RESPOSTA EXPLICADA
1.24-28 …
Lance que indica e existencia dun peón branco na casa «24». O lector debe lembrar que na composición de problemas existe a norma da economía e nunca se debe usar unha dama se un peón causa o mesmo efecto.
1. … 32x23;
Captura que nos dá a entender a existencia dunha peza na casa «32».
2.12-03 ...
As brancas concretan o bloqueo que se denomina «explosivo». Unha dama está inmobilizada e ao tentar liberala prodúcense un mínimo de 3 remates diferentes simulando cada un deles unha detonación da explosión.
Con este movemento deducimos que unha dama está na casa «12» e que a peza do cadro «32», indicada na nota anterior é un peón, pois se fose dama a captura sería 1. ... 32x08.
2. ... 23-19;
A primeira detonación. Outras serían:
a) 2. ... 23-20; 3.03x17, 01x10; 4.17x24, [GB].
b) 2. ... 10-06; 3.03x32, 01x10; 4.32x05, [GB].
c) 2. ... 14-11; 3.05x32, [GB].
3.03x17 ...
A dama captura un peón negro en «10» desostruíndo casa para que se poida realizar a captura que se indicará no terceiro movemento negro. O peón capturado non podería estar en «6» ou «13» pois entón xa tería que ser comido no lance anterior [En vez de 2. ... 23-19].
3. ... 01x10;
Indicando que hai unha dama negra en «1» que come unha peza branca en «5». Esta peza ten que ser una dama para que as brancas poidan gañar se no segundo lance as negras defenden con 2. … 14-11; pois así poderían replicar con 3.*05x32, [GB]. Nesta altura queda tamén ratificada a existencia dese peón da casa «11» que fai de caravilla impedindo que na captura a dama negra ocupe esa casa.
4.17x06, [GB].
Ningún comentario:
Publicar un comentario