luns, 19 de setembro de 2011

«A Edimburgo» [3ª parte]

Tras unhas semanas de interrupción, retomamos hoxe o estudo da «Edimburgo Ortodoxa». Na súa segunda entrega pertencente ao martes, 18 de xullo, amosamos a «Liña A» do Apartado Segundo. Agora imos proseguir coa «Liña B».

[1.12-16, 23-19; 2.11-14, 19-15]

B

3.14-18 ...

A xogada recomendada nos primeiros tratados de «apertura a dous lances» como a célebre «Enciclopedia de Kear» e posteriormente referendada por Heffner nos comentarios do espléndido libro dedicado ao 2º Match Internacional de Nova York disputado entre EEUU e Gran Bretaña no ano 1927. En damas clásicas non dispoñemos de moitas referencias prácticas polo que a teoría existente é bastante superficial pero non contradí o veredicto. En consecuencia, esta continuación eríxese como a defensa máis empregada en ambas as dúas modalidades.

Outras opcións son: 3.10-13 [Liña A], 3.14-19 [Liña C] ou 3.07-12 [Liña D].

3. ... 21x14; 4.10x19 ...


POSICIÓN DESPOIS DE 4.10x19


4. ... 25-21;

Boa alternativa para fuxir do tradicional ataque con 4. ... 27-23; do que como mostra ofrecemos a seguinte continuación: 5.06-10, 23x14; 6.10x19, 31-27; [Para 6. ... 25-21; ver o xogo Holmes vs. Ferrie do «6º Torneo Escocés» do 1898 que publicamos neste blog con data 1/11/2010] 7.05-10, 25-21; 8.07-12, 22-18; 9.10-13, 27-22; 10.13-17, 30-27; 11.02-06, 18-14; 12.06-10, 14x05; 13.01x10, 15-11; 14.10-14 ... [O empate prodúcese con 14.03-07, 22x15; 15.07x14 porque a 15-11 segue a xudía con 16.04-07 e GB.] 14. ... 22x15; 15.12x19, 28-23; 16.19x28, 32x23; 17.09-13, 27-22; 18.03-07, 22-18!; [Se avanzan o peón de «11» hai empate tras o tiro que se produce despois de 19.16-20 e 20.14-18] 19.13x22, 26x10; 20.19x26, 29x22; 21.07x14 [0-1] Newell Banks vs. Asa Long, xogo 13 do Campionato do Mundo celebrado en Detroit no ano 1934. Este foi o primeiro match no que se disputaba o título con apertura sorteada a 3 lances. Proclamouse gañador un, por aquel entón, noviño Asa Long cun resultado de 7 gañadas, 3 perdidas e 27 empates.

Outra posible fuga pode ser 4. ... 28-23; aínda que o máis normal é que a liña traspoña á que nós escollemos para tronco con 5.19x28, 32x23; 6.05-10, 23-19; 7.07-12, 25-21; 8.10-13, 21-18.

5.05-10 ...

Impide 5. ... 27-23; por 6.10-13 e 7.13-18 que gaña material.

a) Con similar intención tamén se adoita xogar 5.07-12, que pode ser ben respondido con 21-18; [non 5. ... 27-23; 6.03-07 e as brancas quedan cun peón de máis despois de 6. ... 23x14; 7.12x19, 22x15; 8.06-11, 15x06; 9.02x25] 6.05-10, 27-23; 7.01-05, 23x14; 8.10x19 ... [Posible tamén é 8.12x19, 22x15: 9.10x19, 31-27; 10.04-07, 27-23; 11.07-12, 23x14; 12.12x19, 28-23; 13.19x28, 32x23; 14.03-07, 26-22; 15.06-10, 22-19; 16.10-13, 29-25; 17.13x22, 14-11; 18.07x14, 19x01; 19.22-27, 23-19; e a posición queda nivelada] 8. ... 31-27; 9.05-10 ... con dúas interesantes rutas:

9. ... 27-23; 10.10-13 ... [Non 10.02-05, 23x14; 11.10x19, 18-14; 12.06-10, 14-11 con gran vantaxe negra] 10. ... 23x14; 11.12x19, 22x15; 12.13x22, 26x19; 13.09-13, 28-23; 14.13-18, 30-27; 15.04-07, 29-26; 16.07-11, 14x07; 17.03x12, 32-28; 18.02-05, 19-14; 19.12x19, 14-11; 20.06x15, 23x14; 21.05-09, 14-11; 22.09-13, 11-07; 23.13-17, 26-22; 24.18-21, 07-03; 25.21-26, 07-03; 26. 26-30 e nesta altura as brancas semellan ter restablecido o equilibrio tal como se demostrou nun xogo Ron «Suki» King vs. Colin Young disputado no Open de Inglaterra do 2001.

9. ... 18-14; 10.09-13, 14x05; 11.02x09, 15-11; 12.06x15, 27-23; 13.16-20, 23x07; 14.04x11, 22-18; 15.13x22, 28-23; 16.19x28, 26x12; 17.08x15, 32x23; 18.09-13, para empate como en Verissimo_D vs. Oumill [Ludoteka, 2010]

• b) 5.07-11, 28-23; 6.19x28, 32x23; 7.11x20, 24x15; 8.04-07 ... [8.05-10, 21-18 segue igual que na variante de Kear con 6.07-11 mencionada nos comentarios da sexta xogada da liña troncal] 8. ... 31-28; 9.07-11, 28-24; 10.11x20, 24x15; 11.05-10, 21-18; 12.06-11, 15x06; 13.02x11, 23-20; 14.16x23, 27x20; 15.10-14, 21-26; con igualdade.

5. ... 21-18

Máis habitual é 5. ... 21-17 recomendada entre outros no célebre libro «Basic Checkers» de Richard Fortman. Nós preferimos o lance do texto, moi lóxico por outra parte, pois incorpora efectivos á loita polo centro e reserva a posibilidade de cambiar ou de atacar o peón branco de «19».

6.01-05 ...

Un lance escollido polo Dr. OAL contra Adelino Ribeiro nun dos xogos do «1º Campionato Oficioso de Portugal». Un histórico cuadrangular [con apertura sorteada] celebrado en Lisboa no ano 1957 que foi gañado “in extremis” por Orlando Augusto Lopes [OAL] e no que ademais do mítico Ribeiro tamén participaban o lisboeta José Fernandes e o portuense Jacinto Alves, coñecido polo alcume do “Nossa Amizade” que, sorprendentemente, a punto estivo de conseguir o título. Fernandes perdeu con todos menos na última sesión na que, defendéndose con “unllas e dentes”, empatou con Jacinto e “regalou” así o título a OAL.

• Se 6.07-12 continúase como xa se indicou anteriormente cando o branco opta por esta xogada no seu 5º movemento.

• Se 6.10-14, 18x11; 7.07x14, 27-23; 8.04-07, 31-27; 9.07-11, 22-18; 10.14x21, 23x07; 11.03x19, 26x17; 12.06-10 ... [nun xogo Bailey vs. Banks as brancas seguiron con 12.06-11 e perderon de golpe tras 17-13] 12. ... 29-26; 13.08-12, 24-20; 14.16x23, 27x20; 15.09-13, 20-25; 16.13-18, 15x08; 17.18-22, 26-21; 18.22-26, 08-04; 19.26-29, 28-24 con gran vantaxe das negras.

• Se 6.07-11 ... [Aconsellada como a mellor na «Enciclopedia de Kear», un dos máis célebres tratados do noso xogo publicado polo forte xogador de Bristol, James Andrew Kear, junior, (1871-1955) uns anos antes da disputa do 2º Match Internacional de 1927. Baixo a supervisión de John Alexander foi reeditada en varias ocasións e mesmo unha copia manuscrita cos movementos transcritos para a nosa notación circulou por Portugal e serviu de base na preparación de moitos dos seus mellores damistas] 6. ... 28-23; [A máis forte réplica, que curiosamente non foi contemplada polo tratadista inglés] 7.19x28, 32x23; 8.11x20, 24x15; 9.04-07, 23-19; 10.07-12 ... [10.16-20, 27-23; 11.20x27, 30x27; 12.10-13, 23-20 e as brancas deben xogar con coidado para acadar o empate] 10. ... 31-28; 11.03-07, 27-23; 12.07-11, 30-27; 13.11x20, 28-24; 14.12-15, 19x12; 15.08x15, 23-19; 16.06-11, 19x12; 17.20-23 con posición máis ou menos igualada.

6. ... 28-23

Con intención de formar o estereotipado «dique» de peóns na paralela 8/29. Mais neste momento é importante indicar que as negras tamén se podían decidir por 6. ... 27-23 forzando a continuación 7.07-12 coa que se entra na liña mostrada nos comentarios da 5ª xogada.

A continuación 6. ... 18-14 que OAL denomina como «Ataque cerrado», hoxe sábese que resulta ineficaz pois pode ser ben contestado con 7.09-13 e tras 27-23; 8.07-11, 14x07; 9.04x27, 30x14; 10.10x19, 22x15; 11.05-10 as brancas teñen xogo cómodo.

7.19x28, 32x23;


POSICIÓN DESPOIS DE 7. ... 32x23

8.07-12 ...

Para desmontar o entarimado que impide desenvolver o seu flanco de río.

• Se 8.10-14, 18x11; 9.07x14, 15-11;10.06x15, 22-19 e GN.

• Tampouco vale 8.10-13 por 15-11; 9.07x21, 26x01 con vitoria negra.

• Non obstante as brancas poderían aguantar con 8.07-11, aínda que non é aconsellable. As negras dispoñen de varios camiños para intentar seguir co ataque como por exemplo:

► 8. ... 23-19; 9.11x20, 24x15; 10.10-13, 27-23; 11.13-17, 30-27; 12.05-10, 18-14; 13.09-13, 14x05; 14.02x09, 29-25; 15.13-18, 22x13; 16.09x18, 27-22; 17.18x27, 31x22; 18.04-07, 15-12; 19.08x15, 19x12; 20.07-11, 22-18; 21.11-15, 18-14; 22.15-19, 14-11; 23.06x15, 23x14; 24.16-20, 14-10; 25.20-24, 10-05; 26.24-28, 05-02; 27.28-32, 02x20; 28.32-19 EMP.

► 8. ... 26-21; 9.11x20, 24x15; 10.03-07, 23-19; 11.06-11, 15x06; 12.02x11, 27-23; 13.16-20, 23x16; 14.11-14, 18x11; 15.07x23, 22-19; 16.09-13, 29-25; 17.13-18, 21x14; 18.08-12, 16x07; 19.04x18, 19-15; 20.18-22, 15-11; 21.22-27, 31x22; 22.23-28, 11-07; 23.28-31, 22-19; 24.31-22, 19-14; 25.10x19, 07-04; 26.19-23, 04-14; 27.05-09, 14x28; EMP.

8. ... 23-19;

O dique formado polos peóns «15», «19», «22», «26» e «29» xa está construído. As negras tamén podían xogar 8. ... 22-19; e a posición traspón á do tronco tras 9.10-13, 27-22.

9.10-13 ...

Típico nesta clase de posición. Se agora o negro fai 18-14 segue 10.16-20! Con idea de contraatacar con 12-16. Nesa altura non valería 10. ... 27-23; xa que tras 11.20x27, 30x23; 12.06-11 as brancas adquiren unha gran vantaxe.

Outras posibilidades carecen de fiabilidade ou comprometen o xogo:

9.06-11, 15x06; 10.02x11, 18-14; 11.11x18, 22x06; 12.03x10, 24-20; 13.16x23, 27x20; 14.10-13 ... [14.12-16, 20-15; 15.04-07, 26-21; 16.16-20, 30-27; 17.20-24 ... (17.09-13, 15-12 tiro e GN) 17. ... 21-17; 18.07-12, 15-11 GN. ] 14. ... 20-15; 15.04-07, 30-27; 16.05-10, 27-22; 17.13-17, 22-18; 18.10-13, 18-14; 19.13-18, 26-22; 20.18x27, 31x22; 21.17-21, 15-11 GN.

9.04-07, 27-23; 10.07-11 ... [10.06-11, 15x06; 11.02x11, 26-21; 12.12-15, 19x12; 13.08x15, 23-19; 14.07-12, 21-17; 15.03-07, 29-26; 16.16-20, 31-28!; 17.20-23, 24-20; 18.15x31, 19-14; GN.] 10. ... 30-27; 11.11x20, 24x15; 12.10-13, 18-14; 13.13-18 ... [13.13-17, 14-11 GN.] 13. ... 22x13; 14.09x18, 29-25; 15.05-10, 14x05; 16.02x09, 26-21; 17.18-22, 27x18; 19.06-11, 15x06; 20.03x10, 21-17; 21.12-15, 19x12; 22.08x15, 25-21; 23.15-20, 23-19; 24.20-24, 18-14; GN.

9.16-20, 31-28; 10.10-13 ... [10.12-16, 28-23; 11.10-13, 15-12; 12.08x15, 19x12; 13.05-10, 24x15; 14.04-08, 29-25; 15.06-11, 15x06; 16.02x11, 23-19; 17.08x15, 19x12; GN.] 10. ... 28-23; 11.06-11, 23x07; 12.11x20, 24x15; 13.04x20, 27-23; 14.20x27, 30x23; 15.08-12, 18-14 [As negras teñen vantaxe, pero non é suficiente para gañar. Tamén se pode probar con 15 ... 23-20; pero tras 16.12-16, 20-15; 17.16-20, 15-12; 18.20-23, 12-08; 19.23-28, 08-04; 20.05-10, 19-14; 21.10x19, 22x15; 22.13x22, 26x19; 23.28-31, 15-12; 24.09-13 EMP.] 16.13-18, 22x13; 17.09x18, 26-21; 18.18x25, 14-11; 19.12-16, 19-15; 20.05-10, 15-12; 21.10-14, 11-07; 22.14-18, 07-04; 23.18-22, 04-18; 24.22-26, 29x22; 25.25-29, 23-19; 26.16-20, 18-25; 27.20-23, 12-08; 28.23-27, 08-04; 29.29-26, 25-14; 30.26-17, 19-15; 31.17-26, 22-19; 32.27-31 EMP.

9. ... 27-23

No seu momento OAL criticou esta xogada, pero o certo é que non merece tal consideración pois restrinxe bastante as opcións do branco. Evita os movementos de peón á casa «7» por 10. ... 15-11. Igualmente impide 10.06-11 pois con 15x06; 11.03x10 ... [11.02x11, 23-20; 12.16x23, 31-28; 13.23x32, 29-25 e 26x01 con gran vantaxe negra] 11. ... 31-28 o segundo xogador ten moitas posibilidades de alcanzar a vitoria.

10.13-17 ...

Aquí as brancas tamén poden optar por 10.05-10 ... [con idea de se 10. ... 18-14 igualar coa troca 11.16-20!] 10. ... 26-21 [permite ao negro manter a vantaxe] 11.13-17, 18-14*; [as brancas ameazaban 09-13 seguido de 10-14] 12.17x26, 14x05; [Se 12. ... 30x21; 13.06-11!] 13.09x18, 30x21; 14.02x09, 24-20; 15.13-17, 22-18; 16.17x26, 29x22; 17.06-10, 15-11; 18.12-15, 19x12; 19.08x24, 11-06; 20.10-14, 18x11; 21.03x10, 11-06; 22.10-13, 22-19; 23.13-18 e tras unha axeitada defensa o xogo vai camiño do empate.

10. ... 31-27;

Outra idea é 10. ... 31-28; 11.3-7, 29-25; 12.07-11, 30-27; 13.11x20, 24x15; 14.05-10, 19-14; 15.10x19, 23x14; 16.12x19, 22x15; 17.04-07, 28-24; 18.07-12, 27-22; 19.12x19, 22x15; 20.16-20, 14-11; 21.20-23, 11-07; 22.23-27, 07-04; 23.27-31, mais o xogo das negras non é mellor que o da liña por nós escollida. A posición está igualada.

11.04-07 ...

As brancas tamén se poden decidir pola máis coñecida 11.05-10, 18-14; 12.16-20!, 23x07; 13.04x18, 22x13; 14.09x18, 24-20; [Interesante continuación, superior a 14. ... 27-23 que se xogou na citada partida do «1º Campionato oficioso de Portugal» do 1957 entre OAL e Ribeiro] 15.02-05! ... [15.03-07, 29-25; 16.10-13] 15. ... 29-25; 16.17-21*, 26x17; 17.05-09!, 27-22; 18.18x27, 30x23; [As negras están ben, aínda que a súa superioridade non chega para decidir] 19.10-13 ... [19.09-13 é ben replicado con 25-21] 19. ... 17x10; 20.06x13, 19-14; 21.13-18, 15-11; 22.09-13, 14-10; 23.18-22, 11-06; 24.22-27, 06-02; 25.27-31, 10-05; 26.13-18, 05-01; 27.18-22, 20-15; 28.22-26, 02-09; 29.26-29, 25-21; e ao final as brancas conseguen o empate.

11. ... 26-21; 12.17x26, 30x21; 13.07-11 ...

Ou tamén 13.05-10, 18-14; 14.09-13, 14x05; 15.02x09, 21-18; 16.07-11, 29-25; 17.11x20, 24x15; 18.03-07, 18-14; 19.13-18, 22x13; 20.09x18, 14-11; 21.07x14, 19x03; 22.12x28, 03-17; 23.28-31, 17-21 EMP.

13. ... 21-17; 14.11x20, 24x15; 15.05-10, 18-14;


POSICIÓN DESPOIS DE 15. ... 18-14

Non queda outra pois se as negras moven o peón de «29» segue 16.09-13 e 17.10-14. Evidentemente, se 15. ... 18-13; as brancas xa poden efectuar o corte no cadro «14» sen preparación previa.

16.09-13, 14x05; 17.02x09, 17x10; 18.06x13, 15-11; 19.12-15, 19x12; 20.08x15 ...

Nesta altura podemos dicir que a iniciativa das negras quedou completamente diluída e a posición reflicte un equilibrio total.

20. ...  23-19; 21.15-20, 19-14; 22.20-24, 14-10; 23.24-28, 10-05; 24.28-31, 11-06; 25.03x10, 05-01; EMPATE.

martes, 13 de setembro de 2011

Mohammedia: A veteranía é un grao

Nun dos varios vídeos do "Torneo Internacional de Mohammedia" [Marrocos, 2011] ofrecidos pola publicación dixital  "Mohammediapress.com" podemos ver case integramente o xogo ao que hoxe lle imos dedicar a nosa atención. Habitualmente os campionatos de rápidas xóganse a un ritmo de 30 minutos por partida de catro xogos. Nesta ocasión o ritmo era un pouco máis cómodo, cada damista dispoñía dunha media duns 11 minutos para reflexionar en cadanseu destes catro xogos. En todo caso o tempo chega para pouco e habitualmente os contendentes vense obrigados a mover case ao toque. Xogando en estas circunstancias, por moi bo que sexas, non é de extrañar que de cando en vez aparezan as imprecisións ou xurdan as sorpresas. Este xogo non é unha excepción.

Delfim Alves vs. Xogador marroquí
Torneo Internacional de Mohammedia, 2010

1.09-13, 21-17; [Apertura "Dereita Marxinal"] 2.11-14 ... [Lance de uso infrecuente. Habitual é 2.05-09] 2. ... 23-19; 3.14x23, 28x19; 4.07-11, 32-28; [Un xogo do Torneio de Meruge deste no 2011 disputado por Justino Miguel vs. Antonio Almeida seguiu 4. ... 25-21; 5.11-14, 31-28; 6.14x23, 28x19; 7.04-07, 21-18; 8.12-16, 18x09; 9.10-13, 17x10; 10.05x23, 27x20; 11.06x23 cunha lixeira vantaxe das brancas] 5.11-14, 28-23; 6.06-11, 26-21; 7.05-09, 21-18; 8.14x21, 25-18; 9.11-15, 29-25; 10.03-07, 23-20; 11.10-14 ... [Xogada extravagante que perde material innecesariamente. Correcto era 11.02-05 con posición máis ou menos equivalente] 11. ... 18x11; 12.07x23, 20x11; 13.13-18 ... [Mellor semella 13.23-28, pero con todo a situación para as brancas xa era desesperada] 13. ... 27x20; 14.18x27, 31x22; 15.01-05, 20-16; 16.12-15, 16-12; 17.05-10, 12-07; 18.08-12, 22-18; 19.15-19, 07-03; 20.12-15, 03x13; 21.19-23, 13-03; 22.23-28, 03-12; 23.28-32, 12x29; 24.32-23, 29-12; 25.23-01, 12-03; [As brancas conducidas polo veterano xogador portugués Delfim Alves van resistindo como poden. Xa a punto de claudicar ven unha pequena luz ao fondo do túnel] 26.01-23 ...


POSICIÓN DESPOIS DE 26.01-23 ...

Aquí, con este lance que tende unha astuta trampa, terminamos a notación do xogo. Se non é capaz de intuír o fatídico lance que xogou o damista marroquí e a posterior réplica de Alves, vostede debe visionar o vídeo para saber que é o que realmente pasou.


Celada de Delfim Alves
[Mohammediapresse.com]

Un despiste ben aproveitado polas brancas que ao menos recuperaron medio punto. Un dos mellores  consellos que se poden dar no xogo de damas é o da "vixilancia extrema", unha máxima acuñada polo mítico campión Marion Tinsley e que non se cansaba de repetir torneo tras torneo.

luns, 12 de setembro de 2011

Gran vitoria de Tiago en Marrocos

Durante a primeira fin de semana deste mes de setembro [días 2 e 3] disputouse na turística cidade marroquí de Mohammedia un importante Torneo Internacional. Participaron un total de 20 xogadores dos que 15 pertencían ao país anfitrión e os 5 restantes eran de nacionalidade portuguesa.

O Torneo foi dividido en 6 sesións con partidas de catro xogos cada unha. Os participantes dispoñían dun tempo de 45 minutos para distribuír entre os 4 xogos, dos que 2 eran con apertura libre e os outros 2 con sorteada. Os portugueses pretendían que non se xogase entre eles polo menos antes da cuarta sesión, mais finalmente non se chegou a un acordo e puidéronse ver enfrontamentos como por exemplo o de Luís Sá e Tiago Manuel da segunda rolda.

Unha moi grata impresión deixaron os marroquís que amosaron un elevadísimo nivel e clasificaron a 2 damistas en postos de podio. O seu representante máis famoso, Miloud Smine, ocupou a segunda posición, mentres que K. Slimane quedou terceiro. Pero con todo o gran triunfador do torneo foi o portugués Tiago Manuel Neves que asinou unha brillantísima actuación e con 5 puntos adxudicouse a primeira praza sen perder ningún xogo. Empatou [0-0] os encontros con Slimane e Miloud Smine e derrotou a Veríssimo [2-0], Luís Sá [2-0], Youssef [1-0] e Abdeghani [2-0].

Tiago semella cada vez máis forte e neste ano está conseguindo vitoria tras vitoria en todos os torneos nos que participa, demostrando así ser o xogador máis en forma do momento.

Vexamos deseguido a clasificación e 2 xogos do campión.


CLASIFICACIÓN DO TORNEO INTERNACIONAL DE MOHAMMEDIA [2011]

1 TIAGO MANUEL NEVES .......  5 puntos
2 MILOUD SMINE .................... 4.5
3 SLIMANE. K .......................... 4.5
4 YOUSSEF ZEBIRI .................  4
5 VERÍSSIMO DIAS .................. 4
6 AL MAMOUNE .......................4
7 MUSTAFA ...............................3.5
8 CHAIBI MOHAMED .............. 3.5
9 HAKONI MOHAMED ............ 3.5
10 ABDEGHANI ....................... 3
11 HAMID AMRI ...................... 3
12 REDWANE, 1858 ................. 2.5
13 KADIRI MOHAMED ............ 2.5
14 JAMAL ENMIRAT ................ 2.5
15 DELFIM ALVES .................... 2
16 YASSINE  .............................. 2
17 LUÍS SÁ ................................. 2
18 ABDESLAM AZOUZI ............ 2
19 VITOR NEDIO ....................... 1.5
20 BOUCHAIB MARJAN ........... 0.5

* * * * * * * * * * * *

Tiago Manuel Neves vs. Abdeghani
Torneo Internacional de Mohammedia, 2011 [1º Sesión]
«Apertura Dereita Marxinal»

1.09-13, 21-17;

A «Dereita Marxinal», unha apertura que Tiago domina a perfección e coa que recentemente bateu ao campión portugués Dr. Vaz Vieira.

2.05-09, 25-21; 3.12-15 ...

A gran alternativa ao tantas veces xogado 3.02-05 que puxera de moda Julius D´Orio e que escolleu o rival de Tiago na partida que xogou con brancas. [Xa temos publicado o xogo completo na entrega do venres pasado, nos comentarios da terceira xogada das negras].

Tiago Manuel preparado para efectuar o lance 3.12-15
[Foto de Mohammediapresse.com]

3. ... 23-20;

Na actualidade a xogada preferida dos teóricos, aínda que 3. ... 21-18 tamén é unha moi interesante opción.

4.08-12 ...

Para outras posibilidades o lector pode consultar os comentarios da entrega anterior en homenaxe a Silva Pereira.

4. ... 20-16;

Se 4. ... 27-23; 5.10-14 ... [Agora 5.12-16 permite 23-19; 6.16x23, 19x12; 7.07x16, 28x19; con bo xogo para as negras] 5. ... 17x10; 6.06x13, 22-19; 7.15x22, 26x10; 8.12-15, 21-17; 9.13-18, 20-16; 10.04-08 ... [Se 10.02-05, 10-06; 11.03x10, 16-12; 12.07x16, 23-20; con equilibrio] 10. ... 30-26; 11.02-05 ... [11.18-21 perde de golpe con 31-27; 12.21x30, 17-13; 13.09x18, 10-06; 14.03x10, 23-20; 15.30x23, 28x03 GN.] 11. ... 10-06; 12.03x10, 23-19; 13.15x22, 26x19; 14.08-12, 31-27!; 15.11-15 ... [Non 15.10-13, 17x10; 16.05x30, 28-23 con gran vantaxe das negras] 15. ... 19-14; 16.10x19, 27-23; e as negras teñen que xogar con moito coidado. 

5.11-14, 22-18; 6.13x22, 27x11; 7.07x14, 16x07; 8.04x11, 28-23; 9.01-05, 26-22;

En vista do que aconteceu, pode que comprometa o xogo. As negras dispoñen dunha mellor opción con  9. ... 23-20; e tras 10.09-13, 30-27; 11.03-07, 27-23; 12.15-19, 31-28; 13.13-18, 20-16; 14.18x25, 17-13; 15.10x17, 16-12; 16.07x16, 23-20; 17.16x23, 26-21; 18.17x26, 29x15; 19.11x20, 28x01; 20.25-29, 24x15; 21.29x12 EMP.

10.15-19, 22x15; 11.11x27, 31x22; 12.09-13, 29-25;


POSICIÓN DESPOIS DE 12. ... 29-25;


13.13-18, 22x13; 14.05-09, 24-20;

Se 14. ... 21-18; 15.14x21, 25x18; 16.10-14, 18x11; 17.09x18, 17-13; 18.06x15, 30-26; 17.15-19 GB.

15.09x18, 32-28;

Se 15. ... 20-16; 16.03-07, 30-27; 17.06-11, 3-28; 18.11-15, 28-24; 19.15-19, 24-20; 20.19-23, 20-15; 21.23x30, 15-12; [21. ... 15-11; 22.07-12, 16x07; 23.10-13, 17x10; 24.30x12 GB.] 22.07-11, 12-07; 23.30-26, 07-03; 24.26-22, 03x13; 25.22-31, 13x22; 26.31x09, 16-12; 27.14-19, 12-07; 28.19-23, e xogando con precisión as brancas deben gañar.

16.18-22, 20-16;

Se 16. ... 21-18; 17.14x21, 25x18; 18.10-14, 18x11; 19.06x31 GB.

17.22-26, 16-12; 18.26-29, 12-08; 19.29-22, 28-23; 20.22-09, 23-20; 21.14-19, 20-16; 22.19-23, 16-12; 23.23-28, 21-18; 24.09x22 ...

E coa posición completamente perdida as negras seguiron unhas xogadas máis. Porén Tiago, sen problemas, rematou con contundencia. Resultado: [1-0]

* * *

Miloud Smine vs. Tiago Manuel Neves
Torneo Internacional de Mohammedia, 2011 [6ª sesión]
«Partida Fife» [Gambito de Wyllie]

1.12-15 ...

A «Apertura Paralela» así denominada por mover sobre a diagonal 8/29 tamén coñecida por ese mesmo nome. Unha boa saída pois coloca unha peza no centro. Está considerada como a segunda mellor forma de iniciar o xogo, só superada estratexicamente por 1.10-14 que mantén intacto o máis débil flanco do dobre curruncho.

1. ... 22-18;

A resposta habitual é 1. ... 23-19 desenvolvendo o flanco de río e movendo tamén cara ao centro. Coa xogada do texto as negras pretenden traspoñer o xogo ás partidas clásicas.

2.10-14 ...

As brancas aceptan a proposta. Estamos nunha das posicións máis familiares do xogo de damas, xeralmente alcanzada despois e 1.10-14, 22-18; 2.12-15. No caso de que se prefiran camiños menos trillados pódese optar por 2.10-13.

2. ... 23-20;

O típico movemento de pinzas, complemento da xogada anterior. Menos combativa, aínda que moi segura é a continuación 2. ... 26-22; coñecida como «Partida Anderson».

3.08-12 ...

Deixando latente a posibilidade de entrar na «Partida Fife» introducida polo escocés James Wyllie no seu match do ano 1847 contra o seu compatriota Andrew Anderson. Outras eleccións que se xogan moito son a flexible 3.05-10 e 3.07-12 coa que se configura a «Partida Clásica» ou incluso 3.06-10 entrando directamente na «Confusa».

3. ... 20-16;

Opoñéndose drasticamente a un futuro 12-16 que permitiría a ganancia de espazo por parte das brancas.

4.15-19 ...

Miloud, considerado como o mellor xogador marroquí, toma unha valiente decisión evitando utilizar os máis habituais lances 4.05-10 ou 4.06-10. Coa xogada do texto queda definitivamente plantexada a «Partida Fife» que se caracteriza por esta famosa proposta de gambito cuxa idea orixinal se debe ao portentoso xenio de Wyllie. Agora as negras teñen á súa disposición a posibilidade de quedar cun peón de máis efectuando unha permuta «3x2».

4. ... 18-13;

As negras aceptan o regalo e, segundo palabras do célebre tratadista Richard Fortman, destapan a “Caixa de Pandora”. Se as negras prefiren recusar a proposta, a «Enciclopedia Damista» recomenda como mellor forma a continuación con 4. ... 24-20.

5.09x18, 27-22; 6.18x27, 31x08;

Tras a ganancia do peón, as negras teñen que xogar con gran coidado pois a posición é propicia para aplicar moitos trucos que favorecen ás brancas. O peón de máis foi parar á «caseta do can» [nome co que na terminoloxía damista se coñece o cadro «8»] onde permanecerá afastado por moitos movementos. A idea do gambito semella bastante lóxica: no que se refire ás pezas xogables, as brancas teñen agora tantas coma o seu rival e, ademáis, este tamén queda coas súas forzas divididas.

7.05-10 ...

POSICIÓN DESPOIS DE 7.05-10 ...

Intuitiva e ao mesmo tempo coherente continuación mantendo as pezas sólidas. Para outras liñas e máis comentarios ver a base de datos Nº 12. [clic aquí].

7. ... 26-22; 8.01-05 ...

Apoiando o corte na casa «18».

8. ... 24-20: 9.14-18, 22x13; 10.10x26, 29x22; 11.05-10 ...

No tratado de Lees «A Complete Guide to the game of Draughts» segue 11.05-09 con idea de ir a «13». O escocés James Lees está considerado como un dos mellores analistas de todos os tempos. Impedido de participar en torneos debido a unha enfermidade dexenerativa a consecuencia da cal morreu no 1899 con tan só 33 anos, editou a súa célebre guía no 1892. Foi tal o éxito alcanzado que se seguiron publicando ducias de edicións, algunhas delas nos Estados Unidos, ata finais dos anos 50.

11. ... 25-21; 12.10-14 ...

Se 12.10-13 a liña traspón á «Guía de Lees» que continúa con 12. ... 21-17; 13.11-15, 20x11; 14.07x14, 17x10; 15.06x13, 22-19; 16.14x23, 28x19; 17.13-18, 19-15; 18.18-21 para empate. Podería seguir 18. ... 32-28; 19.21-25, 28-23; 20.02-06 ... [20.25-29, 23-20; 21.29x12, 16x07; 22.03x12, 20-16; 23.12-15, 16-12; 24.15-19, 12-07; 25.04x11, 08-04 GN.] 20. ... 23-20; 21.06-10, 15-11; 22.10-13, 11-7; 23.04x11, 08-04; 24.13-17, 4x14; 25.25-29 e unha vez salvados os escollos, as negras conservan a vantaxe de material. A superioridade é palpable porén con todo non chega para gañar.

12. ... 28-23; 13.11-15, 20x11; 14.06x15, 22-18; 15.02-05, 18x11; 16.07x14, 16-12; 17.05-10, 30-26;


POSICIÓN DESPOIS DE 17. ... 30-26;


Grazas á súa excepcional preparación teórica, o campión portugués de "rápidas" foi eludindo todos os perigos que a liña presenta e agora son as brancas as que teñen que xogar con coidado, xa que o peón que teñen de menos pode chegar a ser decisivo no final.

18.10-13 ...

Grave erro en posición nivelada. Como apuntou o propio Tiago Manuel, tras 18.15-19, 21-18 mantíñase o equilibrio.

18. ... 21-17; 19.13-18, 17-13; 20.14-19, 23x14; 21.15-19 ... 

Nesta posición as negras teñen o xogo gañado, mais ambos os dous xogadores víronse obrigados a efectuar os últimos movementos a moita velocidade. Os apuros de tempo non lle permitiron realizar os mellores lances e finalmente o duelo terminou en empate, un resultado que lle valía ao portugués para adxudicarse o torneo.

Unha das máis sinxelas formas de impoñer a vantaxe podería ser: 21. ... 13-10; 22.18-22, 26-21; 23.22-27, 10-06; 24.03x10, 14x05; e agora se:

a) 25.19-22, 05-02; 26.27-30, 12-07; 27.30x17, 07-03; 28.22-26, 03-07; 29.04x11, 02x29 GN.

b) 25.19-23, 05-02; 26.27-30 ... [26.23-28, 32x23; 27.27-30, 23-19: 28.30x17, 12-07; 29.04x11, 02x20; 30.17-26, 20-15; 31.26-27, 19-14; 32.17-21, 15-11; 33.21-17, 08-04; 34.17-13, 11-15; 35.13-17, 15-19; 36.17-06, 04-08; 37.06-20, 14-10; 38.20-02, 19-14 e o peón pasa GN] 26. ... 02-20; 27.30x17, 20x30; 28.17-06 ... [28.17-03, 32-28; 29.03x16, 28-23 GN] 28. ... 12-07; 29.04x11, 08-04; 30.11-15, 04-08; GN.

venres, 9 de setembro de 2011

Lembrando a Silva Pereira

José Silva Pereira
[Foto do Blog "Damas Classicas" de Lusodama]

José Antonio da Silva Pereira (1940-2011) natural do Laranxeiro no concello de Almada, foi un dos máis afamados damistas portugueses de finais do século pasado. Coñecido como o “Ze” ou José Pereira nos seus inicios, pasaron a chamarlle Silva Pereira para non confundilo con outros dous xogadores de nome similar. Comezou practicando o xadrez, mais sendo aínda un cativo ─non tiña máis de 11 anos─ mentres empurraba torres, cabalos e demais trebellos foi observado por Manuel Tavares, quen o convidou a mudar de modalidade. Este famoso cazatalentos, máis coñecido como o “Ti Manel”, ensinoulle as primeiras leccións e contaxioulle a paixón polo xogo de damas. A súa afección levouno a frecuentar a sede do club de Almada onde coñeceu a moitos dos mellores xogadores portugueses e así conseguiu mellorar notablemente o seu nivel. Axiña comezou a inscribirse en torneos e gañar en experiencia. Pouco a pouco foise facendo un oco na mítica escuadra do club coa que co paso do tempo chegou a conseguir 14 campionatos nacionais por equipos.

Era un xogador enormemente talentoso e dotado dunha gran facilidade de cálculo polo que se sentía máis cómodo nas partidas con apertura sorteada. Non posuía tratados, só algúns apuntamentos da “Enciclopedia Damista” que lle pasaban os compañeiros do equipo. Precisamente, nunha entrevista que lle fixo Ruaz Ramos para publicar nunha separata desta coñecida publicación denominada “Espazo Damista” [pódese ver nos blogs “Damas Clássicas” de Lusodama ou no de Jofedolgo], recoñeceu dous erros. Un foi abandonar os estudos académicos e o outro non se deixar operar do seu estrabismo, pero eu engadiría un terceiro baseado precisamente nesas lagoas que experimentaba na súa preparación e que notaba especialmente nos apuros de tempo. Isto non lle impediu colleitar soados éxitos, entre eles o enorme de conseguir alcanzar o título de campión individual de Portugal; pero tamén tivo que soportar as cariñosas tomaduras de pelo dalgún dos seus compañeiros cando, presa dos nervios, en Campionato Nacional non foi quen de rematar co bando forte dous finais técnicos: un «Saque de peón» contra Leopoldo Lopes no ano 1993 e, incriblemente, unha «Forzosa» contra Antonio Russo no 1996.

Silva Pereira conseguiu gañar en numerosos torneos como o do “Vai Avante” e outros de carácter aberto que se celebran en calquera recuncho de Portugal e chegou a participar en 20 ocasións no Campionato Nacional Individual. Desde a primeira edición deste prestixioso evento no 1981 ata que, por mor da artrose que padecía, se apartou das competicións no ano 2001, só estivo ausente no torneo de 1995. No 1986, curiosamente o ano en que grazas a unha nova lei lle concederon a xublilación anticipada do seu traballo de fundidor, a Federación adxudicoulle o título de “mestre” cando se clasificou en primeiro lugar no campionato disputado en Torres Vedras, máis como o Dr. Vaz Vieira sumou os mesmos puntos obrigáronlle a disputar un desempate que permitiu ao de Coimbra conservar o título que posuía desde que se creara oficialmente. Isto sentou un precedente e nos dous anos seguintes o campionato só serviu para adxudicar unha praza que daba dereito a loitar por ese titulo enfrontándose co campión. No 1987 Silva Pereira quedou segundo e no 1988 volveu empatar ao primeiro posto, esta vez con Medalha, pero foi este o que conseguiu praza para enfrontarse nunha finalísima co campión Vaz Vieira que revalidou o prezado galardón unha vez máis.

No 1991, cunha idade de 51, Silva Pereira acadou a gloria definitiva. Foi nun campionato disputado en Almada, a súa terra, cando por fin conseguiu o título de campión portugués ao quedar primeiro con medio punto de vantaxe sobre o seu compañeiro de equipo Veríssimo Dias.

Silva Pereira faleceu con 71 anos a finais do pasado mes de agosto. Lembremos como xogaba:


José Antonio da Silva Pereira vs. Luís Sá
1º Campionato de Portugal, Lisboa, 1981
«Apertura Dereita Marxinal»

1.09-13, 21-17;

Este era o terceiro xogo da sétima sesión no que o sorteo deparou que se abrise coa «Apertura Dereita Marxinal» que concede unha pequena vantaxe ás negras. En apertura libre está considerada como a segunda peor saída, só lixeiramente superior ao outro movemento lateral 1.12-16. En cambio a resposta negra tratando de bloquear o flanco rival ostenta a mellor das consideracións.

2.05-09 ...

A estereotipada idea de tapar o burato para apoiar a liberación con 13-18.

2. ... 25-21;

Nos tratados clásicos españois só se estuda esta apertura no de Cecina Rica que aquí segue con 2. ... 23-19; unha xogada que non se opón á intención das brancas e permite o cambio en «18».

3.02-05 ...

A defensa máis xogada, persistindo na idea de liberación. Foi posta de moda polo americano Julius D´Orio que revitalizou a variante despois de estudala en profundidade durante a súa preparación para un match que disputou en Boston no 1911 contra Hugh Henderson.

Julius D´Orio
[Libro "Mysteries of Dama"]

Outra opción é 3.12-15, 23-20; 4.02-05 ... [4.10-14 tamén ten os seus partidarios] 4. ... 28-23; [Unha famosa celada téndese na variante 4. ... 27-23; que debe ser contestada con 5.10-14, pero non con 5.13-18 por 21x14; 6.11x27, 20x02; 7.08-12, 31x22; 8.12-15, 02x20; 9.07-11, 20x13; 10.09x27, 23-19; 11.27-31, 24-20 con vantaxe decisiva das negras como nun xogo Daniel Machado vs. Vaz Vieira deste 1º Campionato de Portugal] 5.08-12, 20-16; 6.13-18, 21x14; 7.10x28, 32x23; 8.04-08, 23-20; 9.15-19, 22x15; 10.12x19, 20-15; 11.11x20, 24x15 etc. con xogo máis ou menos equilibrado [Verissimo_D vs. Chigivara; Ludoteka, 2010].

3. ... 22-19;


POSICIÓN DESPOIS DE 3. ... 22-19

A xogada preferida de James Wyllie coa que adoitaba esmagar aos seus rivais que case sempre seguían con 4.12-15. D´Orio chegou á conclusión de que nesta altura o mellor era 4.12-16.

Interesante tamén é a elección 3. ... 23-19, favorita do gran teórico Herminio Medalha da Silva, compañeiro de equipo de Silva Pereira.

Mentres que 3. ... 21-18 ocupando a casa «dique», permite ás brancas saír da presión con 4.10-14, 17x10; 5.14x21, 26x17; 6.06x13, 17x10; 7.05x14, pero é unha variante moi utilizada na práctica. Nesta posición o xogo pode seguir:

a) 7. ... 22-19; 8.14-18, 23-20; 9.12-15, 19x12; 10.07x23, 28x19; 11.11-15, 19x12; 12.08x15, 32-28; 13.01-05, 28-23; 14.03-06 ... [Aquí o recomendable é seguir con 14.05-10] 14. ... 30-26; 15.05-10, 23-19; 16.15x22, 26x19; 17.10-13, 24-20; 18.18-22, 27x18; 19.13x22, 20-15; 20.09-13, 19-14; 21.13-18 ... [21.13-17 e aínda que a vantaxe negra é grande o xogo foi dado por empatado en José Calado vs. Silva Pereira; 5º Campionato de Portugal, Torres Vedras (1986)] 21. ... 14-11; 22.06-10, 11-06; 23.10-13, 06-03; 24.22-27, 03x17; GN. [Verísimo Dias vs. Silva Pereira; 14º Campionato de Portugal; Sines, 1994.

b) 7. ... 23-19; 8.14x23, 28x19; 9.12-15, 19x12; 10.08x15, 32-28; 11.11-14, 28-23; 12.07-11, 30-26; 13.14-18, 22x13; 14.09x18, 27-22; 15.18x27, 31x22; 16.01-05, 22-18; 17.05-10, 23-19; 18.15x22, 26x19; 19.03-07, 19-15; 20.11x20, 24x15 EMP. [Abdeghani vs. Tiago Manuel Neves; Torneo Internacional de Mohammedia, 2011].

4.13-18 ...

Se 4.12-16 ... [A recomendación de Julius D`Orius que en damas clásicas non goza de boa fama debido a uns primeiros análises dos doutores OAL e Sena Carneiro. Hoxe debe considerarse como unha boa alternativa]. As negras poden escoller:

a)  4. ... 24-20; 5.13-18, 21x14; 6.11x18, 19-14; 7.10x19, 23x14; 8.16x23, 28x19; 9.06-11, 26-22; 10.11-15, 22x13; 11.09x18, 19x12; 12.08x15, 29-25; 13.04-08, 30-26; 14.08-12, EMP. [Marion Tinsley vs. Walter Hellman, xogo 21 do match de 1955 no que o mítico profesor de Ohio se proclamou campión do mundo].

b) 4. ... 19-15!; 5.11x20, 24x15; 6.07-11, 23-19!; 7.11x20, 28-24; 8.04-07, 24x15; 9.07-11, 27-22; 10.11x20, 21-18; 11.06-11, 19-14; 12.10x19, 22x06; 13.03x10, 26-22; 14.08-12, 32-28; 15.12-15, 30-27; 16.20-24, *29-25; 17.16-20, 25-21; 18.15-19, 22-15; 19.13x22, 27x18; 20.20-23, 28-19; 21.10-13, 17x10; 22.05x23, 15-11; 23.23-28, 11-06; 24.28-32, 06-02 EMP. [Joaquim Bravo vs. José Antonio Moreira; 2º Campionato oficioso de Portugal; Almada, 1977].

4. ... 21x14; 5.11x18, 19-14;

Con esta réplica permítese ás brancas igualar rapidamente. Aquí o mellor é 5. ... 24-20; 6.12-16, 19-14; 7.10x19, 23x14; 8.16x23, 28x19; 9.18-21, 17-13; 10.09x18, 26x17; 11.05-10, 14x05; 12.01x10, 19-14!; [mellor que o 12. ... 32-28 recomendado na Enciclopedia Damista] 13.10x19, 17-13! E as brancas só poden empatar con moitas dificultades.

6.10x19, 23x14; 7.06-11, 24-20;

7. .... 29-25; 8.12-15, 28-23; 9.18-22 ... [Moi interesante alternativa ao coñecido 9.08-12, 23-20; 10.05-10, 14x05; 11.01x10, 26-21; 12.10-14, 17-13; 13.03-06, 31-28; 14.04-08, 30-26; 15.12-16 ... (Errónea, o correcto é 15.15-19 con xogo equilibrado) 15. ... 27-22; 16.18x27, 26-22; 17.16x23, 28x03 GN, un xogo que nos tratados ven como disputado entre Birkenskow vs. Strudsvich, sen máis datos] 9. ... 26x12; 10.11x18, 30-26; 11.08x15, 26-21; 12.09-13, 21x14; 13.13-18 con igualdade, aínda que obriga ás negras a xogar con coidado.

8.12-15, 28-24; 9.05-10, 14x05; 10.01x10, 27-22; 11.18x27, 31x22; 12.08-12, 20-16; 13.11-14, 26-21; 14.14-19, 24-20; 15.19x26, 20x11; 16.07x14, 16x07; 17.04x11, 29x22; 18.09-13, 32-28; 19.11-15, 28-24;

Vale, pero máis doado era 19. ... 28-23; 20.03-07, 23-19; 21.14x23, 21-18; 22.23-28, 18x09; 23.28-31 ...[23.28-32, 09-05; 24.07-11, 05-01; 25.11-14, 22-18; 26.14x21, 01x25; EMP amosado por Sena Carneiro] 23. ... 22-19; 24.15x22, 09-05; 25.31-24, 05-01; 26.22-27, 01-04; 27.27-31 EMP. [Sena Carneiro].

20.03-07, 30-27; 21.07-12, 27-23; 22.12-16, 23-19;

As negras aínda se podían defender con 22. ... 21-18; 23.14x21, 23-19; 24.21-26, 19x12; 25.26-29, 12-08; 26.29-15, 08-04; 27.15-08, 04-21; 28.08-04, 21-30; 29.04-14, 30-27; 30.14-19, 27-23; EMP: [Sena Carneiro]

23.14x23, 21-18; 24.15-19, 18x09;

Non 24. ... 22x15; 25.13x22, 15-11; 26.23-28, 11-07; [Se 26. ... 11-06; 27.22-27, 02-06; 28.27-30 GB.] 27.28-31, 17-13; 28.10x17, 07-03; 29.31-28 GB. [Sena Carneiro].

25.19x26, 09-05; 26.26-29, 17-13;

Recurso desesperado en vista de que 26. ... 05-02 tamén perde por 27.23-28, 02-09; [Se 27. ...24-20; 28.16x23, 02x20; 29.28-31, 20-30; 30.29-19, GB. (Sena Carneiro)] 27.28-31, 09-02; 28.29-15 GB. [Sena Carneiro].

27.10x17, 05-01;


POSICIÓN DESPOIS DE 27. ... 05-01

28.29-15!! ...

Formidable. En contra do que algúns pensaban, Silva Pereira adoraba xogar finais se había tempo suficiente para poder pensar. Aquí remata de forma elegante. Parece que as negras están salvadas xa que non valía 28.23-27 por 24-20, nin 28.29-19 por 24-20 seguido de 20-15 con resultado de empate en ambos os dous supostos, pero o mestre atopa un bonito recurso.

28. ... 01x28; 29.16-20, 28-31;

Se a dama permanece na gran diagonal, as brancas coroan o peón de «17» e gañan co célebre final de Antonio Mirón y del Castillo publicado no 1635 nas últimas páxinas do Libro de Timoneda. Aproveitando que a dama negra ten que ir de canto a canto do «río» debido á ameaza de disparo da «bateria», fórmase un «gancho» levando a dama libre ao cadro «8» xusto despois de que as negras movan a «1». Deste xeito fórzase 01-32 e as brancas gañan con 20-23.

30.20-23, 31-18; 31.23-28, 18-14; 32.28-32, 14-18; 33.32-23, 18-25; 34.15-19, 25-29; 35.19-08, 29-25; 36.23-19, 25-07; 37.17-21, 07x25; 38.08-04  [Resultado: 1-0]

martes, 12 de xullo de 2011

«A Edimburgo» [2ª parte]

A semana pasada comezabamos co estudo da «Edimburgo Ortodoxa».  Velaiquí temos unha nova entrega.

[ 1.12-16, 23-19 ]

APARTADO SEGUNDO

2.11-14 ...

A «Liña de Henderson» así denominada porque foi posta de moda por Hugh Henderson, un emigrante escocés que gañou os Campionatos Americanos de 1912 e 1915. As brancas pretenden contrarrestar o dominio que a peza «19» exerce no centro. Superior á aparentemente máis lóxica 2.10-14 debido a existencia dese peón en «16» que permite o disparo con 24-20 e o posterior ataque 21-17 que deixan o flanco de río branco cheo de buratos.

2. ... 19-15


POSICIÓN DESPOIS DE 2. ... 19-15

Moi boa é 2. ... 28-23; pero o lance que nós escollemos ten igualmente un protagonismo importante, pois a posición á que leva tamén pode ser alcanzada na apertura 1.11-14, 23-20; 2.12-16, 20-15. Para Gus Hefnner constituía o máis forte ataque e así o fai constar nos comentarios de 2º Match Internacional de 1927. Non obstante, Walter Hellman, o que fora gran campión mundial na modalidade angloamericana, tiña predilección por 2. ... 28-23.

Agora podemos atopar catro variacións importantes que estudaremos por separado:

A] 3.10-13,                  B] 3.14-18,                  C] 3.14-19,                  D] 3.07-12

[No artigo de hoxe imos tratar a liña «A». As outras quedan para unha próxima publicación].

A
3.10-13 ...


POSICIÓN DESPOIS DE 3.10-13 ...


Coa esperanza de ocupar a casa dique «18». No xogo anglo-americano denomínana como a «Defensa Moderna» en contraposición a 3.14-18 que era a preferida nos tempos da apertura sorteada a 2 lances. O lector debe lembrar que en “checkers” [palabra coa que se designan as damas nos EEUU] desde 1934 xa se xoga con apertura sorteada dos 3 primeiros lances, en "draughts" [pronunciado 'draafts', que é o nome co que se coñece o xogo no Reino Unido] faise desde os anos cincuenta e en "clásicas" fíxose esporadicamente en 3 campionatos de Portugal.

3. ... 22-19

Impide 13-18 a ao mesmo tempo prepara a formación dun “dique” de peóns na paralela 29/08.

Outra opción que foi xogada no match polo cetro mundial: Robert Stewart vs. Richard Jordan [Edimburgo, 1896] era 3. ... 24-20; 4.16x23, 28x10; 5.05x14, 21-18; 6.14x21, 26x10; 7.06x13, 22x19 chegándose a unha posición que con cores revertidas tamén se pode formar despois de 1.10-14, 23-20; 2.14-18 [Partida do Dique], 21x14; 3.11x18, 22x13; 4.09x18, 28-23; 5.05-10, 23-19; 6.12-15, 19x12; 7.07x23, 27x20; 8.10-14.

4.14x23, 28x19; 5.13-17 ...

O plan branco inclúe as xogadas 13-17, 05-10 e 07-12 que se adoitan xogar en calquera orde, polo que moitas veces o desprazamento destas fichas só supón unha simple transposición.

Unha posible alternativa sería 5.06-10 para facer o corte con 10-14, pero as negras quedan ben con 5.... 27-22; 6.13-17, 21-18; 7.10-14, 19x10; 8.05x21, 25x18; 9.07-11, 15x06; 10.02x11 e agora 22-19 mellor que o 31-28 que dá a «Enciclopedia Damista».

5. ... 21-18; 6.07-12 ...

Outras opcións son:

• 6.06-10, 27-22; 7.10-14, 19x10; 8.05x21, 25x18; 9.07-11, 15x06; 10.02x11, 22-19; 11.11-15, 19x12; 12.08x15, 18-14; 13.01-05, 14-11; 14.09-13, 31-27; 15.13-18, 29-25; 16.04-08, 27-23!; 17.17-21, 26x17; 18.18-22, 17-13; 19.22-27, 13-09; 20.05-10, 11-06; 21.27-31, 06-02; 22.10-13, 02x20; 23.31-28, 20-02; 24.28x19, 02-11; 25.08-12, 11-07; 26.12-15, 07-04; 27.16-20, 30-27; con gran vantaxe das negras.

• 6.05-10 ... e agora

► 6. ... 26-22; 7.10-14 ... [Se 7.07-12 traspón ao tronco] 19x10; 8.06x13, 30-26; 9.07-11, 15x06; 10.02x11, 27-23; 11.03-06, 31-28; 12.08-12, 23-19; 13.12-15, 19x12; 14.16-20, 24x15; 15.11x20, 18-14; 16.06-10, 14x05; 17.01x10, 25-21; 18.10-14, 22-18 e as brancas poden empatar.

► 6. ... 18-14; 7.01-05, 31-28; [7. ... 32-28; 8.09-13, 28-23; 9.06-11, 15x06; 10.02x18, 19-15; 11.10-14 con gran vantaxe negra se seguisen con 11. ... 15-11. Mais nun xogo Willie Ryan vs. John B. Stiles do "8º Campionado dos EEUU" disputado en Jamestown no 1934, as negras non acertaron coa continuación axeitada e Ryan acabou gañando o duelo. Neste Torneo que se adxudicou Edwin Hunt comezou a aplicarse a apertura sorteada a 3 lances e o gañador pasou a considerarse como único campión, eliminando o título paralelo que existía na modalidade de "Match play" e que estaba en posesión de Newell Banks] 8.09-13 ... [8.07-12, 28-23; 9.03-07, 26-22; 10.09-13, 29-26; 11.06-11, 15x06; 12.02x18, 32-28; 13.17-21, 26x17 GN como no xogo Luis Carvalho vs. Victor Oliveira do 27º Campionato de Portugal; Odemira, 2007] 8. ... 28-23; 9.06-11, 15x06; 10.02x18, 32-28; 11.03-06, 24-20!; [e as brancas agora poden empatar empregando unha bonita dobre xudía] 12.17-21, 26x17; 13.10-14, 19x01; 14.07-11, 17x03; 15.11-14, 01x19; 16.04-07, 03x12; 17.08x31, 25-21; 18.31x15, 21x14; 19.15-24, 23-19; 20.24-28, 19-15; 21.28x10, 29-25 EMP.

6. ... 26-22; 7.05-10 ...


POSICIÓN DESPOIS DE 7.05-10 ...


Se 7.06-10, 18-13; 8.09x18, 22x06; 9.02x20, 24x15; 10.16-20, 32-28; 11.03-06, 27-23; 12.20x27, 31x22; 13.05-09, 29-26 e deben GN.

• Se 7.06-11, 15x06; 8.02x11, 32-28; 9.09-13 ... [Se non se fai este "envío a dama", as negras con 28-23 quedan moi fortes. En caso de 9.05-10 é bo 18-14 e a outra xudía con 9.11-14, 18x11; 10.03-06, 11x02; 11.12-15, 02x20; 12.16x32, 22-18; 13.32x21, 25x18 deixa ás negras moi ben colocadas] 9. ... 18x02; 10.11-14, 19x10; 11.12-15, 02x20; 12.16x32, 10-06; 13.03x10, 22-18!; con moi boas posibilidades prácticas. As negras non deben apresurarse en comer a dama. Se agora 14.01-05, 30-26; [había unha trampa pois se 14. ... 18-13; 15.17-21 e 03-10 iguala o xogo] 15.05-09, 18-13; 16.09x18, 26-21; 17.17x26, 29x06; as negras teñen boas opcións de confundir ao rival.

7. ... 29-26; 8.10-13 ...

• 8.04-07, 32-28; 9.07-11 ... [9.10-13 traspón á variante do tronco con 9.04-07] 18-13; 10.11x20, 24x15; 11.09x18, 22x13; 12.06-11, 15x06; 13.02x11, 13x06; 14.03x10, 27-22; 15.12-15, 19x12; 16.08x15, 28-23; 17.15-20, 23-19; 18.20-24, 22-18; 19.01-05, 26-21; 20.17x26, 30x21; 21.11-14, 18x11; 22.10-13, 21-17; 23.13-18, 11-06; 24.18-22, 06-02; 25.22-26, 02x09; 26.26-29, 19-14; 27.16-20, 31-27!; 28.20-23, 27x20; 29.24-28, 20-16 GN. As negras coroan o peón de “14”, levan o de “25” a “09” , coroan o de “16” e con damas en “25”, “18” e “31” forzan a vitoria.

• 8.03-07, 18-13; 9.09x18, 22x13; 10.07-11 ... [10.01-05, 25-21; 11.16-20, 27-23 etc.] 10. ... 32-28; 11.11x20, 24x15; 12.01-05, 25-21; 13.16-20, 27-23; 14.20x27, 31x22; 15.05-09, 21-18; 16.04-07, 28-24; 17.07-11, 30-27; 18.11x20, 24x15; 19.17-21, 26x17; 20.10-14, 19x03; 21.12x26, 13-10; 22.26-30, 27-23; 23.30x20, 03-07; 24.20-16, 07-04; 25.08-12, 10-05; 26.12-15, 05-01 GN.

• 8.16-20, 31-28; 9.04-07 ... [mellor que 9.01-05, 28-23; 10.06-11, 23x07; 11.11x20, 24x15; 12.04x20, 19-15; 13.10-13, 18-14; 14.20-24, 14-11 GN] 9. ... 25-21; 10.07-11, 28-23; 11.11-14, 23x07; 12.14x23, 27x20; 13.03x19, 22x15; 14.10-13, 20-16; 15.13x29, 24-20; 16.17x26, 30x21; 17.29x12, 16x07; 18.09-13, 32-28; 19.01-05 ... [19.06-10, 20-15; 20.02-05, 21-17!; 21.13.18, 07-03; 22.18-21 ... (22.10-14, 03-07) 22. ... 03x13; 23.21-26, 15-11; 24.26-29, 11-07; 25.08-12, 07-04; 26.12-16, 28-23; 27.29-25, 04-18; 28.15-12, 18-11; 29.12-03, 13-31; 30.05-10, 23-19; 31.03-12, 31-22; 32.12-03 ... (32.16-20, 11x24; 33.10-14, 19x10; 34.12x29, 24-06 GN) 32. ... 22-09; 33.03-12, 09-05; 34.12x29, 05x32 GN. O libro de finais do Dr. Carlos Rodríguez Lafora explica o método gañador nunha posición practicamente idéntica] 19. ... 21-17; 20.13-18, 07-03; 21.18-21, 03x01; 22.21-26, 17-13; 23.26-29, 28-24; 24.29-22, 13-09; 25.22-26, 01-14; 26.26-22, 14-07; 27.22-19, 07-03; 28.19-28, 20-15; 29.28-14, 24-20; 30.14-18, 20-16; 31.18-04 EMP.

• 8.01-05, 18-14; 9.03-07, 32-28; 10.09-13, 28-23; 11.07-11, 14x07; 12.04x20, 24x15; 13.06-11, 15x06; 14.02x11, 26-21; 15.17x26, 30x21; 16.05-09, 21-18; 17.12-15, 19x12; 18.08x15, 23-19; 19.15-20, 19-15; 20.20-23, 27x20; 21.16x23, 15x06; 22.23-27, 06-02; 23.27-30, 02-05; 24.30-26, 05x14; 25.21-26, 14-32; 26.16x12, 18-14; 27.13-18, 14-11; 28.12-15, 11-07; 29.18-22 EMP.

8. ... 32-28; 9.01-05 ...

A continuación 9.04-07 compromete o xogo. Despois de 9. ... 28-23; 10.07-11, 31-28; 11.11x20, 24x15, 12.06-11 ... [no noveno xogo dun match de adestramento disputado no 1964 ente o inglés Derek Oldbury e o canadense Eugene Frazier continuouse con 12.03-07, 18-14; 13.06-10, 14x05; 14.01x10, 19-14 e as negras acabaron gañando] 12. ... 15x06; 13.02x11, 28-24; 14.03-06 ... [Se 14. 01-05, 18-14!; 15.11x18, 24-20; 16.03-06, 20-15; 17.06-10, 26-21; 18.07x26, 30x14; 19.13-17, 14-11; 20.10-14, 19x01; 21.12x26, 11-07; 22.26-30, 07-04; 23.30-26, 04-11; 24.09-13, 01-10; 25.08-12, 11-24; 26.13-18, 10-05; 27.26-29, 05-09; 28.29-25, 24x21; 29.17x26, 09-02; 30.12-15, 02x24; 31.26-29, 25-21; 32.29-08, 21-17; 33.08-12, 24-28; 34.12-07, 23-19; 35.07-18, 27-23; 36.18-11, 17-13; 37.11-20, 13-09 GN. ] 14. ... 19-14; 15.12-15, 14x07; 16.16-20, 23x16; 17.15-19, 22x15; 18.13x31, 07-04 con gran vantaxe das negras.

9. ... 28-23; 10.06-11, 15x06; 11.02x11, 18-14; 12.11x18 ... 


POSICIÓN DESPOIS DE 12.11x18 ...


12. ... 24-20!

Ata aquí chegouse, aínda que con orde lixeiramente diferente nun xogo Everet Fuller vs. Edward Markusic pertencente ao "28º Campionato Nacinal Americano" disputado en Memphis no 1972.

Menos ambicioso é 12. ... 26-21; 13.17x26, 30x14; 14.12-15 xogado en Ed. Bruch vs. Jack Francis pertencente tamén a un Nacional dos EEUU, esta vez á 40ª edición celebrada en Danville no ano 1996 e que curiosamente foi gañada polo computador "Chinook". Este programa deseñado na Universidade de Alberta en Canadá fíxose famoso a raíz dos seus enfrontamentos co Dr. Marion Tinsley e polas súas participacións nos torneos americanos. Nun recente estudo feito con 500 ordenadores traballando ao mesmo tempo chegou a demostar que, sen ningún erro por ambas as dúas partes, o desenlace normal dun xogo de damas é o empate.

13.03-06, 26-21; 14.17x26, 30x14; 15.13-17, 20-15; 16.16-20, 23x07; 17.04x18, 22x13; 18.09x18, 27-22; 19.18x27, 31x22; 20.05-10 EMP.

mércores, 6 de xullo de 2011

«A Edimburgo» [1ª parte]

Comezamos hoxe co estudo dunha nova apertura. Nesta ocasión tentaremos mostrar aos afeccionados como xogar coas negras contra a "Edimburgo".

1.12-16 ...

«Apertura Esquerda» tamén coñecida como a «Edimburgo». Estratexicamente está considerada como a peor de todas as saídas pois infrinxe dúas das regras básicas. A primeira por mover unha peza do flanco débil e a segunda por facelo en dirección a un dos costados do taboleiro. Deste xeito pérdese un precioso tempo na loita polo control central.

1. ... 23-19

As negras fan exactamente o contrario. Preparan o desenvolvemento da ala do río e ocupan unha casiña central desde a que será máis fácil dirixirse a calquera zona do campo adversario onde se produza unha debilidade. Queda así configurada a «Apertura Esquerda Ortodoxa» que xunto coa «Esquerda Cruzada» [1. ... 22-19] forma o dueto de respostas que conceden vantaxe ao segundo xogador.

Normalmente esta apertura só se xoga se sae por sorteo. En partida libre non é moi común porque as brancas só poden pensar no empate como única pretensión.

Os dous mellores lances dos que dispoñen as brancas para tratar de enderezar o rumbo son 2.09-13 que veremos no Apartado Primeiro e 2.11-14 que estudaremos no Apartado Segundo. Para as outras continuacións reservamos o Apartado Terceiro.


APARTADO PRIMEIRO

2.09-13 ...

Unha xogada feita case por descarte. En vista de que tanto 2.11-15 como 2.10-14 permiten cambios que deixan bastante esnaquizado cadanseu flanco e que 2.07-12 retrasa unha xogada máis a loita polo centro, a textual rivaliza en partidarios con 2.11-14.

2. ... 21-17;


POSICIÓN DESPOIS DE 2. ... 21-17


Ben contestado. Igual que na apertura 1.09-13, 21-17; as negras impiden a ganancia de espazo con 13-17 e pretenden facer un cerco similar ao que aplican as brancas na “Partida Heroica” [1.10-14, 24-20; 2.12-16].

3.05-09 ...

Moi consecuente. Tapa o burato e apoia o avance do peón “13”.

Se 3.10-14 ... [Lance extravagante que deixa ao primeiro bando en posición insostible]; 3. ... 19x10; 4.05x14, 17x10; 5.06x13 ... [Isto foi xogado no 10º Campionato de Portugal no enfrontamento Eduardo Castelo vs. Silva Pereira] 5. ... 24-20; [Superior ao 5. ... 22-18; que se xogou na mencionada partida] 6.16x23, 28x10; e a superioridade negra e esmagadora pois agora non se pode recuperar o peón xa que se 7.13-17, 22-18; 8.02-05, 18-14; 9.11x18, 10-06; 10.03x10, 26-21; 11.17x26, 29x06 GN.

Menos habitual é 3.11-14 que é ben contestado con 3. ... 25-21; 4.14x23, 28x19 e agora:

5.05-09, 19-15; 6.07-12 ... [6.06-11, 15x06; 7.02x11, 22-19; 8.11-15, 19x12; 9.08x15, 27-22; 10.07-11, 32-28; 11.11-14, 28-23; con xogo superior para as negras] 6. ... 31-28; 7.12x19, 22x15; con estas ramificacións:

8.02-05, 24-20; 9.16x23, 28x19; 10.10-14 ... [10.04-7, 27-22; 11.07-12, 21- 18; 12.03-07, 29-25; 13.07-11, 25-21; 14.11x20, 19-14 GN] 10. ... 19x10; 11.05x14, 17x10; 12.06x13, 21-17; 13.13-18, 17-13; 14.08-12 ... [14.03-06, 13- 10; ou se 14.18-21, 26x17; 15.09x18, 15-11 GN] 14. ... 15x08; 15.18-21, 26x17; 16.09x18, 17-13; 17.03-06, 27-22 G.N.

8.16-20, 28-23; 9.08-12, 23x07; 10.03x19, 24-20; 11.06-11, 27-22; 12.19- 23, 22-19; 13.07-11, 25-21; 14.11x20, 19-14 G.N.

8.06-11, 15x06; 9.02x11, 26-22; 10.04-07, 21-18; 11.07-12, 24-20: 12.16x23, 28x19; 13.12-16, 27-23; 14.11-15, 19x12; 15.08x15, 23-19 e o peón pasa.

8.04-07, 28-23; 9.06-11, 15x06; 10.02x11, 27-22; 11.11-14 ... [Se 11.10- 14, 17x10; 12.14-18, 22x13; 13.09x25, 26-21; 14.11-14, 21-17; 15.14-18, 17-13; 16.18-22, 23-20; 17.16x23, 32-28; 18.23x32, 13-09 e deben GN] 11. ... 22-19; 12.03-06, 29-25; 13.01-05, 24-20; 14.06-11, 32-28; 15.14-18, 21x14; 16.11x18, 26-21; 17.18-22, 20-15; 18.22-26, 19-14; 19.10x19, 17x01; 20.26-29, 23x14; 21.29x12, 21-18 con vantaxe negra.

5.07-11, 19-15; 6.11x20, 24x15; 7.10-14 ... [7.05-09, 27-23; 8.06-11, 15x06; 9.02x11, 21-18; 10.03-07, 32-28; 11.08-12, 28-24; 12.11-15, 26-21; 13.04-08, 23-19; 14.16-20, 31-28; 15.07-11, 19-14; 16.10x26, 29x22; 17.15-19, 24x06; 18.19x26, 17x10 GN] 7. ... 17x10; 8.06x13, 22-18; 9.13x22, 27x11; 10.03-07, 26-22; 11.07x14, 22-18; 12.14-19, 15-11; 13.16-20 ... [13.05-10, 11-06!; 14.02x11, 18-13; 15.10x26, 29x06 GN.] 13. ... 18-13; 14.08-12, 13-09; 15.12-16, 21-18; 16.20-24 ... [Se 16.05-10, 09-05 GN] 16. ... 18-13; GN.

5.06-11, 32-28; e as brancas poden ramificar do seguinte xeito:

6.05-09, 19-15; 7.11x20; 24x15; 8.07-11, 15x06; 9.02x11, 21-18; 10.03-07, 28-23; 11.08-12, 26-21!; GN.

6.07-12, 19x15; 7.11x20, 24x15; 8.12x19, 22x15; 9.05-09, 27-22; 10.04-07 e agora non 15-12 porque tras 11.08x15, 22-18; 12.13x22, 26x12; hai xudia de empate con 13.03-06, pero si 10. ... 28-23 con posición moi forte para as negras.

6.11-14, 28-23; 7.05-09 ... [7.08-12, 21-18; 8.14x21, 29-25; 9.05-09, 25x18; 10.07-11, 23-20; 11.16x23, 27x20; 12.12-16, 20-15; 13.11x20, 24x15; 14.16-20, 18-14; 15.20-23, 14x05; 16.01x10, 15-11; 17.03-07, 19-14; 18.10x19, 22x15; 19.07x14, 17x10; 20.09-13, 15-11; 21.13-18, 10-06; 22.14-19, 06-03; 23.18-22, 03-16; 24.12x29, 16x27 con grandes posibilidades para o negro] 7. ... 29-25; 8.07-12 ... [8.07-11, 19-15!] 8. ... 21-18; 9.14x21, 25x18; 10.03-06 ... [10.03- 07, 31-28!; 11.02-05, 18-14;] 10. ... 26-21; 11.06-11, 23-20; 12.16x23, 27x20; 13.12-15 ... [13.12-16, 31-27!] 13. ... 19x12; 14.08x15, 31-28; 15.15-19*, 22x06; 16.02x11, 20-15; 17.13x22*, 15x06; 18.22-26, 06-02; 19.26-29, 02-05; 20.09-13, 05x19! Con algunha opción de vitoria para as negras.

5.07-12, 32-28! [Nun famoso enfrontamento Vaz Vieira vs. Veríssimo Dias do 10º Campionato de Portugal as negras continuaron con 5. ... 21-18; e tras 6.04-07, 18x09; 7.10-13, 17x10, 8.05x23, 27x20; 9.16x23, 31-28; 10.07-11, 28x19; 11.12-16, 29-25 as negras parecen ter unha boa vantaxe, mais con todo o xogo terminou en empate] 6.04-07 ... [Se 6.05-09, 28-23; 6.06-11, 21-18; 8.04-07 é o mesmo] 6.... 28-23; 7.06-11, 21-18; 8.05-09 ... [O lector seguro que xa notou que no xogo que acabamos de mencionar se as brancas, en vez de 6.04-07 taponan con 6.05-09, a posición debe reverter nesta outra que nós recomendamos] 8. ... 26-21!; e agora se:

9.03-06, 24-20 e as brancas están bloqueadas.

9.02-05, 29-25; 10.12-15, 18x12; 11.08x15, 23-19; 12.07-12, 27-23 GN.

9.12-15, 19x12, 10.08x15, 23-19; 11.07-12, 27-23 con bloqueo.

9.02-06, 30-26; 10.12-15, 19x12; 11.08x15, 23-19; 12.15-20 ... [Se 12.07-12, 27-23; 13.03-07, 29-25 GN] 12. ... 24x15; 13.11x20, 19-14; 14.10x19, 17x10; 15.06x13, 22x15; 16.13x22, 26x19; 17.07-11 ... [17.20-23, 27x20; 18.16x23, 15-11; GN.] 17. ... 15x06; 18.03x10, 19-15; 19.20-23, 27x20; 20.16x23, 15-11; 21.10-14, 11-06; 22.14-19, 06-03; 23.19-22, 03-16; 24.22-27, 31x22; 25.23-28, 29-25; 26.09-13 EMP.

3. ... 25-21;

Complemento da xogada anterior. Evita momentaneamente o desafogo do flanco de río branco con 13-18.

4.11-14 ...

Non hai moito onde escoller. O Dr. OAL xa indicou que non vale 4.11-15 por 19x12; 5.08x15, 22-18; 6.13x22, 26x12; e se 7.04-08, 28-23; 8.08x15, 23-20; 9.16x23, 27x04; GN.

Pero se o prefiren, as brancas poden escoller 4.01-05, 19-15; 5.11x20, 24x15; 6.13-18* ... [Nótese que os dous ataques sobre o peón de “15” están prohibidos. Se 6.07-12, 27-23 ou se 6.07-11, 21-18; 7.11x20, 18-14 e en ambos os dous casos GN.] 6. ... 21x14; 7.10x19, 22-18; [Único ataque publicado na “Enciclopedia Damista”, pero o lector debe saber que existe unha interesante alternativa con 7. ... 27-23; e tras 8.06-10, 23x14; 9.10x19, 15-11; 10.07x14, 22x15; 11.14-18 ou 11.02-06, 28-23; 12.14-18 con lixeira vantaxe negra; pero non 12.04-07 pois hai golpe con 23-20; 13.16x23, 30-27 GN como nun xogo Alfred Jordan vs. Newell Banks publicado no Tratado de Kear]. E agora:

• Nun enfrontamento Medalha da Silva vs. Daniel Machado do 10º Campionato de Portugal continuouse con 8.07-11, 28-24; 9.11x20, 24x15; 10.03-07, 32-28; 11.07-11, 27-22; 12.11x20, 22x15; 13.05-10, 26-21; 14.04-07, 29-25 e as negras parecen fortes, incluso acabaron gañando. Mais agora unha bonita e sorprendente defensa podería ser feita con 15.09-13, 18x09; 16.07-11, 21-18; 17.20-24, 30-26; 18.11x20, 09-05; 19.02x09, 26-21; 20.09-13, 18x09; 21.06-11, 09-05, 11-15 EMP.

• Outra posible e máis sinxela forma de proseguir é con 8.05-10, 27-22; [8. ... 18-14; 9.02-05!, 27-22 con igualdade] 9.10-14, 18x11; 10.07x14, 28-23; 11.19x28, 32x23; 12.14-18, 22x13; 13.09x18, 29-25; 14.02-05, 30-27; 15.05-09, 26-21; 16.04-07, 21x14; 17.06-11, 15x06; 18.03x28, 31x24 EMP.

4. ... 24-20;

Para impedir a ganancia de material con 13-18 hai unha boa resposta en 4. ... 29-25; pero a idea da xogada do tronco é non desfacer a base dun futuro dique na paralela. A posición tamén se pode alcanzar con estoutra apertura: 1.09-13, 24-20; 2.12-16, 21-17; 3.05-09 ... [A favorita do escocés Richard Jordan, gran campión de finais do século XIX e principios do XX. Posteriormente a maioría dos contendentes do “2º Match Internacional de 1927” preferiron 3.10-14] 3. ... 25-21; 4.11-14, 23-19.

5.14x23, 28x19; 6.16x23, 27x20;

En contraposición aos finais de partida onde sempre é favorable ir adiantado no desenrolo, nas fases iniciais cando os bandos non baixan de 10 fichas, esta circunstancia ás veces é contraproducente porque se poden esgotar os movementos útiles. Aquí as negras levan 4 tempos de adianto no seu desenvolvemento pero o encerro a que teñen sometido o flanco de río rival permítelles manter a vantaxe. As brancas están apertadas e veranse obrigadas a facer cambios.

7.07-11 ...

• Nun histórico xogo Adelino Ribeiro vs. Dr. OAL correspondente ao 1º Campionato oficioso de Portugal (Lisboa,1957), as brancas decidíronse por 7.06-11 e seguiu 31-28; 8.08-12, 19-15; 9.12x19, 22x06; 10.02x11, 26-22; 11.07-12, 22-19; 12.04-08 ... [12.01-05 (OAL) ou 12.12-15 (Sena Carneiro) daban o empate] 20-16; 13.11-14 ... [Perde, mais aínda 13.01-05 salvaba o xogo] 16x07; 14.03x12, 26-29; 15.14x23, 28x19; 16.13-18, 21x05; 17.01x10, 26-21; 18.12-15, 19x12; 19.08x15, 21-18; 20.15-20, 30-27; [0-1].

• Se 7.07-12, 20-15; [formación en dique] 8.04-07, 32-28; 9.06-11 ... [9.07-11, 28-24; 10.11x20, 24x15; 11.06-11, 15x06; 12.02x11, 30-27 e as negras teñen boas posibilidades] 9. ... 15x06; 10.02x11, 21-18; 11.12-16, 30-27; 12.07-12, 28-23; 13.11-15, 26-21; 14.15-20, 18-14; 15.03-07, 14x05; 16.01x10, 21-18; 17.20-24, 18-14; 18.12-15, 19x03; 19.10x28, 17x10; 20.28-32, 10-06; 21.32-14, 27-23!; [Se 21. ... 06-02; 22.14-07, 03x12; 23.08x15, 02x20; 24.16x30 GB.] 22.14x28, 03-07; 23.08-12, 07-25; 24.16-20, 06-02; 25.28-01, 22-18; 26.01-10, 02-11; 27.12-16, 18-13; 28.10x17, 25-14; 29.17-03, 11-15; 30.09-13, 15-19; 31.03-06, 14-10; 32.06-11, 10x17; 33.11-04, 17-13; 34.04-25, 13-22; 35.25-21, 29-25 GN.

• Frouxa é 7.02-05 pois tras 32-28!; 8.06-11, 19-15; 9.11-14 ... [Se 9.03-06, 21-18 GN.] 9. ... 15-11; 10.14-19, 22x15; 11.07x14, 20-16; [Non 11. ... 15-11; por 12.04-07, 11x14; 13.08-12, 04x18; 14.13x22, 26x19; 15.10-13, 17x10; 16.05x32 G.B.] 12.14-18, 21x14; 13.10x19, 17x10; 14.05x14, 15-11; 15.09-13, 31-27; 16.01-05, 27-22; 17.03-07, 22x15; 18.14-19, 11-06; 19.07-12, 16x07; 20.04x20, 28-24; 21.20-23, 06-02 e as negras gañan o final.

7. ... 31-28


POSICIÓN DESPOIS DE 7. ... 31-28


A liña preconizada polo Capitán Santos Deodato. A alternativa 7. ... 20-16; perde a vantaxe despois de 8.11-14, 31-28; 9.14x23, 28x19; 10.06-11. Aquí as negras teñen a posibilidade de xogar:

• A tranquila 10. ... 16-12; e o xogo queda igualado tras 11.08x15, 19x12; 12.04-08, 32-28; 13.08x15, 22-28; 14.13x22, 26x12; 15.03-07, 12x03; 16.01-05, 03x13; 17.09x25, 28-23; 18.11-14 EMP.

• Se 10. ... 32-28; 11.11-14, 28-23; [Non 11. ... 19-15; por 12.13-18, 22x06; 13.02x20 con gran superioridade das brancas xa que se 28-23; 14.20x27, 30x23; 15.14-19, 23x14; 16.08-12 GB.] 12.04-07, 21-18*; 13.14x21, 23-20; 14.03-06, 16-12; 15.07x23, 19-14; 16.10x19, 17x03; 17.23-28, 26x17; 18.19x26, 30x21; 19.28-32 e as brancas están mellor.

• Se 10. ... 21-18; 11.04-07, 32-28; 12.11-15 ... [ou 12.10-14, 19x10; 13.03-06, 10x03; 14.11-15, 03x19; 15.02-05, 17x10; 16.05x32, 26-21 que leva ao empate] 12. ...19x12; 13.08x15, 28-23; 14.15-20, 26-21; 15.20x27, 30x23; e agora se 16.03-06 hai xudía de empate con 18-14, ou se 16.07-12, 16x07; 17.03x12, 23-20; 18.12-16, 20-15; 19.16-20, 15-11; 20.20-23 [ata aquí como nun xogo gañado polas brancas entre Vaz Vieira vs. Veríssimo Dias, 10º Campionato de Portugal ,1990] pero hai empate con 20. ... 29-26 para seguir con 18-14; tal como indica a “Enciclopedia Damista”.

8.08-12 ...

As brancas deben mover con coidado.

• Se continúan con 8.04-07 ... [Liña tronco na “Enciclopedia Damista”] a resposta 8. ... 21-18; déixaas nunha posición desesperada. Unha posible continuación pode ser 9.07-12, 20-16; 10.11-14, 18x11; 11.06x15, 16x07; 12.03x12, 28-24; 13.02-05, 26-21*; [se 13. ... 32-28; 14.13-18!, 22x06; 15.15x22, 26x19 e empatan de “punteira” con 15.09-13] 14.12-16, 19x12; 15.08x15, 30-27; 16.15-19, 22x15; 17.13-18, 21x14; 18.10x19, 27-23 GN.

• Ou se 8.01-05 ... [Formando un “cóbado” cos peóns “1”, “10” e “13”] 8. ... 29-25; 9.11-15, 20x11; 10.06x15, 19x12; 11.08x15, 28-23; e a posición negra é insostible. Por exemplo se 12.04-08, 21-18; 13.03-07, 32-28; 14.07-11, 23-19; 15.02-06, 19x12; 16.08x15, 28-23 GN.

Mais existe unha razoable alternativa:

• 8.11-14, 20-15; [Mellor que 8. ... 20-16; que traspoñería á variante que indicabamos nos comentarios da xogada sétima] 9.14x23, 28x19; [Conseguindo así unha “formación en dique” constituída polos cinco peóns da “paralela”] 10.06-11 ... [Desfacendo o “dique”. Se 10.04-07, 21-18; 11.07-12, 26-21; 12.03-07, 30-26; 13.07-11, 19-14; 14.11x20, 14x05; 15.01x10, 18-14; e as negras ata poden gañar] 10. ... 15x06; 11.02x11, 21-18 con vantaxe negra. Podería seguir 12.11-15, 19x12; 13.08x15, 32-28; 14.04-08, 26-21; 15.08-12, 28-24; 16.12-16, 18-14; 17.10x26, 29x22; 18.16-20, 17x10; 19.09-13 e EMP. Pero non 19.20-23 por 30-27 e 24-20! que daría a vitoria ás negras.

8. ... 20-16!; 9.11-14*, 16x07; 10.04x11*, 29-25; 11.14x23, 28x19; 12.11-14, 19-15; 13.06-11 ...

Tamén valía 13.03-07, 32-28; 14.13-18 ... [14.06-11, 15x06; 15.02x11, 28-23; 16.11-15, 21-18; traspón ao tronco] 14. ... 22x13; 15.13x18, 26-22; 16.18x27, 30x23; 17.01-05, 21-16; 18.14x21, 25x18; 19.05-09, 28-24; 20.07-11, 15-12 EMP.

13. ... 15x06; 14.02x11, 32-28; 15.11-15, 28-23;


POSICIÓN DESPOIS DE 15. ... 28-23


Non 15. ... 28-24; que se xogou nun encontro Jorge Ferreira vs. Vaz Vieira do 1º Torneo Conmemorativo da Federación Portuguesa [1981] que seguiu 16.03-06 ... [Un bloqueo rápido prodúcese tras 16.03-07!, 30-27; 17.07-12, 27-23; 18.12-16 GB.] 16. ... 30-27; e aquí:

• Ferreira escolleu 17.13-18 e as negras acabaron empatando tras 17. ... 22x13; 18.09x18, 26-22; 19.14-19, 21x05; 20.19x26, 27-22; 21.01x10, 22-18; 22.26-30, 18-13; 23.30-23, 13-09; 24.10-14, 09-05; 25.14-19, 17-13; 26.19-22, 05-02; 27.06-11, EMP.

• Pero aínda se podía gañar con 17.01-05, 27-23; 18.13-18, 22x13; 19.09x18, 23-20; 20.15-19, 20-15; 21.18-22, 15-12; 22.22x29 GB.

16.03-07 ...

Non valía 16.01-05 nin 16.03-06 porque con 21-18 GN.

Mais as brancas podían seguir con 16.14-19, 23x05; 17.01x10, 30-27 e 18.15-20 que tamén leva ao empate.

16. ... 21-18; 17.14x21, 25x18; 18.07-12 ...

E axiña hai que asinar o reparto do punto.

18. ... 23-20; 19.15x24, 18-14; 20.10x19, 22x08; 21.13-18, 08-04; 22.24-28, 04x21; 23.28-32, 26-22; 24.09-13 EMP.