Nun dos varios vídeos do "Torneo Internacional de Mohammedia" [Marrocos, 2011] ofrecidos pola publicación dixital "Mohammediapress.com" podemos ver case integramente o xogo ao que hoxe lle imos dedicar a nosa atención. Habitualmente os campionatos de rápidas xóganse a un ritmo de 30 minutos por partida de catro xogos. Nesta ocasión o ritmo era un pouco máis cómodo, cada damista dispoñía dunha media duns 11 minutos para reflexionar en cadanseu destes catro xogos. En todo caso o tempo chega para pouco e habitualmente os contendentes vense obrigados a mover case ao toque. Xogando en estas circunstancias, por moi bo que sexas, non é de extrañar que de cando en vez aparezan as imprecisións ou xurdan as sorpresas. Este xogo non é unha excepción.
Delfim Alves vs. Xogador marroquí
Torneo Internacional de Mohammedia, 2010
1.09-13, 21-17; [Apertura "Dereita Marxinal"] 2.11-14 ... [Lance de uso infrecuente. Habitual é 2.05-09] 2. ... 23-19; 3.14x23, 28x19; 4.07-11, 32-28; [Un xogo do Torneio de Meruge deste no 2011 disputado por Justino Miguel vs. Antonio Almeida seguiu 4. ... 25-21; 5.11-14, 31-28; 6.14x23, 28x19; 7.04-07, 21-18; 8.12-16, 18x09; 9.10-13, 17x10; 10.05x23, 27x20; 11.06x23 cunha lixeira vantaxe das brancas] 5.11-14, 28-23; 6.06-11, 26-21; 7.05-09, 21-18; 8.14x21, 25-18; 9.11-15, 29-25; 10.03-07, 23-20; 11.10-14 ... [Xogada extravagante que perde material innecesariamente. Correcto era 11.02-05 con posición máis ou menos equivalente] 11. ... 18x11; 12.07x23, 20x11; 13.13-18 ... [Mellor semella 13.23-28, pero con todo a situación para as brancas xa era desesperada] 13. ... 27x20; 14.18x27, 31x22; 15.01-05, 20-16; 16.12-15, 16-12; 17.05-10, 12-07; 18.08-12, 22-18; 19.15-19, 07-03; 20.12-15, 03x13; 21.19-23, 13-03; 22.23-28, 03-12; 23.28-32, 12x29; 24.32-23, 29-12; 25.23-01, 12-03; [As brancas conducidas polo veterano xogador portugués Delfim Alves van resistindo como poden. Xa a punto de claudicar ven unha pequena luz ao fondo do túnel] 26.01-23 ...
POSICIÓN DESPOIS DE 26.01-23 ...
Aquí, con este lance que tende unha astuta trampa, terminamos a notación do xogo. Se non é capaz de intuír o fatídico lance que xogou o damista marroquí e a posterior réplica de Alves, vostede debe visionar o vídeo para saber que é o que realmente pasou.
Celada de Delfim Alves
[Mohammediapresse.com]
Un despiste ben aproveitado polas brancas que ao menos recuperaron medio punto. Un dos mellores consellos que se poden dar no xogo de damas é o da "vixilancia extrema", unha máxima acuñada polo mítico campión Marion Tinsley e que non se cansaba de repetir torneo tras torneo.
1 comentario:
En maruecos no juega la ley de dama antes .por eso he perdido partita
Publicar un comentario