xoves, 15 de setembro de 2022

1º Open Nacional de Matosinhos [18/6/2022]

O pasado 18 de xuño puidemos asistir a un novo torneo de damas clásicas en Portugal. Referímonos ao 1º Open Nacional de Matosinhos que se celebrou nas instalacións do seu Centro  de Desportos e Congresos.

A proba, pertencente á modalidade de rápidas, contou coa presenza de 56 damistas. O Gran Mestre lisboeta Nuno Vieira que nesta ocasión representaba ao equipo do «Capricho Setubalense» consagrouse brillante vencedor. No segundo lugar clasificouse António Figueiredo da «Casa do Povo de Mangualde», e José Carlos Anjos do «Vai Avante» de S. Pedro da Cova ocupou o último lugar do podio.


Na clasificación colectiva o «Capricho Setubalense» finalizou en 1ª posición, seguido do «Vai Avante» e do «Ginasio Vilacondense».
 
Deseguido comentamos algúns dos xogos máis interesantes.

 

1.10-14, 23-19;


Apertura «Diagonal Ortodoxa», na que no seu primeiro lance os dous bandos seguen estritamente as normas da estratexia tradicional de mover cara ao centro.
 
2.14x23, 28x19; 3.12-16, 32-28;


Rexeitando seguir con 3. ... 22-18; traspoñendo para a «Contra-Clásica», unha interesante posibilidade coa que as negras poden contrariar o acelerado avance á casa «16».
 
4.09-13 ...


Configurando a «Bilateral» na que, como o seu nome indica, as brancas deciden ceder a ocupación central para desenvolveren o xogo por ambos os dous flancos do taboleiro.
 
Outras alternativas que se poden escoller neste punto son 4.05-10, que define a «Lateral Esquerda» ou a troca con 4.11-14, que conduce o xogo para unha das liñas da «Ronha».
 
4. ... 28-23; 5.13-17, 21-18;


Para construír unha formación en forma de falanxe. A principal alternativa a 5. ... 19-14; na que as negras realizan primeiro un cambio para tentar gañar espazo para a súa masa de peóns.  
 
6.08-12 ...

 
A continuación principal coa que se inicia o famoso «Ataque de Maize».
 
6. ... 25-21;


Completando o esquema da formación. Se as negras xogasen primeiro 6. ... 18-13; o mellor é replicar con 7.05-09.
 
7.05-10 ...


Neste punto tamén é moi popular a vía con 7.05-09, que transfire o xogo para unha das variantes da «Lateral Esquerda» que se forma máis habitualmente con 1.10-14, 23-19; 2.14x23, 28x19; 3.05-10, 32-28; 4.12-16, 28-23; 5.08-12, 21-18; 6.10-13, 25-21; 7.13-17. O seu desenvolvemento xa foi publicado no artigo do 31/3/2017, ao comentarmos un xogo Joaquim Silva «Pardal» vs. Hélder Sebastião do 21º Torneo de São João da Madeira.
 
7. ... 18-13;


A «Liña 11» do «Tratado Enciclopédico», unha guía imprescindíbel na biblioteca do todo bo damista.
 
8.01-05, 31-28;


A favorita de Nuno. Esta liña xa foi estudada ao comentar un xogo José Carlos Anjos vs. Nuno Vieira do Torneo Bocageano do ano 2015 [Véxase o «Apartado Terceiro»]. Nese mesmo artigo comentamos as alternativas 8. ... 13-09; [«Apartado Primeiro] e 8. ... 29-25; [«Apartado Segundo].
 
Para a restante opción 8. ... 21-18; [Unha liña moito máis frouxa que non presentamos naquel momento] o lector pode ver o 3º xogo do enfrontamento que os mesmos rivais, dirimiron no 18º Campionato de Portugal de Rápidas celebrado no ano 2019 en Casal Vistoso, Lisboa [Artigo do 23/04/2020].
 
9.11-15 …


Unha elección moi popular. Outras posibilidades son:
 
a) 9.05-09 ... [Permite igualar comodamente] 9. ... 29-25; 10.09x18, 21x05; 11.02x09, 19-15; 12.12x19, 22x15; 13.11x20, 24x15; 14.07-11, 28-24; 15.11x20, 24x15; 16.03-07, 15-12; 17.07-11, 12-07; 18.11-15, 07-03; 19.06-10, 03x13; 20.09x18, 26-21; 21.17x26, 30x14; 22.15-19, 14-10; 23.19x28, 10-05; 24.16-20, 05-01; 25.28-32, 25-21; 26.04-07, 21-18; 27.07-11, 27-23; 28.32x25, [EMP].
 
b) 9.04-08, con estas opcións:
 
9. ... 29-25; 10.12-15, 19x12; 11.08x15, 23-19; 12.15-20, 24x15; 13.11x20, *19-15; [Non 13. ... 27-23�; por 14.20x27, 30x23; 15.05-09, 21-18; 16.*17-21, 26x17; 17.07-11, 25-21; 18.11-14, GB. Como nun xogo Hugh Henderson vs. H. Black publicado no «Tratado Enciclopédico» sen indicar máis datos] 14.20-24, 28-23; 15.24-28, 15-12; 16.28-31, 12-08; 17.07-12, 08-04; 18.10-14, 04x18; 19.05-09, 13-10; 20.06x13, 18-04; 21.12-15, 23-19; 22.16-20, 19x12; 23.13-18, 22x13; 24.31x08, 04-18; 25.08x29, 18-27; 26.09x18, 27x16; 27.17x26, 30x14; 28.29-19, 14-11; [EMP].
 
9. ... 21-18; 10.12-15, 19x12; 11.08x15, 23-19; 12.16-20, 19x12; 13.07x16, 24x15; 14.11x20, 27-23; 15.20x27, 30x23; 16.17-21!, 26x17; 17.10-14, 18x11; 18.06x15, 13-10; [Se 19. ... 28-24�; 19.15-19, seguido de 20.05-10, e 21.02x27, GB.] 19.05x14, 28-24; 20.02-05, 29-25; 21.05-10, 22-18; 22.14x21, 25x18; 23.03-06, 18-13; 24.06-11, 13x06; 25.15-20, 24x15; 26.11x27, [EMP].
 
c) 9.11-14, 13-09; 10.07-11, 24-20; 11.11-15, 20x11; 12.06x15, 21-18; 13.14x21, 28-24; 14.03-07, 29-25; 15.10-13, 25x18; 16.05-10, como nun xogo que [Coa transposición 8.11-14, 13-09; 9.01-05, 31-28] disputaron José Carlos Anjos vs. Nuno Vieira do 23º Open da Casa do Povo de Vizela celebrado no ano 2019 e que agora podería seguir con 16. ... 18-14; 17.13-18, 22x06; 18.15x29, 14-10; 19.02x11, 09-05; 20.17-21, 05-01; 21.21-25, 10-05; 22.12-15, 05-02; 23.15-19, 02x22; 24.29x32, 27-23; 25.32x19, 01x32; 26.25-29, 24-20; 27.16x23, 32x01; [EMP].
 
9. … 21-18!;


Neste punto as negras só dispoñen de dúas réplicas e a textual semella ser a máis fina. A outra sería 9. … 29-25; 10.07-11, 19-14; 11.11x18, 21x14; 12.10x19, 23x14; 13.06-10, 13x06; 14.03x19, 27-23; 15.16-20, 23x07; 16.04x11, 22-18; [Ou se 16. ... 30-27; 17.05-09, 22-18; 18.02-05, 27-23; 19.09-13, 18x02; 20.17-21, 23x07; 21.21x30, 02x20; 22.30x03, EMP.] 17.05-10, 18-13; 18.02-06, 13-09; 19.11-14, 09-05; 20.15-20, 24x15; 21.19-22, 26x19; 22.14x32, 15-12; 23.17-21, 25x18; 24.10-14, 18x02; 25.32x01, [EMP].
 
Nótese que non valía 9. ... 13-09�; por 10.10-13, 21-18; [Se 10. ... 19-14; 11.13-18, 22x13; 12.06-10, 13x06; 13.02x25, 09x02; 14.15-19, 23x14; 15.12-15, 02x20; 16.16x32, GB.] 11.06-11, 29-25; 12.03-06, 25-21; 13.04-08, 19-14; 14.15-19, 22x15; 15.13x29, [GB].
 
10.05-09 ...


As brancas aquí tamén poderían alternar con 10.04-08, 29-25; 11.05-09, 19-14; 12.10x19, 23x14; 13.02-05, 27-23; 14.15-19, 22x15; 15.12x19, 26-21; 16.17x26, 30x21; 17.06-10, 13x06; 18.03x10, 14-11; 19.07x14, 18x11; 20.09-13 ... [Se 20.19-22, 11-06; 21.10-13, 21-17; 22.13-18, 06-02; 23.22-27, 02-11; 24.27-31, 11x21; 25.05-10, 21-26; 26.*31-18 ... (Non vale 26.10-14�, como nun xogo José Carlos Anjos vs. Nuno Vieira do 12º Campionato de Portugal de Rápidas celebrado no ano 2013 en São João da Madeira pois podería ser fortemente replicada con 26. ... *26-30; deixando as brancas indefensas. Se agora  27.08-12, *30-21; 28.31-18, 21-26; e cae o peón e GN. Se 27.31-22, 30-21; 28.22-18, 17-13; 29.08-12, 21-26; 30.18-31, 26x08; 31.09x18, 08-12; GN. Ou se 27.14-18, 17-13; 28.31-22, 13-10; 29.22-12, 10-06; 30.18-22, 06-03; 31.22-27, 23-20; 32.16x32, 30x07; GN.) 26. ... 26-19; 27.18-14, 25-21; 28.14x25, 19x05; 29.25-29, 05-14; 30.08-12, 14-04; 31.12-15, 04-14; 32.09-13, 17x10; 33.29-19, 14-18; 34.19x05, 18-14; 35.05x19, 23x14; 36.15-19, EMP.] 20. ... 23x14; 21.10x19, 11-07; 22.13-17, 21-18; 23.17-21, 07-04; 24.21-26, 04-14; como nun xogo Perfeito Aguiar vs. Nuno Vieira disputado no Torneo Bocageano celebrado en Setúbal no ano 2018, que agora podería seguir con 25.26-29!, 14x01; 26.29-22, 01x23; 27.22x09, 25-21; 28.16-20, 23x16; 29.08-12, 16x07; 30.09-05, [EMP].
 
10. ... 19-14; 11.10x19, 23x14; 12.07-11� ...


Un tremendo erro que de repente enfraquece a estrutura de xeito irreparábel. Correcto sería 12.02-05, 13-10!; [Non 12. ... 27-23�; por 13.06-10, 13x06; 14.03x19, 23x14; 15.09-13, 18x02; 16.04-08, 02x20; 17.16x32, GB.] 13.06x13, 27-23; 14.04-08, 22-19; 15.13x22, 14-11; 16.07x14, 19x01; 17.22-27, 23-20; 18.16x32, 30x23; 19.32x19, 01x28; 20.12-16, 26-22; 21.16-20, 28-14; 22.15-19, 14x16; 23.08-12, 16x07; 24.03x12, 22-19; 25.17-21, 19-14; 26.12-15, 14-11; 27.15-19, 11-07; 28.19-23, 07-04; 29.23-28, 04x25; 30.28-32, [EMP]. Con todo as negras xa tiñan gañado un dos xogos anteriores, e o empate favorecía os seus intereses.
 
12. ... 14x07; 13.04x11, *28-23;


O lance gañador que, se ben é único, resulta totalmente intuitivo.
 
14.02-05 ...


Contra o movemento do outro peón da base segue un remate similar. O máis resistente sería 14.16-20, 23x07; 15.03x12, *13-10!!; 16.06x13, *27-23; 17.12-16, *23-19; 18.16-20, 19x12; 19.20-23, 12-08; 20.23-28, 22-19!; 21.13x22, 19-15; 22.11x20, 24x15; 23.28-32, 26x19; 24.32x01, 08-04; e as brancas perden por inconsistencia.
 
14. ... 18-14; [GN].


As brancas abandonan. Agora tras 15.09x18, 22x13; 16.11x18, seguiría 16. ... 23-20; 17.16x23, 27x02; e a vitoria negra resulta máis que evidente.
 
 

1.10-14, 23-19;


A «Diagonal Ortodoxa», a mesma forma de inicio empregada no xogo que acabamos de comentar. Sen dúbida a máis popular nos torneos de apertura libre.
 
2.14x23, 28x19; 3.09-13, 32-28; 4.13-17, 28-23; 5.05-10 ...


Se 5.12-16, estariamos na «Bilateral», tal como no xogo anterior.
 
5. ... 21-18; 6.01-05 ...


Entrando por transposición na «Lateral Dereita», unha formación tradicionalmente construída con 1.10-14, 23-19; 2.14x23, 28x19; 3.05-10, 32-28; 4.01-05, 28-23; 5.09-13, 21-18; 6.13-17.
 
6. ... 18-14;
 
Decidíndose pola reputada «Defensa de Garcez», introducida por este autor clásico español no seu tratado publicado no ano 1684.
 
7.11x18, 22x13; 8.07-11, 13-09; 9.12-15 ...


A «variante da rolla», posta de moda polos xogadores do mítico equipo de Almada que dominou durante case tres lustros as primeiras competicións colectivas organizadas pola Federación Portuguesa.
 
9. ... 19x12; 10.08x15, 26-22; 11.10-14, 30-26; 12.05-10, 22-19�;


Unha adecuada preparación teórica pode axudar en gran medida  a evitar moitos erros que se cometen no xogo en vivo. Con todo, para poder realizar esta preparación, a parte da habilidade propia de cada xogador, resulta imprescindíbel contar cun material bibliográfico que actualmente non é doado conseguir. Coa publicación deste blog tentamos encher un pouco ese oco provocado por tal inconveniente.
 
O lance textual constitúe un grave erro que deixa ás negras en posición perdedora, deslice que podería ser evitado se tivesen estudado adecuadamente o noso artigo do 26/8/2019 no que incluímos a análise detallada desta variante ao presentar un xogo que remata cun espectacular golpe do mestre portuense Joaquim Bravo.  Correcto sería seguir con 12. ... 23-20; ou 12. ... 25-21; como se indica no citado artigo.
 
13.15x22, 26x19;


Esta posición tamén se pode formar na liña con 8.12-15, 19x12; 9.08x15, 13-09; 10.10-14, 27-22; 11.05-10, 22-19; 12.15x22, 26x19; 13.07-11, se as negras agora xogan 13. ... 30-27�; en lugar do adecuado 13. ... 30-26. Foi precisamente esta orde de movementos a que seguimos nun xogo tamén publicado por nós no 3/7/2010 para explicar en que consiste a «Manobra de Timoneda» que se produce a continuación.
 
14.*10-13 ...

 
As brancas pensaron aquí un pouco e acertaron coa decisiva continuación.
 
14. ... 19x10; 15.17-21, 25x18; 16.13x22, 27x18; 17.06x22 ...


Despois da combinación o material está igualado, pero a superioridade posicional das brancas resulta obvia pois o peón da casa «22» amarra aos dous peóns negros da base e estas para poder aguantar terán que entregar un dos outros dous peóns libres.
 
17. ... 23-19; 18.03-07, 24-20; 19.07-12, 20-15; 20.11x20, 19-14; 21.20-23, 14-10; 22.23-27, 10-05; 23.27-30, 05-01; 24.12-15, 01-14; 25.15-20, 14-10; 26.20-24, 10-14; 27.04-08, 14-07;


A dama podería permanecer en calquera das casas inferiores do río. Nese caso as brancas avanzan o peón «8» ata a casa «15» coa mortal ameaza de sacrificio na «19». A vitoria resultaría moi sinxela pois se a dama negra come para «32» segue 24-28 e cae atrapada no «niño» da casa «26». Se por contra, para en «28» cae igualmente despois de 22-27.
 
28.30-16 ...


Unha perda de tempo innecesaria. A diferenza do que vai acontecer no xogo, agora 28.23-27!, era gañadora. Pois tras 28. ... 31x22; segue 29.24-28, 07-14; 30.28-32, 22-19; [Se 30. ... 14-01; 31.*30-26, GB.] 31.30-23, 29-25; 32.23-28, 25-21; 33.08-12, 19-15; 34.28x05, 15x08; 35.32-14, 08-04; 36.14x25, 04-08; e o «saque» resulta comodísimo con 37.05-28, 08-22; e 38.02-06, [GB].
 
28. ... 07-21; 29.22-27� ...


Movemento errado nesta altura. Adecuado era volver á casa «30» para seguir, segundo a resposta negra, co respectivo proceso indicado nunha das notas anteriores.
 
29. ... 31x22; 30.24-28, 21-14; 31.28-31 ...


Agora se 31.28-32, 14-01; 32.16-12, *29-26; 33.12-15, *22-18; 34.15x29, *18-14; 35.32x10, 01x14; [EMP].
 
31. ... 14-32; 32.31x18, 29-25; 33.16-03, 32-19; 34.03-13, 19-26�;


De forma inexplicábel, sen haber perigo ningún abandonan o río para quedar de novo en posición perdedora.
 
35.13-10, 26-17; 36.10-01, 17-03; 37.18-27, 03-13; 38.27-30, 13-22; 39.30-20, 22-31; 40.08-12, 31-22; 41.12-16, 25-21; 42.20-06, 22-29; 43.06-17, 29-26; 44.01-14 ...


Completamente innecesario. Moito máis rápido e sinxelo era 44.17-13, para despois levar o peón «16» a dama e gañar con absoluta comodidade,
 
44. ... 26-30; 45.14x25, 30-23; 46.16-20, 23x16; 47.25-14 ...


Agora estamos no «Saque de peón», un final práctico dos máis difíciles e que require unha sofisticada técnica.
 
47. ... 16-12; 48.14-28, 12-15;


Formando a posición do Suposto con DAMA NEGRA en «15» do Método de David Fernando Martins que o lector pode ver nun recente artigo do noso blog, publicado o 9/1/2022.
 
49.17-21 ...
 
Ameazando a decisiva troca na casa «11».
 
49. ... 15-24;
 

Para tratar de aguantar o máximo posíbel o mellor sería seguir con 49. ... 15-12. A continuación textual non ofrece case resistencia.
 
50.28-14 ...
 
Un movemento sen sentido. En damas resulta enormemente importante coñecer os principais finais prácticos, pero dentro da fase de preparación cada certo tempo tamén se deben realizar estudos de repaso para refrescar a súa técnica.
 
A vitoria branca agora materializaríase de modo fulminante con 50.28-31, xa que despois de 50. ... 24-20; [Se 50. ... 24-15; o proceso sería idéntico] segue 51.21-11!!, 20x06; 52.02x11, sen importar que as negras poidan ir a dama con 52. ... 09-05; xa que tras 53.31-28, 05-02; [Ou 53. ... 05-01; 54.28-32; GB.] 54.28-24, [GB]. Un remate elemental que aparece con frecuencia noutros finais que nada teñen que ver co «Saque».
 
50. ... 24-20; 51.14-28, 20-24;


Evidentemente, as negras repiten a posición por segunda vez.
 
52.28-19 ...


As brancas continúan sen ver a manobra de remate fulminante, pero agora ao menos xa efectúan un lance que permite progresar.
 
52. ... 24-31;
 
Escapando da diagonal para evitar o cambio de damas.
 
53.19-10 ...


Una perda innecesaria de tempo, pois neste punto o peón xa podía arrancar. Despois de 53.02-06!, 31-24; [Se 53. ... 31-13; 54.*21-17, 13x03; 55.19-10, 03x13; 56.17x10, GB.] 54.21-11, 24-31; 55.11-24, 31-18; [Ou se 55. ... 31-13; 56.19-05!, 09x02; 57.06-11, 02x15; 58.24x17, GB.] 56.19-01, 18-21; 57.24-31, 21-04; 58.31-22, 04-07; 59.22-08, 07-04; 60.01-28, 04-18; 61.08-04, a dama negra é expulsada da transversal e o peón coroa sen demasiados problemas.
 
53. ... 31-27; 54.21-17 ...


O Zé Carlos semella totalmente desconcertado. Unha vez máis o peón podería xa arrancar.
 
54. ... 27-20; 55.10-28, 20-11; 56.28-23, 11-15; 57.17-21, 15-22; 58.23-10 ...


Continúa a dar voltas desaproveitando de novo a posibilidade de sacar o peón.
 
58. ... 22-15; 59.10-28� ...
 
Debido as perdas de tempo efectuadas nos movementos anteriores, agora este lance convértese nun erro moi grave que permite empate fulminante.
 
59. ... *15-24;


O movemento adecuado repetindo a mesma posición por terceira vez. Por regulamento as negras poderían xa neste punto reclamar o empate, pero non se decataron.
 
60.28-23, 24-31; 61.21-17, 31-22; 62.23-14, 22-12; 63.14-28, 12-15; 64.17-21, 15-24;


Repítese posición por cuarta vez. As negras continúan sen reclamar empate.
 
65.28-14, 24-15; 66.21-17, 15-12;


Completa 20 lances sen que houbese trocas ou movementos de peón. Outra das posibilidades contempladas para poder reclamar o empate que as negras desaproveitaron.
 
67.02-06� ...


Seguramente pensando na regra que acabamos de citar, as brancas por fin avanzan o peón, pero agora o empate chega de forma irremisíbel sen necesidade de aplicar ningunha das excepcións do regulamento.
 
67. ... 12-15; 68.14-11 ...

Se 68.06-10 ... [Ameazando aplicar o «gancho» con 69.14-11, se as negras aavanzan o peón68. ... 15-08;  [Ou espera nas casas «2»«22» ou «29»69.10-13, 09-05; 70.14x01, 08-22; [EMP].

68. ... 15-19; [EMP].
 
 
 

1.10-14, 24-20;

 
A «Diagonal Límite», unha popular apertura bastante difundida que aínda que segundo a teoría está catalogada como lixeiramente favorábel para as brancas, moitas veces orixina xogos tácticos nos que ambos os dous bandos adoitan dispoñer de boas posibilidades para poder tentar a sorpresa.  
 
2.12-15 ...


A segunda opción máis empregada por detrás de 2.12-16, considerada estratexicamente como a réplica ideal.
 
2. ... 28-24; 3.14-18, 21x14; 4.11x18, 22x13; 5.09x18, 20x11; 6.07x14 ...


Configurado a «Partida Paralela do Dique», á que xa temos dedicado un detallado estudo no artigo do 13 de abril do ano 2013.
 
6. ... 24-20;


A principal variante, coas negras dirixíndose ao flanco máis débil das brancas.
 
7.08-12, 32-28; 8.03-07, 28-24;


Unha posición que tamén se pode formar na variante 6. ... 23-20; tras 7.08-12, 32-28; 8.03-07, 28-23.
 
9.06-11, 20-16;


Outras posibilidades para as negras nesta altura poden ser:
 
a) 9. ... 27-22; 10.18x27, 31x22; 11.05-09, 20-16; 12.14-18, 22x13; 13.09x18, 23-19; 14.11-15, 19-14; 15.15-19, 30-27; 16.01-05, 14-11; 17.07x14, 16x07; 18.04x11, 26-22; 19.19x26, 29x13; 20.14-19, 25-21; 21.11-15, 21-17; [EMP]. Como nun xogo Daniel Machado vs. Arlindo Roda do 14º Campionato de Portugal celebrado en Sines no ano 1994.
 
b) 9. ... 26-22; 10.05-09, 22x13; 11.09x18, 29-26; 12.01-05, 26-21; 13.05-09, 20-16; 14.02-06, 23-20; 15.06-10, 27-22; 16.18x27, 31x22; 17.12-15, 21-17; 18.09-13, 25-21; 19.04-08, 30-27; 20.14-19, 21-18; 21.19x26, 18x09; 22.26-30, 09-05; 23.30x23, 05-02; 24.07-12, 16x07; 25.23x03, 02-06; 26.03-16, 06x13; 27.11-14, 13-03; 28.14-19, 03-13; 29.19-23, 13-10; 30.23-27, 17-13; 31.27-30, 13-09; 32.16-03, 10-32; 33.30-21, 24-20!; [Non 33. ... 09-05�; polo golpe con 34.15-20, 24x15; 35.21-11, 15x06; 36.03x01, GB. Bloqueo bipolar] 34.15x24, 09-05; [EMP].
 
10.12-15 ...


O 2º xogo da sesión entre os mesmos contrincantes desenvolveuse de modo similar. Neste punto seguiu con 10.05-10, 27-22; 11.18x27, 31x22; 12.01-05, 26-21; 13.12-15, 21-18; 14.14x21, 25x18; 15.10-14, 29-25; 16.14x21, 25x18; 17.05-10, 23-19; 18.15-20, 24x06; 19.02x11, 16-12; 20.07x16, 30-27; 21.11-15, 19x12; 22.16-20, 22-19; 23.20-24, 18-14; 24.24-28 ... [Aquí 24.04-08, xa forzaba o empate] 24. ... 14x05; 25.28-31, 27-23; 26.31-27, [EMP].
 
10. ... 23-20; 11.05-10, 26-21; 12.01-05, 29-26�;


Meténdose en posición perdedora. Nesta altura só había unha única forma de salvar o xogo. Esta era efectuando o corte 12. ... *27-22; 13.18x27, *31x22; e agora se 14.14-19, 21-17!; 15.19x26, 29x22; 16.10-14, 22-18; 17.14x21, 25x18; 18.05-09, 30-27; 19.02-05, *17-13; 20.04-08, *27-22; 21.08-12, *13-10; 22.05x21, *22-18; 23.09-13!, 18x09; 24.21-26, 09-05; 25.26-29, 05-01; 26.29-25, 01-23; [EMP].
 
13.05-09, 26-22;


Nada se pode facer. Agora se:
 
a) 13. ... 27-23; 14.10-13, 21-17; [Ou 14. ... 26-22; 15.18x27, 31x22; 16.14-19, 23x14; 17.11x27, 20x11; 18.07x14, 30x23; 19.13-17, 21-18; 20.14x21, 25x18; 21.17-21, 18-14; 22.21-26, 14-10; 23.09-13, 16-12; 24.26-30, 24-20; 25.30-26, 12-07; 26.04x11, 10-06; 27.26-08, 20-16; 28.13-17, 06-03; 29.11-14, 03-13; 30.17-21, 13-03; 31.21-25, 03-07; 32.08-04, 07x21; 33.25-29, 21-30; 34.04-14, 23-20; 35.14-04, GB.] 15.04-08, 17x10; 16.02-05, 10x01; 17.08-12, 01x19; 18.15x29, [GB].
 
b) 13. ... 27-22; 14.18x27, 30x23; 15.02-05, 21-17; 16.04-08, 31-27; 17.10-13, 17x01; 18.08-12, 01x19; 19.15x29, 25-21; 20.29-26, 21-18; 21.26-21, [GB].
 
14.02-06, 22x13; 15.10x26, 30x21; 16.14-19� ...


Desaproveita a vantaxe. O camiño gañador era con 16.*06-10, 31-28; 17.09-13, 27-22; 18.14-19, 21-18; 19.19x26, 18x09; 20.26-30, 09-05; 21.07-12, 16x07; 22.30x03, 05-02; 23.10-14, 02-09; 24.14-19, 09-02; 25.03-17, 24-20; 26.15x31, 02x29; 27.17-10, [GB].
 
Despois do movemento textual a posición tórnase completamente igualada.
 
16. ... *31-28; 17.06-10, 27-23; 18.10-13, 23x14; 19.11x18, 20x11; 20.07x14, 21-17; 21.18-22, 17x10; 22.22-26, 10-05; 23.26-29, 05-02; 24.29-19, 02-11; 25.19x32, 11x18; 26.32-19, 25-21; 27.19-01, 21-17;


O empate prodúcese agora de modo forzado.
 
28.04-07, 18x04; [EMP].
 
 

1.10-14, 21-17;


A glamurosa «Diagonal Marxinal», unha apertura que se ben, está considerada estratexicamente inferior para as negras xa que ceden o control do centro, ao igual que a «Diagonal Límite» do xogo anterior resulta moi propicia para tender trampas e crear posicións idóneas para os amantes dos enfrontamentos tácticos.
 
2.14-18 ...


O asalto á casa «dique» para entrar na «Partida Bristol», un movemento habitual cando se inicia o xogo coa «Crítica Marxinal»: 1.10-13, 21-17. Pero co desenvolvemento textual as brancas poderían alternar con 2.05-10, formando a «Partida Ariana», tamén lixeiramente favorábel para o primeiro bando.
 
2. ... 22x13; 3.09x18, 23-19;


Agora a réplica natural, impedindo que as brancas ocupen a casa «14».
 
4.12-15 ...


Aínda que 4.11-15, tamén sería unha boa elección, as brancas case sempre prefiren remover o peón central para tentar construír outro tipo de formación ocupando, ademais da «18», as casas «7», «11» e «14».
 
4. ... 19x12; 5.08x15, 28-23; 6.11-14, 23-20;


A opción favorita. As negras comezan a mobilizar efectivos para tentar atacar polo flanco esquerdo das brancas. 
 
7.07-11! ...


O tratamento adecuado. A primeira vista semella mellor 7.06-11, para non facilitar o ataque negro no flanco esquerdo, pero realmente permitiría igualar comodamente, pois debilita a casa «10». Nese caso seguiría 7. ... 17-13!; e se 8.03-06, 31-28!; paralizando o desenvolvemento pretendido, pois se  9.05-10�, 27-23; 10.10x17, 23-19; e as negras entran en dama. Ou se 9.05-09�, 27-22; 10.18x27, 30x23; 11.09x18, 23-19; golpe de Melvin Pomeroy con similar desenlace. Correcto sería 9.04-08, con xogo equilibrado.
 
7. ... 32-28; 8.05-10 ...


Aquí, tal como aconteceu no enfrontamento Joaquim Barros vs. Veríssimo Dias do pasado Campionato de Portugal de Rápidas por Equipos, poderíase optar por 8.05-09, para tras 8. ... 20-16; 9.01-05, con 9. ... 28-23; 10.05-10, entroncar na mesma posición do noso xogo. Pero  seguir esa orde cando as brancas aspiran a gañar resulta inadecuado pois o segundo xogador, se quixese, dispoñería da posibilidade de forzar un rápido empate co golpe 9. ... 24-20; 10.15x24, 27-22; 11.18x27, 31x22; 12.24x31, 22-18; 13.*14x21 ... [Facendo desaparecer o peón «14» para crear «armadilla». Se capturan directamente coa dama, as brancas quedan en posición perdedora] 13. ... 25x18; 14.31x13, 17x01; 15.02-05, 01x07; 16.03x12, 16x07; 17.04x11, [EMP].
 
8. ... 20-16; 9.01-05 ...


Outras alternativas son 9.03-07, 9.04-07 ou 9.17-21, que o lector pode ver no noso artigo do 13/12/2016, no que se fai un exhaustivo estudo desta liña da «Bristol» con 4.12-15.
 
9. ... 28-23;


Neste punto sería inferior 9. ... 16-12; pois pode seguir 10.05-09!, 26-21; [Se 10. ... 28-23; traspón na frouxa liña do desvío do xogo principal con 10. ... 16-12] 11.15-19, 24-20; 12.11-15, 20x11; 13.06x15 ... [Entroncando nunha favorábel posición alcanzada nun xogo Manuel Vaz Vieira vs. Delfim Alves do 24º Campionato de Portugal disputado en Foz do Arelho no ano 2004] 13. ... 28-24; [Se 13. ... 12-08�; (Perde) 14.19-22, 27-23; (Se 14. ... 28-24; 15.15-19, 30-26; 16.03-07, 24-20; 17.10-13, 17x10; 18.19-23, 26x19; 19.23x30, 10-05; 20.30x17, 19x10; 21.17x24, 05-01; 22.24-20, 01-32; 23.20-30, 32-05; 24.07-11, 05-28; 25.18-22, GB.) 15.09-13, 30-27; 16.03-07, 28-24; 17.15-19, 23-20; 18.19-23, 20-16; 19.23x30, 31-28; 20.22-26, 29x22; 21.18x27, 28-23; 22.30-26, GB. Como no mencionado xogo de Foz do Arelho] 14.04-08, *30-26; 15.10-13!, 17x10; 16.19-22, 26x19; 17.14x30, 21x14; 18.09-13, *25-21; 19.30x17, *14-11; 20.17-30!, *12-07; 21.03x12, *11-07; 22.13-18, 07-03; 23.30-17 ... [Se 23.12-16, *24-20; 24.15x24, 29-26; 25.30x06, 03x22; 26.*02-05, EMP.] 23. ... 03x16; 24.17x03, 16-27; 25.03-13, 27-20; 26.15-19, 20-11; 27.19-23, 11x25; 28.23-28, 24-20; 29.28-32, 20-16; [EMP].
 
10.05-09 …


A mellor neste punto.
 
10. … 23-20!;


O modo máis fino de defender. Inferiores resultan:
 
a) 10. ... 26-21; que pode ser contestada con:
 
11.15-19, 17-13; 12.10x26, 29x15; 13.11x20, 24x15; 14.04-08, 15-12; 15.08x15, 16-12; 16.09-13, 12-08; 17.15-19, 23-20; 18.19-22, 20-15; 19.13-17, 15-12; 20.22-26, 30x21; 21.17x26, 08-04; 22.06-11, 04-08; 23.26-30, 27-22; 24.18x27, 31x22; 25.11-15, 22-18; 26.14x21, 25x18; 27.30-23, 08-04; 28.15-19, 04-08; [EMP].
 
11.18-22, 27x18; 12.15-19 ... [Frouxa sería 12.10-13, 17x10; 13.06x22, 21-18; 14.14x21, 25x18; 15.02-06, 16-12; 16.06-10, 23-19; 17.04-08, 30-26; 18.*09-13 ... (Non 18.10-13�, como nun xogo Antonio Russo vs. Manuel Custódio do 13º Campionato de Portugal celebrado en Faro no ano 2013, que curiosamente acabou en empate porque as negras non viron que podían impoñerse con 18. ... *24-20; 19.15x24, 19-14; 20.08x15, 26x12; 21.13x22, 14x07; 22.22-27, 31x22; 23.24-28, 07-04; 24.28-31, 22-19; 25.09-13, 12-08; 26.31-22, 04-18; 27.22x15, 18x09; GN.) 18. ... 18x09; 19.*03-07, 12x03; 20.*11-14, 03x27; 21.14x30, 09-05; 22.30x21, 05-01; 23.21-04, EMP.] 12. ... 17-13; 13.10x26, 29x15; 14.11x27, 18x11; 15.06x15, 31x22; 16.09-13, 25-21; 17.13-17, 16-12; 18.17x26, 30x21; 19.03-06, 21-17; 20.06-10, 22-18; 21.15-19, 18-14; 22.19-23, 14x05; 23.02x09, 24-20; 24.23-28, 20-15; 25.28-32, 15-11; 26.32-10, 12-07; 27.10-03, 11-06; [EMP]. Como nun xogo Víctor Oliveira vs. Cap. Antonio dos Santos Deodato disputado no 14º Campionato de Portugal que se celebrou en Sines no ano 1994.
 
b) 10. ... 16-12; 11.15-19!, 23-20; 12.19-22!, 26x19; 13.14x23, e as negras deben seguir con enorme coidado. Agora se:
 
13. ... 17-13�; [Perde] 14.10x17, 20-15; 15.11x20, 24x15; 16.*04-07!! ... [Non 16.04-08�, 27x20; 17.06-11, 15x06; 18.08x24, como nos xogos Arlindo Roda vs. Sergio Bonifacio do 20º Campionato de Portugal disputado en Amadora no ano 2000 ou José Carlos Anjos vs. Tiago Manuel do 34º Campionato de Portugal disputado en Santa María da Feira no ano 2014, pois así as negras non teñen problemas para empatar] 16.*04-07, 27x20; 17.07x23, 15-12; 18.*18-22! ... [A clave que conduce á vitoria] 18. ... 12-08; 19.23-27, 30x23; 20.09-13, 23-20; 21.13-18, 20-16; 22.06-10, 31-28; 23.22-27, 29-26; 24.10-14, 16-12; 25.14-19, 28-24; 26.27-31, 24-20; 27.31-28, 20-16; 28.19-22, 26x19; 29.28x10, 12-07; 30.03x12, 16x07; 31.10-03, 07-04; 32.03-10, 04x21; 33.17x26, 08-04; 34.26-30, [GB].
 
13. ... 20-15�; [Perde] 14.11x20, 24x15; 15.23-28, 31x24; 16.18-21, 25x18; 17.10-13, 17x10; 18.06x31, 15-11; 19.31-22 ... [Máis sinxelo que 19.31-18, 11-07; 20.04x11, 29-25; 21.11-15, 30-26; 22.09-13, 12-08; 23.18-04, 26-22; 24.02-05, 25-21; 25.04x25, 08-04; GB. Como nun xogo Arlindo Roda vs. Manuel Vaz Vieira disputado no Pre-Nacional de Abrates do ano 2002 e publicado no semanario «Cidade de Tomar» Nº 3499] 19. ... 30-26; 20.22x08, 26-22; 21.08x26, 29x22; 22.09-13, 22-19; 23.13-17, 24-20; 24.17-21, 20-16; 25.21-26, 19-15; 26.26-29, [GB].
 
13. ... 20-16; [Empata, aínda que require bastante precisión] 14.23-28, 12-07; 15.03x12, 16x07; 16.28-32, 31-28!; [Resulta necesario entregar este peón ou o da casa «27». Se 16. ... 07-03; 17.18-21, 25x18; 18.10-14, 03x19; 19.32x21, 27-23; 20.21-14, 23-20; 21.14-10, 20-16; 22.04-07, 29-25; 23.09-13, GB.] 17.*32x14, *17-13; 18.10x17, *07-03; 19.14-10, *27-23; 20.10x32, 03x27; [Ou tamén 20... 03x22; 21.32-10, 30-26; 22.10-23, 22-12; 23.23-01, 24-20; 24.01-23, 20-16; 25.11-14, 26-22; 26.14-18, 22x13; 27.09x18, 29-26; 28.02-05, 12-08; 29.05-09, 26-21; 30.17x26, 08x29; 31.23-14, 29-26; EMP.] 21.32-14 .. [Ameazando un decisivo cambio de damas] 21. ... *27-16; 22.14-01, 16-27; 23.11-15 ... [A mellor forma para tentar progresar] 23. ... 30-26; 24.02-06, 27-30; 25.06-11, 30-27; 26.11-14, 27-30; 27.14-19, 30-20; 28.04-08, 20x11; 29.19-23, 11-14; 30.01x19, 26-21; 31.17x26, 29x15; [EMP].
 
13. ... 12-07!; [Dentro da inferioridade, posibelmente o modo máis sinxelo de defensa] 14.03x12, 30-26!; 15.23x30, 26-21; 16.30x16, 21x05; 17.12-15, 31-27; 18.16x30, 29-26; 19.30x21, 25x18; 20.15-19, 05-01; 21.19-22, 01-23; 22.11-15 ... [Se 22.22-26, 23-30; 23.26-29, 30-26; 24.29x13, 17x03; 25.11-14, 03-12; 26.09-13, 12-22; 27.13-17, 24-20; EMP.] 22. ... 23-16; 23.22-26, 16-12; 24.26-30, 12x22; 25.30-23, 22-08; 26.06-11, 08-29; 27.23-10, 24-20; 28.10-23, 20-16; 29.23-10, 29-22; 30.10-23, 22-26; 31.23-10, 26-22; [EMP].
 
11.18-21 …


A continuación máis combativa, aínda que aquí tamén se ten alternado con 11.04-07, 27-22; [Ou se 11. … 26-21; 12.10-13, 17x10; 13.06x13, 21-17; 14.02-06, 17x10; 15.06x13, 30-26; 16.13-17, como nun xogo disputado por Con McCarrick vs. Jim Grant no Open Británico do ano 1996, que na nosa modalidade podería seguir con 16. ... 27-22; 17.18x27, 31x22; 18.03-06, 16-12; 19.07x23, 22-19; 20.15x22, 26x03; 21.23-28, 03-07; 22.28-31, 07x14; 23.09-13, 14-32; 24.13-18, 24-20; 25.18-22, EMP.] 12.18x27, 31x22; 13.14-19, 26-21; 14.19x26, 29x22; 15.10-14 ... [Ou 15.10-13, 17x10; 16.06x13, 21-18; 17.15-19, 22x06; 18.13x22, 25-21; 19.03x10, 21-18; 20.10-13, 18-14; 21.13-17, 20-15; 22.02-06, 15-12; 23.17-21, 12x03; 24.22-26, 03x10; 25.09-13, 10x17; 26.26-29, 17x26; 27.29x10, EMP.] 15. ... 21-18; 16.14x21, 25x18; 17.06-10, 17-13!; 18.10x17, 30-26; 19.09-13, 18x09; 20.03-06, 22-18; 21.15-19, 20-15; 22.11x20, 24x15; 23.19-23, 15-12; 24.23-27, 12x03; 25.27-30, 03x13; 26.30x07, [EMP].
 
11. … 25x18; 12.14x21, 16-12; 13.15-19 …


Fuxindo das rutas empregadas nos xogos dos que existen rexistros. Segundo a nosa base de datos, as vías coñecidas son:
 
a) 13.21-25 ... [Unha rara continuación, pois o peón non corre perigo e semella molestar máis na casa «21»] 13. ... 26-22!; [Impedindo o avance do peón de «11». As negras agora dispoñen dunha moi cómoda posición. En cambio se 13. ... 27-22; permite 14.11-14, 20x11; 15.06x15, con lixeira vantaxe das brancas. Podería seguir 15. ... 31-28; (Ou 15. ... 26-21; 16.14-19, 21-18; 17.19x26, 30x21; 18.02-05, 12-08; 19.15-19, 24-20; 20.19-22, 18-14; 21.10x19, 31-27; 22.22x31, 21-18; 23.31x13, 17x01; 24.19-22, 01-23; 25.22-26, 29x22; 26.25-29, 22-18; 27.29-22, 18-13; 28.09x18, 23-14; 29.22-27, 14x21; 30.27x16, 21-14; EMP.) 16.02-06, 12-08; 17.14-18, 22x13; 18.09x18, 28-23; 19.10-14, 23-20; 20.15-19, 17-13; 21.18-22, 13-09; 22.22-27, 30x23; 23.19x28, 09-05; 24.14-19 ... (Construíndo «armadilla anti-promoción») 24. ... 20-16; 25.06-11, 26-21; (Para desactivar a «armadilla». Non vale 25. ... 16-12�; por 26.11-15, 24-20; 27.15x24, 05-02; 28.28-32, 02-15; 29.19-22, 26x19; 30.32x01, 15-20; 31.01-14, 12-07; 32.03x12, GB. Como nun xogo Cap. Antonio dos Santos Deodato vs. Víctor Oliveira do 14º Campionato de Portugal celebrado en Sines no ano 1994) 26.11-14, 05-02; 27.28-31, 02-05; 28.31-13, 21-17; 29.13-10, 05-01; 30.03-07, 24-20; 31.10-06, 01-10; 32.06x13, 17x10; 33.19-22, 10-05; 34.22-26, 29x22; 35.25-29, 05-01; 36.29x24, 01x19; EMP.] 14.10-14, 20-16; 15.15-20, 24x15; 16.11x20 ... [Confluíndo na liña da «variante b» que expoñemos deseguido].
 
b) 13.10-14, 20-16!; 14.15-20, 24x15; 15.11x20, 26-22; 16.21-25 ... [Agora necesario para non enfraquecer a posición. Netamente inferior sería 16.20-24, 22-19!; 17.14x23, 27x20; 18.09-13, 17x10; 19.06x13, 20-15; 20.*04-08, 15-11; 21.08x15, 16-12; 22.15-19, 11-07; 23.*19-22, 07-04; 24.*21-26, 30x21; 25.*13-17, 04-18; 26.17x26, 18x27; 27.26-30, 27-16; 28.02-06, 12-08; 29.06-11, 16-12; 30.30-16, 12-19; 31.11-15, 19x12; 32.16x07, EMP.] e nesta altura se:
 
16. ... 12-08; 17.09-13, 17x10; 18.06x13, 16-12; 19.13-17, 27-23; 20.20x27, 30x23; 21.17-21, 23-20; [Un lance perigosísimo que compromete enormemente a defensa. Preferíbel era 20. ... 22-19; 22.21-26, 19x10; 23.26-30, 10-05; 24.30x07, 05-01;  aínda que o empate tampouco resulta doado.] 22.21-26, 20-16; 23.26-30, *31-27; [Non 23. … 12-07�; 24.03x12, 16x07; 25.04x11, 22-18; 26.14x21, 08-04; 27.11-15 … (Se 27.11-14�, 04x18; 28.21-26, 29x22; 29.30-21, 18-04; EMP. Como nun xogo Carlos Bastos vs. Justino Miguel do 17º Campionato de Portugal de Rápidas celebrado en São João da Madeira no ano 2018) 27. ... 04-11; 28.30-20, 11-14; 29.20-16, 14-11; 30.21-26, 29x22; 31.25-29, 11x24; 32.29x19, GB.] 24.30x23, 12-07; 25.04x11 ... [Superior a 25.03x12, 16x07; 26.04x11, 08-04; 27.23-32, 04-07; 28.02-06, 07-12!; 29.32-28, 12-16; 30.11-15, 16-30; 31.28-32, 22-18; 32.14x21, 30x03; EMP] 25. ... *08-04; 26.23-32, 16-12; 27.02-06, 04-08; 28.11-15, 08-04; 29.06-11, 22-18; 30.14x21, 04x18; 31.21-26, 29x22; 32.15-20, 12-08; 33.25-29, 08-04; 34.29x08, 18-31; 35.20-24, 04-11; 36.08-04, 11-15; 37.32-01, 15-26; 38.03-07, 26-29; 39.07-11, 29-22; 40.11-14, 22-15; 41.04-08, 15-11; 42.14-19, 11-20; 43.08-04, 20-16; 44.04-21, 16-30; 45.21-17, 30-16; 46.17-30, 16-12; 47.19-23, 31-18; [EMP].
 
16. ... 17-13; [Iguala comodamente] 17.09x18, 22x13; 18.14-19!, 13-10; [Ou 18. ... 27-22; 19.19x26, 30x21; 20.06-10, 13x06; 21.03x10, 12-07; 22.04x11, 16-12; 23.10-13, 12-08; 24.20-23, 08-04; 25.13-17, 04x32; 26.17x26, 29x22; 27.25-29, 22-18; 28.29-22, 18-14; 29.22-18, 14-10; 30.18-13, EMP.] 19.06x13, 27-23; 20.19x28, 31x15; 21.04-08, 15-11; 22.08x15, 16-12; 23.15-19, 11-07; 24.19-22, 07-04; 25.22-26, 30x21; 26.13-17, 21-18; 27.17-21, 04-14; 28.21-26, 29x22; 29.25-29, 14-19; 30.02-05, 19x01; 31.29x08, [EMP].
 
c) 13.11-14 ... [A máis empregada] 13. ... 20x11; 14.06x15, 29-25; [Non vale 14. ... 26-22�; por 15.14-19, 22-18; 16.21-26, 30x21; (Menos resistencia aínda ofrece 6. ... 29x22; 17.19x26, 30x21; 18.09-13, 18x09; 19.02-05, 09x02; 20.04-07, 02x20; 21.07x30, 21-18; 22.30-21, GB.) 17.10-14, 18x11; 18.02-06, 11x02; 19.04-07, 02x20; 20.07x30, 21-18; 21.30-21, 18-13; 22.09x18, 17-13; 23.21-17, 13-09; 24.17-10, 24-20; 25.18-22, GB. Como nun xogo Herminio Medalha da Silva vs. Cap. Antonio dos Santos Deodato do 29º Campionato de Portugal celebrado en Campo Maior no ano 2009] 15.14-18, 26-22; 16.02-06, 22x13; 17.09x18, 27-22; 18.18x27, 25x18; 19.04-07, 31x22; 20.07x16, 18-13; 21.06-11, 13x06; 22.03x10, 22-18; 23.10-14 ... [Como nun xogo Cap. Antonio dos Santos Deodato vs. José Luís Guerra do 12º Campionato de Portugal celebrado en Faro no ano 1992 no que neste punto acordaron o empate. Se 23.16-20, 30-27; 24.10-14, 18-13; 25.14-19, 13-10; 26.19-23, 27-22; 27.23-27, 22-19; 28.15x22, 24x06; EMP. Como nun xogo Luís Sá vs. Delfim Alves do 34º Campionato de Portugal celebrado en Vila da Feira no ano 2014] 23. ... 18-13; 24.14-19, 13-10; 25.19-23, 10-06; 26.23-28, 06-03; 27.15-19, 17-13; 28.19-23, 13-10; 29.28-32, 10-06; 30.11-15, con posición igualada como no referido xogo que disputaron Joaquim Barros vs. Veríssimo Dias no Campionato de Portugal de Rápidas por Equipos que se celebrou na Torre da Oliva en São João da Madeira no ano 2021. Agora podería seguir 30. ... 06-02; 31.23-28, 02x20; 32.16x23, 24-20; 33.28-31, 20-15; 34.31-24, 03-16; 35.24x11, 16x27; [EMP].
 
13. … 12-07;


Iguala evitando complicacións. A un empate máis traballado conducen:
 
a) 13. ... 20-15; 14.11x20, 24x15; 15.06-11, 15x06; 16.02x11, 12-08; 17.03-07, 27-23; 18.19x28, 31x24; 19.11-15, 29-25; 20.15-19, 25x18; 21.19-23, 26-22; 22.23-28, 22-19; 23.28-32, 17-13; 24.32x25, 13x06; [EMP].
 
b) 13. ... 20-16; 14.11-15 ... [Quizais preferíbel a 14.11-14, 12-07; 15.03x12, 16x07; 16.04x11, 24-20; 17.11-15, 20x11; 18.06x15, 29-25; 19.14-18, 27-22; 20.18x27, 30x05; 21.21x30, 05-01; EMP.] 14. ... 29-25; 15.04-08, 25x18; 16.15-20, 24x15; 17.19-23, 27x20; 18.10-13, 17x10; 19.06x29, 15-11; 20.08x24, 11-07; 21.03x12, 16x07; 22.09-13, 07-04; 23.29-08, 04-21; 24.13-17, 21-04; 25.02-06, 04-07; 26.08-04, 07-03; 27.06-11, 30-27; 28.17-21, 27-22; [Ou 28. ... 03-07; que gaña un peón e tamén empata] 29.21-25, *03-12; 30.11-14, *22-19; 31.14x23, 12-19; [EMP].
 
14.03x12, 20-15; 15.11x20, 24x08; 16.06-11 ...


Sen desperdiciar tempos. Malo sería 16.21-25�, por 16. ... *27-23; 17.19x28, 31x24; 18.06-11, 24-20; 19.10-14, 20-16; 20.11-15, 16-12; 21.15-20, 12-07; 22.04x11, 08-04; 23.20-24, 26-22; 24.11-15, 04x18; 25.15-19, 22x15; 26.24-28, 15-12; 27.28-32, 12-08; 28.32-23, 17-13; 29.23-01, 08-04; 30.01-32, 30-26; 31.32-01, 04-11; 32.01-32, 11-24; 33.32-01, 24-20; 34.01-32, 20-30; 35.32-01, 13-10; 36.01x21, 26x17; [GN].
 
16. ... 27-22; 17.19-23, 22-18; 18.21-25� ...


Pensando que as negras podían quedar sen movementos útiles e terían que acabar cedendo material. Pero pasando por alto un sinxelo golpe.
 
Modos correctos para seguir podían ser:
 
a) 18.10-14, 17-13; 19.02-05, 26x17; 20.14x21, 29-25; 21.09x18, 17-13; 22.18-22, 25x18; 23.22-27, 31x22; 24.23-28, *22-19; 25.05-09, 19-14; 26.11-15, 14-11; 27.28-32, 11-07; 28.04x11, 18-14; 29.32x17, 08-04; 30.11-14, 04x25; 31.17-10, 25-11; 32.15-19, 11-14; [EMP].
 
b) 18.11-15, 29-25; 19.15-20, 18-14; 20.10x19, 25x18; 21.20-24, 18-14; 22.23-28, 30-27; 23.19-23, 27x20; 24.28-32, 14-11; 25.32-14, 11-07; 26.04x11, 20-16; 27.14-25, 16-12; 28.25-29, 26-21; 29.11-15, 08-04; 30.15-20, 12-07; 31.24-28, 31x15; 32.29x03, 04-14; [EMP].
 
18. ... *17-13; 19.10x17, 18-13; 20.09x18, 26-21; 21.17x26, 30x07; 22.04x11, 08-04; 23.11-15, 04-08; 24.15-20, 08-19; [GN].


Completamente perdidas, as brancas abandonan.