martes, 22 de novembro de 2022

30º Open de Damas de Cucujães [23/4/2022]


Organizado polo «Núcleo de Atletismo de Cucujães-Oliveira de Azemeis» celebrouse o pasado 23 de Abril, a 30ª edición do seu «Open Nacional de Damas» na especialidade de partidas rápidas [30 minutos para 4 xogos]. A competición tivo como sede a Casa do Torreão e contou coa presenza de 54 damistas, unha participación destacada se temos en conta que ese mesmo día tamén se celebraba outro torneo en Setúbal.

Manuel Cunha, tras unha extraordinaria actuación conseguiu subir ao máis alto do podio, con 5 puntos dos 5 posíbeis. Segundo foi Alcides Ferreira con 4 e terceiro José Carlos Anjos coa mesma puntuación, pero peor «Buchholz» de desempate. A punto de cumprir 68 anos, esta era a primeira vez que o damista de Gondomar, gaña nun torneo co novo sistema da Federación Portuguesa. Antes disto, o seu palmarés tan só incluía vitorias en dúas probas menores, unha celebrada en Vizela no 2009 e outra en Monçao xa no século pasado.

Na modalidade colectiva a vitoria correspondeu ao «NAC» [A] de Cucujães, por diante do «CCD» de S. J. da Madeira e dos «Amigos de Matosinhos-Vila do Conde», todos con 14,5 puntos, pero así clasificados en razón do sistema de desempate «Buchholz».







 
1.10-14, 23-19;
 

A esperada apertura «Diagonal Ortodoxa», moi do agrado de ambos os dous rivais.
 
2.14x23, 28x19; 3.12-16, 32-28;


Rexeitando a opción de traspoñer para a «Partida Contra-Clásica» con 3. ... 22-18.
 
4.09-13 ...

 
As brancas moven agora polo outro flanco entrando na «Bilateral» da «Partida do Río» tal como é formada no manual do Dr. Manuel Cárceles Sabater. No «Tratado Enciclopédico», seguindo un consello do teórico americano Preston Ketchum, recomenda xogar antes 3.09-13  e tras 3. ... 32-28; seguir con 4.12-16, evitando así a posíbel transposición das negras para a «Partida Contra-Clásica». Pero a verdade é que na nosa modalidade ese tema non debería supoñer máis que unha simple cuestión de preferencia persoal.
 
4. ... 28-23; 5.13-17, 21-18;
 

Tanto este lance como 5. ... 19-14; son as continuacións preferidas neste punto.
 
6.05-09 ...
 

Co outro peón xa avanzado en «17» e sen dominio da casa «15» resulta estratexicamente frouxa pois deixa o completo control do centro en mans das negras.
 
O habitual é seguir co «Ataque de Maize» 6.08-12!, ou xa como segunda e única opción en orde de preferencias con 6.05-10. Ao igual que a textual, calquera outra alternativa debilitaría innecesariamente o xogo.
 
6. ... 19-15!;


O lance que pide a posición para concretar a vantaxe. Inferiores serían 6. ... 25-21; ou 6. ... 19-14; que tras 7.08-12, devolverían o xogo para as liñas teóricas, con igualdade no primeiro caso [«Liña 12» do «TED» que coincide tamén coa «Liña 23-A» da «Lateral Esquerda»] e con vantaxe branca no segundo [«Liña 16» do «TED»].
 
7.11x20, 24x15; 8.07-11 ...


Se primeiro 8.01-05, as<negras poden continuar con 8. ... 22-19; para tras 9.07-11, 23-20; 10.16x23, 27x20; entroncar.
 
8. ... 23-20; 9.16x23, 27x20; 10.01-05, 22-19;


O lance co que as negras consolidan a superioridade. O primeiro bando non ten a máis mínima posibilidade de ruptura na casa «14», un tema fundamental contra as formacións en «dique». Nótese que se antes optasen pola variante 6.05-10, se as negras continúan con 6. ... 19-15; [Máis adecuada é 6. ... 18-14!] tras 7.11x20, 24x15; pode seguir 8.07-11, 23-20; 9.16x23, 27x20; 10.01-05, e agora [Co peón branco na casa «10» en vez de na «9»] non valería 10. ... 22-19�; por 11.11-14!, 18x11; 12.*03-07, con vantaxe gañadora. Por exemplo 12. ... 19-14; 13.10x19, 31-27; 14.07x14, 20-16; 15.05-09, 26-21; 16.17x26, 30x21; 17.14-18, 21x14; 18.06-11, 14x07; 19.04x20, 29-26; 20.19-23, 27-22; 21.23-28, 22-19; 22.28-32, 19-15; 23.09-13, 26-21; 24.32-14, 21-17; 25.14-10, 15-12; 26.08x15, 16-12; 27.10-03, 17x10; 28.03x16, [GB].
 
11.09-13! ...


Unha entrega practicamente obrigada para evitar males maiores. Se agora:
 
a) 11.05-10� ... [Perde] 11. ... 18-14; 12.11x18, 26-21; 13.17x26, 30x05; [GN].
 
b) 11.06-10 ... [Perde] 11. ... 15x06; 12.02x11, 18-14; 13.11x18, 26-21; 14.17x26, 29x06; 15.03x10, 20-15; 16.04-07, 30-27; 17.09-13, 15-12; 18.08x22, 27x02; [GN].
 
c) 11.03-07 ... [Perde] 11. ...  31-27; 12.07-12 ... [Se 12.05-10, 18-14; 13.11x18, 26-21; 14.17x26, 30x05; GN. Ou se 12.09-13, 18x09; 13.07-12 ... (13.05-10, conflúe na liña do xogo) 13. ... 27-23; 14.12-16, 19-14; 15.11x18, 26-21; 16.17x26, 30x14; 17.04-07, 23-19; 18.16x23, 14-11; 19.07x14, 19x03; 20.23-28, 25-21; 21.28-32, 21-18; 22.05-10, 03x17; 23.32-23, 29-25; 24.23-28, 17-03; 25.28-23, 18-14; 26.23x05, 15-12; 27.08x15, 03-06; 28.02x11, 09x02; GN.] 12. ... 18-13; 13.09x18, 19-14; 14.12x19, 14x07; 15.04x11, 26-22; 16.19x26, 30x07; [GN].
 
d) 11.04-07, 31-28; e aquí se:
 
12.07-12� ... [Perde] 11. ... 18-13; 13.09x18, 20-16; 14.11x20, 16x07; 15.03x12, 26-22; 16.18x27, 30x07; [GN].
 
12.09-13! ... [Só entregando un peón se pode salvar o xogo] 12. ... 18x09; 13.07-12, 25-21; 14.06-10, 15x06; 15.02x11, 09x02; 16.12-15, 19x12; 17.08x31, 02x20; 18.31-28, 20-15; 19.10-13, 15-22; 20.28-14, 22x09; 21.14x25, 09-05; 22.25-18, [GB].
 
e) 11.17-21 ... [Outra forma de gambito que permite salvar o xogo. Neste caso de forma máis heroica] 11. ... 26x17; 12.*05-10, 30-27; 13.04-07! ... [Non 13.03-07�, 27-23; 14.08-12, 15x08; 15.11-14, 18x11; 16.06x22, 23-19; 17.07-11, 20-16; 18.09-13, 16-12; 19.11-14, 19-15; 20.14-18 ... (Ou 20.02-06, 25-21; 21.13-18, 12-07; 22.04x20, 08-04; 23.18x25, 04x16; GN.) 20. ... 15-11; 21.22-27, 31x22; 22.18x27, *11-07; 23.04x11, *12-07; 24.13-18, 07-03; 25.18-22, 03x13; 26.27-31, 13x27; 27.31x18, 08-04; 28.11-14, 04-07; 29.02-06, 07-03; 30.06-11, 03-10; GN.] con estas opcións:
 
13. ... 27-22; 14.*07-12, 17-13!; [Ou se 14. ... 20-16; 15.11x20, 16x07; 16.03x12, 18-14; 17.02-05, 22-18; 18.20-23, 17-13; 19.10x17, 29-26; 20.12-15, 19x12; 21.08x15, 14-11; 22.05-10, 11x02; 23.09-13, 02x30; 24.13x29, EMP.] 15.10x17, 25-21; 16.17x26, 19-14; 17.12x19, 14x07; 18.03x12, 22x15; 19.12x19, 29x15; 20.*06-10, 20-16; 21.10-13, 18-14; 22.13-18, 16-12; 23.18-21, 12-07; 24.21-26, 07-03; 25.26-30, 31-28; 26.30-17, 15-11; 27.17-21, 03-17; 28.21-25, 17-03; 29.25-21, 28-23; 30.21-25, 23-20; 31.25-21, 20-16; 32.21-25, 03-17; 33.25-18, 17-13; 34.18-25, 13-18; 35.09-13, 18x09; 36.08-12, 16x07; 37.02-06, 11x02; 38.25x04, [EMP].
 
13. ... 17-13!; [O mellor intento para tratar de forzar a posición] 14.10x17, 29-26; 15.07-12 ... [Ou 15.06-10, 15x06; 16.02x11, 20-15!; 17.11x20, 18-14; 18.10-13, 14-10; 19.07-11, 10-05; 20.13-18, 19-14; 21.*20-23, 27x20; 22.*18-22, 26x19; 23.11x18, 05-01; 24.18-22, 19-15; 25.22-26, 15-11; 26.26-29, 20-16; 27.09-13, 11-07; 28.03x12, 16x07; 29.13-18, 07-03; 30.18-22, 01-23; 31.*22-27, 23x30; 32.*29-26, 30x21; 33.17x26, 03-10; 34.26-30, EMP.] 15. ... 19-14!; 16.12x19, 14x07; 17.03x12, 20-16; 18.12-15, 18-14; 19.*09-13, 16-12; 20.15-20!, 14-10; 21.08x15, 10x03; 22.13-18, 03-12; 23.02-05, 27-23; 24.20x27, 31x13; 25.19-22, 12x01; 26.22x29, 13-10; 27.29-22, [EMP].
 
11. ... 18x09; 12.05-10 ...


Con idea de cargar sobre o peón da casa «19».
 
12. ... 31-27;


Unha vez realizado o gambito, desaparecen algunhas das ameazas tácticas, pero a posición branca continúa sendo delicada. Vexamos como contrarrestar outras tentativas:
 
a) 12. ... 31-28; 13.*11-14, 28-23; 14.08-12, 15x08; 15.17-21, 25x11; 16.06x24, 26-22; 17.24-28, 22-18; 18.10-13, 18-14; 19.13-18, 14-10; 20.18-22, 10-05; 21.22-27, 19-14; 22.27-31, 05-01; 23.31-13, 14-10; 24.13x06, 23-20; 25.06x24, 01x32; 26.24-11, [EMP].
 
b) 12. ... 30-27; 13.*11-14, 27-23; 14.*14-18, 26-21; 15.17x26, 29x13; 16.10x17, 20-16; 17.04-07, 31-27; 18.07-11, 23-20; 19.17-21, 25x18; 20.11-14, 18x11; 21.08-12, 16x07; 22.03x12, 15x08; 23.06x31, [EMP].
 
13.03-07 ...


Deteriora a base e enfraquece a estrutura de modo irreparábel. Despois deste lance as brancas xa non poden impedir a derrota.
 
a) 13.11-14, 27-23; [Traspoñendo na liña da «variante a» vista na nota anterior].
 
b) 13.04-07, 25-21; [Agora se 13. ... 27-23; 14.07-12, 26-22; as brancas poden seguir con 15.10-14, 19x10; 16.12x28, recuperando o peón e quedando ata con lixeira vantaxe no final] 14.07-12, 20-16; 15.11x20, 16x07; 16.03x12, 27-23; 17.20x27, 30x23; 18.12-15, 19x12; 19.08x15, 21-18; 20.10-13, 18-14; 21.15-19, 14-10; 22.19x28, 10x03; 23.28-32, [EMP].
 
13. ... 27-23; 14.07-12 ...


Non hai defensa. Se 14.10-13, 30-27; 15.07-12, 25-21; 16.11-14 ... [Se 16.04-07, 27-22; 17.11-14 ... (Ou se 17.12-16, 09-05; 18.02x09, 21-18; 19.07-12, 29-25; GN.) 17. ... 19x03; 18.12x28, 03x16; 19.28-32, 20-15; 20.32-10, 16-30; 21.10-01, 21-18; 22.17-21, 26x10; 23.01x25, 30-16; 24.25-14, 16-07; 25.14x04, 29-25; 26.02-06, 22-18; 27.04x21, 25x18; GN.] 16. ... 19x03; 17.12x28, 26-22; 18.17x26, 03x30; 19.28-31 ... [Ou 19.08-12, 30-17; 20.04-07, 20-16; 21.12-15, 27-23; 22.07-11, 17-06; GN.] 19. ... 30-17; 20.31-28, 27-23; 21.28x26, 29x22; [GN].
 
14. ... 26-22; 15.12-16 ...


Se 15.10-14, 19x03; 16.12x28, 30-27; 17.11-14, 20-15; 18.14-19, 15-11; 19.19x26, 29x22; [GN].
 
15. ... 29-26; 16.10-13, 25-21; 17.04-07, 21-18; 18.07-12, 30-27�;


Unha imprecisión que devolve ao rival a posibilidade de poder empatar o xogo.
 
Correcto sería 18. ... *09-05; 19.02x09, 30-27; [GN]. Con bloqueo evidente pois se 19.11-14, as negras agora poden comer para a casa «2».
 
19.11-14, 19x03; 20.12x28, 20-15; 21.28-32, 26-21; 22.17x26, 03x30; 23.16-20, 15-11; 24.20-24, 11-07; 25.24-28, 18-14; 26.28-31, 14-11; 27.08-12 ...
 

Mellor era 27.32-19!, 22x15; 28.31x03, forzando xa o empate.
 
27. ... 07-04; 28.32-01� ...


Desaproveitando a última oportunidade. Aquí 28.*12-15, coa imparábel ameaza de troca na casa «19», aínda valía para arrancar un empate.
 
28. ... 30-17;
 

Aquí gañaba de xeito máis rápido a secuencia forzada 28. ... 22-18; 29.31x13, 09-05; 30.01x07, 04x09; [GN].
 
29.01-32, 22-18; 30.31x13, 17x16; [GN].
 

1.10-14, 23-19;


Outro xogo que se inicia coa «Diagonal Ortodoxa», que como tantas veces dixemos, é a máis utilizada nos torneos en apertura libre.
 
2.14x23, 28x19; 3.05-10, 32-28; 4.01-05 ...

 
Unha continuación moi popular, que comparte preferencias con 4.12-16 ... [«Lateral Esquerda»], aínda que os xogadores máis combativos xeralmente decántanse pola segunda, ou ben por 4.11-14 ... [«Fuga Nº 15» aos xogos clásicos] en ambos os dous casos con idea de evitar a alternativa negra que mencionamos na nota seguinte.
 
4. ... 28-23;
 

O principal inconveniente que orixina o anterior movemento branco é que agora as negras poderían realizar o «Ataque á Frecha» con 4. ... 19-15; reducindo material, abrindo o xogo e multiplicando así as posibilidades de empate.
 
5.09-13, 21-17;

Lance que define a «Contra-Lateral Dereita», unha das dúas grandes rutas que as negras adoitan tomar neste punto. A outra sería 5. ... 21-18; permitindo 6.13-17, que configuraría a «Lateral Dereita».
 
6.05-09 ...


A «Variante Marxinal», principal alternativa á «Variante do Centro», que quedaría establecida se as brancas xogasen 6.11-14.
 
6. ... 25-21;


Unha continuación que vemos na práctica con certa frecuencia, pero a teoría recomenda como mellor 6. ... 26-21; preparándose para replicar a 7.11-14, co corte na casa «18».
 
7.11-14 ...


O desenvolvemento que máis molesta o xogo negro. As alternativas 7.11-15, ou 7.12-16, poden ser estudadas no artigo deste blog do 28/11/2012. Mais agora imos ver un curioso aditamento na segunda destas opcións que se produce tras 7.12-16, 21-18; 8.08-12, 29-25; 9.11-14, 18x11; 10.06x15, 26-21; 11.07-11. Aquí no citado estudo seguimos conforme á teoría con 11. ... 21-18; [Como no tratado de Juan García Canalejas], pero o lector debe notar que non valería 11. ... 24-20�; [Para realizar un golpe moi similar a outro que veremos máis adiante mas notas do oitavo lance branco do xogo principal] 12.15x24, 31-28; 13.24x31, 23-20; 14.16x23, 27x20; 15.31x18, 21x05; pois neste caso existe contragolpe con 16.*04-07, 17x10; 17.*12-15, 19x12; 18.07x23, 05-01; 19.*11-14, 25-21; [Ou se 19. ... 01-05; 20.*23-28, 30-27; (Se 20. ... 25-21; 21.*28-31, 05-01; 22.*31-18, 21-17; 23.18-25!, 01-05; 24.25-29, 30-27; 25.29-08, 27-23; 26.08-19, 23-20; 27.19-22, 20-16; 28.22-08, GB.) 21.*28-31, 27-23; 22.09-13, 05-01; 23.31-28, 23-20; 24.28-19, 25-21; 25.02-05, GB.] 20.*02-05, 30-26; 21.*23-28, 26-22; 22.*28-32, 22-18; 23.14-19, 18-14; 24.19-23, 21-18; 25.23-28, 10-06; 26.03x19, 01x23; 27.28-31, [GB]. Como nun xogo Fernando Bernardo vs. Camilo Silva do «XVII Torneo Cidade de Setúbal» celebrado no ano 2009 e publicado no Nº 3879 do semanario «Cidade de Tomar».
 
7. ... 29-25;
 

Preferíbel a 7. ... 22-18; 8.13x22, 27x11; 9.06x22, 26x19; 10.12-15, 19x12; 11.08x15, chegando a un punto no que é importante prestar atención, pois se agora:
 
a) 11. ... 21-18�; [Perde] 12.*10-14 ... [Corrixindo o estudo que publicamos no ano 2012 no que seguiamos como no «TED» con 12.07-11, liña de H. Stevens que só dá igualdade] 12. ... 18x11; 13.07x14, con vantaxe decisiva. Se 13. ... 30-27; 14.03-06, 23-20; 15.15-19, 20-15; 16.14-18, 15-12; 17.18-21, 31-28; 18.06-10, 24-20; 19.09-13, 20-16; 20.13-18, 12-07; 21.04x11, 16-12; 22.11-14, 12-07; 23.19-22, 27-23; 24.21-26, 07-03; 25.26-30, 03x13; 26.30x16, 13-09; 27.14-19, 09-13; 28.16-23, 28-24; 29.23-28, 24-20; 30.28-24, 20-16; 31.19-23, 13-10; 32.23-27, 10-14; 33.27-30, 14x25; 34.24-31, 25-04; 35.02-06, 04-25; 36.06-10, 16-12; 37.10-13, 17x10; 38.30-21, 25x27; 39.31x16, [GB].
 
b) 11. ... 23-19; 12.15x22, 30-26; 13.07-11 ... [Ou 13.22-27, 31x22; 14.10-14, 22-18; 15.07-11, 26-22; 16.04-08, 29-25; 17.08-12, 22-19; 18.14x23, 18-13; 19.09x18, 21x07; EMP.] 13. ... 26x19; 14.11-14, 19-15; 15.09-13, 24-20; 16.13-18, 17-13; 17.10x26, 29x13; 18.14-18, 15-11; 19.18-21, 13-10; 20.21-25, 11-06; 21.02x11, 10-05; 22.25-29, 05-01; 23.29-15, 20-16; 24.03-06, 01-23; 25.15-08, 23-27; [Escapando da «armadilla». Se 25. ... 23-28; 26.11-14, 28x03; 27.04-07, 03x12; GB.] 26.08-19 ... [Ou 26.04-07, 31-28; 27.08-29, 27-09; 28.29-15, 09-31; 29.15-26, 31-09; 30.26-29, 09-05; 31.29-12, 28-24; 32.12-08, 24-20; EMP.] 26. ... 16-12; 27.19x08, 27-13; 28.08-19, 13x03; 29.11-14, 31-27; 30.14-18, 03-16; 31.04-08, 27-22; 32.19x26, 16-23; [EMP].
 
8.12-16 ...


Máis forte que 8.06-11, 24-20!; [Aquí non vale 8. ... 21-18�; 9.14x21, 25x18; pois agora con 9.*12-16, entronca na liña de desvío do noso xogo principal con 8. ... 21-18; que como se pode ver no artigo ao que remitimos, é gañadora branca] 9.03-06! ... [Inferior resulta 9.12-15, 19x12; 10.08x24, 31-28; 11.24x31, 23-19; 12.14x23, 27x20; (Esta posición tamén se pode alcanzar na liña con 7.11-15, continuando agora con 7. ... 29-25; 8.06-11, 31-28; 9.12-16, 19x12; 10.08x15, 24-20; 11.15x31, 23-20; 12.16x23, 27x20; tal como aconteceu no 4º xogo da 4ª sesión do enfrontamento Manuel Vaz Vieira vs. Nuno Vieira do 12º Campionato de Portugal de Rápidas celebrado en Sao Joao da Madeira no ano 2013, que non sabemos como, pero que acabou con vitoria negra. Igualmente podería formarse nunha das liñas máis coñecidas da «Defensa Toledana» que comeza con 1.10-14, 23-19; 2.14x23, 28x19; 3.05-10, 32-28; 4.01-05, 27-23; 5.09-13, 21-17; 6.05-09, 25-21; 7.12-16, 31-27; seguindo aquí con 8.11-15, 19x12; 9.08x15, 29-25; 10.06-11, 24-20; 11.15x31, 23-20; 12.16x23, 27x20) 13.31x18, 21x05; (Aparentemente semella que as negras teñen vantaxe gañadora, pero realmente pódese empatar) 14.13-18, 26-21; (Se 14. ... 05-01; 15.18-21, 25x18; 16.11-15, 20x11; 17.07x21, 17-13; 18.09x18, 26x17; 19.18-21, 01-19; 20.21-25, 19-29; 21.03-07, 30-27; 22.04-08, 27-23; 23.07-12, 23-19; 24.12-15, 19x12; 25.08x15, 29x12; 26.25-29, EMP.) 15.09-13!, 21x14; 16.02x09, 17x10; 17.11x18, 10-05; 18.03-06, 20-15; 19.09-13, 05-01; 20.07-11, 15-12; 21.11-15, 01-10; 22.15-20, 10x03; 23.20-23, 03x17; 24.23-28, 17-10; 25.28-31, 10-01; 26.18-21, 25x18; 27.31x13, EMP.] 9. ... 20-16; 10.11-15, 21-18; 11.14x21, 25x18; 12.06-11, 31-28; 13.11-14, 18x11; 14.07x14, 16x07; 15.04x11, 19x12; 16.08x15, 28-24; 17.02-06, 23-19; 18.14x23, 27x20; 19.13-18, 22x13; 20.09x18, [EMP]. 
 
8. ... 19-15�;


Un erro tremendo co que as negras pretenden fuxir das rutas publicadas que o lector pode ver nos comentarios que neste blog fixemos dun xogo José Carlos Anjos vs. Luís Sá do 16º Campionato de Portugal celebrado en Canelas-Gaia no ano 2017 [Artigo do 6/7/2018]. Como aditamento á 8. ... 31-28; 9.06-11, tamén pode consultarse a reportaxe do Torneo de São João da Madeira do ano 2018, na que incluímos un xogo disputado por Alcides Ferreira vs. Nuno Vieira no que as negras efectúan a perdedora 9. ... 24-20�; [Artigo do 27/3/2019].
 
9.13-18 ...


Aproveitando a ausencia de peón na casa central de «19». As brancas agora teñen unha posición con superioridade esmagadora.
 
9. ... 22x13; 10.09x18, 23-19;


As negras están perdidas. Agora se:
 
a) 10. ... 26-22; 11.07-12, 22x13; 12.12x28, 24-20; 13.16x23, 31x24; 14.23-28, 21-18; 15.14x21, 25x18; 16.28-31, 27-23; 17.03-07, 23-19; 18.06-11, 13x06; 19.31x03, [GB].
 
b) 10. ... 31-28; 11.16-20, 23x16; 12.07-12, 16x07; 13.03x19, 27-23; 14.18-22, 21-18; 15.14x21, 23x05; 16.22x29, 25x18; 17.02x09, 30-27; 18.29-25, 18-13; 19.09x18, 27-23; 20.06-10, 23-19; 21.18-22, [GB].
 
c) 10. ... 24-20; [A máis resistente] 11.*07-12 ... [Nótese que se 11.02-05, 26-22; 12.07-11, 22x13; 13.14-18, 21x07; 14.03x28, 31x24; 15.16x23, 27x20; 16.05-09, 20-15; 17.09x18, *30-26; 18.04-07, *26-21; 19.18-22, 21-18; 20.22-26, 18-13; 21.26-30, 13-09; 22.07-12, 09-05; 23.12x19, *25-21; 24.06-11, *05-01; 25.10-14, 21-18; 26.14x21, 01x32; 27.30-27, *24-20; 28.27x16, e as negras levan o peón a dama con EMP.] 11. ... 15-11; 12.06x24, 26-22; 13.*10-13, 17x10; 14.12-15, 22x13; 15.15-19, 23-20; 16.16x23, 27x20; 17.19-23, 13-09; [Se 17. ... 20-15; 18.*08-12, 15x08; 19.23-28, 13-09; 20.28-32, 30-27; 21.32-19, 21-17; 22.14-18, GB.] 18.23-28, 09-05; 19.02x09, 10-05; 20.28-32, 05-02; 21.14-19, 20-16; [Se 21. ... 21-18; 22.19-23, 18-13; 23.09x18, 02-09; 24.*23-27, 31x13; 25.32-01, GB.] 22.03-07, 21-18; 23.19-22, 31-28; 24.32x21, 25x18; 25.24-28, 02-06; 26.28-32, 06-24; 27.22-27, 30x23; 28.32x25, [GB].
 
11.14x23, 21x05; 12.02x09, 27x20; 13.16x23, 24-20; 14.07-12 ...


14. ... 26-22;
 
Nada se pode facer. Se 14. ... 25-21; 15.12x19, 21-18; 16.23-28, 31x24; 17.19-23, 18-14; 18.23-28, 14-10; 19.06x13, 17x10; 20.28-32, [GB].
 
15.12x26, 30x21; 16.08-12, 21-18; 17.06-11, 17-13; 18.03-06 ...
 

Máis sinxelo era 18.23-27, 31x22; 19.11-14, 18x11; 20.09x27, 20-16; 21.12-15, 16-12; 22.15-19, 12-07; 23.03x12, 11-06; 24.27-30, 06-02; 25.19-22, [GB].
 
18. ... 25-21; 19.12-16, 21-17; 20.23-28, 31x24; 21.16x23, 18-14; [GB].


Inmediatamente efectuado o lance, aceptando a evidencia, as negras abandonaron sen esperar resposta.

1.10-14, 22-18;


A «Diagonal Vertente» unha apertura que pode orixinar unha amplísima gama de formacións moi populares.
 
2.05-10 ...

 
Seguindo o típico desenvolvemento dos peóns do río cara ao centro. Unha continuación máis flexíbel que 2.06-10, aínda que se as brancas desexan construír a estrutura que se vai formar neste xogo, poderíase alcanzar igualmente tras 2. ... 23-20; movendo 3.02-06.
 
2. ... 23-20;


Para premer o centro xogando polos dous flancos.
 
3.02-05 ...


Configurando a «Partida Alma» tal como foi publicada en 1861 por John Drummond na 3ª edición do seu tratado «The Scottish Draught Player». O «cóbado» formado polos peóns «6», «11» e «14» que agora aparece na estrutura branca non enfraquece a posición pois este non pode ser atacado sempre que se complete a apertura seguindo unha orde precisa de movementos.
 
3. ... 27-22; 4.10-13 ...
 

Conflúe na «Liña C» do noso estudo publicado no artigo do 27/7/2014.
 
Nesta altura sería prematuro 4.12-15� … [Perde] porque podería ser fortemente contestado con 4. … 28-23; [Ameazando 5. … 23-19] 5.15-19, 22x15; 6.14-19, 23x14; 7.10x19, 31-27; 8.05-10 ... [Ou se 8.19-23, 26-22; 9.05-10, 32-28; 10.23x32, 22-19; 11.32x14, 20-16; 12.11x20, 18x02; 13.20-23, 27x20; 14.10-14, 21-18; 15.14x21, 25x18; 16.08-12, 29-26; GN.] 8. ... 18-14; 9.11x18, 21x05; 10.01x10, 32-28; 11.09-13 ... [Se 11.07-11, 25-21; 12.10-14, 20-16; 13.11x20, 24x15; 14.06-10, 21-17; 15.03-06, 26-21; 16.09-13, 16-12; 17.13-18, 17-13; 18.10x26, 29x13; 19.06-11, 15x06; 20.08x15, 28-24; 21.04-08, 06-03; 22.14-18, 27-22; 23.18x27, 30x14; GN.] 11. … 25-21; 12.10-14 ... [Ou 12.07-11, 21-17; 13.04-07, 20-16; 14.11x20, 24x15; 15.19-23, 28x19; 16.07-11, 19-14; 17.10x19 ... (Tampouco salva a situación 17.11x18, 29-25; 18.10-14, 17x10; 19.06x13, 15-11; 20.13-17, 11-07; 21.03x12, 16x07; GN.) 17. … 17x10; 18.11x20, 10-05; 19.06-11, 05-01; 20.11-14, 26-22; 21.19x26, 01x32; GN.] 12. … 15-11; 13.06x15, 20x11; 14.13-18, 21-17; 15.18-21, 27-22; 16.21-25, 22x15; 17.14-18, 17-13; 18.07x14, 15-11; 19.08-12, 13-09; 20.12-15, 09-05; [GN].
 
4. ... 28-23; 5.06-10! ...
 

Aquí tamén se podería seguir con 5.13-17, pero a textual é mellor.
 
Lémbrese que segue sen valer 5.12-15�, pois perde co golpe 5. ... 23-19; 6.14x23, 18-14; 7.11x27, 20x02; [GN].
 
Tamén é importante coñecer que sería igualmente malo 5.05-10�, por 5. ... *32-28!; 6.12-15, 21-17; 7.14x21, 25x18; 8.10-14, 17x10; 9.06x13, 29-25; 10.14x21, 26x10; [GN]. Análise do Dr. Sena Carneiro. Con enorme vantaxe posicional e peón de máis a vitoria negra tan só é cuestión de técnica.
 
5. ... 20-16;


Unha boa réplica nun punto no que 5. ... 21-17; tamén resulta interesante, e 5. ... 32-28; e 5. ... 30-27; son outras posíbeis alternativas.
 
6.12-15, 30-27;

 
Para entroncar na «Confusa do Norte» se as brancas xogan agora 7.08-12. Pero isto é un erro tremendo.
 
Na «Partida Alma», as negras quedan en posición perdedora se avanzan 20-16 cando se ten xa movido 30-27 e as brancas manteñen baleira a casa «12» para poder atacar con 07-12. No noso xogo sucede algo similar pois as negras moven 30-27 cando tiñan xa efectuado o desprazamento 20-16.
 
O mellor era continuar con 6. ... 21-17!; 7.14x21, 25x18; 8.10-14 ... [Malo sería 8.08-12�, por 8. ... 26-21; con vantaxe decisiva das negras. Neste caso tamén sería decisiva a alternativa 8. ... 31-28; que entronca na liña dun xogo José Carlos Anjos vs. Antonio Dias disputado nun dos Torneos de Lamego celebrados na primeira década deste século e xa comentado no artigo da «Alma» que mencionamos na nota do cuarto lance das brancas] 8. ... 17x10; 9.14x21, 26x17; 10.05x14, 23-19; 11.14x23, 31-28; 12.23-27, 30x23; 13.11-14 ... [No noso estudo do blog seguimos como no «TED» con 13.03-06, 16-12; (Non 13. ... 23-19�; por 14.*06-10, 19x03; 15.11-15, 03x13; 16.09x27, GB.) 14.07x16, 23-20; 15.16x23, 28x12; 16.08x15, 24-20; 17.15x24, 32-28; 18.24x31, 22-18; 19.31x13, 17x03; 20.11-15, EMP.] 13. ... 16-12; [Ou 13. ... 23-19; 14.14x23, 28x12; 15.08x15, 32-28; 16.03-06, 28-23; 17.01-05, 23-19; 18.05-10, 19x03; 19.06-11, 03x13; 20.09x27, 17-13; 21.27-30, 13-10; 22.11-15, 10-05; 23.15-19, 24-20; 24.19-22, 05-01; EMP.] 14.07x16, 23-20; 15.16x23, 28x19x10; 16.08-12, 32-28; 17.03-06, 10x03; 18.01-05, 03x16; 19.04-07, 16x03; 20.05-10, 03x13; 21.09x27, 28-23; 22.27-30, 17-13; 23.30x20, 13-10; 24.20-23, [EMP].
 
7.*07-12 ...

Como explicamos antes, este é o movemento gañador. O curioso é que o condutor das negras debeu esquecer este detalle pois el mesmo xa o tiña efectuado anteriormente nun xogo que gañou a Luís Carvalho no Campionato de Portugal por equipos  celebrado en maio do ano 2002.
 
7. ... 16x07; 8.03x12, 32-28;


Outros intentos tamén fracasan:
 
a) 8. ... 22-19; 9.15x22, 26x19; 10.13x22, 27x18; 11.10-13, 19x10; 12.05x14, 23-19; 13.14x23, 18-14; 14.11x18, 21x14; 15.13-18, 25-21; 16.18x25, 14-11; 17.12-16, 11-06; 18.*01-05 ... [Montando «armadilla antipromoción»] 18. ... 24-20; [Se 18. ... 06-02; 19.09-13, 02x20; 20.16x23, 24-20; 21.08-12, 20-16; 22.04-07, 31-28; 23.23-27, 28-23; 24.27-30, 23-19; 25.30-23, GB.] 19.*23-27, 31x22; 20.16x23, 06-03; 21.23-27, 22-19; 22.27-30, 03-16; 23.30-17, 19-14; 24.17-03, 16-30; 25.04-07, 30-20; 26.03-10, 20-16; 27.10x19, 16x03; 28.19-14, 03-17; 29.08-12, 17-06; 30.12-16, 06-03; 31.14-23, 03-06; 32.23-19, 06-24; 33.09-13, 24-28; 34.19-10, 28-24; 35.13-17, 24-28; 36.17-21, 28-24; 37.05-09, 24-15; 38.10-13, 15-02; 39.21-26, 29x22; 40.13x31, [GB].
 
b) 8. ... 23-20; 9.12-16, 27-23; 10.*13-17, 31-28; 11.08-12, 22-19; 12.15x22, 26x19; 13.17x26, 29x22; 14.14x21, 25x18; 15.10-14, 19x10; 16.05x21, 22-19; 17.21-26, 19-15; 18.12x19, 23x07; 19.04x11, 20-15; 20.11x20, 24x15; 21.26-30, 15-11; 22.16-20, 28-24; 23.30-21, 24x15; 24.21x07, [GB].
 
9.12-16 ...


O xogo mencionado Delfim Alves vs. Luís Carvalho seguiu aquí con 9.04-07 ... [Lance gañador tamén] pero a textual é preferíbel. O desenvolvemento publicado no «Jornal de Almada» Nº 2778 continuou con 9. ... 24-20; 10.15x24, 23-20; 11.12-15, 28-23; 12.08-12, 20-16; 13.15-20, 21-17; 14.14x30, 29-26; 15.30x21, 25x18; 16.10-14, 17x10; 17.14x21, 10-06; 18.21-25, 06-03; 19.25-29, 03-06; 20.29x32, 06x08; 21.32-23, 27-22; 22.23-30, 22-19; 23.30-17, 08-04; 24.05-10, 04x05; 25.01x10, 19-15; 26.17-21, [GB].
 
9. ... 21-17;


Defendendo de forma enxeñosa, pero o xogo xa está sentenciado.
 
10.14x30, 22-19; 11.15x22, 27x18; 12.*13x22, 25-21; 13.30x20, 24x06;


Agora as negras teñen dous peóns de menos, pero están a punto de entrar en dama. Aparentemente semella que non saíron malparadas da escaramuza.
 
14.10-14� ...


Así non! As brancas desperdician a vantaxe e ata quedan en inferioridade. Correcto sería preparase para o contragolpe construíndo unha «armadilla anti-promoción». Iso podería realizarse seguindo con algunha destas dúas liñas:
 
a) 14.16-20, 28-24; [No «Tratado da ED» indica que se 14. … 06-03; 15.22-26, 29x22; 16.20-24, 03x13; 17.09x27, 31x22; 18.24x31, 21-18; 19.05-10, GB. Ou se 14. … 06-02; 15.04-07, 02x24; 16.22-27, 31x22; 17.07-11, 24x13; 18.09x27, GB.] 15.20-23, 06-02; 16.23-27, 02-15; 17.27-30, 15x26; 18.09-13, 24-20; 19.30x16, 26-15; 20.16-30, 15-06; 21.05-09, 06-03; 22.08-12, 03x16; 23.10-14, 17x10; 24.30x03, 16-20; 25.14-18, 20-11; como nun xogo Daniel Machado vs. José Silva Pereira do 2º Campionato de Portugal celebrado en Setúbal no ano 1982 que, como indicou o Dr. Cándido de Sena Carneiro no tratado da súa revista, as brancas puideron aquí rematar xa, se continuasen con 26.03-07, 11x25; 27.09-13, [GB].
 
b) 14.08-12 ... [A máis sinxela] 14. ... 28-23; [Se 14. ... 06-02; 15.12-15, 02x24; 16.22-27, 31x22; 17.16-20, 24x13; 18.09x27, 17-13; 19.27-31, 13-09; 20.31x24, 09x02; 21.04-07, 02-09; 22.01-05, 09x02; 23.07-11, 02x15; 24.24x25, GB.] 15.12-15, 21-18; 16.15-20, 23-19; 17.10-13, 17x10; 18.05x23, 06-03; 19.23-27, 18-14; 20.27-30, 29-25; 21.30-26, 03-17; 22.04-07, 17x30; 23.20-23, 30x20; 24.16x23, 14-10; 25.22-26, 10-06; 26.26-30, [GB].
 
14. ... 06-02; 15.14-19, 21-18; 16.05-10, 02-24; 17.08-12, 24-02; 18.10-14, 18x11; 19.12-15, 11-06; 20.22-26, 29x22; 21.19x26, 17-13; 22.09x18, 06-03�;


As negras volven quedar en posición perdedora. Con 22. … 02-09; 23.26-29, 09x08; 24.04-07, [EMP].
 
23.26-29, 02x24;
 

24.18-22� ...
 
Desaproveitando unha nova ocasión para impoñerse. Ata era intuitivo que tras 24.04-07, 03x12; 25.29x08, [GB].
 
24. ... 03-17; 25.16-20, 24x26; 26.29x32, [EMP].


Sergio Bonifacio vs. José Ramalho:
 
O xogo seguir con 1.13-17�, 31-28; 2.17x26, 30x21; 3.23x32, 22-18; 4.32x14, 18x04; [GN].
 
O movemento adecuado era 1.*05-09, único modo de conseguir o empate. Tanto 1.07-11�, como 1.03-06�, como 1.07-12�, perden despois de 1. ... *31-28; 2.23x32, 29-25; 3.32x14, 21-18; 4.14x21, 25x02; [GN].
 
José Carlos Anjos vs. Manuel Cunha:
 
O xogo seguiu con 1. ... 28-23�; que só dá empate.
 
Pero as negras gañaban con 1. … *24-20; 2.15x24, *22-19; 3.13x22, 28-23; 4.11x18, *29-26; 5.22x29, *23-20; 6.29x15, 20x04; [GN].
 
[Na histórica foto colocada mesmo arriba da clasificación tamén se pode ver a posición antes do golpe].