venres, 27 de abril de 2012

Torneo de Oliveira de Azemeis [2012]


Fernando Beça
[Foto de ADP-Damas]


Continúa con gran entusiamo a actividade damista en Portugal. O pasado sábado, día 21, a pequena localidade norteña de Oliveira de Azemeis no distrito de Aveiro acolleu unha nova edición do Torneo Nacional de partidas rápidas comemorativo do «25 de Abril». Neste xa tradicional evento no que se repartiron cuantiosos premios, inscribíronse ata 41 participantes que protagonizaron emocionantes duelos. A clasificación final quedou encabezada por un magnífico Fernando Beça que asinou un total de 4´5 puntos nas 5 sesións.  Tamén sensacional foi a actuación de José Carlos Anjos que coa mesma puntuación, pero con peor Bucholz, conseguiu o segundo posto. A terceira praza foi para o ex-campión nacional Justino Miguel  que cos seus  4 puntos completou o podio.

                                                                                     

    José Carlos                   Justino Miguel  
                                       [Foto Damas do Norte]                        [Foto Damas do Norte]


Na modalidade por equipos resultou, unha vez máis,  vencedora a escadra do CCD de Sao Joao da Madeira. O segundo lugar correspondeulle á formación do “Vai Avante” de S. Pedro da Cova e o terceiro foi para o “Ginásio Clube Vilacondense”.

Así quedou a clasificación individual nos 20 primeiros postos:


* * *

__________________________________________________________

XOGO COMENTADO
__________________________________________________________


Unha das máximas fundamentais deste blog está en que todos os artigos teñen que conter unha parte práctica. Se non dispoñemos de xogos para publicar non podemos dar ningunha información sobre calquera torneo, por iso é que precisamos da colaboración de todos os damistas.

Grazas ao videos que ofrece o Facebook de Jofedolgo hoxe podemos amosar un estudo relacionado cun dos emocionantes enfrontamentos deste Torneo Nacional de Oliveira de Azemeis, 2012. Todo está baseado na posición representada no seguinte diagrama que sen máis dilación pasamos a comentar.


AS BRANCAS MOVEN

Non sabemos a orde exacta de xogadas con que se chegou a formar, pero procede dunha apertura «Paralela Ortodoxa» na súa «Liña Clásica» ou moi posibelmente dalgunha das súas frecuentes trasposicións. O seu desenvolvemento máis xenuíno é o seguinte: 

1.12-15, 23-19;  2.08-12, 27-23;

O lance que caracteriza a «Liña Clásica», nomeada así polo Dr. OAL porque era a preferida dos antigos tratadistas españois.

3.10-13 ...

A continuación orixinal que deixa a iniciativa nas mans das negras. A teoria actual recomenda como mellor 3.11-14.

3. ... 21-18; 4.06-10, 25-21; 5.13-17 ...


POSICIÓN DESPOIS DE 5.13-17 ...


Mais, como xa indicamos, existen múltiples formas de construír esta singular disposición de pezas. Velaiquí temos algunhas delas:

  A] 1.12-15, 23-19; 2.08-12, 21-18; [A «Liña Moderna» unha denominación que tamén debemos ao Dr. Orlando Augusto Lopes] 3.10-13 ... [Neste caso o máis adecuado é  seguir coa troca 3.10-14] 3. ... 27-23; 4.06-10, 25-21;  5.13-17.

  B] 1.10-13, 21-18; [Apertura «Crítica Pechada»]  2.12-15, 23-19;  3.08-12, 27-23;  [Ou incluso 3. ... 25-21; 4.13-17, 27-23; 5.06-10] 4.06-10, 25-21;  5.13-17.

C] 1.10-13, 21-18; 2.06-10, 25-21; [Xogada introducida polo antigo campión americano Maurice Chamblee] 3.12-15 ... [A contestación favorita de Walter Hellman] 3. ... 23-19; 4.08-12, 27-23; 5.13-17.

5. ...  23-20;

A máis incisiva. Outras posibilidades son:

  5. ... 31-27; 6.10-14, 19x10; 7.05x14, 23-19; 8.14x23, 28x19; 9.01-05, 29-25; 10.02-06, con posición igual á que se deu nos xogos —xa comentados neste blog— Dr. Vaz Vieira vs. Luís Sá [28º Campionato de Portugal; Odemira, 2008] ou Dr. Vaz Vieira vs. Nuno Vieira  [Torneo da Baixa da Banheira, 2011].

  5. ... 24-20; [A dobre permuta temática nesta clase de estruturas] 6.15x24, 19-14; 7.10x19, 22x08; 8.05-10, 30-27; [Ou a trasposición 8. ... 23-20; 9.01-05, 30-27; 10.10-13, 27-22; 11.05-10, 28-23; 12.10-14, pero aquí as brancas se o desexan tamén poden seguir coa interesante 12.11-14] 9.01-05 12.27-22; 10.10-14, 23-20 [Se 10. ... 23-19??; 11.14x23, 28x19; 12.05-10, 19-14; 13.10x19, 22x06; 14.02x11, 31-27;  (Tamén perde 14. ... 32-28; 15.11-14, 18x11; 16.07-14, 28-23; 17.09-13, 23-20; 18.14-19, 20-15; 19.03-07 GB como indica OAL na «Enciclopedia Damista» ao que engadimos este posible remate: 19. ... 31-27; 20.24-28, 27-22; 21.19-23, 22-19; 22.23-27, 19-15; 23.07-12, 16x07; 24.04x20, 08-04; 25.28-32 etc.) 15.11-14, 18x11; 16.07x14, 27-22; 17.03-06, 22-18; 18.14-19, 18-14; 19.24-28, 32x23; 20.19x28 GB como nun xogo Dr. Orlando Lopes vs. Artur Gomes do 10º Campionato de Lisboa disputado no ano 1958] 11.05-10, 28-23; 12.10-13 ... [A mesma posición que na ramificación 8. ... 23-20] 12. ... 20-16; 13.14-19 ... [Mellor que 13.07-12 recomendada por OAL] 13. ... 22x06;  14.02x11, 23-20; 15.13x22, 26x19; 16.17x26, 29x22; 17.09-13, 19-15; 18.11-14, 15-11; 19.13-17, 11-06; 20.03x10, 20-15; 21.14-19, 15-12; 22.19x26, 12x03; 23.10-13, 03-12; 24.26-30, 12-22; 25.17-21, 22x09; 26.26-29, 22-15; EMPATE.

6.10-14, 19x10; 7.05x14, 28-23;

Mantendo momentaneamente a iniciativa. Se 6. ... 20-16; 7.01-05  dá lixeira vantaxe ás brancas.

8.12-16 …


POSICIÓN DESPOIS DE 8.12-16 ...


Unha variante que conleva o sacrificio dun peón dando lugar a terríbels complicacións tácticas. Valente decisión nun torneo de rápidas onde cada xogador debe administrar tan só 30 minutos para completar unha sesión de 4 xogos.

  Outra idea é 8.09-13, 18x09;  9.14-19,  23x14;  10.11x25,  20x11; 11.07x14 pero o xogo favorece ás negras que teñen unha forte posición.

  A continuación máis natural parece  8.02-05,  20-16;  9.05-10 … ; e agora se:

==►   9. ... 30-27;  10.01-05 ...

a)   10. ... 23-20; 11.14-19, 18-14; [O correcto era 11. ... 27-23; 12.19x28, 32x23; 13.10-13, 23-19; 14.05-10, 29-25; 15.11-14, 20x11; 16.14x23, 11-06  con final de empate segundo o Dr. Sena Carneiro] 12.11x25, 20x11; 13.07x14, 22x08; 14.09-13,  16-12; 15.14-18, 27-22; 16.18x27, 31x22; 17.10-14, 24-20; 18.14-18, 22-19; [No volume de «Campionatos, Torneios e Matches» editado pola «Enciclopedia Damista» di que aínda se podía empatar con 18. ... 20-16; 19.18x27, 12-07;  pero pensamos que quizais non sexa certo, pois tras 20.04x11!, 08-04; 21.11-15, 32-28; 22.05-09, 04-08; 23.27-30, 08x19;  24.30x21, 16-12;  25.13-18, 19-10;  26.18-22, 12-08;  27.21-04, 28-23;  28.22-27, 23-19; 29.17-21, 19-15; 30.27-30, 10-01; 31.30-27, 01-19; 32.03-07, 19-01; 33.07-11, 15x06;  34.21-26, 29x22;  35. 27x03 GB] 19.18-21, 26-22; 20.21-26, 20-16;   21.13-18, 22x13; 22.05-09, 29x22; 23.09x27, 12-07; 24.04x11, 32-28; 25.27-30, 28-24;   26.25-29, 08-04; 27.29x08, 04x25; GB [Daniel Machado vs. Antonio Perú; 2º Campionato de Portugal; Lisboa, 1982]

b)  10. ... 32-28; 11.03-06 ... [Debilita moito a estrutura. Aquí impoñiase 11.04-08 con xogo practicamente equilibrado] 11. ... 24-20!; 12.15x24, 22-19; 13.04-08, 27-22; 14.11-15, 18x04; 15.15-20, 16x07; 16.20x27, 07-03; 17.27-30, 03-16; 18.08-12, 16x03; 19.06-11, 04x18; 20.30-23, 03x13; 21.23x14, 18x07; 22.09x18, 31x22; 23.24x31, 07-04; 24.31x25, 26-21; 25.17x26, 29x22; GN. [Cap. Santos Deodato vs. Víctor Oliveira;  23º Campionato de Portugal; Faro, 2003]

c) 10. ... 31-28; [Moi interesante] 11.14-19, 23x14; 12.10x19, 27-23; 13.03-06, 23x14;   14.06-10, 22-19; 15.15x22, 26x19; 16.17x26, 29x22; 17.10-13, 24-20; 18. 13-17, 28-24; 19. 17-21, 20-15; 20.11x20, 24x08;  21.21-26, 19-15; 22.07-12, 16x07; 23. 04x20, 08-04; 24.26-29, 22-19;  25.29x15, 4-7; 26.15-26, 14-11; EMPATE.

 ==►   9. … 22-19; 10.15x22, 26x19; 11.17x26, 29x22; 12.14x21, 30-26;  13.21x30, 32-28;  14.30x20, 24x06;  15.10-13, 06-02;  16.13-17,  22-18;  17.17-21, 19-14; 18.21-26,  28-23; 19.12-15, 02x24; 20.09-13, 18x09; 21.07-12, 16x07; 22.04x18 EMP. [Daniel Machado vs. Vaz Vieira;  2º Campionato de Portugal; Lisboa, 1982].

8. … 22-19; 9.15x22, 26x10; 10.17x26, 30x21;


POSICIÓN DESPOIS DE 10. ... 30x21


11.07-12 …

  Se 11.04-08??, 31-27; 12.08-12, 27-22; 13.12-15, 10-06; 14.03x10, 23-19; 15.16x23, 19-13; 16.23-27, 03x17; 17.27-30, 22-19; 18.02-06, 17x03; 19.30x17, 03x16;  GN.

  Igualmente, a intuitiva 11.02-06 … [Perde con golpe publicado na revista «Todo Lar» e posteriormente reproducido na «Enciclopedia  Damista»] 11. … 10-05;  12.01x10, 23-19; 13.16x23, 32-28; 14.23x32, 24-20; 15.32x14, 20-15; 16.11x20, 18x02 GN como nun xogo Antonio García da Mota vs. Alberto Rocha disputado no ano 1943.

 Pero unha aceptable alternativa pode ser: 11.02-05,  31-27;  12.05x14, 20-15;   13.11x20, 24x15; 14.14-19, 23x14; 15.07-11, 15x06; 16.03x19, 27-23; 17.19x28, 32x23; 18.04-08, 18-14;  19.08-12, 14-11; 20.12-15, 11-07;  21. 15-20 con final de EMPATE.

11. … 29-25;

As negras non deben confiarse. Agora sería frouxa 11. … 31-27??;  por esta posible continuación: 12.12-15, 27-22; 13.02-05, 10-06; 14.03x10, 23-19; 15.16x23, 19x12;  16.23-27, 12-7; 17.27-30, 29-26; 18.09-13, 18x02; 19.11-15, 02x20;  20.30x03 GB.

A textual é máis evidente e tamén máis correcta. Tras esta xogada alcanzamos a posición obxecto de estudo.

Foi por un casual que vendo no Facebook: DAMAS DO NORTE un xogo Manuel Cardoso vs. Mario Silva observei no taboleiro da dereita algo que me chamou poderosamente a atención [na foto de abaixo recollemos ese momento]. Tal como están colocadas esas pezas pensei que se podía tratar da posición en cuestión. Despois de comprobar minuciosamente o que nesas imaxes foi acontecendo puiden comprobar que non ía moi descamiñado e ata incluso conseguín completar o desenlace final do xogo.   


 A CURIOSA POSICIÓN
[Foto tomada do vídeo]

Os protagonistas deste apaixonante duelo son Sergio Bonifacio, un xogador de extraordinario talento que está realizando un gran comezo de campaña, e o veterano e non menos talentoso Delfim Alves.

Para máis comodidade, vexamos de novo o diagrama:

 Torneo Nacional de Damas «25 de Abril»
Oliveira de Azemeis, 2012
Sergio Bonifacio vs. Delfim Alves


XOGAN AS BRANCAS


12.11-14 …

Impresionante. Bonifacio non se conforma cunha defensa pasiva e sacrifica un segundo peón na busca de contraxogo.

Na LUDOTEKA no ano 2007 puidemos contemplar un xogo disputado con tempo: 1'+5" que continuou de forma menos arriscada:

12.02-05, 18-14;  13.11x18, 21x14;  14.04-07, 31-27;  15.09-13, 27-22;  16.13-18, 22x13;  17.05-09, 32-28; 18.09x18, 20-15; 19.12x19, 10-06; 20.03x10, 14x05; 21.01x10, 23x05;   22.18-22, 05-02;  23.22-26, 25-21;  24.26-29, 28-23;  EMPATE [Aasman vs. Verissimo_D].

12. … 18x11; 13.09-13 ...


POSICIÓN DESPOIS DE 13.09-13 ...


13. ... 11-06!;

O comezo dunha sorprendente combinación. Aínda que tamén era moi interesante a alternativa 13. … 21-17; que conduce a un endemoniado final. Por exemplo se 14.12-15, 31-28; [14. ... 25-21 tamén ten o seu veleno] 15.13-18, 17-13; 16.18-22, 13-09; 17.22-27, 09-05; 18.02x09, 11-06;   19.27-31, 20x11; 20.31-18, 11-07; 21.04x11, 06-02;  22.11-14, 02-11; 23.18-13, 11x21; 24.13x06, 21-04; 25.09-13, 25-21; 26.13-17, 04-08; 27.17x26, 08x29; aínda a situación favorece ás negras, máis ben xogado pode ser de empate.

14.02x11, 23-19; 15.16x23, 32-28; 16.23x32, 21-18; 17.32x21 ...

Se 17. 32x05, 18x02; 18.11-14 ... [As brancas están perdidas, tampouco valía 17.32x05, 18x02; 18.03-06, 24-20; 19.12-15, 25-21;  20.15x24, 21-18; 21.04-08, 18-14; 22.11x18, 02x21 GN] 18. ... 24-20; 19.04-08 ...  [Se 19.14-19, 02-12 GN] 19. ... 02-11;  20.14-19, 11-15; 21.19-23, 15-26; [Aqui cabe poñer moita atención, pois se 21. ... 15-19; segue 22.23-27!!,  31x22 e 23.03-06 forzando o empate ao caer a dama] 22.12-16, 26-19 GN.

17. ... 25x09; 18.12-16  ...

Con idea de se 18. ... 09-05; 19.11-15 ...  [impide a coroación] 19. ... 31-27; 20.04-08, 27-22;  21.08-12, 22-18; 22.15-19, 18-14; 23.19-22, 14-11; 24.22-26, 11-07; 25.26-30, 07-04; 26.12-15, 04-18; 27.30-17 EMPATE. Igualmente tanto 18.11-14 como 18.11-15 levaban a similar desenlace.

18. ... 24-20!;

Para desfacer o niño e entrar en dama.

19.16x23, 09-05; 20.11-14, 05-02;

Na seguinte fotografía pódese ver a situación:


S. Bonifacio vs. D. Alves
[Foto tomado do vídeo ]

21.23-28 ...

Non é obrigado pero nalgún momento hai que facelo para abrir camiño. Non valía 21.14-19 por 02-15 GN. Pero 21.14-18 tamén empataba: 21. ... 02-20; 22.23-28 ... (Agora obrigado) 22. ... 31x24;  23.*18-21, 20-15; 24.21-25, 15-29;  25.04-7, 24-20;  26.07-11, 29-15; 27.25-29 e as negras non poden progresar.

21. ... 31x24; 22.14-19?? ...


POSICIÓN DESPOIS DE 22.14-19 ...


Isto perde inevitabelmente.  A salvación producíase despois de 22.14-18, 02-15; 23.18-21, 15-29; 24.04-07, 24-20!; 25.*07-11, 29-08; 26.21-25, 08-29; 27.11-14, 29-08; 28.14-18, 08-29; 29.03-07, 29-08; 30.07-12, 08x09; 31.25-29, 09-31; 32.29-12 EMPATE.

22. ... 02-09; 23.19-23,  24-20 GN.

Agora xa non hai nada que facer.

 Se   24.23-28, 09-31; 25.28-32, 31-09 GN.

● Ou  24.04-07, 09-31; [Non 24. ... 20-15; por 25.03-06!, 10x03; 26.23-28, 03x12; 27.01-05, 09x02; 28.28-32 EMPATE] 25.07-11 ...   [Se 25.07-12, 20-16; 26.12-15 é o mesmo] 25. ... 20-16; 26.12-15, 16-12;  27.15-20, 12-08;  28.20-24, 08-04; 29.24-28, 31x24; 30.23-27, 04-18 e dá o mesmo onde as brancas entren en dama pois hai gancho e GN.

luns, 23 de abril de 2012

Notación nas damas anglo-americanas




O lector xa debeu decatarse de que  desde hai unhas semanas aumentamos o número de enlaces nos que se poden ler ou mesmo baixar libros de damas anglo-americanas. Coñecidas como "checkers" en Estados Unidos ou "draughts" en Gran Bretaña" tamén se xogan de forma federada en Irlanda, Canadá, Australia, Nova Zelandia, Alemaña, Dinamarca e Italia. O campionato mundial da modalidade [con aperturas sorteadas a 3 lances], que se disputa cada 4 anos, está en poder do gran mestre ruso-americano Alexander Moiseyev que en agosto do 2011, revalidou o seu título derrotando nun match celebrado en Cleveland ao temible aspirante italiano Michele Borghetti polo resultado de 7 xogos gañados, 6 perdidos e 26 empates.  Os dous eventos máis importantes son o Torneo Americano e o Torneo Británico nos que poden participar xogadores de calquera nacionalidade. De forma alternada, os gañadores adquiren o dereito de xogar polo título mundial contra o vixente campión. Con similar sistema tamén se disputan os títulos "GAYP" [Go As You Please], denominación pola que se coñecen os eventos con apertura libre.

Aínda que varía o regulamento con respecto ás damas clásicas a estratexía de xogo é moi similar en ambas as dúas versións. Os libros da literatura damista en lingua inglesa son unha axuda moi interesante para os estudosos das damas clásicas. A maior parte das aperturas constrúense de xeito idéntico e incluso moitos xogos coinciden de forma completa como se pode apreciar lendo este blog, onde presentamos infinidade de exemplos.

Os peóns moven do mesmo xeito que nas damas clásicas. A diferenza máis notable está no movemento das damas, que na versión anglo-americana só se desprazan unha casiña para adiante ou para atrás. Tampouco contemplan as leis da cantidade e da calidade, polo que en caso de múltiples capturas poden elixir a que máis lle interese. Descartando os finais de damas e algunha que outra apertura onde se presente a mencionada alternativa para comer, os xogos de "checkers" ou "draughts" deben ser perfectamente válidos nas damas clásicas e viceversa.



Para poder estudar estes libros, o lector aínda debe saber algo moi importante:
  •  O taboleiro [de cor verde e amarelo] colócase de xeito inverso, co cadro escuro na esquerda.
  •  A saída correspondelle ás negras [ou vermellas no actual regulamento].
  •  A numeración das casiñas é diferente tal como se pode apreciar no seguinte diagrama:


Numeración do taboleiro de "Draughts" ou "Checkers"


Para poder reproducir os xogos directamente sen o inconveniente de ter que colocar o noso taboleiro ao revés, o mellor truco é numeralo do seguinte xeito:


 Taboleiro de damas clásicas coa numeación das "Draughts" ou "Checkers".


Agora xa só resta explicalo cun exemplo:

Notación de "Draughts" ou "Checkers"



* * *

Notación de "Damas Clásicas"




Michele Borghetti vs. Alex Moiseyev
Match polo Campionato do Mundo 2011, Cleveland
Xogo Nº 1

1.12-15, 23-19; 2.10-13 ...

Estes son os 3 lances que deparou o sorteo. Unha variante da «Partida Paralela Ortodoxa» que en apertura libre e máis habitual formar comezando con 1.10-13.

2. ... 19x12; 3.08x15, 21-18;  4.05-10 …

Unha liña introducida por Víctor Oliveira e agora bastante utilizada nos torneos portugueses.

4. …  27-23;

Tanto a textual como 4. … 28-23; son as xogadas con máis preferencias.

5.10-14, 23-19; 6. 14x23, 28x12;  7.07x16, 25-21;


POSICIÓN DESPOIS DE 7. ... 25-21

Ata aquí todo moi coñecido, mais nesta altura 7. … 32-28 é a alternativa habitual.

8.13-17, 29-25;

Nun xogo José Luis Guerra vs. Vaz Vieira do 27º Campionato de Portugal, as negras seguiron con 8. … 22-19. Tamén se ten xogado 8. … 31-28.

9.01-05 …

Mellor  parece  mover primeiro 9.11-15 para manter o control da casa central de «19».

9. … 30-27;

Máis forte é 9. … 22-19 ocupando esta importante casiña.

10.11-14 …

As brancas impiden o movemento do peón «22» e ao mesmo tempo eliminan un posible corte con 18-13. Pero 10.11-15 directamente era tan boa.

10. … 18x11;  11.06x15,  21-18;

As negras insisten en preparar o corte, pero en damas clásicas era mellor 11. … 27-23.

12.05-10 …

Na nosa modalidade dispoñían da «xudía» con 12.09-13, 18x09; 13.17-21, 26x17; 14.02-06, 09x02; 15.06-10, 02x20; 16.16x30 con gran superioridade,  aínda que quizás as negras poidan salvarse.

12. … 18-13; 13.09x18, 22x06;  14.02x11, 32-28;  15.11-14 …

Interesante era 15.15-19.

15. …  28-23;  16.03-06 …

Con idea de replicar a 16. … 27-22; con 17.06-10  alcanzando unha moi forte posición.


POSICIÓN DESPOIS DE 16.03-06 

16. … 23-20!!; 

Pero Moiseyev  pon fin á loita cun artístico empate.

17.16x30  [EMP.]

En ambas as dúas modalidades seguiría 17. … 31-28: 18.30x21, 25x02 con xogo nulo.