martes, 29 de marzo de 2011

Defensa do Principiante [1ª parte]

Proseguindo co estudo da variante "Lateral Dereira" da "Partida do Río", imos ir pouco a pouco publicando as tres defensas que adoitan empregrar as negras despois da "Encrucillada".

A "Defensa do Principiante" dividímola en dous capítulos. Hoxe imos ver a primeira parte. A segunda queda para a vindeira semana.

[1.10-14, 23-19; 2.14x23, 28x19; 3.05-10, 32-28; 4.01-05, 28-23; 5.09-13, 21-18; 6.13-17 ...]

6. ... 18-13


POSICIÓN DESPOIS DE 6. ... 18-13

A liña máis antiga, xa aparece en 1591 no libro de Pedro Ruíz Montero. De uso frecuente entre xogadores noveis, tamén é coñecida como a «Defensa do Principiante».

7.11-15 ...

Quizás a idea orixinal de seguir con 7.05-09 sexa máis forte, pero o ataque do texto, presentado por Lorenzo Valls uns poucos anos despois, tamén semella ser moi interesante.

A posición igualmente se pode alcanzar desde a «Oblícua» movendo do seguinte xeito: 1.10-14, 23-19; 2.14x23, 28x19; 3.09-13, 32-28; 4.11-15, 28-23; 5.13-17, 21-18; 6.05-10, 18-13; 7.01-05.

Imos estudar en apartados diferentes as dúas réplicas habituais:


7. ... 13-09 [APARTADO PRIMEIRO]

7. ... 25-21 [APARTADO SEGUNDO].


****************************

APARTADO PRIMEIRO

7. ... 13-09

Este lance de Garcez, a pesar de ser tradicionalmente catalogado como frouxo, ofrece ás negras adecuados recursos defensivos e pode ser xogado con total garantía.


POSICIÓN DESPOIS DE 7. ... 13-09

8.10-13 ...

É verdade que o peón no cadro “9” está ben situado de cara ao final e incluso deixa latente a ameaza de sacrificio, no caso de presentarse a posibilidade de realizar unha combinación con entrada en dama pola casa “2”. Non obstante non deixa de ser unha peza carente de mobilidade que amais pode facer de soporte de outra do rival. Neste caso o branco non desaproveita esa vantaxe ao ocupar a casa “13”.

8. ... 25-21

O desbarato con 8. ... 22-18; para intentar aliviar a presión que exerce o peón de "15", complica demasiado o traballo das negras: 9.15x22, 26x19; 10.13x22, 27x18; 11.12-15, 19x12; 12.08x15, ...


• 12. ... 29-26; 13.15-19, 23x14; 14.06-10, 31-28; 15.10x19, 18-13; 16.05-10, 13x06; 17.03x10, 30-27; 18.07-11 ... (Unha suxestión de Cándido Sena Carneiro. O Dr. Cárceles Sabater seguía con 18.07-12, que permite equilibrar totalmente o xogo despois de 18. ... 27-23). Segundo o mestre portugués agora as negras poden optar por:

▬► 18. ... 27-23; 19.11-14, 24-20; 20.10-13, 20-15; 21.13-18, 15-11; 22.18-22 G.B. (para nós 22.18-21 e despois dos cambios 24.30-20 gaña de forma máis sinxela).

▬► 18. ... 25-21; 19.19-22, 27x18; 20.10-13, G.B.

▬► 18. ... 27-22; 19.11-15, 25-21; (19. ... 22-18; 20.10-13, 18-14; 21.13-18 G.B.) 20.04-08, 21-18; (20. ... 22-18; 21.10-13 e 22.08-12 G.B.) 21.17-21, 26x17; 22.19x26, 18-13; Empate, pero nós pensamos que se pode gañar: 23.10-14, 13-10; 24.26-30, 10-05; 25.14-19, 17-13; 26.19-22, 13-10; 27.30-17, 28-23; 28.17x03, G.B. pois a 28. ... 23-20; segue 29.03-10 e a 28. ... 05-01; 29.15-19 e 30.03-10 afogando a dama negra.

▬► 18. ... 24-20; 19.11-14 Empate. Mais neste caso, tamén cremos que é posible unha vitoria branca xogando 19.10-13, 27-22; ( se 19. ... 20-16 ou 19. ... 25-21; segue a sorprendente 20.19-22!!) 20.11-14, 22x15; 21.14-18, 15-11; 22.18-21, 25x18; 23.13x29, 11-06; 24.02x11, 09-05; 25.17-21, 05-01; 26.21-25, 20-16; 27.29-22, 01-23; 28.25-29 G.B.

• 12. ... 23-20; 13.05-10, 20x11; 14.07x21, 25x18; 15.06-11, 18-13; (15. ... 24-20; perde con 16.03-06, 20-16; 17.04-07, 18-13; e agora non 18.11-14, senón 18.17-21 e 19.10x17 G.B. –Sena Carneiro corrixe a Sabater-) 16.03-06, 30-26; 17.11-14, 24-20; (17. ... 26-22 é combatida con 18.14-18, 29-25; 19.18x27, 31x22; 20.17-21 e as brancas teñen unha gran vantaxe que ata pode ser decisiva) 18.14-18, ...

▬► 18. ... 29-25; 19.17-21, 26x17; 20.18-22, 20-15, 21.04-07, 25-21; 22.22-26, 21-18; 23.26-29, 18-14; 24.10x19, 13-10; 25.06x13, 17x10; 26.19-22, 31-28; 27.22-27, 10-05; 28.29x08, G.B (Manuel Cárceles Sabater)

▬► 18. ... 20-15; 19.18-21 ... (se 19.04-07, 09-05; 20.02x09, 31-27; 21.10-14, 15-11; 22.06x15, 13-10; 23.07-11, 26-22; 24.14-19, 22x13; 25.09x18, 10-05; 26.19-22, 27-23; 27.22-27, 05-02; 28.27-31, 23-19; e as negras empatan) 19. ... 26-22; 20.21-26, 15-11; con vantaxe branca, aínda que as negras poden facer táboas.

▬► 18. ... 26-22; 19.18x27, 31x22; 20.17-21, 22-19; (20. ... 29-25; 21.10x17, 25x18; 22.17-21, 18-13; 23.21-26, 22-18; 24.26-29, 18-14; 25.04-07, 14-10; 26.29-12 G.B. –Sabater-) 21.10x17, 20-15; 22.21-25, 19-14; 23.17-21, 09-05; (a xogada que dá o empate. A Enciclopedia Damista continúa con 23. ... 14-11; e G.B.) 24.02x09, 14-11; 25.06-10, 11-06; 26.21-26, 29-22; 27.25-29, 15-11; 28.29x08, 06-03; 29.10-14, 03-17; 30.14-19, 17-10; 31.19-22, 11-06; Empate.

9.05-10 ...

Esta idea do propio Joseph Carlos Garcez vén a ser a forma máis atractiva de proseguir co ataque. Vexamos as posibles réplicas:

A

9. ... 23-20; (perde) 10.12-16, 20x11; 11.07x23, 27x20; 12.16x23, 24-20; 13.08-12, 20-15; (13. ... 22-19; 14.06-11, 20-16; 15.11-14, 16x07; –Sabater- 16.04x11! G.B.) 14.12x19, 22x15; 15.10-14, 15-12; 16.14-19, un “Gañan Brancas” da autoría de Cárceles Sabater (1909).

B

9. ... 22-18; (perde) 10.13x22, 27x18; 11.15x22, 26x19; 12.17x26, 29x22; (se 12. ... 30x21; 13.07-11 G.B.) 13.07-11 ... e agora se:

▬► 13. ... 31-28; 14.11-14, 18x11; 15.06x15, 30-26; 16.10-13, 26-21; 17.13-17, 21-18; 18.17-21, 18-13; 19.21-26, 13-10; 20.26-30, 10-05; 21.30x16, 05-01; 22.16-27 con vitoria branca. (Dr. Cárceles Sabater)

▬► 13. ... 31-27; 14.12-15, 19x12; 15.08x15, 23-19; 16.04-07, 19x12; 17.07x16, 27-23; 18.10-14, 18-13; 19.11-15, 30-26; 20.14-18, 23-19; 21.18x27, 19x12; 22.27-30, 12-08; (22. ... 26-22; 23.03-07 e 24.30-26 G.B.) 23.03x10 e as brancas gañan.

▬► 13. ... 30-26; 14.12-15, 19x12; 15.08x15, 23-19; 16.04-08, 19x12; 17.08x15, 31-27; 18.10-14, 18-13; 19.14-18 con vantaxe decisiva para o branco segundo o Dr. Cárceles Sabater.

C

9. ... 21-18; (perde) 10.06-11, 29-25;

▬► Se 10. ... 31-28; 11.11-14, 18x11; 12.07x14, 26-21; 13.17x26, 30x21; 14.13-18 (Cárceles Sabater) ou 14.15-20 G.B.

▬► Ou se 10. ... 18-14; (sacrificio) 11.11x18, 29-25; [Se 11. ... 31-28; 12.18-21! ... (mellor que o 7-11 do Dr. Cárceles Sabater, pois a ameaza de 13-18 obriga ao negro a facer xogadas forzadas)12. ... 19-14; 13.10x19, 23x14; 14.02-05, 09x02; 15.12-16, 02x20; 16.16x32, 29-25; 17.32x01, 25x09; 18.07-11, 22-18; 19.03-06 as brancas teñen vantaxe esmagadora] 12.18-21 ... (evita o tres e dama con 26-21) 12. ... 25x18; 13.07-11!, 23-20; 14.12-16, 19x12; 15.08x15, ... (Garcez seguía coa outra permuta que tamén serve para gañar o xogo) 15. ... 27-23; 16.10-14, 26-21; 17.17x26, 30x21; 18.13-17, 18-13; 19.17x26, 13-10; 20.26-29, 10-05; 21.29x32, 05-01; 22.16x23, 01x08; 23.11-15 e gañan as brancas (Dr. Cárceles Sabater)

11.12-16, 19x12; 12.08x15, 23-19;
12. ... 25-21; 13.10-14, 23-20; 14.16x23, 27x20; 15.15-19 G.B. como en Víctor Cantalapiedra vs. Antonio Pérez; Torrevieja, 1993 13.04-08, 19x12; 14.08x15, 27-23;
14. ... 18-14; 15.10x19, 24-20; 16.16x23 ... (moito máis sinxelo que como facía Garcez tomando para o outro lado) 16. ... 27x20; 17.15x24, 22x06; 15. 18.03x10, 26-22; 19.07-11 G.B. (Luis Soler y Rovira) 15.10-14, 25-21;
15. ... 09-05; 16.02x09, 31-27; 17.14x21, 25x18; 18.15-19, 22x06; 19.13x21, 06-02; 20.31-28, 02-11; 21.28x29, 11x04; 22.29-08 e as negras perden 16.14-19, 23x14; 17.15-20, 24x06; 18.03x19, 22x15; 19.13x19 con contundente vitoria branca. (Joseph Carlos Garcez).

D

9. ... 09-05; (empate) [un sacrificio de peón proposto por Luis Soler y Rovira no seu libro de 1819] 10.02x09, 23-20; (a continuación tradicional). Tamén se pode xogar:

▬► 10. ... 31-28; 11.12-16, 19x12; 12.08x15, 23-19; 13.07-11, 19x12; 14.10-14, 21-18; 15.14x21, 28-23; 16.21-25, 23-19; 17.16-20, 24x15; 18.11x20, 19-14 e as negras conseguen empatar.

▬► 10. ... 29-25; 11.06-11, 31-28; 12.11-14, 24-20!; (se 12. ... 21-18; 13.14x21, 25x18; 14.12-16 G.B.) 13.15x31, 23-20; 14.14x23, 20-15; 15.12x19, 27x20; 16.31x18, 21x05; 17.08-12!, 05-01; (se 17. ... 20-15; 18.19-23 ou se 17. ... 20-16; 18.07-11 as brancas poden gañar en ambos os dous casos) 18.13-18 e 18-21 e 12-15 con mellor posición branca, pero ben defendido é empate.

11.06-11, 20-12; 12.11-14, 27-23; 13.07-11, 16x07; 14.03x12, 31-28;

▬► 14. ... 31-27; 15.04-07, 29-25; (15. ... 21-18; 16.14x21, 23-20; 17.13-18!, 22x06; 18.15x31, 20-16; 19.11-15 G.B.) 16.13-18, 22x06; 17.15x31, 23-20; 18.11-15 e 12-15 e 31x03 G.B.

▬► 14. ... 30-27; 15.04-07, 24-20; (forzado) 16.15x24, 22-18; 17.13x22, 27x18; (seguindo esta variante é como Rovira pensaba que se empataba) 18.24-28 ... (lance do Dr. O.A.L. no Tratado da Enciclopedia Damista que deixa ás negras en posición delicada) 18. ... 31x24; 19.12-16, 19-15; 20.11x27, 18x04; 21.27-31, 21-18; 22.31x13, 04-07; 23.13-31, 07-04; 24. 31-27, 04-07; 25.27-23, ... (O.A.L. seguía con 25.08-12, porque non viu o golpe 25. ... 07-14; 26.10x19, 26-21; 27.17x26 que permite empatar ás negras) 25. ... 07-25; 26.10-13, 25-21; 27.23-10, 21-07; 28.10-28, 07-04; 29.08-12 e as brancas gañan.

15.12-16, 19x12; 16.08x15, 22-18; 17.13x22, 26x12; 18.17x26, 30x21; 19.11-15, 29-26; 20.16-20, 23x16; 21.15-19, 24-20; 22.19-22, 26x19; 23.14x32, 20-15; e a vantaxa branca resulta insuficiente para gañar.

E

9. ... 29-25 (empate) 10.06-11, 31-28;

▬► Se 10. ... 21-18; perden pois traspón á liña 8. ... 21-18.

▬► Se 10. ... 09-05; empatan como na liña de Rovira 9. ... 09-05; e 10. ... 29-25.

▬► Se 10. ... 23-20; 11.12-16, 19x12; 12.16x23, 27x20; 13.07x23, 24-20; 14.10-14, 21-18; (14. ... 22-19; 15.23-28 G.B.)15.14x21, 25x18; 16.03-06 G.B.

11.11-14 ...

Agora as negras deben prestar atención. Só dispoñen dunha xogada para salvar o xogo.


POSICIÓN DESPOIS DE 11.11-14 ...


11. ... 24-20!;

▬► Se 11. ... 21-18; 12.14x21, 25x18; 13.12-16, ... (o Dr. Cárceles Sabater no seu libro de 1909 seguía con 13.07-11 que é unha continuación forte, pero a nosa é mellor) 13. ... 19x12; 14.08x15, 09-05; (xogada desesperada, as negras están perdidas. Se 14. ... 23-19; 15.04-08, 19x12; 16.08x15, 18-14; -para desfacer o cóbado— 17.10x19, 27-23; 18.07-12, 23x14; 19.02-05, 09x02; 20.03-07, 02x20; 21.16x23 G.B.) 15.02x09, 18-14; 16.10x19, 23x14; 17.07-11, 14x07; 18.04x11, 28-23; 19.13-18, 22x13; 20.09x18, 26-22; 21.17-21!, 22x13; 22.21-26, 30x21; 23.15-20, 24x06; 24.03x26 G.B.

12.15x31, 23-20; 13.14x23, 20-15; 14.12x19, 27x20; 15.31x18, 21x05; 16.13-18, 26-22; 17.18x27, 30x14; 18.03-06, 20-15; e non hai forma de gañar. Agora ben se as negras fixesen 18. ... 05-01; perderían ao lle quedar a dama afogada despois de 19.06-10.

F

9. ... 31-28; (empate) as brancas poden elixir:

▬► 10.12-16, 19x12; 11.08x15, 09-05 como no gambito de Soler e Rovira (ver 9. ... 09-05).

▬► 10.06-11, 29-25; traspón á variante 9. ... 29-25. Pero se 10. ... 21-18; (perden) 11.11-14, 18x11; 12.07x14, etc. como xa vimos na variante 9. ... 21-18; con 10. ... 29-25 e 11. ... 31-28.

domingo, 27 de marzo de 2011

A Lateral Dereita da Partida do Río

Comezamos hoxe co estudo da variante "Lateral Dereita" da "Partida do Río". En "TRES E DAMA" xa temos publicado varios xogos sobre este tema pero agora querémolo facer un pouco máis pormenorizado.

Nesta primeira entrega só amosaremos o esquema e as xogadas constitutivas:

1.10-14, 23-19

Ambos os dous lados respectan estritamente o precepto estratéxico de efectuar a primeira xogada co peón do río, sen tocar de momento o máis débil flanco do dobre curruncho. Así fórmase a histórica «Partida do Río» ou «Single Corner» como a denominan na literatura angloamericana. Esta é a apertura máis estudada e a máis xogada de todos os tempos.

2.14x23, 28x19

A máis forte réplica comendo cara ao centro. Se 2. ... 27x20; 3.05-10, 21-18; [En caso de 3. ... 20-15; despois dos cambios segue o ataque desde «12» e xa se fai notar a falta da «peza vértice» de «27» para defender o peón.] 4.01-05, 20-16; 5.10-14, 28-23; 6.14x21, 25x18; 7.12-15, 32-28 e as bancas están mellor.

3.05-10 ...

Pódese xogar 3.11-15 para entrar na Oblicua e impedir así a ocupación da casa dique de «15», ou tamén 3.12-16 que é ben contestada con 3. ... 22-18 traspoñendo á «Contra-Clásica». Pero tanto 3.09-13 [a liña moderna] como a elección do tronco [a liña antiga] adoitan ser as continuacións máis habituais.

3. ... 32-28

O lóxico desenvolvemento ao longo do río para achegar reforzos ao centro.

4.01-05 ...

Coa mesma idea que o rival. Mais neste momento tamén se pode seguir con 4.11-15 [Oblicua Antiga] ou coa agresiva 4.12-16 [variante Lateral Esquerda] ambas as dúas dirixidas a evitar a redución de material co cambio «19-15». Últimamente xa hai moitos xogadores que se decantan pola fuga 4.11-14.

4. ... 28-23

As negras tamén podían optar por 4. ... 27-23; [Defensa Toledana] ou pola pouco combativa 4. ... 19-15 [Defensa da Sentinela] que encamiña o xogo a un máis que probable empate. Se 4. ... 21-17; débese replicar con 5.11-14, 28-23; e agora 6.14-18 ou 6.09-13 [traspoñendo á «Variante do Centro» da «Contra-Lateral Dereita». Nótese que neste último caso, se 5.09-13 sería replicado con 19-14!; 6.11x18, 26-21; 7.07-11*, 21x07 e o negro ten un peón de máis.

5.09-13 ...

O «Ataque Crítico» 5.10-13 ten en 5. ... 21-17 unha boa réplica para obrigar a xogar 6.05-10 e traspor á «Contra-Lateral Dereita».

5. ... 21-18

5. ... 21-17; evita a xogada que as brancas van facer no tronco e por tal motivo denomínase como a Contra-Lateral. Esta liña tamén ten moitos simpatizantes.

6.13-17 ...

Así queda configurada a variante que o Dr. O.A.L. denominou de “Lateral Dereita”, debido ao desprazamento feito por este peón nese flanco do taboleiro.

"ENCRUCILLADA DA LATERAL DEREITA"


POSICIÓN DESPOIS DE 6.13-17

Nesta famosa «Encrucillada» as negras teñen á súa disposición 3 defensas moi coñecidas:

A) 6. ... 18-13; [Defensa Orixinal, tamén coñecida como Defensa do Principiante].

B) 6. ... 25-21; [Defensa Ortodoxa].

C) 6. ... 18-14; [Defensa de Garcez]

martes, 22 de marzo de 2011

Base de datos [13]

XOGAN BRANCAS E GAÑAN

Verissimo_D [5039] vs. Chawali [3167]
Ludoteka (21/03/2011) Modalidade: 1’+ 10”

1.11-14, 24-20 [A]; 2.10-13 [B], 20-16 [C]; 3.05-10 [D], 23-19; 4.14x23, 28x19; 5.13-17 [E], 32-28 [F]; 6.12-15 [G], 19x12; 7.08x15, 28-23; 8.15-20, 23-19; 9.10-13, 21-18; 10.01-05, 19-15; 11.05-10, 15-12; 12.04-08, 19-14 [H]; 13.10x19, 22x15 [I]; 14.20-23, 27x20; 15.06-11, 15x06; 16.08x24, 25-21; 17.02x11, 21-18; 18.13x22, 26x19; 19.09-13, 30-27; 20.17-21, 27-23; 21.21-25, 23-20; 22.13-18, 19-15; 23.18-21, 15x06; 24.03x10, 20-15; 21.21-26, 29x22; 22.25-29, 22-19; 23.07-11, 15x06; 24.29x02 [1-0]

A] «Apertura Central Límite». Con prognóstico favorable ás negras que de inmediato se dirixen cara a debilidade que acaba de crear o rival na casa «11».

B] Estratexicamente a mellor continuación. Tanto 2.12-16 que permite a incursión do peón negro en «15», como a «Variante do Polbo» 2.06-11 seguido do intercambio 20-15, abren aínda máis buratos no flanco do dobre curruncho.

C] Usual tamén é 2. ... 23-19. Posible é 2. ... 20-15; que pode traspor á variante 1. ... 23-20 se despois de 3.12x19, 22x15; 4.05-10, as negras xogan 4. ... 23-20. Nese caso o primeiro xogador pode montar unha boa formación con 5.07-11, 28-24; 6.04.07, 32-28; seguido de 7.13-18.

D] Tamén se pode xogar 13-17 primeiro.

E] As brancas renuncian a loita directa polo centro en vista da fortaleza que ten a base do rival.

F] 5. ... 21-18; 6.10-13, 32-28; 7.01-05, 27-23; [7. ... 28-23; 8.06-11, 18-14(?); 9.11x18, 26-21; 10.17x26, 30x14; 11.12-15, 19x12; 12.08x15, 23-19; 13.15-20, 22-18; 14.13x22, 27x18; 15.09-13, 18x09; 16.07-12, 16x07; 17.04x18, (G.B.) Veríssimo Dias vs. Vaz Vieira; 28º Campionato de Portugal, 2008] 8.06-11, 30-27; 9.02-06, 25-21; 10.12-15, 19x12; 11.08x15, 23-19; 12.15-20, 28-24; 13.04-08, 24x15; 14.11x20, 19-14; 15.06-11, 22-19; 16.13x22, 27x18; 17.08-12, 26-22; 18.17x26, 19-15; 19.12x19, 22x06; 20.03x19, 29x15 unha bonita combinación [executada por Charles Barker e posteriormente atopada nun xogo Bobby Martin vs. Marion Tinsley do Torneo de Chicago, 1950] que gaña en «checkers» pero que é de empate na nosa modalidade.

G] 6.01-05 ... [a esta posición chegouse por outra orde: 1.11-14, 24-20; 2.10-13, 23-19; 3.14x23, 28x19; 4.05-10, 20-16; 5.01-05, 32-28; 6.13-17 ... ] 6. ... 28-24: 7.10-13, 24-20; 8.12-15, 20x11; 9.07x23, 27x20; 10.06-11, 30-27; 11.03-07, 22-19; 12.05-10, 27-22; 13.08-12, 20-15; 14.11x20, 19-14; 15.10x19, 22x08; 16.20-23, 21-18; 17.13x22, 26x19; 18.09-13, 19-15; 19.07-12, 16x07; 20.04x20 EMP. [Verísimo Dias vs. Víctor Nedio do 28º Campionato de Portugal, 2008].

H] Había que xogar 12. ... 27-23!; e chegaba o empate con 13.20x27, 30x23; 14.08x15, 23-19; 15.15-20, 18-14; 16.02-05, 19-15; 17.10x19, 15-12; 18.19-23 etc.

I] Ver diagrama. Xogan brancas e gañan.

luns, 14 de marzo de 2011

Mulleres damistas

Non é moi frecuente atoparse con mulleres afeccionadas ao xogo de damas. Quizais a razón está en que na nosa sociedade o costume de ir ao café para botar a partida e distraerse con divertimentos como as damas ou con outros similares como o xadrez, os de cartas ou dominó, está practicamente reservado para os homes. Con todo hai representantes do belo sexo que son auténticas virtuosas. Cabe destacar á Amangul Durdyeva de Turkmenistán ─actual campioa mundial na modalidade anglo-americana─, a Jan Mortimer de Nova Celandia ou ás irmás Breen de Irlanda.

Patricia Breen
[Foto de Chessbase]
No capítulo de hoxe imos prestarlle unha especial atención a unha destas famosas xogadoras. Estámonos a referir a Patricia Breen de Carlow (Irlanda) nacida o 23 de abril de 1976, que cando tiña tan só 13 primaveras logrou empatar un match coa mítica xogadora inglesa Joan Caws, a mesma á quen lle arrebatou o título mundial no 1993 baténdoa por 8 a 1 con 5 empates. Conseguiu defender o seu galardón en varias ocasións ata que no 2007 pasou a mans da tamén extraordinaria Amangul Duryeva. O éxito máis grande da súa carreira aconteceu cando foi seleccionada para representar ao equipo de Gran Bretaña e Irlanda no "Match Internacional" que os enfrontou aos Estados Unidos no ano 2001, sendo ata o de agora a única muller que conseguiu tal privilexio.
M. Shaughnesey vs. Patricia Breen
Campionato de Irlanda, 1992
«Apertura Central Ortodoxa»
1.11-14 ...

A «Apertura Central» tamén coñecida como a «Kelso», nome dunha vila escocesa coa que a designou John Drummond na segunda edición do seu famoso tratado (1851). Considerada inferior ao 1.10-14 porque aínda que se move para o centro, utilízase un peón do flanco máis débil. As negras teñen como mellor réplica 1. ... 24-20 co claro obxectivo de atacar no flanco que acaba de debilitar o rival.

1. ... 23-19

O sorteo deparou unha réplica que leva a xogos máis ou menos igualados pero non por iso menos interesantes. Queda conformada así a «Apertura Central Ortodoxa» na que as brancas non dispoñen da lixeira vantaxe que ostentaban na Partida do Río tradicional ao quedaren co burato no escaque número «11» en vez de no «10» que lle facilitaría un cómodo desenvolvemento dos peóns da gran diagonal.

2.14x23, 28x19; 3.10-14 ...

O habitual seguimento que tamén se pode alcanzar coa «Partida do Río» despois de 1.10-14, 23-19; 2.14x23, 28x19; 3.11-14.

Unha posible alternativa é 3.12-16 [con idea de evitar 24-20] 32-28; 4.10-14, 19x10; 5.05x14, 28-23; 6.01-05, 22-19; 7.05-10 [Robert Stewart vs. Newell Banks, match polo Campionato do Mundo disputado en Glasgow no ano 1922] as negras quedan un pouquiño mellor con 7. ... 21-18.

3. ... 19x10; 4.05x14, 32-28

Lóxico desenvolvemento para centralizar o peón máis afastado entrando no que se coñece en Portugal como o «Xoguiño da Roña». Pero nesta altura tamén se pode continuar con 4. ... 24-20; ao estilo da Lateral Dereita coas cores invertidas.

5.01-05 ...

Levando tamén o peón cara ao centro. Unha alternativa habitual é 5.12-15, 21-18 [Nótese que agora non vale 5. ... 28-23; polo golpe 6.15-19, 22x15; 7.14-18, 21x14; 8.07-11 G.B.] 6.14x21, 25x18; 7.01-05, 28-23; 8.01-05, 23-19; [interesante é 8.... 22-19] 9.07-11, 19x12; 10.08x15, 22-19; [agora 10. ... 27-23; é ben contestado con 11.10-14] 11.15x22, 26x19; 12.10-14, 19x10; 13.07x22, 27x18; 14.03-07, 31-27; 15.02-05, 24-20; [Aquí 15. ... 27-23; di a «Enciclopedia Damista» que perde tras 16.05-10, 30-27; 17.11-15, 27-22; 18.07-11 alcanzando a POSICIÓN DE AMADEU un coñecido "gañan negras" publicado polo antigo subcampión de Lisboa Joao Amadeu do Serro na revista «Estrategia Damista» no 1939, pero a verdade é que tras 16.05-10 as negras poden responder con 24-20 e o xogo queda igualado] 16.05-10 ou 16.11-15 con empate. Neste último caso volve errar a «Enciclopedia Damista» pois di que gañan as negras despois de 16. ... 20x11; 17.07x21, 29-25; 18.21-16, 30x21; 19.09-13, 21-17; 20.05-10, 27-22; [G.N.] pero as brancas empatarían se xogasen antes 19.05-10 [e non 09-13], 21-18; 20.04-07, 27-23; 21.07-11, 23-19; 22.10-13 etc.

5. ... 28-23; 6.05-10, 22-18

Adelino Ribeiro xogou coas negras 6. ... 22-19 contra o Dr. Orlando Lopes no primeiro Campionato oficioso de Portugal disputado en Lisboa no 1957. As negras tiñan moito onde escoller, a xogada elixida por Patricia Breen neste xogo ten unha orixe antiquísima, foi presentada polo valenciano Lorenzo Valls no ano 1591 e con ela preténdese cercar o centro branco.

7.07-11 ...

Tamén era posible 7.12-15, 18x11; 8.07x14, 21-18; 9.14x21, 25x18; 10.06-11, 26-22; 11.02-06, 23-19; 12.08-12, 27-23; 13.04-08, 23-20; 14.12-16, 19x12; 15.08x15, 31-27; con posterior empate tal como nun xogo Luis Sá vs. Victor Nedio do 28º Campionato de Portugal; Odemira, 2008.

7. ... 26-22

Segundo o Dr. Sena Carneiro o xogo mantense equilibrado tras 7. ... 21-17; 8.14x21, 25x18; 9.10-14, 29-25; 10.14x21, 25x18; 11.06-10, 26-22; 12.03-06, 18-13; 13.09x18, 22x13; 14.12-15, 27-22; 15.08-12, 23-19; 16.04-08, 31-27; 17.12-16, 19x12; 18.08x15, 27-23; 19.11-14, 13-09; 20.14-18, 22x13, 21.10-14 e.t.c.

8.12-15, 23-20

Complementando o cerco iniciado na xogada sexta. Outra opción era a de abrir o xogo con 8. ... 21-17; 9.14x21, 25x18; 10.10-14, 18-13; con posición igualada. Pero resulta inferior 10. ... 29-25; 11.14x21, 25x18; 12.06-10, 23-19; 13.03-06, 19x12; 14.08x15, 18-13; 15.09x18, 22x13; 16.11-14, 30-26; 17.15-19, 26-21; 18.04-08 e aínda que un xogo publicado na Revista Internacional de Damas entre José María López Manresa e Víctor Cantalapiedra disputado no ano 1992 en Callosa de Segura terminou empatado, as brancas teñen vantaxe e deberían gañar. López Manresa, tamén coñecido como "El Carcelero", era un dos mellores xogadores levantinos daquela época pero curiosamente neste xogo non conseguiu facer o célebre "saque de peón". Por unha charla casual que tiven na "Ludoteka" co seu fillo, puiden enterarme que faleceu recentemente.

9.04-07 ...

9.08-12, 20-16; 10.14-19 (=).

9. ... 20-16; 10.07-12, 16x07; 11.03x12, 29-26; 12.12-16 ...

12.15-19 era outra posibilidade (=).

12. ... 31-28; 13.16-20, 21-17; 14.14x21, 25x18; 15.08-12 ... [VER DIAGRAMA]

A xogada que perde a partida. 15.10-14, 17-13 levaba ao empate.
XOGAN NEGRAS E GAÑAN
15. ... 18-14;

Patricia non desaproveita a ocasión para rematar cun bonito golpe.

16.11x18 ...
Se 16.10x19, 27-23 gaña igualmente.
16. ... 22x13; 17.09x18, 27-22; 18.18x27, 30x07; [0-1]

As brancas abandonaron.

sábado, 5 de marzo de 2011

Dous finais de Timoneda

Habendo xa algún tempo que non lle dedicamos moita atención á fase final do xogo, imos hoxe presentar dous instrutivos exemplos de Juan de Timoneda.

Timoneda [1635]

XOGAN AS BRANCAS
Na posición que se reflicte no diagrama, o bando forte ten unha gran vantaxe material, pero a superioridade coa que conta non é suficiente para poder gañar. Por moito que as brancas o intenten nada positivo chegan a conseguir. Xa o escritor clásico Juan de Timoneda no seu "Libro llamado Ingenio" explicou que despois de 1.03-12, 18-14; 2.12-08, [con idea de penetrar na paralela 04/25] 2. ... 14-04; [taponando a entrada]; 3.08-29, 04-25; [facendo o propio na outra], sempre se consegue o empate. As brancas non teñen forma de progresar.
O final semella simple e doado de entender, mais nós quixemos expoñelo no artigo desta semana porque curiosamente puidose dar nun enfrontamento pertencente a un torneo portugués que se está a celebrar estes días en Lousado e o condutor do bando en inferioridade perdeu o xogo por non se percatar.
Grazas ás imaxes publicadas no "Blog Damas Clássicas" podemos saber como é que transcorreu ese xogo:

Luis Sá vs. Manuel Cardoso
Torneo Distrital do Norte; Lousado, 2011

1.10-14, 23-19; [Partida do Río] 2.14x23, 28x19; 3.05-10, 32-28; 4.12-16 ... [Variante Lateral Esquerda] 4. ... 21-17; 5.11-14, 28-23; 6.08-12, 26-21; [Se 6. ... 22-18; 7.14x21, 25x18; 8.07-11, 26-22; a posición vai ser a mesma que na partida] 7.07-11 ... [Típica continuación con idea de seguir con 03-07 para efectuar o corte 11-14] 7. ... 21-18 [Se 7. ... 29-26; 8.02-05!, 24-20; 9.04-08, 20-15; 10.11x20, 22-18; 11.12-15, con gran vantaxe das brancas como en Delfim Alves vs. Luis Carvalho; 21º Campionato de Portugal, 2001]; 8.14x21, 25x18; 9.03-07, 29-25; [Outras opcións son 9. ... 18-13; e a interesante 9. ... 30-26;] 10.11-14, 18x11; 11.06x15 ... [Por suposto se 11.07x14, 17-13 G.N.] 11. ... 17-13; 12.10x17, 19-14; 13.07-11, 14x07; 14.04x11, 23-20; 15.16x23, 27x20; 16.12-16, 31-27; 17.16x23, 27x20; 18.02-06, 20-16; 19.15-20, 24x15; 20.11x20, 16-12; 21.20-23, 12-07; 22.23-28, 07-04; 23.28-32 ... [Ata aquí todo é igual que a liña tronco Nº16 do "Tratado da Enciclopedia Damista" analizada polos mestres Joaquim Bravo e o Dr. Sena Carneiro que con 23. ... 04-08 dan o xogo por empatado] 23. ... 25-21; 24.17x26, 30x21; 25.32-05, 04-07; 26.05-23, 07-04; 27.06-10, 21-17; 28.23-16, 22-18; 29.16-27 ... [ver o diagrama seguinte] 29. ... 17-13; 30.10x17, 18-14 [??] [un despiste que sorprendeu a todos, nun xogo teórico as negras deixan escapar o empate que se produciría de xeito fácil con 30. ... 18-13; 31.09x18, 04x25; e a dama na paralela 4/25 corta o paso dos peóns tal como vimos no final de Timoneda que amosamos arriba] 31.27-13, 14-11; 32.13-03, 04-08; 33.17-21, [1-0]

* * * * *

Aproveitamos de xeito dobre este xogo xa que tamén nos vai valer para amosar outro final do propio Timoneda, moi frecuente e, por tanto, tamén de coñecemento obrigatorio:

Luis Sá vs. Manuel Cardoso

XOGAN NEGRAS

O diagrama reflicte a posición despois de 29.16-27. Nesta altura podían as negras salvarse cunha bonita manobra:

29. ... 18-14; 30.10x19, 04-25!; [ameazando 17-13] e agora tanto a 31.19-22 como a 31.27-23 contéstase con 31. ... 25-29 EMP.

Pero, polo contrario, non era adecuado 29. ... 04-07; porque tras 30.27x13, 07-14; 31.10x19, 17x10; segue 32.09-13!!, 10-06; 33.13-17, 06-03; 34.17-21 e as negras non poden evitar a coroación dos peóns e perden coa «Forzosa». Con todo, o lector debe saber que se as brancas non xogan o 32.09-13, a posición e de empate.

Vexamos: 32.19-23 ...

Se 32.19-22, 10-06; 33.09-13, 06-03; 34.13-17 [ou 34.13-18] 03-07; EMP.

32. ... 10-06; 33.23-28 ...

Obriga ás negras a defenderse con precisión. Se 33.09-13, 06-03; 34.13-17 ... [con 34.13-18, 03-10; 35.23-27, 10-14; cae un peón e hai empate igualmente] agora como xa estudamos no primeiro exemplo de Timoneda, o empate chega cortando na diagonal 04/25 .

33. ... 06-03; 34.28-32 ...

Esta posición coa dama branca na casa “4” [en vez de en “32”] foi presenta por primeira vez no libro de Timoneda. Este é o segundo exemplo ao que faciamos antes referencia.

As negras deben aguantar o máximo posible sen abandonar a diagonal 03/17. A súa técnica pódese ver no "Tratado da Enciclopedia Damista" ou incluso no libro "Iniciaçao ao Jogo de Damas" de Sena Carneiro. Agora ímola nós tamén expoñer aquí.

Timoneda 1635

XOGAN AS NEGRAS E EMPATAN
34. ... 03-17; 35.32-19 ...
Para poder progresar as brancas deben tratar de desaloxar a dama negra da diagonal de corte. Con esta xogada comezan a manobra.
35. ... 17-03;

Impide 35. ... 19-12; para entrar polo casa “3”.

Ver nos dous parágrafos finais que podía suceder se 35. ... 17-06.

36.19-26 ...

Pero as brancas buscan a penetración polo outro extremo.

36. ... 03-17; 37.26-30, 17-06; 38.30-17 ...

O primeiro obxectivo do bando forte está así conseguido.

38. ... 06-20 [!!];

En caso de 38. ... 06-03; segue 39.09-13, 03-07; 40.17-26, 07-14; [Se 40. ... 07-03; 41.13-18, 03-07; 42.26-21 gañan brancas] 41.26-08, 14-04; 42.13-17 e ao poder entrar na paralela 4/25 as brancas gañan. A clave da defensa está en poder atacar o peón branco cando vaia á casa “13” para obrigalo a refuxiarse en “17” e despois cortar definitivamente na paralela 4/25. Agora pódese evitar a entrada da dama branca taponándolle o extremo xa que o rival non dispón de ningún movemento válido de peón para gañar un tempo.

39.17-10, 20-16;

Hai que esperar polo movemento de peón a “13”, pois se tratamos de impedir o avance as brancas gañan. Se 39. ... 20-27; 40.10-14!, 27-30; 41.09-13, 30-17; 42.14-10, 17-30; 43.13-18 G.B.

40.09-13, 16-27;

Agora é o momento de atacar o peón.

41.13-17, 27-18; EMP.

* * * * *

Por último gustaríame que o lector se fixase que na partida que amosamos hoxe, recuando outra vez unhas xogadas, no suposto de que se xogase 35. ... 17-06; as brancas poderían entrar na diagonal de corte pola casa “3”. A posición tamén sería de empate, pero aquí é importante decatarse que tras 36.19-12, 06-03; 37.12-16, 03-17; 38.16-03 é malo continuar con 38. ... 17-21 [xa indicamos que o correcto sería 38. ... 17-30!!; para atacar desde “27” cando se avance o peón a “13”].

Nese caso despois de 39.09-13!, 21-11; as brancas para gañar deben seguir con 40.03-10! ... [Se 40.03-12, 11-06!; 41.13-18, 06-11; 42.18-22, 11-18; 43.22-26, 18-22 EMP como nun final de Mario Dinis Vaz publicado na Revista «Vamos Descifrar» coas cores invertidas] 40. ... 11-07; 41.10-19, 07-21; [se 41. ... 07-03; 42.13-18, 03-07; 43.19-14, 07-04; 44.01-05, 04-08; 45.05-09 G.B.] 42.19-08, 21-04; 43.13-17, G.B.