sábado, 22 de maio de 2010

Partida Heroica. Defensa da Serpe.

1.10-14, 24-20; 2.12-16, 28-24; 3.05-10 ...
Continuando co estudo da "Heroica" imos examinar nesta ocasión unha das defensas menos coñecidas.
3. ... 21-17 ;

POSICIÓN DESPOIS DE 3. ... 21-17

É esta unha desas formacións que o gran xogador e mítico comentarista Richard Fortman catalogou, en ton despectivo, como variedades de xardín. O condutor das pezas negras debe coñecer ben a teoría para non caer en posicións perigosas, pero se está ben preparado pode sacarlle moito rendemento. Esta variante, efectuando o movemento 21-17 na segunda xogada, foi moi utilizada polo escocés A.B. Scott que conseguiu unha chea de vitorias en campionatos escoceses e noutros torneos importantes. Un afeccionado que presenciou o famoso xogo ente Hanson vs. Scott do 2º Match Internacional (1927) chamoulle a "formación da serpe" e así foi como quedou bautizada esta extravagante defensa.

4.07-12 ...

O lance típico para controlar o cadro 15. Se as negras responden con 4. ... 31-28; pode seguir 5.12-15, 23-19; 6.14x23, 28x12; 7.08x15 e as brancas teñen unha posición moi superior. Igualmente se 4. ... 26-21; con 5.01-05, 22-19; [5. ... 31-28; 6.04-07, 22-18; 7.12-15] 6.09-13, 20-15; 7.11x20, 24x15; 8.05-09, 27-22; 9.13-18 as brancas tamén dominan claramente.

Así pois, chegado o xogo a esta altura é normal que as negras adoiten escoller unha destas dúas rutas: 4. ... 22-19; [Liña A] ou 4. ... 25-21; [Liña B].

A

4. ... 22-19

POSICIÓN DESPOIS DE 4. ... 22-19
A colocación deste peón en 19 non só axuda a premer sobre o flanco de río senón que apunta tamén ao outro lado do taboleiro.
É o das damas un xogo no que abundan as transposicións. O lector debe notar que esta mesma situación tamén se pode alcanzar seguindo estoutra orde de xogadas: 1.12-16, 21-17; 2.10-14, 22-19; 3.05-10, 24-20; 4.07-12, 28-24.
5.12-15 ...
Debilita esa ala pero é importante desaloxar o peón 19 da súa privilexiada posición.
5. ... 19x12; 6.08x15, 25-21;

Tentando controlar a casa "18" que tras o movemento lateral 21-17 quedou desprotexida. Tanto 6. ... 27-22 como 6. ... 26-22 son contestadas con 7.14-18 que dá bastante bo xogo ás brancas.

7.04-08 ...

Antes de atacar o flanco do dobre curruncho rival hai que resgardar o propio. Se 7.10-13, 17x10; 8.06x13, 23-19*; [Non é aconsellable 8. ... 21-18; por 9.14x21, 26x10; 10.02-06, 29-26; 11.06x13, 26-21 como nun xogo do 18º Cto de Portugal que, coa transposición anteriormente indicada, foi xogado en Porto no 1998 entre Victor Oliveira e Jorge Moreira. Seguiu con 12.01-05 que dá gran vantaxe, pero quizais sexa máis forte 12.13-17, 27-22; 13.17x26, 30x21; 14.01-05, 22-18; 15.05-10, 21-17; 16.10-14 e as brancas teñen agora moi boas opcións de vitoria] 9.14x23, 21-18; 10.13x22, 26x12 [a vantaxe agora cambiou de mans, as brancas teñen que loitar polo empate] 11.02-06, 12-08; [ou 11. ... 20-15; 12.11x20, 24x15; 13.09-13, 27x20; 14.16x23, 12-08; 15.13-18, 31-27; 16.03-07, 27x20; 17.18-22, 20-16; 18.22-27, 30x23; 19.07-12, 16x07; 20.04x27 EMP.] 12.11-14, 20-15; 13.03-07, 27x20; 14.16x23, 31-27; 15.14-18, 27x20; 16.18-22, 20-16; 17.18-27, 30x23; e empatan co tiro 18.07-12.
7. ... 27-22;
No caso de se xogar 7. ... 26-22; pode seguir 8.10-13, 17x10; 9.06x13, 22-18; 10.13x22, 27x18; 11.03-06, 29-25; 12.06-10, 21-17; 13.14x21, 25x18; 14.02-05, 17-13; 15.10x17, 18-14; 16.11x18, 20x11; 17.18-22, [Se 17.18-21, 30-26; xudía que vale o empate] 11-07; 18.22-26, 30x21; 19.17x26, 07-03 e xogamdo con coidado as negras non perden.
8.08-12 ...
A única forma de manter a vantaxe. Se 8.02-05 as negras conseguen unha formidable posición despois de 31-28.
Peor é aínda 8.03-07 xa que con 22-18 o xogo branco queda paralizado.
8. ... 31-27;
• Con 8. ... 29-25; 9.10-13, 17x10; 10.06x13, 31-27; o xogo traspón ao tronco. Pero tamén se podía continuar con 10. ... 21-18; 11.14x21, 26x10; 12.02-06, 23-19; 13.16x23, 25-21; 14.06x13, 31-27; 15.12-16, 27x20; 16.16x23, 19x12; 17.11-14, 21-17; [17. ... 22-19; 18.13-18 EMP.] 18.14-18, 17x10; 19.18x27, 12-08; 20.27-31, EMPATE. Pero non era adecuado 9.01-05, porque segue 31-27; 10.03-07, 21-18; 11.14x21, 25x18; 12.10-14, 23-19!; 13.14x21*, 19-14; 14.11x18, 20x04; e as negras gañan.
• Se 8. ... 22-19; 9.15x22, 26x19; 10.09-13, [10.11-15 só dá igualdade] 32-28; 11.13-18, 19-15; 12.12x19, 20-15; 13.11x27, 31x15; 14.18x25, 15-12; 15.06-11, 12-08; 16.11-15, 28-23; 17.15-19, 08-04; 20.19x28 e o primeiro bando leva dous peóns de vantaxe.
• 8. ... 22-18; 9.02-05, 26-22; 10.10-13, 17x10; 11.06x13, 31-27; [quizais 11. ... 23-19 sexa mellor] 12.13-17, 29-25; 13.17x26, 30x21; 14.14-19, 23x07; 15.16x30, 07-04; [Non vale 15. ... 21-17; por 16.09-13 e 30-16 G.B.] 16.30x17, 18-14; e agora tanto con 17.17-10, 14-11; 18.12-16, 11-06; 19.10-13, 22-19; 20.11x22, 06-02; 21.22-26 como con 17.12-16 as brancas teñen moitas posibilidades de obter o punto.
9.10-13, 17x10; 10.06x13, 21-18;
Se 10. ... 29-25; 11.02-06 traspón ao tronco.
11.14x21, 26x10;

POSICIÓN DESPOIS DE 11. ... 26x10
12.02-06 ...
Ben xogado. Nótese que non valía 12.02-05, porque tras 12. ... 10-06; 13.03x10, 23-19; 14.16x23, 27x20; gañan as negras.
12. ... 23-19; 13.06x13, 29-25;
Despois deste xogo preciso por ambos os dous bandos a situación está nivelada. O empate tamén se pode conseguir con 13. ... 19-14; 14.11x18, 20x11; 15.12-15, 11-07! e 32-28 etc.

14.16x23, 27x20; 15.13-17, 20-16; 16.09-13, 16x07; 17.03x12, 25-21; 18.17x26, 30x21; 19.13-17, 21-18; 20.17-21, 19-14; 21. 21-25, 14x07; 22.12-16, 18-14; 23.25-29 e EMPATE.

B

4. ... 25-21;

POSICIÓN DESPOIS DE 4. ... 25-21
Unha variante que tamén se adoita alcanzar tras 1.10-14, 24-20; 2.12-16, 21-17; 3.05-10, 25-21; 4.07-12, 28-24.
5.12-15, 22-19;

Xogada importante na loita polo control do centro. Se 5. ... 31-28; as brancas conseguen unha posición fortísima tras 6.08-12. E se 5. ... 22-18 complica moito o xogo para o negro, pois con 6.02-05, *26-22; [6. ... 27-22; 7.04-07, 31-28; 8.07-12, *29-25; 9.*03-07, *22-29; 10.15x29, 20-15; 11.11x27, 18x4; 12.27-31, 21-18; 13.31x13, 04-14; 14.10x19, 17x03; 15.16-20 G. B.] 7.*08-12 [Non 7.04-07, por 22-19 e 20-15 G.N.] *29-25; 8.*10-13, 17x10; 9.06x13, *23-19; [se 9. ... 31-28; 10.13-17 G.B. ] 10.*16x13, 19x10; 11.05x14, 27x10; 12.13-17, *20-16; 13.17x26, 30x21; 14.14-19, G.B.

6.15x22, 26x19;

Se 6. ... 27x18; 7.08-12, 26-22; 8.12-15 e as brancas controlan totalmente o taboleiro. Calquera movemento negro debilita aínda máis a súa situación. Por poñer un exemplo podería seguir 8. ... 30-26; 9.02-05, 23-19; 10.16x23, 19x12; 11.23-27 G.B.

7.09-13, 29-25;

Se 7. ... 27-22; 8.08-12, 29-25; 9.13-18, 22x13; 10.11-15, 20x11; 11.06x22, 13x06; 12.03x10, 21-18; 13.14x21, 25x18; 14.12-15, 18-13; 15.10-14 cunha posición moi forte para as brancas.

8.13-18, 17-13;

· Se 8. ... 27-22; as negras quedan moi mal pois tras: 9.18x27, 31x22; 10.08-12, 21-18; [10. ... 30-26; 11.12-15, 19x12; 12.04-08 G.B.] 11.14x21, 25x18; 12.01-05, 30-27; 13.11-15, 20x11; 14.06x15, 32-28; 15.05-09 G.B.

• Se 8. ... 30-26; 9.02-05, 26-22; [Non vale 9. ... 20-15; porque permite ao branco romper o cóbado formado polos peóns "27-23-19" e G.B.] 10. 10-13, 19x10; 11.05x14, 17x10; 12.06x13, 21-17; 13.08-12, 17x10; 14.18-21, 25x18; 15.14x21, 22-18; 16.21-26, 18-13; 17.11-14, 27-22; 18.26-30 [con idea de 12-15], 22-19; 19.04-08, 31-27; 20.30-17 con vantaxe branca.

• Se 8. ... 20-15; 9.11x20, 24x15; 10.04-07 e agora as negras están en problemas:
▬► 10. ... 27-22; 11.18x27, 31x22; 12.16-20, 23x16; 13.14x23, 22-19; 14.23-28, 32x23; 15.10-14, 19x10; 16.06x13, 17x10; 17.07-12 un tiro co que G.B.
▬► 10. ... 23-20; 11.14x23, 21x05; 12.01x10, 31-28; 13.07-12, 28x19; 14.16x23, 27x20; 15.12-16 e no “Kear” di que gañan brancas. No noso xogo pode seguir 15. ... 25-21; 16.16x23, 21-18; 17.03-07, 18-14; 18.07-12, 14x05; 19.02x09, 19-14; 20.12x19, 14-10; 21.06x13, 17x10; 22.19-22, 10-05; 23.22-27, 05-02; 24.27-31, 02-06; 25.08-12, 06-24; 26.12-16, 24-06; 27.31-24, 06-03; 28.16-20, 06-03; 29.23-27 G.B.
▬► 10. ... 31-28; 11.01-05, 17-13; 12.10x26, 19x01; 13.18-21, 25x18; 14.07-12, 30x21; 15.12x29, 23x14; 16.02-05, 01x10; 17.06x31, 14-10; 18.31x24, 10-05; 19.16-20, 05-02; 20.20-23, 02-09; 21.08-12, 09-31; 22.12-16, 21-17; 23.24-15, 17-13; 24.15-19, 13-09; 25.09-01, 31-22; 26.16-20, 22-15; 27.20-24, 15-20; 28.23-28, 32x23; 29.01x32 G.B.
9.10x26, 19x10; 10.06x13, 30x07; 11.03x12, 32-28!;

A xogada adecuada. Se 11. ... 27-22; 12.01-05, 32-28; 13.05-10, 25-21; 14.13-17, 22-19; 15.17x26, 19-15; 16.12x19, 23x05; 17.16x32, 05-01; 18.08-12, 31-28; 19.32x23, 01x32; 20.12-15, 32-10; 21.26-30, 10-32; 22.30-21, 32-10; 23.04-08 e o gancho decide, se 10-32; segue 24.02-05 e 25.21-14 G.B.

12.01-05 20-15 13.12x19 23x14 14.04-07 ...

POSICIÓN DESPOIS DE 14. 04-07
Segundo unha análise de J.Dawson que ven na Enciclopedia de Kear, o xogo gáñano as brancas; pero en Damas Clásicas pódese empatar.
14. ... 28-23

Este lance iguala o xogo. Non valía 14. ... 25-21; por 15.13-18! G.B. Tampouco era bo 14. ... 27-22; por 15.13-18, 22x13; 16.05-10, 13x06; 17.02x18, 31-27; [17. ... 28-23; 18.07-11!, 24-20; 19.18-22 G.B.] 18.07-11, 28-23; 19.11-14 G.B.
Tamén daba o empate 14. ... 27-23; 15.02-06, [15.13-18, 23-19; 16.18-22, 28-23; EMP.] 23-19; 16.06-11, 28-23; 17.11x18, 19-14; 18.18-22, 23-19; [ameaza 19. ... 24-20 e tiro] 19.07-12!, 14-11; e xogando con coidado as negras empatan.
15.02-06, 24-20; 16.06-11 ...

16.06-10, 14-11; 17.07x14, 20-15; 18.13-18, 15-11; 19.18-21, 25-18; 20.14x21, 11-06; 21.21-25, 06-03; EMP.

16. ... 20-15; 17.11x20 ...

Daba igual. Se 17.11x18, 15-12; 18.08x15, 25-21; 19.18x25, 23-19; 20.15x22, 27x02 EMP.

17. ... 23-19; 18.08-12, 19-15; 19.12x19, 27-23; 20.20x27, 31x15 e a posición é de empate.

Ningún comentario: