mércores, 22 de febreiro de 2012

Un xogo memorable

Orlando Augusto Lopes vs. João Moura Jacinto
Xogo práctico. Lisboa, 1953

1.12-15 ...

Teoricamente esta é a segunda mellor forma de abrir os xogos. O peón ocupa unha das casas centrais pero deixa un pequeno burato no flanco do dobre curruncho. Esta  apertura alcanzou gran popularidade no Portugal dos anos cincuenta e era frecuentemente utilizada para eludir os trillados sendeiros da tradicional saída con 1.10-14.

1. ... 23-19;

A réplica central obrigando ao branco a tomar unha decisión sobre a estrutura dos seus peóns do flanco esquerdo. Queda así configurada a «Partida Paralela Ortodoxa» de prognóstico igualado. Tamén ten os seus adeptos 1. ... 23-20, un lance que case sempre se fai coa intención de traspoñer o xogo ás aperturas clásicas tras 2.10-14, 22-18.

2.08-12 ...

Posibles son tamén 2.10-14 ou 2.10-13 permitindo o cambio. A xogada textual mantén máis compacta a estrutura no flanco, aínda que permite ás negras exercer un pequeno bloqueo nesa parte do taboleiro. Menos usada é a continuación con 2.07-12 que fai cambiar de rumbo a apertura, transformándoa nunha liña da «Oblicua» que comunmente se constrúe con 1.11-15, 23-19; 2.07-11.

2. ... 28-23;

Unha das continuacións habituais, movendo desde o flaco de río en dirección ao centro. Interesantes tamén son 2. ... 21-18  —coñecida como a «Variante Moderna»— ou 2. ... 21-17 —a «Variante Drummond»—. En cambio a «Liña Clásica» que se caracteriza polo temperán movemento do peón «27» —a «peza punta» do «pequeno triángulo»—  pode ser ben contestada con 3.11-14.

3.10-13 ...

O Dr. OAL no ano 1958
[Foto do blog "Damas Clássicas"]

Nesa época Orlando Augusto Lopes, coñecido no mundiño damista como o Dr. OAL, tiña fama de ser un dos xogadores mellor preparados. Posuía todos os tratados clásicos dos autores españois e moitos libros extranxeiros. Baseándose en traballos da literatura inglesa e americana analizou ao detalle moitas das aperturas menos coñecidas e conseguiu notables éxitos. Aquí decídese pola que está considerada como a liña máis forte, porén noutras ocasións ten probado con variantes máis sorpresivas. Estes son dous exemplos:

  • 3.09-13, 21-17; [Se 3. ... 21-18; as brancas poden escoller entre 4.13-17 ou 4.05-10 traspoñendo á liña do xogo principal] 4.11-14, 26-21; 5.14-18, 21x14; 6.13-18, 22x13; 7.15x22, 27x18; 8.10x28, 32x23; 9.05-09, 29-26; 10.01-05, 26-22; 11.05-10, 30-27; 12.07-11, 23-19; [Aquí o negro desvíase dun célebre xogo disputado en Newark na última sesión do Campionato Americano do 1946 no que se enfrontaban Willie Ryan vs. Marion Tinsley, e que tivo o seguinte desenlace:  12. ... 24-20; 13.12-16, 22-19; 14.04-08, 20-15; 15.11x20, 27-22; 16.20x27, 18-14; 17.09x18, 14x05 EMP. Nesta primeira participación de Tinsley nun gran torneo coseguiu poñer contra as cordas ao xenio de Bronx, pero finalmente Ryan despois de ir perdendo por 2 a 1 conseguiu nivelar o marcador e alzouse co triunfo no campionato por desempate en "puntos honor".] 13.03-07, 27-23; 14.12-16, 31-27; 15.11-14, 18x11; 16.09x18, 22x13; 17.06x31  GB. [Dr. Orlando A. Lopes vs. Joaquim Nicolau; Lisboa, 1957].

  • 3.09-13, 21-17; 4.13-18, 22x13; 5.15x22, 27x18; 6.05-09 ... [Despois do «gambito» de peón as brancas bloquean esta zona do taboleiro creando unha posición chea de perigos que precisa dunha estudada condución. Podería seguirse con 6. ... 30-27!; 7.12-16, 32-28; 8.07-12, 23-19; 9.02-05, 19-14; 10.10x19, 27-23; 11.12-15, 23x07; 12.04x11, 26-22; 13.05-10, 29-26; 14.01-05, 29-23; 15.10-14, 26-21; 16.16-20, 23x16; 17.14-19, 24-20; 18.19x26, 18-14; 19.09x18, 14x07; 20.15x24, 21x14; 21.03x12, 16x07; 22.06-10, 14-11; 23.26-30, 11-06; 24.30-20, 06-02; 25.20-16, 02x09; 26.16x03 EMP.] 6. ... 26-21; 7.12-16, 32-28; [Agora debeuse contestar con 7. ... 23-19; por iso era máis preciso mover antes 7.01-05 impedindo esta defensa] 8.01-05, 29-26; 9.10-14 ... [9.11-14 é moito máis forte] 9. ... 31-27; [Un erro determinante. Igualaba 9. ... 26-22] 10.05-10, 26-22; 11.07-12, 24-20; 12.04-08 e as negras están bloqueadas, GB. [Dr. Orlando A. Lopes vs. Antonio Costa; Lisboa, 1958].
3. ... 21-18;

Considerada tamén como a mellor réplica.

 4.05-10 ...


POSICIÓN DESPOIS DE 4.05-10 ...


Un lance natural e moi xogado. As brancas poden tamén probar con 4.06-10 entrando na variante do «Dobre Torreón Branco» que vimos neste blog no jogo Dr. Vaz  vs. Nuno Vieira do Torneo da Baixa da Banheira do 2011.

4. ... 32-28;

Formando unha frecha cos tres peóns na gran diagonal, pero aquí está considerado como superior 4. ... 25-21; ao que pode seguir 5.13-17, 23-20; [Se 5. ... 29-25; con 6.02-05 o xogo traspón ao xa mencionado no comentario anterior onde Vaz Vieira xogou a variante do «Dobre Torreón»] 6.12-16, 19x12; 7.16x23, 27x20; 8.07x23, 31-27; [Recuperando o peón de desvantaxe] 9.10-13, 27x20  e as brancas deben coñecer moi ben o posterior desenvolvemento para non caer en posicións perdedoras. Precisamente debido a isto, algúns xogadores  prefiren optar pola variante con 4.06-10 para evitar esta liña.

5.01-05 ...


POSICIÓN DESPOIS DE 5.01-05 ...


Unha posible alternativa é 5.02-05. Pero a continuación máis forte e tamén a máis empregada no campo práctico é 5.11-14. A xogada do texto, coñecida como o «Ataque de Drummond», foi empregada con grande éxito por OAL na década dos cincuenta.

5. ... 19-14;

  • Perfectamente xogable, aínda que non ten moi boa sona, é a continuación 5. ... 26-21; [Incluso o Dr. Carlos Rodríguez Lafora que dirixiu durante case tres anos unha sección de damas no diario canario «La Provincia», no artigo do 28/12/1944 chegou a afirmar que era perdente] 6.13-17, 30-26; [No mesmo día que se disputou o duelo que estamos a comentar, o propio Moura Jacinto, que chegara a ser campión de Lisboa nos anos 1934 e 1938, noutro dos xogos contra OAL  moveu a desacertada 6. ... 18-14; e tras 7.17x26, 30x21; 8.11x18, 21x14; 9.06-11 optou por rendirse] 7.10-13, 18-14; [Durante a exitosa xira do escocés James Moir por América no ano 1881 gañou dous matches celebrados na cidade de Boston a Charles Barker. No único xogo que perdeu nestes dous enfrontamentos continuou nesta altura con  7. ... 19-14; e tras 8.04-08, 23-19; 9.06-10, 27-23; 10.02-06, 31-27; 11.12-16 ... (Nin na Enciclopedia Damista, nin en «La Provincia» se decataron que en damas clásicas as brancas gañan máis facilmente xogando aquí 11.15-20! con idea de romper con 12-15 e entrar en dama na casa «31») 11... 19x12; 12.08x15, 23-19; 13.16-20, 19x12; 14.10x19, rendiuse. Curiosamente este seguimento xa fora indicado no ano 1838 por John Drummond na primeira edición don seu libro «The Scottish Draughts Player»] 8.11x18, 21x14; 9.13-18 ... [Interesante é 9.06-10 que debe ser contestada con 22-18!; (Non a intuitiva 9. ... 23-20 pois como xa indicou Drummond con 10.13-18, 22x06; 11.02x18, 20x11; 12.07x32 as brancas gañan) 10.13x22, 27x18; 11.15x22, 26x19; 12.17-21, 24-20; 13.02-06, 20-15; 14.21-26, 29x22; 15.07-11, 15x08; 16.11-15, 19x12; 17.10x26 ... (Ata este punto seguimos como nun xogo OAL vs. Antonio Freitas do Amaral; Lisboa, 1957) 16. ... 18-14; 17.26-30, 14-10; 18.26-30, 14-10; 19.30x07, 10x01 con final de empate] 9. ... 22x13; 10.09x18, 27-22; 11.18x27, 31x22; 12.05-09 ... [Se 12.06-10, 22-18 para empate, mais non 12. ... 23-20 que perde con outro golpe de John Drummond 13.12-16, 20x11; 14.05-09, 14x05; 15.07x32 GB] 12. ... 25-21; 13.07-11 ... [Aquí desviámonos do Tratado da ED que nun estudo de Francisco Henriques segue con 13.09-13, 14-11! para empate] 13. ... 14x07; 14.04x11, 22-18; 15.15x22, 26x19; 16.17x26, 29x22; 17.03-07, 23-20; 18.12-16, 28-23; 19.06-10, 19-15; 20.10-13, 15x06; 21.02x11, 22-19; 22.13x22, 19-15; 23.22-26, 15x06; 24.07-11, 06-03;   25.26-29, 23-19; 26.16x23, 03-06; 27.29x15, 24-20; 28.15x24, 06x30; EMP.

Dr. Carlos R. Lafora
[Foto da revista "El Ajedrez "]

  • Outra posible elección pode ser 5. ... 24-20; 6.15x24, 19-14; 7.10x19, 22x08; 8.13x22 ...
             ► 8. ... 27x18; 9.05-10 ...

a)      9. ... 26-22; 10.10-13, 23-19; 11.06-10, 28-23; 12.13-17 ... [Máis forte é 12.07-12] 12. ... 30-27! [Mellor que 12. ... 25-21; xogada tamén por Moura Jacinto noutro enfrontamento que sostiveron 5 meses despois do que estamos a comentar e que terminou con vitoria do Dr. OAL tras 13.17x26, 30x21; 14.07-12, 21-17; 15.12-16, 29-25; 16.02-06 GB.] 13.10-13, 19-14; 14.17-21, 10-10; 15.21-26, 10-05; 16.26-30, 05-01; 17.11-15, 23-19; 18.30x21, 25x18; 19.13-17, 18-14; 20.24-28, 31x24; 21.15-20, 24x15; 22.07-11, 14x07; 23.03x26, 29x22 [EMP].

b)     9. ... 10.10-14, 28-23; 11.14x21, 25x18; 12.11-15, 20x11; 13.07x21, 26x17; 14.06-10, 23-19; 15.09-13, 29-26; 16.03-07, 26-22; 17.07-11, 19-15; 18.11x20, 30-27; 19.02-06, 22-19; 20.13-18, 27-23; 21.20x27, 31x13; 22.24-28, 13-09; 23.28-32, 09-05; 24.32x14, 05-02 [EMP].

8. ... 26x19; 9.05-10, 19-15; 10.11x20, 23x16; 11.10-14, 28-23; 12.06-11 ...

a)      12. ... 23-19??; 13.14x23, 27x20; 14.11-14, 30-27; 15.09-13! ... [Correxindo o Tratado da ED, onde Francisco Henriques dá como gañadora 15.02-06, 25-21; 16.06-11, 21-17; 17.14-19  sen decatarse que agora con 17. ... 17-13!; 18.09x18, 27-22; 19.18x27, 31x06; 20.03x10, 20-15; 21.24-28, 15-12  as negras conseguen o empate.] 15. ... 25-21; 16.13-18, 29-25; 17.02-06, 21-17; 18.06-10 e GB.

b)     12. ...  27-22; 13.11-15, 23-20; 14.15-19, 22x15; 15.14-19, 15-11; 16.07x14, 20-15; 17.19-23, 25-21; 18.23-28, 15-11; 19.28-32, 30-27; 20.09-13, 11-07; 21.03x12, 16x07, 22.04x11, 08-04;  23.13-18, 21-17; 24.18-21, 27-22 EMP. As brancas non poden impedir o desbarato.

 6.10x19, 23x14;


POSICIÓN DESPOIS DE 6. ... 23x14


7.13-17 ...

Preferible é 7.04-08 ... [impedindo momentaneamente o natural desenvolvemento 7. ... 28-23] 7. ... 25-21; 8.13-17 ... [agora ameazando gañar un peón con 09-13] 8. ... 29-25; 9.06-10, 24-20!; [«Defensa de Antonio Freitas do Amaral». As negras deben xogar con moito coidado, pois se 9. ... 27-23; 10.10x19, 23x14; 11.02-06, 31-27; 12.06-10, 27-23; 13.10x19, 23x14; 14.03-06, 30-27; 15.06-10, 27-23; 16.10x19, 23x14; 17.12-16, 28-23; 18.08-12 GB (análise de Drummondo no 1838)] 10.15x24, 27-23; 11.10x19, 22x06; 12.02x11, 18-14; 13.11x18, 21x14; 14.12-15 ... [Ata aquí como nun xogo Dr. OAL vs. Freitas do Amaral; Lisboa, 1958] 14. ... 30-27; 15.07-12, 23-20; 16.15-19, 20-16; 17.09-13, 16x07; 18.03x12, 14-11; 19.13-18, 11-06; 20.12-15, 27-23; 21.18-22, 23x14; 22.22x29, 06-02 e as brancas non poden gañar este final.

7. ... 28-23;

Mellor que 7. ... 22-19 que Moura Jacinto ten xogado noutras ocasións. Despois da textual o xogo está totalmente equilibrado.

8.12-16, 22-19;

Unha interesante alternativa é 8. ... 23-19; ao que pode seguir 9.15-20, 24x15; 10.11x20, 18-13; 11.09x18, 22x13; 12.07-12 ... [Nun xogo amigabel OAL vs. Julio Reis Fevereiro disputado en Lisboa no 1954 as brancas seguiron con 12.20-23 e tras 27x20; 13.16x23, 14-10 ata acabaron gañando, pero nós descubrimos un detalle que refuta o plan, pois existe un sinxelo golpe con 13. ...  13-10; 14.06x13, 14-11; 15.07x14, 19x01 e GN] 12. ... 27-23; 13.20x27, 30x23; 14.05-10, 14x05; 15.02x18, 26-21; 16.17x26, 29x13; 17.06-10, 13x06; 18.03x10, 31-28; 19.10-13, 19-14; 20.16-20, 23x07; 21.04x18 EMP.

9.15x22, 26x19;


POSICIÓN DESPOIS DE 9. ... 26x19


Unha das características desta variante está en que as brancas aínda manteñen intacto o gran triángulo defensivo formado polos peóns dos cadros 2, 3, 4, 6, 7 e 11.

10.17-21 ...

Outra forma de seguir era con 10.06-10. A do texto tende unha pequena celada, xa que se as negras cargan sobre o peón con 10. ... 29-26; segue 11.06-10 e 12.11-15 GB.

10. ... 24-20;

Aquí as negras tamén poden optar por 10. ... 23-20; 11.16x23, 27x20; [Quedando asi construída unha armadilla que leva o nome do xogador lisboeta Carlos Branco] 12.09-13 ... [Non valía 12.11-15 porque tras 20x11; 13.06x22 funciona a armadilla con 31-27; 14.22x31, 29-26 GN] 12. .... 18x09; 13.11x18, 31-27;  [[13. ... 20-16 debe empatar máis fácil. En cambio se 13. ... 29-26; 14.06-11, 26x17; 15.11-15 GB.] 14.05-10, 19-14; 15.10x19, 27-22; 16.18x27, 30x14; 17.07-12, 25x08; 18.12-16, 20-15; 19.06-11, 15x06; 20.03x19, 18-14; 21.19-23, 14-10; 22.23-28, 09-05; 23.02x09, 10-06; 24.28-32, 06-03 EMP [OAL vs. Carlos Branco; Lisboa, 1953].

11.11-15! ...

Gaña momentaneamente un peón.


POSICIÓN DESPOIS DE 11.11-15 ...


11. ... 20x11;

Se 11. ... 19x12; as negras caen no Golpe de Manuel Arrenaga Padeiro: 12.09-13!, 18x09; 13.06-10, 25x18; 14.10x28, 31x24; 15.16x23, 27x20; 16.07x23 GB.

12.06x22, 23-20;

Ou 12. ... 14-11; 13.07x14, 18x11; 14.05-10, 27x18; 15.03-06 ... [Unha continuación que o Tratado da ED considera perdente] 15. ... 29-26; 16.06x15, 26x17; 17.04-07, 30-26; 18.07-12 ... [A novidade que corrixe a ED, onde se segue con 18.07-11] 18. ... 26-21; 19.02-05, 23-19; 20.15x22, 31-27; 21.22x31, 18-14 con empate forzado.

13.16x23, 27x20;


POSICIÓN DESPOIS DE 13. ... 27x20


14.09-13 ...

As brancas deben devolver material para desfacer a ameaza de xudía. Tamén se podía xogar 14.22-26, 29x22; 15.02-06, 22-19; 16.06-10 con igualdade.

14. ... 18x09; 15.21-26 ...

Agora o peón que quedou propositadamente indefenso utilizáse para debilitar a base inimiga.

15 ... 30x21; 16.07-11, 14x07; 17.04x11 …


POSICIÓN DESPOIS DE 17.04x11 ...


Como o peón avanzado en «22» aguanta de dous, a situación está completamente balanceada. Porén con todo, as negras deben xogar con moito coidado pois a posición aínda agacha algunha inesperada sorpresa.

17. …  21-18 ??;

Unha xogada de aparencia moi natural, mais debeuse seguir con 17. … 20-16;  e tras 18.03-07, 21-18; 19.05-10, 25-21; 20.10-14 consérvase o equilibrio.
Igualmente sería unha boa alternativa 17. … 21-17; que tamén conduce ao empate.

18.05-10 ??  

O Dr.OAL, ese monstruo do taboleiro que tantas e tantas veces nos ten sorprendido sacando da manga brillantes lances e combinacións, nesta ocasión deixa escapar a vitoria e tamén unha nova oportunidade de deleitar a entendida platea do salón de xogos da «Brasileira», un emblemático café situado na Praza do Rossio, onde se reunía a flor e nata do damismo lisboeta.

Antes de contemplar ese belo remate, vexamos primeiro o desenlace real.

18. … 25-21; 19.10-14, 20-16; 20.03-07 …

Unha disposición de pezas idéntica á que xurdiu nos comentarios da xogada 17, despois de que as brancas efectúan o movemento 20.10-14.

Os contendentes aínda xogaron:

20. ... 18-13; 21.22-27, 31x22; 22.14-18 ...  

E aquí acordaron o empate.


Orlando Augusto Lopes [1980]
[Foto do Blog de Delio Nunes]

O xogo foi publicado no «Tratado da Enciclopedia Damista» dentro do estudo dedicado á «Partida Paralela», pero o remate vitorioso pasou durante algún tempo totalmente desapercibido, ata que un damista de Évora, Miguel Ángelo Trias Jorge, se decatou do detalle.

Lembra o lector a «Manobra de Alonso Guerra» que tratamos a pasada semana? Pois precisamente así, con esa fermosa combinación final, foi que Trias Jorge conseguiu elevar este xogo á categoría de memorable. No seguinte diagrama representamos a posición despois do erróneo decimo-sétimo movemento das negras:


XOGAN AS BRANCAS E GAÑAN

E finalmente, vexamos o remate:

18.02-06 !! ... [Un envío a dama que prepara a posición]; 18. ... 09x02; 19.11-14 ... [O característico ataque flutuante apoiado na lei da cantidade] 19. ... 02x26; 20.14x30 [E o varrido final] GB.

Ningún comentario: