venres, 23 de decembro de 2011

Base de datos [17]

Justino Miguel vs. Manuel Madureira
X Campionato de Portugal [rápidas]
Sao Joao da Madeira, 2011
4º xogo da 3ª Sesión

POSICIÓN DESPOIS DE 8.09x18


1.09-13, 21-17 [A]; 2.05-09, 25-21; 3.11-14 [B], 23-19; 4.14x23, 28x19 [C]; 5.07-11 [D], 27-23 [E]; 6.11-14, 29-25; 7.13-18, 22x13; 8.09x18 [F], 17-13; 9.10x17, 19x10; 10.06x13, 21x14; 11.01-05, 24-20; 12.12-16 [G], 20-15; 13.03-06, 32-28; 14.06-11, 15x06; 15.02x18, 31-27 [H]; 16.04-07 [I], 28-24; 17.05-09, 26-21; 18.17x026, 30x14; 19.13-18, 14-10; 20.09-13, 10-05; 21.13-17, 05-01; 22.07-11, 24-20; 23.18-21 [J], 25x18; 24.17-21, 01-19; 25.21-25, 19-29; 26.08-12, 29x08; 27.25-29, 18-14; 28.11x18, 20-15; 29.29x12, [Resultado: 0-1].


A] Apertura «Dereita Marxinal» de prognóstico lixeiramente favorable para as negras.

B] Moi pouco xogada. Aquí o habitual é seguir coa recomendación de Julius D´Orio 3.02-05. Tamén sería unha boa alternativa 3.12-15 como xa vimos neste blog no xogo Tiago Manuel vs. Abdeghani do Torneo Internacional de Mohamedia [Marrocos], 2011.

C] Unha posición que tamén se alcanza con 1.11-14, 21-17; 2.09-13 ou 1.09-13, 21-17; 2.11-14 e agora 2. … 23-19; 3.14x23, 28x19; 4.05-09 … [Delfim Alves nun dos seus xogos en Marrocos seguiu con 4.07-11, 32-28; 5.11-14 (clic aquí para ver)] 4. … 25-21.

D] A mellor. Outras alternativas favorecen ao segundo xogador:

• 5.06-11, 21-18; [Mellor que 5. … 19-15 pois tras 6.11x20 ... (Non 6.12x19 que enfraquece o «flanco de río» e tras 6, ,,, 22x06; 7.02x11, 32-28; 8.11-14, 26-22; 9.08-12, 28-23; 10.07-11, 24-20  as negras teñen unha gran superioridade como se demostrou nun xogo do 2º Campionato de Portugal -oficioso- do ano 1977 que enfrontou a Vaz Vieira vs. Artur Gomes) 6. ... 24x15; 7.12x19, 22x15; 8.01-05, 21-18; 9.13x22, 26x19; 10.07-11 o xogo traspón á variante con 5.07-11, 19-15] 6.12-15 … [6.11-14, 18x11; 7.07x23, 27x20: 8.02-06, 26-21; 9.10-14, 17x10; 10.06x13, 21-17 con vantaxe das negras] 6. … 19x12; 7.08x15, 27-23!; 8.11-14, 18x11; 9.07x14, 31-27! e o segundo bando ten unha posición moi forte.

• 5.12-15, 19x12; 6.08x15, 32-28; 7.06-11 … [7.02-05, 27-23; 8.10-14, 17x10; 9.06x13 … (Dr. Orlando Lópes vs. Joaquim Nicolau; Lisboa, 1982) 9. … 23-20! con gran xogo para as negras] 7. … 21-18; 8. 10-14 … [8.02-05, 26-21; (Despois disto posiblemente as brancas non poidan salvar o xogo) 9.10-14, 17x10; 10.14-19, 29-26; 11.05x14, 24-20; 12.15x24, 22x06; 13.03x10, 18x11; 14.07x14, 26-22; 15.04-07, 28-23; 16.07-11, 22-18; 17.10-13, 27-22; 18.13-17, 22-19; 19.17x26, 30x21 GN como nun xogo J. Millar vs. Newell Banks do 4º Torneo Americano disputado en Cedar Point, 1920] 8. … 17x10; 9.14x21, 26x17; 10.02-05, 17-13! con gran vantaxe negra.

E] Un lance que nunca vin xogar antes. Coñecido é:

• 5. … 19-15; 6.11x20, 24x15; 7.12x19, 22x15; 8.01-05 … [8.02-05, 32-28; 9.04-07, 27-22; 10.13-18, 21x14; 11.10x19, 30-27; 12.05-10 … (12.09-13, 17x10; 13.05x14, 27-23; 14.01-05, 29-25; 15.07-12, 25-21; 16.06-11, 15x06, 17.03x10, 22x15; 18.12x19, 31-27; 19.05-09, 27-22; 20.10-13, 22x15; 21.13-18 para empate.) 12. … 22-18; e ata aquí foi xogado nun enfrontamento R. Boeselt vs. O. Clendennen do Torneo Nacional Americano, 1948; agora a nós parecenos que se debe seguir con 13.07-12, 18-14; 14.12-16, 14x05; 15.01x10, 27-23; 16.10-14, 31-27; 17.14-18, 23x14; 18.06-11, 14x07; 19.03x19, 26-22; 20.19x26, 29x13; 21.09x18, 17-13 para empate.] 8. … 21-18; 9.13x22, 26x19; 10.07-11, 15x06; 11.02x11, 32-28; 12.11-15, 19x12; 13.08x15, 28-23; 14.03-06 … [Cándido Sena Carneiro recomenda no TED 14.15-19 para empate] 14. … 23-19; 15.15x22, 27x18; 16.06-11, 30-27; [Malo é 17.10-14, 18-13; 18.09x18, 17-13; GN como nun xogo Orlando Fonseca vs. Medalha da Silva; 3º Campeonato de Portugal, 1983] 17.04-08, 27-22; 18.10-14, 17-13; 19.14x21, 31-27; 20.09x18, 22x13, 21.05-09. 13-10; 22.09-23, 10-05; 23.13-17, 05-01; 24.21-26, 29x22; 25.17-21, 22-18; 26.21-26, 18-13; 27.11-15 EMP.

• 5. … 31-28; 6.11-14, 29-25; [Interesante é 6. … 24-20] 7.14x23, 28x19; 8.12-15, 19x12; 9.08x15, 27-23; 10.02-05, 32-28; [10. … 23-20; 11.06-11, 32-28; 12.04-07, 28-23 con lixeira vantaxe negra; variante Nº 11 do libro «The Golden Dozen» de Richard Pask] 11.04-07, 23-19; 12.13-18, 21x14; 13.06-11, 19x12; 14.11x27, 30x23; 15.07x16, 24-20 e as brancas, en inferioridade, deben xogar con gran coidado para poder empatar.

• 5. … 21-18; 6.12-15, 19x12; 7.08x15, 27-23; [7. … 32-28; 8.02-05, 28-23; 9.10-14, 17x10; 10.14x21, 26x17; 11.10x14 con igualdade; Variante Nº 6 do libro «The Golden Dozen» de Richard Pask ] 8.02-05 …

► 8. … 31-28; 9.10-14, 17x10; 10.14x21, 26x17; 11.05x14, 23-19; 12.14x23, 28x12; 13.04-08 e as brancas conseguen igualar. [Variante Nº 8 do libro «The Golden Dozen» de Richard Pask].

► 8. … 26-21; 9.10-14, 17x10; 10.06x13, 31-28; 11.04-08, 23-19; 12.14x23, 28x12; 13.08x15, 32-28; 14.13-17 …[Variante Nº 7 do libro «Golden Dozen» de Richard Pask que segue con 14. … 28-23 para empate] 14. … 30-26; 15.05-10, 28-23; 16.03-07, 22-19; 17.15x22, 26x19; 18.17x26, 29x22; 19.07-12, 24-20; 20.12-16, 19-15; 21.10-14, 15x06; 22.14x21, 20-15; 23.21-26, 22-19; 24.09-13, 06-02; 25.13-17, 15-12; 26.26-29, 12-08; 27.29x12 EMP.

► 8. … 23-19; [Enciclopedia de Kear] 9.04-08, 19x12; 10.08x15, 26-21; 11.10-14, 17x10; 12.06x13, e aquí son as brancas as que teñen vantaxe [Variante Nº 10 do libro «The Golden Dozen» de Richard Pask].

F] Ver diagrama.

G] Permite ao rival manter unha mínima vantaxe. Mellor era 12.02-06 con xogo prácticamente igualado.

H] Nesta altura a posición xa está equilibrada. Se 15. ... 28-24; 16.05-09, 26-21; 17.17x26, 30x14; 18.13-18, 31-27; 19.09-13, 14-10; 20.13-17, 10-06; 21.17-21, 06-02; 22.21-26, 02-06; 23.26-29 e o final é de EMPATE.

I] As brancas perden un tempo precioso e quedan en posición desesperada. 16.05-09 era a xogada de empate.

J] Se 23.17-21, 01-14 GN.


xoves, 22 de decembro de 2011

Base de datos [16]

Delfim Alves vs. Manuel Madureira
X Campionato de Portugal [rápidas]
Sao Joao da Madeira, 2011
4º xogo da 1ª Sesión


POSICIÓN DESPOIS DE 12.03-07


1.12-15, 23-19 [A]; 2.08-12, 21-18 [B]; 3.10-14 [C], 19x10; 4.05x21, 25x18; 5.01-05 [D], 28-23; 6.05-10, 23-19 [E]; 7.10-13 [F], 27-23 [G]; 8.06-10, 23-20; 9.11-14, 18x11; 10.07x23, 20x11; 11.12-16 [H], 22-19; 12.03-07 [I], 19-14 [J]; 13.10x19, 31-28; 14.07x14, 26-22; 15.19x26, 28x10; 16.13-17, 30x21; 17.17x26, 29x22; 18.09-13, 22-19; 19.13-18, 19-15; 20.18-22, 15-11; 21.22-26, 10-06; 22.26-29, 06-03; [EMPATE].


A] Apertura «Paralela Ortodoxa» de prognóstico igualado.

B] Este lance dá orixe á que o Dr. OAL titulou como «Variante Moderna».

C] A mellor. Cando as negras teñen xogado o habitual 2. … 28-23; agora adoitase seguir con 3.10-13. A idea da «Variante Moderna» é replicar ao 3.10-13 con 3. … 27-23 que deixa ás negras cunha posición moi sólida.

D] Outra posibilidade era 5.06-10 que comunmente é respondida; ben coa recomendación de Teschleit 5. ... 28-23, ou ben coa «Defensa de Robertson» caracterizada pola troca «2x2» que se produce tras 5. ... 18-14; 6.10x19, 24-20; e 7.15x24, 22x08.
E] Unha posición moi coñecida que tamén se pode alcanzar na «Variante de Drummond»: 1.12-15, 23-19; 2.08-10, 21-17 e agora 3.10-13, 17x10; 4.05x23, 28x19; 5.01-05, 25.21; 6.05-10, 21-18.

F] A liña antiga 7.10-14 permite ás negras quedar nunha mellor posición, pero era interesante a continuación con 7.11-14.

G] Os teóricos recomendan 7. ... 32-28.

H] No 5º xogo do match de desempate do 26º Campionato de Portugal (2006), Víctor Oliveira xogou 11.03-07 contra Vítor Cunha e tras 11. ... 31-27; 12.07x14, 27x20; 13.12-16, 20-15; 14.16-20? ... [O correcto era 14.02-06] as negras non viron que con 14. ... 22-19; 15.14x23, 15-11 quedaban nunha posición moi superior, desaproveitando así unha gran ocasión que lles puido valer para gañar o título.

I] Ver o diagrama.

J] Ben xogado. Se 12. ... 11-06; 13.02x11, 19-15; 14.11x20, 24x15; 15.16-20, 31-28; 16.13-18, 28x19 con vantaxe branca tal como nun xogo John Alexander vs. Herbert Morrall do 11º Torneo Inglés de 1909.  


domingo, 11 de decembro de 2011

Unha Fuga na «Heroica»

Completando a información do recente Campionato de Portugal de partidas rápidas, dedicamos o artigo de hoxe a unha «Fuga da Heroica».  Unha das aperturas con máis "glamour" do xogo de damas. 


         Tiago Manuel                       Manuel Madureira
      [Do Blog de Delio Nunes]                              [Do Blog de Jofedolgo]

::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::

Tiago Manuel vs. Manuel Madureira
X Campionato de Portugal de Rápidas
Sao Joao da Madeira, 2011
[1º xogo da 4ª Sesión]

                 
1.10-14 ...

A única saída que permite manter unha lixeira vantaxe. Un dos principios básicos das aperturas di que se debe comezar movendo os peóns do flanco dereito ao longo do «Río». Esta teoría está baseada en que a entrada ao seu recanto só se pode facer por un único cadro ─o número «5»─ por tanto esta zona do dameiro é menos vulnerable que a do lado esquerdo, a cuxo curruncho pódese acceder por dúas casiñas que son a «7» e a «8».

1. ... 24-20;

Igualmente constituiría unha magnífica forma para completar o desenvolvemento o poder avanzar con dúas xogadas consecutivas o peón lateral desta zona para instalalo outra vez no bordo. Deste xeito mantemos intacto o corpo central das nosas forzas e impoñemos un lixeiro bloqueo sobre o teoricamente máis débil flanco do rival.

A xogada efectuada polas negras aparentemente semella que compre con este principio, non obstante está considerada como unha das réplicas máis froxas se recibe o tratamento axeitado.

A apertura formada con estes dous lances iniciais denomínase «Diagonal Límite».

2.05-10 ...

As brancas seguen a devandita recomendación de mover os peóns do «Río». Máis tamén é necesario razoar con lóxica antes de aplicar calquera norma cegamente. Aproveitando que o movemento lateral das negras esquece a loita polo centro, agora Tiago podía retrasar tamén unha xogada ese obxectivo e evitar que o rival poida facer a dobre secuencia co seu peón. Así movendo 2.12-16 impídese o plan negro de volver instalar o seu peón no bordo e ao mesmo tempo bloquearíase momentaneamente o xogo nesa área. Dese xeito quedaría conformada a coñecida «Partida Heroica» unha das famosas aperturas con «glamour», na que unha vez superados os problemas estratéxicos do inicio xorden outro tipo de complicacións que permiten ás negras alcanzar posicións moi interesantes. Mais neste xogo, o campión portugués vai intentar sorprender ao seu durísimo contrincante infiltrándose por camiños menos trillados.

2. ... 20-16;

Ao comprobar que nada o impide, as negras completan a secuencia. Non hai nada mellor. Despois disto as brancas perden a mínima vantaxe que ostentaban.


POSICIÓN DESPOIS DE 2. ... 20-16

Na liña da «Partida Crítica» formada con 1.10-13, 24-20; 2.05-10 agora é preferible 20-15 debido a que tras 3.12x19 o peón de «23» toma para o burato creado en «5»; pero no caso do noso xogo, coas pezas ben solidificadas no río, seguiría 3.12x19, 22x15; 4.11x20, 23x16; 5.08-12 ... [ou 5.09-13] 5. ... 28-23; 6.12-15, 23-19; 7.14x23, 27x11; 8.06x15, 32-28; 9.01-05 e o primeiro bando queda nunha posición moi confortable.

3.01-05 ...

O desenvolvemento máis natural. Se aquí fose xogado 3.12-15 as negras poden replicar con 3. ... 28-24; para tras 4.1-05 (ou 4.08-12) seguir con 22-18 aceptando entrar nas liñas clásicas. Mentres que se 4.10-13, 21-18; 5.14x21, 26x10; 6.06x13 o xogo entroncaría na «Crítica Pioneira», partida da que xa fixemos unha pequena introdución no artigo da semana pasada.

Pero tras o 3.12-15 tamén hai que estar preparado contra 3. ... 23-19 [Provocando un desbarato que debilita a ala esquerda das brancas] 4.14x23, 28x12; 5.08x15... [Como unha vez explicou o mestre portugués Medalha da Silva, agora o peón de «15» non ten un grande apoio, mentres o seu homónimo negro en «16» molesta ao bando rival impedindo un desenvolvemento fácil nese flanco] 5. ... 32-28; e agora:

• 6.10-14, 28-23; [Impedindo o avance 7.01-05] 7.15-19 ... [Mellor que 7.15-20, 22-19; (Bravo e Sena no «TED» seguen con 7. ... 21-18; 8.14x21, 25x18; 9.01-05, 22-19: 10.05-10, 26-22; con posición nivelada) 8.06-10, 26-22; 9.02-06, 29-26; 10.20-24, 21-18; 11.14x21, 25x18; 12.10-13, 23-20; 13.04-08, 19-14; 14.13-17, 16-12; 15.07x23, 14x07; 16.03x12, 27x20 e a pesar de ir salvando os perigos, as brancas aínda teñen unha lixeira desvantaxe] 7. ... 22x15; 8.11x20, 26-22; 9.01-05, 21-17; [9. ... 22-19;] 10.05-10, 25-21; [Alcanzando unha posición típica da inusual «Partida Wagram» ─unha das tres que os ingleses titularon con nomes de batallas napoleónicas─ formada tras 1.10-14, 23-20; 2.12-16, 21-17; 3.16x23, 28x10; 4.05x14 e seguindo coa súa variante 5. ... 24-20; 5.08-12, 20-16; 6.12-15, 32-28; 7.01-05, 28-23; 8.05-10, 25-21; 9.15-19, 22x15; 10.11x20, 26-22;] 11.06-11, 22-19; 12.04-08, 30-26; 13.09-13, 26-22; 14.07-12, 16x07; 15.03x12, 23x07; 16.14x30, 07-03; 17.08-12, 03-16; 18.10-14, 17x10; 19.30x06, 16-23; 20.14-18, 22x13; 21.06x17 [EMP].

Non queremos seguir sen sacar de dúbidas aos curiosos que quedaron pensando en cales poden ser as outras dúas partidas que homenaxean a Bonaparte. Unha delas, moi pouco xogada, é a «Waterloo» da «Cruzada» [1.10-14, 22-19; 2.05-10, 19-15]. A outra, máis popular, é a «Partida Alma» [1.10-14, 22-18; 2.05-10, 23-20; 3.02-05].

• 6.15-20, 21-17; [Movemento de espera. Se xogan directamente 6. ... 28-23; segue 7.01-05!, 23-19; (ou 7. ... 21-17; 8.09-13, 23-19; 9.05-09, 19-15; 10.13-18, 22x13; 11.09x18, 15-12; 12.11-14!, 12-08; 13.10-13 con vantaxe branca) 8.11-14, 19-15; 9.14-18, 21x14; 10.10x19, 26-21; 11.19x26, 29x22; 12.05-10, 21-17; 13.10-14, 22-18; 14.14x21, 25x18; 15.04-08 e o xogo está igualado] 7.10-14 ... [7.01-05, 22-19; 8.20-24 ... (8.11-14, 28-24; 9.14x23, 24x15; 10.10-14, 27x20; 11.05-10, 30-27; 12.04-08, 26-21; 13.14-19, 27-23; 14.19x28, 31x24; 15.07-12, 16x07; 16.03x19, 17-13; 17.10x26, 29x15; EMP.) 8. ... 26-21; 9.11-14, 28-23; 10.09-13, 19-15; 11.13-18, 30-26; 12.04-08, 15-11; 13.06x15, 23-20; 14.07-11, 16-12; 15.03-07, 12x03; 16.24-28, 03x12; 17.08x24, 27-23; 18.28-32, 26-22; 19.32x26, 29x22; 20.05-10, 22-18; 21.14-19, 18-14; 22.11x18, 21x05; 23.02x09, 25-21 EMP.] 7. ... 28-23; 8.01-05, 25-21; 9.06-10, 22-19; 10.03-06, 27-22; 11.20x27, 30x23; 12.14-18, 21x14; 13.11x27, 31x22; 14.06-11, 22-18; 15.11-14, 18x11; 16.07x14, 16-12; 17.09-13, 26-21; 18.05-09, 29-25; 19.13-18, 12-07; 20.04x11, 23-20; 21.14x23, 21x07; 22.23-28, 07-04; 23.28-32, 20-15; 24.10-13, 17x10; 25.32x01 [EMP].

3. ... 22-18;

O movemento máis acorde coa posición seguindo as mesmas ideas do popular desenvolvemento 1.10-14, 22-18; 2.05-10, 23-20; 3.1-05, 20-16 pero coa vantaxe de non ter movido o peón do cadro «23», mellor situado que no de «24» tal como sucede nesta clásica apertura.

As brancas volverían retomar unha mínima superioridade se 3. ... 23-19; 4.14x23, 28x19; 5.11-14, 27-23; 6.12-15, 19x12; 7.08x15, 21-18; 8.14x21, 25x18; 9.15-20 ... [Con intención de encostar ou cambiar este débil peón, pero tamén se podía comezar o ataque ao flanco débil do rival con 9.10-13, 23-19; 10.15-20, 19-15: 11.05-10, 32-28; 12.13-17, 30-27; 13.07-11, 29-25; 14.10-14, 18-13; 15.09x18, 22x13; 16.14-18, 13-09; 17.04-08, 28-24; (Se 17. ... 15-12; 18.08x15, 16-12; 19.20-23!, 27x20; 20.15x24, 12-08; 21.11-14 con final gañador para as brancas) 18.11-14, 27-23; 19.20x27, 31x13; 20.14-19, 15-11; 21.06x15, 13-10; 22.19-23 con final de empate] 9. ... 30-27; 10.06-11, 22-19; 11.20-24, 32-28; [Enfraquece moito o xogo. Había que seguir con 26-21 para empate] 12.10-13, 27-22; 13.13-17, 23-20; 14.05-10, 28-23; [As negras en posición desesperada caen nun golpe] 15.10-14, 19x10; 16.11-15 GB [Jorge Pereira vs. Fernando Bernardo; 21º Campionato de Portugal en Setúbal, 2001].

4.14-19 ...


POSICIÓN DESPOIS DE 4.14-19 ...

4.12-15 pode ser contestado con 28-24 e se:

• 5.15-19, [Entra na desprestixiada «Partida de Cecina»] 32-28!; cuxo tratamento máis axeitado é con 6.10-13!, 24-20!; 7.13x22, 27x18; 8.06-10, 30-27 con xogo máis ou menos igualado.

• 5.14-19, 23x14; 6.10x19 é o mesmo que na variante do xogo principal con 6.12-15 que segue con 27-22.

4. ... 23x14; 5.10x19, 28-24;

Impedindo o natural desenvolvemento branco con 6.05-10. Curiosamente na popular «Apertura Diagonal Vertente» podemos atoparnos con esta mesma distribución de pezas nunha das súas fugas. A súa formación xorde tras 1.10-14, 22-18; 2.05-10, 23-20; 3.01-05, 28-23; 4.14-19, 23x14; 5.10x19, 20-16.

• Unha posible alternativa sería: 5. ... 21-17; [A intención deste lance tamén é impedir o avance do peón de «5» que sería castigado co tiro gañador que se produce tras 18-14 e 26-22] 6.06-10 ... [De novo unha posición que pode ser alcanzada con outra transposición, neste caso cunha variante da «Apertura Oblicua Vertente» que habitualmente se desenvolve así 1.11-15, 22-18; 2.15-19, 23x14; 3.10x19, 24-20; 4.05-10, 20-16; 5.01-05, 21-17; 6.06-11] 6. ... 28-23; [Máis forte é 6. ... 28-24 traspoñendo ao xogo principal] 7.19x28, 32x23; 8.12-15, 26-22; 9.15-20, 25-21; 10.03-06 ... [Nun xogo Mario Anjos vs. Viegas Nunes disputado na Prevía do Campionato de Portugal en Lisboa no ano 1995, as brancas seguiron con 10.20-24 pero é malo pois se o rival replicase con 23-20 alcanzaría unha esmagadora superioridade] 10. ... 29-25; 11.08-12, 23-19; 12.11-15, 18-13; 13.09x18, 21x14; 14.20-24, 25-21; 15.15-20, 21-18; 16.20-23, 27x20; 17.06-11, 30-27; 18.05-09, 14x05; 19.11-15, 20x11; 20.07x30, 16x07; 21.04x11 con final de empate.

• A xogo equilibrado leva 5. ... 27-23; 6.06-10, 23x14; 7.10x19, 28-24; 8.02-06, 21-17; 9.06-10, 31-27; 10.12-15, 18-14; 11.11x18, 26-22; 12.19x26, 29x06; 13.03x10, 27-22; 14.07-12, 16x07; 15.04x11, 22-18; 16.10-14, 24-20; 17.15x24, 32-28; 18.24x31, 25-21; 19.31x13, 17x01; 20.11-15 gancho e EMP.

6.06-10 ...

Eliminada a opción de 6.05-10, o branco tamén dispón doutra importante ruta con 6.12-15 que dá lugar a estas posibles ramificacións:

• 6. ... 32-28; e agora se:

► 7.11-14, 18x11; 8.07x14, 21-18; 9.14x21, 25x18; 10.05-10 ... [10.06-10, 27-22; e traspón á ramificación 7.06-10 que expoñemos máis abaixo] 10. ... 18-14; [Superior a 10. ... 27-23; 11.02-05, 23x14; 12.10x19, 26-21; 13.06-10, 21-17; como nun xogo José María López Manresa vs. Antonio Pérez Padilla disputado en Callosa de Segura no ano 1994 -publicado na "web" de Govert Westerveld- e que agora debeu seguir con 14.08-12 para empate] 11.19-23!, [Desviando do «TED» que dá como única 11.09-13 con gran vantaxe das negras] 11. ... 27x11; 12.10x19, 11-07; 13.04x11, 24-20; 14.06-10, 30-27; 15.11-14, 20-15; 16.03-07, 15-11; 17.07-12, 16x07; 18.19-22, 27x18; 19.14x30, 07-04; 20.10-14, 11-07; 21.30-21, 28-23; 22.14-18, 23-20; 23.21-17, 07-03; 24.18-21, 04x25; 25.02-06, 03x10; 26.17x24 EMP.

► 7.06-10, 27-22; 8.11-14, 18x11; 9.07x14, 21-18; 10.14x21, 25x18; 11.02-06 ... [No  «TED» segue con 11.10-13 e vantaxe negra] 11. ... 24-20; 12.15x24, 22x15; 13.03-07, 30-27; 14.07-12, 16x07; 15.04x20, 28-23; 16.06-11, 23x16; 17.10-14, 26-21; 18.05-10, 27-22; 19.10-13, 21-17; 20.14x21, 17x10 con final de empate.

► 7.15-20!, 24x15; 8.11x20, 27-23; 9.20x27, 30x14; 10.06-10, 14-11; [10. ... 31-27, 11.10x19, 27-23; 12.08-12, 23x14; 13.12-15, 28-24; 14.15-19, 14-11; (Aquí había unha trampiña, se 14. ... 26-22; 15.19x26, 29x22; 16.09-13, 18x09; 17.07-12 tiro e GB.) 15.07x14, 18x11; EMP como nun xogo práctico Marion Tinsley vs. Don Lafferty disputado no ano 1970] 11.07x14, 18x11; 12.03-07, 26-22; 13.07x14, 21-18; 14.14x21, 25x18; 15.02-6, 28-23; 16.06-11, 23-19; 17.04-7, 31-27; 18.10-13, 27-23; 19.13-17, 29-26; 20.05-10, 23-20; 21.17-21, 26x17; 22.08-12, 20-15; 23.11x20, 18-14; 24.12-15, 19x03; 25.10x26, 16-12; 26.26-29 EMP.

• 6. ... 21-17; 7.11-14, 18x11; 8.07x14, 25-21; 9.06-10, 27-22; 10.09-13, 32-28; 11.05-09, 30-27; 12.03-07, 27-23; 13.02-06, 31-27; 14.07-11, 21-18; [Ou se 14. ... 16-12; 15.13-18, 22x13; 16.09x25, 12-07; 17.15-20, 24x15; 18.11x20, 23x16; 19.04x11, 26-21; 20.19-23, 27x20; 21.14-19, 17-13; 22.10x26, 29x15; 23.11-14, EMP.] 15.14x30, 23x05; 16.30x23, 17x03; 17.32x01, 03-07; 18.01-14, 29-25; 19.14-32, 07x21; EMP.

• 6. ... 27-22; [Traspón a unha das escasísimas liñas da «Partida Central» que resultan favorables para ás brancas] 7.19-23!, 22-19; 8.15x22, 26x19; 9.06-10, 21-17; 10.11-15, 19x12; 11.08x15, 31-27; [No Tratado da «Enciclopedia Damista» segue con 11. ... 25-21; 12.10-14 que deixa ás brancas nunha posición moi superior] 12.10-14, 27x11; 13.14x21, 25x18; 14.07x21, 29-25; 15.05-10, 25x18; 16.02-06 con empate.

6. ... 21-17;


POSICIÓN DESPOIS DE 6. ... 21-17

Ben xogado. Nótese que agora non vale 6. ... 32-28; por 7.19-22, 26x19; 8.11-14 GB.

Ou se 6. ... 27-22; 7.02-06, 22x15; 8.12x19, 21-17; 9.10-14 as brancas teñen unha lixeira vantaxe.

Igualmente se 6. ... 27-23; 7.19x28, 32x23; 8.11-15 con mellor xogo das brancas tamén.

7.03-06 ...

Outra posibilidade é 7.12-15, 27-22; 8.11-14!, 18x11; 9.07x14 ... E agora:

• 9. ... 31-27; 10.03-7, 25-21; 11.09-13, 32-28; 12.05-09, 21-18; 13.14x21, 16-12; [Demasiado sofisticado. Correcto era seguir con 13. ... 27-23; 14.10-14, 17x10; 15.09-13, 26x17; 16.19x29, 29x22; 17.15-19 ... (Non 17.14-18 por 23-19 GN) 17. ... 22x15; 18.07-12, 16x07; 19.04x27, 30x23; 20.13-18, 17-13; 21.18-22, 24-20; 22.22-26, 20-15; 23.02-05, 10x01; 24.26-30 EMP.] 14.07x16, 27-23; 15.10-14, 17x10; 16.09-13, 26x17; 17.19x26, 29x22; 18.14-18, 30-27; 19.18-21, 10-06; 20.02x11, 17x10; 21.21-26, 22-18; 22.16-20, 23x16; 23.26-30, 27-23; 24.30x20, 10-06; 25.20-27, 06-03; 26.27x09, 03-07; 27.09-31, 07x25; 28.15-20 GB [Dr. António Russo vs. Dr. Vaz Vieira no 21º Campionato de Portugal disputado en Setúbal, 2001].

• 9. ... 30-27; 10.04-07, 32-28; 11.07-12, 16x07; 12.03x12, 27-23; 13.12-16, 24-20; 14.15x24, 22x15; 15.02-06, 26-21; 16.09-13, 31-27; 17.24x31, 21-18; 18.31x12, 18x02; 19.06-11, 02x24; EMP.

7. ... 26-21;


POSICIÓN DESPOIS DE 7. ... 26-21

Unha xogada de dobre fío. As negras varían aquí das liñas estándar publicadas que sempre optan por 7. ... 25-21. Neste caso o xogo podería continuar con:

• 8.11-15 ... [O lance habitual que se encontra nos tratados] 8. ... 32-28; 9.06-11, 27-23; [Se exceptuamos unha lixeira variación na orde dos lances iniciais, ata aquí todo transcorreu igual que nun xogo John Mckerrow vs. Robert Martins do match polo Campionato de Escocia e Inglaterra celebrado no ano 1859 e que gañou o segundo. Estes dous grandes amigos que se coñecían porque os dous percorrían o país como vendedores ambulantes de roupa, xa disputaran outro match o ano anterior co resultado de empate. Martins de nacionalidade inglesa posteriormente chegou a ostentar o título mundial, mentres que o escocés Mckerrow foi axudante do seu compatriota Andrew Anderson no último dos seus míticos enfrontamentos con Wyllie. Din que foi o propio Mckerrow o que lle suxestionou que xogase a que hoxe se coñece como «Partida Anderson» (1.10-14, 22-18; 2.12-15, 26-22). Na modalidade angloamericana, a liña leva o nome destes dous famosos damistas grazas ao devandito xogo que na altura proseguiu con 9. ... 27-22; unha xogada que non vale en damas clásicas porque agora tras 10.19-23, 28x19; 11.11-14, 18x11; 12.07x23 non se pode impedir a coroación do peón e GB.] 10.02-06, 23x14; 11.10x19, 17-13; 12.15-20, 24x15; 13.11x20, 30-27; 14.12-15, 26-22; 15.19x29, 29x22 ; 16.05-10, 21-17; 17.07-12, 16x07; 18.04x11, 28-23; 19.20-24, 23-19; 20.15-20, 19-15; 21.24-28, 31x24; 22.10-14, 13-10; 23.14x21, 10x03; 24.21-26, 15x06; 25.26-30, 24x15; 26.30x02 EMP.


Robert Martins
[Do libro "A Última Batalla ..." sobre o match Wyllie vs. Martins do 1872. (Edición. 1899)]

• 8.12-15 ... [Una proposta de Víctor Oliveira que nos parece a mellor forma de continuar co xogo] 8. ... 32-28; [ou 8. ... 29-25; 9.15-20, 24x15; 10.11x20, 32-28; 11.20-23, 27x20; 12.10-14, 18x11; 13.06x24, 21-18; 14.05-10, 18-13; 15.09x18, 26-22; EMP.] 9.08-12 ... [Outra opción é 9.15-20, 24x15; 10.11x20, 29-25; (Complica máis 10. ... 26-22; 11.19x26, 29x22; 12.06-11, 28-23; 13.10-14, 22-19; 14.05-10, 17-13; 15.10x26, 30x21; 16.09-13 etc.) 11.20-23, 27x20; 12.10-14, 18x11; 13.06x24, 21-18; 14.05-10, 18-13; 15.09x18, 26-22; 16.18x27, 30x05; 17.02-09, 28-23; 18.07-12, 16x07; 19.04x11, 23-20; 20.11-14 para empate.] 9. ... 27-23; 10.04-08, 23x14; 11.10x19, 30-27; 12.05-10, 27-23; 13.02-05, 23x14; 14.10x19, 31-27; 15.05-10, 27-22; 16.15-20, 22x15; 17.12x19, 24x15; 18.11x20, 18-14; 19.09-03, 14x05; 20.20-24, 17x03; 21.24x31, 03x22; 22.31x02 EMP.

8.11-15 ...

A posición necesita de análise profundo e Tiago non acerta coa mellor continuación. É máis, agora trócanse os papeis e tras o lance elixido, as brancas non só perden a vantaxe senón que ata quedan en inferioridade notoria.

Xogando 8.10-14 podíase montar un forte ataque que obrigaría ao rival a defender con sumo coidado. Con todo, o empate chegaría a producirse despois de 8. ... 32-28; 9.05-10, 27-22; 10.19x26, 29x22; 11.12-15, 31-27; 12.15-20 ... [12.14-19, 18-14; 13.19x26, 14x05; 14.26-29, 05-01; 15.07-12, 16x07; 16.15-20, 24x15; 17.29x03, 17-13; 18.09x18, 21x07; 19.04x11, 27-23; con final de empate.] 12. ... 24x15; 13.11x20, 18x11; 14.06x15, 28-24; 15.10-14, 21-18; 16.14x21, 25x18; 17.20-23, 27x11; 18.07x21, 24-20; 19.21-25, 22-19; 20.25-29, 19-15; 21.29x12, 16x07; 22.04x11, 30-27; 23.11-14, 20-15; 24.14-18, 15-11; 25.18-21, 11-07; 26.21-26, 07-04; 27.26-29, 04-25; 28.09-13, 17x10; 29.29-19, 10-06 EMP.

8. ... 32-28;

Interesante tamén parece 8. ... 18-14; con este posible desenvolvemento 9.19-22, 27x18; 10.10x19. 24-20; 11.15x24, 31-28; 12.24x31, 29-26; 13.31x13, 17x03; 14.12-15, 03x12; 15.19-22, 12x01; 16.22x29 e as brancas quedan cun peón de menos nunha inferior posición.

9.19-22 ...

POSICIÓN DESPOIS DE 9.19-22 ...

Un erro que puído custar o xogo. En situación tremendamente delicada había que probar con 9.06-11, 18-14; 10.11x18, 21x14; 11.19-23, 27x11; 12.10x19, 24-20!; 13. 07x14, 16x07; 14.04x11 ... [14. ... 30-27; 15.05-10, 28-23; 16.19x28. 31x24; 17.09-13, 20-15; 18.11x20, 24x15; 19.13-18, 15-11; 20.14-19, 25-21; 21.18x25, 11-07; 22.08-12, 07-03; 23.12-16, 03x13; 24.02-05, 13-18; 25.19-23, 27x20; 26.16x23, 18-31; 27.05-09, 31-18; 28.23-28, 18-14; 29.28-31, 14-18; 30.31x13, 17x10; 31.09-13, 10-06; 32.13-18, 06-03; 33.18-22 EMP. ] 14. ... 28-24!; 15.19-23, 20-15; 16.11x20, 24x15; 17.14-19 ... [Non 17.02-06 polo envío a dama 30-27 e tiro tras 29-26 GN.] 17. ... 15-11; 18.23-28, 31x14; 19.19-23, 11-07; 20.23-28, 07-04; 21.28-32, 24-20; 22.05-10, 20-15; 23.10-13, 17x10; 24.32x05 con final favorable ás negras pero que ben defendido debe ser de empate.

9. ... 18-13;

Unha terrible decisión que dá un xiro total ao desenlace. Unha vez rematada a partida ambos os dous xogadores chegaron á conclusión de que 9. ... 18-14 daba a vitoria ás negras. A nós parécenos que non e aconsellamos como máis forte 9. ... 30-26!; 10.06-11, 26x19; 11.15x22, 28-23; e se:

• 12.11-15, 23-19; 13.02-06, 27-23;

► 14.15-20, 24x15; 15.22-27, [15.07-11, 16x07; 16.11x27, 07-03; 17.06-11, 03x13; 18.27-30, 13-06; 19.05-10, 05x20!; 20.30x16, 18-13; GN] 15. ... 31x22; 16.07-11, 16x07; 17.11x27, 07-03; 18.06-11, 03x13; 19.27-31, 19-14; 20.31-24, 14x07; 21.04x11, 22-19; 22.11-15, 19x12; 23.08x15, 13-06; 24.05-10, 06x13; 25.24-28, 13-06; 26.28-24, 06x20; 27.24x06, 18-13; 19.09x18, 21x14 [GN.]

► 14.06-11, 18-14; 15.11x18, 21x14; 16.15-20 ... [16.09-13, 23-20; 17.13-18, 20x11; 18.05-09, 14x05; 19.07x23, 16x07; 20.04x11, 05-02 GN] 16. ... 24x15; 17.22-27, 31x22; 18.07-11, 14x07; 19.04x27, 16x07; 20.27-30, 22-18; 21.30-21, 19-14; 22.10x19, 07-04; 23.21x14, 04x18; 24.19-23, 17-13; 25.05-10, 13x06; 26.23-28, 06-03; 27.28-32, 25-21 GN.

• 12.02-06, 23-19; 13.11-15, 27-23; traspón ao punto anterior.

• 12.12-15, 23-19; 13.22-26, 19x03; 14.26-30, 03x13; 15.30x23, 18-14; 16.09x18, 14x07; 17.04x11, 21x07[GN].

• Se 12.10-14, 31-28; 13.22x31, 23-20 [GN].

10.09x18, 21x14; 11.10x19, 27x18; 12.19-22, 17-13.

O resto xa carece de interese. Finalmente Tiago acabou gañando. Foi a primeira vitoria dunha sesión na que se impuxo por un contundente 3-0, pero que puido ter un cariz completamente diferente se  Madureira, o fenomenal damista de Santa María da Feira, chegase a aproveitar a oportunidade que se lle brindou neste xogo.

sábado, 3 de decembro de 2011

X Campionato de Portugal [Rápidas]

Tiago Manuel repite éxito


Tiago Manuel Neves
[Foto do blog "Damas do Norte"]

A cidade portuguesa de Sao Joao da Madeira [no Distrito de Aveiro] foi este ano a sé da fase final do «X Campionato Nacional Individual de Damas Clásicas» na modalidade de rápidas. A proba que se celebrou o 19 de novembro pasado baixo a supervisión e arbitraxe do Sr. Manuel Vieira de Jesús contou coa participación dos teoricamente 20 mellores damistas do país veciño. O torneo disputouse por sistema suízo e estivo dividido en 5 sesións con enfrontamentos nos que cada xogador dispoñía de 30 minutos para completar 4 xogos en apertura libre .

        

      Manuel Cardoso                                    Manuel Madureira
      [Blog "Damas do Norte"]                                                    [Blog "Damas do Norte"]

Por segundo ano consecutivo o xogador da Covilha, Tiago Manuel Neves erixiuse como gañador indiscutible cedendo unicamente un empate contra Manuel Cardoso. Foi precisamente este damista o que ocupou a segunda praza con 4 puntos seguido de Manuel Madureira que con 3,5 terminou de terceiro. O veterano Delfim Alves tamén con 3,5 foi cuarto e Joaquim Silva “Pardal” conseguiu o quinto puesto encabezando o grupo de damistas que finalizaron con 3 puntos. Cabe destacar a frouxa actuación de dous dos principais favoritos, O Dr. Vaz Vieira, noveno, con só o 50% da puntuación e Veríssimo Dias, décimo terceiro, con 2 puntos.

..............................................................................................................................
XOGOS COMENTADOS
...............................................................................................................................

Manuel Cardoso vs. Tiago Manuel
X Campionato de Portugal de Rápidas
Sao Joao da Madeira, 2011
[Xogo da 3ª Sesión]


1.10-13 ...

As brancas abren o xogo cun peón do flanco dereito que é o máis sólido, pero ao abandonar o centro, esta xogada non se pode considerar tan boa como 1.10-14.

1. ... 21-18;

Unha popular réplica que evita o ataque á «casa dique» con 2.13-18. Queda así definida a apertura «Crítica Transversal» tamén coñecida polo nome de «Crítica Cerrada».

2.05-10 ...

En dirección ao centro é persistindo na idea de non tocar o «Flanco das Paralelas» mentres non se defina de todo a estrutura do rival.

2. ... 23-19;

O lóxico desenvolvemento ao longo do «Río» achegando o peón ao centro de operacións. Esta variante foi designada como a «Paisley» por Julian D. Janvier, un dos máis célebres tratadistas americanos do século XIX:

3.12-15 ...


POSICIÓN DESPOIS DE 3.12-15 ...

Se 3.13-17 agora sería bo o ataque ao «dique» con 19-15. Pero habitualmente as brancas impiden esta manobra con 3.11-15.

O lance escollido por Cardoso antes non tiña demasiados adeptos, mais segundo palabras do propio Tiago Manuel: “Agora é unha xogada típica nos torneos portugueses, introducida hai uns anos polo mestre Víctor Oliveira”.

A posición alcanzada ten unha gran versatilidade pois pode ser formada de varios modos diferentes. Velaquí temos algúns exemplos:

a) 1.12-15, 21-18; [«Partida Paralela»] 2.11-16, 23-19; 3.08-11.
b) 1.09-13, 21-18; [«Apertura Dereita Transversal» 2.05-09, 23-19; 3. 12-15.
c) 1.10-13, 23-19; [«Crítica Ortodoxa»] 2.05-10, 21-18; 3.12-15.

Tamén se podería alcanzar tras 1.12-15, 23-19; 2.10-13, 19x12; 3.08x15, 21-18; 4.05-10 pero neste caso as negras dispoñen da opción de transformar a estrutura cunha troca «2x2» que se producira tras 3. ... 22-18; 4.13x22, 26x12.

3. ... 19x12; 4.08x15, 27-23;

Unha resposta moi popular que se adoita facer con idea de poder retomar co peón de «28» tras o corte na casiña «19».

• 4. ... 28-23; [Unha boa alternativa que tamén esperta moitas simpatías] 5.10-14 ...

Con estas posibles réplicas:

► 5. ... 32-28; 6.14x21, 26x10; 7.06x13, 23-19; 8.07-12, 25-21; [Se 8. ... 28-23; agora 9. 13-18 é o mellor] 9.13-17 ... [Se 9.01-05, 21-18; as negras teñen unha moi boa posición, xa que agora non vale 10.05-10 por 24-20; 11.15x24, 18-14; 12.11x18, 19-15; 13.12x26, 30x05 GN.] 9. ... 30-26; 10.09-13, 24-20; [Se 10. ... 21-18; débese seguir con 11.12-16, 18x09; 12.16-20, 19x12; 13.17-21, 24x16; 14.21x30, 28-23; 15.03x10, con vantaxe branca] 11.15x24, 21-18; 12.01-05 ... [12.12-15, 18x09; 13.07x16, 22-19 con lixeira vantaxe das negras] 12. ... 18x09; [Nesta altura foi dado por empatado un xogo Vítor Cunha vs. Luís Carvalho; 23º Campionato e Portugal; Faro, 2003] 13.11-15, 22-18; 14.15x22, 26x19; 15.17-21, 28-23 e as negras están un chisco mellor.

► 5. ... 26-21; 6.06-10, 23-19; 7.14x23, 27x20; 8.13-17, 32-28; 9.17x26, 30x21; 10.07-12, 20-16; 11.02-06, 16x07; 12.03x12, 28-23; 13.12-16 e as brancas obstentan unha lixeira vantaxe.

► 5. ... 23-20; [As negras quedan nunha posición inferior debido a este movemento que abandona o centro] 6.14x21, 26x10; 7.06x13, 30-26; 8.01-05, 32-28; [8. ... 26-21; 9.13-17, 21-18; (10.17x26, 29x22; 11.05-10, 32-28; 12.10-13, 28-23; 13.13-17, 18-13; 14.09x18, 22x13; 15.11-14, 20x11; 16.17-21, 25x18; 17.14x21, 27-22; 18.07x14, 22-19; 19.14-18, 19-14; 20.21-26, 14-10; 21.26-30, 13-09; 22.30x16, 10-05; 23.18-22 e as brancas gañan nunha análise do Dr. Sena Carneiro) 10.17-21, 20-16; 11.09-13, 18x09; 12.21-26, 27-23; 13.07-12 e gañan as brancas, mais nun xogo Vaz Vieira vs. Arlindo Roda do 20º Campionato de Portugal disputado en Amadora no ano 2000, seguiuse con 13.11-14 e tras 24-20; 14.15x24, 22-19; o Arlindo acabou empatando] 9.13x18, 22x13; 10.09x18, 26-21; 11.11-14, 20x11; 12.03-06, 21-17; 13.06x15, 27-22; 14.18x27, 31x22; 15.14-19, 25-21; 16.19x26, 29x22; 17.07-12, 28-23; 18.12-16, 23-19; e as negras poden chegar a restablecer o equilibrio.

• 4. ... 25-21; [Só empregada ocasionalmente] 5.13-17 ... [5.10-14, 21-17; (5. ... 28-23) 6.14x21, 17x10; 7.06x13, 26x10; 8.02-06, 28-23; 9.06x13, 22-18; 10.13x22, 27x18; 11.01-05, 31-27; 12.05-10, 27-22; 13.10-14, 29-25; con posición equilibrada como nun xogo Joao Carlos vs. Manuel Custodio do 23º Campionato de Portugal; Faro, 2003] 5. ... 27-23; 6.10-14, 23-19; 7.14x23, 28x12; 8.07x16 Traspón a unha variante que, como veremos, tamén se pode alcanzar no xogo principal se as negras moven 7. ... 25-21; e reciben por resposta 8.13-17 tal como sucedeu por exemplo nun xogo Vítor Cunha vs. Manuel Capote do 23º Campionato de Portugal; Faro, 2003.

5.10-14 ...

O primeiro xogador debe tomar unha determinación antes de que o rival mova para o centro o seu peón de «23».

5. ... 23-19;

Tapar o burato con 5. ... 25-21; non é moi aconsellable pois tras 6.14-19! ... [Mellor que 6.15-19 xogado nun enfrontamento Silva Pereira vs. Vaz Vieira do 5º Campionato de Portugal de Algés (1985) que terminou en empate] o xogo segue con 6. ... 23x14; 7.15-19, 22x15; 8.13x22, 26x19; 9.11x25, 28-23; 10.09-13, 31-27; 11.01-05 e as brancas teñen una posición moi forte.

6.14x23 ...

Poucas veces se pode ver a captura para o outro flanco: 6.14x21, 26x10; 7.06x13, 19x12; 8.07x16, 25-21; [Se 8. ... 22-19; 9.01-05, 19-15; 10.11x20, 24x15; 11.05-10, 28-23; 12.13-18 con posición equivalente como en Silva Pereira vs. Antonio Perú do 13º Campionato de Portugal; Setúbal, 1993] 9.01-05, 21-18; 10.13-17, 30-26; 11.05-10, 24-20; 12.16x23, 28x19; 13.03-07, 19-14; 14.10x19, 22x06; 15.11-14, 18x11; 16.11-14, 18x11; 17.07x14, 28-23; 18.04-07, 23-20; 19.09-13, 20-15; 20.14-19, 15-11; 21.07x14, 26-21; 22.17x26, 29x15; e non hai forma de evitar o empate.

6. ... 28x12; 7.07x16, 32-28;

Ambos os dous bandos teñen a mirada posta no intento de control da fundamental casiña central de «19» e agora, cara a ela se dirixen as negras poñendo en xogo a súa peza máis afastada.

Menos usada é a alternativa 7. ... 25-21; na que tras 8.13-17 o segundo xogador dispón destas posibles continuacións:

• 8. ... 22-19; 9.11-14, 18x11; 10.06x22, 26x19; 11.17x26, 30x21; 12.09-03, 32-28; 13.04-07, 28-23; 14.01-05, 31-27; 15.02-06, 27-22; 16.13-17, 29-26; 17.06-11, 21-18; 18.07-12, 24-20; EMP. [José Luís Guerra vs. Vaz Vieira; 27º Campionato de Portugal, Odemira (2007)].

• 8. ... 29-25; 9.11-15, 31-27; 10.01-05, 32-28; 11.09-13, 18x09; 12.15-19, 22x15; 13.06-11, 15x06; 14.02x11, 09x02; 15.11-15, 02x20; 16.16x32, 21-18; 17.32-19, 18-13; 18.19x29, 13-09; 19.29-19, 27-22; con xogo igualado.

• 8. ... 31-27; 9.01-05 ... [9.16-20, 24x15; 10.11x20, 27-23; 11.20x27, 30x23; 12.01-05, 32-28; 13.03-07, 22-19; 14.06-11, 29-25; 15.02-06, 23-20; 16.06-10, 26-22; 17.17x26, 19-14; 18.10x19, 22x06 e o final é de empate] 9. ... 32-28; [Non é aconsellable 9. ... 22-19; pois tras 10.05-10, 19-15; 11.11x20, 24x15; 12.16-20 as brancas teñen unha gran vantaxe como nun choque Leopoldo Lopes vs. Antonio Russo; 19º Campionato de Portugal de Setúbal, 1999] 10.05-10 ... [10.04-07, 28-23; 11.05-10, 23-19; (Se 11. ... 29-25 a posición é a mesma que no xogo tronco na súa variante 10.04-07 xusto despois de que as negras moven 11. ... 29-26; e segue con 12.10-14) 12.16-20, 24x15; 13.11x20, 18-14! (Non 13. ... 27-23; porque tras 14.20x27, 30x23; 15.07-11 as brancas adquiren unha vantaxe moi grande) 14.02-05, 21-18: 1520-24, 18-13; e así o xogo debe quedar equilibrado] 10. ... 29-25; [10. ... 28-23; 11.10-13 ... (Se 11.03-07 traspón ao xogo Chipenhe vs. Perú que aparece na variante do tronco 9. ... 25-21; onde analizamos tamén a opción 11.10-14) 11. ... 29-25; 12.11-15, 23-19; 13.04-08, 19x12; 14.08x15, 18-14; 15.15-19, 22x15; 16.06-11, 15x06; 17.03x19, 24-20; 18.16x23, 27x20; 19.19-23, 20-15; 20.23-28, 15-11; 21.28-32, 11-07; 22.32-19, 07-03; 23.19x29, 30-27; 24.17x26, 03x30 EMP.] 11.10-13, 18-14; 12.11x18, 21x14; 13.13-18, 22x13; 14.09x18, 28-23; 15.03-07, 23-19; 16.06-11, 19-15; 17.11x20, 24x15; 18.16-20, 27-22; 19.18x27, 30x16; 20.07-11, 15x06; 21.02x18, 16-12; 22.17-21, 26x17; 23.18-22, 17-13 e o resultado lóxico é o empate.

8.01-05 ...


POSICIÓN DESPOIS DE 8.01-05 ...

Coas mesmas intencións da xogada anterior do negro.

8. ... 28-23;

O célebre golpe por envío a dama con 8. ... 24-20 leva a un final igualado e estando na terceira sesión a Tiago non lle interesaba o empate. Efectivamente, tras 9.16x32, 22-19; 10.32x21, 26x01; 11.02-05, 01x07; 12.04x11, 25-21; 13.11-14, 29-26; 14.06-11, 26-22; 15.03-07, 21-17; 16.14-18, 22x13; 17.09x18 [EMP.], tal como aconteceu nun xogo Veríssimo Dias vs. Almostapha Rabhi; Mohamedia, Match Marrocos-Portugal do 2007.

9.05-10 ...

Se 9.11-15 mellor é conformarse coa vantaxe estratéxica que proporciona 9. ... 23-19; que coa solución táctica de 9. ... 23-20; 10.16x23, 31-28; 11.23x32, 22-19; 12.32x21, 26x01; 13.04-08, 01-14; 14.02-05, 14x01; 15.06-10, 01x12; 16.08x15, 30-26; 17.03-07, 25-21; 18.07-12, 21-18; 19.12-16, 18-14; 20.16-20, 10-10; 21.20-23, 10-06; 22.23-28, 06-03; 23.15-19, 03-16; 24.28-31 pois este final é de empate.

9. ... 31-27;

POSICIÓN DESPOIS DE 9. ... 31-27

Sobre este lance, o condutor das negras comenta, que é novo nos torneos portugueses pero que se xoga xa con algunha regularidade na «Ludoteka».

• 9. ... 23-19; pode ser respondido con:

► 10.16-20, 24x15; 11.11x20, 18-14; 12.02-05, 14-11; 13.06x15, 19x12; 14.20-23, 22-19; 15.04-08, 19-15; 16.10-14, 26-21; 17.13-18, 29-26; 18.05-10, 21-17; 19.23-28, 31x24; 20.18-22, 26x19; 21.14x23, 15-11; 22.08x15, 11-06; 23.23-28, 06-02; 24.15-19, 30-27; 25.03-07, 02-05; 26.19-23, 05x04 EMP. [Víctor Oliveira vs. Santos Deodato; 27º Campionato de Portugal disputado en Odemira no 2007].

► 10.03-07, 19-15; [Ou 10. ... 19-14; 11.10x19, 22x15; 12.11x20, 24x15; 13.13x22, 26x19; 14.04-08, 31-28; 15.07-11, 28-24; 16.11x20, 24x15; 17.06-11, 15x06; 18.02x11, 25-21; 19.11-15, 19x12; 20.08x15, 30-27; 21.16-20, 21-18 e axiña chega o empate] 11.11x20, 24x15; 12.16-20, 30-27; [Joao Oliveira gañou con negras a Santos Deodato, no Campionato de Portugal de 2002, xogando 12. ... 26-21; pero esta continuación pódese refutar con 13.20-23, 29-26; 14.13-17, 22-19; 15.09-13, 18x09; 16.10-13 e deben GB.] 13.13-17 ... [se 13.10-14, 18x11; 14.07x14, 26-21 (sería mala 14. ... 15-12; por 15.13-17 con gran vantaxe branca, pois agora 15. ... 12-08; é ben contestada con 16.06-11, 25-21; 17.11-15 etc; ou se no seu lugar fan directamente 15. ... 25-21; segue a xudía con 16.04-07 e 6-10 que deixa ás negras bloqueadas como nun xogo Vítor Cunha vs. Santos Deodato do 19º Campionato de Portugal disputado na cidade algarvía de Faro no 1999) 15.13-18, 22x13; 16.09x18, 15-12; 17.20-24, 29-26; 18.02-05 para empate] 13. ... 18-13; 14.09x18, 22x13; 15.10-14, 26-22! [ Se 15. ... 13-09; (unha orde de xogadas que constitúe unha imprecisión) 16.20-24 ... (as brancas non aproveitan a ocasión pois agora con 16.04-08 quedaban nunha posición fantástica) 16. ... 26-22; 17.04-08 ... (17.14-19, 15-12!) 17. ... 27-23; 18.14-18, 22x13; 19.06-10, 13x06; 20.02x27, 31x22; con empate rápido como nun enfrontamento Joao Oliveira vs. Santos Deodato do 12º Campionato de Portugal de Odemira, 2002] 16.20-24, 13-09; 17.04-08 e segue igual que no xogo que acabamos de ver.

• 9. ... 25-21; 10.13-17, 31-27; [Se 10. ... 29-25; con 11.10-13, 31-27 nada varía con respecto a primeira das variacións que expoñemos a continuación; pero en cambio non é bo 10. ... 30-27; xa que as brancas alcanzan unha formidable posición despois de 11.11-15. Posible era 10. ... 23-19; 11.03-07, 19-14; 12.10x19, 22x15; 13.11x20, 24x15; 14.16-20, 30-27; 15.20-24, 29-25; 16.06-11 con igualdade] e se agora:

► 11.10-13, igual que na liña 7. ... 25-21; 8.13-17, 31-27; na súa ramificación con 10. ... 28-23; que como vimos tamén segue con 11.10-13, 31-27 para empate.

► 11.03-07, 29-25; 12.10-13 ... [12.10-14, 18-13; 13.09x18, 22x13; 14.07-12, 21-18; 15.14x21, 25x18; 16.12-15, 13-09; 17.06-10, 18-13; 18.10-14, 13-10; 19.15-19, 23-29; 20.16x23, 27x20; 21.19-22, 26x19; 22.14x23, 10-05; 23.23-28, 05-01; 24.28-31 con final de empate] 12. ... 18-14; 13.11x18, 21x14; 14.13-18, 22x13; 15.09x18, 23-20; [15. ... 23-19; 16.06-11, 19-15; 17.11x20, 24x15; 18.16-20, 27-22; 19.18x27, 30x16; 20.07-11 EMP.] 16.16x23, 27x20; 17.07-12 ... [Un descoido que case costa o punto, pois con 17.04-08, 20-15; 18.18-22, 26x19; 19.06-11, 15x06; 20.02x18, 19-14; 21.18-22, 14-10; 22.22-26 alcanzábase o empate] 17. ... 14-11; 18.06x15, 20x11; 19.17-21, 26x17; 20.18-22 ... [20.12-15 aínda podía conseguir o empate tras numantina defensa] 20. ... 17-13; 21.12-15, 13-10; 22.15-19, 10-06; 23.19-23, 06-03; 24.23-28, 03-12; [GN.] como nun xogo Pedro Chipenhe vs. Antonio Perú do 13º Campionato de Portugal; Setúbal, 1993.

► 11.10-14, 29-25; 12.04-07, 18-13; 13.09x18, 22x13; 14.06-10, 13-06; 15.03x10, 27-22; 16.07-12, 22-19; 17.11-15, 26-22; 18.17x26, 30x21; 19.02-05, 22-18; 20.15x22, 18x11; 21.22-27, 11-06; 22.27-30, 06-02; 23.30x17, 02x09; 24.17-26, 09-27; 25.10-14, 27-30; 26.14-19 EMP.

10.10-14 ...

Outras posibles rutas podían ser:

• 10.13-17, 18-13; [Non 10. ... 26-21; 11.17x26, 30x21; 12.04-08 con gran vantaxe das brancas] 11.09x18, 22x13; 12.03-07, 27-22; 13.11-14, 13-09; 14.04-08, 22-19; 15.16-20, 24x15; 16.07-11, 26-22; 17.11x27, 30x23; e a posición está máis ou menos equilibrada.

• 10.04-07, 26-21; 11.13-17, 29-26; 12.10-14, 18-13; 13.09x18, 22x13; 14.07-12, 21-18; 15.14x21, 25x18; 16.12-15, 27-22; 17.15-20 ... [Ou 17.03-07, 13-09; 18.16-20, 23x16; 19.15-20, 24x15; 20.11x20, 22-19; 21.20-24, 26-21; 22.17x26, 30x21; 23.06-11, 19-14; 24.24-28, 16-12 con igualdade] 17. ... 24x15; 18.11x27, 30x23; 19.06-11, 22-19; 20.03-07, 13-10; 21.11-15 con final empatado como nun xogo práctico A. Huggins vs. R. Chamberlain disputado no 1975 e que foi incluído por Richard Pask no seu libro «Damas do Século XXI» no tomo da «Paralela».

• 10.04-08, 25-21; [Se 10. ... 23-19; 11.16-20, 24x15; 12.11x20, 27-23; 13.20x27, 30x23; 14.08-12, 23-20; 15.12-16 con posición equivalente] 11.11-15 ... [Con idea de se 11. ... 21-17; seguir con 12.16-20 e 15-19 para entrar en dama con 13x31] 11. ... 23-19; 12.06-11, 19x12; 13.08x15, 27-23; 14.03-06, 23-19; 15.15-20, 24x15; 16.11x20, 18-14; 17.13-18, 14x05; 18.18x27, 30x23; 19.20x27, 19-15; 20.06-11, 15x06; 21.02x11, 05-01; 22.27-31 con final igualado.

10. ... 26-21;

Interesante continuación para seguir loitando na busca do punto enteiro. Richard Fortman en «Basic Checkers» clarifica inmediatamente o xogo tras os cambios que xorden despois de 10. ... 23-20.

11.13-17 ...

Se 11.06-10, 21-17; 12.14x21, 25x18; 13.03-07, 29-25; 14.11-15, 23-19; 15.07-12, 27-23; 16.02-06, 18-14; 17.16-20, 23x07; 18.04x27, 19x12; 19.27-31, 12-07; 20.13-18, 07-04; con igualdade.

11. ... 22-19; 12.17x26, 29x22; 13.14x21, 25x18; 14.03-07 ...

Tamén se podía intentar a defensa con 14.06-10, 19-15; 15.11x20, 24x15; 16.10-13, 18-14; 17.13-18, 22x13; 18.09x18, 30-26; 19.02-05, 14-11; 20.05-09, 15-12; 21.09-13, 12-07; 22.03x12, 11-06; 23.13-17 que leva ao empate.

14. ... 19-15; 15.11x20, 24x15; 16.04-08 ...

Despois desta xogada, salvar o xogo parece misión dificultosa. Porén aínda era posible 16.07-11, 15-12; [16. ... 23-20; 17.16x23, 27x20; 18.06-10, 15x06; 19.02x11, 22-19; 20.04-07, 19-15; 21.10-14, 15x06; 22.14x21, 06-03; 23.21-25, 03x12; 24.25-29, 20-15; 25.29-25 EMP.] 17.11-14, 18x11; 18.06x15, 22-18; 19.02-06, 27-22; 20.06-10, 23-19; 21.15-20, 18-14; 22.10-13, 14-10; 23.20-24, 10-05; 24.13-18, 22x13; 25.09x18, 19-14; 26.18-21, 14-11; 27.21-25, 12-07; 28.24-28 EMP.

16. ... 22-19; 17.07-11, 23-20; 18.16x23, 27x20; 19.06-10, 15x06; 20.02x11, 19-15;

Aquí as negras comezaron a refregar as mans. Xa albiscaban un final netamente favorable de tres peóns contra tres.

21.10-14, 15x06; 22.14x21 ...


POSICIÓN DESPOIS DE 22.14x21 ...

Este o momento culminante do xogo.

22. ... 06-03 [??];

Tiago confesou que a precipitación levouno a cometer este grande erro. Como lle demostrou ao rival unha vez terminada a sesión, as negras gañaban xogando primeiro 22. ... 20-15. Pois se 23.09-13, 06-03; con estas posibles opcións:
  •  24.13-18, 03-13; 25.21-15, 13x27 GN.
  •  24.13-17, 03-16; 25.21-25 ... [Se 25.21-26, 30x21; 26.17x26, 16-30 GN.] 25. ... 30-26; 26.25-29 ... [Ou 26.08-12, 15x08 GN.] 26. ... 26-22; 27.29x12, 16x07 GN.
23.08-12, 03x16;

[Resultado: EMPATE].

Seguiría 24.21-25, 16-12; [Se 24. ... 16-07; 25.25-29 e a dama corta o paso dos peóns] 25.25-29, 12-08; 26.29-25 e nada máis se pode intentar.

A sesión rematou con empate nos 4 xogos, sendo Manuel Cardoso o único adversario que conseguiu aguantar ante o campión.

*  *  *

Manuel Madureria vs. Pedro Monteiro
X Campionato de Portugal de Rápidas
Sao Joao da Madeira, 2011
4º xogo da 2ª sesión

1.10-13 ...

A «Apertura Crítica» tamén coñecida como a «Bristol». Empregada para tratar de escapar dos terreos máis coñecidos da máis forte das saídas: 1.10-14.

1. ... 21-18;

Casualmente a mesma resposta que no primeiro xogo que presentamos hoxe. Non aparece nos tratados dos clásicos españois e foi primeiramente estudada en Italia por Lanci no seu «Tratado Teórico Práctico do Xogo de Damas» publicado no 1837. Alí designárona como a «Contra-Meta» porque impide a conquista da casiña de «18» á que os italianos lle chaman «Meta».

2.05-10 ...

Tamén son de uso vulgar 2.12-15 ou 2.11-15, pero a xogada de Madureira é a máis lóxica e flexible. Segue o principio estratéxico de desenvolver primeiro o «Flanco de Río» e agarda un lance máis en configurar definitivamente a súa estrutura.

2. ... 23-20;

Enfraquece un pouco o xogo ao mover para un lado. A resposta máis sólida é 2. ... 23-19.

3.12-15 ...


POSICIÓN DESPOIS DE 3.12-15 ...

Impedindo a mellor opción das negras que neste caso era a ocupación da casa «Dique» de «15».

3. ... 28-23;

O sempre natural desenvolvemento ao longo do «Río».

4. 10-14 ...

Aproveitando que as negras teñen colocado o peón en «20» e non en «19» para atacar desde o centro o lado máis débil do rival.

4. ... 26-21;

Unha posición que se pode alcanzar por transposición nunha liña atípica da «Partida Anderson» con: 1.10-14, 22-18; 2.12-15, 26-22; 3.05-10, 23-20; [O usual é 3. ... 23-19;] 4.10-13, 28-23.

Unha forma diferente de taponar o burato era:

• 4. ... 25-21; 5.13-17, 31-28; [Se 5. ... 20-16; 6.08-12, 31-28; só altera a orde, pero en cambio sería mala 6. ... 29-25; que concede unha gran superioridade as brancas tal como se pode ver na seguinte continuación 7.01-05, 31-28; 8.05-10, 18-13; 9.09x18, 22x13; 10.04-08, 23-20; 11.15-19, 13-09; 12.19-23, 28x19; 13.14x23, 27-22; 14.12-15, 22-18; 15.10-14, 18-13; 16.23-28, 32x23; 17.15-19, un gañan brancas que aconteceu no xogo Silva Pereira vs. Sergio Bonifacio do 20º Campionato de Portugal disputado en Amadora no ano 2000] 6.08-12; 20-16; 7.01-05, 23-19; [Non 7. ... 29-25 que traspón ao xogo que acabamos de citar] 8.14x23, 28x19; 9.05-10, 27-23; 10.11-14, 18x11; 11.07x14, 16x07; 12.03x12, 21-18; 13.14x21, 29-25; 14.06-11, 25x18; 15.09-13, 18x09; 16.10-13, 26-21; 17.17x26, 30x21; 18.13-17, 21-18; 19.17-21, 19-14; 20.21-16, 14x07; 21.04x11, 18-13; 22.26-30, 13-10; 23.30x16, 10-06; 24.16-23,06-03; 25.12-16, 03-07; 26.23-14, 22-19; 27.15x22, 32-28; 28.14x32, 07x31 [EMP].

Outras opcións son:

• 4. ... 20-16; [Variante coñecida como a «Pioneira»] 5.14x21, 26x10; 6.06x13 con estas posibles continuacións xa xogadas en campionato:

► 6. ... 23-19; 7.13-18, 19x12; 8.08x15, 22x13; 9.09x18, 32-28; 10.11-14, 27-22; 11.18x27, 31x22; 12.01-05, 25-21; [As negras están nunha posición difícil de xogar e quizás a mellor defensa sexa 12. ... 28-23; 13.05-09, 22-18; 14.14x21, 25x18; 15.04-08, 16-12; 16.07x16, 30-26; 17.03-07, 23-19; 18.15x22, 26x19; 19.07-12, 18-14; 20.12-15, 19x12; 21.08x15, 14-11; 22.02-06, 11x02; 23.09-13, 02x20; 24.16x23 EMP.] 13.05-09, 29-25; 14.14-19, 30-26; 15.07-12, 16x07; 16.03x12, 21-18; 17.12-16, 25-21; 18.16-20, 21-17; 19.04-07, 18-14; 20.20-23, 14-10; 21.23x32, 10-06; 22.02x11, 24-20; 23.15x24, 22x06; 24.07-12, 06-03; 25.12-16, 03-07; 26.09-13, 17x10; GB. [Vaz Vieira vs. Delfim Alves do 28º Campionato de Portugal; Odemira, 2008].

► 6. ... 25-21; 7.01-05, 21-18; 8.13-17, 23-19; 9.05-10, 19x12; 10.08x15, 18-13; 11.09x18, 22x06; 12.03x10, 32-28; 13.10-14, 28-23; [Permite 14.17-21 con vantaxe que pode ser decisiva. A mellor defensa era 13. ... 30-26; 14.14-18, 28-23; 15.18-21, 26-22; 16.11-14, 16-12; 17.07x16, 22-19; 18.15x22, 27x11; 19.21-25, 24-20; 20.17-21, 20-15; 21.21-26, 29x22; 22.25-29, 23-19; 23.29-26, 15-12; 24.26-17, 19-15; 25.17-03, 22-19; 26.03-17, 12-07; 27.02-05, 07-03; 28.05-10, 03x13; 29.17x23, 11-06; 30.23-19, 15-11; 31.19-12, 06-03; EMP.] 14.15-19 [?] con posterior empate [José Carlos Anjos vs. Santos Deodato do 19º Campionato de Portugal en Faro, 1999].

► 6. ... 30-26; 7.01-05, 25-21; 8.05-10, 23-20; 9.13-17, 27-23; 10.10-13, 21-18; 11.02-05, 31-28; 12.05-10 ... [Moito máis forte é 12.11-14, 18x11; 13.07x14, 20x11; 14.14-18, 22-19; 15.18-21, 26-22; 16.21-26 cunha apreciable vantaxe, pero aínda así pensamos que as negras poden empatar con 16. ... 11-07!; 17.03x12, 16x07; 18.04x11, 23-20; ao que podía seguir: 19.17-21, 19-15; 20 11-14, 22-19; 21.14x23, 28x19; 22.21-25, 29x22; 23.25-29, 20-16; 24.29-26, 32-28; 25.26-29, 28-23; 26.29-26, 23-20; 27.26-29, 16-12; 28.29-25, 20-16; 29.05-10, 22-18; 30.25x23, 12-07; 31.23-20, 15-12; 32.08x15, 07-04; 33.20-23, 04-08; 34.23-14, 08x29 EMP.] 12. ... 23-19; 13.11-14, 18x11; 14.07x23, 28x12; 15.08x15, 20x11; 16.10-14, 16-12; 17.14-18, 22-19; 18.18-21, 26-22; 19.21-26, 11-07 para posterior empate [Vaz Vieira vs. Joao Oliveira disputada no 22º Campionato de Portugal; Odemira, 2002].

• 4. ... 32-28; 5.14x21, 26x10; 6.06x13 .. e agora:

► 6. ... 30-26; 7.13-18, 22x13; 8.09x18, 26-21; [Se 8. ... 26-22; 9.07-12, 22x13; 10.12-16, 27-22; 11.02-06, 13-09; 12.15-19 e as brancas teñen vantaxe aínda que neutralizable] 9.08-12, 21x14; 10.11x18, 20x11; 11.07x14, 27-22; 12.18x27, 31x22; con lixeira vantaxe das brancas.

► 6. ... 25-21; 7.01-05, 21-18; 8.05-10, 20-16; 9.13-17, 18-13; 10.09x18, 22x06; 11.03x10, 27-22; 12.17-21, 31-27;13.10-14, 22-18; 14.08-12, 27-22; 15.02-06, 24-20; 16.15x31, 22-19; 17.31x09, 19x03 e as brancas teñen mellor final, aínda posiblemente o resultado sexa de empate.

► 6. ... 22-18; 7.13x22, 27x18; 8.01-05 ... [8. ... 20-16; 9.05-10, 31-27; 10.10-13, 27-22; con gran vantaxe das brancas tal como nun xogo Santos Deodato vs. Santos Cordeiro do 11º Campionato de Portugal; Almada, 1991] 8. ... 25-21; 9.05-10, 29-25; 10.10-14, 20-16; 11.15-19, 21-17; 12.14x21, 25x18; 13.19-22, 23-19; 14.11-15 con posterior empate [Vaz Vieira vs. Orlando Fonseca do 3º Campionato de Portugal; Almada, 1983].

5.13-17 ...

Máis incisiva que 5.06-10, 20-16: 6.13-17, 18-13; 7.09x18, 22x06; 8.03x10, 21-18: 9.14x21, 25x18; 10.17-21, 31-28; 11.01-05 ... [Así perden por envío a dama. Correcto era 11.08-12, 27-22; 12.21-25, 23-20; 13.10-14, 18-13; 14.14-18, 30-27; 15.01-05, 13-10; 16.05x14, 22x13; 17.14-19, 28-23; 18.19x28, 32x23; 19.15-19, 23x14; 20.11x18, 13-10; 21.12-15, 20x11; 22.07x14, 16-12; 23.14-19, 12-07; 24.04x11, 10-06; 25.19-22, 27-23; 26.22-27, 06-03; 27.27-31, 03-06; 28.31-28, 06-20; 29.28x05, 20-30; 30.18-22, 24-20; 31.05-19, 30-21; 32.22-27, 20-15; 33.19x08, 21-14 EMP.] 11. ... 30-26; 12.21x30, 23-20; 13.30x23, 28x03; 14.04-07, 03x17; 15.02-06, 17x12; 16.08x15 GN. [Joao Carlos vs. Vaz Vieira do 23º Campionato de Portugal; Faro, 2003].

5. ... 30-26;

Contra 5. ... 29-26; as brancas quedan moi ben. Pois tras 6.01-05, 20-16; 7.05-10, 18-13; 8.09x18, 22x13; 9.08-12, 32-28; 10.04-08, 13-09 adquiren unha gran vantaxe. En cambio se 6.08-12, 20-16; 7.06-10 ... [Posición alcanzada do seguinte modo: 1.10-14, 23-20; 2.12-15, 28-23; 3.06-10, 22-18; 4.10-13, 26-22; 5.13-17, 29-26; 6.08-12, 20-16; 7.05-10 nun xogo Justino Miguel vs. Veríssimo Dias; Torneo das Festas Bocageanas disputado en Setúbal neste ano 2011. Aínda que con este orde sería mellor 7.03-06, 31-28; 8.05-10, 23-19; 9.14x23, 28x19; 10.10-13, 27-23; 11.06-10 con enorme superioiridade das brancas] 7. ... 18-13; 8.09x18, 22x06; 9.03x10, 21-18 con xogo igualado.

Malo sería 6.02-05, escollido nun xogo Joao Oliveira vs. Veríssimo Dias do 22º Campionato de Portugal disputado en Odemira, 2002; pois no sitio de 20-16 que foi o lance que se xogou, as negras dispoñen do golpe: 6. ... 23-19; 7.14x23, 18-14; 8.11x18, 20x02; [GN].

6.08-12 ...

Bo lance. Nesta altura o lector debe notar que o xogo foi a desembocar nos rumbos da «Partida Confusa».

• Se agora 6.06-10 estamos nunha das súas fugas máis famosas que habitualmente adoita ser construída do seguinte xeito:

1.10-14, 22-18; 2.06-10, 23-20; 3.12-15, 28-23; 4.10-13, 27-22; 5.13-17, 30-27; [5. ... 31-27 é aínda máis común] 6.05-10 e velaquí temos a posición. Agora pode seguir 6. ... 18-13; [Se 6. ... 20-16; 7.08-12 traspón ao noso xogo principal] 7.09x18, 22x06; 8.03x10, 27-22; 9.01-05, 22-18; 10.05-09, 20-16; 11.15-19, 31-27; 12.19x28, 32x23; 13.08-12! ... [Tendendo unha astuta celada] 13. ... 18-13; [As negras pican. Correcto era 13. ... 27-22; 14.12-15, 22-19; cunha mínima vantaxe branca] 14.09x18, 26-22; 15.17x26, 22x06; 16.12-15, 29x22; 17.15-19 GB. Golpe de Taddeus, co que rematou un duelo no ano 1906 conseguindo así facer desta variante unha celebridade.

• O mestre portugués Daniel Machado ten xogado 6.02-05. Un dos seus enfrontamentos continuou con 6. ... 32-28; 7.06-10, 18-13; 8.09x18, 22x06; 9.03x10, 27-22; 10.5-9, 21-18; 11.14x30, 20-16; 12.30x20, 22-19; 13.15x22, 24x06; 14.10-14, 06-02; 15.01-05, 02-20; 16.05-10, 20-06; [As negras son as que teñen que ir polo empate, pero a continuación escollida parecenos moi arriscada. Mellor era tratar de aguantar con 16. ... 20-23;] 17.08-12,06x27; 18.14-18, 27x13; 19.09x18, 29-26; 20.12-15, 26-22; 21.18x27, 31x22; 22.15-20, 28-24;23.20-23, 22-19; 24.23-28, 19-15; 25.28-31, 15-12; 26.31-09, 12x03; 27.04-07, 03x12; 28.17-21 GB. [Daniel Machado vs. José Calado do 1º Campionato de Portugal; Lisboa, 1981].

6. ... 20-16;


POSICIÓN DESPOIS DE 6. ... 20-16

O xogo está sumamente interesante. Se agora 7.02-05 as negras poden replicar con 7. ... 32-28; e tras 8.06-10 entramos na coñecida como «Partida Confusa do Norte» que normalmente é atinxida así: 1.10-14, 22-18; 2.05-10, 27-22; 3.12-15, 23-20; 4.08-12, 20-16; 5.02-05, 28-23; 6.10-13, 32-28; 7.06-10 ... [Con este lance fórmase a «Variante do Norte», mais as brancas tamén dispoñen de 7.04-08 que sería a «Partida Confusa do Sur»] 7. ... 30-27; 8.13-17! [Alcanzando a posición comentada]. Agora a mellor continuación é 8. ... 18-13; evitando a terrible ameaza 10-13.

7.06-10 ...

Tras esta xogada branca alcánzase unha posición dunha fuga da «Confusa» que se constrúe comezando coa tradicional apertura 1.10-14, 22-18; 2.06-10 ou  coa «Central Clásica»:  1.11-14, 22-18; 2.06-11 e logo 2. ... 23-20; 3.12-15, 28-23; 4.10-13, 26-22; 5.08-12, 20-16; 6.13-17, 30-26; 7.05-10 tal como sucedeu nun enfrontamento Manuel Custodio vs. Víctor Oliveira do 23º Campionato  de Portugal; Faro, 2003.

7. ... 18-13; 8.09x18, 22x06; 9.03x10, 27-22; 10.01-05, 23-20;

Ou 10. ... 32-28; 11.14-19, 23x14; 12.11x27, 31x22; 13.10-14, 28-23; 14.07-11, 16x07; 15.14-19, 23x14; 16.11x27, 07-03; 17.27-31, 26-22 con gran vantaxe das brancas.

11.05-09 ...

Curiosamente nun enfrontamento entre Víctor Nedio e o Dr.Vaz Vieira disputado no 28º Campionato de Portugal tamén se chegou a esta posición despois de comezar cunha «Anderson» en orde cambiada: 1.12-15, 21-18; 2.10-14, 26-21; [Que é o mesmo que o tradicional 1.10-14, 22-18; 2.12-15, 26-22 ] 3.05-10, 23-20; [Liña irregular] 4.10-13, 28-23; 5.13-17, 30-26; 6.08-12, 20-16; 7.06-10, 18-13; 8.09x18, 22x06; 9.03x10, 27-22; 10.01-05, 23-20; e 11.05-09.

11. ... 31-28;

POSICIÓN DESPOIS DE 11. ... 31-28

No citado xogo do comentario anterior, o disputado entre o actual presidente da Federación Portuguesa e o campión nacional de «lentas»,  seguiuse con:

11. ... 22-18; 12.09-13, 18x09; 13.15-19, 20-15; 14.11x20, 24x08; 15.19-23, 31-28; 16.23-27, 26-22; 17.17x26, 22-19; 18.14x23, 29x22; 19.27-30, 28x19; 20.30-26, 25-21; 21.26x17, 19-15; 22.10-14, 15-12; 23.17-03, 32-28; EMP. [Víctor Nedio vs Vaz Vieira do 28º Campionato de Portugal; Odemira, 2008].

12.14-19, 28-23; 13.19x28, 32x23; 14.02-05 ...

No outro dos xogos mencionados, o de Custodio vs. Oliveira disputado no Nacional de Faro (2003), puidemos ver este desenvolvemento final 14.09-13, 23-19; 15.11-14, 20x11; 16.14x23, 11-06; 17.02x11, 21-18; 18.23-27, 18x09; 19.27-31, 22-19; 20.11-14, 19-15; 21.12x19, 26-21; 22.17x26, 29x15; 23.31-22, 09-05; 24.22x08, 05-01; 25.08-19, 25-21; 26.10-13, 01-10; 27.14-18, 10x32; 28.18x25, 16-12; 29.07x16, 24-20; 30.16x23, 32x17; EMPATE.

14. ... 23-19; 15.11-14, 20x11; 16.14x23, 11-06; 17.23-28, 06-02;

REMATE DE MADUREIRA
[Xogan brancas e gañan]


POSICIÓN DESPOIS DE 17. ... 06-02

O empate podíase conseguir con 17. ... 22-18. Unha pena pois Monteiro estábase defendendo ben e co reloxo alterando os nervios comete un erro determinante.


Pedro Monteiro
[Foto do blog "Damas do Norte"]

18.12-15 ...

As brancas non desaproveitan a ocasión e rematan de modo lucido.

18. ... 02x20; 19.07-11, 20x13; 20.09x27 ...  

[Resultado: 1-0]

E aquí Madureira veu como, en sinal de abandono, o seu rival depositaba as fichas comidas enriba do taboleiro. O simpático damista da barba branca gañou a sesión grazas á súa vitoria neste xogo. Os tres restantes terminaron en empate.