domingo, 27 de febreiro de 2011

O erróneo "Gambito de Bassani"


Vifigueiredo vs. Tinsley_Peru
Xogo disputado «on-line» na Ludoteka no ano 2009

1.10-14, 23-19

Esta é a «Apertura do Río» tamén coñecida como «Apertura Real», a forma máis empregada de abrir o xogo. As negras imitan o movemento inicial das brancas e estas conservan unha case imperceptible vantaxe só grazas a que teñen a vez.

2.14x23, 28x19; 3.09-13 ... 

A «Liña moderna» tan boa como a orixinal 3.05-10. A idea básica das brancas e situar máis favorablemente este peón no cadro «17» aproveitando que se o rival xoga agora 3. ... 21-17; pode ser replicado con 4.12-16, 17x10; 5.05x23, 27x20; 6.16x23, 31-28; 7.23-27 deixando moi debilitada a formación negra.

3. ... 32-28; 4.13-17 ... 

Tamén se pode xogar antes 4.12-16 seguido de 5.13-17 e o xogo non difire do desta partida. Así entrariamos na variante que OAL bautizou como a «Bilateral» porque se fan sucesivos movementos por ambos os dous lados do taboleiro. Outra boa opción era 4.11-15 entrando na «Oblicua Moderna».

4. ... 28-23

Menos ofensiva é a «Defensa Andaluza» 4. ... 19-15; que leva a moitos empates polo que hai xogadores que a esquivan movendo primeiro 4.12-16.

En cambio se as negras escollen a «Defensa Toledana» 4. ... 27-23; pode ser ben contestada con 5.05-10, 21-18; 6.01-05, 25-21; 7.05-09, o ataque típico da «Lateral Dereita». 

5.12-16 ... 

Se 5.05-10, 21-18; 6.01-05 traspoñemos a unha xenuína «Lateral Dereita». Porén coa xogada da partida, como xa dixemos, éntrase na «Bilateral» unha variante que foi primeiramente presentada por John Drummond na 4ª edición do seu tratado (1866) e que el denominou como a «Flora Temple».

5. ... 21-18 

Serían moi boas alternativas:

• 5. ... 19-14; 6.07x18, 21x14; 7.06-11, e agora tanto con 7 ... 23-19; 8.11x18, 22x13; 9.05-09, 26-22; 10.09x18, 22x13; 11.01-05, como con 7. ... 22-18; 8.08-12, 23-19; 9.05-09, 23-19; 10.02-06, 27-23; 11.01-05, ou incluso 7. ... 26-21; 8.17x26, 30x21; 9.11x18, 21x14; 10.03-06, os xogos tenden a equilibrarse. 

• 5. ... 22-18; 6.08-12, 18-14; 7.11x18, 21x14; 8.06-11, 26-22; 9.11x18, 22x13; 10.07-11, 27-22; 11.03-06, 05-09; 12.05-10, 29-26; con posición máis ou menos igualada.

6.08-12 ... 

O «Ataque de Maize». 

6. ... 18-13 

Unha réplica moi xogada. Interesante é a troca 6. ... 18-14; que retrasa o ataque no centro. Outra posible liña é 6. ... 25-21; que se pode proseguir con 7.05-10, 29-25; 8.11-15, 31-28!; 9.01-05. Mentres que a intuitiva 6. ... 19-14; precisa dunha delicada condución para non caer en moitas das variantes perdedoras.

7.05-10, 13-09

Tamén se podía seguir con 7. ... 22-18; non permitindo a colocación do peón branco en "13".

8.10-13, 25-21; 9.01-05, 21-18; 10.05-10, 29-25 [??]

Neste momento a única forma de que dispón o negro para salvarse é co sacrificio 10. ... 09-05*; 11.02x09, 24-20; 12.12-15, 19x12; 13.10-14, 29-25; 14.14x21, 25x18; 15.06-10, 20-15; 16.11-20, 23-19; para empate, unha continuación que xa viña no tratado do Dr. Cárceles Sabater.

Non valía 10. ... 18-14; por 11.11x18, 31-28; [Se 11. ... 29-25; 12.12-15, 19x12; 13.10-14, 24-20; 14.06-11, 22-19; 15.18-22, 19x10; 16.22x19, 12-08; 17.03-06, 10x13; 18.17-21! G.B.] 12.12-15, 19x12; 13.06-11!, 29-25; [Se 13. ... 12-08; 14.07-12, 29-25; 15.18-21!, 25x18; 16.10-14 G.B. Ou se 13. ... 24-20; 14.17-21, 26x17; 15.10-14, 17x10; 16.04-08, 22x13; 17.08x31, 30-26; 18.31x18, 10-05; 19.18-31, G.B.] 14.10-14, 22-19; 15.18-22, [GB].


POSICIÓN DESPOIS DE 10. ... 29-25;


11.12-15 ...

Aquí as brancas inclínanse polo «Gambito de Bassani», a liña principal que dá a «Enciclopedia Damista». Mais como veremos isto é un erro que pode deixar fuxir a vitoria. Adecuado era 11.11-14, 18x11; 12.07x14 e se agora:

• 12. ... 09-05; 13.02x09, 31-28; 14.12-15, 19x12; 15.04-08, 26-21; 16.08x15, 24-20; 17.15x31, 22-18; 18.17x26, 18x02; 19.31x22, 30x21; 20.22-08, con xogo gañador.

• 12. ... 31-28; recibe o mesmo trato que 12. ... 24-20. As brancas gañan con 13.13-18 seguido de 14.17-21. Curiosamente a última destas dúas opcións xogouse nun enfrontamento Dr. Orlando Lopes vs. Valentín Duarte das Neves do Torneo do «Grupo Xadrez Alekhine» de Lisboa no ano 1952, pero o golpe escapóuselle ao que logo sería primeiro campión portugués.

• 12. ... 25-21; 13.06-11, 23-20; [13. ... 24-20; 14.03-06 G.B.] 14.16x23, 27x20; 15.14x23, 20-15; 16.11x20, 24x08; 17.03-07, 22-19; 18.07-11, 26-22; 19.17x26, 30x21; 20.23-27, G.B. [Francisco Henriques].

11. ... 19x12; 12.10-14, 12-08 [??]

A gran fisura do gambito está en que as negras agora podían seguir con 12. ... 09-05; 13.02x09, 24-20; 14.14x21, 25x18; 15.06-10, 20-15 e empátase despois de realizar a mesma manobra que xa indicamos na xogada décima.


XOGAN BRANCAS E GAÑAN


Pero se 12. ... 25-21; [Ver o Diagrama] as brancas gañan co golpe de Brooklin 13.14-19 ... [13.04-08 gaña tamén] 13. ... 23x14; 14.16-20, 24x15; 15.07x16, 14x07; 16.03x19, 24x15; 17.13x29, [G.B.]

O resto do xogo no que se segue unha liña de Francisco Henriques publicada no "Tratado da Enciclopedia Damista", non merece comentarios ao haber antes a posibilidade de empate.

13.14x21, 25x18; 14.06-10, 23-19; 15.11-14, 18x11; 16.07x23, 27x20; 17.16x23, 24-20; 18.10-14, 22-19; 19.23-28, 19x10; 20.28-32, [GB]. 


domingo, 20 de febreiro de 2011

Un "Brooklin" de Adelino Ribeiro

XOGAN BRANCAS E GAÑAN

Adelino José Ribeiro vs. Manuel Vaz Vieira
I Copa da Enciclopedia Damista [Almada, 1977]

1.09-13, 24-20
Ademais de Vaz Viera (campión de Coimbra) e Ribeiro (campión do Porto), participaron neste cuadrangular patrocinado pola Revista «Enciclopedia Damista» os xogadores Medalha da Silva (que substituía a Alcino Mesquita, representante de Lisboa) e Veríssimo Dias (que participaba como sub-campión de Almada). Cada enfrontamento constaba de seis xogos dos que o primeiro e o cuarto xogábanse con apertura sorteada e os catro restantes libremente sen restrición algunha. Este era o cuarto xogo para o que os dados depararon a «Apertura Dereita Límite» considerada como de prognóstico igualado.

Xogando con apertura libre James Wyllie ten usado esta saída buscando sorprender a rivais pouco teóricos, pero non é habitual comezar o xogo desta maneira. A mellor forma de contestar a 1.09-13 é con 1. ... 21-17 para tentar atar o flanco de río das brancas.

2.05-09 ...

Curiosamente o mesmo lance que escolleu Vaz Vieira no primeiro xogo. O burato momentáneo que deixa na casa «5» permite ao negro xogar con total comodidade.

Tendo en conta os principios da estratexia, a mellor xogada neste momento parece 2.12-16 que ten por idea dificultar o desenvolvemento do flanco de río rival. Naturalmente ao ter xa movido o peón lateral a “13” a posición non ten a mesma fortaleza que na «Partida Heroica» onde as brancas poden premer con máis eficacia ao dispor dun peón centralizado por mor da súa saída 1.10-14, pero o caso é que moitas veces o xogo traspón a algunha das súas variantes.
Tanto despois de 2. ... 21-17; 3.10-14, 17x10: 4.06x13, 28-24; [A opción 4. ... 22-19; pódese seguir con 5.13-17 ou elixir o famoso «Ataque Toledo» 5.08-12, 19x10; 6.05x14, 27-22; 7.13-17, 22-19; 8.12-15, 19-12; 9.04-08, 28-24; 10.08x15, 26-22; 11.01-05, 22-18; 12.14x21, 25x18, 13.05-10, 31-28; 14. 02-05, 18-14; 15.10x19, 23x14; 16.16x23, 28x12; 17.07x16, 14x07; 18.03x12; para empate.] [Outra posibilidade é 4. ... 25-21; 5.13-17, 23-19; 6.14x23!, 28x19; 7.16x23, 27x20; 8.11-15, 20x11; 9.07x23, 31-28 empregada no xogo Pedro Chipenhe vs. Vaz Vieira do 10º Campionato de Portugal celebrado en Oliveira de Azemeis no ano 1990 e que terminou en empate] 5.08-12; como de 2. ... 28-24; 3.08-12, 21-17; [No T.E.D. trae 3. ... 23-19; ou 3. ... 31-28; pero tamén é posible 3. ... 22-19; 4.10-14 que parece un pouco mellor que o 4.13-18, 21x14; 5.11x18, 20-15; 6.04-08 xogado en Vaz Vieira vs. Veríssimo Dias do match de desempate do Campionato de Portugal do ano 2000] 4.10-14, 17x10; 5.06x13, alcánzase a mesma posición:
O xogo podería continuar con 5. ... 22-19; [As brancas quedan con vantaxe se 5. ... 23-19: 6.14x23, 20-25; 7.12x19, 22x06: 8.02x11, 27x20; 9.16x23, pois dominan no centro tal como ocorreu no enfrontamento Newell Banks vs. Hugh Henderson do 3º Torneo Americano de 1915] 6.13-17, 19x10; 7.05x14, 27-22; 8.01-05, 22-19; [Posible tamén é 8. ... 23-19; para envío a dama tras 9.14x23, 30-27; 10.23x30, 22-18; 11.30x14, 31-28; 12.16x23, 28x01; 13.12-15 pero as brancas conservan unha lixeira superioridade] 9.05-10, 31-27, 10.04-08, 27-22; 11.12-15, 19x12; 12.08x15, 25-21; 13.07-12, 22-19; [Se 13. ... 32-28 dado na «Enciclopedia Damista» é ben contestado coa potente 14.14-19!] 14.15x22, 26x19; 15.17x26, 29x22; 16.03-06, e agora 32-28 para empate, pero non 16. ... 30-26; como nunha partida do Torneo Nacional americano celebrado en Chicago no 1929, na que o mítico Sam Gotnosky (vencedor do evento, a pesar de estar fisicamente abatido pola tuberculose que provocou a súa prematura morte poucos días despois) bateu ao gran teórico Jesse B. Hanson despois de seguir con 17.14-18, 22x13; 18.10x17, 26-22: 19.17-21 G.B.

2. ... 20-15

As negras pretenden aproveitar o furado provocado polo avance do peón da casa «5». Esta variante foi bautizada polo gran Willie Ryan como o «Tornado de Oliver» en honor ao seu amigo Oliver Mauro que foi un gran innovador no estudo de moitas das súas principais liñas.

Unha boa alternativa é 2. ... 20-16; usada algunhas veces polos mestres Derek Oldbury e Asa Long. Polo común as brancas adoitan continuar de calquera dos xeitos que seguen:

• 3.01-05, 21-18; 4.13-17, 23-19; 5.12-15, 19x12; 6.08x15, 28-23; 7.15-20, 32-28; [7. ... 22-19; 8.11-14, 18x11; 9.06x22, 26x19; 10.09-13, 32-28; 11.20-24 con posición nivelada. Mais no primeiro xogo do enfrontamento que estamos a tratar, Vaz Vieira xogou 11.09-13, que posteriormente o Dr. Sena Carneiro demostrou ser perdedora tras 16-12, pero Ribeiro incomprensiblemente contestou con 11. ... 28-24 e caeu derrotado co golpe 12.04-08, 24x15; 13.10-14, 19x10: 14.07-12, 16x07; 15.03x28, 31x24; 16.17-21, 25x18; 17.13x31, 10-05; 18.31-28, 05-01; 19.28-32, 30-26; 20.02-05 etc. G.B.] 8.20-24, 25-21; 9.10-13, 23-19; 10.05-10, 28-23; 11.11-14, 18x11; 12.07x14, 29-25; 13.06-11, 16-12; 14.11-15, 21-18; 15.14x21, 25x18; 16.04-08, 23-20; 17.10-14, 20x11; 18.14x21 ... [18.14x23 debe valer para empatar] 18. ... 11-07; 19.08x15, 19x12; 20.21-25, 07-04; 21.25-29, 04-25; 22.17-21, 26x10; 23.29x08, 10-05; 24.08-29, 05-01; 25.09-13, 27-23; 26.13-17, 30-27; G.N. Pedro Chipeñe vs. Víctor Oliveira (22º Campionato de Portugal; Odemira, 2002).

• 3.13-17, 23-19; 4.12-15 ... [mellor que o 4.11-14 escollido por Hellman contra Long no match que disputaron no ano 1962 co campionato do mundo en disputa] 4. ... 19x12; 5.08x15, 28-23; 6.10-14, 21-18; 7.14x21, 25x18; 8.01-05, 23-19; 9.15-20, 32-28; 10.05-10, 18-13; 11.09x18, 22x13; 12.20-24, 13-09; 13.11-14, 28-23; 14.06-11 con xogo mais ou menos equilibrado como no match polo mundial que enfrontou a Marion Tinsley vs. Derek Oldbury en Londres [1958].

3.11x20 ...

Máis frouxa é 3.12x19, 23x05; 4.01x10, 28-23; 5.08-12 ... [Ou se 5.13-17, 32-28; 6.11-14, 22-19; 7.06-11 como nun xogo entre Ken Grover e Jack Mourning do Torneo Nacional americano celebrado no ano 1968 en Medora que seguiu con 19-15, pero parece mellor 7. ... 21-18; 8.14x21, 25x18; 9.11-14, 18x11; 10.07x14, 28-24; 11.02-06, 24-20; 12.04-07, 27-22; con vantaxe das negras] 5. ... 21-17; 6.13-18, 22x13; 7.09x18, 26-22; 8.10-13, 17x10; 9.06x13, 32-28; 10.03-06 ... [10.12-15, 30-26; 11.04-08, 28-24; 12.08-12, 23-19 con gran vantaxe negra] 10. ... 23-19; 11.06-10 [mellor que 11.12-16 que indica o Dr. Sena Carneiro na súa Enciclopedia] 11. ... 30-26; 12.11-14, 19-15 coas negras ben situadas.

Con todo, máis sinxelo parece ser o seguir coa recomendación de Willie Ryan 4. ... 21-17; 5.13-18, 22x13; 6.09x18, 26-22; 7.10-13, 17x10; 8.06x13, 28-23; e se agora 9.08-12, estamos na mesma posición que na liña principal mencionada no parágrafo anterior.

3. ... 23x16; 4.01-05 ...

Tamén é posible efectuar xa o movemento 4.12-15, e despois de 4. ... 28-23; pódese seguir sen problemas con 5.13-17, 23-19; [Se 5. ... 21-18; 6.10-13, 32-28; 7.01-05, como se fixo no match de 2005 entre Ron King e Alex Moiseyev, o xogo traspón ao da partida entre Ribeiro e Vaz Vieira que hoxe estamos estudando] 6.01-05, 19x12; 7.08x15, 21-18; 8.10-13 ... [mellor que 8.07-11 dada no tratado de Kear e que despois de 8. ... 32-28; 9.10-14, 28-23; 10.14x21, 25x18; 1105-10 é ben contestada con 16-12 indicada por Sena Carneiro] 8. ... 32-28; 9.06-11, 28-23; 10.05-10 ... [mellor que 10.15-20, 23-19; xogado en Basil Case vs. Loyd Taylor do Torneo Nacional americano de 1948] 10. ... 23-19; 11.04-08, 19x12; 12.08x15, 27-23; 13.15-20. ... [Willie Ryan vs. Walter Hellman; 4º xogo do match polo mundial disputado en Oklahoma no 1949] 13. ... 25-21; [13. ... 23-19; 14.20-23, 19-14; 15.10x19, 22x06; 16.13x22, 26x19; 17.02x11, 29-26; 18.09-13 EMP.] 14.20x27, 30x23; 15.07-12, 16x07; 16.03x12, 23-19; EMP.

4. ... 21-18

Se agora 4. ... 28-23; segue 5.13-18 clareando demasiado o taboleiro e limitando as posibilidades de vitoria para calquera dos dous bandos. Igualmente se 4. ... 22-19; 5.12-15 ... [Nun xogo Alex Moiseyev vs. Ron King do match polo mundial de 2005 continuouse con 5.13-17, 21-18; 6.10-13, 26-22; 7.12-15, 19x12; 8.08x15, 28-23; 9.06-11, 23-19 e as negras teñen vantaxe] 5. ... 19x12; 6.08x15, deixa o xogo igualado xa que as brancas poden replicar a 6. ... 28-23 coa mesma manobra 7.13-18.

5.13-17, 28-23

Outra idea diferente é 5. ... 28-24; 6.12-15, 32-28; 7.07-11, 28-23; 8.10-14, 23-20; 9.14x21, 25x18; 10.05-10, 18-13; con posición eqilibrada [Asa Long vs. Walter Hellman; xogo 19 do match polo mundial de 1962].

6.12-15, 32-28

En caso de 6. ... 23-19; 7.10-13, 19x12; 8.08x15, segue como no comentario da cuarta xogada das brancas.

7.10-13, 25-21

Por suposto, se 7. ... 23-19; 8.06-11, 19x12; 9.08x15, 28-23; 10.05-10 é o mesmo que na variante 6. ... 23-19.

Se 7. ... 18-14; [Incidindo na famosa debilidade que provocou nese flanco a segunda xogada das brancas] pode ser contestado con 8.13-18 ... [Peor é 8.07-12, 16x07; 9.04x18, 23-19 con bo xogo para as negras grazas á última xogada, moito mellor que 9. ... 26-21] 8. ... 22x13; 9.09x18, 26-22; 10.05-09, 22x13; 11.09x18, 30-26; 12.06-10, 14x05; 13.02x09 ... [Ata aquí como na 1ª edición da «Moderna Enciclopedia» de Ryan] 13. ... 23-19; 14.15x22, 26x19; 15.07-12, 16x07; 16.04x11 con igualdade.

Ou se 7. ... 28-24; 8.06-11!, 23-19; 9.02-06, 19x12; 10.08x15, 27-23; 11.15-20, 24x15; 12.11x27, 30x23; 13.06-11, 23-19; 14.04-08, 19-14; 15.08-12, 31-28; 16.12-15, 28-24; 17.15-19, 22x06; 18.03x19, 18-14; 19.19-23, 24x20; 20.23-28, 20-15; 21.13-18, 15-11; 22.05-10, 14x05; 23.07x14, 16-12; 24.28-32, 05-02; 25.14-19, 26-21; 26.17x26, 29x15; 27.32-19, 02-06; 28.18-22 para EMP:

8.06-11 ...
8.05-10 ... [pode ser unha simple transposición de xogadas con respecto á partida se as negras seguen con 8. ... 24-20] 8. ... 23-19; 9.06-11, 19x12; 10.08x15, 27-23; [Se 10. ... 28-23; a continuación 11.15-20 practicamente obriga ás negras a xogar á defensiva sacrificando un peón 11. ... 23-19; 12.11-14, 18x11; 13.07x23, 22-19;] 11.15-20, 30-27; 12.20-24, 23-20; 13.10-14, 20-15; 14.11x20, 18x11; 15.07x14, 22-18; 16.13x22, 26x10; 17.17x26, 29x22; 18.09-13, 22-18; 19.13x22, 27x18; 20.03-07, 18-13; 21.02-06, 10x03; 22.04-08 e empate levando o peón a «19» para apoiar a entrada por «23».
8. ... 28-24; 9.05-10, 23-19*

Como apuntou o Dr. Vaz Vieira nos comentarios que fixo para a «Enciclopedia Damista» está é a única xogada que non perde. El deu as seguintes continuacións:

• 9. ... 23-20; 10.10-14!, 27-23; 11.08-12!, 22-19; [se 11. ... 30-27; 12.02-06 G.B.] 12.13x22!, 19x10; 13.02-06!, 26x19; 14.06x13! G.B.

• 9. ... 22-19; 10.15x22!, 26x19; 11.13x22!, 27x18; 12.17x26, 29x22*; 13.08-12!, 30-26; 14.10-13!, 19-14; [Vaz Vieira di que calquera outra perde nitidamente] 15.02-05!, 23-19; [se 15. ... ??-20; 16.12-15 para golpe de «tres e dama»] 16.11-15!, 31-27; 17.03-06, 27-23; 18.13-17 G.B.
10.02-06 ...

Para apoiar unha posterior ruptura en «20». Posible tamén era 10.07-12, 16x07; 11.03x12, 27-23; 12.12-16, 19x12; 13.08x15, 23-19; 14.04-08, 19x12; 15.08x15 e agora as negras dispoñen da interesante continuación 15. ... 18-14; que lles concede unha pequena vantaxe.

10. ... 19x12; 11.08x15, 27-23*; 12.15-20*, 24x15; 13.11x27, 30x23; 14.06-11 ...

Todo moi evidente. Ribeiro apunta aos cadros centrais.

14. ... 31-28

As negras conservaban unha certa vantaxe con 14. ... 23-20; que pode ser contestada con 15.04-08 ou 15.11-14, pero non con 15.07-12 xa que tras 15. ... 16x07; 16.03x12, 20-15!; 17.11x20, 18-14; 18.10x19, 22x08; 19.20-23, 29-25 G.N.

15.10-14, 23-20 [??] [ver o diagrama].

Despois de varias horas de xogo [o regulamento estipulaba en 130 minutos o tempo do que cada xogador dispoñía para disputar os 6 xogos] as negras cometen o erro que vai permitir a famosa combinación que provocou que hoxe trouxésemos a escena este antigo duelo.

Vaz Vieira só contemplou a continuación 16.07-12, 16x07; 17.03x12, 20-15; 18.11x20, 18x11; que levaba ao empate grazas a que se pode replicar con xudía o ataque 19.20-24.

O propio Vaz Vieira tamén indicou que en lugar de 15. ... 23-20, a continuación axeitada sería 15. ... 28-24; e tras 16.07-12!, 16x07; 17.03x12, 22-19; 18.13x22, 19x10; levaría ao empate.

16.11-15 [!!], 18x11

As negras non quixeron que o célebre «Golpe de Brooklin» se efectuase no taboleiro. A manobra idealizada por Ribeiro xurdiría tras 16. ... 20x11; 17.14-19!!, 22x15; 18.13x22, 26x19; 19.07x32 G.B.

17.15x31, 11-06; 18.31x25, 06-02 [1:0].

E o campión de Coimbra abandonou. A superioridade material das brancas tórnase decisiva.

Este enfrontamento terminou empatado cunha vitoria por bando. Pero a Copa foi gañada polo Dr. Vaz Vieira (5 puntos) que deste xeito conseguiu o primeiro grande éxito da súa portentosa carreira. Co paso do tempo venceu en infinidade de torneos e chegou a proclamarse campión portugués en catorce ocasións, sendo o actual detector do título. Ribeiro (4 puntos) quedou en segundo lugar e Verísimo (3 puntos) foi terceiro.

sábado, 12 de febreiro de 2011

O Golpe de Brooklin.

John Drummond (1806-1881) foi un home de aspecto forte e corpulento que traballaba na construción como especialista no recubrimento de tellados. Nunca desaproveitou os momentos que a profesión lle permitía para dedicarllos a súa gran paixón, o xogo de damas. Gañou numerosos campionatos e matches converténdose nun dos máis famosos xogadores escoceses do século XIX. Din que anotaba todos cantos xogos presenciaba e que sempre levaba os petos cheos de apuntamentos e notas. A pesar dos notables éxitos que conseguiu durante a súa carreira, nunca puido alcanzar o nivel que despregaron os seus coetáneos Anderson e Wyllie, mais a súa fama non foi menor. Grazas á elaboración dun fino tratado no que publicou importantes innovacións e modernas ideas nos sistemas de aperturas, o seu nome está escrito con letras de ouro na historia do noso xogo.


John Drummond
[Retrato publicado no seu libro "Scottish Draughts Player"]

A preciosa combinación á que lle imos dedicar o artigo desta semana foi presentada por primeira vez no célebre libro de Drummond «Scottish Draughts Player». Mais non na primeira edición publicada no 1838, senón na segunda, que viu a luz no ano 1851. O xogo no que se executou, non hai moito xa saíu nos blogs «Jeu Dame» e «Pe de Galo». Tivo este desenvolvemento:

«A manobra orixinal»
Recompilada por John Drummond.
«Partida do Río».

1.10-14, 23-19; 2.14x23, 28x19; 3.12-16, 32-28; 4.09-13 ...

«Variante Bilateral» na que é preferible alternar os lances terceiro e cuarto, pois tal como aquí se xogou é ben contestada con 3. ... 22-18;

4. ... 19-15

A variante do cambio, durante anos considerada como mala, pero que actualmente ten os seus adeptos.

5.11x20, 24x15; 6.13-17, 22-19; 7.07-11, 28-24; 8.11x20, 24x15; 9.04-07 ...

Nesta altura é máis popular seguir co famoso ataque de Ross 9.03-07, que modernamente pode recibir o seguinte tratamento 9. ... 26-22; 10.17x26, 30x21; 11.07-12, 21-18; [Aínda que foi considerada como perdedora na «Enciclopedia Damista» hoxe sábese que é unha boa continuación] 12.04-07, 25-21; 13.05-10 ... [A intuitiva 13.07-11 perde con 19-14; 14.12x26, 29x22; 15.11-15, 14-11; G.N.] 13. ... 18-14; 14.06-11, 14x05; 15.11x20, 22-18; 16.01x10, 18-14; 17.02-05, 21-18; 18.20-24, 27-23; 19.12-15, 19x03; 20.10x28 con xogo nivelado.

9. ... 27-22; 10.16-20, 30-27; 11.05-10, 21-18; 12.01-05, 25-21; 13.05-09, 18-14; 14.02-05, 22-18!; 15.10-13, 27-23; 16.20x27 ...

Había que xogar 16.13x22, 23x16; 17.06-11, 15x06; 18.03x10, 16-12!; 19.07x16, 14-11; 20.16-20 e as brancas empataban.

16. ... 31x22

Agora as negras teñen xa unha gran vantaxe.

17.06-11, 15x06; 18.03x10 ...

A simple vista o plan branco semella impecable. Neste momento non valería 18. ... 29-25; por 19.08-12 e gañan, pero é agora cando salta a sorpresa ...

 

XOGAN NEGRAS E GAÑAN

18. ... 19-15; 19.10x19, 15-11; 20.07x14, 22x15; 21.13x22, 26x01; 22.17x26, 29x22 G.N.

Un extraordinario remate que como puidemos apreciar consiste en sacrificar un peón para logo continuar cunha troca con «finta» seguida dun «salto triplo».

 * * * * * * * * * *

Esta mesma manobra pódese ver no célebre «Golpe de Wyllie» que xa expuxemos neste blog cando presentamos o estudo da «Partida Heroica» e que agora tamén relembramos.


«O Calote de Wyllie»
"Partida Heroica"


1.10-14, 24-20; 2.12-16, 28-24

Como ben sabe o lector, queda así configurada a que OAL [o Dr. Orlando Augusto Lopes] denominou como "Partida Heroica".

3.05-10, 20-15

Esta e a continuación primitiva, coa que as negras tentan desafogar o xogo despois do cambio.

4.11x20, 24x15; 5.07-11, 23-20; 6.16x23, 27x20 7.14-19, 21-17; 8. 03-07, 32-28

Todo isto é moi coñecido e xogase en infinidade de ocasións.

9.01-05 ...

O noso estudo publicado en abril do ano pasado continuaba con 9.19-23.

9. ... 25-21; 10.10-14, 31-27; 11.07-12 ...

Parece forte, pero esta é a xogada coa que as brancas caen no golpe. Correcto era 11.14-18 con xogo igualado. Porén 11.05-10, perde tamén despois de 11. ... 27-23.

Willie Ryan no seu célebre «Trips, Traps and Shots» bautizou este golpe como o «Calote de Wyllie» pois con el, o célebre campión escocés "enganou" a numerosos afeccionados en xogos de exhibición.


XOGAN NEGRAS E GAÑAN

O desenlace é o seguinte:

11. ... 21-18 [!!]

O golpe comeza cun sacrificio de peón.

12.14x21, 17-13

Segue unha troca que orixina unha "finta" (termo utilizado polos problemistas cando tendo dúas opcións de captura escollemos a que máis nos convén).

13.09x18, 26x17

Completamos a "finta".

14.19x26, 30x07

E un salto triplo.

15.04x11, 27-23; 16.12x19, 23x07 G.N.

* * * * * * * * * *

A fermosa manobra que hoxe estamos a estudar foi innumerables veces utilizada polo magnífico campión americano Robert Yates. Din que foron os seus compañeiros de club os que a bautizaron como a «Manobra de Brooklin» en honor ao seu idolatrado mestre que era oriúndo deste famoso distrito de Nova York, pero o caso é que o primeiro autor en empregar este nome nunha publicación foi o xogador John J. Denvir.


Dr. Robert T. Yates
[Debuxo publicado na "Draughts Player Weekly Magazine"]


Robert Yates [1857-1885] proclamouse campión do mundo con 18 anos [na modalidade angloamericana] ao bater a James Wyllie por 2-1 nun emocionante match que se decidiu no xogo 50, o último da serie, que acabou gañando o neoiorquino tras pasar por unha perdedora. Posteriormente defendeu o título contra o inglés Robert Martins e despois de vencer nun curto enfrontamento ao campión de América, William R. Barker, retirouse para cursar estudos de medicina. Traballou dous anos nun hospital e logo enrolouse no vapor Sheidam como médico de abordo. Aos poucos días de iniciarse a súa primeira viaxe morreu mar a fóra a consecuencia dunha febre tifoide. Tiña tan só 28 anos.

De todos eses xogos nos que Yates empregou o "Golpe de Brooklin" consérvase este que ofrecemos a continuación:

Ilsley vs. Robert Yates
Nova York, 1876

1.10-14, 23-19

Unha vez máis a famosa «Partida do Río».

2.14x23, 28x19; 3.05-10, 32-28; 4.01-05, 21-17; 5.12-15 ...

Na «Enciclopedia Damista», no tomo de golpes, trae 5.11-14, 28-23; 6.12-15, 19x12; 7.08x15, 23-20; pero a que nós ofrecemos é a orde real, tal como se publicou en «R.D. Yates Checker Player» de Timothy Call, un libro de 1905 a cuxa versión on-line pódese acceder desde este blog.

5. ... 19x12; 6.08x15, 28-23; 7.11-14, 23-20

Agora o xogo segue como na «Enciclopedia Damista», onde curiosamente trae trocada a data, pois di que se xogou no 1857 e isto sería imposible pois ese foi o ano no que naceu o protagonista.

8.07-11, 25-21; 9.14-19, 20-16; 10.10-14 ...

Compromete o xogo. Correcto era 10.03-07.

10. ... 16-12; 11.04-08 ...

As brancas estaban mal, pero con esta xogada caen no golpe. [Ver o diagrama].


XOGAN NEGRAS E GAÑAN

11. ... 12-07

Esta xogada non é necesaria en damas clásicas. Na nosa modalidade xa se pode seguir directamente con 11. ... 21-18.

12.03x12, 21-18; 13.14x21, 17-13; 14.09x18, 26x17; 15.19x26, 30x07 G.N.

domingo, 6 de febreiro de 2011

"Partida Clásica Recusada"

Na entrega desta semana ofrecemos unha pequena guía da "Partica Clásica Recusada", que aínda que pouco xogada, é necesario coñecer para completar o estudo dos xogos que comezan con:

1.10-14, 22-18; 2.12-15, 23-20; 3.07-12 ...

Tras a execución desta xogada o normal e seguir con 20-16 aceptando entrar na "Partida Clásica". Pero se as negras non ocupan esta casiña, permitindo a súa invasión polo peón rival, establécese a «Partida Clásica Recusada».

As principais formas de artellar esta pouco ambiciosa partida son:

3. ... 26-22 [Liña A]                         3. ... 28-23 [Liña B] 
3. ... 27-23 [Liña C]                         3. ... 27-22 [Liña D]

A
[1.10-14, 22-18; 2.12-15, 23-20; 3.07-12 ...]

3. ... 26-22;

POSICIÓN DESPOIS DE 3. ... 26-22;

4.12-16 ...

Se 4.05-10 as negras contestan 27-23 e tras 5.12-16 libéranse con 23-19.

4. ... 28-23;

Colaborando co inimigo na inmobilización do flanco para intentar posteriormente simplificar e desafogar o xogo. Trasponse así a unha variante da «Partida Heroica».

• 4. ... 27-23; [a mellor réplica contra 4.05-10, neste caso resulta débil pois atasca o xogo] 5.08-12! impedindo o liberador 23-19 polo que as brancas teñen un formidable posición. O xogo traspón á «Liña D» despois de 4. ... 26-22.

• 4. ... 21-17; 5.14x21, 25x18; 6.16x23, 28x12; 7.08x15, 32-28; [se 7. ... 27-23; 8.05-10, 23-19; 9.04-08, 19x12; 10.08x15, 29-25; 11.10-14, 31-17; 12.14x21, 25x18; 13.15-20, 24x15; 14.11x20, 27-23; 15.20x27, 30x23; 16.01-05, 18-14; 17.06-11, 14x07; 18.03x12 EMP. como no Tratado de Anderson] 8.05-10, 28-23; 9.10-14, 29-25; 10.14x21, 25x18; 11.06-10, 18-13; [non 11. ... 23-19; por 12.02-05 G.B.] 12.09x18, 22x06; 13.03x10, 27-22; 14.01-05, 31-27; cunha mínima vantaxe branca [Guía de Lees ou tamén na Enciclopedia de Kear].

• 4. ... 29-26; 5.16x23, 28x10; [Sería inferior 5. ... 28x12; 6.08x15, 32-28; 7.05-10, 28-23; 8.01-05 con vantaxe branca] 6.05x14, 32-28; 7.08-12, 28-23; 8.12-16, 21-17; 9.14x21, 25x18; [e chegamos por transposición a unha variante da «Partida Anderson»] 10.06-10, 18-13!; [Se 10. ... 23-19; 11.04-08, 19x12; 12.08x15, 27-23; 13.10-14, 26-21; 14.16-20!, 23x16; 15.14-19, e as brancas teñen vantaxe] 11.09x18, 22x06; 12.03x10, 26-22; 13.01-05 ... [Daniel Machado vs. José Luis Guerra, Póvoa do Varzim; 9º Cto de Portugal, 1989] e agora con 13. ... 22-19; as negras non teñen problemas para conseguir o empate.

5.05-10, 21-17;

Malo é o gambito 5. ... 22-19; por 6.15x22, 20-15; 7.11x20, 24x15; 8.06-11, 15x06; 9.02x11, 32-28; [Se 9. ... 31-28; 10.22x31, 28-24; 11.31x13, 21-18; 12.13x20, 24x06; 13.16-20 e a vantaxe de material concede moitas posibilidades de vitoria ás brancas] 10.08-12, 28-24; 11.12-15 e a superioridade branca parece manifesta. Por contra 11.03-07 [boa na modalidade angloamericana] perde as opcións se as negras contestan con 21-17; mais nun xogo do século XIX entre J. Richards e Z. Nicholas publicado en «Gould´s Memorable Matches», seguiuse con 11. ... 30-26; [que parece gañadora] pero tras 12.14-19!!, 23x05; 13.01x10, 26x19; 14.11-14, 18x11; 15.07x30 G.B.

6.14x21, 25x18; 7.10-14, 31-28!

• Se 7. ... 18-13; 8.09x18, 22x13; 9.14-18, 13-09; 10.06-10 con vantaxe para as brancas.

• 7. ... 29-25; 8.14x21, 25x18; 9.06-10, 18-13; 10.09x18, 22x06; 11.03x10, 27-22; 12.01-05, 31-27; 13.08-12, 23-19; 14.16x23, 27x20; 15.05-09, con superioridade aplastante.

8.14x21, 23-19; 9.16x23, 19x12; 10.08x15, 28x12 con equilibrio. [Análise de James Wyllie].


B
[1.10-14, 22-18; 2.12-15, 23-20; 3.07-12 ...]

3. ... 28-23;
POSICIÓN DESPOIS DE 3. ... 28-23;

4.12-16, 27-22;

Se 4. ... 26-22; traspón ao tronco da «Liña A» onde se segue con 5.05-10.

5.05-10, 31-27;

A POSICIÓN NO TABOLEIRO


Justino Miguel vs. Carlos Pereira [Torneo Vila de Nelas, 2006]
[Blog de JofeDolgo]


Outras posibles alternativas son:

• 5. ... 22-19; 6.15x22, 26x19; 7.08-12 e o xogo traspón á Partida Heroica con 3.05-10, 22-18; na súa «Liña A» onde se segue con 7.07-12. [Ver o estudo neste blog].

• 5. ... 21-17; 6.14x21, 25x18; 7.10x14, 29-25; 8.14x21, 25x18; 9.08-12 con brancas en moi boa posición.

• 5. ... 31-28; 6.04-07! ... [Se 6.01-05, como xa se indicou no Nº1 da revista portuguesa «Estratexia Damista», tras 22-19 as brancas atópanse con problemas, nunha posición da Partida Contra-Española coñecida como Fuga de Fernando Martíns, á que se chegaba con 1.10-14, 22-18; 2.05-10, 23-20; 3.01-05, 27-22; 4.12-15, 28-23; 5.07-12, 31-28; 6.12-16 e agora seguía 21-17, mais neste caso as brancas debían ter xogado 6.03-07 para igualar] 6. ... 21-17; [6. ... 22-19; 7.15x22, 26x19; 8.10-13, 19x10; 9.13x22, 30x26; 10.06x13, 26x19; 11.13-18 con grandes posibilidades para as brancas] 7.14x21, 25x18; 8.07-12, 26-21; 9.02-05, 29-25; 10.10-14 e a vantaxe branca é grande.

6.08-12 ... 

A esta posición tamén se pode chegar na "Partida Contra-Clásica" xogando do seguinte xeito: 1.10-14, 22-18; 2.12-16, 27-22; 3.08-12, 24-20; 4.12-15, 28-24; 5.05-10, 31-27; 6.07-12 ... [Silva Pereira vs. José Carlos Anjos; 20º Campionato de Portugal disputado en Amadora  no ano 2000]. Máis neste caso o último lance constitúe un erro pois co peón no cadro "7" e non no "8" podíase facer 6.02-05 que debe levar á vitoria tal como xa indicamos neste Blog  na "Liña D" da "Partida Heroica Derivada", que como alí se pode comprobar sería unha terceira forma de alcanzar esta mesma posición. 

6. ... 21-17; 7.14x21, 25x18; 8.10-14 ...

A continuación máis prometedora. Na partida citada no anterior comentario, Silva Pereira escolleu 8.01-05 e tras 26-21; 9.10-14,22-19: 10.15x31, 23-19; 11.14x23, 29-26; 12.31x13, 17x01; 13.23-27, 30x23; 14.09-13 axiña se acordou o empate.

8. ... 26-21;

A formación branca parece bastante forte. 

• 8. ... 17-13; [Unha boa forma de saír da presión] 9.14x21, 26x17; 10.09x18, 22x13; 11.01-05, 27-22; 12.06-10, 13x06; 13.03x10, 30-26;[Se 13. ... 29-25;  14.10-14, 22-18; 15.14x21, 25x18; 16.15-19, 23x07; 17.04x11 e as brancas poden gañar.] 14.05-09, 22-18; 15.10-14 con lixeira vantaxe das brancas.

• 8. ... 29-25; 9.14x21, 25x18; 10.01-05, 18-13; 11.09x18, 22x13; 12.06-10, 13x06; 13.03x10, 27-22; 14.05-09, 22-18; 15.10-14 ... e se:

► 15. ... 26-21; 16.14-19, 23x07; 17.04x11, 17-13; [ou 17. ... 18-14; 18.11x25, 20x11; 19.02-06, 11x02; 20.12-15, 02x20; 21.16x23, 30-26; 22.25-29 G.B. ] 18.16x23, 13-10; e agora as brancas gañan cun espléndido remate: 19.02-06, 10x03; 20.09-13, 03x27; 21.13x31 G.B.

► 15. ... 18-13;16.09x18, 17-13; 17.14x19, 22x07; 18.04x11, 13-10; 19.16x23, 10-06; 20.18-22, 26x19; 21.15x22, 24-20; 22.11-15!, 20x11; 23.22-27 G.B.

► 15. ... 17-13; 16.14x21, 26x17; 17.09x18, 17-13; 18.18-22, 13-10; 19.04-07, 10-06; 20.22-26, 30x21; 21.15-19, 23x14; 22.11x25, 06-03; 23.16x23, 24-20; 24.23-28!, 32x23; 25.25-29 G.B.

9.06-10, 29-25;

Para apoiar o corte en 13, a única forma de intentar liberarse.

10.01-05, 18-13; 11.09x18, 22x06; 12.03x10, 27-22; 13.05-09, 21-18; 14.14x21, 25x18; 15.02-05 ...

Non convén precipitarse con 15.10-14 porque despois de 15. ... 17-13; 16.14x21, 13-10; 17.21-25, 10-06; as brancas están apertadas a pesar do peón de máis. Só resta devolver o material 18.11-14, 20x11; 19.09-13, 06-03; 20.14-18 e a situación queda equilibrada.

15. ... 30-27; 16.10-14, 18-13; 17.09x18, 22x13; 18.05-09, 13-10; 19.14-19! ...

O recurso que vale para conservar a vantaxe.

19. ... 23x07; 20.16x23, 24-20! 21.15x24, 07-03; 22.30-16!, 10-05; 23.12-15, 32-23;

As negras deben xogar con coidado. Se 23. ... 05-01; 24.12-19 G.B.

24.24x31, 05-01;

Con vantaxe branca, pero ben defendido debe ser empate.

C
[1.10-14, 22-18; 2.12-15, 23-20; 3.07-12 ...]

3. ... 27-22;


POSICIÓN DESPOIS DE 3. ... 27-22;

4.05-10! ...

Neste caso mellor que 4.12-16.

4. ... 31-27;

As negras non teñen nada mellor que xogar a "Clásica" con 4. ... 20-16.

• 4. ... 28-23; 5.12-16 traspón á «Liña B».

• 4. ... 21-17; 5.14x21, 25x18; 6.10-14, 29-25; [6. ... 20-16; 7.14x21, 16x07; 8.03x12, 29-25; 9.06-10, 25x18; 10.10-14, 26-21; 11.14-19 con unha posición moi forte] 7.14x21, 25x18; 8.12-16, 26-21; 9.16x23, 28x12; 10.08x15, 32-28; 11.06-10, 28-23; 12.10-14, 31-27; 13.02-06 as brancas están moi ben.

5.12-16, 21-17;

• 5. ... 27-23; pasa á variante 5. ... 31-28; da "Liña B" na que as brancas deben seguir con 6.04-07!

• 5. ... 28-23; 6.08-12, traspón á  «Liña B» deste estudo ou á "Liña D" da «Partida Heroica Derivada» no comentario da xogada sexta. [ver o estudo xa publicado neste blog].

6.14x21, 25x18; 7.16x26, 28x12; 8.08x15, 27-23; 9.10-14, 26-21; 10.06-10 e as brancas teñen vantaxe.

D
[1.10-14, 22-18; 2.12-15, 23-20; 3.07-12 ...]

3. ... 27-23;


POSICIÓN DESPOIS DE 3. ... 27-23;

4.12-16, 23-19;

Forma drástica de eliminar a presión para conseguir desafogar o xogo. Esixe realizar movementos forzados para non perder material de xeito definitivo.

Se 4. ... 26-22; [con idea de se 5.05-10 saír da presión con 23-19] 5.08-12! ... [protexe o peón 15 e aborta as intencións do rival] 5. ... 21-17; [Se 5. ... 31-27; 6.05-10!, 21-17; 7.14x21, 25x18; 8.10-14, 29-25; 9.14x21, 25x18; 10.06-10, 18-13; 11.09x18, 22x06; 12.03x10, 27-22; 13.01-05, 22-18; 14.10-14 con vantaxe decisiva] 6.14x21, 25x18; 7.06-10 e o primeiro bando ten moitas opcións de poder concretar a súa vantaxe.

5.15x22, 26x10; 6.06x22, 30-26; 7.16x23, 28x19; 8.03-07, 19-14; 9.11x18, 21x14; 10.02-06, 26x19; 11.06-11, 31-27; 12.11x18, 29-26; 13.09-13, 26-21; 14.08-12, 21x14; 15.05-10, 14x05; 16.01x10, 25-21;

As brancas dispoñen dunha significativa superioridade que só se pode neutralizar cunha moi precisa defensa.

17.07-11, 27-22; 18.11-14, 24-20; 19.14x23, 21-18; 20.13-17, 18-13; 21.10-14, 13-10; 22.23-27, 10-05; 23.04-08, 05-01; 24.27-30, 01x28 [EMPATE].