martes, 21 de febreiro de 2023

Veríssimo vence no «12º Open Nacional Vila de Fajões»

Unha vez máis o acolledor salón do «Café Cruzeiro» da Vila portuguesa de Fajões foi escenario do xa tradicional «Open Nacional de Damas» na modalidade de rápidas, que nesta ocasión alcanzou a súa 12ª edición.


A proba que se celebrou o día 10 de setembro do pasado ano 2022 rematou co trunfo de Veríssimo Dias, un vello rockeiro que non para de engadir éxitos á súa brillante carreira. No segundo posto, co mesmo resultado (4,5 puntos), pero peor desempate por  Buchholz. colocouse Nuno Vieira, outro dos cracks, que sempre acostuma aparecer no máis alto dos podios. Completando a terna de honor situouse Joaquim Silva «Pardal» que con 4 puntos superou por mellor desempate a un grupo de xogadores que por estrita orde formaron Luís Sá (4º), José Melo (5º), Antonio Figueiredo (6º), Alcides Ferreira (7º) e Luís Leite (8º). No Top-10, dun total de 43 participantes, tamén entraron Manuel Cardoso (9º) liderando a zona dos que remataron con 3,5 puntos e José Ramalho (10º).

A clasificación por equipos foi encabezada pola emerxente formación da «Casa do Povo» de Vizela, que alcanzou un sonado éxito superando a experimentadas escuadras como son a do «Capricho Setubalense» (2º) e o mítico «C.C.D». de São João da Madeira (3º).

Deseguido podemos ver algunhas fotos e o cadro histórico de vencedores.




Finalmente comentamos algúns dos xogos máis interesantes que conseguimos recompilar.




1.10-14, 22-19;


A «Diagonal Cruzada» lixeiramente favorábel para o primeiro bando. Foi estudada polos autores clásicos españois desde Lorenzo Valls que a publicou por primeira vez no ano 1597. Unha apertura bastante popular que de feito Cardoso tamén emprega en certas ocasións cando xoga con negras.
 
2.05-10, 27-22;


A variante tradicional, considerada como a principal continuación. Outras alternativas son 2. ... 26-22; [Variante Moderna] ou 2. ... 21-17; [Variante Marxinal].  
 
3.11-15 ...


Complemento do lance anterior, tratando de dificultar no máximo posíbel a movilidade do flanco de río das negras.
 
Menos forte resulta 3.01-05, que tras 3. ... 31-27; 4.14-18, 21x14; 5.11x18, 22x13; 6.09x18, 23-20; traspón nunha popular liña da «Partida do Dique» que se forma con 1.10-14, 23-20; 2.14-18, 21x14; 3.11x18, 22x13; 4.09x18, 28-23; 5.05-10, 31-28; 6.01-05, 23-19.
 
3. ... 31-27;


Unha continuación que a pesar de ter dado moitas alegrías ás negras, resulta estratexicamente pouco recomendábel pois co peón branco ben situado no cadro «15», o cóbado negro creado nas casas «19», «22» e «27», tórnase extremadamente perigoso. No seu lugar, 3. ... 21-18; está considerada como a mellor réplica nesta altura.
 
4.06-11 ...


Cardoso escolle aquí a liña clásica de Juan García Canalejas. Pero máis forte aínda debe ser o «Ataque de Hay» con 4.07-11, ben estudado neste blog nos artigos do 30 de abril do 2021 e no seguinte do 29 de maio.
 
4. ... *21-18; 5.14x21, 26x17!;


A mellor. 5. ... 25x18; que se estima como perdedora no «TED» realmente pode empatar, pero non é aconsellábel pois as negras deben camiñar pola corda frouxa para asegurar a salvación.
 
A posición formada despois do movemento textual pódese tamén alcanzar con 1.10-14, 22-19; 2.05-10, 27-22; 3.11-15, 21-18!; [A mellor] 4.14x21, 26x17; [En lugar do habitual 4. ... 25x18] 5.06-11, 31-27. Unha orde de movementos considerada máis fina pois evita a posibilidade de que as brancas elixan o famoso «Ataque de Hay» que mencionamos na nota anterior.
 
6.11-14 …


O lector debe notar que neste punto as negras só dispoñen de dúas opcións satisfactorias. Nesta ocasión optan pola considerada no «Tratado Enciclopédico» como de empate rápido.
 
A outra alternativa sería 6. … 25-21; [Entroncando nunha posición que tamén aparece na «Crítica Vertente» (Considerada frouxa e non incluída no mapa de aperturas sorteadas) formada con 1.10-13, 22-18; 2.13x22, 26x19; 3.05-10, 21-17; (Esta posición pode aparecer igualmente na «Dereita Marxinal» tras 1.09-13, 21-17; 2.05-09, se as negras seguen de modo inhabitual con 2. … 22-18; 3.13x22, 26x19) 4.11-15, 27-22; 5.06-11, 25-21; 6.11-14, 31-27] 7.07-11, *23-20; [Agora forzada, pois se 7. ... 29-25�; 8.*04-07, e se 8. ... 23-20; 9.14x23, 28x19; 10.12-16, 19x12; 11.16x23, 27x20; 12.07x23, GB. Análise incluída na segunda edición do tratado «The Scottish Draught Player» de John Drummond publicada no ano 1851. Ou se 8. ... 21-18; 9.14x21, 25x18; 10.02-05, 17-13; 11.10x17, 23-20; (Se 11. ... 30-26; 12.05-10, 19-14; 13.10x19, 23x14; 14.17-21, 26x17; 15.15-20, 24x06; 16.03x26, GB.) 12.12-16, 19x12; 13.16x23 ... (13.08x15, tamén gaña) 13. ... 28x19; 14.*07x16 ... (Non 14.08x15�, 19x12; 15.07x16, 22-19; 16.17-21, como nunha análise de Francisco Henriques que a pesar de que aquí dá o xogo por gañado polas brancas, realmente permitiría igualar tras 16. ... *30-26; 17.21x30, 27-23; 18.30x20, 24x06; 19.03x10, 19-15; 20.16-20, 15-12; 21.20-23, 12-07; 22.10-13, 18-14; 23.23-27, 14-11; 24.27-30, 07-04; 25.30-20, 11-07; 26.05-10, 07-03; 27.13-17, 03x13; 28.09x18, 04x25; EMP.) 14. … 30-26; 15.09-13, 18x02; 16.11-15, 19x12; 17.08x15, 02x20; 18.16x30, 22-19; 19.30x21, 24-20; 20.21-30, 20-15; 21.30-26, 32-28; 22.03-06, GB.] 8.14x23, 28x19; 9.12-16, 19x12; 10.08x15, e agora se:
 
a) 10. ... 29-25; 11.16x23, 27x20; 12.02-05, 30-27; [Ou 12. ... 21-18; 13.10-13, 17x10; 14.05x21, 25x18; 15.01-05, 30-27; 16.05-10, 32-28; 17.10-13 ... (Preferíbel ao 17.04-07, 20-16; indicado na «Guía Janvier´s Anderson», que agora podería seguir con 18.10-14, 18-13; 19.09x18, 22x13; 20.15-20, 24x06; 21.03x17, 27-22; 22.17-21, 22-18; 23.14-19, 18-13; 24.21-26, 13-10; 25.26-29, 10-05; EMP. Segundo análise complementaria de Francisco Henriques) 17. ... 28-23; 18.13-17, 18-13; 19.09x18, 22x13; 20.17-21, 13-09; 21.21-26, 09-05; 22.26-29, 05-01; 23.04-08, 20-16; 24.11-14, 01x12; 25.08x15, 16-12; 26.29-25, 27-22; 27.25-04, 12-08; 28.03-07, 23-20; 29.07-11, 22-18; 30.11-14, 18x11; 31.04x14, 20x11; 32.14x04, 24-20; EMP.] 13.10-13, 17x10; 14.05x14, 21-18; 15.14x21, 25x18; 16.01-05, 18-13; 17.09x18, 22x13; [Ata aquí como na Guía de Robertson] 18.05-10, 13x06; 19.03x10, 27-22; 20.10-14, 32-28; 21.14-19, 22-18; 22.19-22, 18-14; 23.11x18, 20x11; [EMP]. Análise de Francisco Henriques incluída no «TED».
 
b) 10. ... 21-18; 11.16x23, 27x20; con estas opcións:
 
➤ 12.02-05, 29-25; [Unha pequena transposición que conflúe na liña de desvío con 12. ... 21-18; que vimos na anterior «variante a»].
 
➤ 12.02-06 ... [Interesante] 12. ... 32-28; [Se 12. ... 29-25; 13.10-13!, 17x10; 14.06x13, 32-28; 15.01-05, 28-23; 16.05-10, 20-16; 17.13-17, 23-19; 18.17-21!, 19x12; 19.11-15, 12-08; 20.03-07, 30-27; 21.21-26, 27-23; 22.10-14, 18x11; 23.07x14, 22-18; 24.14x21, 25x18; 25.26-30, 18-14; 26.30x20, 14-11; 27.20-23, 11-07; 28.04x11, 08-04; 29.23-14, 04-08; EMP.] 13.10-14, 29-25; 14.14x21, 25x18; 15.06-10, que obriga a defender con 15. ... *22-19; 16.15x22, 20-15; 17.11x20, 24x15; 18.03-07, 28-24; 19.04-08, 24-20; 20.07-12, 15-11; 21.12-15, 11-06; 22.15x24, 06-02; 23.08-12, 02-05; 24.10-13, 17x10; 25.24-28, 18-14; 26.28-31, 14-11; 27.31-28, 11-06; 28.28-23, 06-02; 29.22-27, 10-06; 30.01x10, 06-03; 31.10-14, 03x16; 32.27-31, 16x27; 33.31x22, 30-27; 34.22x31, 02-05; [EMP].
 
7.14x23, *20x11;


Obrigada. Se as negras efectuasen a outra captura con 7. ... 28x19�; perden un peón tras 8.*12-16, 19x12; 9.16x23, 27x20; 10.07x23, quedando en posición insostíbel. Agora se 10. ... 24-20; 11.08-12, 22-19; 12.04-08, 29-26; pode seguir 13.10-14!, 19x10; [Diagrama]


e o remate de xeito artístico con 14.*01-05, 10x01; 15.*03-07, 01x28; 16.*09-13, 17x10; 17.*02-06, 10x03; 18.*12-16, 03x12; 19.08x31, [GB]. Un brillante exemplo, raras veces visto na práctica, de golpe por «dobre xudía» perfectamente sincronizado.
 
8.07x14, 28x19;


Aquí si era posíbel a elección, pero a textual semella un pouco mellor. Tras 8. ... 27x20; [Liña seguida por Drummond e que curiosamente non inclúe o «TED»] se:
 
a) 9.14-19, 22x15; 10.12x19, 28-23; [Ou 10. ... 29-26; 11.10-14, 28-23; 12.19x28, 32x23; 13.08-12, 26-21; 14.03-07, 30-27; 15.01-05, 27-22; 16.05-10, 20-16; 17.12-15, 21-18; 18.14x21, 25x18; 19.10-14, 18x11; 20.07x14, 23-20; 21.14-19, 20x11; 22.19x26, EMP. Análise de John Drummond incluída na 2ª edición do seu tratado publicada en Glasgow no ano 1851] 11.19x28, 32x23; 12.10-14, 25-21; 13.08-12, 29-25; 14.09-13, 17x10; 15.12-15, 20x11; 16.01-05, 10x01; 17.03-06, 01x19; 18.06x22, 23-19; 19.22-26, 30-27; 20.26-29, 27-22; 21.29-26, 21-18; 22.26-17, 24-20; 23.17-26, 20-16; 24.26-17, 16-12; 25.17-30, 12-08; 26.30-23, 19-15; 27.23-19, 15-11; 28.19x26, 11-07; 29.04x11, 08-04; [EMP].
 
b) 9.12-16, 20-15; 10.16-20, 25-21; 11.20-23, 28x19; 12.14x23, 29-26; 13.10-14, 22-19; 14.02-05, 19x10; 15.05x14, 15-11; 16.08-12, 24-20; 17.12-16, 20-15; 18.16-20, 15-12; 19.20-24, 26-22; 20.24-28, 22-18; 21.09-13, 18x09; 22.28-31, 11-07; 23.04x11, 12-08; 24.11-15, 17-13; 25.15-19, 13-10; 26.23-28, 32x23; 27.19x28, 09-05; 28.28-32, 21-17; 29.03-06, 10x03; 30.01x10, 03x13; 31.31x09, 08-04; 32.14-19, 04-11; 33.19-23, 11-24; 34.09-31, 24-02; 35.31-09, 02-24; [EMP].
 
9.14x23, 27x20;


No «TED», con análise de Joaquim Bravo e o Dr. Sena Carneiro, xa remata aquí a análise indicando que o xogo está igualado.
 
10.01-05 …


Contra 10.10-14, pode seguir 10. ... 22-18; 11.14x21, 25x18; 12.01-05, 32-28; 13.05-10, 28-23; 14.02-06, 30-26; 15.06-11, 29-25; 16.12-15, 20-16; 17.10-14, 26-22; 18.14x21, 25x18; 19.03-06, 23-20; 20.06-10, 16-12; 21.10-14, 12-07; 22.14x21, 07-03; 23.21-26, 03-07; 24.26-29, 07x25; 25.29x19, 20x11; 26.09-13, 17x10; 27.19x05, [EMP].
 
10. … 22-19; 11.12-16 …


Comeza a enfraquecer a estrutura. Mellor era 11.03-06!, con idea de poder replicar a 11. … 20-15; coa troca 12.06-11, 15x06; 13.02x11, mantendo o xogo equilibrado.
 
11. … 20-15; 12.16-20� ...


Perde. Agora era obrigado seguir con 12.*04-07, 32-28; 13.07-11, 15x06; 14.02x11, 19-15; 15.11x20, 24x15; 16.10-14, 15-11; 17.14-19, 30-27; 18.16-20, 28-24; 19.19-22, 27x18; 20.20-23, 24-20; 21.23-28, 20-16; 22.05-10, 11-06; 23.28-32, 06-02; 24.10-13, 17x10; 25.32x01, 02-20; 26.08-12, 16x07; 27.03x12, 29-26; 28.12-16, 20-24; 29.01-19, 26-21; 30.19-26, 18-14; 31.26x17, 24-31; 32.16-20, 14-11; 33.17-10, 11-07; [EMP.].
 
12. ... 30-27; 13.04-07, 25-21�;


As negras moven de modo despreocupado. Para gañar era completamente imprescindíbel seguir con 13. ... *32-28; pois se:
 
a) 14.02-06 ... [O mellor intento, aínda que insuficiente] 14. ... 25-21; [Non 14. ... 28-23�; por 15.09-13, 23x16; 16.13-18, 25-21; 17.18x25, 27-22; 18.05-09, 15-12; 19.08x15, 19x12; 20.10-14, 12-08; 21.14-19, 22x15; 22.07-12, 16x07; 23.03x19, 08-04; 24.19-22, 04-14; 25.22-27, 24-20; 26.27-30, 20-16; 27.30-21, 14-32; 28.21-07, 32-01; 29.07-03, 01-14; 30.06-10, 14x01; 31.09-13, 17x10; 32.03x13, EMP.] 15.07-12, 28-23; 16.12-16, 21-18; 17.03-07, 18-14; 18.09-13, *27-22!; 19.20x27, 22-18; 20.13x22, *15-12; 21.08x15, 19x03; 22.10x19, 03x30; 23.05-10, 24-20; 24.16x23, 30x20; 25.10-14, 20-30; 26.14-18, 29-25; [GN].
 
b) 14.07-12, 15-11; 15.12-15, 19x12; 16.08x15, 28-23; 17.10-14, 23x16; 18.15-19, 11-07; 19.03x12, 16x07; [GN].
 
c) 14.03-06, 28-23; 15.09-13, 23x16; 16.06-11, 15x06; 17.02x11, 29-26; 18.13-18, 19-15; 19.11x20, 24x15; 20.05-09, 26-21; 21.10-14, 15-11; 22.14-19, 21x14; [GN].
 
14.07-12� ...


De novo, as brancas caen en posición perdida pasando por alto unha segunda oportunidade para poder esquivar a derrota. Esta vez era obrigado defender con 14.*03-06, 21-18; 15.*07-11, 17-13!; [Non 15. ... 32-28�; por 16.*11-14, 18x11; 17.08-12, 15x08; 18.06x31, 24x15; 19.31x11, e ata GB.] 16.10x17, 18-13; 17.09x18, 19-14; 18.18-22, 27x18; 19.20-23, 14x07; 20.23-27, 07-03; 21.06-11, 15x06; 22.02x11, 18-13; 23.27-30, 03-16; 24.11-15, 32-28; 25.08-12, 16x07; 26.30-16, 07-04; 27.05-10, 13x06; 28.16-03, 06-02; 29.03-16, 02x20; 30.16x32, [EMP].
 
14. ... *15-11; 15.12-15, 19x12; 16.08x15, 21-18; 17.10-14, *11-07;


A pesar do equilibrio material, a vantaxe posicional do segundo bando resulta esmagadora.
 
18.03x12, 18x11; 19.20-23, 27x20; 20.12-16, 11-07; 21.16x23, 07-04; 22.23-27, 04-08;


Agora as negras forzan a ganancia de material e a vitoria xa semella moi evidente. O resto non precisa comentarios.
 
23.27-30, 08x01; 24.09-13, 17x10; 25.30-17, 10-05; 26.02x09, 24-20; 27.17-06, 20-16; 28.06-15, 01-10; 29.15-22, 10-17; 30.22-15, 17-26; 31.15-11, 16-12; 32.09-13, 26-22; 33.13-17, 12-08; 34.11-04, 22-26; [GN].



1.12-15, 23-19;


Apertura «Paralela Ortodoxa» teoricamente avaliada como de prognóstico equilibrado.
 
2.08-12 ...


Tratando de protexer o flanco esquerdo, máis vulnerábel despois de ter iniciado o xogo movendo unha das súas pezas.
 
2. ... 24-20;


A variante da permuta «dous-por-dous», coñecida tamén como a «Bronx Express» [Nome co que a bautizou Willie Ryan na modalidade inglesa]. Considerada como a máis arriscada das 5 vías que teñen á súa disposición as negras.
 
Nótese que se podería xogar primeiro 2. ... 19-14; e despois 24-20; que sería a mesma cousa. As catro vías restantes son 2. ... 28-23 [Variante Tradicional]; 2. ... 27-23 [Defensa Española ou Clásica]; 2. ... 21-17; [Variante Drummond]; ou 2. ... 21-18 [Variante Moderna].
 
3.15x24, 19-14; 4.10x19 ...


Mellor que o outro salto, co que se cambia un terceiro peón e nunha posición tan aberta as negras deben poder igualar con máis comodidade. Con todo, ao ser unha continuación atípica, algunhas veces en ocasións esporádicas é utilizada para tentar sorprender ao rival sacándoo dos camiños trillados. Despois de 4.11x18, 21x14; 5.10x19, 22x08; pode seguir 6.05-10, con estas opcións:
 
a) 6. ... 28-23; 7.10-14, 25-21; 8.01-05, 23-20; 9.05-10, 32-28; [Inferior resulta 9. ... 26-22; 10.10-13, 22-18; (Non vale 10. ... 22-19�; por 11.14x23, 20-16; 12.06-11, 27x20; 13.11-14, 32-28; 14.13-18, 21-17; 15.18-22, 28-23; 16.24-28, 31x24; 17.22-27, 16-12; 18.07x16, 20-15; 19.27-31, 15-12; 20.31-18, 30-26; 21.14-19, 23x14; 22.18x07, 29-25; 23.16-20, 24x15; 24.07x16, 26-22; 25.16-23, GB. Como nun xogo Tiago Manuel vs. Delfim Alves do 34º Campionato de Portugal celebrado en Santa María da Feira no ano 2014) 11.13x22, 27x11; 12.07x14, 30-27; 13.09-13, 27-22; 14.06-10, 32-28; 15.13-17, 29-26; 16.10-13, 20-15; 17.02-06, 15-12; 18.06-11, 28-23; 19.11-15, 23-20; 20.15-19, 22x15; 21.13-18, 15-11; 22.18x25, 11-07; 23.04x11, 20-16; 24.25-29, 26-22; 25.29x19, 12-07; 26.03x12, 16x07; 27.17-21, 07-03; 28.21-25, 03-06; 29.19-15, 06-10; 30.15-19, 10-06; EMP.] 10.09-13 ... [Ou 10.07-12, 26-22; 11.14-19, 22x15; 12.12x19, 30-26; 13.03-07, 27-22; 14.07-12, 22x15; 15.12x19, 20-16; 16.10-14, 16-12; 17.06-10, 26-22; 18.19x26, 29x22; 19.10-13, 21-17; 20.13-18, 22x13; 21.09x18, 28-23; 22.18-22, 12-07; 23.04x11, 08-04; 24.22-27, 31x22; 25.24-28, 22-18; 26.14x21, 04x25; 27.28-32, EMP.] 10. ... 28-23; [Se 10. ... 27-22; conflúe na liña da «variante c»] 11.07-12, 20-16; 12.03-07, 21-17; 13.06-11, 26-21; 14.13-18, 17-13; 15.10x26, 29x13; 16.14-18, 13-10; 17.11-14, 30-26; 18.24-28, 31x24; 19.12-15, 26-22; 20.18-21, 23-20; 21.14-19, 20x11; 22.19x26, 10-06; 23.07x14, 06-03; 24.21-25, 03-17; 25.26-29, 24-20; 26.02-06, 17x03; 27.04-07, 03x12; 28.14-19, 12x22; 29.29x24, [EMP].
 
b) 6. ... 25-21; 7.10-14, 27-22; 8.06-11, 22-19; 9.14x23, 28x19; 10.01-05, 32-28; 11.05-10, 28-23; 12.09-13, 26-22; 13.13-17, 30-26; [Falso sería 13. ... 29-25�; 14.17x26, 30x21; por 15.07-12, 21-18; 16.12-16, 25-21; 17.02-05, 21-17; 18.05-09, 31-27; 19.24-28, 18-14; 20.11x18, 22x06; 21.03x10, 19-15; 22.28-31, 17-13; 23.31x12, 13x06; 24.12-03, 06-02; 25.03-10, GB. Como no 2º xogo da 6ª sesión do enfrontamento Tiago Manuel vs. José Melo disputado no 41º Campionato de Portugal celebrado en Lisboa no ano 2021] 14.02-05, 29-25; 15.07-12, 23-20; 16.11-14, 19-15; 17.12x19, 22x15; 18.10-13, 15-11; 19.05-09, 20-16; 20.14-19, 16-12; 21.19-22, 26x19; 22.17x26, 19-14; 23.26-30, 12-07; 24.03x12, 11-06; 25.12-15, 14-11; 26.13-18, 06-03; 27.30-17, 11-07; 28.04x11, 08-04; 29.11-14, 04-08; 30.15-19, 08x13; 31.09x18, 03-12; [EMP].
 
c) 6. ... 27-22; 7.10-14 ... [Ou 7.06-11, 25-21; 8.01-05, 21-17; 9.09-13, 26-21; 10.05-09, 28-23; 11.11-14, 29-25; (Aquí as negras  se o desexan dispoñen da posibilidade de realizar un golpe neutro para asegurar o empate con 11. ... 23-19; 12.14x23, 31-28; 13.24x31, 29-25; 14.31x18, 21x05; 15.13-18, 05-01; 16.23-27, 30x23; 17.18-22, 23-20; 18.22-26, 32-28; 19.26-29, 28-24; 20.02-06, 01-32; 21.09-13, 17x10; 22.06x13, 32-10; 23.13-17, 10-23; 24.29-22, 23-01; 25.22-27, 20-15; 26.27-09, 25-21; 27.17x26, 15-11; 28.07x14, 01x29; EMP. Tal como no 3º xogo da 5ª sesión correspondente ao enfrontamento João Oliveira vs. Nuno Vieira do Torneo de São João da Madeira do ano 2018) 12.03-06, 31-27; 13.13-18, 22x13; 14.09x18, 23-19; 15.14x23, 21x05; 16.02x09, 27x20; 17.06-11, 30-27; 18.11-15, 20x11; 19.07x14, 27-22; 20.14-18, 22x13; 21.09x18, EMP.] 7. ... 25-21; 8.01-05, 28-23; 9.05-10, 32-28; 10.09-13, 23-20; 11.13-18 ... [Se 11.13-17, ] 11. ... 22x13; 12.10x17, 28-23; 13.06-10, 30-27; 14.02-06! ... [Mellor que 14.02-05, 27-22; 15.07-12, 22-18; 16.03-07, 18x11; 17.07x14, 20-16; 18.12-15, 23-20; 19.15-19, 16-12; 20.19-23, 12-07; 21.04x11, 08-04; e agora podería seguir 22.23-28, 26-22; 23.17x26, 22-19; 24.14x23, 04x30; 25.28-32, 20-15; 26.10-13, 30x16; 27.13-17, 16-30; 28.32-10, 15-11; 29.10-03, 30-16; 30.03-10, 11-07; 31.05-09 ... (Non 31.17-21�, por 31. ... 07-03; 32.10-17, 16-23; 33.21-26, 23x01; GN. Como no 1º xogo  da 4ª sesión correspondente ao duelo Veríssimo Dias vs. Nuno Vieira do 16º Campionato de Portugal de Rápidas disputado en Canelas-Gaia no ano 2017) 31. ...  07-04; 32.10-01, 16-12; 33.01-05, 12-22; 34.05-10, 04-25; 35.10-01, 29-26; 36.01-32, 22-27; 37.32-01, 26-22; 38.01-32, 22-18; 39.32-01, 27-30; 40.09-13, 18x09; 41.01-32, EMP, Pero máis seguro semella 22.23-27, 31x22; 23.24-28, 20-16; 24.28-32, 16-12; 25.05-09, 12-08; 26.10-13, 22-18; 27.13x22, 26x10; 28.32x01, 04x18; 29.17x26, 29x22; EMP.] 14. ... 27-22; 15.06-11, 20-16; 16.11-15, 23-20; 17.15-19, 22x15; 18.07-12, 16x07; 19.03x19, 20-15; 20.19-22, 26x19; 21.17x26, 29x22; 22.14x23, 15-11; 23.23-27, 11-07; 24.04x11, 08-04; [EMP].
 
4. ... 22x08;


Colocando un peón na «casa do lixo». Unha manobra que semella favorábel nun posíbel final, pero que xeralmente pode resultar prexudicial nunha fase tan prematura do xogo ao servir de soporte ás pezas rivais. Evidentemente, a acción queda estratexicamente compensada coa instalación do peón branco na «casa do can» [Número «24»] en similares circunstancias.
 
5.05-10 ...


Operando na ala oposta, segundo Richard Fortman, a correcta política para tratar de «descarrilar» esta peculiar variante.
 
5. ... 21-18;

 
Tanto esta, como 5. ... 27-22; son vías moi meritorias das que existen xogos rexistrados nas bases de datos, pero non figuran como as máis habituais. O natural desenvolvemento no río con 5. ... 28-23; copa as cotas de popularidade e considérase como a principal continuación.
 
Sen deternos máis agora seguimos co desenvolvemento do noso xogo. No próximo artigo publicaremos o estudo detallado das dúas alternativas complementarias
 
6.10-13 ...


Unha interesante idea a ter en conta. No seu lugar as brancas poderían variar empregando algunha destoutras opcións:
 
a) 6.11-15 ... [Liña «24-E» no «Tratado Enciclopédico»] 6. ... 28-23; 7.06-11, 26-22; 8.01-05, 23-19; 9.10-13 ... [Inferior resulta 9.15-20 ... (A continuación do citado tratado, ao que nos referimos moitas veces como «TED») 9. ... 18-14; 10.11x18, 22x06; 11.02x11, 19-15!; (Non 11. ... 32-28�; por 12.20-23, 27x20; 13.11-15, 19x12; 14.07x32, GB. Golpe indicado no «TED») 12.11-14, 25-21!; (Lance co que as negras pasan a contar cunha gran vantaxe moi difícil de neutralizar. A xogo practicamente igualado conduce 12. ... 32-28; 13.14-19, 15-12; 14.07x16, 27-23; 15.20x27, 30x14; como nun enfrontamento Jerónimo Nunes vs. Mario Diniz Vaz disputado no ano 1967 e incluído no «TED». Agora podería seguir 16.09-13, 28-23; 17.13-18, 25-21; 18.18x25, 14-11; 19.05-09, 23-19; 20.16-20, 19-15; 21.20-23, 15-12; 22.23-28, 11-07; 23.04x11, 08-04; 24.11-15, 04-21; 25.28-32, 12-08; 26.32-01, 21-26; 27.15-20, 26-30; 28.01-23, 08-04; 29.09-13, 04-21; 30.13-17, 21-11; 31.23-19, 30x16; 32.17-21, 16-30; 33.19-26, 29x22; 34.25-29, 11x25; 35.29x19, EMP.) 13.03-06, 27-22; 14.09-13, 31-28; 15.24x31, 21-18; 16.14x21, 29-26; 17.31x18, 26x03; 18.20-24, 03x16; 19.18-09, 15-11; 20.09-22, 11-06; 21.22-18, 16-03; 22.18-14, 06-02; 23.24-28, 02x09; 24.14-01, 32x23; 25.01x28, EMP.] 9. ... 19x12; 10.07x16, 32-28; 11.05-10, 28-23; 12.03-07, 23-20; 13.16x23, 27x20; 14.13-17, 25-21; 15.17x26, 30x21; 16.02-05, 21-17!; 17.11-15, 20x11; 18.07x21, 22-19; 19.21-25, 19-15; 20.09-13, 15-11; 21.13-18, 11-06; 22.18-22, 06-02; 23.22-26, 02x09; 24.10-14, 29x22; 25.25-29, 17-13; 26.29x12, 13-10; 27.14-19, 10-05; 28.12-16, 05-01; 29.19-22, 09x27; 30.16x30, [EMP].
 
b) 6.01-05, 28-23; e agora as brancas deben seguir con coidado.
 
➤ 7.10-14� ... [Perde por golpe] 7. ... 18-13; [Confluíndo nunha célebre posición alcanzada nun xogo de João Lancastre e Meneses incluído no tratado de Henrique da Cunha e que estudaremos no APARTADO SEGUNDO da próxima entrada].
 
➤ 7.10-13, 27-22; entronca na liña do xogo.
 
c) 6.10-14, alcanzando unha posición na que o segundo xogador pode escoller:
 
➤ 6. ... 28-23; [Traspón nunha liña xa vista anteriormente no «APARTADO SEGUNDO» na súa «variante b» na que as negras xogan 6. ... 21-18]
 
➤ 6. ... 25-21; con estas ramificacións:
 
7.14-19, 27-22; 8.11-15, 30-27; 9.01-05, 21-17; 10.06-11, 28-23; 11.19x28, 32x23; 12.05-10, 18-13; 13.09x18, 22x06; 14.03x10, 26-22; 15.11-14, 23-20; 16.14-19, 20x11; 17.19x26, 29x22; 18.07x14, 27-23; 19.02-05, 23-20; 20.05-09, 20-16; 21.09-13, 16-12; 22.14-18, 22-19; 23.18-22, 12-07; 24.04x11, 08-04; 25.24-28, 04x01; 26.*22-26 ... [Non 26.22-27�, 17x10; [GN]. Como nun xogo Veríssimo Dias vs. Nuno Vieira disputado no Torneo do «G. D. Ramiro José» en Lisboa no ano 2010 e publicado no «Cidade de Tomar» Nº 3905] 26. ... 31x24; 27.26-29, 17x10; 28.*29x15 ... [Célebre manobra que aparece por primeira vez nun estudo de Pavel Bobrov publicado na revista «O Xadrecista» no ano 1891] 28. ... 01-05; 29.15-11, 05-09; 30.11-14, 09-05; 31.14-11, [EMP].


7.01-05, 28-23; [Ou 7. ... 27-22; 8.05-10, 28-23; 9.07-12, 23-20; 10.12-16, 31-27; 11.16x23, 27x20; 12.03-07, 29-25; 13.11-15, 18x11; 14.07x14, 20x11; 15.06x15, 22-18; 16.14-19, 18-14; 17.02-05, 14-11; 18.19-23, 26-22!; (Con idea de crear unha celada) 19.24-28, 21-17; 20.09-13 ... (Non 20.28-31�, por 20. ... *32-28; 21.31x07, 28x03; 22.10-14, 03-10; GN.) 20. ... 11-07; 21.04x11, 08-04; 22.28-31, 04x02; 23.31x09, 02x27; 24.09x31, *25-21; 25.31-24, *21-18; 26.24-31, *17-13; 27.10x17, 18-14; 28.31-24, 32-28; 29.24x31, 14-10; EMP.] 8.05-10, 32-28; 9.07-12, 23-20; 10.03-07, 28-23; 11.12-15, 26-22; 12.15-19!, 22x15; 13.07-12, 23-19; 14.14x23, 20-16; 15.12x19, 27x20; 16.19-23, 16-12; 17.11-15, 20x11; 18.06x15, 18-14; 19.10x19, 12-07; 20.04x11, 08-04; 21.11-14, 04x18; 22.23-28, 21-17; 23.28-32, 17-13; 24.02-06, 18-25; 25.09x18, 25x20; 26.19-22, 20x02; 27.24-28, 31x24; 28.22-27, 30x23; 29.32x01, [EMP].
 
6. ... 27-22;


Outros camiños polos que as negras poderían transitar son:
 
a) 6. ... 28-23; 7.13x22, 27x18; 8.01-05, 26-22; 9.05-10, 32-28; 10.10-13, 23-20; [Traspón na liña da «variante d» coa que as negras desvían do tronco do APARTADO SEGUNDO con 6. ... 23-19].
 
b) 6. ... 26-22; 7.01-05, 28-23; 8.05-10, 23-20; 9.10-14, 25-21; 10.13-17, 30-26; 11.07-12, *20-15!; [Única. Se 11. ... 29-25; (Perde) 12.03-07, 20-16; 13.12-15, 32-28; 14.09-13, 18x09; 15.15-19, 22x15; 16.11x20, 27-22; 17.06-11, 22-18; 18.14-19, 18-14; 19.11x18, 21x14; 20.20-23, GB. Do mesmo xeito 11. ... 20-16�; (Perde tamén) 12.03-07, 32-28; 13.14-19, 22x15; 14.12x19, 27-23; 15.19-22, 26x19; 16.17x26, 29x22; 17.06-10, 23-20; 18.11-14, 18x11; 19.07x32, 16-12; 20.32-23, 20-16; 21.23-27, 12-07; 22.27x13, 16-12; 23.04x11, 12-07; 24.11-14, 07-04; 25.13-18, 31-27; 26.18x31, 04x21; 27.24-28, 08-04; 28.28-32, 21-26; 29.10-13, 26-17; 30.32-10, 17-26; 31.31-27, 04-07; 32.10-01, 07-04; 33.27-30, 26-29; 34.02-05, 29-15; 35.05-10, 15-29; 36.30-27, 29-08; 37.27-16, 08-29; 38.16-07, 04x14x05; 39.01x14, 29-26; 40.13-18, GB. Ou se 11. ... 27-23�; (Tampouco pode salvar o xogo) 12.12-16, 29-25; 13.06-10, 22-19; 14.03-07, 19-15; 15.07-12, 15x06; 16.02x11, 32-28; 17.10-13, GB.] 12.12x19 ... [Se 12.11x20, 18x11; 13.06x15, 21-18; 14.02-06, 18-14; 15.15-19, 22x15; 16.12x19, 26-21; 17.17x26, 29x15; 18.06-11, 15x06; 19.03x19, alcánzase idéntica posición, aínda que usando un tempo menos por bando] 12. ... 22x15; 13.11x20, 18x11; 14.06x15, 21-18; 15.02-06, 18-14; 16.06-11, 14x07; 17.03x12, 26-21; 18.17x26, 29x22; 19.15-19, 22x15; 20.12x19, 27-23; 21.20x27, 31x15; 22.09-13, 15-11; 23.13-18, 11-07; 24.04x11, 08-04; 25.24-28, 04x21; 26.28-31, [EMP].
 
7.01-05, 28-23; 8.05-10, 23-20;


Un movemento usual nesta altura, pero para tratar de evitar o interesante ataque que estudaremos na próxima nota, as negras dispoñen da máis fina réplica 8. ... 32-28!; ao que pode seguir 9.11-14 ... [Perigoso sería tentar o mencionado ataque que quedaría introducido con 9.07-12, pois aínda que semella prometedor, podería ser moi ben contestado co golpe 9. ... 18-14!; 10.11x27, 31x22; 11.24x31, 26-21; 12.31x18, 21x05; deixando ás brancas nunha difícil situación. O empate agora só se pode conseguir seguindo con enorme coidado. Por exemplo 13.13-18, 23-20; 14.18-22, 20-15; 15.12x19, 05-01; 16.*06-11, 01x32; 17.11-15, 25-21; 18.15-20, 21-18; 19.20-24, 29-25; 20.22-27, 30x23; 21.24-28, 25-21; 22.02-06 ... (Tamén valía 22.09-13, 18x09; 23.28-31, 21-17; 24.31-28, 23-20; 25.28-01, 20-15; 26.03-07, 17-13; 27.*02-06, 15-11; 28.*07x14, 32x03; EMP.) 22. ... 23-19; 23.28-31, 21-17; 24.31x13, 17x10; 25.06x13, 19-14; 26.13-18, 32-19; 27.09-13, 14-10; 28.13-17, 10-05; 29.17-21, 05-01; 30.21-25, 19-29; 31.18-22, 29x12; 32.03-07, 12x03; 33.25-29, EMP.] 9. ... 18x11; 10.07x14, 23-20; 11.13-18, 22x13; 12.09x18, 30-27; 13.14-19, 25-21; 14.18x25, 27-22; 15.10-14, 22x15; 16.03-07, 28-23; 17.14-18, 20-16; 18.06-11, 15x06; 19.02x11, 23-20; 20.11-14, 20-15; 21.07-12, 16x07; 22.04x20, 08-04; 23.20-23, 04-11; 24.23-28, 11-06; 25.28-32, 06-13; 26.18-22, 26x10; 27.32x05, [EMP].
 
9.13-17 ...


Tanto este lance como o 9.10-14, que desenvolvemos na «variante a», son continuacións conservadoras que permiten igualar comodamente. Máis forte resulta a proposta que presentamos na «variante b». Vexamos:  
 
a) 9.10-14, 25-21!; [Preferíbel a 9. ... 32-28; 10.14x21, 26x10; 11.06x13, 28-23; 12.13-18, 22x13; 13.09x18, 30-27; 14.11-14, 29-26; 15.07-11, 20-15; 16.11x20, 23x16; 17.24-28! ... (Ou se 17.14-19, 27-22!; 18.18x27, 31x15; 19.24-28, 15-12; 20.28-32, 12-07; 21.04x11, 08-04; 22.03-07, 16-12; 23.07x16, 04x21; EMP.) 17. ... 31x24; 18.14-19, 26-21; (Ou 18. ... 16-12; 19.02-06, 26-21; 20.19-22, 21x14; 21.22x31, 12-07; 22.04x18, 08-04; 23.18-22, 04-08; 24.22-27, 08-15; 25.06-10, 15-19; 26.10-13, 19-22; 27.13-17, 24-20; 28.03-07, e agora 28. ... 22-18; 29.27-30, 18x04; 30.30x16, 25-21; 31.17x26, 04-14; EMP. Pero non 28. ... 22-29�; por 29.27-30, 25-21; 30.30x16, 29-26; 31.31-18, 21x14; 32.16-23, 26-19; 33.23-32, 19-26; 34.32x10, EMP.) 19.19-22, 21x14; 20.22x31, 14-11; 21.03-07, 16-12; 22.07x14, 12-07; 23.04x11, 24-20; 24.14-19, 20-16; 25.19-22, 16-12; 26.11-14, 12-07; 27.22-26, 07-03; 28.26-30, 03-10; 29.14-18, 10-32; EMP.] 10.13-17, 32-28; [Se 10. ... 30-27; conflúe nunha liña xa vista no desvío do tronco deste apartado con 6. ... 26-22] 11.07-12, 20-16; [Ou primeiro 11. ... 28-23; e tras 12.12-15, 20-16; que é o mesmo] 12.12-15, 28-23; 13.15-19, 22x15; 14.11x27, 30x23; 15.03-07, 18x11; 16.06x15, 23-19; 17.15x22, 26x19; 18.17x26, 29x22; 19.09-13, 19-15; 20.07-12, 16x07; 21.04x20, 08-04; 22.20-23, 22-19; 23.23-28, [EMP]. Como nun xogo Luís Carvalho vs. Alcides Ferreira do 21º Torneo de São João da Madeira celebrado no ano 2016.
 
b) 9.07-12 ... [A mellor] 9. ... 20-16; 10.03-07, 32-28; 11.11-15 ... [Impide o natural desenvolvemento con 11. ... 28-23] 11. ... 30-27; [Evidentemente, se 11. ... 28-23�; seguiría 12.24-28, 31x24; 13.15-20, 24x15; 14.12x28, GB. A un empate máis difícil que a textual conduce 11. … 25-21; 12.13-17, 29-25; (Ou se 12. ... 22-19; 13.15x22, 26x19; 14.17x26, 29x22; 15.10-13, 30-26; 16.06-11, 19-15; 17.11x20, 18-14; 18.12-15, 16-12; 19.07x16, 14-11; 20.13-18, 22x13; 21.09x18, 11-07; 22.04x11, 08-04; e agora se 23.11-14, *04-08; 24.14-19, *31-27; 25.24x31, 26-22; 26.19x26, 08x29; 27.31x22, 29x24; EMP. Ou se 23.15-19, 04x25; 24.20-23, 26-22; 25.19x26, 28x19; 26.26-29, 19-14; 27.29-19, 14-11; 28.19-14, *31-27; 29.14x04, 27-22; 30.16-20, 22-18; 31.04x21, 25x14; 32.02-06, 14-19; 33.06-11, 19-32; 34.20-23, 32x07; 35.24-28, EMP.) 13.02-05, 30-27; 14.10-13, 18-14; 15.15-20, 14-11; 16.06x15, 28-23; 17.13-18, 22x13; 18.09x18, 21x14; 19.15-19, 27-22; 20.19x28, 14-11; 21.07x14, 16x07; 22.04x11, 08-04; 23.20-23, 31-27; 24.23x30, 04-07; 25.30x21, 25x18; 26.14x21, 07x14x32; 27.05-09, 22-19; 28.21-26, 19-14; 29.26-29, 14-11; EMP.] 12.02-05, 25-21; [Se 12. ... 27-23; 13.15-19, 22x15; 14.12x19, 23x14; 15.10x19, 26-22; 16.19x26, 29x22; 17.06-10, 28-23; 18.13-17, 23-19; 19.17-21, 19-15; 20.21-26, 18-14; 21.10x19, 15-12; 22.26-30, 12x03; 23.19x26, 03-12; 24.26-29, 12-15; 25.29x12, 16x07; 26.04x11, 08-04; 27.11-15, 04-08; 28.15-20, 08-19; 29.09-13, 19x01; 30.30-26, 01-10; 31.13-17, 31-27; 32.26-12, 10-14; 33.12-15, 14-10; EMP. Non hai forma de progresar. Ou se 12. ... 22-19; 13.13x22, 27x18; 14.15x22, 26x19; 15.06-11, 28-23; 16.10-13, *18-14; 17.11x18, 19-14; 18.12-15, 23-20; 19.15-19, 20-15; 20.07-12, 16x07; 21.04x20, 08-04; 22.20-23, 04-07!; 23.23-28, 14-11; 24.19-23, *07-16; 25.18-22, 16x18; 26.13x22, 11-07; 27.28-32, 07-04; 28.09-13, 04-08; 29.22-27, 31x22; 30.32-23, 25-21; 31.24-28, 21-17; 32.05-10, 08-04; 33.23-20, 22-19; 34.20-02, 04-14; 35.02-05, 14-25; 36.05-01, 19-14; 37.10x19, 17x10; 38.01x14, 25x11; EMP.] 13.13-17, 22-19; 14.15x22, 26x19; 15.17x26, 29x22; 16.10-13, 19-14; 17.13-17 ... [Contra 17.06-11, as negras poden defender con 17. ... 28-23; 18.13-17, 22-19; 19.11-15, 14-11; 20.07x21, 16x07; 21.04x11, 19x12; 22.21-25, 08-04; 23.25-29, 04x01; 24.29x08, *01-14; 25.08-04, 14-19; 26.17-21, 19-29; 27.21-25, 23-19; EMP.] 17. ... 18-13; 18.09x18, 22x13; 19.17-21, 13-09; 20.21-26, 09x02; 21.26-30, 02x20; 22.30x10, 20-11; 23.07x14, 16x07; 24.04x11, 08-04; 25.10-03, 28-23; 26.03-12, 23-20; 27.12-19, 04-07; 28.19-32, 20-15; 29.11x20, 07x21; [EMP].
 
9. ... 32-28; 10.10-13 ...


A posición pódese considerar igualada, pero nesta altura semella que as brancas poden xogar máis comodamente con 10.10-14, 28-23; [Aquí tamén podería seguir 10. ... 25-21; 11.07-12, 28-23; 12.12-15, 20-16; entroncando na mesma liña do xa citado xogo de São João da Madeira disputado por Luís Carvalho vs. Alcides Ferreira] 11.14x21, 25x18; 12.06-10, 20-16; 13.10-14, 26-21!; 14.17x26, 30x21; 15.02-06 ... [Coa mesma idea tamén se podería xogar 15.02-05, pois aínda  que permite golpe, o final resultante é de empate. Tras 15. ... 21-17; 16.14x21, 31-28; 17.24x31, 22-18; 18.31x13, 17x01; podería seguir 19.11-15, 01-10; 20.21-26, 29x22; 21.15-19, 23x14; 22.07-12, 16x07; 23.04x27, EMP.] 15. ... 23-20; 16.06-10, 29-25; 17.07-12, 16x07; 18.03x12, 20-16; 19.12-15, 16-12; 20.14-19, 12-07; 21.19x26, 07-03; 22.26-30, 03x17; 23.30-16, 17-03; 24.24-28, 31x24; 25.15-20, 24x06; 26.04-07, 03x12; 27.16x31, [EMP].
 
10. ... 28-23; 11.06-10, 20-16; 12.07-12� ...


Un deslice que permite as negras conquistar o control do centro e explotar a debilidade que supón o peón retrasado na casa «10».
 
As brancas agora non teñen defensa. Adecuado era 12.10-14, 25-21!; 13.02-06, 22-19; 14.13x22, 19x10; 15.06x13, 26x19; 16.17x26, 30x21; 17.13-18, 21x14; 18.11x18, 19-14; 19.18-22, 14-10; 20.22-27, 31x22; 21.24-28, 10-05; 22.28-31, 22-19; 23.07-11, 23-20; 24.11-14, 19x10; 25.31-24, 10-06; 26.24x02, 05-01; [EMP].
 
12. ... 16x07; 13.03x12, 23-19;


Nótese a fraxilidade da estrutura branca sen posibilidade de facer ningunha troca.
 
14.12-16, 19-14�;


Precipitación. Con esta troca as negras axudan a eliminar a decisiva debilidade que supoñía o peón retrasado da casa «10». Agora aínda que van abrir camiño para entrar en dama primeiro, esta compensación non resulta suficiente para poder impoñerse.
 
O procedemento correcto era seguir con 14. … 30-27; [Mover primeiro 14. ... 25-21; tamén valía] 15.16-20, 25-21; 16.02-06, 29-25; 17.24-28, 31x15; 18.11x20, 18-14; [Consumando a manobra que decide o xogo] 19.20-23, 27x20; 20.13-18, 22x13; 21.09x18, 14x05; 22.18-22, 20-16; 23.22x29, 05-02; 24.17x26, 02x24; 25.26-30, 16-12; 26.29x15, *24x06; 27.30-17, 06-03; 28.17-30, 12-07; 29.04x11, 03-10; [GN].
 
15.10x19, 22x06; 16.02x11, 30-27;


Quizais fose preferíbel a tentativa 16. ... 18-14; 17.11x18, 26-21; 18.17x26, 30x14; contra a que as brancas poden defender con 19.16-20, 14-10; 20.20-23, 10-05; 21.24-28, 31x24; 22.23-27, 05-01; 23.13-18, 24-20; 24.27-30, 20-16; 25.18-21, 25x18; 26.30-21, 01-14; 27.21-25, 29-26; [Ver diagrama. As brancas empatan de modo brillante cun «tiro» na transversal]


28.*25-29, 26-21; 29.*09-13, 18x09; 30.*29-12, 16x07; 31.04x25, [EMP],
 
17.13x22, 26x19; 18.*09-13 ...


Aínda que en inferioridade, as brancas xa non van atopar demasiadas dificultades para salvarse. Este e o seguinte, a pesar de ser lances únicos, resultan totalmente intuitivos.
 
18. ... 29-26; 19.*13-18, 19-14; 20.11-15, 14-10;
 

Se 20. ... 14-11; 21.15-20 ... [Non 21.15-19�, por 21. ... 11-07; 22.04x11, 27-22; 23.18x27, 31x06; 24.24-28, 06-02; GN.] 21. ... 11-07; 22.04x11, 08-04; 23.11-14, 27-23; 24.20x27, 31x13; 25.24-28, 04x18; 26.28-31, [EMP].
 
21.15-19, 10-05; 22.19-23, 27x20; 23.16x23, 05-01; 24.24-28, 31x24; 25.23-27, 01-14; 26.27-31, 14x21;


Agora as brancas entran en dama e empatan controlando o río. Ao non poder pasar o peón de «25» as brancas non dispoñen da posibilidade de crear algunha «armadilla» efectiva.
 
27.31-22, 26x19; 28.17x26, 19-14; 29.26-29, 14-10; 30.29-19, 10-06; [EMP].



1.10-14, 23-19;


A «Diagonal Ortodoxa», a apertura máis empregada no xogo de damas. A súa popularidade débese —sen dúbida— a que, a pesar de resultar estratexicamente case balanceada, ofrece infinidade de posibilidades para poder aumentar a microscópica vantaxe que o dereito á saida concede ás brancas, ou reverter a situación desequilibrando para o lado das negras.
 
2.14x23, 28x19; 3.05-10, 32-28; 4.11-14 ...


A «Fuga Nº 15», a liña favorita de Nuno que prefire ao tradicional 4.01-05, para evitar a réplica redutora con 4. ... 19-15.
 
4. ... 28-23; 5.12-16 ...


Reconducindo o xogo para unha variante da «Lateral Esquerda» que se formaría con 4.12-16, 32-28; 5.11-14.
 
5. ... 22-18; 6.01-05 ...


Interesante alternativa a 6.08-12 ... [Lance que outras veces tamén usa Nuno (Na «variante b» ofrecemos un xogo que disputou neste mesmo torneo) e co que se traspoñería a unha das liñas regulares da «Lateral Esquerda» construída habitualmente con 1.10-14, 23-19; 2.14x23, 28x19; 3.05-10, 32-28; 4.12-16, 28-23; 5.08-12, 22-18; 6.11-14] 6. ... 18x11; 7.06x22, 26x19; [Máis forte que a captura alternativa] 8.09-13, 27-22; [A recomendación do «Tratado Enciclopédico», pero aquí quizais sexa máis molesta para as brancas a replica 8. ... 21-17; impedindo que ocupen esa casa ao seguinte movemento] 9.13-17, 21-18; 10.07-11 ... [Continuación que se adoita alternar con 10.01-05]  e agora se:
 
a) 10. ... 31-27; [A liña tronco da mencionada publicación] 11.03-06, 18-14!; 12.11x18, 22x13; 13.01-05, 29-26; alcanzaríase unha posición que tamén vai aparecer no noso xogo principal.
 
b) 10. ... 18-13; 11.03-06, 30-26; 12.01-05, 13-09; 13.10-13, 25-21; 14.05-10, 21-18; [Unha sólida opción, pero aínda mellor resulta 14. ... 29-25!; 15.04-08, 24-20!; 16.12-15, 19x12; 17.08x24, 31-28; 18.24x31, 23-19; 19.31x18, 21x05; 20.16-20, 05-01; 21.20-23, 19-15; 22.11x20, 01x28; 23.13-18, 28-32; 24.20-24, 32-23; 25.17-21, 26x17; 26.18-22, 23-19; 27.22-27, 19-32; 28.27-30, EMP.] 15.04-08, e aquí se:
 
15. ... 29-25�; [Perde] 16.*12-15 ... [Non 16.11-14, 18x11; 17.06x15, 25-21; GN. Como nun xogo Joaquim Santos vs. Mario Cruz celebrado no «Clube Recreativo Charnequense» no ano 2000 e publicado no «Jornal de Almada» do 15/9/2000, onde tamén se indica a corrección textual proposta polo condutor das brancas] 16. ... 19x12; 17.08x15, 23-19; 18.16-20, 19x12; 19.10-14, 24x15; 20.14x30, 12-07; 21.11x20, 07-04; 22.30-23 ... [Como xa temos publicado, máis sinxelo sería 22.30-27] 22. ... 04-08; 23.23-14� ... [Imprecisión. Adecuado sería 23.23-01, 22-18; 24.13x22, 08x26; 25.06-11, 26-29; 26.20-24, 29-26; 27.11-14, 26-22; 28.01-10, 22-15; 29.14-18, 15-08; 30.10-14, 08-12; 31.14-04, 12-08; 32.17-21, 08-19; 33.04-08, 19-14; 34.08-15, 14-07; 35.15-19, 07-11; 36.18-22, 25x18; 37.22-26, 11-07; 38.26-30, 07-04; 39.30-17, 04-07; 40.17-13, 07-03; 41.13x22, 03-16; 42.22-18, 16-30; 43.18-07, 30-16; 44.07-03, 16-30; 45.03-16, 30-17; 46.19-29, 17-03; 47.16-27, 31x22; 48.29x19, GB. polo «saque de peón»] 23. ... 22-18; 24.13x22, 08x29; 25.14-04, 31-27�; [Novo deslice que fai outra vez caer as negras en posición perdedora. A salvación podería alcanzarse con 25. ... 29-19; 26.20-24, 19-32; 27.06-11, 32-23; 28.04-08, 23-32; 29.08-22, 32-23; 30.22-18, 23-19; 31.18-13, 19-29; 32.13-18, 29-19; 33.17-21, 19-08; 34.18-14, 25x18; 35.14x21, 08-19; EMP.] 26.20-24, 27-22; 27.17-21, 25x18; 28.04x25, 22-19; 29.24-28, 19-15; 30.25-07, 29-25; 31.06-11, 15x06; 32.02x11, 25-29; 33.28-32, 29-08; 34.07-03, 08-04; 35.03-07, 04-08; 36.32-10, 08-04; 37.10-01, 04-08; 38.07-04, 08-12; 39.04-08, 12-16; 40.11-14, [GB]. Como no 2º xogo da 3ª sesión do enfrontamento Nuno Vieira vs. Manuel Cunha disputado tamén neste 12º Torneo de Fajoes.
 
 15. … *23-20; [A defensa correcta] 16.16x23, 19-15; 17.11x20, 24x15; 18.12x19, 22x15; 19.13x22, 26x19; 20.10-13, 19-14; 21.13-18, 14-11; 22.08-12, 15x08; 23.06x15, 08-04; 24.18-22, 04-11; 25.15-20, 11x24; 26.23-27, 29-25; 27.27-30, 24-15; 28.30-26, 31-27; 29.22x31, 15x29; 30.17-21, 25x18; 31.31x13, [EMP].
 
6. ... 18x11; 7.06x22, 26x19; 8.09-13, 27-22; 9.13-17, 21-18; 10.07-11, 29-26; 11.03-06, 31-27; 12.08-12 ...

 
Ata aquí tamén se podería chegar na «Partida Contra-Clásica». Na liña 1.10-14, 22-18; 2.12-16, 23-19; 3.14x23, 28x19; seguindo agora con 4.11-14, 19x10; 5.06x22, 26x19; 6.09-13, 32-28; 7.08-12, 28-23; 8.13-17, 21-18; 9.05-10, 27-22; 10.07-11, 31-27; 11.03-06, 29-26; 12.01-05, fórmase a mesma posición.
 
12. ... 18-14; 13.11x18, 22x13;


O punto de confluencia de liñas ao que fixemos referencia nas notas do sexto lance branco.
 
14.17-21 …


A recomendación do «Tratado Enciclopédico», nunha altura do xogo na que as brancas tamén poderían optar por:
 
a) 14.04-07, 23-20; [Ou 14. ... 26-22; 15.07-11, 23-20; 16.16x23, 27x20; 17.05-09, 20-16; 18.09x27, 30x23; 19.11-15, 16x07; 20.15x22, 23-19; 21.22-26, 07-03; 22.10-13, 03x10; 23.26-29, 19-15; 24.29x08, 25-21; 25.17x26, 10x30; EMP.] 15.16x23, 27x20; 16.05-09, 20-15; [Se 6. ... 20-16; 17.09x18, 26-21; 18.17x26, 30x05; 19.02x09, 24-20; 20.06-11, 25-21; 21.09-13, 21-17; 22.13-18, 17-13; 23.18-22, 13-10; 24.22-27, 10-05; 25.27-31, 05-02; 26.31-24, 02x08; 27.24x29, 16-12; 28.07x16, 08-04; EMP.] 17.09x18, 15x08; 18.18-22, 08-04; 19.22x29, 04x01; 20.29x15, 01-14; 21.15-26, 30x21; 22.17x26, [EMP].
 
b) 14.04-08, 13-09; 15.06-11, 26-21; 16.17x26, 30x21; 17.12-15, 19x12; 18.08x15, 27-22; 19.10-13, 21-17; 20.16-20, 17x01; 21.20x27, 01-19; [No «TED» o Dr. Sena Carneiro segue con 21. ... 22-18; 22.27-30, 18-13; 23.30-17, 01-10; 24.15-19, 10x32; 25.17x03, 32-19; 26.03-06, producíndose unha transposición interna pois, usando 2 lances menos por bando, a posición tamén vai aparecer na análise principal] 22.27-31, 19x08; 23.31x13, 08-19; 24.13-06, 25-21; [Na análise do  «TED» mencionada na nota anterior segue con 24. ... 24-20; 25.11-15, 19x08; 26.06x24, EMP.] 25.06-17, 21-18; 26.17-13, 19-14; 27.13x22, 14x04; 28.22-19, [EMP].
 
c) 14.05-09, 23-20; [Posíbel tamén é 14. ... 24-20; 15.09x18, 26-21; 16.17x26, 30x05; 17.02x09, 27-22; 18.09-13, 20-15; liña dada no «TED» que podería seguir con 19.04-08, 25-21; 20.13-17, 21-18; 21.17-21, 18-14; 22.21-26, 14-11; 23.06-10, 11-06; 24.10-14, 19x10; 25.12x28, 06-02; 26.28-32, 02-05; 27.26-29, 22-19; 28.29x15, 05-02; 29.32x05, 02x24; EMP. Ou 14. ... 26-22; 15.09x18, 22x13; 16.17-21, 25x18; 17.10x17, 30-26; 18.06-11, 27-22; 19.11-15, 18-13; 20.02-06, 13-09; 21.06-10, 09-05; 22.10-13, 05-02; 23.13-18, 02x20; 24.18x27, 20-02; 25.27-31, 02-09; 26.31-28, 09-02; 27.04-08, 02-11; 28.28-32, 11-20; 29.32-28, 20-11; 30.28-32, EMP.] 15.09x18 ... [Ou se 15.16x23, 27x20; 16.09x18, 26-21; 17.17x26, 30x05; 18.02x09, 19-14; 19.09-13, 14-11; 20.06x15, 20x11; 21.13-18, EMP. Como nun xogo James Kear vs. William Gardner incluído na «Guía de Lees» sen máis datos. Richard Pask en «Damas do Século XXI» acrecenta que foi disputado no ano 1900 aínda que non indica a localidade] 15. ... 20-15; 16.04-08, 26-21; 17.17x26, 30x05; 18.02x09, 25-21; 19.09-13, e aquí o «TED» xa dá o xogo por empatado, pero o final non resulta tan evidente e podería seguir 19. ... 21-17; 20.13-18, 17-13; 21.18-21, 13-09; [Ou 21. ... 19-14; 22.12x19, 14-10; 23.06-11, 10-05; 24.19-23, 27x20; 25.16x23, 05-02; 26.11-14, 02-20; 27.23-28, 20-23; 28.28-31, 23x10; 29.31x09, EMP.] 22.21-26, *19-14; [Non vale o intuitivo 22. ... 09-05�; por 23.26-30, 27-22; 24.*30-21, 05-01; 25.16-20, 15-11; 26.21x04, 24x15; 27.06-10, 01x14; 28.04x27, 15-11; 29.27-23, 19-14; 30.23x01, 11-06; 31.12-15, 06-02; 32.15-19, GB.] 23.12x19, 09-05; 24.19-23, 27x20; 25.16x23, *24-20; 26.23-28, 05-02; 27.26-29, 02x11; 28.28-32, 20-16; 29.32x01, 11-15; 30.29x12, 16x07; [EMP].
 
14. … 26x17;


Inferior á outra captura, pero non perdedora como erroneamente se considera no «Tratado Enciclopédico».
 
Despois da recomendada 14. ... 25x18; 15.10x17, o xogo podería seguir con:
 
a) 15. ... 27-22; 16.06-10, 18-13; [Ou se 16. ... 24-20; 17.05-09, 26-21; 18.17x26, 30x21; 19.02-06, 18-14; 20.10-13, 14-10; 21.13-17, 10x03; 22.17x26, 03-10; 23.26-30, 22-18; 24.04-08, 10-06; 25.30-26, 19-14; 26.26-30, 14-10; 27.30-21, 18-13; 28.09x18, 10-05; 29.21-17, 06-02; 30.18-22, 05-01; 31.22-27, 20-15; 32.12x28, 01x32; EMP.] 17.05-09, 13x06; 18.02x11, 26-21; 19.17x26, 30x21; 20.09-13, 21-17; 21.13-18, 22x13; 22.11-15, 19-14; 23.16-20, 23x07; 24.04x18, 13-10; 25.18-22, 10-05; 26.22-26, 05-01; 27.26-29, [EMP].
 
b) 15. ... 23-20; 16.16x23, 27x20; 17.12-16, 20-15; 18.16-20, 30-27; 19.04-07, 15-12; 20.07x16, 24x15; 21.16-20, 15-12; 22.20-24, 12-07; 23.24-28, 27-23; 24.28-31, 07-03; 25.31x13, 03x01; 26.13-22, 19-14; 27.22x29, [EMP].
 
c) 15. ... 18-14; [A continuación teórica] 16.05-09 ...  [Corrixindo o «Tratado Enciclopédico» que no tronco da súa «Liña 28-H», segue con 16.04-08�, *27-22; 17.05-09, 22-18; 18.12-15, 19x12; 19.08x15, 14-11; 20.06-10 ... (Se 20.15-19, 23x14; 21.06x15, *14-10; {Non vale a continuación do «TED» 21. ... 14-11�; 22.15-19, 11-07; porque agora pode seguir 23.*17-21, 26x17; 24.19-23, 18-14; 25.23-28, 14-11; 26.28-32, 07-04; 27.16-20, 24x15; 28.32-01, 17-13; 29.09x18, 15-12; 30.18-21, EMP.} 22.16-20, 30-27; 23.15-19, 24x15; 24.19-22, 26x19; 25.17-21, 15-11; 26.21-26, 27-23; 27.09-13 ... {Se 27.26-30 ou 27.26-29, segue 27. ... 18-13; GN.} 27. ... 18x09; 28.26-30, *19-15; 29.30x16, 10-05; 30.16-27, 11-07; 31.27-22, 15-11; 32.22-13, 07-03; 33.13-18, 11-06; 34.02x11, 05-01; 35.11-15, 03-06; 36.18-11, 06-02; GN.) 20. ... 11-07; 21.10-13, 26-22; 22.17-21, e neste punto considera o xogo como empatado. O Dr. Sena Carneiro e Joaquim Bravo que analizaron a liña non percibiron que agora podería seguir 22. ... 07-04; 23.21-26, 30x21; 24.13-17, 04-08; 25.17x26, 08x19; 26.02-06, 19-08; 27.06-10, 22-19; 28.10-13, 18-14; 29.13-18, 14-10; 30.18-22, 10-06; 31.22-27, 06-03; 32.26-30, 03-17; 33.27-31, 19-14; 34.30x20, 24x15; 35.31-28, 14-11; 36.16-20, 11-07; 37.20-24, 07-04; 38.28-23, 17-30; 39.23-16, 04-14; 40.16-12, 14-32; 41.12x29, 32-19; 42.29x15, 08x19; 43.09-13, 30-27; 44.13-17, 27-30; GN.] 16. ... 27-22; 17.09-13, 14-10; 18.06-11, 26-21; 19.17x26, 30x21; 20.13-17, 21-18; 21.11-15, 18-13; 22.17-21, 13-09; 23.21-26, 10-05; 24.04-08, 05-01; 25.15-20, 24x15; 26.26-30, 23-20; 27.16x23, 15-11; 28.23-28, 11-07; 29.28-31, 07-03; 30.31x18, 03x16; 31.18-11, 16-03; 32.30-26, 01-10; 33.26x15, 10-32; [EMP].
 
15.05-09, 30-26;
 
Pódese xogar, pero non é a mellor. Nesta altura se:
 
a) 15. ... 23-20�; [Perde] 16x23, 27x20; 17.09x18, 30-27; 18.12-16, continuación xa indicada no «TED» que podería seguir 18. ... 20-15; 19.16-20, 15-12; 20.04-08, 24x15; 21.06-11, 15x06; 22.08x31, [GB].
 
b) 15. ... 24-20!; [A defensa máis sinxela. Preferíbel á textual] 16.09x18, 20-15; 17.04-08, 30-26; 18.10-14 ... [Ou se 18.06-11, 15x06; 19.02x11, 26-22; 20.12-15, 22x06; 21.15x31, 06-03; 22.31-28, 23-20; 23.16x23, 03-16; 24.23-27, 16x30; 25.11-15, 17-13; 26.28-05, 25-21; 27.15-19, 30-16; 28.19-22, 13-10; 29.05x25, 16-23; EMP.] 18. ... 19x03; 19.12x28, 17-13; 20.28-32, 03-07; 21.18-22, 27x18; 22.02-06!, 13-09; 23.06-11, 07x14; 24.32x01, 18-14; 25.01x29, 09-05; 26.29-19, 05-02; [EMP]. 
 
16.09x18, 26-22;


Caendo no mesmo erro que o «TED», que como antes xa dixemos, dá a liña por perdida. Neste punto se:
 
a) 16. ... 26-21�; 17.02-05, 21x14; 18.12-15, 19x12; 19.10x28, [GB]. Análise conxunta de Joaquim Bravo e Sena Carneiro.  
 
b) 16. ... *24-20; [A corrección para rexenerar a liña] 17.12-15 ... [Ou se 17.06-11, 26-22; 18.12-15, 22x06; 19.15x31, 06-03; 20.11-14, 20-15; 21.14-18, 03-12; 22.18-22, 15-11; 23.31-28, 12x29; 24.28x07, 29-19; 25.07-18, 19-23; 26.18-22, 25-21; 27.22-09, 23-14; 28.16-20, 14-19; 29.04-07, 19-28; 30.07-11, 28-32; 31.11-15, 32-10; 32.20-24, 10-14; 33.02-06, 14-32; 34.09-22, 32-05; 35.15-20, 05-01; 36.06-11, 01-32; 37.22-08, 17-13; 38.11-15, *13-09; 39.20-23, 32x12; 40.08x17, 09-05; EMP.] 17. ... 19x12; 18.18-21, 25x18; 19.10-14, 18x11; 20.06x24, 23-19; 21.24-28, 19-15; 22.16-20, 15-11; 23.28-31, 27-23; 24.20x27, 12-07; 25.31-28, 07-03; 26.28-23, 17-13; 27.23-16, 13-09; 28.27-31, 11-06; 29.02x11, 09-05; 30.31-28, 05-01; 31.28-32, 26-22; 32.11-14, 01x28; 33.32x26, 03-10; [EMP.] 
 
17.02-05, 22x13; 18.05-09, 24-20; 19.09x18, 20-15; 20.04-08, [GB].


Exactamente igual que na citada publicación portuguesa na que tan só analiza esta e a liña da «variante a» dada na nota anterior.