luns, 13 de febreiro de 2012

A manobra de Alonso Guerra

Tal día coma hoxe do ano 1971, Víctor Cantalapiedra Martín desvelou no semanario portugués «Jornal de Almada» a autoría dunha das posicións máis célebres do xogo de damas. No seguinte diagrama o lector pode ver a súa representación.


XOGAN AS BRANCAS E GAÑAN


Polo que nos conta o eminente damista valisoletano parece ser que o creador desta pequena marabilla foi o licenciado Alonso Guerra, tratadista andaluz natural da Vila sevillana de Osuna, que a publicou no seu «Libro para jugar a las Damas» a finais do século  XVI. Desafortunadamente non se conservan exemplares impresos desta obra, pero Cantalapiedra posúe unha reprodución manuscrita confeccionada no ano 1658 polo reputado copista de Xerez de la Frontera, Don Diego de Argomedo.


Portada do manuscrito do «Alonso Guerra»
[Foto da Páx. de J.L. González Sanz]


A fiabilidade desta transcripción parece estar fóra de toda dúbida, pois no mesmo tomo tamén adxunta unha copia exacta do «Libro del Juego de las Damas vulgarmente nombrado el Marro» orixinal do tratadista cordobés Pedro Ruíz Montero, unha obra da que si se conservan exemplares. O que non se sabe realmente é a data precisa na que o «Alonso Guerra» foi publicado, pero segundo a opinión de Cantalapiedra debeu ser entre 1591 e 1597, xa que fai referencias ao libro de Ruíz Montero escrito na primeira das datas citadas e, pola contra, nada menciona do  tratado do alacantino Lorenzo Valls que se publicou seis anos máis tarde na data sinalada en segundo lugar.


Víctor Cantalapiedra Martín
[Foto da Web de G. Westerveld]


Así quedou esclarecida a propiedade dunha célebre composición que desde principios do século pasado e ata o ano 1971 foi catalogada como de «autor descoñecido», tal como encimaba o Dr. Cárceles Sabater no «Lance 78» do seu manual publicado no 1904.

A primeira vista parece que as brancas están irremediablemente perdidas. Comentaba Cantalapiedra que nesta situación de apariencia tan humillante, o máis xenial dos damistas en campo práctico, se non coñecese previamente o tema, abandonaría sen dubidalo. Máis, sorprendentemente, as brancas non só non están perdidas senón que ate poden gañar da seguinte maneira: 1.18-21, 25x18; 2.11-14, 02x26 [xogada obrigada pola lei da cantidade] 3.14x30 GB.

Juan Garcia Canalejas no 1650 e Enrique Moya Pérez no 1875 utilizaron esta mesma idea nalgunha das súas composicións. A «trecha» do autor granadino aínda presenta unha pequena pizca de orixinalidade, pero a de Moya non é mais que un mero plaxio.

Juan García Canalejas [1650]


XOGAN BRANCAS E GAÑAN

*  *  *

Enrique Moya Pérez [1875]


 XOGAN BRANCAS E GAÑAN


O primeiro problema soluciónase con 1.02-05, 09x02; 2.01-05, 02x26; 3.05x30 GB. O desenlace do segundo, non precisa de explicación pois a posición é a mesma que no orixinal pero desprazando cada ficha dúas casas cara á esquerda.

O tema tamén se pode encontrar no campo práctico. Sabemos dunha ocasión na que ao Dr. Orlando Lopes se lle presentou a posibilidade de rematar un xogo aplicando a célebre idea de Alonso Guerra, pero o que para moitos foi o máis completo dos damistas, non conseguiu ver a manobra gañadora. En cambio Mario Dinis Vaz, outro coñecido damista portugués, tivo a satisfacción de culminar a partida, non unha, senon dúas veces con esta fermosa combinación.
Mario Dinis Vaz
[Foto do blog de Lusodama]

Vexamos eses dous exemplos:

Manuel Duarte vs. Mario Dinis Vaz
Campionato de Campolide
Lisboa, 1947

1.10-14, 23-20; [«Apertura Diagonal Incidente» de prognóstico igualado] 2.05-10 ... [Aquí ten moitos seguidores 2.14-18 entrando na «Partida do Dique» que trata de aproveitar o movemento lateral das negras para construír unha sólida formación de peóns nos escaques «7», «11», «14» e «18»] 2. ... 20-15; [A defensa do «Dique Negro» a diferenza do anteriormente mencionado das brancas é precisamente iso, unha defensa, xa que o rival ten situado un peón na forte casiña central «14» e non na lateral de «13»] 3.12x19, 22x15; 4.11x20, 24x15; 5.01-05, 21-18; [A defensa das negras foi popularizada por William Beattie, un empregado de correos londiniense, que a empregou con enorme éxito no 2º Torneo Inglés celebrado no 1891 na capital británica. Mais nesta altura seguía con 5. ... 27-22;] 6.14x21, 25x18; 7.10-14, 18x11; 8.07x14, 28-23; 9.09-13, 32-28; 10.13-17, 28-24; 11.05-10, 23-20; 12.10-13, 15-11; 13.06x15, 20x11; 14.13-18 ... [Mellor é 14.14-18 ou 14.08-12] 14. ... 24-20; 15.08-12, 20-16; 16.03-07 ... [Aínda que en inferioridade, as brancas deberían xogar 16.18-21] 16. ... 26-22; 17.18-21 ... [As negras agora executan un fermoso lance de preparación]


POSICIÓN DESPOIS DE 17.18-21 ...


XOGAN NEGRAS E GAÑAN


 17. ... 30-26!; 18.21x30 ... [E velaiquí temos a posición] 18. ... 22-19;  [O ataque flutuante que caracteriza a manobra] 19.30x06, 19x03 GN. [Fonte: Jornal de Almada, 26-04-1977]

*  *
Mario Dinis Vaz vs. Clarimundo M. Augusto
Almada, 1978

1.10-14, 24-20; [«Apertura Diagonal Límite» que segundo os libros favorece o xogo das brancas] 2.12-15 ... [Fuga. Habitualmente adoitase seguir con 2.12-16 entrando na «Partida Heroica» que se caracteriza polo bloqueo a que as brancas someten o flanco de río do rival] 2. .... 20-16; 3.05-10, 23-19; 4.14x23, 28x12; 5.08x15, 32-28; 6.10-14, 21-18; 7.14x21, 25x18; 8.01-05, 28-23; 9.05-10, 23-19; 10.15-20, 27-23; 11.20x27, 30x23; 12.11-14, 18x11; 13.07x14, 16-12; 14.14-18, 22x13; 15.09x18, 23-20; 16.18-22, 20-16; [A posición é case idéntica á do xogo anterior coas cores revertidas. As negras deberían ter xogado 16. ... 12-08  para manter o equilibrio]


POSICIÓN DESPOIS DE 16. ... 20-16


 XOGAN BRANCAS E GAÑAN


17.03-07 ... [A xudía preparatoria] 17. ... 12x03; 18.10-14 ... [O ataque flutuante] 18. ... 03x27; [A captura obrigada pola lei da cantidade] 19.14x30 .. [E o varrido final] GB. [Fonte: Tratado da Enciclopedia Damista]

*  *  *

Despois do artigo de Víctor Cantalapiedra a posición alcanzou unha fama insospeitada e foi reproducida montóns de veces, mais con todo, aínda nalgunha ocasión ten pasado desapercibida. Tal foi o caso nun estudo da «Defensa de Garcez» publicado por Humberto Duarte Silva no oitavo volume da «Enciclopedia Damista».  Vexamos  tamén o xogo onde se produciu:

Estudo 
 Humberto Duarte Silva

1.10-14, 23-19; [A famosa «Partida do Río», tantas e tantas veces xogada] 2.14x23, 28x19; 3.05-10 ... [A liña antiga] 3. ... 32-28; 4.01-05, 28-23; 5.09-13, 21-18; 6.13-17 ... [Formando a variante «Lateral Dereita»] 6. ... 18-14; [E as negras aplicando a «Defensa de Garcez»] 7.11x18, 22x13; 8.07-11, 13-09; 9.12-15 ... [Á «Liña da Rolla» posta de moda polos xogadores de Almada. Os tratadistas clásicos preferían o seguimento con 9.10-13] 9. ... 19x12; 10.08x15, 23-19; 11.15x22, 26x19; 12.10-13, 19-15; 13.11x20, 24x15; 14.05-10, 27-23; 15.13-18, 23-19; 16.18-22, 30-26; 17.03-07, 25-21; 18.07-11, 15-12; [As negras caen na posición. Nesta altura debían xogar 18. ... 21-18 para empate]

 POSICIÓN DESPOIS DE 18. ... 15-11


XOGAN BRANCAS E GAÑAN

19. 04-07! ... [Humberto Duarte Silva non se decata e segue con 19.11-14, 19-15; 20.14-19, 12-08 con igualdade] 19. ... 12x03; 20.10-14, 03x27; 21.14x30 GB.

*  *  *

Para finalizar imos ver unha última mostra do tema que xurdiu nun dos meus estudos xa publicado neste blog e que agora relembramos. 

Estudo
Henrique Guerra

 1.10-14, 23-19; [«Apertura Diagonal Ortodoxa» tamén coñecida como «Apertura Real» ou aínda máis comunmente como «Apertura do Río»] 2.14x23, 28x19; 3.05-10, 32-28; 4.01-05, 28-23; 5.09-13, 21-18; 6.13-17, 18-14; [A «Defensa de Garcez» contra o ataque «Lateral Dereito»] 7.11x18, 22x13; 8.12-15 … [Aquí as brancas escollen a «Liña de Sturges»] 8. … 19x12; 9.08x15, 23-19; 10.15x22, 26x19; 11.07-11, 13-09; [E o xogo foi traspoñer á mesma posición que no estudo anterior] 12.10-13, 19-15; 13.11x20, 24x15; 14.05-10, 27-22; [Con esta boa continuación as negras apartan do xogo de Humberto Duarte Silva] 15.03-07, 22-19; [Perde. A réplica adecuada era con 15. … 30-26; 16.10-14, 25-21; 17.14-18, 21x14; 18.07-11, 14x07; 19.04x20, 22-18 que vai obrigar ás brancas a ceder un peón para construír o túnel que lle permite facer dama e conseguir o empate] 16.17-21, 25x18; 17.13x22, 30-26; [Diagrama].


XOGAN BRANCAS E GAÑAN


18.07-11, 15-12; [O sacrificio de peón tamén perde. Se por exemplo, as negras xogan 18. … 26-21; pode seguir 19.11x20, 21-18; 20.10-13, 19-15;  21.04-07, 09-05;  22.02x09, 18-14;   23.13-18, 15-11; 24.06x15, 14-10;  25.20-23, 10-05; 26.23-27, 05-01; 27.27-30 e as brancas gañan o final] 19.04-07, 12x03; 20.10-14, 03x27; 21.14x30 GB.

1 comentario:

JB dixo...

Henrique mais uma vez realizaste um magnifico trabalho.Fazes sempre os comentários ás partidas.
Parabéns e agradeço te pelo que fazes.
Um dia és relembrado pelo que fizeste em prol damas.
Felicitações