sábado, 29 de maio de 2010

Veríssimo Dias na Ludoteka

Todas as noites, no que para a televisión, sería "prime time" tamén se poden ver na Ludoteka os duelos entre os mellores xogadores. Con cotas que superan os 45 espectadores, estes días están a destacar especialmente os enfrontamentos entre Verissimo_D e Aadil, dous xogadores que participaron no 1º match Marrocos-Portugal no ano 2007 e que nestes momentos ocupan os primeiros postos no ranking da propia Ludoteka.

Verissimo_D vs. Aadil

Ludoteka, 26-05-2010 [Modalidade 3'+20"]

PARTIDA CENTRAL INCIDENTE

1.11-14, 23-20;

Ambos xogadores acordaron comezar a loita coa apertura Nº 25, coñecida como a “Central Incidente”.

2.06-11 ...

Invitando a 2. ... 22-18; e así traspor a xogos clásicos. Podería seguir 3.12-15, 28-23; 4.10-13, 27-22; 5.08-12, 20-16; 6.02-06 e agora se 6. ... 32-28 ou 23-20 (Partida Confusa) ou se 6. ... 21-17 (Partida Escocesa). Aínda dentro das clásicas incluso tamén é posible 3.02-06, 27-22; 4.10-13, 28-23 (Partida Alma).

A non ser que sexa por sorteo, tal como sucedeu nun dos campionatos de Portugal disputados con apertura a 3 lances, a maioría dos xogadores prefiren continuar con 2.10-13 que adoita ser contestada con 22-19 esforzándose en colocar fichas nos cadros centrais. Normalmente despois do cambio as brancas eliminan a peza recen instalada con 4.12-15, porén no xogo seguinte, no que o xogador marroquí levaba as brancas, preferiu seguir con 4.05-10 e tras 20-16; 5.01-05, 27-22; 6.06-11, 31-28; 7.02-06, 21-18; 8.12-15, 19x12; 9.08x15, 25-21; 10.13-17, 28-23; 11.10-13, 32-28; 12.05-10, 23-19; 13.04-08, 19x12; 14.08x15, 28-23; 15.10-14, 22-19; axiña se asinou o empate, [Aadil – Verissimo_D; Ludoteka, 2010].

2. ... 20-15;

Esta é a réplica axeitada, unha forte ruptura con idea de abrir buratos na posición branca. As negras non aceptan a invitación que antes comentabamos de entrar nas clásicas. Contra 2. ... 23-28; pódese continuar con 3.12-15 ou 3.10-13 (xogada favorita do campión Marion Tinsley) que concede un xogo moi cómodo.

3.12x19 ...

A liña moderna. Nos primeiros xogos disputados nesta apertura unicamente se consideraba a captura con 3.11x20, 24x15; 4.12x19, 22x15. No tratado de Kear segue 5.07-12, 27-22; 6.12x19, 22x15; 7.02-06, e tras 21-18 as negras quedan moi ben, por isto parece mellor 7.10-13, 28-23; 8.02-06. Actualmente, despois dos cambios, a continuación que ten as preferencias é 5.10-13.

3. ... 22x06; 4.02x11 ...

POSICIÓN DESPOIS DE 4.02x11 ... ;
4. ... 27-22;

• 4. ... 24-20; 5.10-13, 28-24; 6.08-12, 32-28; 7.12-15, 20-16; 8.13-18 ... [8.13-17 quizais sexa o mellor] 18. ... 28-23; 9.04-08 con xogo practicamente igualado. Mais non 9.05-10 por 9. ... 23-19 que concede gran vantaxe ás negras como nun famoso xogo entre Artur Gomes e Medalha da Silva do 10º Campionato de Portugal [Oliveira de Azemeis, 1990] publicado no semanario “Cidade de Tomar”.

• 4. ... 28-23; e agora:

► 5.14-18, 21x14; 6.10x28, 32x23; 7.08-12, 27-22; 8.05-10, 25-21; 9.12-15, 21-17; 10.11-14, 23-20; [as negras teñen unha lixeira vantaxe tras 10. ... 22-19] 11.07-11, 20-16; 12.04-07, 29-25; 13.03-06, 22-18; 14.14x21, 25x18; As brancas están nunha vantaxosa posición e con 15.10-14 obrigarían ao rival a defender finamente coa xudía 15. ... 26-22; 16.14x21, 24-20; 17.15x24, 31-28; 18.24x31, 22-18; 19.31x13, 17x03; 20.21-25, 03x12; 21.25-29, 12-03; 22.11-14, 03-10; 23.14-18, 16-12!; 24.29x08, 10-14; 25.18-22, 14-10; a dama move e 10-19 EMP. Porén nun xogo do 9º Campionato de Almada (1989) entre Eduardo Castelo e José Luis Guerra que foi amosado na Enciclopedia Damista, as brancas seguiron con 15.15-19 e perderon cun vistoso golpe que presentaremos a vindeira semana no Blog Taboleiro e Tapete”.

► 5.10-13 [o tratamento máis adecuado] 32-28; 6.08-12, 23-20; 7.12-15, 20-16; 8.13-17, 28-23; 9.05-10, 23-19; 10.14x23, 27x20; 11.01-05, 21-18; 12.10-14 con lixeira vantaxe branca.

• 4. ... 26-22; 5.10-13, 21-18; 6.14x21, 25x18; 7.05-10, 28-23; [7. ... 27-23; 8.13-17, 23-19; 9.07-12] 8.08-12, 31-28; 9.13-17, 18-13; con xogo igualado.

5.08-12 ...

Xogando con precisión. Se 5.10-13 directamente, permite 22-19 e as negras quedan ben.

5. ... 28-23; 6.10-13 ...

Agora si, xa se pode apuntar á importante casiña 18.
6. ... 21-18; 7.14x21, 26x10; 8.05x14, 22-19; 9.14-18, 31-27;

Debilita a base e expón o peón a un futuro ataque desde a casa "22". O lector debe notar que existe unha famosa variante da "Edimburgo" na que se alcanza unha posición moi similar e na que agora se continúa con 31-27, pero nese caso a pequena diferenza é decisiva pois as negras xa teñen xogado 32-28 e as brancas o peón "8" descolocado na casiña "16" sen poder intervir na loita.
En vista disto parece máis axeitado 9. ... 32-28, esperando acontecementos.

10.01-05 ...

Para centralizar o peón máis retrasado.

10. ... 19-14;

Oponse á idea branca.

11.12-15, 29-26; 12.07-12 ...

Eliminando a peza mellor colocada do rival.

12. ... 14x07; 13.04x11, 26-21;

Desafoga un pouco o xogo ao provocar o avance do peón de 11 e abrir así unha vía de acceso polo outro flanco. Tamén se podía intentar con 13. ... 23-20; 14.05-10 ... [14.18-22, 27x18; 15.12-16, 18-14; 16.16x23, 14x07; 17.03x12, 25-21; 18.09-13, 30-27!; 19.23x30, 21-17 EMP] 14. ... 20-16; 15.10-13, 16x07; 16.03x12, 27-23; 17.18-22, 26x19; 18.15x22, 23-20; EMP.

Pero non valía 13. ... 26-22; por 14.12-16, 22x13; 15.09x18, 30-26; 16.11-14 [G.B.] as negras están bloqueadas.

14.11-14, 23-20; 15.15-19, 20-15; 16.19-22, 15x08; 17.22x31, 21-17;

Digna de mención é 17. ... 32-28; con idea de se 18.18-22 cortar con 21-18 para equilibrar o xogo. Obviamente se 17. ... 08-04; con 18.18-22 cae a dama e gañan as brancas.

18.05-10, 32-28;

No caso de as negras xogaren 18. ... 24-20; as brancas obteñen gran vantaxe con 19.31-24, 20-16; 20.18-22. Agora se 20. ... 16-12; 21.24-11, 08-04; prodúcese un desenlace espectacular tras 22.10-13, 17x10; 23.22-27, 30x23; 24.11-06 con remate ao descuberto.

POSICIÓN DESPOIS DE 18. ... 32-28;
19.03-07 ...

O enxeñeiro Veríssimo atopa un interesante plan para tratar de complicar o xogo.

19. ... 28-23;

Se as negras entran xa en dama, perden: 19. ... 08-04; 20.18-22, 04x27; 21.31x22, 28-23; 22.22-08 e 09-13 [G.B.]

20.07-12, 23-20; 21.18-22, 20-16; 22.12-15, 16-12; 23.22-27! ...

De novo Veríssimo estrullando ao máximo a posición.

23. ... 30x23; 24.31-27, 23-19; 25.14x23, 08-04; 26.23-28, 12-07;

O empate chegaba de xeito máis sinxelo con 26. ... 12-08.

27.15-19, 07-03;

Aadil estase complicando. 27. ... 04-08; facilitaba as cousas.

28.27-30, 03x13; 29.09x18, 04x21; 30.19-22, 21-04;

Mellor xa era 30. ... 21-11; 31.22-26, 25-21; 32.26-29, 24-20!; 33.30x16, 21-18; 34.28-32, 18-13; para seguir con 13-09 e entrar nun final de empate teórico, no que si é verdade hai que salvar moitas trampas.

31.22-26, 17-13; 32.28-32, 13-09; 33.26-29 ...

As brancas necesitan un tempo. A base para gañar matematicamente este final precisa de ter a dama que está en “29” na casa “8”.

33. ... 04-18;

Deixa escapar a derradeira oportunidade. Aínda se podía empatar con 33. ... 24-20; 34.30x16, 25-21; 35.16-20!, 04-18! fuxindo da perigosa transversal para deseguido xogar 21-17 e entrar no famoso final de empate indicado con anterioridade. Nótese que se, en vez de 35. ... 04-18, faise directamente 35. ... 21-17; as brancas aínda gañan. O método, incluído no libro de Finais da Enciclopedia Damista, pertence a Sena e Melo: 36.20-24, 04-25; (a dama non pode quedar no aire por mor da xudía con 32-19 e 29-15) 37.32-19, 25-04; 38.29-25 [G.B.]

34.29-08, 18-04;

Agora se 34. ... 24-20; 35.30x16, 25-21; 36.08-04! [G.B.]

POSICIÓN DESPOIS DE 34. ... 18-04

As negras están perdidas.

35.32-19, 04-18; 36.08-04, 18-13; 37.30-17, 13-22; 38.19x26, 09-05; 39.29-19, 05-02;

POSICIÓN DESPOIS DE 39. ... 05-02;

Novo final. Tres damas contra dama e peóns en “25” e “24”. As brancas gañan en todos os casos.

40.17-30, 02-09; 41.30-16 ...

O tratadista José Padrino remataba coa base que se forma con 19-01 e 04-08.

41. ... 09-31;

Se 41. ... 09-13; gáñase con base similar á de Padrino: 42.04-14, 13-31; 43.19-08.

42.04-08, 31-13; 43.19-05 [1-0]

A batería con 16-20 ameaza disparar. Se 43. ... 09-05; 44.08-15, 09x20; 45.16x30 [G.B.] ou se 43. ... 13-17; 44.08-26 seguido de 05-23 co mesmo resultado. Tampouco valía 43. ... 13-03 por 44.08-12, 03-13; 45.05-10, 13x03; 46.12-07, 03x12; 47.16x07, 24-20; 46.07-11, 20-16; 47.11-07 [G.B.] nin 43. ... 13-31; por 44.05-09, 31-28; 45.16-20 e 46.08x32.

Ningún comentario: