venres, 6 de maio de 2022

X Campionato de Portugal de Rápidas por Equipos

O sábado, 18 de decembro do pasado ano 2021, disputouse na Torre da Oliva en Sao Joao da Madeira a Final do Campionato de Portugal de Rápidas por Equipos. A proba, que no 2020 non se disputou por causa da pandemia, alcanzou nesta ocasión a súa 10ª edición e terminou coa vitoria da escadra local do "C.C.D." que formou con Amadeu Neves, Manuel Cardoso, Joaquím Silva «Pardal», Delfim Alves e Zé Pereira.


Acompañando ao equipo sanxoanense subiron ao podio o "Capricho Setubalense" na segunda posición e a "Casa do Povo de Vizela" na terceira.


Deseguido o lector pode ver os resultados, clasificación, cadro histórico de honra e algúns dos xogos que se disputaron no evento.





 


1.10-14, 23-19;


A popular «Apertura do Río», oficialmente coñecida como a «Diagonal Ortodoxa», a forma de abrir os xogos con maior cantidade de análises publicadas.
 
2.14x23, 28x19; 3.12-16 ...

 
O avance lateral esquerdo acelerado, un modo elástico de continuar que permite ao segundo bando a posibilidade de traspoñer para unha «Contra-Clásica» seguindo con 3. ... 22-18.
 
3. ... 32-28;
 
As negras non aceptan a invitación, mantendo a súa idea inicial.
 
4.09-13 ...
 

Movendo agora polo outro flanco para configurar a «Bilateral», unha das máis carismáticas partidas do Río. As brancas podían tamén escoller 4.05-10, que conforma a «Lateral Esquerda» ou incluso cortar con 4.11-14, entrando nunha das variantes do xoguiño da «Ronha».
 
4. ... 28-23;
 
O habitual. Pouco frecuente resulta a troca na casa «dique» con 4. ... 19-15; aínda que curiosamente foi empregada nun xogo entre os mesmos contrincantes disputado tamén no Campionato de Portugal de Rápidas por Equipos na edición do ano 2019. O lector pode ver o seu desenvolvemento comentado neste blog no artigo correspondente.
 
5.13-17, 19-14;

 
A variante da ruptura central, unha moi interesante continuación que adoita alternarse con 5. ... 21-18.
 
6.11x18, 21x14; 7.08-12 ...


Outras rutas que se adoitan empregar neste punto son 7.06-11 ... [Seguramente a máis adecuada para tentar crear complicacións] ou 7.05-09, aínda que algunhas veces as tres liñas acaban por confluír.
 
7. ... 22-18;


O estudo das posíbeis hipóteses que as negras adoitan usar neste punto xa foi publicado ao comentarmos un xogo Justino Miguel vs. Veríssimo Dias do Campionato de Portugal de Rápidas por Equipos do ano 2018. Aquí só imos amosar algúns aditamentos nas liñas con 7. ... 23-19; e 7. ... 22-19; que mentres tanto fomos recompilando.
 
a) 7. ... 23-19; con estas opcións:
 
u 8.05-09 ... [Conflúe na variante do «APARTADO CUARTO» do estudo presentado o 01/07/2019].
 
u 8.06-11, 22-18; 9.05-09, 27-23; [Unha posición que tamén podería aparecer na «Lateral Esquerda»] 10.02-06, 26-21; [Unha fuga á liña teórica que segue con 10. ... 31-27; como xa publicamos no artigo do 01/07/2019] 11.17x26, 29x22; [Así as negras igualan. Frouxa sería 11. .. 30x21; por 12.04-08, *24-20; (Non 12. ... 21-17�; 13.12-15, 19x12; 14.08x15, 29-26; 15.15-20, 24x15; 16.11x27, 31x22; e agora con 17.*16-20, 14-10; 18.06x13, 17x10; 19.20-23, 22-19; 20.23-28, 18-14; 21.28-32, 26-22; 22.32-28, 19-15; 23.28-24, 15-12; 24.07x16, 22-19; 25.24-28, 25-21; 26.16-20, 21-18; 27.20-24, 19-15; 28.28-19, 10-06; 29.19x10, 06-02; 30.10-19, 15-11; 31.19-14, 11-06; 32.14x21, GB. En cambio 17.06-11�, permite empatar tras 17. ... 22-19; 18.16-20, 17-13; 19.20-24, 13-10; 20.24-28, 10-05; 21.01x10, 14x05; 22.11-15, 19x12; 23.07x16, 05-02; 24.28-31, 26-22; 25.31-24, 22-19; EMP. Tal como aconteceu nun xogo Manuel Cardoso vs. Camilo Silva do 9º Campionato de Portugal de Rápidas por Equipos disputado en Vizela no ano 2019) 13.12-15, 19x12; 14.08x24, 29-26; 15.24-28!, 31x24; 16.01-05, 26-22; 17.06-10, 23-19; 18.11-15, 19x12; 19.10x26, 12-08; 20.26-29, 08-04; 21.29-15, 04x20; 22.16x23, 24-20; 23.23-27, 20-15; 24.27-30, 15-12; 25.30x17, 12-08; 26.05-10, 08-04; 27.17-13, 04-08; 28.13x27, 08-19; 29.10-13, 25-21; 30.27-30, 21-18; 31.13x22, 19x29; 32.30-23, 29-25; EMP.] 12.04-08, 30-26; 13.09-13, 18x09; 14.11x27, 31x22; 15.07-11, 26-21; 16.12-15, 19x12; 17.08x15, 23-19; 18.15-20, 24x15; 19.11x20, 22-18; 20.20-23, 18-14; 21.23-28, 09-05; 22.01x10, 14x05; 23.06-10, 05-02; 24.10-13, 02-05; 25.28-31, 19-15; 26.13-17, 05-19; 27.17x26, 19x29; [EMP].
 
b) 7. ... 22-19; e aquí as brancas poden escoller:
 
u 8.05-10 ... [Ver o estudo que publicamos o 31/08/2018 na opción «E» do último xogo].
 
u 8.06-11 ... [A mellor. Tamén xa estudada no artigo indicado na nota anterior].
 
u 8.05-09 ... [Frouxa. Formando unha posición que tamén se podería alcanzar na liña con 7.05-09 ... (Se segue 7. ... 22-19; 8.08-12), ou incluso na «Lateral Esquerda» con 1.10-14, 23-19; 2.14x23, 28x19; 3.05-10, 32-28; 4.12-16, 28-23; 5.08-12, 22-18; 6.10-13, 18-14; 7.11x18, 21x14; se agora en vez da máis forte 8.13-18, as brancas xogasen 8.13-17] 8. ... 25-21!; [O lance que dá a vantaxe]. Agora podería seguir:
 
9.06-11, 29-25!; [Deixa ás brancas nunha posición moi complicada. Menos efectiva sería 9. ... 14-10; 10.11-14, 27-22; 11.07-11, 22-18; 12.04-08, 31-28; 13.12-15, 19x12; 14.08x15, 26-22; 15.17x26, 30x21; 16.02-06, 21-17; (Inferior resulta 16. ... 29-25; 17.06x13, 21-17; 18.14x21, 25x18; 19.11-14, 18x11; 20.13-18, 22x13; 21.09x18, 17-13; 22.18-21, 13-10; 23.21-26, e as negras empatan con 23. .... *10-06; 24.03x10, 11-07; 25.10-13, 07-03; 26.13-17, 03-07; 27.26-29, 07-18; 28.15-20, 24x15; 29.29x12, 28-24; 30.12-03, 18-04; 31.03-10, 24-20; 32.10x28, 20-15; 33.16-20, 04-25; 34.28-19, 15-11; 35.20-24, 11-07; 36.24-28, 25-29; 37.19-14, 07-04; 38.14-25, 29-15; 39.17-21, 15-20; 40.28-32, 20-30; EMP. Pero sería malo 23. ... 11-06�; por 24.26-30, GB. Como nun xogo que {Iniciado con 1.10-14, 23-19; 2.14x23, 28x19; 3.09-13, 32-28; 4.12-16, 19-14; 5.11x18, 21x14; 6.08-12, 22-19; 7.13-17, 25-21; 8.05-09, 28-23} disputaron Jim Morrison vs. Tim Laverty no 5º Torneo Nacional Americano en apertura libre disputado en Nashville no ano 1985) 17.14x21, 23-19; 18.06x13, 17x10; 19.21-26, 19x12; 20.11-15, 12-07; 21.03x12, 10-06; 22.09-13, 28-23; 23.13-18, 22x13; 24.26-30, 23-19; 25.15x22, 06-03; 26.22-26, 29x22; 27.30-26, 13-10; 28.26x05, 24-20; 29.16x23, 03x27; EMP.] 10.11x18, 21x14; 11.02-06, 24-20!; 12.06-11, 31-28; 13.11x18, 20-15; [Menos problemas crea 13. ... 26-21; pois tras 14.17x26, 30x14; 15.03-06, 20-15; as brancas defenden comodamente con 16.09-13, 15x08; 17.13-18, 14-10; 18.06x13, 19-15; 19.07-12, 15-11; 20.13-17, 11-06; 21.17-21, 23-19; 22.21-26, 06-02; 23.16-20, 02x24; 24.26-30, 28-23; 25.12-15, 24x21; 26.30x17, 19-15; 27.17-06, 23-20; 28.01-05, 25-21; 29.05-10, 15-12; 30.06x24, 12-07; 31.04x11, 08-04; 32.11-15, 04-08; 33.15-20, 08-19; EMP.] 14.03-06 ... [Non vale 14.04-08�, por 14. ... 26-21; 15.17x26, 30x14; 16.09-13, 14-10; (Aquí 16. ... 15-11; tamén gaña) 17.13-18, 19-14; 18.12x19, 10-06; 19.03x10, 14x05; 20.01x10, 23x05; 21.16-20, 05-02; 22.20-24, 02-06; 23.24x31, 06-03; 24.31x22, 03x26; GN.] 14. ... 15x08; 15.01-05 ... [Posíbel tamén é 15.06-11, 28-24; 16.01-05, 19-15; 17.11x20, 24x15; 18.09-13, 26-21; 19.17x26, 30x14; 20.*16-20, 23x16; 21.07-12, 16x07; 22.04x18, 15-11; 23.05-09, 27-23; 24.18-22, 23-20; 25.22-26, 11-06; 26.26-30, 20-16; 27.13-18, 06-03; 28.18-22, 03-10; 29.22-27, 08-04; 30.27-31, 10-19; 31.09-13, 04-08; 32.13-17, EMP.] 15. ... 26-21; 16.17x26, 30x14; 17.06-10, 28-24; 18.09-13, 27-22; 19.*16-20, 24x15; [Se 19. ... 23x16; 20.*07-12, 16x07; 21.04x27, EMP.] 20.07-12, 15-11; [Ou 20. ... 14-11; 21.05-09, 11-06; 22.10-14, 19x10; 23.12x19x28, 10-05; 24.13-18, 22x13; 25.09x18, 06-03; 26.18-22, 03-17; 27.*28-31, 17-30; 28.31-28, 05-01; 29.28-24, 01-19; 30.24-11, 19x26; 31.11-14, EMP.] 21.12-15, 19x12; 22.10x26, 11-06; 23.13-17, 06-03; [Ou se 23. ... 23-20; 24.17-21!, 25x18; 25.26-30, 20-16; (Se 25. ... 20-15; 26.30-17, 06-02; 27.17-21, 02x09; 28.21x20, EMP.) 26.*30-21, 18-13; 27.*05-09, 13-10; 28.*21-14, 06-02; 29.14x01, EMP.] e aquí as brancas salvan o xogo de modo milagroso 
[Ver diagrama]


24.*05-10, 03x13; 25.*17-21, 25x18; 26.*26-30, 23-19; 27.*30-16, 13-03; 28.16x21, 19-15; 29.04-07, 03x16; 30.21-14, [EMP].
 
9.09-13, 14-10!; [O modo adecuado para manter a superioridade. En cambio 9. ... 21-18; permitiría igualar tras 10.13x22, 27x18; 11.01-05, 29-25; (Ou 11. ... 24-20; 12.06-11, 18-13; 13.11x18, 20-15; 14.07-11, 15x08; 15.18-22, 30-27; 16.03-06, 27x18; 17.05-10, 13-09; 18.*17-21!, 26x17; 19.11-14, 18x11; 20.06x22, 23-19; 21.16-20, 19-15; 22.20-23, 15-11; 23.23-27, 11-07; 24.04x11, 08-04; 25.10-14, 04-07; 26.27-30, 07-16; 27.11-15, 17-13; 28.14-18, 16-07; 29.30-17, 07x25; 30.17x10, 25-11; 31.10-13, 11x24; 32.22-27, 31x22; 33.13x31, EMP.) 12.06-11, 26-22; 13.03-06, 31-27!; (Falso sería 13. ... 30-26�; por 14.05-09, 31-27; 15.11-15, 25-21; 16.06-11, 14-10; 17.16-20, 23x16; 18.11-14, 18x11; 19.07x30, 16x07; 20.04x11, 10-06; 21.15-19, GB. Como nun xogo que {Iniciado coa liña antes indicada da «Lateral Esquerda»} disputaron no ano 2017 Nuno Vieira vs. Herminio Medalha da Silva no Open conmemorativo do «25 de Abril» da União Setubalense) 14.05-09, 18-13; 15.09x18, 22x13; 16.11x18, 19-14; 17.06-11, 13-09; 18.04-08, 14-10; 19.11-14, 10-05; 20.07-11, 23-20; 21.16x23, 27x20; 22.18-21, 25x18; 23.14x21, 20-16; 24.12-15, 16-12; 25.21-26, 30x21; 26.17x26, 12-07; 27.26-29, 07-03; 28.29-25, 03-13; 29.25-29, 05-01; 30.11-14, 01x12; 31.08x15, EMP.] 10.06-11, 21-18; 11.13x22, 27x18; 12.*11-15!, 18-14; 13.15x22, 26x19; 14.17-21, 31-27; 15.07-11, 14x07; 16.04x11, 30-26; 17.21x30, 27-22; 18.30x20, 24x08; 19.16-20, 19-15; 20.20-23, 15x06; 21.02x11, 08-04; 22.23-27, 04x18; 23.27-30, 18-09; 24.*03-07, 22-18; [Ou 24. ... 10-06; 25.*30-17, 06-03; (Se 25. ... 06-02; 26.*01-05, 22-18; 27.07-11, 02x24; 28.17-21, 09x02; 29.21x14, EMP.) 26.01-05, 03x16; 27.17-26, 09x02; 28.26x19, EMP.] 25.*30-20, 29-25; 26.20-30!, 18-13; [Se 26. ... 10-06; as brancas defenden de modo similar ao xa visto na nota anterior con 27.*30-17, 06-03; (Ou se 27. ... 06-02; 28.*01-05, EMP.) 28.01-05, 09x02; 29.17-21, 03x16; 30.21x14, EMP.] 27.30-20, 09-02; 28.20-27, 13-09; 29.27-13, 02-06; 30.07-11, 06x24; 31.13x03, 24-28; 32.03-07, 28-10; 33.07-03, 10-17; 34.03-16, 17-10; 35.16-03, 10-14; 36.03-17, [EMP].
 
9.06-10, 14x05; 10.01x10, 21-18; 11.07-11, 24-20; 12.03-07, 29-25; 13.11-15, 20x11; 14.07x21, 25x18; 15.02-06, 27-22; 16.10-13, 19-14; 17.*12-15, 14-10; 18.06-11, 10-05; 19.16-20, 23x16; 20.15-19, 22x06; 21.13x29, 05-01; 22.17-21, 06-02; 23.09-13, 31-27; 24.29-08, 02-11; 25.21-25, 01-10; 26.13-17, 10-32; 27.25-29, 11-25; 28.08-26, 30x21; 29.17x26, 27-23; 30.26-30, 23-20; 31.04-07, 25x04; 32.29-12, 16x07; 33.30x03, [EMP].
 
9.01-05, 27-22; 10.06-10, *24-20; 11.*03-06, 22-18; 12.*06-11 ... [Se 12.07-11�, 14x07; 13.04x11, *18-14; 14.11x25, *20-15; GN.] 12. ... 31-27!; [Non 12. ... 30-27�; por 13.12-15, 19x03; 14.10x28, 31x24; 15.16x30, con vantaxe decisiva das brancas. Se agora 15. ... 03-07; 16.*11-14, 18x11; 17.30-16, 07-03; 18.05-10, 03x13; 19.09x25, GB.] 13.02-06 ... [Ou se primeiro 13.04-08, 29-25!; 14.*02-06, 27-22; entroncando] 13. ... 27-22; 14.*04-08, 29-25; [Se 14. ... 30-27; 15.*12-15, 19x03; 16.10x28, 03x32; 17.16x30, 32x01; 18.11-15, 01-28; 19.30-27, 28-24; 20.27-23, 24x11; EMP.] 15.*09-13, 18x02; 16.11x27, 02x04; 17.27-31, 04-14; 18.31-24, 14x05; 19.24x29, 05-02; 20.17x26, 30x21; 21.12-15, 02x24; 22.29-22, 21-17; 23.22-18, 24-28; 24.08-12, 23-19; 25.18-27, 19-14; 26.27-18, 14-10; 27.18-14, 28-32; 28.14x01, 17-13; 29.16-20, 13-10; 30.01x23, 32x08; 31.20-23, [EMP].
 
8.12-15, 23-19; 9.15x22, 26x19; 10.05-10 ...


Continuación inferior. Mellor sería seguir con algunha destas dúas variantes:
 
a) 10.05-09, 24-20; [Ou se 10. ... 27-23; 11.06-11, 29-26; 12.01-05, 24-20; 13.02-06, 30-27; 14.06-10, 27-22; 15.10-13, 25-21; 16.07-12, 14x07; 17.04x11, 19-14; 18.03-07, 31-27; 19.12-15, 23-19; 20.16x30, 19x03; 21.11-15, 14-10; 22.05x14, 18x11; 23.30-23, 11-06; 24.15-20, 06-02; 25.13-18, 21x14; 26.23x10, 03x13; 27.09x27, 02x24; 28.27-31, EMP.] 11.16x23, 27x20; 12.06-11, 29-26; 13.01-05, 19-15; 14.04-08, 15x06; 15.03x19, 20-15; 16.02-06, 18-13; 17.09x18, 26-22; 18.18x27, 30x14; 19.06-10, 15-11; 20.10x19, 11x04; 21.19-22, 04-14; 22.22-26, 14x01; 23.26-29, 01-10; 24.29-22, [EMP].
 
b) 10.06-11 ... [O lance que escollemos no estudo que publicamos neste blog con data 1/7/1919] 10. ... 24-20; [Ou se 10. ... 29-26; 11.04-08, 27-23; 12.11-15, 19x12; 13.08x15, 25-21; 14.05-10, 14x05; 15.01x10, 26-22; 16.17x26, 30x21; 17.07-12, 21-17; 18.02-06, 31-27; 19.06-11, 23-19; 20.16-20, 18-14; 21.11x18, 22x06; 22.15x31, 24x08; 23.03x10, 08-04; EMP.] 11.16x23, 27x20; 12.04-08 ... [Se 12.05-09, entronca na liña da anterior variante] 12. ... 19-15; 13.17-21, 15x06; 14.03x19, 18-14; 15.19-23, 25x18; 16.05-10, 14x05; 17.01x10, 30-26; 18.07-11, 26-21; 19.10-14, 20-15; 20.11x20, 18x11; 21.20-24, 11-07; 22.23-28, 21-18; 23.28-32, 07-03; 24.32-19, 18-13; 25.19-14, 13-09; 26.14-19, 03-13; 27.08-12, 13-03; 28.12-16, 03-13; [EMP].
 
10. ... 14x05; 11.01x10, 18-14;


Con dous peóns ben situados no centro, as negras agora teñen xa unha ben apreciábel vantaxe grazas a este ataque no flanco debilitado pola troca na casa «10».
 
12.02-05 ...


Compromete a mobilidade dos peóns nese flanco. Mellor era 12.10-13, 27-22; [Se 12. ... 30-26; 13.13-18!, 26-21; 14.17x26, 29x13; 15.06-10, 13x06; 16.02x18, 27-22; 17.18x27, 31x22; 18.07-12, 22-18; 19.04-08, 18-13; 20.12-15, 19x12; 21.08x15, 13-10; 22.16-20, 10-05; 23.20-23, 05-01; 24.23-27, 25-21; 25.27-30, 21-17; 26.03-06, EMP.] 13.16-20, 24x15; 14.07-11, 14x07; 15.04x20, 30-27; 16.03-07, 19-14; 17.06-10, 14x05; 18.02x09, 22-19; 19.07-11, 19-15; 20.20-24, 15x06; 21.24-28, 31x24; 22.17-21, 25x18; 23.13x31, 06-03; 24.31-28, [EMP].
 
12. ... 27-22; 13.07-12� ...


Nesta altura era obrigado seguir con 13.*04-08 ... [Tampouco valían 13.06-11�, 31-27; 14.11x18, 22x06; 15.03x10, 24-20; 16.16x23, 27x20; 17.05-09, 20-15; 18.04-08, 29-26; 19.07-12, 15-11; 20.12-15, 19x12; 21.08x15, 11-06; 22.15-20, 06-02; 23.20-24, 02-05; 24.10-13, 05-19; [GN]. Nin 13.07-11, 14x07; 14.04x11 ... (Se 14.03x12, 22-18; 15.04-08, 24-20; 16.16x23, 31-28; 17.23x32, 25-21; 18.17x26, 30x21; 19.32x14, 18x02; 20.05-09, 02-20; 21.12-16, 20-23; 22.10-13, 29-26; 23.08-12, 21-17; 24.13-18, 26-22; 25.18x27, 23x30; 26.12-15, 30-23; GN.) 14. ... 19-15; 15.11x20, 24x15; 16.03-07, 15-12; 17.05-09, 12x03; 18.06-11, 03x13; 19.09x27, 30x23; 20.11-15, *29-26; 21.15-20, 23-19; 22.20-23, 19-14; 23.16-20, 14-10; 24.20-24, 10-05; 25.23-27, 31x22; 26.24-28, *05-02; 27.28-32, 02-11; 28.32-10, 25-21; 29.10-23, 11-04; 30.23-05, 21-18; 31.05-10, 04-07; 32.10-05, 18-13; 33.05-09, 22-18; 34.09-05, 13-09; 35.05-01, 18-13; 36.01-23, 07-25; 37.23-01, 26-22; 38.01-28, 25-29; 39.28-24, 13-10; 40.24-31, 22-19; 41.31-22, 09-05; 42.22x08, 05-01; 43.08-04, *29-25; 44.04-08, 10-06; GN.] 13. ... 31-27; 14.10-13, 27-23; 15.06-11, 14-10; 16.05x14, 19x10; 17.03-06, 10x03; 18.11-14, 03x12; 19.08x15, 25-21; 20.17x26, 30x21; 21.13-18, 22x13; 22.15-19, 21-18; 23.19x28, 18x11; 24.28-31, 13-09; 25.31-28, 11-07; 26.28-01, 07-04; [EMP].
 
13. ... 22-18�;


Semella boa, pero realmente o ataque gañador era con 13. ... *29-26!!; un lance difícil de ver. Nese caso se:
 
a) 14.10-13, *24-20; 15.16x23, 22-18!; [Máis rápido que 15. ... 14-10] 16.13x29, 31-27; 17.29x15, 27x02; 18.12-16, 02x09; 19.16-20, 14-11; 20.20-24, 09-05; [GN].
 
b) 14.04-08, 31-27; 15.10-13, 27-23; 16.12-15, 19x12; 17.08x15, 14-11; con vantaxe decisiva. Podería seguir 18.06-10, 11-06; 19.13-18, 22x13; 20.10-14, 26-22; 21.03x10, 13x06; 22.16-20, 23x16; 23.14-19, 30-26; 24.19-23, 06-02; 25.23-28, 02x09; 26.28-32, 09-02; [GN].
 
c) 14.04-07, 22-18; 15.06-11, 18-13; 16.11x18, 13x06; 17.03x10, 26-21; 18.17x26, 30x14; 19.10-13, *24-20; 20.16x23, 14-11; 21.07x14, 19x01; [GN].
 
d) 14.06-11, 14x07; 15.04x11, 19-15; van a dama e [GN].
 
14.17-21� ...


Aínda que o xogo a partir de aquí carece de interese teórico,
A nivel competitivo resultou determinante non só para dilucidar o gañador do enfrontamento individual, senón tamén o do resultado final dos equipos que nese momento, xa cos outros tres duelos rematados, favorecía por 2-1 ao «C.C.D. de São João da Madeira».
 
A modo de adestramento a posición semella fascinante. O lector debe percibir que aquí as brancas volven cometer un novo erro. Neste punto era obrigado defender con 14.*04-08 ... [Non directamente 14.12-15�, xa que tras 14. ... 19x12; 15.10x19, as negras dispoñen do disparo 15. ... *25-21; 16.17x26, 29x15; gañando comodamente] 14. ... 18-13; [Ou se 14. ... 24-20; 15.16x23, 18-13; 16.17-21, 25x18; 17.10x17, 18-13; 18.05-09, 14-10; 19.09x18, 10-05; 20.06-10, 05-01; 21.23-28, 01x21!; 22.17x26, 31x24; 23.12-15, 29x22; 24.03-06, 19x12; 25.08x15, 22-18; 26.15-19, 18-13; 27.19-23, 13-09; 28.23-28, 09-05; 29.28-32, 05-02; EMP.] 15.12-15, 19x12; 16.10x19, 12-07; 17.03x12, 13-09; 18.06-11, 09x02; 19.11-15, 02x20; 20.16x23, 25-21; 21.17x26, 29x15; 22.12x19, 24-20; 23.19-22, 20-15; 24.22-27, 31x22; 25.23-28, 15-11; 26.28-31, 30-27; 27.08-12, 11-07; [EMP].
 
14. ... 29-26�;


Agora co peón en «21» e sen a posibilidade de disparo vista na nota anterior, a ameaza 15.12-15, faise real. Para impoñer a súa vantaxe, as negras debían xogar 14. ... *18-13; 15.10x17, 25x18; 16.06-11, 14x07; 17.04x11, 30-26; 18.05-09 ... [Ou se 18.11-15, 18-14; 19.15x22, 26x19; 20.03-06, 29-25; 21.06-10, 14-11; 22.10-13, 11-07; 23.13-18, 07-03; 24.12-15, 19x12; 25.18-22, 12-08; 26.22-26, 08-04; 27.26-29, 04-08; 28.05-09, 31-27; GN.] 18. ... 26-21; 19.17x26, 29x22; 20.11-15, 19-14; 21.16-20, 31-28; [GN].
 
15.12-15, 26x17;


Comendo para a casa «12» a posición tornaría igualada, pero coa captura textual as negras comezan a complicarse a vida.
 
16.15x22, 18-13;


O peón de «14» non ten defensa e subitamente as negras vanse atopar en inferioridade material. O avance textual [Completado coa entrega que veremos na seguinte nota. Ou en todo caso a transposición defensiva alternando lances] é o único modo do que dispoñen agora as negras para tentar compensar esa dificultade.
 
17.10x19, 13-09�;


Continuando de modo intuitivo, pero para non quedar en posición xa indefendíbel, as negras antes de efectuar este movemento estaban obrigadas a entregar un segundo peón con 17. ... *24-20; para desfacer a posibilidade de construír o «niño» letal que van aproveitar as brancas no xogo. Despois de 18.16x23, xa pode seguir 18. ... 13-09; 19.05-10, 09-05; 20.10-13, 17x10; 21.06x13, 05-01; 22.13-17, 25-21; 23.17x26, 30x21; 24.22-26, 21-17; 25.26-29, 17-13; 26.29-25, 13-09; 27.25-18, 09-05; 28.19-22, 05-02; 29.23-27, 02-06; 30.03x10, 01x25; [EMP].
 
18.06-11, 09x02; 19.11-15, 02x20;


As negras caen no «niño».
 
20.16x23, 17-13; 21.23-28, 13-09; 22.28-32, 30-27; 23.32-28, 27x18; 24.19-22, 24-20; 25.28-01, 18-14; 26.01x16, 09-05; 27.22-26, 25-21; 28.26-29, 05-01; 29.29-25, 21-17; 30.25-18, 01-32; 31.16-30, 32-01; 32.04-07, 01-32; 33.07-11 ...


Na foto, tomada nesta altura, pódese ver a enorme expectación que espertou a fase final do xogo.


33. ... 32-01; 34.11-15, 01-32; 35.30-16, 32-28; 36.18-09, 28-14; 37.16-12, 14-32; 38.12-08, 31-28; 39.09-31, 28-23; 40.03-06� ...


Moi nervioso e vendo que o rival tiña a bandeira colgando o condutor das brancas comete un novo erro que permitiría o empate. Para impoñerse no final podía seguir con 40.31-27, 23-19; 41.15x22, 17-13; 42.27-20, 13-09; 43.20-02, 32-23; 44.22-26, 23-01; 45.03-06, 01-14; 46.26-30, 14-28; 47.06-11, 28-10; 48.11-15, 10-05; 49.02-11, 05-28; 50.30-21, 09-05; 51.11-14, 28x10; 52.21-14, 10x12; 53.08x01, [GB].
 
Pero mellor aínda, a posición admite un remate artístico que me inspirou o «estudo» que aparece xunto á posición clave do xogo [Despois de 39. ... 28-23] na seguinte ilustración:


40. ... *23-19;


O lance que daría o empate, pero xustamente antes de efectualo cae a bandeira do reloxo.

 
41.15x22, 17-13; [GB].
 
Nesta altura Cardoso mirou o reloxo e automaticamente Cunha estendeu a man en sinal de rendición. Unha montaña rusa de emocións, por exceso de tempo as negras perden un xogo no que antes desperdiciaran dúas oportunidades gañadoras, despois pasaron a estar irremisibelmente perdidas e na posición final tiñan tecnicamente empatado. Agora o peón da casa «6» impediría que a dama de «31» chegase ao cadro «2» para evitar a coroación.

 
 


1.10-14, 22-19;


A «Diagonal Cruzada» considerada como levemente favorábel para o primeiro bando. Unha apertura bastante popular pero que ten a vantaxe de non estar tan divulgada como a «Clásica» ou a do «Río».
 
2.12-15 ...


Decantándose pola variante do cambio, tamén coñecida como a «Cruzada da Elección» por ser así denominada na modalidade anglo-americana. Favorita de xogadores pouco teóricos permite ás negras xogos máis cómodos que a continuación principal 2.05-10.
 
2. ... 19x10;
 
A recomendación xeral indica que o mellor é comer cara o flanco esquerdo do rival por ser este máis propenso aos ataques, pero neste caso o movemento textual tamén goza do favor dos especialistas.
 
3.05x14, 21-17;


Escapando das máis habituais 3. ... 23-19; [Un lance que fai confluír a posición con outra da variante do cambio da «Paralela Ortodoxa» que se forma con 1.12-15, 23-19; 2.10-14, 19x10; 3.05x14, 22-19] ou 3. ... 23-20; [Recomendada nalgúns tratados de renome como a «Guía de Lees»], que xunto coa hipótese 3. ... 21-18; poden ser estudadas no artigo deste blog publicado o 14/4/2018.
 
4.14-18 ...
 

Ocupando inmediatamente a casa «dique», unha opción que pode alternarse con 4.01-05, 23-19; [Ou 4. ... 23-20; 5.14-18, entroncando na liña do xogo principal] 5.14x23, 28x12; 6.08x15, 32-28; 7.05-10, 28-23; [Conflúe nunha posición que xa analizamos minuciosamente ao comentar o 1º xogo da 2ª sesión do enfrontamento Hélder Sabastião vs. Fernando Gonçalves do Torneo de São João da Madeira do ano 2017. O lector debe notar que esta posición tamén pode aparecer na «Partida da Ronha» coas cores trocadas].
 
4. ... 23-20; 5.01-05, 26-21;


Entrando nunha variante da que non temos referencias na que as negras xogan para alixeirar material. Se en cambio seguisen de modo máis conservador con 5. ... 28-23; tras 6.05-10, alcánzase unha posición que si aparece na nosa base de datos [Derivada da variante 3. ... 23-20; e formada con 4.01-05, 28-23; 5.05-10, 21-17; 6.14-18]. Podería seguir 6. ... 32-28; 7.10-14, 20-16; 8.08-12 ... [Ou 8.06-10, 26-21; 9.02-06, 23-20; 10.18-22, 27x18; 11.10-13, 17x10; 12.06x22, 30-27; 13.22-26!, 29x22; 14.14-19, 22-18; 15.19-22, 18-14; 16.11x18, 21x14; 17.22-26, 20x11; 18.26-30, 28-23; 19.08-12, 14-10; 20.07x14, 16x07; 21.03x12, 27-22; 22.30x16, 22-18; 23.14x21, 25x18; 24.16-23, 10-06; 25.12-16, 06-03; 26.23-05, 24-20; 27.16x23, 03-16; EMP.] 8. ... 23-20; 9.06-10, 26-21; 10.02-06, 27-22!; [Non 10. ... 30-26�; como no xogo 23 do match polo Campionato do Mundo por correspondencia disputado por Alf Huggings vs. Saul Weslow no outono de 1967 e repetido tamén no 24 co respectivo intercambio de pezas entre os xogadores, porque na nosa modalidade podería ser replicado con 11.10-13, 17x10; 12.06x13, deixando ás negras indefensas. Se agora, por exemplo tentan 12. ... 26-22; seguiría 13.14-19, 21x14; 14.11x18, 20x11; 15.19x26, 29x22; 16.07x14, 16x07; 17.04x11, 28-23; 18.18-21, 25x18; 19.14x21, 22-19; 20.21-26, 19-15; 21.11x20, 24x15; 22.26-29, 23-19; 23.13-18, 27-22; 24.18x27, 31x22; 25.03-07, GB.] 11.18x27, 31x22; 12.14-19, 29-26; 13.10-13, 17x10; 14.06x13, *21-18; [Obrigada. Malo sería 14. ... 21-17; por 15.19-23, 28x19; 16.13-18, 22x13; 17.15x29, 13-10; 18.29-19, GB.] 15.13-17, *18-14; 16.11x27, 30x14; 17.15-19, 14-10; 18.12-15, 20x11; 19.07x14, 10-05; 20.14-18, 05-02; 21.18-22, 28-23; 22.19x28, 26x19; 23.28-32, 19-15; 24.32-10, 15-12; 25.10-13, 25-21; 26.17x26, 12-07; 27.03x12, 16x07; 28.04x11, 02x29; [EMP].
 
6.06-10 ...


Nótese que aquí non vale a intuitiva 6.11-14�, porque despois da troca 5. ... 20x11; 7.06x15, as negras dispoñen do golpe 7. ... *24-20; 8.15x24, 27-22; 9.18x27, 31x22; 10.24x31, 22-18; 11.31x13, 17x01; 12.07-11, 01x23; [GN].
 
6. ... 21x14; 7.10x19, 27-23;


Contra a máis natural 7. ... 28-23; 8.19x28, 32x23; pode seguir 9.05-10, 27-22; 10.08-12, 20-16; [Con xogo equilibrado, tanto seguindo coa textual como coa alternativa 10. ... 22-18; 11.12-16, 31-27; 12.10-14, 27-22; 13.14x21, 25x18; 14.03-06, 29-25; 15.11-14, 18x11; 16.07x14, 20x11; 17.06x15, 22-18; 18.14x21, 25x18; 19.04-07, 30-26; 20.02-05, 26-22; 21.16-20, 23x16; 22.05-10, 17-13; 23.10x17, 18-14; 24.17-21, 14-10; 25.21-26, 10-05; 26.09-13, 05-01; 27.26-30, 01-10; 28.07-12, 10x17; 29.30-27, 16x07; 30.27x04, EMP.] 11.10-14, 29-26; 12.14-19, 23x14; 13.11x27, 30x23; 14.02-06, 31-28; 15.09-13, 17x10; 16.06x13, 25-21; 17.03-06, 26-22; 18.06-10, 21-17; [Ou se 18. ... 21-18; 19.04-08, 18x09; 20.15-20, 24x15; 21.12x19x26, 09-05; 22.10-14, 05-02; 23.26-29, 23-20; 24.14-18, 20-15; 25.29x12, 02-11; 26.07x14, 16x07; 27.18-21, 07-04; 28.14-18, 04-07; EMP.] 19.04-08, 23-19; 20.15-20, 24x15; 21.10-14, 17x10; 22.14x32, 15-11; 23.32x05, 11x04; 24.12-15, 04-11; [EMP].
 
8.03-06, 23x14; 9.11x18, 20x11; 10.07x14, 28-23; 11.08-12, 24-20; 12.12-15, 20x11; 13.06x15, 29-26;


Despois dos cambios a posición pode considerarse como equilibrada, pero este lance negro permite retomar unha certa iniciativa ás brancas. Mellor era 13. ... 17-13; [Que empata de modo practicamente forzado] 14.*05-10 ... [A intuitiva 14.02-06� ... (Formando a posición que se pode ver no seguinte diagrama)


permitiría o estoupido de fogos de artificio con 14. ... *23-19!!; 15.15x22 ... (Ou se 15.14x23, 25-21; 16.18x25, 31-27; 17.09x18, 27x02; GN.) 15. ... 25-21; 16.18x25, 30-26; 17.09x18, 26x03; 18.18-22, 03-17; 19.05-10, 17x06; 20.22-26, 29x22; 21.25-29, 22-18; 22.29-19, 06-20; GN.] 14. ... 13x06; 15.02x11, 32-28; 16.04-08, 23-20; 17.15x24, 31-27; 18.24x31, 30-26; 19.31x22, 26x10; 20.18-22, 10-06; 21.22-27, 06-02; 22.11-14, 25-21; 23.14-19, 02-05; 24.19-22, 05-19; [EMP].
 
14.02-06 ...


Aquí era máis fina 14.04-08 ... [Ameazando «xudía» con 15.09-13 seguido de 16.08-12 e 17.15x29, GB.] 14. ... 17-13; 15.02-06, 26-21; 16.18-22, 21-18; 17.14x21, 25x18; 18.05-10, 32-28; 19.10x17, 18-14; 20.15-19, *23-20; 21.17-21 ... [Se 21.22-26, 30x21; 22.17x26, 28-23; 23.19x28, 31x24; seguido de 24. ... 14-11; EMP.] 21. ... *20-15; 22.22-26, *14-11; 23.06-10, *11-07; 24.26-29, 07-04; 25.21-25, 04-07; 26.29-22, *07-03; 27.22-13, *28-23; 28.19x28, 31x24; 29.13-17, 03x13; 30.17x20, 24x15; 31.25-29, 15-11; 32.29-19, 11-07; 33.09-13, 07-03; [EMP].
 
14. ... 32-28; 15.05-10, 30-27; 16.04-07, 28-24; 17.07-11� ...


Nunha posición na que as brancas ostentan unha lixeirísima vantaxe cometen unha tremenda imprecisión que lles puido facer perder o xogo. Adecuado era 17.06-11, 26-21; 18.07-12, 24-20; 19.15x24, 23-20; 20.12-16, 20-15; 21.11x20, 27-23; 22.20x27, 31x06; 23.24-28, 06-02; 24.28-32, 21-18; 25.14x21, 25x18; [EMP].
 
17. ... 26-22�;


Pero Nuno non se decata do deslice cometido polo seu rival e pasa por alto a continuación gañadora que era 17. ... *26-21; 18.15-19, 24-20; 19.19x28, 31x24; 20.18-22, 27x18; 21.14-19, 18-14; 22.11x18, 21x05; 23.19-22, 05-01; 24.22-27 ... [Ou se 24.22-26, 01-19; 25.26-30, 19-26; 26.30x21, 25x18; GN.] 24. ... 25-21; 25.27-30, 21-18; 26.30x16, 24-20; 27.16x13, 17x03; [GN].
 
18.18-21 ...


Agora a posición está igualada, aínda que as negras deben seguir con coidado.
 
18. ... 25x18; 19.14x21, *23-19; 20.15-20, 24x15; 21.11x20, 22-18;


O modo máis sinxelo.
 
22.21-26, 18-13;


A idea do lance anterior era poder aquí realizar esta pequena combinación que conduce a un cómodo empate.
 
23.09x18, 27-23; 24.20x27, 31x13; 25.26-30 ...


As brancas entraron primeiro en dama pero isto non lles proporciona nin a máis mínima vantaxe.
 
25. ... 19-14; 26.10x19, 13-10; 27.06x13, 17x10; [EMP].

 
 


1.10-14, 22-19;


Apertura «Diagonal Cruzada», casualmente a mesma que no xogo que acabamos de comentar.
 
2.09-13 ...


Unha das variantes menos populares, seguramente realizada para fuxir de xogos máis estereotipados.
 
2. ... 19x10; 3.05x14 ...


A estrutura branca agora con tres buratos nas casas «5», «9» e «10» semella un tanto feble, pero ao ser no flanco de río, o problema non resulta tan serio como se fose no lado oposto.  
 
3. ... 23-19;


Permite un desenvolvemento harmonioso, pero afrouxa a presión. Mellor considerado está 3. ... 21-17; comezando o acoso na zona enfraquecida. O exame das diferentes hipóteses que se poden xogar neste punto xa foi amplamente tratado neste blog no artigo do 26/08/2016 ao comentarmos un xogo Nuno Vieira vs. Tiago Manuel do XIV Campionato de Portugal de Rápidas.
 
4.14x23, 28x19; 5.13-17, 32-28; 6.01-05, 21-18; 7.12-15 ...


Apartando do referido xogo no que Nuno seguiu con 7.12-16, nun punto no que tamén era interesante a alternativa 7.11-15.
 
7. ... 19x12; 8.08x15, 28-23; 9.05-10, 26-22; 10.10-14, 18-13; 11.06-10 ...


No «Tratado da Enciclopédia Damista» segue de forma diferente con 11.07-12, 22-18; 12.14x21, 25x18; 13.17-21, 27-22; 14.12-16, 13-10; 15.06x13, 18x09; 16.11-14, 31-27; 17.21-26, 30x21; 18.14-19, 23x14; 19.02-05, 09x02; 20.04-07, 02x20; 21.16x30, 22-19; 22.30x17, 14-10; 23.17x06, 19-15; 24.06x20, 24x15; 25.07-11, 15x06; 26.03x10, 29-26; [EMP]. Como nun xogo Manuel Silva vs. Alberto Martins dos oitavos de final do 2º Campionato de Portugal por correspondencia (oficioso) celebrado nos anos 1973-74.
 
11. ... 13x06; 12.03x10, 30-26; 13.07-12 ...


No estudo que publicamos no ano 2016, no undécimo lance, seguiamos con 11.07-12, igual que no «Tratado da Enciclopédia Damista» pero despois facendo unha lixeira transposición con 11. ... 30-26; 12.06-10, 13x06; 13.03x10, chegamos ata esta mesma posición formando unha curiosa confluencia que tamén se podería alcanzar desde outras aperturas como:
 
a) 1.09-13, 23-20; [Apertura «Dereita Incidente»] 2.13-18, 21x14; 3.11x18, 22x13; 4.10x17, 28-23; 5.06-11, 23-19; 6.11-14, 19x10; 7.05x14, 32-28; 8.01-05, 28-23; 9.05-10, 26-22; 10.07-11, 20-16; 11.12-15, 30-26; 12.08-12, 16x07; 13.03x12.
 
b) 1.09-13, 23-19; [Apertura «Dereita Ortodoxa»] 2.13-18, 21x14; 3.11x18, 22x13; 4.10x17, 24-20; 5.06-11, 20-16; 6.12-15, 19x12; 7.08x15, 28-23; 8.05-10, 32-28; 9.10-14, 26-22; 10.01-05, 30-26; 11.05-10, 28-24; 12.07-12, 16x07; 13.03x12.
 
13. ... 25-21;


Unha boa elección, aínda que tamén era interesante 13. ... 23-20; 14.12-16, 27-23; e agora se:
 
a) 15.04-07, 25-21; 16.14-19, 23x05; 17.02x09, 22-19; 18.15x22, 26x19; 19.17x26, 29x22; 20.16x23, 24-20; 21.23-27, 19-14; 22.11x18, 22x13; 23.09x18, 31x13; [EMP]. Como na liña dada no noso estudo do ano 2016.
 
b) 15.04-08, 25-21; 16.02-05 ... [O desenvolvemento natural. Bastante estraño resulta o sacrificio 16.15-19, que o experimentado damista vilacondense Luís Sá empregou nun Nacional de Lentas contra o vencedor da proba, o mestre Fernando Gonçalves. Nese caso, tras 16. ...  22x06; 17.02x11, 20-15; 18.11x27, 31x22; 19.08-12, 22-18; 20.14-19, o máis agudo sería 20. ... 18-14; 21.10-13, 14-11; 22.19-23, 11-07; 23.23-28, 07-04; 24.12-15, 21-18; 25.13x22, 26x12; 26.28-31, 04-14; 27.31-22, 12-08; 28.16-20, 24x15; 29.22x12, 08-04; 30.12-03, EMP. Menos problemas causa 20. ... 18-13; 21.10-14, 13-09; 22.12-15, 09-05; 23.19-23, 05-01; 24.15-19, 01-05; 25.23-28, 26-22; 26.17x26, 22x15; 27.28-32, 05x19; 28.32x14, 29x22; [EMP]. Como no mencionado xogo que (Iniciado coa liña de confluencia da «Dereita Incidente» antes indicada) disputaron Luís Sá vs. Fernando Gonçalves no 34º Campionato de Portugal celebrado en Vila da Feira no ano 2014] 16. ... 22-19; 17.15x22, 26x19; 18.17x26, 29x22; 19.08-12, 31-27; 20.05-09, 20-15; 21.11x20, 24x08; 22.16-20, 23x16; 23.14x30, 08-04; 24.10-14, 04x25; 25.30-23, [EMP].
 
14.12-16, 22-19; 15.15x22, 27x18�;


Caendo no mesmo erro que Vaz Vieira nun enfrontamento de Campionato Nacional de Lentas contra Tiago Manuel. Correcto era 15. ... *26x19; 16.17x26, 29x22; 17.02-06, 19-15; 18.11x20, 24x15; 19.14-18, 22x13; 20.10x17, 27-22; 21.17-21, 22-19; 22.21-26, 19-14; 23.26-29, 14-11; 24.29x08, 11x02; [EMP].
 
16.*10-13! ...


Sacrificio clave que fai cambalear a posición negra. Un grandioso exemplo da importancia que ten combinar a táctica coa estratexia no xogo de damas.
 
16. ... 18x09; 17.11-15 ...


Agora o peón da casa «14» é como se valese por dous, debido a seu interacción sobre ambos os dous flancos.
 
17. ... 26-22;


Nada se pode facer, coa imposibilidade de controlar a fundamental casa «19» o xogo está completamente perdido. Neste punto se:
 
a) 17. ... 31-28; [O lance co que seguiu o mestre conimbricense no referido duelo] 18.*04-07, 29-25; 19.07-11, 21-18; 20.14x30, 23-19; 21.15x22, 28-23; 22.30x20, 24x06; 23.02x11, 09-05; 24.22-27, 05-02; 25.11-14, 02-15; 26.27-31, 25-21; 27.17x26, 15x29; 28.16-20, [GB]. Como nun xogo que [Iniciado coa liña indicada da «Dereita Ortodoxa»] disputaron Tiago Manuel vs. Manuel Vaz Vieira no 32º Campionato de Portugal celebrado en Vila da Feira no ano 2014.
 
b) 17. ... 29-25; 18.15-19, 31-28; 19.04-07, 24-20; 20.07-11, 21-18; 21.14x30, 23x07; 22.16x32, 07-04; 23.30-26, 04-07; 24.26-22, 07-03; 25.32-14, 03-13; 26.22-31, 13-03; 27.14-19, 03-16; 28.31-27, 16x30; 29.19-26, 30x21; 30.17x26, 25-21; 31.26-30, 21-18; 32.30-23, [GB].
 
18.17x26, 31-27;


Movemento desesperado, en vista de que 18. ... 24-20; [Lance que complementaria a manobra inicialmente prevista tras a entrega do peón da casa «26»] 19.15x24, 22-19; fracasaría despois de 20.26-30, 19x10; 21.30x20, 10-05; 22.20-23, 05-01; 23.23-32, 29-25; 24.16-20, 31-27; 25.24-28, 01-10; 26.02-05!, 10x01; [Ou 26. ... 09x02; 27.28-31, 02x24; 28.31x03, GB.] 27.28-31, 27-22; 28.31x18, 09-05; 29.20-23, 05-02; 30.04-08, 01x28; 31.32x01, [GB].
 
19.16-20, 23x16; 20.26-30, 22-18; 21.14x21 ...


A superioridade branca é esmagadora.
 
21. ... 29-25; 22.30x23, 25x18; 23.04-07, [GB].