luns, 8 de setembro de 2025

"Barca" con peón accesorio na casa "17"


A teoría considera determinante ter ocupadas de inicio as diagonais «16k30», «8k29» e «9k31» para poder gañar este final. Non obstante, presentamos aquí un caso especial no que, sen dominar nin tan sequera unha delas, as brancas conseguen a vitoria.

A súa técnica ademais presenta unha dificultade engadida, pois ao realizar as manobras necesarias para conseguir dominar esas diagonais hai que impedir que as negras poidan avanzar algún dos peóns de forma satisfactoria e ao mesmo tempo evitar que cheguen a poder reclamar o empate amparadas na regra dos 20 lances.

1.*04-08 …

Chave de ataque directo á dama para ocupar a diagonal «08k29» gañando un tempo.

Se a dama negra estivese na casa «1», a vitoria xa non sería posíbel. Neste suposto as brancas dispoñen do enxeñoso ensaio 1.02-11!!, 01-19; [Se escapan para «23» ou «28» o proceso pouco variaría pois seguindo do mesmo xeito o final acabaría entroncando] formando unha posición que se podería tentar gañar seguindo o mesmo proceso do noso final. Pero con ese lance xa gastado, as negras conseguirían o empate realizando 20 lances seguidos de dama sen ter que efectuar capturas.

1. … 19-01;

Agora se:

a) 1. ... 19-28; [autoobstrúe a mobilidade do peón «32»] 2.02-09 ... [Ou 2.03-16, 28-14; 3.02-09, que é o mesmo] 2. ... 28-14; 3.03-16, [GB]. As brancas agora dominan as tres diagonais fundamentais e poden formar comodamente a «Posición de Expulsión» á que nos referiremos máis adiante.

b) 1. ... 19-23; [Permite a permuta directa de damas] 2.02-20, 23x16; 3.*08-12, 16x07; 4.03x12, [GB].

c) 1. ... 19-14; 2.03-16 ... [Tamén valería 2.02-20, xa que se 2. ... 32-28; 3.*20-15, GB.] 2. ... 14-10; [Se 2. ... 14-01; 3.02-09, GB. Se 2. … 32-28; 3.08-19, 14x23; 4.16x27, GB. Se 2. … 17-13; 3.02-09, 13-10; 4.08-04 … (Aquí 4.09-02, tamén gañaría) 4. … 14-28; 5.04-14, 10-06; 6.*09-31, 28x10; 7.*16-23, 10x28; 8.31x02, GB.] 3.02-09, [GB]. Coas brancas, como na anterior «variante a», dominando as tres diagonais clave.

2.*02-15 ...

Este importante lance impide o avance do peón «32» ao formar un «gancho» que ameaza a troca de damas. Nótese que 2.03-16�, tamén evitaría o arranque dese peón, pero permitiría o avance do outro caendo en posición de empate.

2. ... 01-14!;

A máis resistente. Se:

a) 2. ... 01-28; 3.03-16 ... [Gañando outro tempo ao formar un novo «gancho» que forza o movemento da dama] seguido de 4.15-22, as brancas dominan as tres diagonais que facilitan o remate.

b) 2. ... 01-23; 3.15-20, 23x16; 4.08-12, 16x07; 5.03x12 ... [Entrando nun elemental final de dama contra dous peóns] 5. ... 32-28; 6.12-19, 28-24; 7.19-10, 24-20; 8.10-06, 20-16; 9.06-03, [GB].

c) 2. ... 17-13; 3.03x17 ... [Formando unha das máis sinxelas posicións do célebre final coñecido como a «Barca»] 3. ... 01-23; [Escapando da acción do «gancho». Se 3. ... 01-14; a dama queda atrapada nas transversais tras 4.17-21, 14x25; 5.08-04, GB. Se 3. ... 01-28; 4.15-24, 28-14; (Ou se 4. ... 28-23; 5.24-28, 23-01; 6.17-10, GB.) 5.08-19, 14x23; 6.17-30, GB. Ou se 3. ... 01-23; 4.17-21, 23-28; 5.15-24, 28-10; 6.24-28 ... (Tamén vale 6.08-19, 10x23; 7.21-30, GB.) 6. ... 32x23; 7.21-14, 10x19; 8.08x22, GB.] 4.17-21, 23-28; 5.15-24, 28-10; () 6.24-28, 32x23; 7.21-14, 10x19; 8.08x22, [GB].

3.*15-20 ...

Ocupa a fundamental diagonal «16k30».

3. ... 14-05;

Esta dama podería tamén ir a «01» ou «28», que o proceso seguiría de modo similar.

Ou se:

a) 3. ... 32-28; 4.*20-15 ... [Repite o «gancho», que evita que a dama poida escapar para os dous cadros inferiores do río] 4. ... 28-23; [Contra 4. ... 28-24; seguiría 5.*15-20 ... (Convertendo o «gancho» nunha «batería») 5. ... 24x15; 6.08x GB. Ou contra 4. ... 14-23; 5.*03-16, GB.] 5.*15-19, [GB]. Formando unha decisiva «Luneta» coa que as brancas van comer o peón «19» trasformando o final noutro totalmente elemental e xa suficientemente divulgado polo que non precisa de máis explicación.

b) 3. ... 17-13; 4.03x17, 32-28; [Se 4. ... 14-05; ou 4. ... 14-01; segue 5.20-15, co proceso da «Barca» visto na nota do segundo lance negro. Ou se 4. ... 14-28; 5.20-24, co mesmo proceso adiantado un lance] 5.08-04, 14-05; 6.20-23, 28x19; 7.17-10, 05x14; 8.04x18, 19-15; 9.18-07, [GB].

4.*20-30 ...

Antes de realizar calquera outra manobra, esta dama ten que ir a un canto da citada diagonal para evitar o arranque do peón «32». Neste caso obrigatoriamente ao canto superior, como o lector poderá deducir ao ver a nota correspondente ao seguinte lance negro.

4. ... 05-14;

Nesta altura se:

a) 4. ... 05-01; ou 4. ... 05-28; o proceso tamén seguiría de modo similar ao do tronco.

b) 4. ... 05-10; [Tentando aproveitar que agora as brancas non dispoñen da posibilidade de parar o avance do peón desde a casa «2»] 5.03x13, 17x10; 6.*08-19, 10-06; 7.*19-28 ... [Remate só posíbel grazas á acertada colocación da dama na casa «30»] 7. ... 32x23; 8.30x02, [GB].

c) 4. ... 32-28; segue a evidente 5.08-19, [GB].

d) 4. ... 17-13; 5.03x17, seguido de 6.17-06, con idea de ir a «15» e seguir o xa explicado sistema da «Barca».

5.08-22 ...

Ata aquí todos os lances son únicos. A clave do final está en expulsar a dama negra do río e para iso é necesario chegar a unha determinada posición, que agora pode alcanzarse por permutación [Unha licenza típica dos «finais artísticos». Pero que non sería permitida na categoría de «Estudos» nos que todos os lances temáticos deben ser únicos] seguindo tamén con 5.03-06, 14-01; [Se 5. ... 14-28; 6.06-24, GB. Ou se 5. ... 14-05; podería seguir o proceso con 6.08-29, pero tamén valería xogar primeiro 6.06-02. E de modo similar ao indicado na «variante b» da nota referente ao 4º lance negro, contra 5. ... 14-10; 6.06x13, 17x10; seguiría 7.*08-19, 10-06; 8.*19-28, 32x23; 9.30x02, GB.] 6.*08-29, 01-14; 7.*06-02, 14-10; [Se 7. ... 17-13; 8.*02-09, 13-10; 9.29-25, 14-28; (Ou 9. ... 10-05; para entrar na »Barca» tras 10.25x11, 05-01; 11.09-22, e agora se 11. ...01-28; 12.11-24, GB. Se 11. ... 01-10; 12.22-13, 10x17; 13.11-21, GB. Ou se 11. ... 01-05; 12.11-20!, 05-10; 13.30-23, 10x28; 14.*22-31, 28-24; 15.*20-02, 32-28; 16.31-27, GB.) 10.25-14, 10-06; 11.09-31, 28x10; 12.30-23, 10x28; 13.31x02, GB.] 8.*02-09, entroncando.

5. ... 14-01!;

De novo a máis resistente.

[ ● ] 5. ... 14-05; permite abreviar con 6.03-16!, 05-10; 7.30-26, 10-05; 8.26-29, 05-14; 9.16-30, 14-05; 10.30-21, 05-23; 11.21-07, 23-28; 12.07-04, construíndo a armadilla clave usando un lance menos [Entronca na mesma posición que na liña tronco despois do décimo terceiro lance branco].

[●] 5. ... 14-28; permite abreviar igualmente con 6.03-16! con proceso similar ao da opción anterior. Pero, nótese que no seu lugar non valería 6.22-31�, por 6. ... *28-10; [EMP].

[ ● ] Se entran na «Barca» con 5. ... 17-13; 6.03x17, pode seguir:

a) 6. ... 14-28; 7.22-31, 28-14; 8.30-23, [GB].

b) 6. ... 14-01; 7.17-21, 01-05; 8.21-07! ... [Máis rápido que 8.21-11, 05-01; 9.11-15 ... (Non 9.11-20�, por 9. ... *32-28; EMP.) 9. ... 01-10; 10.30-16, 10-14; 11.22-27, 14-10; 12.16-23, 10x28; 13.15-24, GB.] 8. ... 05-01; 9.30-26, 01-10; 10.26-29, 10-23; 11.07-21 ... [Lance de espera] 11. ... 23-28; 12.22-31, 28-10; 13.31-28, 32x23; 14.21-14, [GB].

c) 6. ... 14-05; 7.17-21, 05-01; 8.21-11!, 01-05; 9.11-20, 05-10; [Agora se 9. ... 32-28; pódese atacar con 10.20-02, 05-10; 11.22-19, GB.] 10.30-23 ... [Remate de Montero, xa publicado no ano 1591] 10. ... 10x28; 11.22-31, 28-24; 12.20-02, 32-28; 13.31-27, [GB].

6.*03-12 ...

Agora non vale 6.03-16�, pois permite a defensa con 6. ... *17-13; 7.22x09, *32-28; [EMP].

6. ... 01-05;

Se 6. ... 17-13; 7.22x09, 01-10; 8.12-15!, 10-14; 9.30-16, 14-01; [Se 9. ... 14-10; abrevia con 10.09-27, pois se agora 10. ... 32-28; segue 11.*27-23, 28x12; 12.16x13, GB. Unha famosa manobra presentada no libro do autor clásico Pedro Ruíz Montero publicado no ano 1591] 10.09-18 ... [Espera, para ir a «27» cando a dama negra estea no aire] 10. ... 01-05; 11.18-27!, 05-14; 12.16-23, 14x28; 13.15-24, [GB].

7.22-09 ...

Lance de desobstrución de casa que tamén podería ser feito nas casas «18» ou «27»

7. ... 05-10; 8.12-29, 10-01; 9.*09-22 ...

Formando no momento xusto a «Armadilla Clave». Unha posición que aparece co Nº 967 ─A─ no 2º volume dos «Finais Práticos Básicos» da «Enciclopédia Damista», pero que segundo explica o mestre Manuel Melo, antes xa tiña sido publicada no «Jornal de Almada» como parte dun problema incluído nun Concurso de Solucións.

9. ... 01-14;

A máis resistente. Impedindo momentaneamente á dama branca situada no circuíto medio [3/16/30/17] tomar esa transversal.

10.*30-16 ...

Lance de espera para descolocar a dama negra.

10. ... 14-05;

A dama ten que escapar para a unha das casas inferiores. Se 10. ... 14-28; cae na acción do «gancho» con 11.16-23, [GB].

11.*16-07...

Agora si, a dama do circuíto medio consegue entrar na transversal.

11. ... 05-23;

Aquí 11. ... 05-28; permite abreviar ao poder xa ir para o canto con 12.07-04, obrigando á dama negra a abandonar o río. Pois se agora 12. ... 28-23; seguiría 13.22-27, 23x30; 14.29-26, 30x21; 15.04x25, [GB].

12.*07-21 ...

O movemento exacto. Como explica Manuel Melo nos «Finais Práticos Básicos», a dama só vai ao canto xusto despois de que as negras coloquen a súa na casa «28». Se fosen a outra casa, as negras poden seguir con 12. ... 32-28!; e o empate resulta irremediábel. 

12. ... 23-28;

O «gancho» branco obriga ás negras a realizar este lance. Así queda formada a «Posición de Expulsión».

13.*21-04!! ...

Concluíndo a manobra que forza á dama negra a abandonar o río. Unha mellora técnica que no noso final ten unha especial relevancia, pois no volume dos «Finais Práticos Básicos» aquí continúa levando a dama para a casa «25» o que neste caso concreto permitiría ás negras salvarse pola regra dos 20 lances.

13. ... 28-31;

Como xa dixemos, as brancas non poden ir para ningunha das 3 casas inferiores do río debido ao «gancho». Tampouco poden quedar en «23» por 14.22-27 e 15.29-26, [GB].

Mentres que se 13. ... 28-24; seguiría 14.22-31! ... [Máis rápida que se toman xa directamente o dominio do río] 14. ... 24-06; [Se 14. ... 24-20; hai golpe con 15.31-27, 20x30; 16.29-26, 30x21; 17.04x25, GB. Ou se 14. ... 24-02; prodúcese unha lixeira transposición interna, xa que tras 15.29-19, 02-24; o xogo conflúe] 15.29-19, 06-24; [Se 15. ... 06-20; perde con 16.31-27, de xeito semellante ao visto na nota anterior. Ou se 15. ... 06-02; co sacrificio na casa «5», tal como veremos na nota do seguinte lance] 16.19-10 ... [Creando unha «armadilla» da que a dama negra só podería escapar sacrificando o peón «17». Un remedio que só serviría para prolongar a agonía] 16. ... 24-02; [Escapa da ameaza de «gancho» con 17.04-11, que se aplicaría se queda nas casas «15» ou «20»] 17.10-05, 02x09; 18.04-18, 09x22; 19.31x09, [GB].

14.*22-19 ...

As brancas pasan a dominar o río. Así temos un novo final que aparece no volume dos «Finais Práticos Básicos» como Nº 967, no que se indican 2 BASES gañadoras. A primeira con damas en «23», «24» e «31», e a segunda con damas en «1», «3» e «9». Pero no noso caso tampouco podemos usar esas bases, pois gastan máis lances.

14. ... 31-28!;

Nada hai máis resistente. Neste punto se:

a) 14. ... 31-24; 15.29-22, e agora se:

 15. ... 24-28; 16.19-01, 28-24; [Se 16. ... 28-31; perde polo «gancho» con 17.01-14, GB.] 17.22-31, 24-02; 18.01-05, 02x09; 19.04-18, 09x22; 20.31x09, [GB].

 15. ... 24-31; 16.19-14, [GB].

 15. ... 24-20; 16.22-27, 20x30; 17.19-26, [GB].

 15. ... 24-06; 16.22-31, 06-24; [Se  16. ... 06-02; 17.19-05, 02x09; 18.04-18; GB. Se 16. ... 06-03; 17.19-10, GB. Ou se 16. ... 06-20; 17.31-27, 20x30; 18.19-26, GB.] 17.19-10, [GB].

 15. ... 24-02; 16.22-31, 02-24; [GB]. Coma na opción anterior.

b) 14. ... 31-27; ou 14. ... 31-13; perde de golpe con 15.19-28, 32x23; 16.29-19, 23x14; 17.04x [GB].

c) 14. ... 31-09; 15.19-01, 09-02; [Se 15. ... 09-31; conflúe na liña do tronco. E se a dama queda no aire  perde como vimos na anterior «variante b»] 16.29-22, e se:

 16. ... 02-06; [Traspón, con 1 lance menos por bando, na «variante c» de desvío do tronco con 17. ... 24-06].

 16. ... 02-09; 17.22-31, 09-02; 18.01-05, 02x09; 19.04-18, [GB].

 16. ... 02-20; 17.22-13, 17x10; 18.01x16, [GB].

 16. ... 02-24; 17.22-31 ... [Conflúe na liña da 1ª opción da anterior «variante a» con 14. ... 31-24].

15.*19-01, 28-31!!;

A mellor para levar ao límite o ataque branco. Tanto é así que se consideramos a posición que mencionamos ao comentar o primeiro lance branco [Br: (3), (4), (11) vs. Ng: (1), 17, 32. Xogan as negras] este sería o único lance que conseguiría o empate.

Se 15. ... 28-24; segue 16.29-22, confluíndo na mesma posición que se alcanza na liña do tronco despois do décimo sétimo lance branco [As brancas así poden abreviar 1 lance no proceso].

16.*29-15, 31-24!;

A que máis resiste. Aquí se:

a) 16. ... 31-09; 17.*01-14, 09-02; [Escapando da acción do «gancho». Se 17. ... 09-13; perde como na seguinte «variante b» con 18.14-28, e 19.15-19, seguido de 20.04x GB.] 18.04-11, 02-09; 19.*14-05, 09x02; 20.15-24, [GB].

b) 16. ... 31-27; ou 16. … 31-13; 17.*01-28, 32x23; 18.*15-19, 23x14; 19.04x [GB].

17.*15-22!! …

Formando «batería» con posibilidade de disparo por sacrificio na casa «13».

Nótese que non valería 17.15-02� ... [O errado lance que elixen os mellores programas informáticos da actualidade como é o caso do "Profound" de Álvaro Cardoso] por 17. ... *24-31; 18.01-19, *31-09; 19.04-11, *09-13; 20.02-09, 13-03; [EMP]. As negras completan 20 lances seguidos de dama sen facer capturas.

17. … 24-02;

Outras alternativas poderían ser:

a) 17. ... 24-31; funciona o «gancho» con 18.01-14, [GB].

b) 17. ... 24-20; 18.*22-13, 17x10; 19.01x16, [GB].

c) 17. ... 24-06; 18.22-31 ... [Tamén valería 18.04-18] 18. ... 06-24; para evitar ter que realizar unha captura no seguinte lance [Se 18. ... 06-03; 19.01-10, GB. Se 18. ... 06-02; 19.01-05, 02x09; 20.04-18, GB. Ou se 18. ... 06-15; ou 18. ... 06-20; segue en ambos os dous casos o disparo de «batería» con 19.31-13, GB.]. Neste altura a posición conflúe na liña do tronco.

18.22-31! ...

Este lance podería alternarse con 18.04-18.

18. ... 02-24;

Non poden ir a «6» por 19.01-10, [GB]. Nin quedar en «15» ou «20» debido ao disparo con 19.31-13, [GB].

19.*04-18! ...

19. ... 24-02;

Igual que vimos no lance anterior, a dama continúa sen poder quedar no aire.

20.*01-05 ...

Provocando que xusto no vixésimo lance a dama negra teña que realizar unha captura sen poder completar a serie salvadora.

20. ... 02x22; 21.31x09, [GB].

Ningún comentario: