venres, 18 de febreiro de 2022

«Saque de Peón». Limitación no número de lances.

No final coñecido por «Saque de Peón», como se deduce da denominación aplicada, o bando forte para poder impoñer a súa superioridade debe primeiro sacar o peón e seguidamente conseguir a súa promoción convertendo así a situación nun novo final de 3 damas vs. dama e peón. No seguinte diagrama podemos ver unha das posicións máis sinxelas que se poden presentar.


Contra a defensa máis resistente, as brancas logran levar o peón a dama en 9 lances. Tan só resulta efectivo deter o seu avance dúas veces, unha antes de chegar á cuarta fila e outra xusto despois de que se instale nas casas «19», «23» «24» ou «25».
 
Tendo en conta pois que, no seu intento por frear o avance do peón, as negras deben evitar caer nunha das falsas defensas que se poden ver no seguinte diagrama:

 
Un posíbel desenvolvemento podería ser:
 
1.02-06, 16-27;


Se 1. ... 16-20; seguiría 2.28-24, 20x02; 3.03-06, 02x11; 4.24x02, [GB].
 
2.06-11, 27-22;


Evidentemente 2. ... 27-20; sería replicado coa mesma manobra táctica do comentario anterior.
 
3.28-01, 22-08; 4.11-14, 08-15; 5.14-18, 15-08;


Manténdose na transversal para despois poder taponar na casa «29» retrasando un lance a promoción. Pero, aínda que semelle contraditorio, sería máis resistente 5. ... 15-11; como explicaremos máis adiante.
 
6.18-21, 08-15; 7.21-25, 15-29; 8.01-14, 29-15;


A máis resistente.
 
9.25-29 ...
 
E o peón coroa nos 9 lances.
 
Podería seguir 9. ... 15-02; 10.29-19, 02-20; 11.14-18, 20-02; 12.03-17, formando a tradicional «Recta de Morte» que recomendan os tratados e da que falaremos máis adiante, pois existen moitos casos nos que non gaña do modo máis rigoroso. Alcanzado ese punto, para non perder a dama e poder prolongar a loita, é necesario entregar o peón e entrar na «Forzosa». Se 12. ... 02-20; [Contra 12. ... 02-24; segue 13.19-28, 24x13; con idéntico desenlace] 13.19-23, 20x13; 14.17x10, 09-05; 15.10x01, [GB].
 
 

Pero na maioría dos casos a tarefa non se presenta tan doada como no exemplo que acabamos de ver. Habitualmente débese proceder con gran coidado e para poder realizar a saída e posterior coroación do peón é necesario preparar o camiño efectuando unha serie de precisos lances coas damas.
 
Para evitar interminábeis manobras, ben para facer perder tempo ou para tratar de confundir ao contrario, ou ben por descoñecemento técnico, o «Saque» como todos os finais, excepto o da «Forzosa», está rexido pola «Norma dos 20 lances», na que se pode reclamar o empate se ambos os dous xogadores efectúan 20 lances consecutivos sen mover peóns ou realizar capturas.
  
Con todo, o lector pode ver en publicacións orientadas polo Dr. Sena Carneiro como son a revista «Enciclopédia Damista» [Edición propia, 1955-2005] ou o libro «Iniciaçao ao Jogo das Damas» [Editorial Presença, 1978], ou mesmo no «Tratado Hipermoderno del Juego de Damas» de José Luis González Sanz [Edición propia impresa en Gráficas Serotel, 2001], unha regra diferente que, acertadamente, hoxe non está en vigor.


Trátase dunha disposición que durante algúns anos aplicaron os portugueses a cal dicía «No final denominado “saque de peón”, o xogador que posúa as dúas damas ten que facer a promoción do peón, gañar o xogo ou eliminar o peón contrario nun máximo de 32 lances».
 
No primeiro regulamento coñecido que foi promulgado pola «Academia Nacional de Damas» e publicado na revista «Estratégia Damista» [Edición de Julio Oliveira e Fernando Martins] de setembro de 1945, nada refería sobre a devandita norma, pero esta pasou a ser aplicada a raíz da presentación didáctica que o Dr. Orlando Augusto Lopes fixo do «saque» no número de xuño de 1957 da «Enciclopédia Damista», que remata dicindo «podemos pois comunicar a seguinte lei: No saque é obrigatoria a coroación do peón até o 32º lance. Caso non se consiga, o jogo é considerado empatado». Despois disto, esta regra xa aparece na lexislación da sección de damas do «Clube Fenianos Portuenses» e sería tamén adoitada pola «Comisión Organizadora da Federación Portuguesa de Damas» para aplicar nun frustrado 2º Campionato de Portugal oficioso que se ía celebrar no ano 1958. A devandita lei dos 32 lances continúa en vigor no «Tratado da Enciclopédia Damista», no xa mencionado libro «Iniciaçāo ao Jogo das Damas» do Dr. Sena Carneiro e nos regulamentos da Federación desde a súa creación no ano 1980 ata 1992. Foi na «Asemblea Xeral da Federación Portuguesa de Damas» en sesión celebrada o 4 de xaneiro do ano 1993 que se elimina ese precepto e o «saque» pasa a rexerse pola «Lei dos 20 lances».
 
Para os casos máis complicados, na sección de damas da «Gazeta do Sul» do 2 de novembro do ano 1958, David Fernando Martins establece un mínimo técnico para coroar o peón de 27 lances [Por lapsus escribiu 26, pero realmente ao examinar o seu método podemos comprobar que a cantidade sería de 27]. Aínda así o final pode empezar nunha posición diferente á da escollida polo mestre lisboeta [Damas en «10» e «17»] por iso con posterioridade puido comprobarse que existen posicións iniciais que precisan de 4 lances para formar esa base e casos excepcionais que ata precisan de 5. Por este motivo nos anos que, tentando darlle rigor, estivo vixente a norma especifica referida ao «saque», estableceuse o número de 32 lances para promocionar o peón [27 empregados no método de Fernando Martíns (O mellor considerado naquel tempo), aos que había que sumar 5 máis para formar a base]. Para tratar de xustificar a razón da tal norma na «Enciclopédia Damista» apareceu o seguinte exemplo de posición que máis obstaculiza o «saque».
 

Con idea de construír a base inicial empregada no citado método [Damas en «10» e «17»] manobra do seguinte modo:
 


1.23-14, 13-03;

 
Se 1. ... 13-17; 2.31-27, 17-30; 3.27-13, 30-17; 4.14-10, 17-30; 5.13-17, 30-20; entroncando.
 
2.31-27, 03-13; 3.27-30, 13-03; 4.30-17, 03-16; 5.14-10 ...


Alcanzando o pretendido obxectivo.
 
5. ... 16-20;


Agora, despois de efectuado este lance, queda configurada a Hipótese denominada DAMA NEGRA NA CASA «20», que segundo Fernando Martins precisaba de 27 lances máis.
 
 
Así visto, todo semella moi coherente. Pero, como imos demostrar deseguido, nin a posición proposta é a máis dificultosa posíbel, nin a resolución técnica resulta rigorosa, nin ─aínda corrixindo a técnica─ a regra alcanzaría o obxectivo pretendido. 
 


Máis adiante mostraremos a posición máis dificultosa que coñecemos na que si son precisos 32 lances. Na tradicional, pódese conseguir en menos, pois se temos en conta a renovación que en capítulos anteriores fixemos do método de Fernando Martins [Reducindo 1 lance no proceso] xa serían 31; pero se ademais en vez de usar un método concreto, aplicamos transposicións para entrar en posicións das «Bases Intermedias» ou mesmo doutros métodos distintos ata resulta posíbel abreviar máis o proceso. Así aplicando esta técnica o peón podería coroar en 30 lances como se pode apreciar na seguinte análise:
 
1.23-19 ...


Non imos agora facer unha exposición de todas as posibilidades, pero as brancas poderían alcanzar igualmente o seu obxectivo comezando con 1.31-28, con 1.31-24 ou movendo a dama de «23» a calquera casa do río agás «5» ou «10».
 
Na exposición da resolución orixinal con 1.23-14, 13-03; 2.31-27, a mellor defensa sería con 2. ... 03-16; [Nese caso as brancas seguirían con 3.14-23, entroncando en posicións que o lector pode ver no estudo do 1º método da Cap. Evaristo Borges]. Contra a continuación empregada 2. ... 03-13; tampouco se fai o mellor lance das brancas que sería 3.27-23, entroncando nunha posición que estudaremos máis adiante [Ver NOVA POSICIÓN QUE REQUIRE MÁIS LANCES na «variante b» con 2. ... 06-17; opción 4. ... 03-17; e desvío 5. ... 17-13].
 
1. ... 13-03;


De similar resistencia sería 1. ... 13-17; se despois de 2.31-27, as negras entroncan seguindo como na «variante a». Outras aguantarían menos. Vexamos:
 
a) 2. ... 17-13; [Conflúe na liña do tronco].
 
b) 2. ... 17-21; 3.27-30, con estas opcións:
 
u 3. ... 21-11; 4.19-01 ... [Alcanzando unha posición que aparece xusto despois de 2.10-01, na variante de desvío con 1. ... 15-11; no suposto con DAMA NEGRA EN «15» do método renovado de Fernando Martins].
 
u 3. ... 21-17; 4.19-28 ... [Vai confluír nunha posición da «BASE 2» que aparece xusto despois do terceiro lance branco 3.21-30]
 
u 3. ... 21-07; 4.02-06, 07-03; 5.06-11, 03-07; 6.11-15, 07-12; 7.30-16, 12-08; 8.16-12, e o peón pasa sen problemas.
 
u 3. ... 21-18; 4.02-06, 18-31; 5.*30-21, 31-24; 6.21-11, 24-31; 7.11-24, 31-18; [Se 7. ... 31-13; 8.19-05, 09x02; 9.06-11, 02x15; 10.24x17, GB. Ou se 7. ... 31-27; 8.06-11, 27-16; 9.11-15, 16-30; 10.24-31, 30-16; 11.19-01, e o peón vai a dama sen problemas] 8.19-01, 18-21; [Segue sen valer o ataque 8. ... 18-13; polo  golpe con 9.*01-05, 09x02; 10.06-11, 02x15; 11.24x17, GB.] 9.24-28, 21-07; 10.28-19, 07-18; 11.19-29, 18-25; e fórmase a «Posición de Expulsión».
 
u 3. ... 21-04; 4.19-01! ... [Non vale directamente 4.02-06, por 4. ... 04-08; conseguindo o empate pois as brancas non poden impedir o ataque ao seu peón desde a casa «15» sen perder o dominio do río] 4. ... 04-08; [Se frean o arranque con 4. ... 04-11; fórmase unha posición que se pode estudar no suposto con DAMA NEGRA NA CASA «11»  do método renovado de Fernando Martins] 5.30-21, e o peón arranca. Podería seguir 5. ... 08-22; 6.02-06, 22-15; 7.21-11 ... [Formando a ENCRUCILLADA].
 
u 3. ... 21-25; 4.19-01! ... [Con proceso similar ao visto na opción inmediatamente anterior].
 
c) 2. ... 17-30; 3.27-16, 30-17; [Se 3. ... 30-21; 4.02-06, e deseguido as brancas expulsan a dama para pasar o peón con comodidade] 4.19-14, 17-26; [Única para impedir a troca de damas. Se 4. ... 17-13; 5.16-03, e troca ao seguinte lance] 5.14-28, 26-22; [Se 5. ... 26-15; 6.16-07, formando a «BASE 1». Ou se 5. ... 26-17; 6.16-03, e o peón arranca, realízase a «Fase de Expulsión» e coroa en menos lances] 6.16-07 ... [Formando a «BASE 2»].
 
d) 2. ... 17-03; 3.27-30, 03-13; [A máis resistente. Se 3. ... 03-17; 4.19-28!, Conflúe de novo nunha posición da «BASE 2» que aparece xusto despois do terceiro lance branco 3.21-30. Ou se 3. ... 03-07; conflúe na liña da anterior «variante b» na que as negras desvían do tronco con 2. ... 17-21; e despois escollen a opción 3. ... 21-07] 4.19-23, e segundo á casa que escolla a dama negra séguese como no suposto correspondente do 1º método do Cap. Evaristo Borges.
 
2.31-27, 03-13;


As outras posíbeis variantes perden no mesmo número de lances. Vexamos:
 
a) 2. ... 03-07; 3.27-30, 07-03; [Traspón na liña do tronco. Se en vez da textual a dama fose a «4», «11», «18», ou «25», confluiría en liñas xa vistas no desvío do tronco con 1. ... 13-17; na variante con 2. ... 17-21; e a correspondente opción ao terceiro lance negro].
 
b) 2. ... 03-16; 3.19-23, seguido de 4.27-30 ... [Confluíndo no suposto correspondente do 1º Método do Cap. Evaristo Borges].
 
c) 2. ... 03-17; 3.27-30, 17-03; [Confluíndo na liña do tronco. Se no seu lugar as negras moven 3. ... 17-13; segue 4.19-23!, traspoñendo de novo no suposto correspondente do 1º Método do Cap. Evaristo Borges].
 
3.27-30, 13-03;


A que máis resiste. Outras posibilidades son:
 
a) 3. ... 13-17; 4.19-28 ... [Como na «BASE 2» despois do terceiro lance branco].
 
b) 3. ... 13-18; [Traspón na liña do desvío con 1. ... 13-17; na súa «variante b» con 2. ... 17-21 e opción 3. ... 21-18].
 
c) 3. ... 13-31; 4.30-21!, 31-13; [Ou 4. ... 31-27; 5.02-06, 27-30; 6.21-25!, 30-20; 7.25-11, 20-16; 8.11-24, 16-07; 9.24-28!, 07-18; (Se 9. ... 07-16; 10.19-08, e o peón pasa. En cambio sería falso 10.06-11, por 10. ... *09-05; 11.19x01, 16-20; 12.11-14, 20-11; 13.14-19, 11-15; 14.19-23, 15-20; EMP.) 10.19-01, 18-07; 11.28-19, 07-18; 12.19-08, 18-04; formando a «Posición de Expulsión»] 5.19-28 ... [Traspón nunha posición da «BASE 2» xusto despois do segundo lance branco].
 
4.19-14 ...


Formando a «BASE 4». Contando os 4 lances gastados máis os 26 que se precisan nesta base, o peón coroaría en 30 lances.
 
O lector debe notar que a textual é a continuación máis precisa. Se 4.30-17, 03-16; poderíase entrar nos métodos tradicionais, pero así gastaríase 1 lance máis. Nesta altura con:
 
a) 5.19-10, formaríase a posición inicial do método de Fernando Martins [No que aínda usando o sistema renovado precisaría 31 lances (32 seguindo o antigo modelo proposto polo autor)]
 
b) 5.19-28, formaríase a posición inicial do 2º método do Cap. Evaristo Borges [Que segundo o sistema orixinal precisaría 33 lances (Motivo polo que este método chegou a ser considerado erróneo na «Enciclopédia Damista»). Agora ben, se usásemos o sistema renovado precisaría de 31].
 
Despois deste descubrimento que fixemos na resolución da posición obstaculizante tradicional tratamos de atopar outras posicións que dificultasen ao máximo o proceso e finalmente chegamos á conclusión de que 30 sería o mínimo técnico para promocionar o peón no caso máis difícil. Non obstante, nese estudo posterior conseguimos albiscar algúns exemplos que necesitan 31 ou ata incluso 32 lances para promocionar o peón, pero son posicións «axudadas» que non se poden ter en conta para establecer o mínimo técnico xa que para chegar a formarse na práctica é necesario que ambos bandos xoguen disparatadamente mal e fóra de toda lóxica.
 
No seguinte ilustración pódese ver o primeiro dos dous casos atopados que precisan 32 lances. O outro sería se a dama branca de «7» estivese na casa «21» e a negra en «17».
 
 
En cambio, se a dama da casa «7» estivese na «18» e a negra na «13», entón xa precisaría 31 lances porque se podería aforrar un tempo xogando 1.18-31, sen temor ao sacrificio na casa «6». Pero, repetimos, son casos que aínda que teñen xustificación a nivel de problemismo, dificilmente se poden ver no xogo real porque calquera damista dotado dunha mínima destreza nunca vai permitir que cheguen a formarse.
 
Feitos os esclarecementos oportunos, pasamos a expoñer a solución do final representado no anterior diagrama.   
 
1.*07-11 …


Obrigado para desfacer a ameaza de entrega de dama na casa «6» seguido da captura 2. ... 09x02; [EMP].
 
1. … 03-06;


Así fórzase ás brancas a perder outro tempo.
 
2.11-24, 06-03;


Outras posibilidades poden ser:
 
a) 2. ... 06-13; 3.02-06 ... [Golpe] 3. ... 09x02; 4.06-11, 02x15; 5.24x17, [GB].
 
b) 2. ... 06-17; 3.05-19, 17-03; [Se 3. ... 17-21; ou 3. ... 17-13; de novo prodúcese golpe con 4.02-05 combinado con 5.19-15; GB. Ou se 3. ... 17-30; o peón arranca con 4.02-06, e tras o corte de paso 4. ... 30-21; segue 5.19-01, 21-07; 6.24-31, 07-04; 7.31-22, 04-07; 8.22-08, 07-04; alcanzando a «Fase de Expulsión»] 4.24-20, con estas opcións:
 
u 4. ... 03-07; 5.20-16, 07-03; 6.19-23 ... [Formando una posición do noso método que aparece no suposto: Dama Negra en «3» xusto despois de efectuado o primeiro lance].
 
u 4. ... 03-16; 5.20-30, 16-03; [Se 5. ... 16-07; 6.02-06, 07-18; 7.19-01, 18-04; 8.30-26, 04-07; 9.26-08, 07-04; entrando na «Fase de Expulsión»] 6.19-14 ... [Base 4].
 
u 4. ... 03-13; 5.19-14, 13-03; [Se 5. ... 13-31; 6.20-24, 31-22; 7.02-06, e o peón coroa comodamente. Se 5. ... 13-17; 6.20-16, 17-26; 7.14-28, 26-22; 8.16-07, formando a «Base 2». Se 5. ... 13-22; 6.20-24, e o peón sae] 6.20-30 ... [Base 4].
 
u 4. ... 03-17; 5.20-23, 17-03; [Se 5. ... 17-30; 6.23-16, 30-17; (Ou 6. ... 30-21; 7.02-06, 21-17; 8.*16-03, 17-21; 9.19-01, 21-18; 10.03-12, 18-21; 11.12-08, 21-04; formando a «Posición de Expulsión») 7.19-14, 17-26; (Entronca nunha posición da «BASE 4» que se forma despois do lance de desvío do tronco con 2. ... 12-26). Se 5. ... 17-21; 6.23-30, 21-11; (Ou se 6. ... 21-17; 7.19-28, entrando nunha posición da »BASE 2» que aparece tras o terceiro lance branco) 7.19-01, como nos métodos renovados de Martins e Borges nos que tras 7. ... 11-15; 8.30-21, fórmase a «Posición de Arranque». Finalmente se 5. ... 17-13; 6.19-14, 13-17; (Se 13. … 13-22; ou 13. … 13-31; ou 13. ... 13-03: segue nos tres casos 7.14-21, formándose posicións que aparecen nas hipóteses correspondentes do 1º método do Cap. Evaristo Borges, xusto despois do primeiro lance branco) 7.23-16, 17-26; (Entronca de novo nunha posición da «BASE 4» que se forma despois do lance de desvío do tronco con 2. ... 12-26)] 6.23-30, 03-13; [Se 6. ... 03-17; 7.19-28 ... (Entronca nunha posición da «BASE 2» que se forma xusto despois do terceiro lance branco). Ou se 6. ... 03-07; avanza o peón 7.02-06 ... (Con posición idéntica á que vimos na anterior opción 4. ... 03-16; na liña de desvío incluída ao quinto lance negro)] 7.19-23 … [E segundo a casa pra que vaian as negras entronca na hipótese correspondente do 1º método do Cap. Evaristo Borges].
 
3.05-14 …


3. … 03-17;


Se 3. … 03-13; unha vez máis as negras perden co golpe. 4.02-05, 09x02; 5.14-11, 02x15; 6.24x17, [GB].
 
Se no seu lugar as negras xogan 3. ... 03-12; ou 3. ... 03-16; o peón arranca e promociona sen demasiados problemas.
 
4.24-28, 17-03;


Aquí as negras poderían tamén optar por:
 
a) 4. … 17-13; 5.14-21 ... [Conflúe na «BASE 2» despois do segundo lance branco].
 
b) 4. … 17-30; 5.14-10, 30-16; [Se 5. … 30-27; permite abreviar con 6.28-24, 27-18; (Aínda que é posición de empate sen lei de calidade)] 6.10-17 ... [Traspoñendo na liña do tronco].
 
c) 4. … 17-26; 5.14-07, 26-22; 6.02-06, 22-31; 7.28-01, 31-13; 8.07-03, 13-18; 9.03-12, 18-21; 10.12-08, 21-04; [Formando a Posición de Expulsión].
 
5.14-21, 03-16;

 
Se no seu lugar elixen:
 
a) 5. … 03-12; 6.28-10, 12-15; 7.10-01 … [Alcánzase a «Posición de Arranque»].
 
b) 5. … 03-13; 6.21-17 … [Traspón na «BASE 2» despois do cuarto lance branco].
 
c) 5. ... 03-17; [Conflúe nunha posición da «BASE 2» formada inmediatamente despois do segundo lance negro].
 
6.21-17, 16-20;


Entroncando na posición da hipótese con DAMA NEGRA EN «20» do 2º método renovado do Cap. Evaristo Borges.
 
O peón promociona en 32 lances [6+26].

 

Deixando aparte a «Forzosa» que constitúe un símbolo histórico, António Ruaz Ramos [No seu tempo membro destacado do Consello Técnico da Federación Portuguesa de Damas] referíndose ao tema en cuestión, explicou que a lei dos 32 lances foi eliminada porque non tiña sentido facer unha limitación especial nese final concreto e non noutros similares. Ademais tampouco semellaba apropiado esixir unha condución milimétrica cando no regulamento non se contempla calquera penalización para outras posicións nas que si se poden desaproveitar innumerábeis ocasións para poder gañar.
 
Pero si estas razóns son suficientemente elocuentes, existe aínda outra moito máis convincente coa que imos demostrar que moitas veces cumprindo co enunciado da devandita norma non se consegue o seu primordial obxectivo de gañar de modo rigoroso. Así, curiosamente, promocionar o peón antes, non significa que se vai gañar en menos lances. Existen casos nos que sucede todo o contrario e aínda se gastan máis. No final derivado de 3 damas contra dama e peón resulta imprescindíbel dominar as transversais, así pois, para non ter despois que perder tempos nesta tarefa mellor é facer a súa ocupación antes da promoción.
 
O lector pode ver varios casos explicados no artigo que dedicamos á «Fase de Expulsión» onde corriximos os desenvolvementos orixinais que aparecían na literatura especializada. Deseguido amosamos un novo exemplo no que se pode comprobar.
 

Se as brancas avanzan directamente o peón, que sería o que na explicación designamos como «PROCESO DE PROMOCIÓN DIRECTA», a vitoria prodúcese en 17 lances. En cambio, se efectuamos o que denominamos «PROCESO TECNICAMENTE RIGOROSO», esta consumaríase en tan só 16.
 
 
 
1.22-27 ...


Para gañar é imprescindíbel coroar o peón pero, de modo paradoxal, por culpa deste lance tan lóxico aparentemente as brancas van retrasar o desenlace.
 
Para dar veracidade á demostración, contra a defensa máis tenaz, imos sempre a partir de aquí realizar o que xa pensamos son os mellores lances brancos.
 
1. ... 17-26;


Ocupando a transversal que acaba de quedar libre. O movemento clave co que as negras conseguen prolongar a loita ata o máximo posíbel. Nótese que o ataque ao peón na casa «30» perde fulminantemente debido ao «gancho» con 2.11-14, [GB].
 
2.27-30 ...


Aquí resulta indiferente a casa de promoción, pois se 2.27-31, despois seguiría 3.31-18, para entrar na outra transversal pola casa «25», co que as liñas acabarían por entroncar.
 
2. ... 26-12;


Menos resistente sería ir á casa «8». Pero existen outras hipóteses que aguantan o mesmo número de lances que a textual. Vexamos:
 
a) 2. ... 26-08; 3.30-17! ... [Formando unha «armadilla triangular» que permite abreviar o desenlace sen necesidade de ocupar a transversal superior] 3. ... 08-29; [Se 3.... 08-04; 4.17-10, 04x05; 5.01x10, GB. Ou se 3. ... 08-12; 4.11-07, 12x03; 5.01-10, 03x13; 6.17x10, GB.] 4.11-18, 09-05; [Desfacendo o «niño» para prolongar a loita indo á casa «15». Se 4. ... 29-25; a dama cae atrapada baixo a acción do «gancho» con 5.17-10, 25x05; 6.01x10, GB.] 5.01x14, 29-15; [Formándose unha posición da «Forzosa» na que as brancas gañan en 9 lances. Outras opcións perden máis rápido. Se 5. ... 29-12; 6.14-04, 12-16; 7.04-08, 16-30; 8.08-19, 30-20; 9.18-27, 20x30; 10.19-26, 30x21; 11.17x26, GB. Ou se 5. ... 29-08; 6.14-04, 08-19; 7.17-26, 19x29; 8.04-08, 29-25; 9.08-04, 25x14; 10.04x18, GB.] 6.17-03 ... [A mellor forma de expulsar a dama da transversal. Se 8.18-25, as negras escapan para «20», «22» ou «24», e en lugar dos 9 lances indicados serían precisos 11] 6. ... 15-20; [Similar sería 6. ... 15-24; (Que ao igual que a variante textual deixa libre a casa «2» para ocupar ao lance seguinte) xa que tras 7.14-19, 24-02; entronca na mesma posición (Peor sería 7. ... 24-20; por 8.03-13, e temos o «Gancho» de Goniaev formado cun lance de antelación). Se directamente 6. ... 15-02; 7.14-19, 02-24; (Se 7. ... 02-20; 8.03-13, constrúe de modo anticipado o «Gancho» de Goniaev) 8.03-17, formando a «Baioneta» un lance antes] 7.14-19, 20-02; 8.03-10  ... [Formando a «alcaiata en L», paso previo para despois construír o «Gancho» ou a «Baioneta» de Goniaev] 8. ... 02-24; [A que máis resiste. Se 8. ... 02-20; 9.10-13 ... (Deseñando o «Gancho» de Goniaev) 9. ... 20-16; 10.13-17, 16-20; (Se 10. ... 16-03; 11.19-26!, 03-16; 12.18-27, 16x21; 13.17x26, GB.) 11.18-27, 20x30; 12.19-26, 30x21; 13.17x26, GB.] 9.10-17 ... [Configurando a «Baioneta» de Goniaev tamén coñecida como «Recta Apuntalada» segundo a terminoloxía do estudo publicado neste blog por Eduardo Valente] 9. ... 24-02; 10.19-10, 02-09; 11.18-31, 09-02; 12.10-05, 02x09; 13.17-13, 09x18; 14.31x13, [GB].
 
b) 2. ... 26-22; 3.30-21, con estas opcións:
 
u 3. ... 22-13; [Meténdose no «niño»] 4.21-17, e cae a dama. Agora se:
 
── 4. ... 13-03; 5.01-10, 03x13; 6.17x10, [GB].
 
── 4. ... 13-22; [Se van a «27» ou «31» as brancas gañan con idéntica manobra] 5.11-18, 22x13; 6.17x06, [GB].
 
u 3. ... 22-27; 4.21-17, e agora se:
 
── 4. ... 27-16; 5.11-07, 16x03; 6.01-10, 03x13; 7.17x10, [GB].
 
── 4. ... 27-30; 5.11-18, 30-20; [Se 5. ... 30-16; as brancas gañan co mesmo «gancho». Ou se 5. ... 09-05; 6.01x10!, 30-20; (Contra 6. ... 30-16; tamén hai «gancho», esta vez con 7.18-07, GB.) 7.18-11, 20x13; GB.] 6.01-23, 20x13; [GB]. 7.17x10,
 
u 3. ... 22-31; 4.21-17, 09-05; [Para escapar da ameaza 11-18. Se 4. ... 31-24; 5.01-10!, 24x13; 6.17x10, GB.] 5.01x19, 31-09; [Se 5. ... 31-27; 6.17-06, e acúrtase o proceso. Conflúe nunha mesma posición que veremos na nota inmediata, xusto despois do sétimo lance branco] 6.17-10, 09-31; [A que máis retrasa o desenlace. Se 6. ... 09-27; 7.10-06, 27-16; (Ou 7. ... 27-30; 8.06-03, e se agora 8. ... 30-27; 9.11-20, 27x16; 10.19-12, 16x07; 11.03x12, GB. Ou se 8. ... 30-17; 9.19-12, 17-30; 10.11-20, 30x07; 11.03x12, GB.) 8.06-03, 16-27; 9.11-20, 27x16; 10.19-12, 16x07; 11.03x12, GB.] 7.10-03, [Alcanzando a mesma posición que na liña do tronco despois do duodécimo lance branco. Nesta posición as brancas gañan en 5 lances].
 
u 3. ... 22-08; 4.21-17! ... [Formando a mesma disposición en «Triángulo» vista na «variante a»].
 
u 3. ... 22-29; [Traspón na liña da «variante d» que veremos nos desvíos do tronco ao terceiro lance negro]
 
u 3. ... 22-12; 4.21-25, con estas ramificacións:
 
── 4. ... 12-03; [Traspón na liña do tronco xusto despois de que as brancas xogan 7.10-01].
 
── 4. ... 12-08; 5.25-29, 08-04; 6.29-25, 04x14; 7.25x11, [GB].
 
── 4. ... 12-16; [Con posición igual que na liña de desvío do tronco con 6. ... 12-16; inmediatamente despois de 7.10-01].
 
── 4. ... 12-22; [Conflúe na variante de desvío da liña do tronco con 3. ... 12-29; e opción con 4. ... 29-22].
 
── 4. ... 12-26; [Conflúe tamén na variante de desvío da liña do tronco con 3. ... 12-29; pero neste caso na opción con 4. ... 29-26].
 
── 4. ... 12-29; [A mellor. Conflúe na liña do tronco].
 
c) 2. ... 26-29; 3.30-21, con estas opcións:
 
u 3. ... 29-08; 4.21-17! ... [Conflúe na anterior «variante a» inmediatamente despois do terceiro lance branco].
 
u 3. ... 29-12; [Como na anterior «variante b» xusto despois de que entran na opción con 3. ... 22-12].
 
u 3. ... 29-22; [Conflúe na liña do tronco].
 
3.30-21 ...


Nos tratados cando se estuda o final de 3 damas contra dama e peón na casa «9» adoitan unha técnica que resolve todos os casos de modo sumamente simple. Para iso, indiferentemente de onde se atope a dama defensora, recomendan formar sempre unha
«Recta de Morte» coas propias damas nas casas «17», «18» e «19». Non obstante, o lector debe saber que se as brancas dominan a diagonal «2&24» existe outra disposición base que sempre é tecnicamente mellor pois gaña usando menos lances no total. No seguinte diagrama aparecen reflectidas ambas as dúas bases:
 

O obxectivo do lance textual é o de construír esa nova base proposta por nós. Nótese que se 3.30-17, 12-08; 4.11-14, 08-15; 5.14-04, 15-20; [Preferíbel a 5. ... 15-08; 6.04-11!, 08-29; 7.11-18, e as negras deben entregar o peón perdendo nun total de 17 lances] 6.04-18, 20-02; 7.01-19, forma a «Recta de Morte» dos tratados que obriga a entregar o peón pero que perde nun total de 18 lances, 1 máis que o usado na liña tronco.  
 
3. ... 12-22;


A defensa que máis prolonga o desenlace. Nesta altura se:
 
a) 3. ... 12-03; 4.21-17, 03-12; [Nada cambia se escapan para «16», pois segue idéntico proceso] 5.11-07, 12x03; 6.01-10, 03x13; 7.17x10, [GB].
 
b) 3. ... 12-16; 4.21-17 ... [Formando un típico «Triángulo de Morte» segundo a terminoloxía de Freire de Andrade] 4. ... 09-05; [Entregando o peón no momento que máis resiste. Se 4. ... 16-30; 5.11-18, 09-05; (Desfacendo o «niño», pero agora xa dá igual. Se escapasen coa dama segue 6.01-23, e as negras perden no mesmo número de lances ) 6.01x10!, 30-20; (Se van a «16» morren con gancho similar) 7.18-11, 20x13; 8.17x10, GB. Se 4. ... 16-27; 5.11-18, 27x13; 6.17x06, GB. Se 4. ... 16-12; 5.11-07, 12x03; 6.01-10, 03x13; 7.17x10, GB. Ou se 4. ... 16-03; 5.11-06, 03x10; 6.17x06, GB.] 5.01x19!, 16-27; [A mellor. Se 5. ... 16-30; 6.11-18, 30-20; 7.18-27, 20x30; 8.19-26, 30x21; 9.17x26, GB.] 6.17-06 ... [Formando o «Gancho» de Goniaev] 6. ... 27-30; [Se 6. ... 27-16; segue igual 7.06-03, gañando de modo semellante] 7.06-03, 30-27; 8.11-20, 27x16; 9.19-12, 16x07; 10.03x12, [GB].
 
c) 3. ... 12-08; 4.21-17! ... [Conflúe nunha liña xa vista na «variante a» do desvío do tronco con 2. ... 26-08; xusto despois do terceiro movemento branco].
 
d) 3. ... 12-29; 4.21-25, con estas opcións:
 
u 4. ... 29-08; 5.25-29, 08-04; 6.29-25, 04x14; 7.25x11, 09-05; [GB].
 
u 4. ... 29-12; 5.25-29, e aquí se escapan para a casa «8», a dama cae inmediatamente polo que as negras deben elixir mellor unha destas dúas ramificacións:
 
── 5. ... 12-03; 6.29-26, 03-16; [Se 6. ... 03-13; (Meténdose no «niño») segue 7.26-17, e a dama negra non ten escapatoria. Se 6. ... 03-17; 7.26-30, 17-03; (Como acabamos de ver, contra 7. ... 17-13; seguiría 8.30-17, e a dama queda atrapada) 8.30-17, 03-12; (Se escapan para «16» caen de modo similar) 9.11-07, 12x03; 10.01-10, 03x13; 11.17x10, GB.] 7.26-17 ... [Formando o «Triángulo de Morte» que vimos na «variante b» con 3. ... 12-16; xusto despois do cuarto lance branco (No presente caso o desenlace en vez de producirse ao 10º movemento, prolongaríase ata o 13º)].
 
── 5. ... 12-16; 6.29-26, 16-30; 7.26-17 ... [Formando o «Triángulo de Morte», esta vez contra a dama na casa «30» en vez de «16»] 7. ... 09-05; [Entregando o peón tentando prolongar o desenlace. Se 7. ... 30-27; segue 8.11-18, 27x13; 9.17x06, GB. Ou se 7. ... 30-16; 8.11-07, 16x03; 9.01-10, 03x13; 10.17x10, GB.] 8.01x19!, 30-27; 9.17-06, 27-30; 10.06-03, 30-27; 11.11-20, 27x16; 12.19-12, 16x07; 13.03x12, [GB].
 
u 4. ... 29-26; 5.25-29, con estas ramificacións:
 
── 5. ... 26-17; 6.29-12, 17-30; [Se 6. ... 17-13; 7.12-03, 13-17; (Se van para algunha das tres casas libres da diagonal «9&31», segue 8.11-18, e 9.03x17, GB.) 8.11-14, 17-26; (Se 8. ... 17-30; segue igual 9.14-21, con similar proceso) 9.14-21, 26x17; 10.01-10, 17x06; 11.03x10, GB. Ou se 6. ... 17-03; segue 7.12-16, e tras a movida da dama negra para «13» ou «17», replícase con 8.16-03, e cun lance máis por bando, conflúese nas liñas que acabamos de ver na anterior liña con 6. ... 17-13] 7.12-03, 30-16; [Se 7. ... 30-27; 8.11-18, 27x13; 9.03x17, GB. Se 7. ... 30-26; 8.11-21, 26x17; 9.01-10, 17x06; 10.03x10, GB. Ou se 7. ... 30-17; 8.11-14, 17-26; (Se 8. ... 17-30; segue o mesmo proceso) 9.14-21, 26x17; 10.01-10, 17x06; 11.03x10, GB.] 8.03-17 ... [Confluíndo na mesma posición da variante de desvío do tronco con 3. ... 12-16; xusto despois de formar o «Triángulo de Morte» ao 4º lance]
 
── 5. ... 26-30; 6.29-12, 30-27; [Se 6. ... 30-16; 7.12-03, 16-30; (Ou 7. ... 16-27; 8.11-18, GB.) 8.11-21, 30x17; 9.01-10, 17x06; 10.03x10, GB. Ou se 6. ... 30-17; 7.12-03, 17-26; (O mesmo dá si van á casa «30», pois perden de modo similar) 8.11-21, 26x17; 9.01-10, 17x06; 10.03x10, GB.]  7.12-03, 27-16; [Se 7. ... 27-22; ou 7. ... 27-31; segue nos dous casos 8.11x18; GB. Ou se 7. ... 27-30; 8.11-21, 30x17; 9.01-10, 17x06; 10.03x10, GB.] 8.03-17 ... [Formando tamén a mesma posición do «Triángulo» indicada na ramificación anterior].
 
u 4. ... 29-22; 5.25-29, podendo aquí ramificar con:
 
── 5. ... 22-13; [Conflúe na liña do tronco despois do sétimo lance negro].
 
── 5. ... 22-27; [Traspón na variante de desvío do tronco con 4. ... 22-13; e opción con 5. ... 13-27]
 
── 5. ... 22-31; [Traspón tamén na variante de desvío do tronco con 4. ... 22-13; neste caso na opción con 5. ... 13-31]
 
4.21-25, 22-29;


Retrasando a entrada da dama na transversal superior. Menos resistentes serían:
 
a) 4. ... 22-08; 5.25-29, 08-04; 6.29-25, 04x14; 7.25x11, [GB].
 
b) 4. ... 22-12; [Conflúe na variante de desvío do tronco con 3. ... 12-29; e opción con 4. ... 29-12].
 
c) 4. ... 22-26; [Conflúe tamén na variante de desvío do tronco con 3. ... 12-29; pero nesta ocasión na opción con 4. ... 29-26].
 
d) 4. ... 22-13; 5.25-29, con estas opcións:
 
u 5. ... 13-27; 6.29-12, e agora se:
 
── 6. ... 27-31; [Conflúe na liña do tronco despois do oitavo lance negro].
 
── 6. ... 27-30; [Traspón na variante do desvío do tronco con 3. ... 12-29; opción 4. ... 29-26; ramificación con 5. ... 26-17; xusto despois de que as negras xogan 6. ... 17-30].
 
── 6. ... 27-13; [Traspón tamén na variante do desvío do tronco con 3. ... 12-29; opción 4. ... 29-26; e ramificación con 5. ... 26-17; diferindo aquí coa liña secundaria con 6. ... 17-13].
 
── 6. ... 27-16; [Unha vez máis conflúe na variante do desvío do tronco con 3. ... 12-29; opción 4. ... 29-26; diferindo neste caso coa ramificación 5. ... 26-30; e liña secundaria con 6. ... 30-16].
 
u 5. ... 13-31; 6.29-12, 31-24; [A máis resistente. Se 6. ... 31-27; (Traspón na variante do desvío do tronco con 3. ... 12-29; opción 4. ... 29-26; ramificación con 5. ... 26-30; xusto despois de que as negras xogan 6. ...30-27). Ou se 6. ... 31-13; (Traspón tamén na variante do desvío do tronco con 3. ... 12-29; opción 4. ... 29-26; diferindo agora coa ramificación 5. ... 26-17; xusto despois de que as negras se metan na liña secundaria con 6. ... 17-13)] 7.12-15, 24-31; 8.01-23, 09-05; [Se 8. ... 31-13; segue o golpe 9.23-05, 09x02; 10.15-24, 02x15; 11.24x17, GB.] 9.23x01, 31-27; [Se 9. ... 31-13; 10.01-23, con semellante desenlace no que só varia a orientación] 10.01-10, 27-16; [Ou se 10. ... 27-30; 11.15-22, formándose un triángulo do «Pé de Galo» similar ao que aparece na liña textual, só que este con diferente orientación] 11.11-18 ... [Formando o triángulo do «Pé de Galo». Sempre procurando que a dama do vértice apunte á dama negra para gañar en 4 lances] 11. ... 16-03; 12.15-06, 03-12; 13.18-07, 12x03; 14.10-17, 03x10; 15.17x06, [GB].
 
u 5. ... 13-17; [Conflúe na liña da «variante d» na que as negras desvían do tronco con 3. ... 12-29; na súa opción con 4. ... 29-26; xusto despois de que entran na ramificación con 5. ... 26-17].
 
u 5. ... 13-03; [Con posición igual que na liña do desvío do tronco con 3. ... 12-29; opción con 4. ... 29-12; e ramificación con 5. ... 12-03].
 
e) 4. ... 22-27; [Traspón na variante de desvío do tronco con 5. ... 29-22; opción 6. ... 22-27; xusto despois do sétimo lance branco].
 
f) 4. ... 22-31; [Traspón tamén na variante de desvío do tronco con 5. ... 29-22; pero neste caso despois da opción 6. ... 22-31; inmediatamente despois do sétimo lance branco].
 
5.01-10 ...


Lance de espera que podía ser feito en calquera das casas dispoñíbeis do río.
 
5. ... 29-12;


Menos escapar para «8», que deixaría a dama encerrada, podían facelo para outra casa libre con similar resistencia.
 
a) 5. ... 29-08; 6.25-29, 08-04; 7.11-25, 04-08; 8.10-19, 08x22; 9.29x19, [GB].
 
b) 5. ... 29-22; 6.25-29, con estas opcións:
 
u 6. ... 22-31; 7.10-01, e aquí agora se:
 
── 7. ... 31-13; [Conflúe na liña do tronco].
 
── 7. ... 31-27; [Conflúe na liña do desvío do tronco con 4. ... 22-13; xusto despois de que entran na opción con 5. ... 13-27].
 
── 7. ... 31-24; [Traspón na variante do desvío do tronco con 4. ... 22-13; e opción con 5. ... 13-31; xusto despois de 7.12-15 ].
 
u 6. ... 22-27; 7.10-01, podendo agora as negras escoller unha das seguintes ramificacións:
 
── 7. ... 27-13; [Conflúe na liña do tronco].
 
── 7. ... 27-31; 8.29-12, 31-24; [Se 8. ... 31-13; 9.12-03, 13-17; 10.11-14, 17-26; 11.14-21, 26x17; 12.01-10, 17x06; 13.03x10, GB. Ou se 8. ... 31-27; conflúe na opción con 7. ... 27-30] 9.12-15, 24-31; 10.01-23, 09-05; [Se 10. ... 31-13; 11.23-05, 09x02; 12.15-24, 02x15; 13.24x17, GB.] 11.23x01, 31-27; 12.01-10, 27-16; 13.11-18, 16-03; 14.10-17, 03-16; 15.18-27, 16x30; 16.15-26, 30x21; 17.17x26, [GB].
 
── 7. ... 27-30; 8.29-12, 30-27; [Se 8. ... 30-16; 9.12-03, 16-30; (Ou 9. ... 16-27; 10.11-18, 27x13; 11.03x17, GB.) 10.11-21, 30x17; 11.01-10, 17x06; 12.03x10, GB. Ou se 8. ... 30-17; 9.12-03, 17-26; (Se 9. ... 17-30; segue o mesmo proceso) 10.11-21, 26x17; 11.01-10, 17x06; 12.03x10, GB.] 9.12-03, 27-16; [Se van a outro lado, cae xa a dama] 10.03-17 ... [Obrigando a entregar o peón para evitar a caída da dama] 10. ... 09-05; [Se 10. ... 16-30; 11.11-18, e a dama non ten escapatoria] 11.01x19, 16-27; 12.17-06, 27-16; 13.06-03, 16-27; 14.11-20, 27x16; 15.19-12, 16x07; 16.03x12, [GB].
 
── 7. ... 27-16; [Conflúe na variante de desvío do tronco con 3. ... 12-29; opción con 4. ... 29-12; e ramificación con 5. ... 12-16].
 
c) 5. ... 29-26; 6.25-29, con estas opcións:
 
u 6. ... 26-17; 7.10-01; e agora se:
 
── 7. ... 17-13; [Conflúe na liña do tronco].
 
── 7. ... 17-03; [Conflúe na liña do desvío do tronco con 3. ... 12-29; opción con 4. ... 29-12; xusto despois de entrar na ramificación 5. ... 12-03].
 
── 7. ... 17-30; [Conflúe tamén na liña do desvío do tronco con 3. ... 12-24; pero neste caso na opción con 4. ... 29-26; xusto despois de entrar na ramificación 5. ... 26-30].
 
u 6. ... 26-30;7.10-01, con estas ramificacións:
 
── 7. ... 30-17; [Conflúe na liña da «variante d» na que as negras desvían do tronco con 3. ... 12-29; na súa opción con 4. ... 29-26; xusto despois de que entran na ramificación con 5. ... 26-17].
 
── 7. ... 30-27; [Traspón na variante de desvío do tronco con 4. ... 22-13; xusto despois de entrar na opción con 5. ... 13-27].
 
── 7. ... 30-16; [Traspón na liña de desvío do tronco con 3. ... 12-29; na súa opción 4. ... 29-12; inmediatamente despois de meterse na ramificación con 5. ... 12-16].
 
6.25-29, 12-03;


Aquí as negras tamén dispoñen da alternativa 6. ... 12-16; que resulta tan resistente como a continuación textual. Nese caso seguiría 7.10-01, con estas posibilidades:
 
a) 7. ... 16-27; [A que máis pode prolongar a loita. Deriva na liña de desvío do tronco con 3. ... 12-29; na súa opción con 4. ... 29-22; e na altura en que acaban de meterse na ramificación con 5. ... 22-27].
 
b) 7. ... 16-30; [Traspón igualmente na liña de desvío do tronco con 3. ... 12-29; pero na súa opción con 4. ... 29-26; xusto despois de entrar na ramificación con 5. ... 26-30].
 
c) 7. ... 16-03; [Conflúe tamén na liña de desvío mencionada nas dúas variantes anteriores, pero neste caso na súa opción con 4. ... 29-12; inmediatamente despois de entrar na ramificación con 5. ... 12-03].
 
7.10-01 ...


7. ... 03-13;


Outras posibilidades aguantan menos:
 
a) 7. ... 03-17; [Conflúe na liña da «variante d» na que as negras desvían do tronco con 3. ... 12-29; na súa opción con 4. ... 29-26; xusto despois de que entran na ramificación con 5. ... 26-17].
 
b) 7. ... 03-16; [Traspón tamén na mesma variante de desvío do tronco con 3. ... 12-29; pero nesta ocasión na súa opción con 4. ... 29-12; inmediatamente despois de meterse na ramificación con 5. ... 12-16].
 
8.29-12 ...


As brancas forman a base ideal.
 
8. ... 13-31;


Defendendo na mellor casa. Contra a base que acaban de formar as brancas, a defensa máis resistente prodúcese colocando a dama negra na casa «31». As brancas agora precisan 9 lances para rematar definitivamente o final. Vexamos outras posibilidades:
 
a) 8. ... 13-03; [Conflúe nunha posición xa vista na variante do desvío do tronco con 3. ... 12-29; opción con 4. ... 29-26; e ramificación con 5. ... 26-17; xusto despois que xogan a liña secundaria con 6. ... 17-03].
 
b) 8. ... 13-27; [Conflúe nunha posición tamén xa vista na mesma variante e opción do comentario anterior pero esta vez na ramificación con 5. ... 26-30; xusto despois do sexto lance negro].
 
c) 8. ... 13-17; [Conflúe nunha posición vista igualmente no caso indicado na anterior «variante b» na que a dama caía rapidamente] 9.12-03, 17-26; [Se van á casa «30» perden do modo idéntico] 10.11-21, 26x17; 11.01-10, 17x06; 12.03x10, [GB].
 
9.12-03, 31-24;


Escapando da ameaza 10.11-18, capturando a dama.
 
10.11-02, 09-05;
 
En vista de que se moven 10. ... 24-31; segue 11.03-13, 31-24; 12.13-31, [GB]. As negras están bloqueadas.
 
11.01x19!, 24-31;


O final agora derivou para unha das posicións da «Forzosa» na que as brancas poden gañar en tan só 6 lances.
 
12.02-11, 31-09;
 
A unha derrota máis rápida e evidente conducen:
 
a) 12. … 31-27; 13.11-20, 27x16; 14.19-12, 16x07; 15.03x12, [GB].
 
b) 12. … 31-24; 13.03-06, 24-31; 14.19-28, 31x24; 15.06-02, 24x06; 16.02x11, [GB].
 
13.19-10 ...


13. ... 09-02;
 
Se escapan para o outro lado caen en 2 lances debido ao «gancho» con 14.11-18.
 
14.03-06 ...
 
Aquí tamén se podía rematar con 14.11-24, 02-09; 15.10-05, 09x02; 16.03-06, 02x11; 17.24x06, [GB]. Gañando no mesmo número de lances.
 
14. ... 02-09; 15.10-05 ...
 
Aquí tamén se podía rematar con 15.06-02, 09-22; [Dá igual que escapen para «27» ou «31» que as brancas fan funcionar igualmente o «gancho»] 16.10-19, 22x06; 17.02x11, [GB].
 
15. ... 09x02; 16.11-24, 02x11; 17.24x06, [GB].
 
As brancas gañan en 17 lances.
 


1.01-14 ...


Antes de avanzar o peón, para non deixar desguarnecida a transversal superior [Diagonal «8&29»], as brancas deben colocar a dama do río na casa «19». Se o fan directamente, as negras poderían impedir ese avance colocándose na casa «30» co que unha das damas veríase obrigada a saír desa posición ideal. Por iso é necesario realizar un lance de espera como o movemento textual ou ben 1.01-23 ou 1.01-28. En cambio se fixesen 1.01-28, seguiría 1 ... 17-13; 2.22-26, 13-31; 3.28-14, e as negras poden atacar a outra dama na casa «24» gañando un tempo con respecto á liña do tronco.  
 
1. ... 17-30;


As negras van á única casa na que poden frear o avance do peón.
 
2.14-19 ...


Agora ocupan a transversal no momento exacto.
 
2. ... 30-17;


Como xa explicamos antes, a base mellor branca fórmase con damas en «1», «11» e «12». Agora engadimos que a mellor defensa contra esta base é colocar nesa altura a dama en «31».
 
Por ese motivo sería inferior 2. ... 30-16; que permite ás brancas construír esa base usando un lance menos que na liña tronco. Por exemplo con 3.22-26, 16-30; 4.26-29, 30-16; 5.19-01, 16-27; 6.29-12, 27-31; quedaría formada a posición en cuestión.
 
3.22-27, 17-30;


A máis resistente. A diferenza do que ocorría no «PROCESO DO AVANCE DIRECTO» no que inicialmente as brancas non dominaban a transversal superior, aquí non dá o mesmo a casa de promoción do peón. Despois do lance textual, as brancas son forzadas a coroar na casa «31», detalle que lles vai provocar a perda dun tempo.
 
Se as negras xogasen 3. ... 17-13; ou 3. ... 17-03; segue en ambos os casos 4.27-30, e nin é preciso formar a base, pois a dama queda atrapada [Traspón en posición xa estudadas anteriormente] e o peón ten que ser entregado, sempre perdendo en menos lances que na liña tronco.
 
4.27-31, 30-16;


De fortaleza similar sería 4. ... 30-17; 5.31-22, e agora se:
 
a) 5. ... 17-03; [Conflúe en idéntica posición que na liña do tronco].
 
b) 5. ... 17-13; [Unha alternativa que aguanta o mesmo número de lances que a anterior variante] 6.22-26, con estas opcións:
 
u 6. ... 13-03; 7.26-17, 03-12; [Aguanta un lance máis que 7. ... 03-16; 8.11-07, 16x03; 9.19-10, 03x13; 10.17x10, 09-05; 11.10x01, GB.] 8.19x08, 09-05; 9.08-04! ... [Construíndo «armadilla anti-promoción»] 9. ... 05-02; 10.17-06, 02-05; 11.06-10, 05x07; 12.04x11, [GB].
 
u 6. ... 13-17; 7.26-30, 09-05; [Tentando prolongar. Se 7. ... 17-03; 8.30-17, conflúe na liña da anterior opción usando un lance máis por bando. Ou se 7. ... 17-13; 8.30-17, e a dama negra cae no niño con desenlace aínda máis rápido] 8.19x01, 17-13; [Se 8. ... 17-03; segue 9.30-17, e dama cae de modo moito máis evidente en tan só nun total de 12 lances] 9.30-26, 13-09; 10.26-15, 09-27; 11.01-10 ... [Formando o «gancho» típico do método clásico] 11. ... 27-16; [Se 11. ... 27-30; 12.15-22, e fórmase o triángulo do «Pé de Galo» con distinta orientación que na liña principal desta opción] 12.11-18, 16-03; 13.15-06, 03-12; 14.18-07, 12x03; 15.10-17, 03x10; 16.17x06, [GB].
 
u 6. ... 13-27; 7.19-01, 27-31; [Unha posición que xa vimos no «PROCESO DO AVANCE DIRECTO» na variante de desvío do tronco con 2. ... 26-22; e opción con 3. ... 22-31]. As brancas gañan nun total de 16 lances.
 
u 6. ... 13-31; 7.19-01, 31-24; [Se 7. ... 31-13; 8.26-17, e a dama cae no «niño». Se 7. .. 31-27; 8.26-17 ... (Posición xa vista no «PROCESO DO AVANCE DIRECTO» na variante de desvío do tronco con 2. ... 26-22; opción 3. ... 22-27; xusto despois do cuarto lance branco)] 8.26-15 ... [Unha posición que xa vimos tamén no «PROCESO DO AVANCE DIRECTO» na variante de desvío do tronco con 4. ... 22-13; opción 5. ... 13-31; xusto despois do sétimo lance branco]. As brancas gañan nun total de 16 lances.
 
c) 5. ... 17-30; [Resiste menos que as dúas variantes anteriores] 6.19-01, con estas opcións:
 
u 6. ... 30-16; 7.22-26 ... [Forma unha posición que aparece no «PROCESO DO AVANCE DIRECTO» na variante de desvío do tronco con 3. ... 12-29; na súa opción con 4. ... 29-12; e ramificación con 5. ... 12-16; xusto despois de que as brancas fan 6.29-26]. Contra a mellor defensa as brancas gañan nun total de tan só 14 lances.
 
u 6. ... 30-17; 7.22-12 ... [Unha posición que aparece no «PROCESO DO AVANCE DIRECTO» na variante de desvío do tronco con 3. ... 12-29; opción 4. ... 29-26; e ramificación con 5. ... 26-17; xusto despois de 6.29-12]. As brancas gañan nun total de 15 lances.
 
5.31-22! ...


Nótese que se as brancas xogan 5.31-13, con idea de formar a famosa «recta de morte» [Damas en «17», «18» e «19»] que empregan os tratados, as negras poden defender entregando xa o peón. Despois de 5. ... 09-05; 6.19x01, 16-12; alcánzase unha posición da «Forzosa» que perde en 11 lances con 7.13-18 ... [Para empregar o método clásico que neste caso gaña no mesmo número de lances que 7.01-14, 12-26; 8.13-17, 26-22; 9.17-30, 22-13; 10.11-15, 13-31; 11.30-23, 31-09; 12.23-16, 09-31; 13.14-23, 31-24; 14.15-02, 24-31; 15.23-28, 31x24; 16.16-20, 24x15; 17.02x20, GB.] 7. ... 12-26; 8.18-25, 26-29; 9.01-28, 29-12; 10.25-29, 12-03; 11.29-15, 03-13; 12.28-23, 13-03; 13.15-22 ... [Formando o triángulo do «Pé de Galo»] 13. ... 03-16; 14.11-20, 16-03; 15.22-12, 03x16; 16.23-30, 16x23; 17.30x20, [GB]. Empregando no total 1 lance máis que na liña tronco.
 
5. ... 16-03;


A mellor. Agora a entrega de peón sería menos resistente pois coa dama en «22», as negras non poderían ocupar a transversal. Mentres que se 5. ... 16-30; [Traspón na «variante c» coa que as negras desvían do tronco con 5. ... 17-30].
 
6.19-01, 03-13;


Resiste máis que calquera das outras dúas posíbeis opcións:
 
a) 6. ... 03-16; [Traspón na liña do desvío do tronco con 4. ... 30-17; na súa variante con 5. ... 17-30; xusto despois de entrar na opción con 6. ... 30-16]. Contra a mellor defensa, as brancas gañan en só 14 lances.
 
b) 6. ... 03-17; 7.22-12 ... [Unha posición que aparece no «PROCESO DO AVANCE DIRECTO» na variante de desvío do tronco con 3. ... 12-29; opción 4. ... 29-26; e ramificación con 5. ... 26-17; xusto despois de que as brancas fan 6.29-12]. As brancas gañan nun total de 15 lances.
 
7.22-12 ...
 

Formando unha posición que tamén aparecía no «PROCESO DO AVANCE DIRECTO» despois do oitavo lance branco. Así pois as brancas van gañar usando un lance menos que No referido caso.