estrañar que os seus primeiros éxitos chegasen de inmediato.

Cun espírito enormemente combativo e convertido nun gran teórico e innovador, dominou e escena damista soviética durante a década que vai de 1931 a 1941. Nese tempo logrou 34 primeiros postos nos 40 torneos en que participou. Nos 469 xogos disputados alcanzou o extraordinario rexistro de 269 gañados, e tan só 11 perdidos.

O punto culminante da súa carreira tivo lugar no ano 1938, cando conseguiu gañar no fortísimo Campionato Soviético, sen perder xogo e cunha vantaxe de 2 puntos sobre o segundo clasificado. Un feito salientado de xeito moi especial na revista «64» considerándoo como o mellor xogador de toda a historia.

Desgraciadamente morreu moi novo. Con tan só 41 anos e en plenitude dos seus poderes creativos, caeu abatido na Batalla de Narva durante a 2ª Guerra Mundial.  



ESTUDO Nº18
[Brancas: (19), 28, (29) vs. Negras: (6), 21, (27)]

 Vasily Sokov

XOGAN BRANCAS E GAÑAN
[Regras rusas]

1.29-25, 27-18;

Se 1. ... 27-23; 2.25x02, 23x14 (Ou 10); [Se 2. ... 23x01; 3.28-32, GB.] 3.02-05, 14x01; 4.28-32, [GB].

Se 1. ... 27-31; 2.25x02, 31x24; 3.19-15, [GB].

Se 1. ... 21-17; 2.28-31 ... [Ataque simultáneo a dúas damas flutuantes con preparación de «Armadilla»] 2. ... 27-20; [Contra 2. ... 27-16; segue o mesmo proceso, e contra 2. ... 27-30; o camiño é máis curto tras 3.19-26, 30x21; 4.25x02, GB. Se 2. ... 27-09; o remate é máis evidente 3.*19-22, 09x27; 4.31x03, GB. Finalmente, se 2. ... 06-15; 3.19x08 ... (Ou o «dual» mínimo con 3.31x22) 3. ... 27-23; 4.31-27, 23x30; 5.08-26, 30x21; 6.25x18, GB.] 3.31-27, 20x30; 4.19-26, 30x21; 5.25x02, [GB].

Ata aquí todo este procedemento é válido nas damas rusas e tamén na nosa modalidade. Agora vai vir a diferenza.

2.*19-26, 21x30;

O peón come para atrás.

3.25x02, [GB].

Para poder aproveitar este magnífico traballo nas damas clásicas, fixemos a  adaptación que segue:


ESTUDO Nº18 [A]
[Brancas: (6), 12, (27) vs. Negras: 5, (8), (14)]

Vasily Sokov
[Adaptación]
XOGAN BRANCAS E EMPATAN


Como o lector pode comprobar, foron precisos tres cambios.

1º] Trocamos as cores para non infrinxir as normas dos estudos nos que sempre moven primeiro as brancas.

2º] Avanzamos un lance con respecto ao estudo orixinal.

3º] En lugar de vitoria branca, o enunciado pasa a ser de empate.

Vexamos a solución:

1.06-15! ...

A mesma continuación que no tronco da liña orixinal. As outras respostas xa vimos antes como perdían.

1. ... 05-02

O mellor intento, en vista de que a idea de Sokov con 1. ... 14-07; non vale na nosa modalidade.

2.*27-18!! ...

Impresionante. A primeira vista as brancas semellan perdidas [O que demolería a produción de Sokov, por «dual» grave] pois se 2. ... 14-11; 3.15x06, 02x24; [GN]. Este sorprendente lance defensivo do texto ata pasou desapercibido para o Dr. Sena Carneiro cando publicou este final na «Enciclopedia Damista».

2. ... 14x25; 3.15-29, 08x15; 4.29x12, [EMP].






Boris Markovich Blinder
[1913-1998]

Naceu en Kiev e aprendeu a xogar as damas nun internado no que foron inscritos tanto el como o seu irmán Salomón cando faleceron os seus país no ano 1924.

Destacou como xogador, adestrador e compositor, unha faceta na que foi enormemente prolífico. Publicou cerca de 250 estudos de primeira clase, moitos deles galardoados con importantes premios en diversos concursos.

Alumno avantaxado de Nikolai Kukuiev herdou del a súa magnífica técnica de construción e con tan só 15 anos chegou a ser amplamente coñecido no seu país grazas a un artigo sobre nenos prodixio publicado na revista «64». Pero se temos que destacar unha característica, seguramente a mais significativa sexa a súa capacidade para crear moitas variantes. 

Foi o único damista que conseguiu os títulos de Campión da URSS en competición [Anos 1934 en Moscú, 1952 en Leningrado e 1957 en Járkov] e en composición artística [Ano 1967].

No ano 1937 publicou un libro no que recolle todos os seus traballos compostos nos 10 anos anteriores.

  
ESTUDO Nº19
[Brancas: (12), 27, (31) vs. Negras: (17), 18]

Boris Blinder [1929]

XOGAN BRANCAS E GAÑAN


1.27-30 ...

«Ataque ao descuberto».

1. ... 17-03;

As outras opcións perden do seguinte modo:

a) 1. ... 17-13; 2.31-28, [GB]. Final básico.

b) 1. ... 18-14; 2.12-26, 17-03; 3.31-13, 03x17; 4.26-21, 17x26; 5.30x11, [GB].

c) 1. ... 18-13; 2.31x09, 17-10; 3.09-13, 10x17; 4.12-03, [GB]. Co mesmo bloqueo da liña tronco.

2.*31x13! ...

Creando unha bifurcación de efectos semellantes.

2. ... 03x17;

Ou se 2. ... 03x16; 3.13-03, [GB]. Bloqueo angular con dama negra en «17».

3.12-03, [GB].

Bloqueo angular con dama negra en «16». Fermosísimo estudo con tan só 5 pezas.


ESTUDO Nº20
[Brancas: (2), (4), (10) vs. Negras: 12, 24, 25, (29)]

Boris Blinder
XOGAN BRANCAS E GAÑAN


1.04-08, 12-07; 2.10-03, 07-04;

Tras dous ataques o peón foi «axudado» a coroar na casa clave.

3.*03-16 ...

Lance de espera. Necesario para descolocar a defensa.

3. ... 29-26;

Agora se:

a) 3. .... 04-21; 4.02-15, 29x12; 5.08x17, [GB]. A similar desenlace conducen as opcións negras con 3. ... 04-14 ou 3. ... 04-18.

b) 3. ... 25-21; 4.02-15, 29x12; 5.16x25, [GB].

c) 3. ... 24-20; 4.16x23, 25-21; [Ou 4. ... 04-07; (Se 4. ... 04-18 ou 4. ... 18-21; segue directamente 5.02-15, GB.) 5.23-14, 07x18; 6.02-15, 29x12; 7.08x13, 25-21; GB.] 5.23-14, 04x18; 6.02-15, 29x12; 7.08x13, [GB].

4.08x29, 04-14; 5.29-15, 14-32; 6.16-20, [GB].

O método xa foi visto no Estudo Nº3.

Ningún comentario: