luns, 12 de setembro de 2011

Gran vitoria de Tiago en Marrocos

Durante a primeira fin de semana deste mes de setembro [días 2 e 3] disputouse na turística cidade marroquí de Mohammedia un importante Torneo Internacional. Participaron un total de 20 xogadores dos que 15 pertencían ao país anfitrión e os 5 restantes eran de nacionalidade portuguesa.

O Torneo foi dividido en 6 sesións con partidas de catro xogos cada unha. Os participantes dispoñían dun tempo de 45 minutos para distribuír entre os 4 xogos, dos que 2 eran con apertura libre e os outros 2 con sorteada. Os portugueses pretendían que non se xogase entre eles polo menos antes da cuarta sesión, mais finalmente non se chegou a un acordo e puidéronse ver enfrontamentos como por exemplo o de Luís Sá e Tiago Manuel da segunda rolda.

Unha moi grata impresión deixaron os marroquís que amosaron un elevadísimo nivel e clasificaron a 2 damistas en postos de podio. O seu representante máis famoso, Miloud Smine, ocupou a segunda posición, mentres que K. Slimane quedou terceiro. Pero con todo o gran triunfador do torneo foi o portugués Tiago Manuel Neves que asinou unha brillantísima actuación e con 5 puntos adxudicouse a primeira praza sen perder ningún xogo. Empatou [0-0] os encontros con Slimane e Miloud Smine e derrotou a Veríssimo [2-0], Luís Sá [2-0], Youssef [1-0] e Abdeghani [2-0].

Tiago semella cada vez máis forte e neste ano está conseguindo vitoria tras vitoria en todos os torneos nos que participa, demostrando así ser o xogador máis en forma do momento.

Vexamos deseguido a clasificación e 2 xogos do campión.


CLASIFICACIÓN DO TORNEO INTERNACIONAL DE MOHAMMEDIA [2011]

1 TIAGO MANUEL NEVES .......  5 puntos
2 MILOUD SMINE .................... 4.5
3 SLIMANE. K .......................... 4.5
4 YOUSSEF ZEBIRI .................  4
5 VERÍSSIMO DIAS .................. 4
6 AL MAMOUNE .......................4
7 MUSTAFA ...............................3.5
8 CHAIBI MOHAMED .............. 3.5
9 HAKONI MOHAMED ............ 3.5
10 ABDEGHANI ....................... 3
11 HAMID AMRI ...................... 3
12 REDWANE, 1858 ................. 2.5
13 KADIRI MOHAMED ............ 2.5
14 JAMAL ENMIRAT ................ 2.5
15 DELFIM ALVES .................... 2
16 YASSINE  .............................. 2
17 LUÍS SÁ ................................. 2
18 ABDESLAM AZOUZI ............ 2
19 VITOR NEDIO ....................... 1.5
20 BOUCHAIB MARJAN ........... 0.5

* * * * * * * * * * * *

Tiago Manuel Neves vs. Abdeghani
Torneo Internacional de Mohammedia, 2011 [1º Sesión]
«Apertura Dereita Marxinal»

1.09-13, 21-17;

A «Dereita Marxinal», unha apertura que Tiago domina a perfección e coa que recentemente bateu ao campión portugués Dr. Vaz Vieira.

2.05-09, 25-21; 3.12-15 ...

A gran alternativa ao tantas veces xogado 3.02-05 que puxera de moda Julius D´Orio e que escolleu o rival de Tiago na partida que xogou con brancas. [Xa temos publicado o xogo completo na entrega do venres pasado, nos comentarios da terceira xogada das negras].

Tiago Manuel preparado para efectuar o lance 3.12-15
[Foto de Mohammediapresse.com]

3. ... 23-20;

Na actualidade a xogada preferida dos teóricos, aínda que 3. ... 21-18 tamén é unha moi interesante opción.

4.08-12 ...

Para outras posibilidades o lector pode consultar os comentarios da entrega anterior en homenaxe a Silva Pereira.

4. ... 20-16;

Se 4. ... 27-23; 5.10-14 ... [Agora 5.12-16 permite 23-19; 6.16x23, 19x12; 7.07x16, 28x19; con bo xogo para as negras] 5. ... 17x10; 6.06x13, 22-19; 7.15x22, 26x10; 8.12-15, 21-17; 9.13-18, 20-16; 10.04-08 ... [Se 10.02-05, 10-06; 11.03x10, 16-12; 12.07x16, 23-20; con equilibrio] 10. ... 30-26; 11.02-05 ... [11.18-21 perde de golpe con 31-27; 12.21x30, 17-13; 13.09x18, 10-06; 14.03x10, 23-20; 15.30x23, 28x03 GN.] 11. ... 10-06; 12.03x10, 23-19; 13.15x22, 26x19; 14.08-12, 31-27!; 15.11-15 ... [Non 15.10-13, 17x10; 16.05x30, 28-23 con gran vantaxe das negras] 15. ... 19-14; 16.10x19, 27-23; e as negras teñen que xogar con moito coidado. 

5.11-14, 22-18; 6.13x22, 27x11; 7.07x14, 16x07; 8.04x11, 28-23; 9.01-05, 26-22;

En vista do que aconteceu, pode que comprometa o xogo. As negras dispoñen dunha mellor opción con  9. ... 23-20; e tras 10.09-13, 30-27; 11.03-07, 27-23; 12.15-19, 31-28; 13.13-18, 20-16; 14.18x25, 17-13; 15.10x17, 16-12; 16.07x16, 23-20; 17.16x23, 26-21; 18.17x26, 29x15; 19.11x20, 28x01; 20.25-29, 24x15; 21.29x12 EMP.

10.15-19, 22x15; 11.11x27, 31x22; 12.09-13, 29-25;


POSICIÓN DESPOIS DE 12. ... 29-25;


13.13-18, 22x13; 14.05-09, 24-20;

Se 14. ... 21-18; 15.14x21, 25x18; 16.10-14, 18x11; 17.09x18, 17-13; 18.06x15, 30-26; 17.15-19 GB.

15.09x18, 32-28;

Se 15. ... 20-16; 16.03-07, 30-27; 17.06-11, 3-28; 18.11-15, 28-24; 19.15-19, 24-20; 20.19-23, 20-15; 21.23x30, 15-12; [21. ... 15-11; 22.07-12, 16x07; 23.10-13, 17x10; 24.30x12 GB.] 22.07-11, 12-07; 23.30-26, 07-03; 24.26-22, 03x13; 25.22-31, 13x22; 26.31x09, 16-12; 27.14-19, 12-07; 28.19-23, e xogando con precisión as brancas deben gañar.

16.18-22, 20-16;

Se 16. ... 21-18; 17.14x21, 25x18; 18.10-14, 18x11; 19.06x31 GB.

17.22-26, 16-12; 18.26-29, 12-08; 19.29-22, 28-23; 20.22-09, 23-20; 21.14-19, 20-16; 22.19-23, 16-12; 23.23-28, 21-18; 24.09x22 ...

E coa posición completamente perdida as negras seguiron unhas xogadas máis. Porén Tiago, sen problemas, rematou con contundencia. Resultado: [1-0]

* * *

Miloud Smine vs. Tiago Manuel Neves
Torneo Internacional de Mohammedia, 2011 [6ª sesión]
«Partida Fife» [Gambito de Wyllie]

1.12-15 ...

A «Apertura Paralela» así denominada por mover sobre a diagonal 8/29 tamén coñecida por ese mesmo nome. Unha boa saída pois coloca unha peza no centro. Está considerada como a segunda mellor forma de iniciar o xogo, só superada estratexicamente por 1.10-14 que mantén intacto o máis débil flanco do dobre curruncho.

1. ... 22-18;

A resposta habitual é 1. ... 23-19 desenvolvendo o flanco de río e movendo tamén cara ao centro. Coa xogada do texto as negras pretenden traspoñer o xogo ás partidas clásicas.

2.10-14 ...

As brancas aceptan a proposta. Estamos nunha das posicións máis familiares do xogo de damas, xeralmente alcanzada despois e 1.10-14, 22-18; 2.12-15. No caso de que se prefiran camiños menos trillados pódese optar por 2.10-13.

2. ... 23-20;

O típico movemento de pinzas, complemento da xogada anterior. Menos combativa, aínda que moi segura é a continuación 2. ... 26-22; coñecida como «Partida Anderson».

3.08-12 ...

Deixando latente a posibilidade de entrar na «Partida Fife» introducida polo escocés James Wyllie no seu match do ano 1847 contra o seu compatriota Andrew Anderson. Outras eleccións que se xogan moito son a flexible 3.05-10 e 3.07-12 coa que se configura a «Partida Clásica» ou incluso 3.06-10 entrando directamente na «Confusa».

3. ... 20-16;

Opoñéndose drasticamente a un futuro 12-16 que permitiría a ganancia de espazo por parte das brancas.

4.15-19 ...

Miloud, considerado como o mellor xogador marroquí, toma unha valiente decisión evitando utilizar os máis habituais lances 4.05-10 ou 4.06-10. Coa xogada do texto queda definitivamente plantexada a «Partida Fife» que se caracteriza por esta famosa proposta de gambito cuxa idea orixinal se debe ao portentoso xenio de Wyllie. Agora as negras teñen á súa disposición a posibilidade de quedar cun peón de máis efectuando unha permuta «3x2».

4. ... 18-13;

As negras aceptan o regalo e, segundo palabras do célebre tratadista Richard Fortman, destapan a “Caixa de Pandora”. Se as negras prefiren recusar a proposta, a «Enciclopedia Damista» recomenda como mellor forma a continuación con 4. ... 24-20.

5.09x18, 27-22; 6.18x27, 31x08;

Tras a ganancia do peón, as negras teñen que xogar con gran coidado pois a posición é propicia para aplicar moitos trucos que favorecen ás brancas. O peón de máis foi parar á «caseta do can» [nome co que na terminoloxía damista se coñece o cadro «8»] onde permanecerá afastado por moitos movementos. A idea do gambito semella bastante lóxica: no que se refire ás pezas xogables, as brancas teñen agora tantas coma o seu rival e, ademáis, este tamén queda coas súas forzas divididas.

7.05-10 ...

POSICIÓN DESPOIS DE 7.05-10 ...

Intuitiva e ao mesmo tempo coherente continuación mantendo as pezas sólidas. Para outras liñas e máis comentarios ver a base de datos Nº 12. [clic aquí].

7. ... 26-22; 8.01-05 ...

Apoiando o corte na casa «18».

8. ... 24-20: 9.14-18, 22x13; 10.10x26, 29x22; 11.05-10 ...

No tratado de Lees «A Complete Guide to the game of Draughts» segue 11.05-09 con idea de ir a «13». O escocés James Lees está considerado como un dos mellores analistas de todos os tempos. Impedido de participar en torneos debido a unha enfermidade dexenerativa a consecuencia da cal morreu no 1899 con tan só 33 anos, editou a súa célebre guía no 1892. Foi tal o éxito alcanzado que se seguiron publicando ducias de edicións, algunhas delas nos Estados Unidos, ata finais dos anos 50.

11. ... 25-21; 12.10-14 ...

Se 12.10-13 a liña traspón á «Guía de Lees» que continúa con 12. ... 21-17; 13.11-15, 20x11; 14.07x14, 17x10; 15.06x13, 22-19; 16.14x23, 28x19; 17.13-18, 19-15; 18.18-21 para empate. Podería seguir 18. ... 32-28; 19.21-25, 28-23; 20.02-06 ... [20.25-29, 23-20; 21.29x12, 16x07; 22.03x12, 20-16; 23.12-15, 16-12; 24.15-19, 12-07; 25.04x11, 08-04 GN.] 20. ... 23-20; 21.06-10, 15-11; 22.10-13, 11-7; 23.04x11, 08-04; 24.13-17, 4x14; 25.25-29 e unha vez salvados os escollos, as negras conservan a vantaxe de material. A superioridade é palpable porén con todo non chega para gañar.

12. ... 28-23; 13.11-15, 20x11; 14.06x15, 22-18; 15.02-05, 18x11; 16.07x14, 16-12; 17.05-10, 30-26;


POSICIÓN DESPOIS DE 17. ... 30-26;


Grazas á súa excepcional preparación teórica, o campión portugués de "rápidas" foi eludindo todos os perigos que a liña presenta e agora son as brancas as que teñen que xogar con coidado, xa que o peón que teñen de menos pode chegar a ser decisivo no final.

18.10-13 ...

Grave erro en posición nivelada. Como apuntou o propio Tiago Manuel, tras 18.15-19, 21-18 mantíñase o equilibrio.

18. ... 21-17; 19.13-18, 17-13; 20.14-19, 23x14; 21.15-19 ... 

Nesta posición as negras teñen o xogo gañado, mais ambos os dous xogadores víronse obrigados a efectuar os últimos movementos a moita velocidade. Os apuros de tempo non lle permitiron realizar os mellores lances e finalmente o duelo terminou en empate, un resultado que lle valía ao portugués para adxudicarse o torneo.

Unha das máis sinxelas formas de impoñer a vantaxe podería ser: 21. ... 13-10; 22.18-22, 26-21; 23.22-27, 10-06; 24.03x10, 14x05; e agora se:

a) 25.19-22, 05-02; 26.27-30, 12-07; 27.30x17, 07-03; 28.22-26, 03-07; 29.04x11, 02x29 GN.

b) 25.19-23, 05-02; 26.27-30 ... [26.23-28, 32x23; 27.27-30, 23-19: 28.30x17, 12-07; 29.04x11, 02x20; 30.17-26, 20-15; 31.26-27, 19-14; 32.17-21, 15-11; 33.21-17, 08-04; 34.17-13, 11-15; 35.13-17, 15-19; 36.17-06, 04-08; 37.06-20, 14-10; 38.20-02, 19-14 e o peón pasa GN] 26. ... 02-20; 27.30x17, 20x30; 28.17-06 ... [28.17-03, 32-28; 29.03x16, 28-23 GN] 28. ... 12-07; 29.04x11, 08-04; 30.11-15, 04-08; GN.

Ningún comentario: