domingo, 23 de outubro de 2022

Posicións excepcionais no final de 4 damas contra 2


Se facemos unha selección de finais famosos, o de catro damas contra dúas é un dos que máis probabilidades ten de presentarse na práctica. Salvo en contadísimas posicións, o bando forte xeralmente debe acabar por impoñerse. O proceso de resolución non resulta excesivamente complicado, pero desde que o tratadista clásico español Lorenzo Valls publicou o primeiro exemplo no seu libro do ano 1597, ao longo da historia foron aparecendo diversos métodos establecendo unha especie de pugna por demostrar cal presentaba a mellor técnica. Nesta disputa podemos incluír tamén aos autores de damas rusas pois as diferenzas entre modalidades de nada inflúen ao non haber peóns nin ser necesario valerse da lei da cantidade, 
 
No próximo artigo trataremos deses métodos e a súa técnica. Agora neste, imos expoñer as normas e amosar unha serie de posicións curiosas que é preciso coñecer ben para saber en que casos se pode gañar e en cales o bando débil pode conseguir o empate.
 
Por regra xeral, o final gáñase cando o bando das 4 damas domina o «río» e ao menos unha das dúas «transversais» [Diagonais «4k25» e «8k29», tamén coñecidas como «paralelas»].
 
Se, por contra, o bando das 2 damas é o que domina o «río»  ou ten o control de ambas as dúas «transversais», entón o final é de empate.
 
Vexamos un exemplo ilustrativo:


Con todo, existen unhas poucas excepcións que contradín esas dúas normas. Nos tratados adóitase comentar que só se poden ver en composicións artísticas, sendo case imposíbel que aparezan na práctica. Nós fixemos unha revisión de todos eses traballos e compartimos tal aseveración, pero tamén vimos moitos finais de xogos reais e descubrimos algunhas posicións nas que se pode aplicar un tema novo que si consideramos interesante para tal mester. Para plasmar esa idea da forma máis elegante que se nos ocorreu, compuxemos o «Final de Estudo» co que encabezamos este artigo, Deseguido, o lector pode ver a solución dese traballo e 5 exemplos máis nos que se reflicten os trucos que consideramos todo xogador ben preparado debe coñecer. Finalmente, amosaremos todas as composicións que conseguimos recompilar de autores, tanto de damas clásicas, como de rusas ou de brasileiras.

Solución: 1.*26-08, 13-18; [Se ocupasen a transversal con outra dama, o proceso seguiría de modo similar. Se moven 1. ... 23-01; ou 1. ... 23-32; sacando a dama do súa posición en falso, segue 2.*02-11; EMP. Tema: Dominio das dúas transversais] 2.08-04, 18-22; [Se 2. … 18-25; 3.02-11, 25x07; 4.04x28, EMP.] 3.04-08, 22-18; 4.08-04, [EMP]. Tema: Repetición perpetua.

Ensaio: 1.02-11�, 16-20; 2.11x24, 23-28; 3.24x31, 13-18; 4.31x13, 09x29; [GN].


EMPATE
 
Non é máis que a parte final do noso estudo coas cores revertidas e lixeiramente modificada tal como puido aparecer nun xogo António Guerreiro vs. Veríssimo Dias do Torneo de S. Joao da Madeira do ano 2016.

A pesar de controlar o río e dispor da vez para poder tomar unha das transversais, resulta imposíbel que as brancas poidan conseguir a vitoria. Se 1.17-21 ... [Contra 1.03-07, ou contra 1.16-07; segue idéntica defensa. Contra 1.28-14, tamén 1. ... 08-04; e tras 2.14-19 ... (Ou se 2.14-25, 02-11; 3.25x07, 04x14; EMP.) 2. ... 04-08; 3.19-14, 08-04; con empate similar] 1. ... 08-04; 2.21-26 ... [Para impedir o empate con 2. ... 02-15; dominando ambas as dúas transversais. Tampouco vale 2.21-25, por 2. ... 02-11; 3.25x07, 04x32; EMP.] 1. ... 04-08; 3.26-21, 08-04; e [EMP]. Por repetición perpetua.

 
VITORIA
Xogan brancas
 
Nesta posición semella que pode haber empate como no caso anterior. Mais existe unha pequena diferenza. As brancas para evitar ese inconveniente non ocupan directamente a transversal e seguen con 1.*02-09, 31-24; [Se 1. ... 25-29; 2.16-20! ... (Levando a dama para un dos cantos do río gañaríase polos medios convencionais, pero a textual resulta moito máis rápida) 2. ... 29-08; 3.23-01, GB. Agora non se pode evitar o cambio da dama de «31» e as brancas gañan coa «Forzosa»] 2.16-12, 25-29; 3.12-08, [GB]. Coa dama descolocada en «24», as negras xa non dispoñen da defensa por permuta «dúas-por-unha».
 

Xogan brancas
 
As brancas necesitan dominar o río e ao mesmo tempo impedir que as negras poidan facerse co control das dúas transversais. Ese obxectivo pódese conseguir tan só co lance único 1.*20-23! ... [Se 1.03-10, ou 1.17-10, xa pode seguir 1. ... 31-22; EMP. Ou se 1.02-05, *18-25!; EMP. Como no caso do primeiro exemplo]. Pois se agora as negras responden con:
 
a) 1. ... 31-22; segue 2.*02-09, [GB]. Tras o cambio practicamente obrigado gañan coa «Forzosa».
 
b) 1. ... 18-25; 2.*02-09 ... [De modo similar ao do exemplo anterior, as brancas realizan este movemento intermedio que evita o empate por repetición perpetua] 2. ... 31-24; 3.03-12, [GB].
 
 
 
Unha posición co mesmo inconveniente do caso anterior. Tamén se soluciona de forma única, pero nesta ocasión ocupando antes a transversal con 1.*09-22!, pois se agora as negras ocupan o río con 1. ... 11-14; segue o «gancho» con  2.17-06, ou  2.17-10, [GB]. Caen as dúas damas.
 
 
VITORIA
Xogan brancas
 
Outra interesante posición que, coñecendo os exemplos anteriores, semella de empate inevitábel. Para impedir que as negras ocupen a transversal libre, non vale 1.03-12� ... [Entrar na diagonal con calquera das outras damas recibiría a mesma resposta] por 1. ... *25-29; [EMP]. Mesmo método do primeiro exemplo. Nin Tampouco 1.02-09�, por 1 ... 25-18; 2.09x22, 31x24; [EMP]. O problema debe resolverse empregando un bonito recurso táctico con 1.*03-06!!, pois de agora 1. ... 31-22; segue 2.*10-14, 25x24; 3.06-11, 24x06; 4.02x26, [GB].



1.17-21 ... [Baixo o punto de vista artístico, esta produción estaría demolida por valer tamén as chaves 1.30-26, ou 1.30-21] 1. ... 04-08; [Ou 1. … 01-32; 2.29-08, 32-01; 3.30-20, 01-32; 4.20-15, 32-01; 5.21-18, 04x21; 6.25x14, 01x12; 7.08x15, GB.] 2.*21-04, 01-32; [Se 2. … 01-19; 3.29x15, 08x19; 4.30-26, 19x29; 5.04-08, GB. Bloqueo] 3.30-26, 32-01; [Se moven en falso segue 4.26-22, GB.] 4.25-11, 01-32; 5.26-19 … [Ou dual con 5.26-22, 08x26; 6.29x19, 32x07; 7.04x11, GB.] 5. … 32x07; 6.04x14, 08-04; 7.29-25, [GB]

Este mesmo final tamén foi publicado por David Sargin na revista «Caza de Cabalos» no ano 1896, sen coñecer a anticipación de Garcez.


Este final recopilámolo dunha revista rusa do ano 1899 chamada «Semanario de Xadrez», pero seguro que tivo que ser publicado antes pois nesa data xa tiña falecido o autor.

1.*25-29, 22-08; [Se 1. ... 22-31; 2.20-27, 31x07; 3.04x05, GB. Se 1. ... 22-09; 2.20-27, 09x31; 3.29-22, 31x07; 4.04x05, GB. Ou se 1. ... 22-13; segue igual que a variante que acabamos de indicar ou mesmo con  2.20-23, seguido de 3.29-19, GB.] 2.*20-30, 10-05; [Tecnicamente o máis resistente sería escapar do río con  2. ... 10-13; para obrigar ás brancas a ter que gañar coa «Forzosa». Se 2. ... 10-01; 3.30-26, 01-32; 4.26-22, 08x26; 5.29x19, 32x07; 6.04x11, GB. Ou se 2. … 10-28; (O mesmo sería se van para «32») 3.30-23, 28x07; 4.04x14, 08-04; 5.29-25, GB.] 3.30-17! ... [A mellor. Tamén gañaba 3.30-26, pero tras a defensa 3. ... 05-02; 4.11-24, 02-09; prolongaríase o desenlace ao ter novamente que facer uso da «Forzosa»] 3. ... 05-23; [Escapando da acción do gancho. Agora se 3. ... 05-02; 4.17-06, 02-05; 5.06-10, 05x07; 6.04x14, 08-04; 7.29-25, GB. Se van para «28» ou «32» segue como no tronco] 4.17-26, 23-01; [Se quedan no aire segue 5.26-22, GB. Caen xa as dúas damas] 5.11-02 ... [Lance de espera que podía ser tamén noutra casa] 5. ... 01-32; 6.02-06 ... [Novo lance de espera]  6. ... 32-01; 7.06-11 ... [Só agora que as dúas damas negras están na parte baixa do taboleiro prepárase a armadilla por gancho] 7. ... 01-32; 8.26-22, 08x26; 9.29x19, 32x07; 10.04x11, [GB].
 

1.*02-15, 25-29; [Se 1. ... 01-32; 2.24-28, 32x12; 3.08x29, GB. Bloqueo] 2.15-11 ... [Ou dual con 2.15-12] 2. ...  29-25; [Se 2. ... 01-32; 3.24-28 ... (Ou 3.24-15 e 4.08x19, GB) GB. Ou se 2. ... 01-19; 3.08x22, 29x02; 4.04-11, GB.] 3.24-15, 25x07; 4.04x14, 01x12; 5.08x15, [GB].
 
Este final tamén foi publicado polo Dr. OAL na revista «Enciclopedia Damista» no número de decembro do ano 1959, sen coñecemento da anticipación de Kharianov. Así mesmo indicou que existen 7 posición equivalentes.


1.04-08, con estas variantes

a) 1. ..., 26-29; 2.06-15, 29x12; 3.08x28, ou 03x27 [GB]. Atemática

b) 1. .... 26-30; 2.06-20, 23x16; 3.18-27, 30x23; 4.08-12, 16x07; 5.03x27, [GB].

c) 1. ... 26-17; 2.18-27, 23x30; 3.08-26, 30x21; 4.06-10, 17x06; 5.03x26, [GB].


1.31-24, con estas variantes temáticas:

a) 1. .... 20-16; 2.08-12, 16x25; 3.24-11, 25x07; 4.04x01, [GB].

b) 1. .... 20-23; 2.08-19, 23x25; 3.24-11, 25x07; 4.04x01, [GB]. Mesmos efectos.

c) 1. .... 20-27; 2.08-22, 27x25; 3.24-11, 25x07; 4.04x01, [GB]. Mesmos efectos.

d) 1. .... 20-30; 2.24-15, 30x17; 3.04-21, 17x12; 4.08x01, [GB].


1.31-24, con estas variantes temáticas:

a) 1 ... 06-03; 2.04-07, 03x29; 3.24-15, 29x12; 4.08x28, [GB].

b) 1.... 06-10; 2.04-14, 10x29; 3.24-15, 29x12; 4.08x28, [GB]. Mesmos efectos.

c) 1. ... 06-13; 2.04-18, 13x29; 3.24-15, 29x12; 4.08x28, [GB]. Mesmos efectos.

d) 1. .... 06-17; 2.24-11, 17x30; 3.08-26, 30x07; 4.04x28, [GB].


1.30-17, coas seguintes variantes temáticas:

a) 1. ... 10-03; 2.18-13, 03x16; [O desenlace sería semellante para a captura alternativa] 3.25-07, 16x03; 4.13-10, 03x13; 5.17x20, [GB].

b) 1. ... 10-01; [Se 1. ... 10-05; segue de modo idéntico] 2.17-10, 01x04; 3.18-14, 04x18; 4.25x20, [GB].

c) 1. ... 10-32; [Se van para calquera das outras casas superiores libres do río, perden de modo semellante. Non valería a manobra con 2.07-11, pois as negras poden responder 2. ... 15x06; EMP.] 2.07-14, 19x05; 3.17-10, 05x21; 4.25x20, [GB].



Estudo que recopilamos da «Enciclopedia Damista» onde tan só indica o ano pero non o medio no que se publicou orixinalmente.

1.02-15, con estas variantes temáticas:

a) 1. ... 04-14; 2.30-20, 16x09; 3.15-22, 09x27; 4.31x11, [GB].

b) 1. ... 16-03; 2.13-22, e se:
2. ... 04-14; 3.15-06, [GB].
2. ... 03-10; 3.15-11, [GB].


1.24-31, con estas variantes temáticas:

a) 1. ... 13-09; 2.26-22, [GB].

b) 1. 13-17; 2.30-23, [GB].

c) 1. ... 13-06; [Se 1. ... 13-03; segue do mesmo modo] 2.31-13, 06x17; 3.30-23, [GB]


1.32-10 ... [Ao ser unha posición simétrica, resulta evidente que tamén vale o dual 1.01-23]. E agora se:

a) 1. ... 07-04; [Contra 1. ... 07-11; o remate sería idéntico] 2.09-18 ... [Ou tamén 2.31-18, coa mesma idea] 2. ...  04x21; 3.31-18, 21x05; 4.01x08, [GB].

b) 1. ... 07-25; [Contra 1. ... 07-21; tamén se produce o mesmo remate] 2.09-18 ... [Ou tamén 2.31-18, que dá o mesmo] 2. ... 25x05; 3.01x08, [GB].

c) 1. ... 12-08; [Contra 1. ... 12-15; seguiría de modo semellante] 2.09-22 ... [Ou tamén 2.31-22, coa mesma idea] 2. ... 08x26; 3.31-22, 26x05; 4.0104, [GB].

d) 1. ... 12-29; [Contra 1. ... 12-26; o proceso sería idéntico] 2.09-22 ... [Ou 2.31-22, para rematar do mesmo modo] 2. ... 29x05; 3.01x04, [GB].


1.02-06, 10x03; 2.27-18 ... [Bloqueo tipo Kharianov] E agora se:

a) 2. ... 17-10; [Ou 2. ... 17-06; co mesmo desenlace] 3.18-07, 03x12; 4.16x17, [GB].

b) 2. ... 03-10; [Ou 2. ... 03-06; que perde do mesmo xeito] 3.18-21, 17x26; 4.30x03, [GB].


Neste estudo podería haber unha dama en vez do peón da casa «26», pero no orixinal está así perfectamente presentado para evitar no que en termos de composición artística denominaríase como «dama abaixo da forza».

1.25-21, con estas variantes:

a) 1. ... 09-05; 2.22-31, 29x09; 3.21-18, 09x22; 4.31x02, [GB].

b) 1. ... 29-25; 2.22-08, 09x29; 3.21-04, [GB]. Bloqueo bipolar dobre.

c) 1. ... 09-02; 2.*18-09, 02-24; [Se 2. ... 02-20; 3.22-18, 29x13; 4.09x16, GB. Ou se 2. ... 02-06; 3.22-08, 29x22; (Dá igual para onde coman. O desenlace é o mesmo. A menos que prefiran perder directamente con 3. ... 29x12; 4.08x02, GB.) 4.08x26, 06-10; 5.09-13, 10x17; 6.26-30, 17x26; 7.30x21, GB.] 3.*21-04, 24-28; [Se 3. ... 24-20; segue igual 4.*22-18, GB. Se 3. ... 24-02; 4.*22-08, 29x22; 5.08x26, GB. Por medios convencionais. Ou se 3. ... 24-06; 4.*04-08, 06-24; (Se 4. ... 06-10; 5.22-15, 29x12; 6.08x05, GB. Se 4. ... 06-03; 5.26-30, 29x19; 6.08x26, 03-10; 7.09-13, 10x17; 8.26-21, 17x26; 9.30x21, GB. Ou se 4. ... 06-17; 5.26-30, 29x19; 6.08x26, 17-10; 7.09-13, 10x17; 8.26-21, 17x26; 9.30x21, GB.) 5.*09-02, 29-25; 6.*08-04, 24-28; 7.*02-11, 25x07; 8.04x32, GB.] 4.*22-18, 29x13; 5.09x24, [GB].


Unha produción que no orixinal tiña un peón en vez da dama da casa «12». Unha lixeira modificación que tivemos que facer na nosa modalidade para que o problema continuase sendo de tipo variábel.
1.15-26, e agora se:

a) 1. ... 17x30; 2.06-17, 16x07; 3.03x16, [GB]. Bloqueo angular.

b) 1. ... 16x07; 2.03x16, e aquí se:

2. ...  17x03; 3.26-17, [GB]. Novo bloqueo angular.
2. ... 17x30; 3.06-17, [GB]. Repite o bloqueo da «variante a».