[1.10-14, 24-20; 2. 12-16, 28-24; 3.05-10, 22-19; 4.07-12 ...]
B
4. ... 26-22; Ao igual que na variante "A" fortalécese o centro, pero esta xogada ten a virtude de manter a opción de ruptura con 20-15, xa que non se desocupa a casa "27".
POSICIÓN DESPOIS DE 4. ... 26-22
5.04-07 ...
Se o branco move para a casa "5" calquera dos dous peóns, as negras fanse coa iniciativa tras 5. ... 20-15. Coa xogada do tronco esa réplica esta vedada, xa que despois de 6.11x20, 24x15; 7.07-11 as brancas gañan material. Outra posibilidade sería 5.12-15, 19x12; 6.08x15, 21-18; [6. ... 31-28; 7.04-07] 7.14x21, 25x18; 8.10-14, 25x21; 9.14x21, 26x17; 10.04-07, 31-28; que ven sendo o mesmo que a liña do tronco pero seguindo unha orde diferente de xogadas.
5. ... 21-18;
Non é aconsellable 5. ... 22-18, por 6.10-13 que concede unha gran vantaxe ao branco.
Tampouco é boa 5. ... 30-26; por 6.09-13, 22-18; 7.13x22, 27x18; 8.12-15, 19x12; 9.08x15, 26-22; 10 14-19, 23x05; 11.16x23, 31-28; 12.01x10, 28x12; 13.07x16, 29-26; 14.10-20! e ás negras non lle queda outra que loitar de forma desesperada polo empate.
Por contra, podería xogarse 5. ... 29-26; 6.02-05, 31-28; 7.12-15, 19x12; 8.08x15, 21-18; 9.14x21, 26x17*; 10.07-12, 23-19; 11.16x23, 27x20; 12.10-14, 19x10; 13.05x14, 20-16; (R.Ward vs. D.Mckelvie, citado na Enciclopedia de Kear) aínda que agora con 14.14-18 as brancas conservan unha pequena vantaxe. Non valería 14.01-05 que xogou Ward, porque a pesar de que gaña no xogo anglo-americano, en Damas Clásicas perde debido ao envío a dama.
Tamén se pode optar por 5. ... 31-28; 6.12-15, 19x12; 7.08x15, 21-18; 8.14x21, 25x18; 9.10-14 ... [9.02-05 é moi interesante] 9. ... 29-25; [9. ... 29-26; traspón ao tronco] 10.14x21, 25x18; 11.07-12! ... [A superioridade pasa ao bando negro se agora se continúa con 11.06-10, 23-19; 12.16x23, 19x12; 13.07x16, 28x19; 14.10-14, 19x10; 15.02-05, 18-13; 16.09x18, 22x13; 17.05x14, 13x10; 18.14-18, 27-22; 19.18x27, 30x23; e tras pasar por delicada posición, finalmente as brancas conseguiron o empate nun xogo Medalha da Silva vs. José Luís Guerra; 27º Cto. Portugal, 2007] 11. ... 18-14; 12.11x18, 22x13; 13.09x18, 20x11; 14.06x15, 23-20; 15.16x23, 27x11; 16.12-16, 28-23; 17.01-05, 24-20; 18.18-21, 20-15; 19.21-25, 15-12; 20.25-29 cunha apreciable vantaxe que obriga ao negro a loitar polo empate. 6.14x21, 25x18 7.12-15! ...
Boa xogada, había que impedir 20-15.
7. ... 19x12; 8.08x15 ...
O lector debe notar que a esta posición tamén se chega pola liña 3. ... 21-18. Seguiría 4.14x21, 25x18; 5.07-12, 22-19; 6.12-15, 19x12; 7.08x15, 26-22; 8.04-7 e así temos todas as pezas colocadas en sitios idénticos.
8. ... 29-26;
Se agora as negras continúan con 8. ... 31-28; o xogo traspón ao disputado entre Medalha e José L. Guerra no 27º Cto de Portugal xa mencionado nos comentarios da quinta xogada.
• Non valía 8. ... 30-26 por 9.15-19 e G.B. porque as negras están obrigadas a comer a maioría.
• Non valía 8. ... 30-26 por 9.15-19 e G.B. porque as negras están obrigadas a comer a maioría.
• Igualmente se 8. .... 22-19; 9.15x22, 20-15; 10.11x20, 24x15; 11.09-13, 18x09; 12.07-11, (un “gañan brancas” de Alfred Jordan incluído na célebre Enciclopedia de Kear) podería seguir 27x18; 13.11x27, 30x23; 14.06-11, 23-19; (a 14. ... 31-27; contéstase con 15.01-05 ou 11-15 e G.B.) 15.16-20(!!), 32-28; 16.20-23, 19-15; 17.23x32, 15x06; 18.02x11, 09-05; 19.32-19, 05-02; 20.19-15, 29-26; 21.15x29, 02x24; 22.29-25 e tamén G.B.
• 8. ... 29-25; 9.10-14(!), 23-19; 10.14x21, 19x12; 11.16x23, 25x18; 12.07x16, 27x20; 13.16x23, 31-28; 14.23-27, 30x23; 15.06-10 (para impedir 19-15) 23-19; 16.10-14, 19x10; 17.02x05, 10-06; 18.03x10, variante na que a vantaxe branca non chega para gañar.
• 8. ... 23-19; 9.16x23, 19x12; 10.07x16, 27x20; 11.16x23, 31-27; 12.10-14, 27x20; 13.14x21, 20-15; 14.11x20, 24x15; 15.06-11, 15x06; 16.02x11, 19-25; 17.21-26, 30x21; 18.11-15, 32-28 e as brancas tampouco conseguen a vitoria.
9.10-14 ....
Había que ter coidado co cóbado, pois se 9.01-05 con 26-21 G.N.
Outra posible continuación é 9.09-13, 18x09; 10.10-14, 31-28; 11.01-05, 22-18; 12.14x21, 26x17; 13.07-12, 27-22; 14.05-10, chegándose a unha posición na que semella que as brancas teñen vantaxe. Con todo o xogo empátase despois de 17-13 e 22-18.
9. .... 31-28;
Un lance co que as negras igualan de xeito máis doado que con 9. ... 23-19; 10.16x23, 19x12; 11.07x16, 27x20; 12.14x21, 26x17; 13.16x23, 31-27; recomendado polo estudoso John Alexander, coautor da Enciclopedia de Kear. Agora pódese intentar seguir con 14.11-14 pero aínda que as brancas teñen vantaxe, quizais sexa posible o empate.
10.14x21, 26x17; 11.09-13, 17x10; 12.06x13, 23-19; 13.16x23, 19x12; 14.07x16, 28x19; 15.01-05, 19-15; 16.11x20, 24x15;
POSICIÓN DESPOPIS DE 16. ... 24x15
17.13-18 e despois do tiro que se produce con 18.05-10 seguido de 19.02x20 o xogo queda totalmente equilibrado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario