Para isto é preciso subscribir unha conta na páxina principal e ter instalado Java para poder entrar nunha das salas de xogos.
A Ludoteka é un servizo de pago, porén permite practicar de balde unha hora ao día, sempre e cando non se superen os tres días semanais [cinco fóra de España]. Para ver partidas e para conversar cos usuarios non hai limite de tempo.
A maíor parte dos xogadores escollen un “nick” que nada ten que ver co seu propio nome. Con todo hai varios mestres que participan empregando o seu nome real, como por exemplo Veríssimo Dias [Verissimo_D] ou Nuno Vieira [NunoVieira].
Hoxe imos comentar un xogo que se disputou “on-line” empregando este apaixonante medio.
[Modalidade: 3’ + 10”]
A mellor saída é contestada coa mellor réplica. Constitúese así a famosa “Partida do Río” caracterizada por este cambio que permite instalar unha peza na zona central despois de eliminar unha do rival sen debilitar o flanco do dobre curruncho, tal como sucede na “Diagonal Vertente” formada tras 1. ... 21-18.
2.14x23, 28x19; 3.05-10 ...
Estratexicamente falando, a zona máis importante do taboleiro é a formada polos cadros centrais: “14”,”15”, “18” e “19”. As brancas moven cara a unha desas casas. Igualmente satisfactorio é 3.09-13 apuntando tamén cara o centro. Como ten dito o xenial tratadista Richard Fortman, a escolla dunha destas xogadas é unha materia de decisión persoal.
3. ... 32-28;
Aberto o camiño, as negras intentan transportar esta peza afastada para o escenario principal.
4.01-05 ...
Coa mesma idea que a anterior xogada do rival.
4. ... 28-23;
O peón xa esta preto do centro e as pezas negras tornan máis compactas. Para intentar sorprender, hai quen se decide pola “variante toledana” 4. ... 27-23;
5.09-13, 21-18;
Moitas veces as negras tamén xogan 5. ... 21-17 impedindo a incrustación do peón branco en “17”.
6.13-17 ...
Quedando así configurada a variante que o Dr. OAL denominou de “Lateral Dereita”, debido ao desprazamento feito por este peón nese flanco do taboleiro.
6. ... 18-14;
Os primeiros xogos nos que se efectúa este lance ven a luz no ano 1684 publicados no “Libro Nuevo: Juego de Damas”. O seu autor Joseph Carlos Garcez, pensaba que era desfavorable para o bando negro. A teoría actual non comparte tal criterio e considera que esta é unha excelente forma de proseguir a loita. A pesar de todo, o Dr. OAL, autor da moderna nomenclatura das aperturas, quixo homenaxear ao tratadista aragonés e bautizouna como “Defensa de Garcez”.
7.11x18, 22x13; 8.12-15 ...
Liña inglesa recomendada na guía de Sturges (ano 1800). Superior ao ataque 8.09-13, que é contestado con 8. ... 24-20; seguido de 26-21 producindo un desbarato que minimiza as posibilidades de vitoria.
As brancas poden optar por 8.07-11, continuación avalada polo propio Garcez para despois de 8. ... 13-09 seguir co tradicional 9.10-13 ou con 9.12-15 (Liña da Rolla) moi xogada hai anos ao ser posta de moda por xogadores do círculo damista de Almada [Portugal].
8. ... 19x12; 9.08x15, 13-09;
Moi interesante é 9. ... 23-19; que tras 10.15x22, 26x19; 11.07-11 pode traspoñer á Liña da Rolla se as negras fan 11. ... 13-09. Unha posible continuación sería 12.10-13, 19-15; 13.11x20, 24x15; 14.05-10, 27-22; 15.03-07, 30-26; 16.10-14, 25-21 como na liña tronco dun estudo que axiña veremos neste blog.
Ultimamente os mellores xogadores da Ludoteka decántase pola pacífica 9. ... 23-20. Por exemplo nun xogo de decembro do 2009 entre Passatempo e Janoka_1 alcanzouse o empate tras 10.05-09, 20x11; 11.09x18, 26-22; 12.07x14, 22x13; 13.04-08, 24-20; 14.17-21, 25x11; 15.06x24, 13x06; 16.02x11, 27-23.
10.06-11 ...
Permite igualar. Mellor é ocupar unha casa central con 10.10-14, xogada coa que o branco conserva unha pequena vantaxe.
10. ... 27-22; 11.07-12, 22-18;
Era preferible 11. ... 23-19.
12.10-14, 18-13; 13.03-06, 25-21; 14.12-16, 30-27;
Agora debido ao maior control do centro as brancas están un pouco mellor.
Unha posible continuación podia ser 15.05-10, 31-28; 16.04-07, 29-25; 17.15-20, 24x15; 18.11x20, 28-24; 19.07-11, 24x15; 20.11x20, 23-19; 21.14x30, 09-05; 22.02x18,21x05; 23. 30x21, 25x18; EMP.
Ou 15.04-07, *13-10; 16.06x13, 21-18, 17.14x30, 27-22; 18.30x20, 22-19; 19.15x22, 24x06; 20.02x11, 09x02; que tamén conduce ao EMP.
15.15-19 ?? ...
XOGAN AS NEGRAS E GAÑAN
A xogada que deu a vitoria a Intilejencia, pero tamén a que o puido levar á derrota.
O xogo seguiu con:
15. ... 31-28; 16.11-15, 27-22; 17.04-07, 22-18; 18.07-11, 13-10; 19.06x22, 21-18; 20.14x30, 23x07; 21.02-06, 09x02; 22.15-20, 02x26; 23.30x04, 24x15; 24.16-20, 15-12; 25.17-21, 12-08; 26.21-25, 28-24; e aquí as negras abandonaron.
Mais examinemos de novo a posición a partir do diagrama. Como é que podían gañar as negras?
A resposta está na sorprendente.
15. ... 27-22;
Ao que seguría:
16.19x28, 13-10; 17.06x13, 22-18; 18.13x22, 26x01; 19.17x26 ...
A posición merece un novo diagrama:
XOGAN AS NEGRAS E GAÑAN
19. ... 01x32!;
Pero non 19. ... 29x22; 20.28-32, 22-19; [todas perden, se 20. ... 22-18; 21.02-05! G.B.] 21.32x10,01x07; 22.04x11, 31-27; 23.02-05, 09x02; 24.11-15, 02x20; 25.16x30 G.B.
20.26-30, 09-05!;
O detalle final.
21.02x09, 32-23!; 4.30x20, 24x06; G.N.
Ningún comentario:
Publicar un comentario