mércores, 16 de maio de 2012

Finais con truco

A teoría dos finais segue sendo o tema de estudo menos valorado polos damistas. Nos enfrontamentos condicionados polos curtos controis de tempo, son innumarábeis os finais nos que cometemos algunha imprecisión debido á abafante presión do reloxo.  Así, xogos que temos gañados, convértense en vulgares empates ou xogos nos que se mantén o equilibrio transfórmanse en inesperadas derrotas. Por isto é necesario e de vital importancia dominar a técnica dos finais prácticos máis frecuentes e ir, pouco a pouco, aumentando o arsenal de coñecementos neste campo.  Canto máis familiarizados esteamos cos métodos desta fase final do xogo maior será o noso rendemento  e  maior será a cantidade de medios puntos que sumaremos na clasificación final dos torneos.

«FINAIS PRÁCTICOS BÁSICOS»  Nº47
[Corrección]


 XOGAN BRANCAS E EMPATAN

Este final foi publicado no libro do Dr. Sena Carneiro «Finais Prácticos Básicos» [1º tomo] co Nº47 e no seu pé di: “Xogan as brancas e gañan as negras”, un enunciado totalmente equivocado tal como imos demostrar agora.

Para poder gañar, as negras teñen que intentar coroar primeiro os dous peóns máis avanzados e logo ocupar o «Río» con unha das damas e finalmente facer a promoción do péon de «32» para rematar coa « Forzosa».

1.*01-19 ...

Evitando o avance do peón a «15» que permitiría ás negras realizar o seu plan sen moitos problemas.

1. ... 17-13;

O mellor  intento, pois se 1. ... 20-16; 2.19-22 obriga a mover a ficha «32»  e as brancas apodéranse do «Río».

2.19-23 ...

Curiosamente nesta altura, menos entregar a dama, vale calquera xogada. Sena Carneiro  segue con 2.19-22, 13-09;  3.22-12,  09-05;  e agora, por lápsus, dá o xogo por perdido seguindo con  4.12-16,  20-15 GN.

2. ... 20-16;

Se 2. ... 20-15; 3. 23-19, 15-11;  4.19-14, 11-06;  5.14-10 e cae un dos peóns [EMP].

3.*23-19 ...

Agora é imprescindíbel cortar o paso do peón «16».

3. ... 13-09;   4.19-15 ...

As negras deben menterse na diagonal «8→29».

4. ... 09-05;  5.15-22,  05-01; [EMPATE].

Así chegamos á posición do famoso «Empate de Timoneda» que os lectores deste blog xa coñecen [Ver entrada do 15 de marzo do 2011]. Non se pode coroar o peón «16» sen perder o dominio do «Río». As brancas só teñen que continuar xogando pola diagonal de corte e mantendo sempre a dama flutuante. Deste modo dispoñen da opción de taponar á homónima negra no momento en que  tente entrar por «25» ou «4». 



BRANCAS XOGAN E GAÑAN


A esta interesante situación chegouse nun dos múltiples xogos que habitualmente se poden ver na «Ludoteka», un sitio que ofrece a posibilidade de xogar en tempo real a través da Internet. Levaba as brancas, Aasman, xogador marroquí que case sempre consegue unhas posicións formidables na apertura pero que, sen ser frouxo en finais, por veces falla nesta última fase da partida. Baixo o meu parecer, nótaselle que basea todo na súa portentosa visión de xogo porén non lle concede demasiada importancia ao estudo dos finais.

Nesta ocasión perdeu a oportunidade de derrotar a un dos rivais con máis alto «ranking» na clasificación de xogadores. O Desenlace foi o seguinte:  1.31-28?? ...  [Sen percatarse das sutilezas e só pensando no erro do rival]  1. ... *06-03;  [As negras non poden entrar na casiña «2»  pois quedarían bloqueadas tras 2.28-24,  GB.]  2.28-31, 03-06; [2. ... 03-16; tamén vale xa que se 3.31-27  non se pode evitar o cambio de pezas con 3. ... 32-20] 4.31-27 ... [Se 4.31-22 segue tamén *06-17 coa ameaza de ataque en «30»] 4. ... *06-17; 5.27-30, 17-10; 6.23-27, 32-28 e aquí non lle quedou máis remedio que aceptar o empate.

O método vitorioso consistía en promocionar o peón «23» pero asegurando previamente o dominio do «Río».

1.*31-18!  ...

Esta é a única forma de conseguilo.

1. ... 06-03; 2.18-14 ...

Ocupando a gran diagonal no momento e no sitio preciso. Agora o ataque ao peón con 2. ... 03-16  refútase fulminantemente con 3.14-18, 20x13; 4.09x18 GB.

2. ... 03-12;

Non hai forma de obstaculizar o avance do peón «23».

3.23-27 GB.

Agora é fácil. As brancas promocionan os dous peóns e colocando as damas en «23», «24» e «31» forman un «gancho» que obriga a entregar o peón negro e gañan coa «Forzosa».



BRANCAS XOGAN E GAÑAN


Nestoutro caso, a primeira vista, semella que as negras poden empatar  pois se 1.17-13 ... [Para defender os ataques ao peón desde «16» ou «19»] 1. ... 12-03;  [Igualarían tamén xogadas tranquilas como son os desprazamentos para «7», «8», «26» ou «29» porque non valen 2.23-27 que perde o dominio da gran diagonal, nin 2.13-10 polo ataque dobre en «19», nin tampouco 2.13-27 que permite a ocupación da diagonal «17→30» ameazando o ataque desde a oitava fila]   2. 13-27,  03-17;  [EMP]. A posición é a mesma na que caeu Aasman no exemplo anterior.

Pero se facemos unha análise un pouco máis profunda, axiña poderemos ver que as brancas teñen a posibilidade de aproveitarse desa colocación flutuante da dama negra.

1.23-27!! ...

Efectivamente, grazas a ese detalle e á existencia do peón en «32», as brancas poden ceder momentaneamente a posesión do «Río».  A construción potencial dunha das bases da «Barca» —famoso final incluído por Pedro Ruíz Montero no seu Tratado do 1591— garántelles a vitoria.

1. ... 12-19;

Se a dama estivese segura, por exemplo no cadro «8». Agora as negras poderían salvarse con 1. ... 32-28; e tras 2.27-30  sacrificar o peón para poder ocupar o «Río», pero neste caso non é posible esa defensa.

2.27-30, 19-14;

Non se pode avanzar o peón pola «luneta» con 30-23 que gana peza e o dominio da rúa maior.

3.17-26, 14-28;

Non 3. ... 14-10 por 4.09-13 e cae a dama.

4.09-13, 28-14;  5.13-17, 14-10;  6.17-21, 10-14; 7.21-25, 14-28;  8.26-22,  28-10;  9.30-21 ...

As brancas poden aplicar o remate de Montero que xa coñecen os lectores deste blog. Mais hoxe imos escoller un novo método.

9. ... 10-05;  10.25-29 ...

Formando un gancho que obriga á dama negra a buscar refuxio nas casas «23» ou «28».

10. ... 05-23;

Se 10. ... 05-28; segue 11.22-31 directamente.

11.21-07 ...

Xogada de espera para forzar á dama negra a ir a «28».

11. ...  23-28;  12.22-31, 28-10;

Se 12. ... 28-23 segue 13. 07-16 GB.

13.31-28!,  32x23;   14.07-14,  10x19;   15.29x15 GB.


 

BRANCAS XOGAN E GAÑAN


Outro xogo disputado na Ludoteka o pasado 12 de maio do ano en curso. Esta vez enfrontabanse ACL50 vs. Karlb na modalidade 3ʹ+10ʺ.  Vexamos que é o que aconteceu:

1.04-08 ...

Tamén valía 1.15-20 directamente. Pois tras 1. ... 03x23;  2.01x28, 22-18; [Se  2. ... 27-23; 3.*28x26! adianta o proceso] 3.28-32, 27-23; 4.*32x21!, 09-05; 5.21-17!,  05-02;  6.17-06  e cae a dama negra, GB.

1.  ...  03x16;   2.15-20,  16x23;   3.01x32,  27-23;

Ou se 3. ... 22-18; 4.32-28, 27-23;  5.28x21,  09-05;  6.*11-15!!,  05-02; [Para no caer no «gancho» que se produciría tras 6. ... 05-01 con 7.21-14 GB] 7.21-11!!, 02-05; 8.11-14, GB.

 4.32x29,  09-05;

Podemos dicir que ata o momento foi ben xogado.

5.11-14?? ...

Aquí escápaselle a vitoria ás brancas. Correcto era a sorprendente 5.29-15!!, pois agora se:

  5. ... 05-01; 6.11-14, 01x12; 7.08x15 GB.

  5. ... 05-02; 6.15-24, 02x15; 7.24x02 GB.

5.  ...  *05-02;   6.29-19,  02-11 [EMP].

 

«FINAIS PRÁCTICOS BÁSICOS»  Nº278
[Corrección]


XOGAN AS BRANCAS


Este Final de xogo foi primeiramente publicado na revista portuguesa «Vida Mundial Ilustrada» polo Capitán Evaristo Borges e posteriormente o Dr. Sena Carneiro incluíuno co Nº 278 no seu magnífico «Finais Prácticos Básicos», unha obra imprescindíbel na biblioteca de calquera damista.

O Capitán Borges tiña o costume de asistir diariamente a infinidade de xogos amigables que se disputaban no «Café Palladium» da cidade portuguesa do Porto. Cando observaba algo interesante tomaba nota e despois analizaba na casa os pormenores. Moitos dos seus traballos están inspirados neses xogos e seguramente esta posición tamén xurdiu nalgún deles.

En contra da opinión do publicado, a vantaxe branca non vai ser suficiente para gañar. Aínda que o Capitán descubriu un hábil recurso, omitiu unha defensa non menos  enxeñosa. Vexamos:

1.04-07 ...

O lance co que se cría que gañaban as brancas.

  Se 1.04-08, *05-02; 2.15-19, 02-06 [Ou 2. ... 02-24] 3. 19-23, 06-11;  4.14-19, 11-15; [EMP].

  Ou se 1.15-19, 05-02; 2.14-18, 02-15; 3.18-22, 15-08; 4.04-11, 08-12;  5.11-15, 12-07;  6.15-20, 07-12;  7. 20-23, 12-16 e non hai maneira de que as brancas progresen. [EMP].

1. ... *05-02; 

Non 1. ... 05-01 xa que tras 2.15-19, 01-05; 3.07-11, 05-02;  4.11-24, 02-05; 5.24-02, 05-10; 6.02-09, 10-01; 7.09-13, 01-05; 8.13-10, 05-09; 9.19-23, 09-31; 10.14-19 GB.

2.07-11 ...

Tampouco nada arranxa  2.15-19 porque con 02-15 as negras forzan a ganancia dun peón.

2.  ...  *02-09!; 

Esta é a defensa que escapou a Borges, quen só consideraba a continuación 2. ... 02-05??; 3.15-19, 05-02; 4.11-24, 02-05; 5.24-02, 05-10; 6.02-09, 10-01; 7.09-13, 01-05; 8.13-10, 05-9; 9.19-23 GB.

Tras a textual as brancas teñen dúas interesantes continuacións:

 — A —

3.15-19, *09-27;   4.11-06,  *27-16;   5.19-22 ...

 Se 5.14-18, 16-07;  [A máis sinxela] 6.18-22,  07-14 e cae un peón.

5. ... 16-07; 

Non 5. ... 16-12 por 6.22-27 GB.

6.06-11,  07-03;   7.14-19,  03-12;   8.11-04 ...

Ou 8.11-15, 12-07; 9.19-23, 07-18; 10.22-26, 18-22;  e EMP.

10. ... *12-08; 

Nótese que se 10. ... 12-15; 11.04-08 GB.

11.04-11,  08-12;   12.11-15,  12-07;   13.19-23,  *07-18;   14.22-26,  18-22; [EMPATE].


— B —

3. 11-02,  09-22;

Aquí tamén valía 3. ... 09-27.

4.14-19 ...

Se 4.15-20, 22-27; 5.20-24, 27-23 EMP.

4. ... 22-26;

Non 4. ... 22-29; por 5.02-11, 29-26; 6.11-14,  26-29; 7.14-21, 29-25; 8.21-04, 25-29;  9.04-08, 29-25; 11.15-20, 25-14; 12.20-23, 14-10; 13.08-15, 10-14, 14.15-02, 14-10; 15.02-11, 10-05; 16.11-14 GB.

5.02-05,  *26-21!!;

Coidado con 5. ...  26-29;  por  6.05-01, 29-26; 7.01-14, 26-29; 8.14-21, 29-25;  9.21-04, 25-29; 10.04-08 e gañan brancas como vimos no comentario anterior.

6.15-20 ...

Se 6.19-23, 21-11; 7.15-19, 11-15; [EMP].

6. ... 21-14;  [EMPATE].

Nótese que se na xogada anterior tivesen feito 5. ... 26-17??, esta manobra salvadora da dama non se podería realizar.


«A POSICIÓN DE XAVIER»

 

XOGAN AS BRANCAS E EMPATAN


Concluímos o artigo de hoxe cun curiosísimo estudo. Nun dos vídeos da 1ª Fase do Campionato de Portugal [2012] que ofrece o Facebook «DAMAS DO NORTE», podemos observar como Luís Xavier  —árbitro principal do torneo e famoso problemista—  presenta a posición ao Dr. Vaz Vieira. Nun principio pensamos que podía ser un final que aconteceu durante o torneio, mais parece improvábel porque nese momento aínda está disputándose a primeira sesión. Tampouco creo que sexa unha composición propia, pois aparece coas cores trocadas. Non sei de onde a sacaría Xavier pero é unha posición de coñecemento obrigatorio xa que pode acontecer con bastante asiduidade na práctica e non esta incluída no libro de finais do Dr. Sena Carneiro.

A armadilla montada polas negras impide a ocupación do «Río», xa que se 1.30-23 segue  22-19 e a dama cae. Dispoñen pois as brancas de dúas alternativas nas que non se ve un perigo inmediato. Estas son 1.30-16 e 1.30-20, mais antes de xogar debemos prestar moita  atención porque unha perde, namentres a outra si que vale para conseguir o empate. Vexamos:

PRIMEIRA ALTERNATIVA

1.*30-20!  ...

Se as negras manteñen a armadilla formada polas fichas de «15» e «16», e chegan a coroar o peón de «22» gañarían con absoluta comodidade. Coa xogada textual, as brancas intentan dificultar o plan enemigo evitando o avance do peón pola casa «15». Esta é a defensa correcta.

1. ... 22-19;

Se 1. ... 18-14;  2.*20-24!,  17-30;  [Se 2. ... 22-18; 3.24-15 traspón á liña principal. Posible tamén era 2. ... 22-19; 3.24-20, 17-03; (Se 3. ... 17-30; 4.20-06 traspón á variante do tronco con 2. ... 18-14)  4.20-02, 03-12; 5.09-13, 12-16; 6.13-18, 14-10; 7.18-31, 16-30; 8.02-11, 30x17; 9.11-14 EMP.] 3.24-31,  22-19;  4.09-13 ... [Non 4.31-22, 30-26; 5. 5.22x08, 14-11;  6.09-13, 11-07; 7.13-18, 07-04;  8.18-22, 26x19;  9.08x22,  29-26;   10.22x29, 04-08  GN.] 4. ... 14-10;  5.31-22 e o peón negro queda indefenso [EMP].

2.*20-02,  19-14;

Co paso cortado por «15», as negras buscan outra vía.

En caso de 2.  ... 18-14;  3.02-24, 17-30;  4.24-06,  30-23;  5.09-13, 14-10;  6.06-02,  23-30;  7.13-18,  30-21;  8.18-22,  21-30;  9.02-11, 10-05;  10.11-06,  05-01;  11.06-17, 19-14;  12.22-26,  29x22; 13.25-29,  22-18; 14.29-22 [EMP].

3.02-15,  14-10;  4.15-19 ...

Ao non poder evitar a coroación só resta intentar desfacer a armadilla.

4. ... 10-06;

Se 4. ... 18-14;  5.09-13,  17-26;  6.19-32,  26-22;  7.13-17,  22-19,   8.17-21, 10-05;  9.21-26,  29x22;  10.25-29,  05-01; 11.29-26, 01-10; 12.26-17, 10-03; 13.17-30, 03-16; 14.30-21,  22-18; 15.21-26, 19x29; 16.32x01 [EMP].

5.19-10,  06-02;  6.09-13!!  ...

Perfecto.  As brancas conseguen desfacer a armadilla e ao mesmo tempo manteñen o dominio do «Río».

6. ... 18x09;  7.10-01  e as negras non teñen forma de progresar [EMPATE].


SEGUNDA ALTERNATIVA

 1. 30-16?? ...

Permite ás negras xogar sen obstáculos.

1. ... 22-19!;  2. 16-30 ...

Agora a armadilla resulta determinante e as brancas non poden parar o avance á casa «15», pois a  2.16-13 seguiría  2. .... 19-15 e a dama morre,  GN.

Se 2.16-03, 19-15!; 3.09-13 ... [Forzado] 3. ... 18x09; 4.03-07, 09-05 GN.

2. ... *19-15!

As negras teñen o camiño libre. A vitoria non ofrece dificultades e non son precisos máis comentarios.

3. 30-23,  15-12;   4. 23-05,  12-07;   5.05-19,  07-03;  6.19-32,  03-12;  7.32-05,  12-22;  8.05-02,  22-27 GN.

2 comentarios:

Сергій Казнадей dixo...

«FINAIS PRÁCTICOS BÁSICOS» Nº47
1.1-19 17-13 2.19-26 e se:
1) 2. … 13-9 3.22-19 Emp.
2) 2. … 13-10 3.26-17 10-5 4.17-6 20-16 5.6-15 Emp.

Сергій Казнадей dixo...

"Sena Carneiro segue con 2.19-22, 13-09; 3.22-12, 09-05; e agora, por lápsus, dá o xogo por perdido seguindo con 4.12-16, 20-15 GN."
2.19-22 e se:
1) 2. … 13-9 3.22-19 EMP;
2) 2. … 13-10 3.22-19 10-6 4.19-23 20-16 (4. … 20-15 5.23-19 15-11 6.19-14 EMP) 5.23-19 EMP.
Você pode e 2.19-12 13-10 (2. … 13-9 3.12-19 EMP) 3.12-3 10-5 4.3-6 20-16 5.6-15 EMP. Qualquer 2 lance no casa do Parallela 8-29, exceto para tomar seus cantos, dá um empate.