sábado, 26 de novembro de 2011

VI Torneo da Baixa da Banheira.



Dr. Manuel Vaz Vieira
[Foto do blog de Delio Nunes]

O pasado sábado, 5 de novembro, disputouse en Portugal a 6ª edición do tradicional torneo de rápidas da Baixa da Banheira. Este ano estivo dedicado ao gran xogador local Tavares Correia, recentemente falecido.

Como ven sendo habitual neste tipo de competicións, dividiuse en 5 sesións nas que en cada unha se tiñan que disputar 4 xogos con apertura libre. Os xogadores dispoñían de tan só 30 minutos de reflexión para distribuír ao longo destes 4 xogos.

O podio dos premiados quedou encabezado polo Dr. Vaz Vieira con 4,5 puntos. Veríssimo Dias foi segundo coa mesma puntuación e Luís Carvalho ocupou a terceira praza con 4.


  Veríssimo Dias                         Luís Carvalho
   [Foto de D. Nunes]                                        [Foto de D. Nunes]

Joao Sepanas e o veterano Antonio Santos Deodato tamén con 4 puntos acadaron respectivamente os postos cuarto e quinto dunha clasificación que chegou a completar unha nómina de 40 participantes.

:::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::

Comentamos deseguido dous xogos deste prestixioso evento:

:::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::


Manuel Vaz Vieira vs. Nuno Vieira
VI Torneo da Baixa da Banheira, 2011
[3º xogo da 4ª sesión]

1.12-15 ...

Unha boa saída movendo desde un lado cara ao centro. Está considerada como a segunda mellor forma de iniciar o xogo, só superada estratexicamente por 1.10-14 que mantén intacto o máis débil flanco do dobre curruncho.

1. ... 23-19;

As negras pretenden centralizar os peóns do flanco máis forte sen perder tempos. Queda así configurada a Apertura «Paralela Ortodoxa» de prognóstico igualado.

2.08-12 ...

Aínda que permite un pequeno bloqueo semella ser a máis acertada continuación xa que tapona o burato para solidificar o flanco.

2. ... 28-23;

Movendo ao longo do «Río» como mandan os canons da máis estrita ortodoxia. Continúan así co plan iniciado na súa primeira xogada.


POSICIÓN DESPOIS DE 2. ... 28-23

• Nos libros dos autores clásicos españois a partida era favorable para as negras e sempre seguían con 2. ... 27-23; pero hoxe sábese que pode ser ben contestada con 3.11-14.

• Posible tamén é a floreada variante «Bronx Express» popularizada por Willie Ryan, na que se reduce material cunha permuta 2x2 tras os movementos 2. ... 19-14; 3.10x19, 24-20.

• Igualmente teñen os seus adeptos 2. ... 21-18; que se adoita seguir con 3.10-14, 19x10; 4.05x21, 25x18; 5.01-05, 28-23; 6.05-10, 23-19.

• Ou a xogada de espera 2. ... 21-17; que curiosamente contén unha liña que leva á mesma posición que a anterior tras 3.10-13, [Bo lance de valor semellante a 3.11-14] 3. ... 17x10; 4.05x23, 28x19; 5.01-05, 25-21; 6.05-10, 21-18.

3.10-13 ...

A preferida da maior parte de xogadores.

• Interesante é 3.09-13, 21-17; [Se 3. ... 21-18; segue 4.05-09 traspoñendo á liña do tronco, ou 4.13-17, 32-28; 5.11-14, 18x11; 6.07x14, 22-18; 7.14x21, 25x18; 8.15x22, 26x19; 9.10-14, 18x11; 10.06x22, 27x18 con lixeira vantaxe das negras como nun xogo Víctor Oliveira vs. Joao Oliveira do 27º Campionato de Portugal celebrado en Odemira, 2007] 4.11-14 con este seguimento modelo: 4. ... 26-21; 5.05-09, 21-18; 6.14x21, 25x18; 7.06-11, 29-25; 8.11-14, 18x11; 9.07x14 e agora 25-21 ou 23-20 con xogos equilibrados.

• Se 3.10-14, 19x10; 4.05x14 vai desembocar noutra liña da «Paralela» que se forma con 1.12-15, 23-19; 2.10-14, 19x10: 3.05x14, 28-23; 4.08-12.

• E a xogada 3.11-14 ten unha boa réplica con 3. ... 23-20. Un recente xogo Manuel Cardoso vs. Justino Miguel [5º Torneo de Lobao, 2011] continuou con 4.14x23, 20x11; 5.07x14, 27x20; 6.10-13, 21-18; 7.14x21, 26x10: 8.06x13, 22-19; 9.13-18, 20-15 e rematou en empate.

3. ... 21-18;

A mellor resposta.

• Se 3. ... 21-17; 4.13-18, 22x13; 5.15x22, 27x18; 6.11-14, 18x11; 7.09x18 e a posición branca é preferible.

• 3. ... 18-14; [Moi empregada na modalidade anglo-americana, pero pouco vista nas damas clásicas] 4.11x18, 21x14; 5.13-18 ... [A continuación recomendada por Henry Shearer] 5. ... 22x13; 6.09x18, 23-20; 7.05-09, 20x11; 8.06x15, 26-21; 9.02-06, 29-26; 10.01-05, 21-17; con xogo máis ou menos equivalente como en Marion Tinsley vs. Newell Banks disputado no que ata a data foi o último match polo título mundial con apertura sorteada a 2 lances [Detroit, 1952].

4.06-10 ...


POSICIÓN DESPOIS DE 4.06-10 ...

Esta variante foi bautizada polo eximio teórico luso Francisco Henriques como «Dobre Torreón Branco».

As brancas evitan a máis habitual 4.05-10 que adoita ser contestada con 4. ... 25-21; 5.13-17, 23-20 [Se 5. ... 29-25; segue 6.02-05 e a posición é idéntica á que se vai dar neste xogo] 6. 12-16, 19x12; 7.16x23, 27-20; 8.07x23, 31-27!; alcanzando así unha das máis célebres encrucilladas. Despois de 9.10-13, 27x20; xeralmente óptase por:

• 10.03-07, [Lance de Humberto Duarte Silva] 10. ... 20-16; 11.11-15, 32-28; 12.01-05, 28-23; 13.07-12, 16x07; 14.04x11 e posterior empate [Antonio Santos Deodato vs. Luís Carvalho do 28ª Campionato de Portugal; Odemira, 2008].

• 10.11-15, 20x11; 11.06x15, 32-28; [Curiosamente esta histórica posición tamén pode ser alcanzada desde a «Partida Crítica» do seguinte xeito: 1.10-13, 23-19; 2.05-10, 21-18; 3.11-15, 27-23; 4.06-11, 23-10; 5.13-17, 21-27; 6.10-13, 25-21; 7.12-16, 19x12; 8.16x23, 27x20; 9.07x23, 28x19; 10.11-15, 19x12; 11.08x15, 32-28] 12.01-05, 28-23; 13.02-06 ... [Defensa ideada polo propio Manuel Vaz Vieira nun dos moitos estudos que se fixeron dun histórico xogo do 1º Torneo do Grupo Xadrez Alekhine (1952), que perdeu con brancas o Dr. OAL contra o mítico campión lisboeta Luís Antonio David] 13. ... 30-27; 14.06-11, 23-19; 15.04-08, 19x02; 16.08x15, 27-23; 17.03-06, 29-25; 18.06-10 EMPATE, conseguido co desenvolvemento que antes ofrecemos da «Apertura Crítica» nun enfrontamento Joaquim Bravo vs. Medalha da Silva celebrado en Río Tinto [4º Campionato de Portugal, 1984].

4. ... 25-21;

Este é un lance que tempos atrás foi considerado como malo, pero despois de analizar mellor a variante hoxe está ben valorado.

• Se 4. ... 32-28; 5.02-06, 25-21; [Se 5. ... 19-14; 6.10x19, 23x14; 7.04-08, 25-21; 8 15-19! e a posición queda nivelada] 6.13-17, 24-20!; 7.15x24, 19-14; 8.10x19, 22x08; 9.07-12, 23-19; 10.05-10, 27-22; 11.10-14, 19x10; 12.06x13, 30-27; 13.12-16, 27-23; 14.03-06, 23-19; 15.16-20, 19-15; [Ou se 15. ... 19-14; 16.06-10, 14x07; 17.04x11, 08-04; 18.01-05 con EMP.] 19-15; 16.20-23 con igualdade.

• Tamén se pode mover primeiro 4. ... 31-28; [Unha continuación que non vale se o branco ten movido o peón de «5» en lugar do de «6», pois con 5.10-14 seguido de 15-19 e 13x31 GB.]. Agora se as brancas escollen tanto 5.02-06, 25-21; 6.13-17, 29-25; como 5.13-17, 25-21; 6.10-14, 19x10; 7.05x14, 23-19; 8.14x23, 28x19; 9.01-05, 29-25; 10.02-06, 18-14! só representa unha simple transposición con respecto ao tronco deste xogo. Pero neste último caso, se as negras fan 5. ... 23-20 caen no golpe do americano Mike Lieber 6.17-21, 26x17; 7.10-13, 17x10; 8.05x23, 28x19; 9.12-16, 19x12; 10.16x23, 27x20; 11.07x23 GB.

• Outra opción sería 4. ... 23-20; 5.12-16, 19x12; 6.16x23, 27x20; 7.07x23, 31-27; 8.10-14, 27x20; 9.14x21, 26x10; 10.05x14, 22-18; 11.14x21, 25x18 con igualdade. Aquí declarouse como empatado un xogo Vaz Vieira vs. José Luís Guerra do 27º Campionato de Portugal [Odemira, 2007].

5.13-17 ...

Houbo un tempo en que se xogaba 5.10-14 ... [A recomendación que parecía refutar a variante] 5. ... 19x10; 6.05x14, pero agora en vez de 6. ... 23-20; as negras seguen con 6. ... 32-28; e ata conseguen vantaxe.

5. ... 29-25; 6.02-06 ...


POSICIÓN DESPOIS DE 6. 02-06 ...

Sería o mesmo se as brancas xogan antes 4.05-10 e agora 6.02-05.

En ambos os dous casos as brancas tamén dispoñen aquí de 6.10-13 que se contesta con 6. ... 31-28; seguindo 7.05-10 [Ou 7.06-10 no caso de ter xogado antes 4.05-10] 7. ... 18-14; 8.11x18, 21x05; 9.01x10, 19-14; 10.10x19, 23x14; 11.02-05!, 28-23; 12.13-18, 22x13; 13.09x18 ... [Dr. Orlando Lopes vs. Luís Antonio David; xogo práctico disputado en Lisboa, 1952] 13. ... 26-22!; e agora 14.05-10 con xogo equilibrado [Análise de Joaquim Bravo na ED], pero non 14.18-21, 25x18; 15.17-21, porque tras 18-13; 16.21-15, 13-09; 17.12-16, 09x02; as brancas están perdidas.

6. ... 31-28; 7.10-14, 19x10: 8.05x14, 23-19;

• Unha boa forma para conseguir igualar é 8. ... 18-13; 9.09x18, 22x13; 10.06-10, 13x06; 11.03x10, 27-22; 12.01-05, 21-18; [Non é bo 12. ... 23-19; indicado por Bravo e Sena no «TED», porque tras 13.14x23, 28x19 non se segue con 14.11-14, 21-18! Senón con 14.05-09, 32-28; (Se 14. ... 30-27; 15.11-14, 27-23; 16.12-16!, 19-03; 17.04-08, 03x13; 18.09x27 GB.) 15.10-13, 21-18; 16.17-21, 26x10; 17.11-14 con gran vantaxe das brancas.] 13.14x21, 25x18; 14.10-14, 18-13; 15.14-19, 23x14; 16.11x27, 30x23; 17.05-09, 13-10; 18.09-13, 10-05; 19.13-18, 05-02; 20.18-22, 02x20; 21.22x29, 23-19; 22.29x15, 20x02; 23.17-21 EMP.

• Bastante comprometida é a opción 8. ... 23-20; pois tras 9.01-05!, 20-16; 10.06-10 ... [10.04-08 é ben contestado con 28-23] 10. ... 18-13; 11.09x18, 22x06; 12.03x10, 27-22; 13.05-09, 28-23; 14.10-13 as brancas teñen vantaxe. A mellor defensa sería con 14. ... 24-20; [Se 14. ... 21-18; 15.14x21, 25x18; (como nun xogo do Torneo do Grupo Xadrez Alekhine do ano 1952 entre dous míticos campións de Lisboa, o Dr. Orlando Lopes vs. Luis Antonio David) agora 16.15-19, 22x06; 17.13x29, 06-03; 18.29-22 daría gran vantaxe ás brancas] 15.15x24, 22-19; 16.14-18, 21x14; 17.11x18, 26-21; 18.17x26, 30x14; 19.24-28, 14-10 con posible empate.

9.14x23, 28x19; 10.01-05 ...

Unha coñecida posición que o Dr. Vaz Vieira xa tiña xogado noutras ocasións. No 28º Campionato de Portugal celebrado en Odemira no 2008, no seu duelo da 2ª sesión contra Luís Sá, alcanzouna dunha forma moi diferente que convén lembrar:

1.12-15, 21-18; 2.08-12, 25-21; 3.10-13, 23-19; 4.13-17, 27-23; 5.06-10, 31-27; 6.10-14, 19x10; 7.05x14, 23-19; 8.14x23, 28x19; 9.01-05, 29-25; 10.02-06, e velaquí a temos.


POSICIÓN DESPOIS DE 10.01-05 ...

10. ... 18-14;

Nuno deféndese ben. En cambio no citado xogo de Vaz Vieira vs. Luís Sá, o xogador da Vila do Conde escolle unha continuación que permite ás brancas acadar unha vantaxe definitiva. Vexamos:

10. ... 32-28; 11.06-10, 27-23; [Na Enciclopedia Damista cítase un xogo práctico Dr. Orlano Lopes vs. Carlos Branco (Lisboa, 1953) no que as negras fan 11. ... 19-14 e perden tras 12.10x19, 27-23; 13.03-06, 23x14; 14.06-10, 30-27; 15.10x19, 18-13; 16.09x18, 22x13; 17.12-16, 27-23; 18.05-09, 23x14; 19.09x18, 14-10; 20.15-19, 21x14; 21.11x18, 10-05; 22.18-22, 05-01; 23.22x29, 01x23; 24.07-11, 23-27; 25.29-22 GB.] 12.10-13, 30-27; 13.04-8, 18-14; [Francisco Henriques dá como continuación 13. ... 19-14; 14.15-19, 22x06; 15.03x19, 23x14; 16.13x29 GB] 14.11x18, 21x14; 15.07-11, 14x07; 16.13-18, 22x13; 17.15x29, 13-10;18.05x14, 25-21;19.17x26, 07-04; 20.26-30, 04x25; [GB].

11.11x18, 21x14; 12.06-11, 26-21; 13.17x26, 30x21; 14.11x18, 21x14; 15.09-13, 25-21;


POSICIÓN DESPOIS DE 15. ... 25-21

Os plans discorren como tiñan previsto ambos os dous contrincantes. Agora segue un sinxela manobra para entrar en dama, pero as negras axiña van conseguir similar obxectivo.

16.13-18, 22x13; 17.15x31, 13-09; 18.31-27, 09x02; 19.27-23 ...


POSICIÓN DESPOIS DE 19.27-23 ...

19. ... 21-18;

Empataba fácil 19. ... 14-11; 20.07x14, 02-05; 21.14-19, 24-20; 22.23x16, 05x28; etc.

20.23x10, 02-20; 21.10-17, 18-14;

Grave erro provocado pola rapidez nos movementos. Con 21. ... 20-02 o empate era o resultado normal.

22.17-30 ...


POSICIÓN DESPOIS DE 22.17-30 ...

22. ...  20-02;

Máis resistencia ofrecía 22. ... 20-16; pero por exemplo tras 23.12-15, 14-10; 24.07-12, 16x07; 25.03x12, 10-05; 26.15-19, 05-01; 27.19-22, 01-28; 28.12-15, 28-31; 29.22-26, 31-13; 30.26-29, 13-10; 31.29-22, 10-05; 32.30-16, 05-28; [32. ... 05-10; 33.22-31, 10-17; 34.31-13 GB.] 33.22-31, 28-10; 34.16-23, 10x28; 35.15-20 GB.

23.30-23 ...

Os torneos de rápidas teñen a vantaxe de que se poden disputar nun único día, pero neles pérdese a maior das satisfaccións, que é a de poder gozar mentres se pensa. Só a falta de tempo pode ser a causante de que agora as brancas non efectúan a sinxela 23.12-15, 02x20; 24.30x16, 14-10; 25.16-23 [GB].

23. ... 02-09; 24.23x10, 09-22; 25.12-16, 22-15; 26.10-05, 15-22; 27.07-11, 22-26; 28.03-07, 26-12;


POSICIÓN DESPOIS DE 28.26-12 ...

As brancas con 29.11-14 e levando este peón a dama gañan sen problemas, pero o Dr. Vaz Vieira remata de xeito máis brillante.

29.05-02, 12x03; 30.04-07, 03x12; 31.16-20, 24x06; 32.02x08 [1-0].

Este foi o único xogo do enfrontamento que non terminou en empate. Vaz Vieira gañou a sesión por 1-0.

* * * * *

Nuno Vieira vs. Veríssimo Dias
VI Torneo da Baixa da Banheira, 2011
[1º xogo da 5ª sesión]

1.10-14 ...

A forma máis forte de abrir os xogos e en consecuencia tamén a máis estudada. Móvese cara ao centro cun peón do flanco máis sólido.

1. ... 23-19;

As negras responden coa mesma idea. Esta réplica tamén é a máis habitual en apertura libre.

2.14x23, 28x19;

Deste xeito queda configurada a famosa «Partida do Río» denominada así porque as xogadas iniciais efectúanse na gran diagonal, coñecida como o «Río» grazas ás publicacións portuguesas. En España e nos países de fala hispana tamén se lle chama a «Apertura Real», pois a «Real» é precisamente o nome con que designamos á esa rúa maior do taboleiro. Na modalidade anglo-americana denomínana como a «Single Corner» en clara alusión a que as operacións iniciais teñen lugar no flanco da casiña «1», o simple curruncho.

3.05-10 ...

A liña máis antiga. A moderna constrúese con 3.09-13. Menos ambiciosa é a continuación 3.11-14 para entrar no que se coñece como «Xogo da Roña» tras 3. ... 19x11; 4.05x14, 32-28.

3. ... 32-28; 4.12-16 ...


POSICIÓN DESPOIS DE 4.12-16 ...

Este desprazamento de peón dá orixe á «Lateral Esquerda», unha variante que apareceu por primeira vez no pequeno tratado de Lorenzo Valls [Valencia, 1597]. Deste xeito elimínase a posibilidade de entrar na «Partida da Sentinela» que se produciría despois de 4.01-05, 19-15; trocando dous peóns e aumentando as posibilidades das negras de xogar polo empate.

4. ... 28-23; 5.08-12 ...

Aínda que tamén se xoga 5.01-05 é un pouco máis habitual o movemento do texto. Para 5.07-12 pódese ver neste blog un xogo entre os mesmos contendentes disputado no «Torneo do Ramiro José» (2010). [Clic aquí].

5. ... 22-18;

Outras veces, as negras adoitan escoller entre 5. ... 21-17; ou 5 . ... 21-18. Todo moi coñecido pois foi publicado polo Dr. Sena Carneiro no seu libro «Iniciación ao Xogo de Damas» [Lisboa, 1978] que leva xa un montón de edicións.


Portada do libro de iniciación do Dr. Sena Carneiro [3º Edición]

6.11-15 ...

As brancas parece que foxen do devandito libro xa que este lance non se menciona.


POSICIÓN DESPOIS DE 6.11-15

6. ... 26-22;

Tras esta continuación das negras o xogo, cunha mínima transposición, vai ir desembocar na variante 5. ... 21-18; 6.11-15, 26-21; que realmente si aparece.

Outra opción era seguir con 6. ... 27-22; 7.07-11, 21-17; 8.04-08, 30-27; 9.15-20, 24x15; 10.11x20, 26-21; 11.01-05, 29-26; 12.20-24 con lixeira vantaxe das brancas.

7.07-11 ...

Despois dese diferente orde na sucesión de xogadas, o libriño de Sena segue con 7.01-05 ou con 7.07-11, 21-17; 8.01-05, 25-21; 9.04-08, 29-25; alcanzando unha posición que curiosamente tamén se dá tras 5. ... 21-17; 6.11-15, 26-21; 7.07-11, 21-18; 8.01-05, 29-26; 9.04-08, 26-21.

7. ... 18-14;


POSICIÓN DESPOIS DE 7. ... 18-14

Interesante xogada. O excampión portugués apártase definitivamente do famoso libro; aínda que non está a camiñar por sendas inexploradas.

8.11x18, 21x05; 9.01x10, 25-21; 10.06-11 ...

O desenvolvemento do xogo non escapa ao coñecemento dos afeccionados pois a «Lateral Esquerda» posteriormente, ampliada e corrixida coa colaboración do mestre portuense Joaquim Bravo, saíu publicada a principios dos anos oitenta no «Tratado da Enciclopedia Damista». Neste momento aconsella como mellor 10.10-13 e segue con 21-18; 11.04-08, 23-20 para empate, pero a nós parecenos que se as negras moven 11. ... 18-14!; conseguen unha superioridade notoria, xa que despois de 12.13-18, 22x13; 13.09x18, 14-11; 14.15x22, 11-07; 15.12-15, 07-04; 16.15-19, 23x14; 17.03-07, 04x11; 18.06x15, 14-11; 19.15-19, 11-07; 20.19-23, 27x20; 21.16x23, 07-04; 22.23-28, 04x21; 23.28-32, 21-18; 24.22-26, 30x21; GN.

10. ... 21-18;


POSICIÓN DESPOIS DE 10. ...  21-18

11.09-13 ...

Gambito enormemente arriscado. No «TED» continúa con 11.02-06 [ou 11.04-08], 29-25; 12.10-14, 19x10; 13.06x13, 23-19. Máis agora segue con 14.04-08 e as negras quedan ben despois de 14. .... 27-23; 15.13-17, 30-26; por isto nós recomendamos como mellor 14.16-20, 18-14; 15.11x18, 19-14; 16.03-07, 14-10; 17.18-21, 25x18; 18.20-23, 27x11; 19.07x21  para empate.

11. ... 18x09; 12.11-14, 29-25; 13. 04-08 ...


POSICIÓN DESPOIS DE 13.04-08 ...

13. ... 25-21;

Este é o punto culminante do xogo, pois se agora as negras devolven o peón con 13. ... 24-20; tras 14.15x24, 25-21; 15.03-06, 21-17; 16.06-11, 17-13; 17.10x17, 19x10; teñen moitas posibilidades de conseguir a vitoria. Unha posible continuación podería ser 18.17-21, 10-05; 19.21-15, 23-19; 20.11-15, 05-01; 21.15-20 ... [Ou se 21.16-20, 19-14; 22.15-19, 22x15; 23.12x19, 14-11; 24.20-23, 27x20: 25.25-29, 01x32; 26.29-25, 11-06; 27.02x11, 20-16; 28.11-15, 09-05 GN.] 21. ... 19-14; 22.20-23, 27x20; 23.16x23, 14-10; 24.23-27 ... [Se 24.12-16 ... (24.25-29, 30-27; 25.29x05, 01x28 GN.) 24. ... 10-06; 25.02x11, 01x32; 26.25-29, 30-26 GN.] 24. ... 30x23; 25.12-16, 01-05; 26.25-29 ... [26.08-12, 10-06; 27.02x11, 05-10; 28.11-15 ... (28. 12-15, 09-05; 29.15-20, 05-02 GN.) 28. ... 23-20 GN] 26. ... 05-01; 27.29x32, 31-27; 28.32x05, 01x32; 29.16-20, 32-14; 30.08-12, 14-10; 31.12-15, 10-32; 32.02-06, 09-05; 33.15-19, 32x03; 34.24-28, 03-13 GN.

Porén despois da xogada efectuada por Veríssimo, as brancas poden saír da súa delicada posición cun bonito e instrutivo golpe.

14.15-20, 24x15; 15.16-20, 23x07; 16.14x23, 27x20; 17.03x26 ...

Despois desta fermosa manobra restablécese o equilibrio e o xogo achégase ao seu fin.

17. ... 20-15; 18.26-29, 15-11; 19.29-25, 11-06; 20.02x11, 09-05; 21.25x18, 05-02;


POSICIÓN FINAL

E con esta posición no taboleiro acordouse o empate.


Nuno Vieira
[Foto do blog Damas do Norte]

Despois de perder na 4ª sesión, o “Touro” Vieira seguiu arriscando neste enfrontamento da última rolda e finalmente acabou cedendo por 0-1 tras caer no terceiro xogo. Ocupou o sétimo lugar na clasificación xeral con 3 puntos.


Ningún comentario: