venres, 11 de novembro de 2011

Durísimo final. Resolvendo o enigma

O pasado venres quedou no aire a pregunta de se as brancas podían gañar este fascinante final que volvemos representar no diagrama que segue:


XOGAN BRANCAS E GAÑAN

Aínda que existe controversia entre os afeccionados, non queremos manter máis a dúbida e imos xa desvelar que a resposta é afirmativa. Deseguido trataremos de explicar como se gaña, non sen antes relembrar que o lector debe ter sempre na mente as dúas bases que espuxemos o outro día.

1.01-10 ...

Aínda que para conseguilo pódese utilizar outra orde na sucesión de xogadas, o plan do bando forte é colocar unha dama en «10» e a outra en «16» formando así unha base ideada polo Dr. Vaz Vieira que denominaremos «BASE CHAVE».

1. ... 30-16;

Unha boa forma para tratar de aguantar é permanecer na diagonal «16/30».

Se, en vez da xogada do texto van a «20» ou a «27» segue 2.32-14!! E adiántase o proceso. A posición sería a mesma que no tronco tras 5.03-10.

Para outras defensas pola diagonal «17/30» faremos o comentario ao final do artigo.

2.10-03, 16-27;

• As negras non deben ir a «30», pois seguiría 3.32-19 e estamos na «BASE 1».

• Se xogan 2. ... 16-20; segue igual que no tronco.

3.32-10!, 27-16;

Para impedir que as brancas formen a «BASE CHAVE» con 4.03-16.

4.10-14! ...

Para descolocar a defensa negra.

4. ... 16-27;

Sería o mesmo que fosen a «20». Pero, como xa sabemos, se van a «30» caen na «BASE 1» tras 5.14-19.

5.03-10!! ...

Nótese que se agora o branco fixese 5.03-16 segue 27-13 e as brancas non progresan adecuadamente.

5. ... 27-16;

Se 5. ... 27-20 ou 5. ... 27-30 segue 6.14-07, 20-16 (ou 30-16); 7.07-03 seguido de 8.03-16 [Ou de 8.10-19 se as negras se colocasen en «30» como na «BASE 1»].

6.14-21, 16-30;

Para impedir 7.21-30 seguido de 30-16.

7. 21-07, 30-16; 8.07-03 ...

E as brancas conseguen formar a ou ben a «BASE CHAVE» ou a «BASE 1».

* * * * *

SUPOSTOS POSIBLES NA « BASE CHAVE »

Dando por feito que a dama negra non pode estar en «30» ou «17» porque sería inmediatamente cambiada pola súa homónima do «río», vexamos o resto de posibles supostos baseándonos nas análises que o Dr. Vaz Vieira  publicou na «Enciclopedia Damista». 


Dr. Vaz Vieira (dereita) no Campionato portugués de rápidas [2010]
[Foto do blog de Delio Nunes]


PRIMEIRO SUPOSTO: DAMA NEGRA EN «2».


XOGAN BRANCAS

1.10-19 ...

A menos que entreguen o peón, as negras non poden impedir o cambio da súa dama pola de «19» [GB].

SEGUNDO SUPOSTO: DAMA NEGRA EN «9».


XOGAN BRANCAS

 1.10-19 ...

Aquí tampouco hai forma de impedir que a dama negra desapareza do taboleiro [GB].

TERCEIRO SUPOSTO: DAMA NEGRA EN «11».


XOGAN BRANCAS

1.10-19  ...

Para escapar da troca inmediata as negras dispoñen de dúas casas.

• Se 1. ... 11-25; 2.16-07, e as negras só conseguen retrasar o cambio unha xogada [GB].

• Máis resistencia ofrece 1. ... 11-21; [que obriga á sutil] 2.19-15!! e para escapar á ameaza 3.15-11 as negras poden intentar:

► 2. ... 21-17; 3.16-03, 17-30 e as negras perden como na « Base 1». Evidente era que non valía 3. ... 17-21; pola consabida 4.15-11 [GB].

► 2. ... 21-30; 3.15-29 ... [Linda xogada de espera que descontrola a defensa rival] 3. ... 30-17 [Se 3. ... 30-21 as brancas rematan co famoso tema do «Bloqueo de Timoneda» tras 4.04-07, 21x04; 5.29-25] 4.16-03, 17-30 [Evitando ir ao cadro «21» para impedir o famoso encerro en «4»] 5.29-19 e caen na «Base 1» [GB].

CUARTO SUPOSTO: DAMA NEGRA EN «15».


XOGAN BRANCAS

1.10-23, 15-06;

• Se 1. ... 15-02 (ou 15-20); 2.23-19 e as negras non poden impedir a troca de damas [GB].

• Se 1.... 15-11; 2.23-20 e non se pode evitar o cambio da dama negra pola de «20» [GB].

• Se 1. ... 15-22; 2.16-12 e estamos na mesma posición que na «BASE 2» despois de 2.03-12 [GB].

• Se 1. ... 15-26; 2.16-03 e gañan brancas [«BASE 2»].

• Se 1. ... 15-29; 2.16-12, 29-25; 3.12-19 e se as negras entregan o peón ou van a «21» ou «18» segue o encerro con 04-07 e 29-25. Por contra se elixen 3. ... 29-14 ou 3. ... 29-11; perden co disparo da «batería» tras 4.23-27.

• Se 1. ... 31-27; 2.23x30, 15-19; 3.30-26!, 19x29; 4.16-12, 29-25; 5.12-29 para realizar unha vez máis o «Bloqueo de Timoneda» e gañar tras 04-07 e 29-25..

2.16-03, 06-02;

• 2. ... 06-17; 3.23-10 con captura directa da dama negra [GB].

• 2. ... 06-11; 3.23-20 e a dama negra queda bloqueada sen escapatoria satisfactoria [GB].

• 2. ... 06-15; 3.23-20 con bloqueo semellante ao do punto anterior [GB].

3.23-19, 02-11;

Se 3. ... 02-09 ou 3. ... 02-20; segue 4.03-16 e novamente hai bloqueo. A dama negra non ten forma de evitar o cambio [GB].

4.03-17 e a posición é a mesma que na «BASE 2» despois de 4.12-03, 18-11; 5.13-17 [GB].

QUINTO SUPOSTO: DAMA NEGRA EN «18».


XOGAN BRANCAS

1.10-19 e remitimos ao lector ao TERCEIRO SUPOSTO, pois tal como acontece nese caso as negras so dispoñen das casas «21» e «25» para impedir o cambio instantáneo de damas.

SEXTO SUPOSTO: DAMA NEGRA EN «21».


XOGAN BRANCAS

1.16-30, 21-17;

• Se 1. ... 21-18; 2.10-19, 18-25 [Única para escapar da troca de damas. Agora a posición é exactamente a mesma que na «BASE 1» despois de 3. ... 18-25]. Para rematar segue 3.19-29 [Ver o diagrama inferior].

• Se 1. ... 21-11; 2.10-19, 11-25 [Tamén única e con igual posición que no punto anterior ou que na «BASE 1» despois de 3. ... 18-25]. O xogo continua con 3.19-29 [Ver o diagrama inferior].

• Se 1. ... 21-25; 2.10-19, 25-29; [Como xa sabemos, se van a «18» ou a «11» trócase a dama do «río» e gañan brancas] 3.19-12, 29-25; 4.12-29 ... [As negras conseguiron retrasar unha xogada o desenlace pero aquí, como nos dous puntos anteriores, tamén chegamos á posición que reflicte o diagrama que segue].


XOGAN NEGRAS

Como xa explicamos na «BASE 1», nesta ocasión nin é necesario aplicar o encerro:

► Se as negras xogan 25-18; decide 29-22 [GB].

► Ou se fan 25-14 (ou 25-11); segue 30-27 e a «batería» dispara para comer as dúas pezas flutuantes [GB].

2.10-03 e as negras perden facilmente ao estar obrigadas a entregar o peón de «31» [GB].

SÉTIMO SUPOSTO: DAMA NEGRA EN «22».


XOGAN BRANCAS

1.10-23, 22-13;

• Se 1. ... 22-09; 2.23-19 e igual que no PRIMEIRO SUPOSTO as dama negra non é quen de escapar da troca sen sacrificar o peón libre. [GB].

• Se 1. ... 22-15; 2.23-20 con idea de facer desaparecer a dama negra tras 3.20-15 [GB].

• Se 1. ... 22-18; 2.23-19 e estamos no QUINTO SUPOSTO, despois da primeira xogada branca.

• Se 1. ... 22-26; 2.16-03 coa mesma posición que na «BASE 2».

• Se 1. ... 22-29; 2.16-12, 29-25; 3.12-29 e agora:

► Tanto se as negras entregan o peón como se van ao cadro «21» remátese unha vez máis co celebre «Bloqueo de Timoneda» tras 04-07 e 29-25 [GB].

► Se moven 3. ... 25-18 a dama cae con 2.29-22 [GB].

► E se prefiren 3. ... 25-14 ou 3. ... 25-11; perden con 4.16-27 e a «batería» dispara para comer as dúas pezas que están no aire [GB].

2.16-03, 13-09

• 2. ... 13-17; perde directamente con 4.23-10 [GB].

• 2. ... 13-18; 3.23-19 ... E estamos en terreo xa explorado, as brancas gañan facilmente como na «BASE 2» despois de 4.12-03.

• 2. ... 13-22; E de novo a posición é a mesma que na «BASE 2», esta vez despois da segunda xogada negra. Segue con 3.03-12 [GB]

3.23-19, 09-18;

Claro está que se 3. ... 09-27 (ou 3. ... 09-02); Segue 4.03-16 con bloqueo da dama negra que vai ser cambiada pola branca do «río».

4.03-17 ...

Coas seguintes posibilidades:

• Se 4. ... 18-09 (ou 4. ... 18-27) segue o bloqueo con 5.17-30 [GB].

• Se 4. ... 18-25; 5.19-29 para rematar co tantas veces repetido encerro tras 04-07 e 29-25 [GB].

• Se 4. ... 18-11; 5.17-30 ... O sinxelo remate é igual que na «BASE 1» na súa variante 2. ... 21-11 que continúa así:

► 5. ... 11-18; 6.19-22 [GB].

► 5. ... 11-06 (ou 11-02); 6.19-15 [GB].

► 5. ... 11-25; 6.19-29, 25-14 (ou 25-11); [Se 6. ... 25-18; con 7.29-22 captúrase xa a dama negra] 7.30-27 para disparar a letal «batería» [GB].

OITAVO SUPOSTO: DAMA NEGRA EN «25».


XOGAN BRANCAS

1.16-07 ...

Nótese que non vale 1.10-06 porque as negras empatan despois de 1. ... 31-27; 2.16x30, 25-14; 3.06-11, 14x07; 4.04x11, 08-04 e capturan o peón ou apodéranse do «río».

1. ... 25-29; 2.07-12, 29-25; 3.12-29 e, tal como xa sabemos, as brancas gañan con 04-07 seguido de 29-25.

NOVENO SUPOSTO: DAMA NEGRA EN «26».


XOGAN BRANCAS

1. 10-14! ...

Importante xogada de espera para descolocar a defensa negra.

1. ... 26-15;

Ao non valer 1. ... 26-30; por 2.14-23 cambiando damas, quedan as seguintes alternativas:

• 1. ... 26-29; 2.16-12, 29-25; 3.12-07 GB.

• 1. ... 26-17; 2.16-03 ... e agora se:

► 2. ... 17-30; 3.14-19 GB [BASE 1].

► 2. ... 17-26; 3.14-23 GB [BASE 2].

• 1. ... 26-22; 2.14-23 ... con estas ramificacións:

► 2. ... 22-18; 3.23-19, 18-21; [Se as negras evitan o cambio de damas con 4. ... 18-25, segue 5.16-07, 25-29; 6.07-12, 29x15; 7.12x22, GB] 5. 19-15!! ... e agora:

▬ 5. ... 21-17; 6.16-03, 17-30; 7.15-19 GB [BASE 1].

▬ 5. ... 21-30; 6.15-29, 30-17; [Se 6. ... 30-21; 7.04-07 e 8.29-25 GB co bloqueo e prisión de Timoneda] 7.16-03, 17-21; [7. ... 17-30; 8.29-18 e BASE 1] 8.04-07, 21x04; 9.29-25, 31-27; 10.03-16, 27-22; 11.16-27, 22-19; 12.27-23, 19-15; 13.23-20, 15-12; 14.20-16 [GB].

► 2. ... 22-15; 3.23-20 e a calquera fuxida da dama negra segue 4.20-15 [GB].

► 2. ... 22-26; 3.16-03 GB [«BASE 2»].

► 2. ... 22-29; 3.16-12, 29-25; 4.12-29 con idea de sacrificar o peón de «4» e aprisionar a dama inimiga con 29-25 [GB]. Por suposto se as negras elixen o escape 4. ... 25-11; remátese de inmediato con 9.23-27 e o disparo 29x02.

► 2. ... 22-13; 3.16-03 ... [Como non vale 3. ... 13-17 por 4.23-10 GB] as negras poden optar por:

▬ 3. ... 13-18; 4.23-19, 18-11; [Agora non podían ir a «9» nin «27» por 8.12-16 e non hai forma de evitar o cambio de damas. Tamén se 4. ... 18-25; 5.03-07 e GB. Igualmente 4. ... 18-21 é contestado con 5.03-17 para gañar como na «BASE 1» na posición despois de 2.03-17] 5.03-17, 11-18; [Se 5. ... 11-02 (ou 11-20) 6.17-30 GB. Ou se 5. ... 11-25; 6.19-29 coa consabida idea de encarcerar a dama negra con 04-07 seguido de 29-25 GB] 6.17-30, 18-25; [evita o cambio de damas] 7.19-29, 18-14 (ou 11); 8.30-27 [GB].

▬ 3. ... 13-09; 4.23-19 e agora para defenderse contra 5.03-16 só dispoñen de 4. ... 09-18* pero as brancas gañan con 5.03-17, ameazando ir a «30» tal como vimos na «BASE 2» [variante 1. ... 26-22; con 3. ... 09-13 e 4.12-03, 13-18] seguindo 5. ... 18-25*; 6.17-30, 25-29; 7.19-12, 29-25; 8.12-29, 25-14; 9.30-27 e o disparo de «batería» [GB].

▬ 3. ... 13-22; 4.03-12 e como na «BASE 2» despois de 1. ... 26-22; 2.03-12 [GB]

► 2. ... 22-09; 3.23-19, e o negro está bloqueado pois non se pode evitar o cambio de damas [GB].

2. 14-23, 15-26;

• 2. ... 31-27; 3.23x30, 15-19; 4.30-26*, 19x29; 5.16-12, 29-25; 6.12-29, 25-14; 7.04-07, 14x04; 8.29-25 e unha vez máis aplicando o bonito tema da «Prisión de Timoneda» [GB].

• 2. ... 15-29; 3.16-12 ... [Coa mesma idea do tema Timoneda] 29-25; 4.12-29, 31-27; [Se 4. ... 25-21 (ou18) segue 5.04-07 directamente e as brancas gañan tras 6.29-25. En cambio se 4. ... 25-11; remátase antes con 5.23-27 e o disparo da «batería»] 4.23x30, 25-14; 5.04-07 seguido de 29-25 [GB].

• 2. ... 15-22; 3.16-12 e séguese como na «BASE 2» despois da segunda xogada branca [GB].

• 2. ... 15-11; 3.23-20 e as negras non poden impedir o cambio da súa dama pola branca de «20» [GB].

• 2. ... 15-06; 3.16-03, 06-02; [Claro está que non vale 3. ... 06-17; por 4.23-10 nin tampouco 3. ... 06-11 (ou 06-15] porque tras 4.23-20 a dama negra non ten escapatoria] 4.23-19, 02-11; [Se 4. ... 02-09 (ou 02-20) hai bloqueo tras 5.03-16 e GB] 5.03-17 ... E estamos en idéntica posición que no desenlace do tronco da «BASE 2» [Despois de 4. ... 18-11; 5.03-17 ...] e que aquí volvemos reproducir:

► 5. ... 11-02 (ou 11-20) 6.17-30 e non se pode impedir o cambio de damas [GB].

► 5. ... 11-18; 6.17-30, 18-25; [para escapar ao cambio de damas] 7.19-29, 25-14 (ou 25-11); 8.30-27 [GB].

► 5. ... 11-25; 6.19-29 con intención de 7.04-07 seguido de 8.29-25 [GB].

• 2. .... 15-02; 3.23-19 e as negras non teñen forma de evitar o cambio da súa dama pola branca de «19» [GB].

3. 16-03 ...

E temos así a «BASE 2» [GB].

DÉCIMO SUPOSTO: DAMA NEGRA EN «29».


XOGAN BRANCAS

1.16-12, 29-25; 2.12-29 e, tal como no OITAVO SUPOSTO, as brancas rematan con 04-07 seguido de 29-25.

* * *

INTENTOS DE DEFENSA NA DIAGONAL 17/30

A

1. ... 30-17;


XOGAN AS BRANCAS

2.10-03, 17-21;

• Se 2. ... 17-30; 3.32-19 [ver BASE 1].

• Se 2. ... 17-26; 3.32-23 [ver BASE 2].

3.32-10, 21-11;

No caso de:

• 3. ... 21-17; 4.10-13 GB.

• 3. ... 21-25; 4.10-06 e non se pode impedir a entrega da dama de «6» [GB].

• 3. ... 21-30; 4.10-19 ... [ver BASE 1].

• 3. ... 21-26; 4.10-23 ... [ver BASE 2].

• 3. ... 21-18 3.10-19 Es as brancas gañan como na BASE 2 despois de 4.12-03.

4.10-19 ...

Con 4.03-16 temos a BASE CHAVE, pero a solución é máis curta coa xogada do texto.

4. ... 11-18;

Ou estoutras rutas:

• 4. ... 11-20 (ou 11-02); 5.03-16 e non hai forma de evitar o cambio de damas [GB].

• 4. ... 11-25; 5.03-07 e cae a dama negra [GB].

• 4. ... 11-21; [BASE 1, despois da primeira xogada negra] que seguiría con 5.13-17 [GB].

5.03-17 ...

Tamén máis rápido que 5.3-16 que levaría a mesma posición do CUARTO SUPOSTO.


XOGAN AS NEGRAS
 5. ... 18-11;

A posición é igual á da BASE 1, despois de 2.03-17, 21-11. Outras alternativas son:

• 5. ... 18-25; [Aquí tamén temos as pezas colocadas como na BASE 1, despois de 2.03-17, 21-25] 6.19-29 para encerro da dama negra tras 04-07 e 29-25 [GB ].

• 5. ... 18-27 (ou 18-09); 6.17-30 e cambio da dama do «río» pola súa homónima negra.

6.17-30, 11-25;

Única para fuxir do cambio pola dama do «río».

7.19-29, 25-14;

Remate que xa coñecemos. Non valía tampouco 7. ... 25-18; por 8.29-22 [GB], nin 7. ... 25-11 que perde do mesmo xeito que no tronco.

7.30-27 e disparo [GB].


B

1. ... 30-21;


XOGAN BRANCAS

2.10-03, 21-11;

• 2. ... 21-25, 3.03-07, 25-29; 4.07-12, 29-25; 5.12-29 seguido do encerro famoso con 6.04-07 e 7.29-25 [GB].

• 2. ... 21-30, 3.32-19 [BASE 1]

• 2. ... 21-26; 3.32-23 [BASE 2]

• 2. ... 21-18; 3.32-19 GB [BASE 2, despois de 4.12-03]

• E naturalmente se 2. ... 21-17; 3.32-10 [GB].

3.32-19 e as brancas gañan como na «VARIANTE A» despois de 4.10-19.

C

1. ... 30-26;


XOGAN BRANCAS

2.10-03, 26-22;

Evidente é que se 2. ... 26-17; 3.32-10 GB. Así que vexamos outras das posibles continuacións:

• 2. ... 26-29; 3.03-12, 29-25; 4.12-29 e bloqueo de Timoneda enviando a dama negra á casa «4» [GB].

• 2. ... 26-30; 3. 32-19 [BASE 1].

• 2. ... 26-21; e estamos na mesma posición e número de xogada que na «VARIANTE A» que agora segue con 3.32-10 [GB].

• 2. ...26-15; 3.32-10 .. Con estas opcións:

► 3. ... 15-22; 4.03-16 e «BASE CHAVE».

► 3. ... 15-06 segue 4.10-19, 06-11*; [Única para evitar perder a dama directamenteo ou para non tela que cambiar tras 03-16] 5.03-17 como na «BASE 2» tras 4.12-03, 18-11; 5.03-17.

► 3. ... 15-20; 4.03-16 e «BASE CHAVE».

► 3. ... 15-02; 4.10-19, 02-11 [Para non quedar bloqueado despois de 4.03-16] 5.03-17  [GB] igual que na «BASE 2» despois de 4.12-03, 18-11; 503-17.

► 3. ... 15-26; 4.10-23 GB [BASE 2].

► 3. ... 15-29; 4.03-12, 29-25; 5. 12-29 para encerro tras 04-07 e 29-25 [GB].

3.32-10, 22-27;

• 2. ... 22-15; 3.03-16 «BASE CHAVE».

• 2. ... 22-18; 3.10-19 como na «BASE 2» » despois de 4.12-03 [GB].

• 2. ... 22-09; 3.10-19, 22-18* [Para evitar o bloqueo que sucedería se van a «27» ou «2»  con 4.03-16] 4.03-17 como na «VARIANTE A» despois de 5.03-17 [ GB].

• 2. ... 22-26; 3.10-23 [BASE 2].

• 2. ... 22-29; 3.03-12, 29-25; 4-12-29 para bloqueo tras 04-07 e 29-25 [GB].
 
4.03-16  e gañan as brancas como na «BASE CHAVE»

Ningún comentario: