sábado, 29 de maio de 2010

Veríssimo Dias na Ludoteka

Todas as noites, no que para a televisión, sería "prime time" tamén se poden ver na Ludoteka os duelos entre os mellores xogadores. Con cotas que superan os 45 espectadores, estes días están a destacar especialmente os enfrontamentos entre Verissimo_D e Aadil, dous xogadores que participaron no 1º match Marrocos-Portugal no ano 2007 e que nestes momentos ocupan os primeiros postos no ranking da propia Ludoteka.

Verissimo_D vs. Aadil

Ludoteka, 26-05-2010 [Modalidade 3'+20"]

PARTIDA CENTRAL INCIDENTE

1.11-14, 23-20;

Ambos xogadores acordaron comezar a loita coa apertura Nº 25, coñecida como a “Central Incidente”.

2.06-11 ...

Invitando a 2. ... 22-18; e así traspor a xogos clásicos. Podería seguir 3.12-15, 28-23; 4.10-13, 27-22; 5.08-12, 20-16; 6.02-06 e agora se 6. ... 32-28 ou 23-20 (Partida Confusa) ou se 6. ... 21-17 (Partida Escocesa). Aínda dentro das clásicas incluso tamén é posible 3.02-06, 27-22; 4.10-13, 28-23 (Partida Alma).

A non ser que sexa por sorteo, tal como sucedeu nun dos campionatos de Portugal disputados con apertura a 3 lances, a maioría dos xogadores prefiren continuar con 2.10-13 que adoita ser contestada con 22-19 esforzándose en colocar fichas nos cadros centrais. Normalmente despois do cambio as brancas eliminan a peza recen instalada con 4.12-15, porén no xogo seguinte, no que o xogador marroquí levaba as brancas, preferiu seguir con 4.05-10 e tras 20-16; 5.01-05, 27-22; 6.06-11, 31-28; 7.02-06, 21-18; 8.12-15, 19x12; 9.08x15, 25-21; 10.13-17, 28-23; 11.10-13, 32-28; 12.05-10, 23-19; 13.04-08, 19x12; 14.08x15, 28-23; 15.10-14, 22-19; axiña se asinou o empate, [Aadil – Verissimo_D; Ludoteka, 2010].

2. ... 20-15;

Esta é a réplica axeitada, unha forte ruptura con idea de abrir buratos na posición branca. As negras non aceptan a invitación que antes comentabamos de entrar nas clásicas. Contra 2. ... 23-28; pódese continuar con 3.12-15 ou 3.10-13 (xogada favorita do campión Marion Tinsley) que concede un xogo moi cómodo.

3.12x19 ...

A liña moderna. Nos primeiros xogos disputados nesta apertura unicamente se consideraba a captura con 3.11x20, 24x15; 4.12x19, 22x15. No tratado de Kear segue 5.07-12, 27-22; 6.12x19, 22x15; 7.02-06, e tras 21-18 as negras quedan moi ben, por isto parece mellor 7.10-13, 28-23; 8.02-06. Actualmente, despois dos cambios, a continuación que ten as preferencias é 5.10-13.

3. ... 22x06; 4.02x11 ...

POSICIÓN DESPOIS DE 4.02x11 ... ;
4. ... 27-22;

• 4. ... 24-20; 5.10-13, 28-24; 6.08-12, 32-28; 7.12-15, 20-16; 8.13-18 ... [8.13-17 quizais sexa o mellor] 18. ... 28-23; 9.04-08 con xogo practicamente igualado. Mais non 9.05-10 por 9. ... 23-19 que concede gran vantaxe ás negras como nun famoso xogo entre Artur Gomes e Medalha da Silva do 10º Campionato de Portugal [Oliveira de Azemeis, 1990] publicado no semanario “Cidade de Tomar”.

• 4. ... 28-23; e agora:

► 5.14-18, 21x14; 6.10x28, 32x23; 7.08-12, 27-22; 8.05-10, 25-21; 9.12-15, 21-17; 10.11-14, 23-20; [as negras teñen unha lixeira vantaxe tras 10. ... 22-19] 11.07-11, 20-16; 12.04-07, 29-25; 13.03-06, 22-18; 14.14x21, 25x18; As brancas están nunha vantaxosa posición e con 15.10-14 obrigarían ao rival a defender finamente coa xudía 15. ... 26-22; 16.14x21, 24-20; 17.15x24, 31-28; 18.24x31, 22-18; 19.31x13, 17x03; 20.21-25, 03x12; 21.25-29, 12-03; 22.11-14, 03-10; 23.14-18, 16-12!; 24.29x08, 10-14; 25.18-22, 14-10; a dama move e 10-19 EMP. Porén nun xogo do 9º Campionato de Almada (1989) entre Eduardo Castelo e José Luis Guerra que foi amosado na Enciclopedia Damista, as brancas seguiron con 15.15-19 e perderon cun vistoso golpe que presentaremos a vindeira semana no Blog Taboleiro e Tapete”.

► 5.10-13 [o tratamento máis adecuado] 32-28; 6.08-12, 23-20; 7.12-15, 20-16; 8.13-17, 28-23; 9.05-10, 23-19; 10.14x23, 27x20; 11.01-05, 21-18; 12.10-14 con lixeira vantaxe branca.

• 4. ... 26-22; 5.10-13, 21-18; 6.14x21, 25x18; 7.05-10, 28-23; [7. ... 27-23; 8.13-17, 23-19; 9.07-12] 8.08-12, 31-28; 9.13-17, 18-13; con xogo igualado.

5.08-12 ...

Xogando con precisión. Se 5.10-13 directamente, permite 22-19 e as negras quedan ben.

5. ... 28-23; 6.10-13 ...

Agora si, xa se pode apuntar á importante casiña 18.
6. ... 21-18; 7.14x21, 26x10; 8.05x14, 22-19; 9.14-18, 31-27;

Debilita a base e expón o peón a un futuro ataque desde a casa "22". O lector debe notar que existe unha famosa variante da "Edimburgo" na que se alcanza unha posición moi similar e na que agora se continúa con 31-27, pero nese caso a pequena diferenza é decisiva pois as negras xa teñen xogado 32-28 e as brancas o peón "8" descolocado na casiña "16" sen poder intervir na loita.
En vista disto parece máis axeitado 9. ... 32-28, esperando acontecementos.

10.01-05 ...

Para centralizar o peón máis retrasado.

10. ... 19-14;

Oponse á idea branca.

11.12-15, 29-26; 12.07-12 ...

Eliminando a peza mellor colocada do rival.

12. ... 14x07; 13.04x11, 26-21;

Desafoga un pouco o xogo ao provocar o avance do peón de 11 e abrir así unha vía de acceso polo outro flanco. Tamén se podía intentar con 13. ... 23-20; 14.05-10 ... [14.18-22, 27x18; 15.12-16, 18-14; 16.16x23, 14x07; 17.03x12, 25-21; 18.09-13, 30-27!; 19.23x30, 21-17 EMP] 14. ... 20-16; 15.10-13, 16x07; 16.03x12, 27-23; 17.18-22, 26x19; 18.15x22, 23-20; EMP.

Pero non valía 13. ... 26-22; por 14.12-16, 22x13; 15.09x18, 30-26; 16.11-14 [G.B.] as negras están bloqueadas.

14.11-14, 23-20; 15.15-19, 20-15; 16.19-22, 15x08; 17.22x31, 21-17;

Digna de mención é 17. ... 32-28; con idea de se 18.18-22 cortar con 21-18 para equilibrar o xogo. Obviamente se 17. ... 08-04; con 18.18-22 cae a dama e gañan as brancas.

18.05-10, 32-28;

No caso de as negras xogaren 18. ... 24-20; as brancas obteñen gran vantaxe con 19.31-24, 20-16; 20.18-22. Agora se 20. ... 16-12; 21.24-11, 08-04; prodúcese un desenlace espectacular tras 22.10-13, 17x10; 23.22-27, 30x23; 24.11-06 con remate ao descuberto.

POSICIÓN DESPOIS DE 18. ... 32-28;
19.03-07 ...

O enxeñeiro Veríssimo atopa un interesante plan para tratar de complicar o xogo.

19. ... 28-23;

Se as negras entran xa en dama, perden: 19. ... 08-04; 20.18-22, 04x27; 21.31x22, 28-23; 22.22-08 e 09-13 [G.B.]

20.07-12, 23-20; 21.18-22, 20-16; 22.12-15, 16-12; 23.22-27! ...

De novo Veríssimo estrullando ao máximo a posición.

23. ... 30x23; 24.31-27, 23-19; 25.14x23, 08-04; 26.23-28, 12-07;

O empate chegaba de xeito máis sinxelo con 26. ... 12-08.

27.15-19, 07-03;

Aadil estase complicando. 27. ... 04-08; facilitaba as cousas.

28.27-30, 03x13; 29.09x18, 04x21; 30.19-22, 21-04;

Mellor xa era 30. ... 21-11; 31.22-26, 25-21; 32.26-29, 24-20!; 33.30x16, 21-18; 34.28-32, 18-13; para seguir con 13-09 e entrar nun final de empate teórico, no que si é verdade hai que salvar moitas trampas.

31.22-26, 17-13; 32.28-32, 13-09; 33.26-29 ...

As brancas necesitan un tempo. A base para gañar matematicamente este final precisa de ter a dama que está en “29” na casa “8”.

33. ... 04-18;

Deixa escapar a derradeira oportunidade. Aínda se podía empatar con 33. ... 24-20; 34.30x16, 25-21; 35.16-20!, 04-18! fuxindo da perigosa transversal para deseguido xogar 21-17 e entrar no famoso final de empate indicado con anterioridade. Nótese que se, en vez de 35. ... 04-18, faise directamente 35. ... 21-17; as brancas aínda gañan. O método, incluído no libro de Finais da Enciclopedia Damista, pertence a Sena e Melo: 36.20-24, 04-25; (a dama non pode quedar no aire por mor da xudía con 32-19 e 29-15) 37.32-19, 25-04; 38.29-25 [G.B.]

34.29-08, 18-04;

Agora se 34. ... 24-20; 35.30x16, 25-21; 36.08-04! [G.B.]

POSICIÓN DESPOIS DE 34. ... 18-04

As negras están perdidas.

35.32-19, 04-18; 36.08-04, 18-13; 37.30-17, 13-22; 38.19x26, 09-05; 39.29-19, 05-02;

POSICIÓN DESPOIS DE 39. ... 05-02;

Novo final. Tres damas contra dama e peóns en “25” e “24”. As brancas gañan en todos os casos.

40.17-30, 02-09; 41.30-16 ...

O tratadista José Padrino remataba coa base que se forma con 19-01 e 04-08.

41. ... 09-31;

Se 41. ... 09-13; gáñase con base similar á de Padrino: 42.04-14, 13-31; 43.19-08.

42.04-08, 31-13; 43.19-05 [1-0]

A batería con 16-20 ameaza disparar. Se 43. ... 09-05; 44.08-15, 09x20; 45.16x30 [G.B.] ou se 43. ... 13-17; 44.08-26 seguido de 05-23 co mesmo resultado. Tampouco valía 43. ... 13-03 por 44.08-12, 03-13; 45.05-10, 13x03; 46.12-07, 03x12; 47.16x07, 24-20; 46.07-11, 20-16; 47.11-07 [G.B.] nin 43. ... 13-31; por 44.05-09, 31-28; 45.16-20 e 46.08x32.

sábado, 22 de maio de 2010

Partida Heroica. Defensa da Serpe.

1.10-14, 24-20; 2.12-16, 28-24; 3.05-10 ...
Continuando co estudo da "Heroica" imos examinar nesta ocasión unha das defensas menos coñecidas.
3. ... 21-17 ;

POSICIÓN DESPOIS DE 3. ... 21-17

É esta unha desas formacións que o gran xogador e mítico comentarista Richard Fortman catalogou, en ton despectivo, como variedades de xardín. O condutor das pezas negras debe coñecer ben a teoría para non caer en posicións perigosas, pero se está ben preparado pode sacarlle moito rendemento. Esta variante, efectuando o movemento 21-17 na segunda xogada, foi moi utilizada polo escocés A.B. Scott que conseguiu unha chea de vitorias en campionatos escoceses e noutros torneos importantes. Un afeccionado que presenciou o famoso xogo ente Hanson vs. Scott do 2º Match Internacional (1927) chamoulle a "formación da serpe" e así foi como quedou bautizada esta extravagante defensa.

4.07-12 ...

O lance típico para controlar o cadro 15. Se as negras responden con 4. ... 31-28; pode seguir 5.12-15, 23-19; 6.14x23, 28x12; 7.08x15 e as brancas teñen unha posición moi superior. Igualmente se 4. ... 26-21; con 5.01-05, 22-19; [5. ... 31-28; 6.04-07, 22-18; 7.12-15] 6.09-13, 20-15; 7.11x20, 24x15; 8.05-09, 27-22; 9.13-18 as brancas tamén dominan claramente.

Así pois, chegado o xogo a esta altura é normal que as negras adoiten escoller unha destas dúas rutas: 4. ... 22-19; [Liña A] ou 4. ... 25-21; [Liña B].

A

4. ... 22-19

POSICIÓN DESPOIS DE 4. ... 22-19
A colocación deste peón en 19 non só axuda a premer sobre o flanco de río senón que apunta tamén ao outro lado do taboleiro.
É o das damas un xogo no que abundan as transposicións. O lector debe notar que esta mesma situación tamén se pode alcanzar seguindo estoutra orde de xogadas: 1.12-16, 21-17; 2.10-14, 22-19; 3.05-10, 24-20; 4.07-12, 28-24.
5.12-15 ...
Debilita esa ala pero é importante desaloxar o peón 19 da súa privilexiada posición.
5. ... 19x12; 6.08x15, 25-21;

Tentando controlar a casa "18" que tras o movemento lateral 21-17 quedou desprotexida. Tanto 6. ... 27-22 como 6. ... 26-22 son contestadas con 7.14-18 que dá bastante bo xogo ás brancas.

7.04-08 ...

Antes de atacar o flanco do dobre curruncho rival hai que resgardar o propio. Se 7.10-13, 17x10; 8.06x13, 23-19*; [Non é aconsellable 8. ... 21-18; por 9.14x21, 26x10; 10.02-06, 29-26; 11.06x13, 26-21 como nun xogo do 18º Cto de Portugal que, coa transposición anteriormente indicada, foi xogado en Porto no 1998 entre Victor Oliveira e Jorge Moreira. Seguiu con 12.01-05 que dá gran vantaxe, pero quizais sexa máis forte 12.13-17, 27-22; 13.17x26, 30x21; 14.01-05, 22-18; 15.05-10, 21-17; 16.10-14 e as brancas teñen agora moi boas opcións de vitoria] 9.14x23, 21-18; 10.13x22, 26x12 [a vantaxe agora cambiou de mans, as brancas teñen que loitar polo empate] 11.02-06, 12-08; [ou 11. ... 20-15; 12.11x20, 24x15; 13.09-13, 27x20; 14.16x23, 12-08; 15.13-18, 31-27; 16.03-07, 27x20; 17.18-22, 20-16; 18.22-27, 30x23; 19.07-12, 16x07; 20.04x27 EMP.] 12.11-14, 20-15; 13.03-07, 27x20; 14.16x23, 31-27; 15.14-18, 27x20; 16.18-22, 20-16; 17.18-27, 30x23; e empatan co tiro 18.07-12.
7. ... 27-22;
No caso de se xogar 7. ... 26-22; pode seguir 8.10-13, 17x10; 9.06x13, 22-18; 10.13x22, 27x18; 11.03-06, 29-25; 12.06-10, 21-17; 13.14x21, 25x18; 14.02-05, 17-13; 15.10x17, 18-14; 16.11x18, 20x11; 17.18-22, [Se 17.18-21, 30-26; xudía que vale o empate] 11-07; 18.22-26, 30x21; 19.17x26, 07-03 e xogamdo con coidado as negras non perden.
8.08-12 ...
A única forma de manter a vantaxe. Se 8.02-05 as negras conseguen unha formidable posición despois de 31-28.
Peor é aínda 8.03-07 xa que con 22-18 o xogo branco queda paralizado.
8. ... 31-27;
• Con 8. ... 29-25; 9.10-13, 17x10; 10.06x13, 31-27; o xogo traspón ao tronco. Pero tamén se podía continuar con 10. ... 21-18; 11.14x21, 26x10; 12.02-06, 23-19; 13.16x23, 25-21; 14.06x13, 31-27; 15.12-16, 27x20; 16.16x23, 19x12; 17.11-14, 21-17; [17. ... 22-19; 18.13-18 EMP.] 18.14-18, 17x10; 19.18x27, 12-08; 20.27-31, EMPATE. Pero non era adecuado 9.01-05, porque segue 31-27; 10.03-07, 21-18; 11.14x21, 25x18; 12.10-14, 23-19!; 13.14x21*, 19-14; 14.11x18, 20x04; e as negras gañan.
• Se 8. ... 22-19; 9.15x22, 26x19; 10.09-13, [10.11-15 só dá igualdade] 32-28; 11.13-18, 19-15; 12.12x19, 20-15; 13.11x27, 31x15; 14.18x25, 15-12; 15.06-11, 12-08; 16.11-15, 28-23; 17.15-19, 08-04; 20.19x28 e o primeiro bando leva dous peóns de vantaxe.
• 8. ... 22-18; 9.02-05, 26-22; 10.10-13, 17x10; 11.06x13, 31-27; [quizais 11. ... 23-19 sexa mellor] 12.13-17, 29-25; 13.17x26, 30x21; 14.14-19, 23x07; 15.16x30, 07-04; [Non vale 15. ... 21-17; por 16.09-13 e 30-16 G.B.] 16.30x17, 18-14; e agora tanto con 17.17-10, 14-11; 18.12-16, 11-06; 19.10-13, 22-19; 20.11x22, 06-02; 21.22-26 como con 17.12-16 as brancas teñen moitas posibilidades de obter o punto.
9.10-13, 17x10; 10.06x13, 21-18;
Se 10. ... 29-25; 11.02-06 traspón ao tronco.
11.14x21, 26x10;

POSICIÓN DESPOIS DE 11. ... 26x10
12.02-06 ...
Ben xogado. Nótese que non valía 12.02-05, porque tras 12. ... 10-06; 13.03x10, 23-19; 14.16x23, 27x20; gañan as negras.
12. ... 23-19; 13.06x13, 29-25;
Despois deste xogo preciso por ambos os dous bandos a situación está nivelada. O empate tamén se pode conseguir con 13. ... 19-14; 14.11x18, 20x11; 15.12-15, 11-07! e 32-28 etc.

14.16x23, 27x20; 15.13-17, 20-16; 16.09-13, 16x07; 17.03x12, 25-21; 18.17x26, 30x21; 19.13-17, 21-18; 20.17-21, 19-14; 21. 21-25, 14x07; 22.12-16, 18-14; 23.25-29 e EMPATE.

B

4. ... 25-21;

POSICIÓN DESPOIS DE 4. ... 25-21
Unha variante que tamén se adoita alcanzar tras 1.10-14, 24-20; 2.12-16, 21-17; 3.05-10, 25-21; 4.07-12, 28-24.
5.12-15, 22-19;

Xogada importante na loita polo control do centro. Se 5. ... 31-28; as brancas conseguen unha posición fortísima tras 6.08-12. E se 5. ... 22-18 complica moito o xogo para o negro, pois con 6.02-05, *26-22; [6. ... 27-22; 7.04-07, 31-28; 8.07-12, *29-25; 9.*03-07, *22-29; 10.15x29, 20-15; 11.11x27, 18x4; 12.27-31, 21-18; 13.31x13, 04-14; 14.10x19, 17x03; 15.16-20 G. B.] 7.*08-12 [Non 7.04-07, por 22-19 e 20-15 G.N.] *29-25; 8.*10-13, 17x10; 9.06x13, *23-19; [se 9. ... 31-28; 10.13-17 G.B. ] 10.*16x13, 19x10; 11.05x14, 27x10; 12.13-17, *20-16; 13.17x26, 30x21; 14.14-19, G.B.

6.15x22, 26x19;

Se 6. ... 27x18; 7.08-12, 26-22; 8.12-15 e as brancas controlan totalmente o taboleiro. Calquera movemento negro debilita aínda máis a súa situación. Por poñer un exemplo podería seguir 8. ... 30-26; 9.02-05, 23-19; 10.16x23, 19x12; 11.23-27 G.B.

7.09-13, 29-25;

Se 7. ... 27-22; 8.08-12, 29-25; 9.13-18, 22x13; 10.11-15, 20x11; 11.06x22, 13x06; 12.03x10, 21-18; 13.14x21, 25x18; 14.12-15, 18-13; 15.10-14 cunha posición moi forte para as brancas.

8.13-18, 17-13;

· Se 8. ... 27-22; as negras quedan moi mal pois tras: 9.18x27, 31x22; 10.08-12, 21-18; [10. ... 30-26; 11.12-15, 19x12; 12.04-08 G.B.] 11.14x21, 25x18; 12.01-05, 30-27; 13.11-15, 20x11; 14.06x15, 32-28; 15.05-09 G.B.

• Se 8. ... 30-26; 9.02-05, 26-22; [Non vale 9. ... 20-15; porque permite ao branco romper o cóbado formado polos peóns "27-23-19" e G.B.] 10. 10-13, 19x10; 11.05x14, 17x10; 12.06x13, 21-17; 13.08-12, 17x10; 14.18-21, 25x18; 15.14x21, 22-18; 16.21-26, 18-13; 17.11-14, 27-22; 18.26-30 [con idea de 12-15], 22-19; 19.04-08, 31-27; 20.30-17 con vantaxe branca.

• Se 8. ... 20-15; 9.11x20, 24x15; 10.04-07 e agora as negras están en problemas:
▬► 10. ... 27-22; 11.18x27, 31x22; 12.16-20, 23x16; 13.14x23, 22-19; 14.23-28, 32x23; 15.10-14, 19x10; 16.06x13, 17x10; 17.07-12 un tiro co que G.B.
▬► 10. ... 23-20; 11.14x23, 21x05; 12.01x10, 31-28; 13.07-12, 28x19; 14.16x23, 27x20; 15.12-16 e no “Kear” di que gañan brancas. No noso xogo pode seguir 15. ... 25-21; 16.16x23, 21-18; 17.03-07, 18-14; 18.07-12, 14x05; 19.02x09, 19-14; 20.12x19, 14-10; 21.06x13, 17x10; 22.19-22, 10-05; 23.22-27, 05-02; 24.27-31, 02-06; 25.08-12, 06-24; 26.12-16, 24-06; 27.31-24, 06-03; 28.16-20, 06-03; 29.23-27 G.B.
▬► 10. ... 31-28; 11.01-05, 17-13; 12.10x26, 19x01; 13.18-21, 25x18; 14.07-12, 30x21; 15.12x29, 23x14; 16.02-05, 01x10; 17.06x31, 14-10; 18.31x24, 10-05; 19.16-20, 05-02; 20.20-23, 02-09; 21.08-12, 09-31; 22.12-16, 21-17; 23.24-15, 17-13; 24.15-19, 13-09; 25.09-01, 31-22; 26.16-20, 22-15; 27.20-24, 15-20; 28.23-28, 32x23; 29.01x32 G.B.
9.10x26, 19x10; 10.06x13, 30x07; 11.03x12, 32-28!;

A xogada adecuada. Se 11. ... 27-22; 12.01-05, 32-28; 13.05-10, 25-21; 14.13-17, 22-19; 15.17x26, 19-15; 16.12x19, 23x05; 17.16x32, 05-01; 18.08-12, 31-28; 19.32x23, 01x32; 20.12-15, 32-10; 21.26-30, 10-32; 22.30-21, 32-10; 23.04-08 e o gancho decide, se 10-32; segue 24.02-05 e 25.21-14 G.B.

12.01-05 20-15 13.12x19 23x14 14.04-07 ...

POSICIÓN DESPOIS DE 14. 04-07
Segundo unha análise de J.Dawson que ven na Enciclopedia de Kear, o xogo gáñano as brancas; pero en Damas Clásicas pódese empatar.
14. ... 28-23

Este lance iguala o xogo. Non valía 14. ... 25-21; por 15.13-18! G.B. Tampouco era bo 14. ... 27-22; por 15.13-18, 22x13; 16.05-10, 13x06; 17.02x18, 31-27; [17. ... 28-23; 18.07-11!, 24-20; 19.18-22 G.B.] 18.07-11, 28-23; 19.11-14 G.B.
Tamén daba o empate 14. ... 27-23; 15.02-06, [15.13-18, 23-19; 16.18-22, 28-23; EMP.] 23-19; 16.06-11, 28-23; 17.11x18, 19-14; 18.18-22, 23-19; [ameaza 19. ... 24-20 e tiro] 19.07-12!, 14-11; e xogando con coidado as negras empatan.
15.02-06, 24-20; 16.06-11 ...

16.06-10, 14-11; 17.07x14, 20-15; 18.13-18, 15-11; 19.18-21, 25-18; 20.14x21, 11-06; 21.21-25, 06-03; EMP.

16. ... 20-15; 17.11x20 ...

Daba igual. Se 17.11x18, 15-12; 18.08x15, 25-21; 19.18x25, 23-19; 20.15x22, 27x02 EMP.

17. ... 23-19; 18.08-12, 19-15; 19.12x19, 27-23; 20.20x27, 31x15 e a posición é de empate.

sábado, 15 de maio de 2010

Un xogo na Ludoteka

A Ludoteka é un servizo a través de Internet que permite xogar, entre outros, ao xogo de damas.
Para isto é preciso subscribir unha conta na páxina principal e ter instalado Java para poder entrar nunha das salas de xogos.
A Ludoteka é un servizo de pago, porén permite practicar de balde unha hora ao día, sempre e cando non se superen os tres días semanais [cinco fóra de España]. Para ver partidas e para conversar cos usuarios non hai limite de tempo.
A maíor parte dos xogadores escollen un “nick” que nada ten que ver co seu propio nome. Con todo hai varios mestres que participan empregando o seu nome real, como por exemplo Veríssimo Dias [Verissimo_D] ou Nuno Vieira [NunoVieira].
Hoxe imos comentar un xogo que se disputou “on-line” empregando este apaixonante medio.

Intilejencia vs. Donemilio
Ludoteka, decembro 2008
[Modalidade: 3’ + 10”]


1.10-14, 23-19;

A mellor saída é contestada coa mellor réplica. Constitúese así a famosa “Partida do Río” caracterizada por este cambio que permite instalar unha peza na zona central despois de eliminar unha do rival sen debilitar o flanco do dobre curruncho, tal como sucede na “Diagonal Vertente” formada tras 1. ... 21-18.

2.14x23, 28x19; 3.05-10 ...

Estratexicamente falando, a zona máis importante do taboleiro é a formada polos cadros centrais: “14”,”15”, “18” e “19”. As brancas moven cara a unha desas casas. Igualmente satisfactorio é 3.09-13 apuntando tamén cara o centro. Como ten dito o xenial tratadista Richard Fortman, a escolla dunha destas xogadas é unha materia de decisión persoal.

3. ... 32-28;

Aberto o camiño, as negras intentan transportar esta peza afastada para o escenario principal.

4.01-05 ...

Coa mesma idea que a anterior xogada do rival.

4. ... 28-23;

O peón xa esta preto do centro e as pezas negras tornan máis compactas. Para intentar sorprender, hai quen se decide pola “variante toledana” 4. ... 27-23;

5.09-13, 21-18;

Moitas veces as negras tamén xogan 5. ... 21-17 impedindo a incrustación do peón branco en “17”.

6.13-17 ...

Quedando así configurada a variante que o Dr. OAL denominou de “Lateral Dereita”, debido ao desprazamento feito por este peón nese flanco do taboleiro.

6. ... 18-14;

Os primeiros xogos nos que se efectúa este lance ven a luz no ano 1684 publicados no “Libro Nuevo: Juego de Damas”. O seu autor Joseph Carlos Garcez, pensaba que era desfavorable para o bando negro. A teoría actual non comparte tal criterio e considera que esta é unha excelente forma de proseguir a loita. A pesar de todo, o Dr. OAL, autor da moderna nomenclatura das aperturas, quixo homenaxear ao tratadista aragonés e bautizouna como “Defensa de Garcez”.

7.11x18, 22x13; 8.12-15 ...

Liña inglesa recomendada na guía de Sturges (ano 1800). Superior ao ataque 8.09-13, que é contestado con 8. ... 24-20; seguido de 26-21 producindo un desbarato que minimiza as posibilidades de vitoria.

As brancas poden optar por 8.07-11, continuación avalada polo propio Garcez para despois de 8. ... 13-09 seguir co tradicional 9.10-13 ou con 9.12-15 (Liña da Rolla) moi xogada hai anos ao ser posta de moda por xogadores do círculo damista de Almada [Portugal].

8. ... 19x12; 9.08x15, 13-09;

Moi interesante é 9. ... 23-19; que tras 10.15x22, 26x19; 11.07-11 pode traspoñer á Liña da Rolla se as negras fan 11. ... 13-09. Unha posible continuación sería 12.10-13, 19-15; 13.11x20, 24x15; 14.05-10, 27-22; 15.03-07, 30-26; 16.10-14, 25-21 como na liña tronco dun estudo que axiña veremos neste blog.

Ultimamente os mellores xogadores da Ludoteka decántase pola pacífica 9. ... 23-20. Por exemplo nun xogo de decembro do 2009 entre Passatempo e Janoka_1 alcanzouse o empate tras 10.05-09, 20x11; 11.09x18, 26-22; 12.07x14, 22x13; 13.04-08, 24-20; 14.17-21, 25x11; 15.06x24, 13x06; 16.02x11, 27-23.

10.06-11 ...

Permite igualar. Mellor é ocupar unha casa central con 10.10-14, xogada coa que o branco conserva unha pequena vantaxe.

10. ... 27-22; 11.07-12, 22-18;

Era preferible 11. ... 23-19.

12.10-14, 18-13; 13.03-06, 25-21; 14.12-16, 30-27;

Agora debido ao maior control do centro as brancas están un pouco mellor.
Unha posible continuación podia ser 15.05-10, 31-28; 16.04-07, 29-25; 17.15-20, 24x15; 18.11x20, 28-24; 19.07-11, 24x15; 20.11x20, 23-19; 21.14x30, 09-05; 22.02x18,21x05; 23. 30x21, 25x18; EMP.

Ou 15.04-07, *13-10; 16.06x13, 21-18, 17.14x30, 27-22; 18.30x20, 22-19; 19.15x22, 24x06; 20.02x11, 09x02; que tamén conduce ao EMP.

15.15-19 ?? ...

XOGAN AS NEGRAS E GAÑAN

A xogada que deu a vitoria a Intilejencia, pero tamén a que o puido levar á derrota.

O xogo seguiu con:

15. ... 31-28; 16.11-15, 27-22; 17.04-07, 22-18; 18.07-11, 13-10; 19.06x22, 21-18; 20.14x30, 23x07; 21.02-06, 09x02; 22.15-20, 02x26; 23.30x04, 24x15; 24.16-20, 15-12; 25.17-21, 12-08; 26.21-25, 28-24; e aquí as negras abandonaron.

Mais examinemos de novo a posición a partir do diagrama. Como é que podían gañar as negras?

A resposta está na sorprendente.

15. ... 27-22;

Ao que seguría:

16.19x28, 13-10; 17.06x13, 22-18; 18.13x22, 26x01; 19.17x26 ...

A posición merece un novo diagrama:

XOGAN AS NEGRAS E GAÑAN

19. ... 01x32!;

Pero non 19. ... 29x22; 20.28-32, 22-19; [todas perden, se 20. ... 22-18; 21.02-05! G.B.] 21.32x10,01x07; 22.04x11, 31-27; 23.02-05, 09x02; 24.11-15, 02x20; 25.16x30 G.B.

20.26-30, 09-05!;

O detalle final.

21.02x09, 32-23!; 4.30x20, 24x06; G.N.

sábado, 8 de maio de 2010

Partida Heroica. Defensa Cruzada [2ª parte].


[1.10-14, 24-20; 2. 12-16, 28-24; 3.05-10, 22-19; 4.07-12 ...]

B
4. ... 26-22;
Ao igual que na variante "A" fortalécese o centro, pero esta xogada ten a virtude de manter a opción de ruptura con 20-15, xa que non se desocupa a casa "27".

POSICIÓN DESPOIS DE 4. ... 26-22
5.04-07 ...
Se o branco move para a casa "5" calquera dos dous peóns, as negras fanse coa iniciativa tras 5. ... 20-15. Coa xogada do tronco esa réplica esta vedada, xa que despois de 6.11x20, 24x15; 7.07-11 as brancas gañan material.
Outra posibilidade sería 5.12-15, 19x12; 6.08x15, 21-18; [6. ... 31-28; 7.04-07] 7.14x21, 25x18; 8.10-14, 25x21; 9.14x21, 26x17; 10.04-07, 31-28; que ven sendo o mesmo que a liña do tronco pero seguindo unha orde diferente de xogadas.
5. ... 21-18;
Non é aconsellable 5. ... 22-18, por 6.10-13 que concede unha gran vantaxe ao branco.
Tampouco é boa 5. ... 30-26; por 6.09-13, 22-18; 7.13x22, 27x18; 8.12-15, 19x12; 9.08x15, 26-22; 10 14-19, 23x05; 11.16x23, 31-28; 12.01x10, 28x12; 13.07x16, 29-26; 14.10-20! e ás negras non lle queda outra que loitar de forma desesperada polo empate.
Por contra, podería xogarse 5. ... 29-26; 6.02-05, 31-28; 7.12-15, 19x12; 8.08x15, 21-18; 9.14x21, 26x17*; 10.07-12, 23-19; 11.16x23, 27x20; 12.10-14, 19x10; 13.05x14, 20-16; (R.Ward vs. D.Mckelvie, citado na Enciclopedia de Kear) aínda que agora con 14.14-18 as brancas conservan unha pequena vantaxe. Non valería 14.01-05 que xogou Ward, porque a pesar de que gaña no xogo anglo-americano, en Damas Clásicas perde debido ao envío a dama.
Tamén se pode optar por 5. ... 31-28; 6.12-15, 19x12; 7.08x15, 21-18; 8.14x21, 25x18; 9.10-14 ... [9.02-05 é moi interesante] 9. ... 29-25; [9. ... 29-26; traspón ao tronco] 10.14x21, 25x18; 11.07-12! ... [A superioridade pasa ao bando negro se agora se continúa con 11.06-10, 23-19; 12.16x23, 19x12; 13.07x16, 28x19; 14.10-14, 19x10; 15.02-05, 18-13; 16.09x18, 22x13; 17.05x14, 13x10; 18.14-18, 27-22; 19.18x27, 30x23; e tras pasar por delicada posición, finalmente as brancas conseguiron o empate nun xogo Medalha da Silva vs. José Luís Guerra; 27º Cto. Portugal, 2007] 11. ... 18-14; 12.11x18, 22x13; 13.09x18, 20x11; 14.06x15, 23-20; 15.16x23, 27x11; 16.12-16, 28-23; 17.01-05, 24-20; 18.18-21, 20-15; 19.21-25, 15-12; 20.25-29 cunha apreciable vantaxe que obriga ao negro a loitar polo empate.
6.14x21, 25x18 7.12-15! ...
Boa xogada, había que impedir 20-15.
7. ... 19x12; 8.08x15 ...
O lector debe notar que a esta posición tamén se chega pola liña 3. ... 21-18. Seguiría 4.14x21, 25x18; 5.07-12, 22-19; 6.12-15, 19x12; 7.08x15, 26-22; 8.04-7 e así temos todas as pezas colocadas en sitios idénticos.
8. ... 29-26;
Se agora as negras continúan con 8. ... 31-28; o xogo traspón ao disputado entre Medalha e José L. Guerra no 27º Cto de Portugal xa mencionado nos comentarios da quinta xogada.

• Non valía 8. ... 30-26 por 9.15-19 e G.B. porque as negras están obrigadas a comer a maioría.
• Igualmente se 8. .... 22-19; 9.15x22, 20-15; 10.11x20, 24x15; 11.09-13, 18x09; 12.07-11, (un “gañan brancas” de Alfred Jordan incluído na célebre Enciclopedia de Kear) podería seguir 27x18; 13.11x27, 30x23; 14.06-11, 23-19; (a 14. ... 31-27; contéstase con 15.01-05 ou 11-15 e G.B.) 15.16-20(!!), 32-28; 16.20-23, 19-15; 17.23x32, 15x06; 18.02x11, 09-05; 19.32-19, 05-02; 20.19-15, 29-26; 21.15x29, 02x24; 22.29-25 e tamén G.B.
• 8. ... 29-25; 9.10-14(!), 23-19; 10.14x21, 19x12; 11.16x23, 25x18; 12.07x16, 27x20; 13.16x23, 31-28; 14.23-27, 30x23; 15.06-10 (para impedir 19-15) 23-19; 16.10-14, 19x10; 17.02x05, 10-06; 18.03x10, variante na que a vantaxe branca non chega para gañar.
• 8. ... 23-19; 9.16x23, 19x12; 10.07x16, 27x20; 11.16x23, 31-27; 12.10-14, 27x20; 13.14x21, 20-15; 14.11x20, 24x15; 15.06-11, 15x06; 16.02x11, 19-25; 17.21-26, 30x21; 18.11-15, 32-28 e as brancas tampouco conseguen a vitoria.
9.10-14 ....
Había que ter coidado co cóbado, pois se 9.01-05 con 26-21 G.N.
Outra posible continuación é 9.09-13, 18x09; 10.10-14, 31-28; 11.01-05, 22-18; 12.14x21, 26x17; 13.07-12, 27-22; 14.05-10, chegándose a unha posición na que semella que as brancas teñen vantaxe. Con todo o xogo empátase despois de 17-13 e 22-18.
9. .... 31-28;
Un lance co que as negras igualan de xeito máis doado que con 9. ... 23-19; 10.16x23, 19x12; 11.07x16, 27x20; 12.14x21, 26x17; 13.16x23, 31-27; recomendado polo estudoso John Alexander, coautor da Enciclopedia de Kear. Agora pódese intentar seguir con 14.11-14 pero aínda que as brancas teñen vantaxe, quizais sexa posible o empate.
10.14x21, 26x17; 11.09-13, 17x10; 12.06x13, 23-19; 13.16x23, 19x12; 14.07x16, 28x19; 15.01-05, 19-15; 16.11x20, 24x15;

POSICIÓN DESPOPIS DE 16. ... 24x15

17.13-18 e despois do tiro que se produce con 18.05-10 seguido de 19.02x20 o xogo queda totalmente equilibrado.

sábado, 1 de maio de 2010

Partida Heroica. Defensa Cruzada [1ª parte].

1.10-14, 24-20; 2.12-16, 28-24; 3.05-10 ...
Como sabe o amigo lector, estas son as xogadas que constitúen o inicio do estudo que estamos a facer da Partida Heroica.
3. ... 22-19;

Hoxe tócalle a quenda á Defensa Cruzada, unha interesante continuación que ocupa o centro e apuntala á casa estratéxica 15. O nome venlle, ao igual que na Partida Cruzada (1.10-14, 22-19), porque na última xogada negra moveuse en sentido cruzado con respecto á peza central branca de 14.

POSICIÓN DESPOIS DE 3. ... 22-19

4.07-12 ...

Impide 4. ... 20-15; porque tralo cambio xógase 10-13, 12x28 e 13-17 gañando un peón.
Se 4.09-13, 20-15; 5. 11x20, 24x15; 6.07-11, 26-22; e 21-18 as brancas perden a vantaxe.
En vista disto pódese intentar como posible alternativa 4.01-05 contra a que e malo efectuar o típico corte en 15 e se o negro intenta 4. ... 26-22, Lavizzari recomenda 5.14-18 que concede unha forte iniciativa tal como se demostrou nun xogo entre Victor Oliveira e Adil Belyamani do match Portugal-Marrocos (2007). Tampouco é recomendable 4. ... 21-18; por 5.14x21, 25x18; 6.10-13 que segundo Fernando Martins tamén da vantaxe as brancas e coa que Veríssimo Dias derrotou a Joaquim Silva no 18º Cto. de Portugal, 1998.
O lance do tronco pode ser respondido con 4. ... 21-18; traspoñendo así á liña americana. Igualmente se 4. ... 21-17; o xogo pasa á variante da "serpe" (Defensa 3. ... 21-17 que examinaremos proximamente). Con todo, na práctica as negras case sempre adoitan escoller unha destas dúas alternativas: 4. ... 27-22 (Liña A) ou 4. ... 26-22 (liña B).
A
4. ... 27-22;

Curiosamente a única variante que se menciona na Enciclopedia Damista. A liña B será estudada a vindeira semana.
POSICIÓN DESPOIS DE 4. ... 27-22
5.02-05 ...
Con idea de se 5. ... 21-18; 6.14x21, 25x18; (6. ... 26x17; 7.04-07 con vantaxe) 7.10-14, 19x10; 8.05x21, 26x17; 9.01-05, 29-26; 10.05-10, 31-27; 11.11-14 que deixa ás brancas nunha situación formidable.
Tanto 5.01-05, 21-18; como 5.12-15, 19x12; 6.08x15, 22-18 levan á igualdade.
5. ... 22-18;
Se 5. ... 21-17; 6.14-18, 22x13; 7.09x18, 20-15; 8.11x27, 31x13; 9.06-11, (gaña non xogo anglosaxón, pero en clásicas hay empate. Enciclopedia de Kear.) 13x06; 10.03x10, 17-13; 11.10x17, 19-14; 12.11x18, 26-21; 13.17x26, 29x13; 14.12-15, 25-21; 15.15-19 EMP.

Por variar tamén se pode seguir 9.05-09, 26-21; 10.09x18, 21x05; 11.01x10, 25-21; 12.12-15, 19x12; 13.08x15, 21-18; 14.04-08, 29-26; 15.08-12, 26-22; 16.06-11, 18-13; e tamén se empata.
Malo é 5. ... 32-28; por 6.12-15, 19x12; 7.08x15, 22-19; 8.15x22, 26x19; 9.10-13 G.B.
As brancas alcanzan gran vantaxe tras 5. ... 31-27; 6.12-15, 19x12; 7.08x15, 21-18; 8.14x21, 25x18; 9.10-14, 18-13; 10.09x18, 22x13; 11.05-09 etc.
5. ... 31-28, contéstase con 6.04-07, 22-18; 7.12-15, 19x12; 8.08x15, que obriga a xogar con precisión 8. ... *26-22; 9.07-12, *29-26; 10.10-13, 21-17; para empate.

6.10-13, 19x10; 7.13x22, 26x19; 8.05x14, 19x10; 9.06x13, 21-17;

• Se 9. ... 31-27; 10.04-07, 29-26; 11.11-14, 26-22; 12.13-18, 22x13; 13.09x18 23-19; 14.14x23, 21x14; 15.03-06, 27-22; 16.06-10, 14x05; 17.01x10, 22-19; 18.07-11, 20-15; 19.11x20, 24x15; 20.23-28, e 10-14 para empate.
• 9. ... 29-26; 10.04-07, 21-17; 11.13-18, 26-22; 12.18x27, 31x22; 13.11-14, 22-19; 14.14-18, e agora se:
▬► 14. ... 30-27; 15.03-06, 17-13; 16.07-11, 19-14; 17.12-15, 14x07; 18.15-19 EMP
▬► 14. ... 30-26; 15.03-06, 17-13; 16.01-05, 19-14; 17.18-22, 26x19; 18.09x18, 20-15; 19.16-20, 23x16; 20.18-22, 32-28; 21.22-27, 28-23; 22.05-09, 25-21; 23.27-31, 14-11; 24.07x14 EMP.
10.13-18 ...

POSICIÓN DESPOIS DE 10.13-18
10. ... *17-13;

Esta é a única continuación que salva o xogo como ben se indica na Enciclopedia do Dr. Sena Carneiro.

• Se 10. ... 30-26; debe perder coa seguinte continuacuón: 11.12-15, 26-22; 12.18x27, 31x22; 13.01-05, 25-21; 14.05-10, 21-18; 15.08-12, 29-25; 16.04-08, 32-28; 17.03-07, 25-21; 18.10-14, 22-19; 19.15x22, 20-15; 20.11x27, 18x04; 21.27-31, 28-23; 22.31-28, 04-18; 23.28x10, 18x31; 24.10-14, 31-18; 25.14-04, 17-13; 26.04-07, 18-04; 27.09x25, 04x14; 28.12-15, 14-23; 29.25-29 e G.B.
• 10. ... 31-27; 11.04-07, 29-26; 12.11-14 ...
Menos precisa é 12.01-05, 26-21; 13.11-14, (Empata 13.03-06) 23-19; 14.14x23, 21x14; 15.03-06, 27-22; 16.06-11, 14-10; 17.05x14, 22-18; 18.14x21, 25x18 G.N. [Un precioso xogo entre J. Alexander e F. Smith publicado na Enciclopedia de Kear.]
12. ... 23-19; (Se 12. ... 17-13; 13.07-11, 26-22; 14.12-15 G.B. ou se 12. ... 26-21; 13.03-06, 23-19 sería unha simple trasposición) 13.14x23, 26-21; 14.03-06, 21x14; 15.06-10, 14x05; 16.01x10, 25-21; 17.07-11, 27-22; 18.12-15, 22-18; 19.08-12, 18-14; 20.11x25, 20x11; 21.25x29, 11-06; 22.29-12, 06-02; 23.19-14, 24-20; 24.10-13, 17x10; 25.14x05, 02x06; 26.05-02, 06-17; 27.02x24 G.B.

11.03-06! ...
A citada publicación portuguesa fai notar que non vale 11.01-05 por 23-19; seguido de 13-10 G.N.

11. .... 31-27;

Non convén 11. ... 29-26; por 12.04-07 ... (A análise dos mestres Sena e Bravo na Enciclopedia Damista segue con 12.11-14 que conduce axiña ao empate) 31-27; 13.01-05, 26-22; 14.05-10, 22-19; 15.10x17, 19-14; 16.18-22, 27x18; 17.17-21, 32-28; 18.12-15 con vantaxe decisiva para o branco.
12.04-07, 23-19; 13.16x13, 27x20; 14.01-05, 29-26; 15.05-10, 32-28; 16.10x17, 28-23; 17.12-16, 30-27; 18.07-12, 19-14; 19.12-15, 14x07; 20.15-19, 23x14; 21.16x30, 07-03; 22.30x21, 03x27; 23.21x11, 27-18; 24.11x21, 25x18;
E o xogo queda empatado.