sábado, 25 de decembro de 2010

Un xogo do «Torneo de Alabama»

En case todos os estados de Norteamérica celébranse torneos abertos anuais. Como é lóxico, calquera dos inscritos pode gañar o primeiro premio, porén resérvase o título de campión do propio estado para o xogador local mellor clasificado.
 
Hoxe imos ver un curioso xogo do «Torneo do Estado de Alabama» disputado os días 12 e 13 de novembro no «Restaurante Galley» de Halleyville. Larry Keen foi o brillante vencedor e Larry Pollard conseguiu coroarse como campión do estado.
 

Wayne Gober vs. Larry Keen
Torneo Open de Alabama, 2010
 
1.11-15, 21-18;
 
A resposta axeitada é 1. … 23-20; atacando o debilitado flanco. Pero a do texto movendo cara ao centro é unha forte alternativa, se temos en conta que as brancas debilitarían moito a súa estrutura no caso de efectuaren o cambio 2.10-14, que sería a xogada apropiada contra 1. … 23-19.
 
2.06-11 …
 
A teoría considera que é mellor 2. 07-11, coa mesma idea de apoiar o control da casiña central «14» pero sen deixar o burato provocado polo movemento da «peza punta» (denominación coa que o teórico Fran Tescheleit bautizou ao peón do cadro «6»).
 
Neste caso se 2. ... 26-21; pódese seguir con 3.12-16, ou xogar 3.10-14, para traspoñer á liña 3.07-12 da «Partida Anderson».
 
Máis adecuado sería 2. ... 23-20 (atacando o lado debilitado); 3.12-16, 25-21; 4.16x23, 28x12; 5.08x15, 32-28; 6.10-14, 27-23! etc.
 
Pero tamén se podería intentar 2. ... 23-19; 3.10-14, 19x10; 4.05x21, 25x18; 5.01-05, 28-23; 6.05-10, 23-19; 7.12-16, 19x12; 8.08x15 ... (unha posición indicada no «Tratado de Kear» á que se pode chegar desde a «Edimburgo»: 1.12-16, 21-18; 2.07-12) 8. ... 22-19; desvío seguido no xogo Joaquín Silva «Pardal» vs. Herminio Medalha da Silva do 18º Campionato de Portugal disputado en Porto no 1998 e que rematou en empate tras 9.15x22, 26x19; 10.10-14, 19x10; 11.06x22, 27x18; 12.03-07, 31-27; 13.02-05, 27-22; 14.05-10, 32-28; 15.11-15, 28-23; 16.10-14, 18x11; 17.07x14, 22-28; 18.14x21, 29-25; [EMP].
 
2. ... 23-19;
 
Se agora as negras fan 2. ... 23-20; pode seguir 3.12-16, 26-21; 4.16x23, 28x12; 5.08x15, 32-28; 6.10-14, 28-23; 7.05-10, 21-17; 8.14x21, 25x18; 9.02-05, como nun enfrontamento Joaquim Bravo vs. Manuel Custodio de 18º Campionato de Portugal (Porto 1998).
 
Outra posibilidade é 2. ... 25-21; con idea de se 3.10-14 eliminar o peón central con 23-19; 4.14x23, 28x19.
 
3.10-13 ...
 
Popular alternativa ao cambio con 3.10-14, 19x10; 4.05x21, 25x18; 5.01-05, 28-23; 6.05-10, 23-19; 7.12-16, 19x12; 8.08x15, 32-28; que debido á ausencia do peón «6» proporciona unha lixeira vantaxe negra.
 
3. ... 27-23;
 
Para entrar nunha coñecida liña da «Partida Crítica». Interesante é a continuación 3. ... 19-14; (favorita de Marion Tinsley) 4.02-06, 25-21; 5.13-17, 29-25; 6.06-10, 27-23; 7.10x19, 23x14; 8.03-06, 31-27; como no xogo nº 37 do match Willie Ryan vs Walter Hellman [disputado nas cidades de Oklahoma e Joliet, 1949].
 
4.05-10, 23-20;


As negras pretenden construír un esquema similar ao da "Partida Confusa" pero coas cores trocadas. Nótese que agora non valía xogar primeiro 4. ... 31-27; porque se pode aplicar o golpe 5.10-14 e 6.15-19, [GB].
 
5.11-14 ...
 
O máis xogado é 5.13-17. O lance 5.01-05, semella limitar as opcións.
 
Outra posible ruta sería 5.12-16, 19x12; 6.16x23, 28x19; 7.08x15, 19x12; 8.07x16, 32-28; 9.13-17, 28-23; 10.02-06, 31-27; 11.04-08, 23-20; 12.16x23, 27x20; etc; non obstante as negras quedan nunha posición moi favorable.
 
5. ... 18x11; 6.07x23, 28x19;
 
Se 6. ... 20x11; 7.03-07 e nada cambia con respecto á partida.
 
7. 03-07, 20x11; 8.07x23, 25-21;
 
Se 8. ... 31-28; (directamente) as brancas adquiren vantaxe con 9.23-27, 30x23; 10.10-14!
 
9.02-06 ...
 
Centralización que obriga practicamente xa a recuperar o peón.
 
9. ... 31-28; 10.23-27, 30x23; 11.13-17, 23-19;
 
O lance 11. ... 24-20 quizais sexa a máis forte réplica. Pode seguir 12.10-14! ... (Se 12.06-11, 20-16; 13.11-14, 16x07; 14.04x11, 23-20; as negras están nunha magnífica situación) 12. ... 22-18; 13.06-11, *20-16; 14.12-15, 16-12!; 15.15-20, 23x16; 16.08x15, 16-12; 17.15-20, 12-07; 18.20-14, 28-23; 19.01-05, 07-03; 20.05-10, 03x13; 21.11-15, 18x11; 22.09x25, 23-19; 23.15x22, 26x19; 24.17-21, 11-06; 25.21-26, [EMP]
 
12.04-07...
 
Sólida e completamente segura é a continuación 12.12-15, 19x12; 13.08x15, 28-23; 14.06-11, 32-28; 15.01-05, 23-20; 16.10-14, 28-23; 17.05-10, 22-19; 18.15x22, 26x19; 19.17x26, 29x22; 20.09-13, 19-15; 21.14-18, con posición equilibrada.
 
A xogada elixida polo veterano Gober, aínda que boa en «checkers», convértese nunha arma de dobre fío no xogo de damas clásicas. É verdade que crea algunha trampa como a que se produce na partida, ou mesmo se 12. ... 28-23; pódese aplicar a «xudía» con 12-15 e 06-11, pero non merece a pena arriscarse porque tras 12. ... 21-18! as negras quedan con vantaxe decisiva. Pódese tratar de defender con
13.01-05, pero tras 13. ... 24-20; 14.07-11 ... (Ou 14.12-16, 28-23; 15.06-11, 32-28; 16.17-21, 26x17; 17.07-12, 28-24; 18.12-15, 19x12; 19.08x15, 23-19; 20.16x23, 19x12; 21.23-28, 12-08; 22.11-15, 08-04; 23.28-32, 04-08; 24.15-19, 22x15; 25.32-23, 15-12; 26.23-16, 29-25; 27.16x07x21, 25x18; GN.) 14. ... 20-16; 15.12-15, 19x12; 16.08x15, 22-19; 17.15x22, 26x19; 18.10-13, 19-14; 19.13x22, 14x07; 20.22-27, 07-04; 21.27-31, 16-12; 22.31x24, 12-08; 23.09-13, 04-25; 24.06-10, 08-04; 25.24-02, 25-07; 26.02-15, 07-16; 27.15-08, 16-27; 28.05-09, 27-22; 29.08x26, 29x22; [GN].
 
12. ... 24-20;


Despois de moito pensar, as negras cometen unha terrible equivocación. A posición desexada polo seu rival podémola ver no diagrama seguinte.
 
13.*10-14 ...
 
Nun principio, as brancas semellan estar nun aperto, pero con este bonito recurso conseguen reverter esa errónea impresión.
 
13. ... 19x03; 14.12-16, 03x12; 15.08x31, [GB].
 
Ás negras, que ían un xogo arriba, non lles quedou máis remedio que renderse. O enfrontamento terminou con empate (1-1). A pesar da presenza de Álex Moiseyev ─campión mundial na modalidade de «checkers»─, na rolda final ambos os dous contendentes volvéronse ver as caras na «mesa 1» e nesta ocasión Larry non desaproveitou a ocasión para gañar o duelo e proclamarse campión do Torneo.

sábado, 18 de decembro de 2010

Torneos en Portugal [2010]



Joaquim Silva "Pardal"
[Blog de Jofedolgo]

Estamos a punto de entrar nas Festas do Nadal e non nos gustaría despedir o ano sen facérmonos eco da inmensa actividade damista desenvolvida polos nosos veciños de Portugal. Baixo os auspicios da súa Federación disputáronse eventos de categoría contrastada como o "Torneo Pre-Nacional", os Campionatos Nacionais (tanto de rápidas como de lentas) e o "IV Torneo Internacional" que este ano se celebrou en Lisboa.

Tamén se organizan numerosos torneos de rápidas a 5 roldas que se xogan case todos os sábados. Entre estes, grazas á xenerosidade dos seus premios, destaca especialmente o "Torneo de Sao Joao da Madeira" que este ano tivo un controvertido desenlace pois tanto o campión como o segundo clasificado fixeron o 100% dos puntos. Mais a pesar de detalles coma este, que poden ser revisados de cara a futuras probas, todos eles contan cunha concurrida participación. A continuación enumeramos os máis significativos e os seus respectivos vencedores.

Vaz Vieira saíu vitorioso no Torneo da Gouveia, no 4º Torneo Internacional (Lisboa), en San Joao da Madeira e na Baixa da Bañeira. Ademais conseguiu o seu 14ª título de campión de Portugal ao impoñerse no "30º Campionato Nacional Individual" celebrado en Lisboa.

Tiago Manuel gañou o Torneo dos Plebeus Avitenses e en Meruge. Tamén é o novo campión portugués na modalidade de rápidas ao adxudicarse o "9º Campionato Nacional" disputado en Figueiró dos Viños.

Víctor Oliveira gañou no Piñel, Lousado, A Covilha, Fajoes, Lobao, Oliveira de Azemeis e nos eventos do "Vai Avante" (S. Pedro da Cova) e das "Festas Bocageanas" (Setúbal). Tamén foi brillante vencedor do Pre-Nacional (o torneo clasificatorio para a final do "Campionato de Portugal" no que obtivo o segundo lugar).

Justino Miguel gañou en Romariz.

Nuno Vieira venceu no distrital de Lisboa, en Montijo e no Torneo da Estrela.

Joaquim Silva foi primeiro no "Torneo da Casa do F.C. Porto" de S. Joao da Madeira.

Idalino Lópes adxudicouse o distrital de Setúbal e Mario Silva o de Porto.

Fernando Pinto gañou no Torneo do Grupo Dramático "Ramiro José" (Lisboa) e en Montemor o Novo. Luis Sá en Paranhos da Beira e Medalha da Silva no Torneo da "Unión Setubalense".

Neste blog temos por costume incluír en todas as entradas unha parte técnica. Por desgraza a Federación Portuguesa non publica as anotacións dos xogos e os propios protagonistas a quen pedimos colaboración só nos prestaron unha moi pequena axuda.


Veríssimo Dias vs. Joaquim Silva “Pardal”
V Torneo de Baixa da Banheira, 2010


1.10-13, 21-18;

Apertura «Crítica Transversal» con lixeira vantaxe negra. As brancas moven un peón do flanco máis sólido, pero a saída é inferior ao 1.10-14 porque abandona o centro.

A resposta negra, tan popular como 1. ... 23-19, impide o ataque á «casa dique» con 2.13-18.

2.05-10, 23-19;

Ambos os dous bandos seguindo coa recomendable estratexia de desenvolver os peóns do Río.

3.11-15 ...

As brancas dispoñen de múltilpes opcións. Mais esta xogada ten por obxecto evitar que as negras se apoderen da casa dique (o cadro de "15").

3. ... 27-23;

Tratando de construír unha formación similar á da «Partida Confusa» pero coas cores trocadas.

4.01-05 ...

Hai veces nas que as brancas prefiren retrasar a saída deste peón. Moi vulgar é a continuación con 4.13-17, 23-20; 5.06-11, 31-27; 6.10-13, 27-23; [ou 6. ... 25-21; 7.12-16, 19x12; 8.16x23, 27x20; 9.07x23, 28x19; 10.11-15, 19x12; 11.08x15, 32-28; como en Joaquim Bravo vs. Medalha da Silva do 4º Cto. de Portugal; Río Tinto, 1984. Unha posición que tamén pode ser alcanzada desde a "Partida Paralela"] 7.12-16, 19x12; 8.08x15, 23-19; 9.16x23, 19x12; 10.07x16, 28x19; 11.01-05, 32-28; e agora 12.03-07, pero non valería 12.05-10 que perde tras 19-15 como no seu tempo se demostrou nun didáctico xogo Medalha da Silva vs. Veríssimo Dias da «I Copa da Enciclopedia Damista» celebrada en Almada no ano 1977.

4. ... 25-21;

Outra moi coñecida réplica é 4. ... 23-20; ao que se adoita continuar con 5.06-11, 31-27; e agora 6.13-17 [con idea de entroncar na liña que mencionamos no comentario anterior] ou 6.12-16 [recomendada por Joaquim Bravo na Enciclopedia Damista] 6. ... 19x12; 7.16x23, 28x19; [7. ... 27x20; 8.07x23, 28x19; 9.11-15, 19x12; 10.08x15, 32-28; 11.02-06, 28-23; 12.06-11, 23-19; con vantaxe negra] 8.08x15, 19x12; 9.07x16, 25-21; 10.13-17, 29-25; 11.10-14 [popular liña incluída na Enciclopedia de Kear] 11. ... 32-28; 12.03-06, 28-23; 13.05-10, 22-19; 14.10-13, 19x03; [xogado recentemente no "Open de Irlanda" entre Ron King vs. John McElhone; Dublín, 2010] 15.13x29! con posición equivalente.

5.13-17  ...

Agora a mellor.

5. ... 23-20; 6.06-11, 20-16;

6. ... 31-27; era unha posible alternativa, pero a do texto resulta sumamente atractiva.

7.02-06 ...

Movemento importante con idea de apoiar o corte 15-20 que impide o bloqueo que se produciría con 28-23.

Se 7.10-13, segue o consabido 28-23; e xa non se pode impedir a derrota pois con 23-20 as brancas quedan inmobilizadas.


POSICIÓN DESPOIS DE 7.02-06

7. ... 24-20!!;

Os grandes xogadores adoitan efectuar os seus propios estudos caseiros na procura de atopar xogadas inesperadas coas que sorprender ao rival. Este tipo de xogadas, coñecidas na literatura angloamericana como «cooks», moitas veces permanecen gardadas en secreto durante anos ata que os seus autores dispoñen da ocasión idónea para aplicalas.

O extraordinario lance do texto non ven en ningún libro nin tratado. É unha «cook», unha novidade teórica descuberta por Joaquim Silva e aplicada por primeira vez neste xa célebre xogo.

A continuación teórica publicada na «Enciclopedia Damista» é 7. ... 30-27. Neste caso o mellor sería seguir coa xudía 8.11-14, 18x02; 9.15-20, 24x15; 10.03-06, 02x11; 11.07x30, 16x07; 12.04x20, 31-27; 13.30x23, 28x19; 14.20-23, 32-28; 15.23x32, 22-18; con empate mostrado polo mítico campión lisboeta Luis Antonio David. Pero non é aconsellable o seguimento de Syder con 8.10-13, 28-23; 9.15-20, 24x15; 10.11x20, 19-14; 11.06-11, porque agora as negras poden facer 14-10! [Na "Enciclopedia Damista" continúa coa feble xogada 11. ... 32-28] e despois de 12.05x14, 22-19; 13.13x22, 19x10; 14.11-15, 27x18 teñen unha vantaxe abrumadora.

Coñecida tamén é 7. … 28-23; que pode proseguir con 8.15-20, 24x15; 9.11x27, 30x23; 10.06-11, 32-28; 11.12-15, 19x12; 12.08x15, 23-19; 13.04-08, 19x12; 14.08x15, 28-23; 15.15-20, 22-19; 16.20x27, 31x22; 17.03-06, 29-25; 18.10-13, 19-14; 19.06-10, 16-12; 20.10x19, 22x06; 21.13x29, 12x03; 22.17x26 [EMP.] como nun xogo Delfim Alves vs. Dr. Vasco Esperança disputado no 24º Campionato de Portugal; Foz do Arelho, 2004.

8.15x24, 28-23;

A posición é tremendamente interesante. Despois do sacrificio do peón as negras toman a iniciativa.

Este era o último xogo do enfrontamento entre estes dous magníficos contendentes. O «Pardal» gañaba por 1-0 e dispoñía aproximadamente duns 4 ou 5 minutos, mentres que o excampión portugués só contaba cuns 2 minutos e tiña a desvantaxe de camiñar nunha senda inexplorada para el.

9.11-15 …

Outras posibles continuacións serían:

a) 9.10-13, 23-20; 10.05-10 ... [10.12-15 está vedado, pois tras 10. ... 19x12; 11.08x15, 18-14; G.N.] 10. ... 32-28! [Nótese que se 10. ... 29-25; segue 11.24-28, 31x24 (11. ... 32x23; 12.12-15, 19x12; 13.08x24, 23-19; 14.11-15, 19x12; 15.06-11, 30-27; 16.10-14, 12-08; 17.07-12, 16x07; 18.03x12, 27-23; 19.12-16, 22-19; 20.13x29, 19x10; 21.17x26, 10-05; 22.26-30 e gañan as brancas) 12.12-15, 19x12; 13.08x15, 18-14; 14.11x27, 20x02; 15.10-14, 30x23; 16.03-06, 02x18; 17.13x29 G.B.] 11.12-15, 19x12; 12.08x15, 18-14; 13.11x27, 20x02; 14.13-18, 31x06; 15.24x31, 02-05; 16.03x10, 05x19 as negras están mellor, pero xogando con coidado o resultado debe ser de empate.

b) 9.12-15, 19x12; 10.08x15, 23-20!; [con idea de 18-14] 11.*15-19! ... [Única, se 10.10-13, 18-14 ou se 10.10-14, 16-12!!; 11.07x23, 22-19 G.N.] 11. ... 22x15; 12.*10-13, 30-27; 13.13x22, *27x18; 14.05-10, *16-12!!; 15.07x23, 29-25; 16.11x20, 18-13; 17.09x18, 21x05; 18.06-10 EMP.

9. … 23-20; 10.06-11 …

Non vale 10.07-11 por 16x07; 11.03x12, 18-14 G.N.

10. … 29-25!; 11.11-14, 18x11;

Se 11 . … 20x11; 12.14x23, 22-19; 13.07x14, 18x11; 14.09-13, 16x07; 15.03x12, 11-06; 16.23-28, 32x23; 17.13x18, 21x14; 18.12-15, 19x12; 19.10x28, 12-07; 20.04x11, 06-02; 21.28-32, 02x20; EMP.

12.07x23, 20x11; 13.12-15, 11-06; 14.15-20 [??] ...

14.08-12, 16x07; 15.04x11,06-02; 16.10-13, 31-27; 17.03-06, 27x20; 18.15-19, 22x15; 19.11-14 EMP.

14. ... 06-02; 15.03-07, 22-18 [??];

Os nervios traizoan ao Pardal. 15. ... 21-18 era a apropiada.

16.10-13, 18-14; 17.23-28 [??] ...

Veríssimo tamén se confunde. O mellor era 17. 24-28, 31x15; 18.23-27, 30x23; 19.07-12, 16x07; 20.04x27 EMP.

17. ... 32x23; 18.20x27, 30x23; 19.13-18, 02x20; 20.09-13, 14-10; 21.05x14, 23-19; 22.14x23, 20x30 [??];

Con 22. ... 20x27 aínda G.N.

23.18-22, 26x19; 24.17x26, 30x12; 25.08x22, 25-21; 26.22-26, 21-18; 27.26-29, 18-14 [??];

O erro definitivo. Con 27. ... 18-13 EMP.

28.29-12 G.B.

Despois dun frenético «toma e daca» rematou o xogo. Veríssimo colleitou unha inesperada vitoria cando curiosamente só lle quedaba 1 segundo para consumir o seu tempo.



"TRES E DAMA"
desexa a todos os seus lectores
UNHAS FELICES FESTAS

sábado, 11 de decembro de 2010

James Smith - C. F. Barker, "Gran Match Internacional" de 1888.

XOGAN BRANCAS E GAÑAN

James Smith vs. Charles F. Barker
«Gran Match Internacional» disputado en Spennymoor, 1888

1.10-14, 22-18;

Este xogo pertence a un famoso match disputado entre os campións de Inglaterra e dos Estados Unidos. Ambos os dous participantes escolleron a apertura «Diagonal Vertente» que ofrece igualdade de posibilidades.

2.12-15, 23-20;
As brancas buscan dominar o centro xogando desde os dous flancos e as negras pretenden o bloqueo efectuando dous movementos de "pinzas".
3.08-12 …

A «Fife» de Wyllie, unha boa alternativa ás tamén usuais 3.05-10 (continuación camaleónica que non define aínda o tipo de partida que se vai escoller), 3.07-12 (a famosa «Partida Clásica», xa estudada neste blog) ou 3.06-10 ("Partida Confusa"). Máis neste último caso as brancas deben coñecer ben a orde de xogadas para non caer en golpes como o que xorde tras 3. ... 27-22; 4.02-06 [?], 28-23!; 5.10-13, 23-19; 6.14x23, 18-14; 7.11x27, 20x02; [G.N.]

3. ... 27-22;

O habitual é 3. ... 20-16; ao que se adoita seguir con 4.06-10, 28-23; 5.10-13, 27-22; 6.02-06, 32-28; formando a famosa «Encrucillada da Partida Confusa».
Despois de 3. ... 20-16; tamén se podería elixir 4.15-19, 17-13; 5.09x18, 27-22; 6.18x27, 31x08; continuación coñecida como o «Gambito de Wyllie».

4.12-16 ...

Hoxe prefírese 4.06-10, 20-16; 5.10-13, entrando nos vieros da "Confusa".

4. ... 31-27;

A defensa favorita de Charles Francis Barker, un fortísimo xogador de Boston que chegou a empatar dous matches polo Campionato do Mundo nada menos que contra James Wyllie (no 1882) e contra Richard Jordan (no ano 1900). Foi o gañador do "1º Torneo Americano" en 1907, aínda que con anterioridade xa se tiña proclamado campión do seu país -na modalidade de matches- ao derrotar a Gus Heffner en Providence no ano 1886. Antes de disputar este enfrontamento amigable con Smith, revalidou o título en 1887 tras derrotar a James P. Reed en Pittsburgh.
Nesta posición as negras tamén dispoñen da opción 4. ... 21-17; 5.14x21, 25x18; 6.16x23, 28x08; 7.07x16, 32-28; 8.05-10, 28-23; 9.10-14, 29-25; 10.14x21, 25x18; 11.01-05, 23-19; 12.05-10, 19-14; 13.10x19, 22x15; 1411x20, 24x15; 15.16-20, 30-27; 16.06-10, 26-22; cunha moi confortable posición, tal como ocorreu nun xogo entre Willie Ryan e Walter Hellman do Torneo de Tacoma de 1939.
Por contra non é recomendable 4. ... 28-23; xa que despois de 5.14-19, 23x14; 6.16x23 as brancas teñen un gran xogo.

Charles Francis Barker
[Foto de Draughts Marvel]

5.16x23, 28x12; 6.07x16, 32-28;

Agora ambos os dous bandos seguen co habitual desenvolvemento dos peóns do río.

7.05-10, 28-23; 8.01-05, 23-20;

Unha boa proposta é 8. ... 21-17; 9.14x21, 25x18; 10.10-14, 29-25; 11.14x21, 25x18; 12.05-10, 23-19; 13.04-08, 19-14 con xogo igualado.

9.16x23, 27x23; 10.03-07 ...

James Smith
[Foto de CheckerWorld.com]

Unha xogada que se efectuou por primeira vez neste xogo. Con esta novidade, James Smith, un fontaneiro londiniense que saltou á fama despois de gañar o 1º Campionato de Inglaterra celebrado en Manchester no ano 1885, vai sorprender ao gran teórico americano.

10. ... 20-16; [VER DIAGRAMA]

Aparentemente boa, pero esta era a xogada que esperaba o inglés. Correcto sería 10. ... 30-27; 11.10-13, 20-15; 12.11x20, 24x15; 13.07-11, 22-19!; 14.13x31, 19x03; 15.11x20, 26-22; EMP.

11. 07-12 ...

Aplicando a sempre vistosa «Manobra de Timoneda», unha célebre combinación cuxo tema xa é coñecido dos lectores de «Tres e Dama».

11. ... 16x07; 12.14-19, 22x15; 13.11x20, 24x15; 14.04x20 ...

Barker intentou resistir, pero as brancas gañaron o final conseguindo así a súa única vitoria do match. [1-0]

Tras este xogo o americano vencía por 2-1, unha vantaxe que ampliou en xogos sucesivos e acabou impoñéndose por 5-1 con 23 empates. Como premio recibiu 200 £ e unha gran copa de prata.

sábado, 4 de decembro de 2010

Ilustres damistas de Ventosa de la Cuesta [Valladolid].

Aceptando a miña invitación, esta semana contamos coa inestimable colaboración dun dos asiduos lectores desde blog. Trátase de Juan Carlos Hernangómez Sanz, un damista de Ventosa de la Cuesta (Valladolid) a quen cedemos a palabra:

Eu son dun pequeno pobo de Valladolid, Ventosa de la Cuesta, xusto ao lado de Medina del Campo onde antes había moitos e bos xogadores. Ata o que eu sei, a mediados do pasado século, houbo unha persoa alí o Sr. Felipe Miguel a quen lle encantaba xogar ás damas e cando podía íase ao campo co seu taboleiro e alí poñíase a xogar cos que estaban traballando á sombra de calquera árbore. Ensinou a moitos dos veciños entre eles ao meu pai e a varios dos meus tíos. Case todo o pobo sabía xogar decentemente ás damas.
Contáronme que algunha vez cando escoitaba que había algún bo xogador en Valladolid capital, trasladábase a xogar contra el e normalmente gañaba a primeira partida e coas mesmas volvíase ao pobo sen darlles desquite.

Felipe Miguel a quen puido ensinarlle todo o que sabía e con quen máis xogou foi con Teodoro Buenaposada, coñecido en toda a Comarca por «o da banca». Teodoro naceu con problemas nas súas extremidades. As superiores tenas inútiles totalmente, non pode facer nada con elas e as inferiores non lle permiten poñerse de pé e sempre sentado sobre unha banca de madeira trasládase aos sitios movéndoa a golpe de cadeira. Así que como Buenaposada non podía traballar converteuse no discípulo perfecto de Felipe Miguel.

Cando o mestre morreu, Teodoro pasou a ser o seu sucesor e tamén ensinou a moita xente do pobo. O seu discípulo avantaxado foi entón un mozo novo chamado Victor Cantalapiedra. Pasábanse horas e horas diante dun taboleiro xogando partidas e mais partidas. Buenaposada debe ser a persoa que máis veces gañou a Cantalapiedra e moitas das súas batallas sobre o taboleiro terminaron de forma épica.

Posteriormente Cantalapiedra conseguiu superar ao seu mestre cando empezou a adquirir libros clásicos e a progresar enormemente coa súa lectura. Mais non só ás damas tiveron enfrontamentos, tamén foron rivais en moitos xogos de naipes. Sobre todo no tresillo, un dos xogos máis complexos que coñezo e é unha pena que se perdera.

Teodoro Buenaposada
[Foto publicada no xornal "El Caso" no ano 1983]

Buenaposada cando xogaba no pobo poñía o taboleiro no chan e movía as pezas cos pés. Algunha vez levárono a Valladolid a xogar con outros coñecidos xogadores e entón tiña que ter un axudante que lle movese as pezas. Aínda así adoitaba gañar case todas as partidas. Igualmente moitos aparecían polo pobo a xogar con el e tamén lles gañaba.

A súa imposibilidade física impediulle ser máis coñecido pero moi poucos xogadores coñezo coa súa clase. Está claro que non puido chegar ao nivel do Dr. Lafora, José Durán ou Victor Cantalapiedra, posiblemente os tres mellores xogadores de España do século XX.

Agora con 89 anos e recluído nun asilo, os seus sobriños tráeno ao pobo os domingos e todas as tardes bota a súa partida ás cartas, aínda que normalmente a unha modalidade derivada do tute. Fará cousa dun mes coincidín con el e reteino a unhas partidas de damas. Gañeille as dúas primeiras, facía moitos anos que non xogaba, pero axiña se foi entoando e gañoume as seguintes.

Eu non adoito anotar as partidas pero podo lembrar unha que xoguei o pasado mes de outubro contra Victor Cantalapiedra que aos seus 81 anos aínda mantén un alto nivel competitivo. Creo que este verán volveu a Torrevieja e rememorou as súas batallas con Antonio Pérez Padilla.

Esta partida xogueina en Valladolid o 12 de Outubro de 2010 aproveitando que era festa.

***

Seguidamente paso a comentar a partida que nos enviou o amigo Juan Carlos:


Víctor Cantalapiedra vs. Juan Carlos Hernangómez
Valladolid, 12-10-2010
«Partida Española»

1.10-14, 22-18;

Queda así definida a clásica apertura «Diagonal Vertente» de prognóstico igualado. As brancas abren o xogo da mellor forma posible movendo desde o flanco máis sólido cara o centro. En contraste, as negras escollen unha réplica de flanco que a experiencia probou ser unha boa alternativa á tradicional «Partida do Río» que se forma tras 1. ... 23-19.

2.05-10 ...

Esta xogada adoitase alternar con 2.12-15, ambas as dúas apuntando ás casiñas do centro do taboleiro. Mais neste caso tras 2.12-15 as negras poden optar por 2. ... 26-22 entrando na célebre «Partida Anderson» que tras 3.05-10, 23-19; da lugar a xogos moi igualados.

2. ... 23-20;

Outra xogada lateral desprezando a loita directa pola preponderancia central, pero coa intención de prepararse para un posible bloqueo.

3.01-05 ...

Sempre é recomendable o desenvolvemento dos peóns da gran diagonal, pero nesta posición é máis flexible xogar primeiro 3.12-15 que abre un maior abanico de posibilidades:

• Se 3. ... 27-22; 4.07-12 forma a «Partida Clásica», pero tamén se pode escoller 4.08-12, 20-16; 5.02-05, 28-23; 6.10-13 entrando na «Partida Confusa».

• Se 3. ... 28-23; 4.10-13, 21-17; forma a «Partida Escocesa» lixeiramente favorable para as brancas. En cambio, menos consistente é agora 4.01-05, que tras 20-16; 5.15-19, establece a «Partida de Cecina» ou 4. ... 27-22; 5.14-19, que deriva á «Partida Central».

2. ... 20-16;

Como xa indicamos, as negras ceden intencionadamente o centro para despois intentar inmobilizalo. Se 3. ... 27-22; as brancas poden escoller 4.12-15 para traspoñer con 4. ... 20-16; 5.14-19, ou tamén poden optar por entrar na «Napolitana» que se forma tras 4.14-19, 22x15; 5.12x19, 20-15; 6.11x20, 24x15.

4.12-15, 27-22; 5.14-19 ...

Continuando coa súa idea de dominar o centro. Por contra se 5.08-12 as negras conseguen abrumadora vantaxe tras 5. ... 28-23; pois agora 6.04-08 atoparíase coa forte réplica 23-20.

5. ... 21-17;

E o rival, cos seus movementos laterais, pensando en cercalo.

6.10-14, 25-21;

Importante movemento que forma o que, na nomenclatura do Dr. OAL, se coñece como «Partida Española». Impide o cambio que permitiría ás brancas gañar espazo e conseguir así unha forte posición debido a que as súas pezas centrais xa adquirirían moita máis mobilidade.

7.05-10, 30-27;

A "ENCRUCILLADA DA ESPAÑOLA"

POSICIÓN DESPOIS DE 7. ... 30-27;

Para colaborar no cerco. Esta posición foi etiquetada como «Encrucillada da Española» por ser aquí o momento no que se alcanza o punto álxido da apertura e no que as brancas deben decidir entre varias posibles rutas.

8.08-12 ...

No libro de Lorenzo Valls (1597) as brancas buscaban liberar a posición gañando espazo no flanco esquerdo con 8.07-12, 16x07; 9.03x12, 29-25; e tras 10.12-16 acababan conseguindo a vitoria. Posteriormente en 1650, o granadino Juan García Canalejas deuse conta que a estratexia que debían seguir as negras tiña que estar enfocada a desbaratar este plan. Coa forte réplica 9. ... 27-23; trasladando efectivos ao lugar de operacións conseguiu refutar a idea do tratadista valenciano, pois agora son as brancas as que están perdidas. Como ben saben os lectores deste blog, se escollen 10.12-16 as negras aplican o célebre e extraordinario «Gran Tiro de García Canalejas» que tras 17-13, 23-20 e 24-20, leva o peón de «28» a dama.

Para tratar de enderezar o rumbo, o mesmo García Canalejas amosou dous camiños polos que as brancas poden proseguir desde a encrucillada. Son estes: 8.10-13 (ao que tras a permuta adoitase contestar con 27-23!) ou o «gambito» 8.19-23, 28x12; 9.08x15 (que ten como mellor réplica 32-28!).

Posteriormente Joseph Carlos Garcez en 1684 presentou o seu controvertido 8.15-20, outro formidable «gambito» que fixo gastar litros de tinta en análises e máis análises e ao que Víctor Cantalapiedra cualificou como «primorosa defensa». Porén no xogo que estamos a comentar hoxe, o mestre valisoletano decidiuse por 8.08-12, unha máis moderna «Liña de Cecina» (1718) na que tamén se oferta un peón en aras de pescar en río revolto.

8. ... 27-23;

As negras rexeitan o regalo branco e continúan co consabido plan de asediar o centro rival. Esta réplica é superior a 8. ... 24-20; (aceptando o peón ofrecido) 9.15x24, 22x08; pois as brancas quedan moi ben despois de 10.14-19. Agora débese seguir con 10. ... 27-22!; [Cecina xa explicou que non valían 10. ... 28-23; por 11.19x28, 32x23; 12. 24-28, 31x24; 13.10-13 G.B., nin tampouco 10. ... 27-23; xa que con 11.19-22, 26x19; 12.10-13, 17x10; 13.06x22, 21-17; 14.09-13, 17x10; 15.22-27 G.B.] 11.19-23, 28x19; 12.11-14, 18x11; 13.07x23, 22-19; [Ata aquí como no libro de Pablo Cecina] 14.24-28, 31x24; 15.23-27, 19-15; 16.06-11, 15x05; 17.02x11, 32-28; 18.27-31, 28-23; [Sena Carneiro] 19.11-14 con lixeira vantaxe branca.

9.09-13! ...

Elegante sacrificio considerado como a mellor forma de rematar co asedio negro.

9. ... 18x09; 10.04-08, 23-20;

Un lance xogable pero que durante anos se considerou como perdedor e así consta no «Tratado da Enciclopedia Damista».

Portada do libro de Padrino
[clic enriba para aumentar]

A continuación máis famosa e por tanto tamén a máis xogada é 10. ... 17-13!; 11.10x17, 23-20!; 12.14-18 (aquel xogador que non coñeza a teoría agora movería 12.06-10 para terminar perdendo despois de 12. ... 28-23; 13.19x28, 32x23; 14.03-06, 09-05; 15.02x09, 22-18; G.N.) 21x14; 13.11x27, 20-04; 14.17-21, 31x15; 15.21x30, 16x07; 16.03x19, 04x25; 17.08-12, 29-26; 18.30x17, 25-29; 19.12-15, 28-23; 20.19x28, 32x23; 21.17-10, EMPATE [J. Padrino].
Mais, por facer un inciso, o lector debe saber que detrás desta célebre combinación agóchase unha curiosa historia que saíu relatada na "Enciclopedía" portuguesa. O Dr. Sena Carneiro conta que a continuación en cuestión foi incluída por primeira vez no tratado de Joseph Padrino, un libro publicado en Sevilla sobre 1740 e que é realmente unha reedición da «Médula Eutropélica» de Pablo Cecina Rica á que se engadiron 27 novas liñas. Como a obra orixinal -considerada por moitos como a «Biblia das damas»- sempre foi moito máis divulgada, esta variante que acabamos de mencionar pasou desapercibida para a maioría dos afeccionados ao ser unha desas 27 adicións. En Portugal era coñecida como a «Defensa dos catro» -porque foi descuberta por catro afeccionados sen saberen nada uns dos outros nin de Padrino- ata que se aclarou a súa verdadeira autoría.

11.19-23, 28x19; 12.14x23, 22-19; 13.15x22, 26x19;

POSICIÓN DESPOIS DE 13. ... 26x19;

14.12-15 …

A idea orixinal do «Incógnito» Cecina era xogar 14.11-14 para seguir con 15.23-27 e gañar coas brancas, pero foi precisamente Víctor Cantalapiedra no ano 1968 quen descubriu outro fermoso golpe que fai reverter a valoración. Efectivamente, se as brancas optan polo 14.11-14 perden con 14. ... 21-18; 15.14x21, 32-28; 16.23x32, 29-25; 17.32x14, 25x04 [G.N.]

Nese ano de 1968, o propio mestre valisoletano corrixiu na «Enciclopedia Damista» o xogo branco e propuxo seguir con 14.23-27, 31x22; 15.11-14, unha continuación que durante algún tempo se pensou era gañadora para as brancas. Tras novas análises, hoxe podemos afirmar que as negras conseguen empatar con 15. ... 22-18; 16.14x23, 20-15; 17.12x19, 18-14; 18.10-13, 17x10; 19.06x13, 14-10; etc.

Neste xogo, Cantalapiedra proba cun novo intento.

14. … 19x12; 15.08x15, 29-26;

Juan Carlos, sorprendido, non acerta coa mellor defensa. Evidente é que non valía 15. ... 22-18; por 16.10-13 G.B., pero sería axeitado seguir con 15. ... 29-25 (unha xogada de espera) 16.15-19, 20-15; 17.11x20, 24x15; 18.23-27, 31x22; 19.19x26, 15-12; 20.26-30, 12-08; con posición máis ou menos igualada.

16.10-14 ...

Deixa escapar a vantaxe. As brancas gañaban con 16.11-14!, 20x04; 17.10-13, 04x18; 18.13x29, 17-13; 19.03-07, 21-17; 20.23-27, 31x22; 21.29x19, [G.B.]

16. ... 26-22;

A salvación chegaba pola vía 16. ... 31-28!; 17.23-27, 16-12; 18.07x23, 28x10; 19.06x13, 17x10; 20.27-30, 10-05; 21.11-14, 05-01; 22.14-18, EMP.

17.23-27, 32-28;

Por probar había que facelo con 17. ... 31-28, pero despois de 18.06-10, 16-12; 19.07x23, 28x12; 20.27-31, as brancas deben gañar igualmente.

18.27-30, 28-23; 19.15-19, 22x15; 20.14-19, 23x14; 21.11x25 ...

Agora a vitoria branca só é cuestión de técnica.

21. ... 15-12; 22.25-29, 12-08; 23.29-25, 20-15; 24.07-12, 16x07; 25.03x19, 08-04;

As negras, por fin, conseguen promocionar o peón; mais a posición é insostible.

26.19-22, 31-27; 27.22x31, 17-13; 28.31-18, 04x21; 29.30x10, 24-20; 30.25-29, 20-15; 31.29x08, 09-05; 32.02x09, [1-0]

sábado, 27 de novembro de 2010

Exhibicións de partidas simultáneas

Unha exhibición de partidas simultáneas é un espectáculo no que varios xogadores afeccionados, todos sentados ante unha serie de taboleiros ordenados formando un círculo ou un cadrado, se enfrontan contra un mestre que vai xogando ao mesmo tempo sendas partidas contra cadanseu opoñente.

O número de opoñentes pode ser calquera, pero xeralmente adoita estar entre vinte e corenta, aínda que nalgunha ocasión se teñen superado os dous centos. O exhibidor vai de taboleiro en taboleiro e cando chega diante de cada un, espera que o seu opoñente mova e despois el efectúa a súa xogada. O mestre pode facer unha pequena pausa para pensar, porén habitualmente adoita responder case de forma instantánea.

Ocasionalmente, os grandes mestres ofrecen exhibicións de simultáneas á cega. Neste caso van cos ollos vendados e reciben verbalmente a indicación das xogadas de cada opoñente e contestan do mesmo modo. O procedemento tamén se pode facer a través dun árbitro ou dun intermediario.

Willie Ryan nunha exhibición cos ollos vendados
[Foto de "Checkerworld.com"]

XOGO 1
N. W. Banks vs. J.W. Sullivan e W. F. Ryan vs. J.W. Sullivan
Exhibición de partidas simultáneas

POSICIÓN DESPOIS DE 8.12-16

1.10-14, 21-17 [A]; 2.05-10 [B], 25-21 [C]; 3.01-05, 22-18; 4.14-19 [D], 23x14; 5.10x19, 27-23; 6.06-10, 23x14; 7.10x19, 24-20 [E]; 8.12-16 [F], 17-13; 9.16x23, 13-10; 10.05x14, 26-22; 11.19x26, 28x10; [0-1]

A] Apertura «Diagonal Marxinal» de prognóstico favorable ás brancas.

B] Liña principal na Enciclopedia de Kear, pero quizais é moito máis habitual 2.14-18 traspoñendo á «Partida Bristol» na que se adoita seguir con : 2. ... 22x13; 3.09x18, 23-19; 4.12-15, 19x12; 5.08x15, 28-23; etc.

C] A réplica máis axeitada, coñecida na modalidade angloamericana como a «Ayrshire Lassie». Foi a favorita de James Wyllie e máis recentemente tamén empregada con éxito polo campión norteamericano Don Lafferty.

D] Todo moi coñecido. Outra posibilidade sería 4.12-15, 23-20!; 5.08-12, 27-22!; 6.14-19! Pero non 6.12-16 que perde tras 6. ... 17-13!; 7.16x23, 28x12; 8.10x17, 31-28; 9.07x16, 24-20; [G.N.] tal como nun xogo Miguel Ferramacho vs. Orlando Lopes do 8º Campionato de Lisboa (1955), recollido na «Enciclopedia Damista».

E] Unha liña coa que James Sullivan, un espelido afeccionado de St. Louis, sorprendeu en diferentes ocasións a dous dos mellores xogadores de todos os tempos e grandes especialistas nas exhibicións de partidas simultáneas.

A continuación máis popular aquí é 7. ... 31-27; 8.05-10, que pode ser ben contestada con 8. ... 28-23!; mais non se debe escoller 8. ... 27-23; porque nese caso as brancas seguen con 9.10-13!, 17x10; 10.02-06, 23x19; 11.06x22, 26x19; 12.11x25 [G.B.] un golpe incluído na Guía de Joshua Sturges (1800) que os mestres adoitan empregar para terminar coas ilusións de moitos dos seus inexpertos adversarios.

F] Apropiado era 8.02-06 (recomendada por Dick Fortman en "Basic Checkers" -libro do que copiamos o xogo-), ou incluso 8.05-10; pero curiosamente tanto Banks como Ryan, sen tempo para reflexionar, pican na trampa.


XOGO 2
Prof. Hartshorn vs. Alfred Jordan
Exhibición de partidas simultáneas en Chicago

POSICIÓN DESPOIS DE 11. ... 22-19


1.09-13, 21-17 [A]; 2.05-09, 25-21; 3.02-05, 22-29; 4.12-16 [B], 19-15; 5.11x20, 24x15; 6.07-11, 28-24 [C]; 7.11x20, 24x15; 8.13-18, 21x14; 9.10x28, 32x23; 10.04-07, 26-22 [D]; 11.07-12, 22-19 [E]; 12.09-13, 17x10; 13.05x14, 19x10; 14.12x28, 31x24; 15.06x13, [1-0] [F]

A] Apertura «Dereita Marxinal» de prognóstico favorable ás negras.

B] Nas sesións de simultáneas normalmente os mestres adoitan levar as pezas brancas, pero nesta ocasión Jordan permitiu escoller color ao seu rival. O profesor Hartshorn, era un forte afeccionado, e algo sabía. Para o caso elixe a liña recomendada na Enciclopedia de Kear.

C] Permite a mobilización das pezas do flanco de río das brancas. Mellor é 6. ... 23-19; 7.11x20, 28-24; 8.04-07, 24x15; 9.07-11, 27-22; 10.11x20, 21-18; 11.06-11,19x14; 12.10x19, 22x06; 13.03x10, 26-22; 14.08-12, 32-28; 15.12-15, 29-25; e o xogo vai cara ao empate como sucedeu no enfrontamento Joaquim Bravo vs. Moreira do 2º Campionato oficioso de Portugal en 1977.

D] Un error monumental, do que se escusou Jordan dicindo «Eu nunca puiden xogar ben ás damas cando vai tanta calor».

Na Enciclopedia Damista segue con 10. ... 31-27; 11.09-13, 17x10; 12.05x14 con xogo igualado.

E] Ver o diagrama. Había que resignarse a perder un peón con 11. ... 15-11.

F] A partida foi extraída de «Basic Checkers» e o autor, Richard Forman, non indica se o xogo acabou aquí ou Jordan continuou algo máis. Como a posición non está aínda clarificada imos nós a ofrecer unha posible continuación para as damas clásicas que remata de xeito precioso:

15. ... 27-22; 16.01-05, 29-26; 17.08-12, 26-21; 18.05-10, 21-18; 19.13-17, 22-19; 20.17-21, 18-14; 21.10-13, 14-10; 22.03-06, 10x03; 23.12-15, 03x26; 24.15x29 G.B.

XOGO 3
Artur Gomes vs. un afeccionado
Exhibición de partidas simultáneas a 20 taboleiros en Almada, 1979

1.10-14, 22-19;

Esta é a «Partida Cruzada» definida así debido á dirección seguida no movemento efectuado polas negras. Deixa un oco no flanco do dobre curruncho pero a cambio ocupa unha casa central.

2.05-10 ...

Ao teren as negras ocupado o río non sería tan axeitado o cambio con 2.14-18 para facer un ataque ao dique, pois esa disposición é a mellor forma de loitar contra este tipo de ataque. A xogada branca, precisamente, pretende explotar o exceso de pezas negras na gran diagonal e tenta reducir a súa mobilidade.

2. ... 26-22;

Ten mellor sona o usar a «peza punta» de «27» para tapar o burato. Despois de 2. ... 27-22; as brancas adoitan encadear temporalmente o centro con 3.11-15. Para opoñerse a isto, e en contra da opinión da Enciclopedia Damista, para nós a continuación do texto é unha boa alternativa.

Na liña 2. ... 27-22; unha posible continuación pode ser: 3.11-15, 21-18; 4.14x21, 25x18; 5.10-13, 19-14; 6.13-17, 23-19; 7.01-05, 28-23; 8.06-11, 30-27; 9.03-06, [EMP] [Khalidd vs. Verissimo_D, Ludoteka, 2008].

3.01-05 ...

Natural, aínda que hai quen prefire 3.11-15.

3. ... 23-20;

O habitual é 3. ... 22-18; contra a que a Enciclopedia Damista recomenda 4.12-15, 19x12; 5.08x15, 23-20; 6.14-19 pensando que as brancas adquiren unha gran vantaxe. Mais esa superioridade non é tal.

Se agora se continúa con 6. ... 20-16; 7.10-13, 30-26; 8.13x22, 27x18; 9.11-14, 18x11; 10.07x14, 21-17; 11.05-10 é verdade que a vantaxe das brancas é grande. Isto aconteceu no cuarto xogo do enfrontamento Vaz Vieira vs. Idalino Lopes [28º Campionato de Portugal; Odemira, 2008] no que o gran campión afincando en Coimbra concedeu o empate porque xa ía gañando por 1-0 e con ese resultado vencía na rolda.

Pero pódese optar por 6. ... 28-23; 7.19x28, 32x23; 8.10-14, 27-22; 9.05-10, 31-28; 10.10-13, 21-17; 11.14x21, 25x18; 12.06-10, 29-25; 13.02-06, 25-21; 14.07-12, 20-16; 15.04-08, 16x07, 16.03x12, 23-19; con xogo equilibrado que posteriormente finalizou en empate [Medalha vs. Luis Carvalho, 28º Campionato de Portugal; Odemira, 2008]. Nótese que se agora se continúa coa xudía 17.11-14, 18x02; 18.12-16, 02x20; 19.16x32, 19-15; 20.32-14 as negras igualan con 20. ... 21-18; 21.14x21, 22-18; 22.21x20, 24x15.

Tamén sería unha boa réplica 6. ... 27-23; 7.10-14, 20-16; 8.06-10, 23-20; e as negras non teñen problemas.

4.14x23, 28-19; 5.09-13 ...

Outra opción é: 5.11-14, 31-28; 6.14x23, 28x19; 7.12-15, 19x12; 8.07x23, 27x20; 9.09-13, 21-18; 10.05-09, 32-28; 11. 03-07, 28-23; 12.10-14, 18x11; 13.07x14, 22-19; 14.14-18, 19-14; con lixeira vantaxe negra, como nun xogo Luis Carvalho vs. Vaz Vieira do 21º Campionato de Portugal disputado en Charneca da Caparica e Setúbal no 2001, que rematou cun posterior empate.

Ou tamén 5.12-15, 19x12; 6.07x23, 27x20; 7.10-14, 32-28; 8.08-12, 28-23; 9.12-15, 21-18; 10.14x21, 25x18; 11.05-10, 20-16; 12.15-20, 24x15; 13.11x27, 30x23; 14.03-07, 31-27; 15.10-14, 18x11; 16.06x15, 23-19; 17.15-20, 19-15; 18.07-11, 15x06; 19.02x11, 22-19; 20.20-24, 16-12; 21.24-28, 12-07; 22.28-31, 07-03; 23.31x08, 03-07; 24.11-15, 07-11; 25.15-19 EMP. [Veríssimo Dias vs. Victor Oliveira, 28º Campionato de Portugal; Odemira, 2008]

5. ... 20-15; 6.11x20, 24x15; 7.13-17, 32-28; 8.17x26, 30x21; 9.12-16, 28-23;

Parece natural pero vai resultar fatal. Correcto sería 9. ... 21-18; ameazando con infiltrarse pola casa 14.

10.07-12, 21-17; 11.05-09 ...

Artur, varias veces campión de Almada e campión portugués na modalidade por equipos, ve agora a posibilidade de lucirse e prepara unha astuta trampa. Mais con todo, era moito máis forte 11.04-07, 31-28; [Se 11. ... 29-26; 12.07-11, 22-08; 13.11x20, 18-13; 14.20-24, 13-09; 15.12-15, 19x12; 16.08x15, G.B. pois se 16. ... 26-22; 17.10-14, 22-18; 18.14x21, 25x18; 19.15-20 e agora 18-14 contéstase coa fermosa continuación 20.24-28 seguido de 21.06-11 para facer un salto triplo] 12.07-11, 28-24; 13.11x20, 24x15; 14.05-09, e grazas á ameaza 10-14, G.B.

11. ... 22-18;

Caen na trampa. As negras tiñan que seguir con 11. ... 25-21; aínda que despois de 12.04-07 as brancas conservan unha mínima vantaxe.

BRANCAS XOGAN E GAÑAN

12.09-13 ...

O comezo dunha fermosísima combinación, imitando un coñecido problema do ruso Petrov, que á súa vez copiou ao autor clásico Juan García Canalejas.

12. ... 18x09; 13.10-14, 19x10; 14.12x28, 31x24; 15.06x13, 17x10; 16.03-06, 10x03; 17.02-05, 09x02;

Formidable. Nin máis nin menos ca unha dobre xudía!

18.04-07 ...

E agora o remate co tema en escada.

18. ... 03x12; 19.08x15, 02x20; 20.16x30 [1-0]

As negras están perdidas. Como xa demostou Juan García Canalejas, agora teñen que entregar un peón e a dama cunha manobra en "v" para facilmente os outros dous.

[Xogo publicado sen os comentarios en "Diário" do 19/5/1979 e posteriormente na Enciclopedia Damista]

domingo, 21 de novembro de 2010

Un célebre xogo de Cantalapiedra

Víctor Cantalapiedra Martín
[Foto da web de G. Westerveld]
Ofrecemos hoxe un xogo disputado entre dous dos asiduos ao «Cleto Domínguez», un torneo que se celebraba no «Café Ideal Nacional» de Valladolid nos anos sesenta. Agás na edición de 1966 gañada por Irineo Vecino, sempre foi Víctor Cantalapiedra o seu brillante vencedor.
Pinacho vs. Víctor Cantalapiedra
Valladolid, febreiro de 1970

1.10-14, 23-19;

A apertura «Diagonal Ortodoxa» orixe da popular «Partida do Río».
Para complementar o estudo, o lector pode consultar o "post" do 15/5/2010 titulado "Un xogo na Ludoteka".

2.14x23, 28x19;

A captura apropiada gañando espazo e loitando directamente pola preponderancia no centro do taboleiro.

3.05-10 ...

Lóxica continuación despois de ter aberto o camiño.

3. ... 32-28;

Levando pezas á fronte para fortalecer a súa estrutura.

4.01-05 ...

As brancas tamén achegan a súa peza máis afastada. Para moitos xogadores esta rápida mobilización ten un importante inconveniente; pois permite unha dobre troca con 4. ... 19-15 derivando así a posicións con tendencia ao empate. Por contra, 4.12-16 entrando na extraordinaria «Lateral Esquerda» eleva notablemente as posibilidades de vitoria.

4. ... 28-23;

As negras compactan as súas pezas. Se non lles interesa o empate, esta é a continuación máis combativa.

5.09-13 ...

Con idea de instalarse en «17» buscando gañar espazo no flanco para despois premer o centro das negras.

5. ... 21-18;

Naturalmente, as negras poden impedir o plan branco con 5. ... 21-17 entrando na «Contra Lateral Dereita». Neste caso, se agora o primeiro xogador escolle a «Variante do Centro» 6.11-14, débese contestar con 6. ... 24-20, mais se as negras xogan 6. ... 25-21 ou 6. ... 26-21 caen no famoso «Salto do peixe», un bonito golpe ideado por Pedro Ruíz Montero que xorde tras 7.14-18, 21x14; 8.13-18, 22x13; 9.12-15, 19x12; 10.10x28 [G.B.]

6.13-17 ...

Así queda configurada a «Lateral Dereita», unha liña á que o Dr. Orlando Lopes (OAL) lle asignou este nome debido ao desprazamento que o peón fai nese flanco do taboleiro.

6. ... 18-14;

Unha permuta con intención de gañar espazo para dispoñer de máis mobilidade para as súas pezas. Esta é a «Defensa de Garcez» publicada por primeira vez en 1684 por este célebre tratadista aragonés.

As negras tamén teñen á súa disposición outras dúas moi coñecidas continuacións: a «Defensa Ortodoxa» 6. ... 25-21 e a «Defensa Orixinal» 6. ... 18-13. Nesta última pódense ver perfectamente as intencións do plan das brancas: 7.11-15, 13-09; 8.10-13, 25-21; 9.05-10 e agora as negras deben mover con coidado, pois se por exemplo continúan coa natural 9. ... 21-18; perden irremisiblemente despois de 10.06-11 ao quedaren co centro paralizado. O propio Víctor Cantalapiedra derrotou a Antonio Pérez (Torrevieja, 1993) tras 10. ... 29-25; 11.12-16, 19x12; 12.08x15, 25-21; 13.10-14, 23-20; 14.16x23, 27x20; 15.15-19 [1-0].

7.11x18, 22x13; 8.07-11 ...

A continuación clásica, axuda no control do centro esperando acontecementos. O ataque ao peón 8.09-13, é contestado con 8. ... 24-20; seguido de 26-21 producindo un desbarato que impide ás brancas albiscar calquera posibilidade de vitoria.

As preferencias actuais recaen en 8.12-15, liña inglesa recomendada na Guía de Sturges (1800) pero tamén é xogable 8.12-16 traspoñendo á «Partida Bilateral».

8. ... 13-09;

A mellor réplica.

9.10-13 ...

Outra posibilidade é 9.12-15 entrando na que nós denominamos como «Variante da Rolla», continuación posta de moda por Medalha, Veríssimo e outros xogadores do círculo damista de Almada, localidade cercana a Lisboa e famosa pola súa produción de cortizas de sobreira coas que se fan as rollas.

9. ... 27-22; 10.05-10, 25-21;

Este é o tradicional seguimento que adoita vir nos libros clásicos, unha materia na que Víctor Cantalapiedra é un auténtico erudito e da que ten feito innumerables correccións e aditamentos en xornais e revistas.

11.11-14 ...

O lance apuntado por Garcez, lóxico a primeira vista; pero que a actual teoría rexeita de plano. Acertado era seguir con 11.04-07 proposto por Sena Carneiro.

11. ... 24-20!; 12.12-16 ...

Considerada como moi forte polo propio Garcez, pero perdedora segundo a moderna teoría.

Sena Carneiro propón na Enciclopedia Damista 12.06-10 como única para empate, pero pode que nin esta xogada salve ás negras.

12. ... 19-15!!;

A xogada decisiva que refuta as análises de Garcez.

13.03-07 ...

XOGAN AS NEGRAS E GAÑAN

Xa non había defensa. Se 13.04-07 pódese aplicar un golpe similar ao desta partida tal como ocorreu nun xogo Joao Moura Jacinto vs. Joao Amadeu (Lisboa, 1943). Ou se 13.13-18 (para evitar as xudías), 22x13; 14.03-07!, 15-11; 15.06x24, 13x06; 16.02x11, 09-05 e segundo o Tratado da Enciclopedia Damista as negras sempre gañan. Por exemplo:

a) 17.11-15, *21-18; 18.14x21, 05-02; seguido de 29-25 G.N. [Sena Carneiro]

b) 17.07-12, 23-20!; [a Enciclopedia Damista aconsella 17. ... 21-18; 18.14x21, 05-02; 19.11-14, 02-11; pero non se apercibe de que as brancas teñen unha boa defensa con 20. ... 23-19 EMP.] 18.16x23, 05-01 G.N.

c) 17.14-18, 21x14; 18.11x18, 05-02 G.N. [Sena Carneiro]

d) 17.08-12, 23-19! [mellor que 17. ... 21-18 aconsellado na E.D.] 18.14x23, 05-01 G.N.

e) 17.14-19, 23x14; 18.11x25, 05-01; 19.16-20, 26-21; 20.17x26, 30x21; 21.07-11, 21-17; 22.08-12, 17-13 e indo a dama G.N. [Sena Carneiro]

13. ... 21-18;

Aínda que pensando que só daba empate este golpe foi primeiramente presentado por Henrique da Cunha en 1939 no seu tratado publicado como suplemento da Revista Portuguesa de Damas.

14.14x21, 09-05; 15.02x09, 23-19; 16.16x23, 31-28; 17.23x32, 29-25; 18.32x14, 25x02; [0-1]

Podería seguir 19.10-14, 02-05!: 20.13-18, *05x19 (xogada coa que Víctor Cantalapiedra corrixe ao coñecido tratadista portugués no Jornal de Almada do 20/10/1970); 21.18x27, 30x23; 22.09-13, 19-14; 23.07-12, 15-11; 24.12-15, 14-25; 25.08-12, 11-06; [G.N.]

[Os movementos deste xogo pode que non estean presentados na orde exacta, porque foron deducidos a partir do diagrama que foi publicado no volume de "Meio do xogo" da Enciclopedia Damista e anteriormente no xornal "Avante" do 5/12/1985].